Noite de voraces sombras; Agustín Fernández Paz

Literatura Española Contemporánea. Escritores galegos. Cuentos. Narrativa xuvenil. Argumento. Personaxes

  • Enviado por: Calamity
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad

1.Autor:

Agustín Fernández Paz (nado en Vilalba en 1947) é escritor e pedagogo galego. É un dos autores galegos máis lidos de todos os tempos.

Diplomado en enxeñería industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo.

Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén é membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes chave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

As súas obras:

2. Tema:

A nena está escribindo no seu diario a súa experiencia en Viveiro onde ocorrenlle cousas estranas no seu novo carto.

3. Argumento:

A historia comeza con que Sara, una nena de dezaseis anos cóntanos a súa experiencia que tivo nas súas vacacións en Viveiro, na casa da aboa.

Á nena danlle o carto do seu tío Moncho, o cal estaba pechado pola aboa que quería gardar todas as súas cousas.

Un día a nena sente una presenza fantasmal no carto, e decídese a poñerse a investigar.

Por outro lado coñece a un rapaz en Viveiro e comeza unha relación con el.

Pasan os días e o final Sara encontra un habitáculo cheo de cartas e papeis dentro do armario do seu tío, onde narra o que lle ocorreu na guerra.

Cando Sara dase conta de que o espíritu do seu tío non pode marchar porque aún queda unha parte súa na Illa de San Simón, onde o seu tío estivo preso bastante tempo foi para aló e comezou buscar.

No cementerio atoparon unha caixa metálica que tiña no seu interior un Anel no Nome de Sara gravado, a rapaza da que estaba enamorado que tivo que marchar para Arxentina.

4. Os/As Personaxes:

A Protagonista:

Sara, unha nena de dezaseis anos que vai pasar ás súas vacacións a Viveiro. A nena é curiosa e madura ó final da historia, a súa función na obra é a de encontrar a parte perdida do espíritu do seu tío Moncho.

Espíritu do tío Moncho: O espíritu do tío Moncho, morto hai moitos anos, é quen gardou todas as súas cartas nun oco oculto do seu armario. Tamén incomoda a Sara cando está na súa habitación.

Os personaxes secundarios:

A nai de Sara: A nai da protagonista, é escritora e interésalle moito a historia de Moncho.

O pai de Sara: O pai da protagonista, gústalle moito ler e é moi curioso.

5. Espazo e Tempo:

O espacio principal onde se desenvolve a acción é no cuarto do difunto tío Moncho.

O tempo no que transcurre a obra é na actualidade, e ten saltos no tempo en canto as fechas.

6. Valoración Persoal:

A obra gustoume, tanto porque está ben planteada, e tamén gustoume porque é interesante descubrir al cousas que pasaron na guerra civil, e a opinión de toda a xente asesinada naquel momento.

7. Vocabulario:

Follado: Filloa grosa.

Derradeiro: Último nunha serie.

Arcaico: Que é moi antigo ou está en desuso.

Espulla: Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel.

Pándego: Que ten gracia, divirte ou inspira simpatía.

Cunca: Recipiente cóncavo con ou sen asas, de distintos materiais, para tomar líquidos.

Desacougar: Facer que alguén deixe de estar tranquilo e perda o acougo.

Agarimo: Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía, etc., que se experimenta por alguén.

Desmemoria: Que ten pouca memoria, que esquece as cousas con facilidade.

Labazada: Golpe dado na cara coa man aberta.

Rifar: Discutir con alguén ou chamarlle a atención levantando a voz.

Afiliar: Facer a alguén membro dunha asociación, partido, sociedade, etc.

Tácito: Que non se expresa formalmente senón que se sobreentende ou supón.

8