Movimiento Cultural Cristiano

Teología # Orixe. Dinámica. Formació. Actividades xeráis. Casa de Cultura. Camiño xuvenil solidario. Cristiáns. Guillermo Rovirosa Albet. Xustiza

  • Enviado por: July
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 15 páginas
publicidad
publicidad

ÍNDICE

DATOS BÁSICOS.................................................................................páx. 3

1) ORIXE..............................................................................................páx. 4

• 2) OBXECTIVOS DO GRUPO..........................................................páx. 6

• 3 ) GRUPOS: DINÁMICA E FORMACIÓN.....................................páx. 7

• 4) ACTIVIDADES XERAIS..............................................................páx. 9

  • 5) CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE (SANTIAGO).......páx.10

• 5) CAMIÑO XUVENIL SOLIDARIO...............................................páx. 12

• 6) OPINIÓNS PERSOAIS..................................................................páx.14

DATOS BÁSICOS

Dirección: Movemento Cultural Cristián, Costa do veedor, 37 - baixo 15703 Santiago de compostela.

Teléfonos: 981560077 / 609463916

Direccións de correo electrónico: ccys_santiago@hotmail.com / www.solidaridad.net

Persoas de contacto: -Pilar Gómez-Ulla Astray (organizadora de Camino Juvenil Solidario).

-Magdalena Pérez de Vallejo

-Gustavo Suárez Vázquez

-Óscar Quintela

ORIXE

A súas raíces están en militantes cristiáns conversos sobre os anos 50. Entre eles a personalidade de Guillermo Rovirosa, converso pobre (ver biografía). Tamén don Tomás Malapón, sacerdote. Ámbolos dous foron fundadores da HOAC.

A idea era que os obreiros, marxinados da vida eclesial, volveran a ela; que os obreiros saíran da opresión pola loita non violenta, que eles mesmos pola solidariedade (non á limosna dos ricos) foran protagonistas das súas vidas.

Os amigos de Rovirosa (don Tomás entre eles) fundan o Movemento Cultural Cristián, na década de 1980.

É un movemento onde todos caben, cunha profunda espiritualidade de encarnación nos pobres.

Biografía de Guillermo Rovirosa Albet:

Naceu en Villanueva y Geltrú (Tarragona) o 30 de agosto de 1897. Cursou os estudios de enxeñeiro industrial e de química. Trala súa conversión ó cristianismo realizou os cursos do Instituto de Cultura Relixiosa Superior.

Ó finaliza-la Guerra Civil é encarcelado e procesado por ter presidido o Comité Obreiro da súa empresa, cargo que ocupou por elección unánime dos seus compañeiros a pesar de non ter pertencido a ningún partido político nin sindicato.

En 1946 forma parte do grupo iniciador da “Hermandad Obrera de Acción Católica” (HOAC) da que, dende o principio, sería o seu gran inspirador e da que sería excluído no 60.

Colabora, pouco despois, ó lanzamneto da “Editorial ZYX”, da que sería o seu primeiro presidente.

A súa entrega militante á promoción dos pobres foi total. A súa muller retirouse da súa vida sen contar con el para non estorba-la súa entrega militante.

A súa capacidade científica era de tal calidade que chamou a atención de personalidades como Albert Einstein.

OBXECTIVOS DO GRUPO

! Informar á xente das realidades do mundo, como por exemplo o paro, a explotación infantil, a escravitude, a fame, a pobreza... Eles opinan que a sociedade (medios de comunicación, políticos, autoridades...) está tentando ocultar todos estes problemas, pensan que é imposible que o mundo estea tan mal e nós non o vexamos.

! Máis que sensibilizar é crear unha opinión pública a favor mostrando a realidade e as súas causas e denunciándoas.

! Os membros do movemento tentan buscar ante todo as causas destas realidades porque están convencidos de que esta situación só pode mellorar atallando as súas raíces.

! Loitar pola xustiza no mundo.

! Formar “militantes” (persoas que cren nuns ideais e participan activamente para defendelos, non se limitan a opinar) que se xunten nesta asociación para tentar face-lo posible para mellora-la situación actual. Xúntanse por que pensan que só poderan acadar estes obxectivos unidos.

! Moitos deles intégranse neste grupo para atopar un sentido á súa vida, a meirande parte deles a través do cristianismo.

DINÁMICA DO GRUPO

Este grupo aporta un ideal de loita pola xustiza. Está formado por amigos que falan en serio sobre os problemas do mundo, solidarizándose con outra xente e adicándose de cheo ó Movemento.

Os membros do MCC tentan vivi-la “autoxestión”: non teñen xefes nin responsables, senón que se xuntan e deciden todos sobre as cuestións a tratar. Por exemplo: o que adoitan facer cando alguna comunidade do Movemento de España ten algunha suxerencia: Convocan asembleas rexionais onde os distintos grupos das localidades aportan as súas ideas, e discuten sobre aquilo no que están de acordo e aquelas cousas nas que non o están. Nestas asembleas rexionais,nas que tódolos membros de tódolos grupos fan a súa aportación, tómanse unhas decisións. E dicir, deciden, tras te-lo dialogado, as ideas coas que están unánimemente (ou mayoritariamente) de acordo. Tras estas reunións rexionais, veñen os chamados “plenos”. Aquí, reunense tódolos membros que poidan asistir de cada de grupo, e cada delegado ou portavoz (non o “xefe”, porque non hai) expon o que acordaron na asemblea rexional.

Os plenos son en Madrid. Antes eran en Unquera, nunha casa grande con capacidade suficiente para aloxar a toda a senté, pero agora o movemento creou, co propio traballo dos seus membros, unha casa en Madrid á que bautizaron como Emaús. Alí, ademais por suposto dos plenos, existen cursos que se imparten en épocas de vacacións, tanto para pais como fillos, adolescentes, nenos e adultos.

Cando alguén quere entrar a formar parte do Movemento pode: se ten entre 8 e 18 anos, entrar a través do Camiño Xuvenil Solidario, do que falaremos máis adiante; tamén pode entrar directamente no Movemento Cultural Cristiano; ou ben acceder dende outros grupos de formación, coma os Grupos Cristiáns de La Salle. Cando decides visita-la casa de cultura, por curiosidade ou porque te sentes na obriga de botar unha man, ou polo motivo que sexa, non estás obrigado a voltar, mais sempre que decidas volver, serás ven acollido, pois tódalas mans son insuficientes e ben recibidas cando se trata de axudar na loita pola xustiza.

Ó entrar no grupo vanse pasando distintas etapas formativas, para así ir avanzando dentro do Movemento. O primeiro paso, unha vez que xa conoces ó grupo e á senté do mesmo, é o de ir alí ás reunions semanais que se fan en cada cidade ou localidade.Se decides que che gusta a dinámica, a forma de pensar do grupo, o ambiente no que se desenrrola o traballo e, o mais importante, estás de acordo cos seus obxectivos( solidarízaste coas suas mesmas causas), decides entras a formar parte máis activa; colaborando nos actos públicos, asistindo periódicamente ás reunións,etc.

Se aínda queres integrarte máis de cheo no grupo, debes seguir un “proceso de formación”, por chamado de algún modo. Dependendo da túa idade e do tempo que leves co grupo, da confianza, do grao de implicación que esteas disposto a adquirir,... Entrarás a formar parte dun grupo máis concreto dentro do global, que se soe clasificar por idades. E tras algún tempo de coñecer mellor o grupo e confirmarte na túa creencia de que te sentes de acordo cos seus obxectivos, forma de actuar,...Pasas a ser membro completamente activo e parte do movemento.

A forma de se dar a coñecer do grupo é mediante (case sempre) o contacto coa senté nas manifestacións ou durante a difusión de material (ex: Autoxestión), ou mediante os carteis e pósters que colgan nas paredes da cidade.

ACTIVIDADES

Primeiramente están as reunións que periódicamente se dan en cada sede. Aquí na nosa cidade, a Sede sitúase na Casa de Cultura e Solidariedade, e as reunións son semanais.

Aquí discútense as actividades programadas para fechas próximas (como manifestacións, representacións, plenos,...),ou ben infórmase á xenté que vaia a pedir información...

Logo están as reunións Rexionais, das que xa falamos con anterioridade, así como os Plenos, dos que tamén explicamos algo.

Unha das actividades que ocupan ós integrantes do MCC ata fai pouco tempo era a contrucción de Emaús, a casa de Madrid. Pero agora que xa está rematada, adícanse a preparar reunións, charlas en institutos ou colexios, repartíndose e programando a difusión da súa revista “Autoxestión”, ...

Se decides meterte no grupo, as actividades nas que te verás mesturado(por dicilo así) serán diversas(aínda que o obxectivo non variará: coñecer máis a fondo realidades do noso tempo como o son o paro, a fame, a escravitude infantil,...E darllas a coñecer ós demais),dende saír á calle a difundir Autoxestión, preparar plenos, ensaiar cancións que se entoarán nas manifestacións, que terás tamén que preparar,...

CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE (EN SANTIAGO)

¿Qué é?

É un centro permanente de difusión de conciencia e formas de vida solidarias, que quere loitar eficazmente por transformar a nosa cultura individualista, causa dos problemas máis graves da sociedade: a fame e a opresión do Sur e o paro e s precarización do emprego no norte (definición que eles mesmos dán da casa de Cultura).

Existen en España nestes momentos máis de 20 casas de Cultura E Solidariedade.

O que pretende é básicamente o mesmo que o grupo pretende nos seus obxectivos:

  • Fomenta-lo crecemento duna conciencia respecto ós problemas graves do noso mundo ACTUAL, buscando as causas, sen se negar a abri-los ollos, para poder busca-las solucións.

  • Potencia-la asociación nunha sociedade que consideran en exceso individualista

  • Restituír ó 3º mundo de xeito organizado e permanente.¿de que modo? Mediante a difusión de Productos Solidarios e outras Actividades.

  • Algúns exemplos dos productos solidarios que se nos ofrecen son:

      • Edicións “Voz de los Sin Voz” (libros e vídeos).As primeiras en españa en canto a difusión do tema Norte-Sur.

      • Autoxestión, revista de opinión solidaria cos empobrecidos e marxinados da nosa sociedade.

      • Productos COPÄN: xabón líquido dermoprotector, lavavaixelas concentrado, desengrasante, e deterxente líquido para lavadoras.

      • Camisetas e sudadeiras “Xustiza Norte-Sur”.

      • Posters

      • ...

    Seguindo coa actividade de Santiago, sinalamos a continuación as actividades que se desenrrolarán ó longo dos vindeiros meses na nosa cidade:

    -XANEIRO:

    Mércores 30: Gandhi e Luther King: constructores da paz. Por Yolanda Gómez. Ás 20:30h.

    -FEBREIRO:

    Mércores 20: Video-forum: loitemos pola xustiza. Por Hugo Suárez. Ás 20:30h.

    -ABRIL:

    Mércores 10: Morte e Escravitude Infantil.Por Pilar Gómez-Ulla. Obradoiro para o Campo de Traballo de Escravitude Infantil. Ás 20:30h.

    Fin de Semana 12-14: Campo de Traballo de loita contra a Escravitude Infantil.

    Martes 16: Aniversario da morte de Iqbal Masih. Concentración na praza do Toural.

    -MAIO:

    Mécores 15: Unha aula para a solidariedade. Por Jose Montes Pose. Ás 20:30h.

    ORIXE E DESENROLO DE CAMIÑO XUVENIL SOLIDARIO (CXS)

    Este é un dos subgrupos do Movemento Cultural Cristiano, que nos chamou a atención por ir dirixido a xente da nosa idade, e cremos que é necesario salientalo neste traballo.

    O Camiño Xuvenil Solidario nace no ano 1993, tralo primeiro campamento xuvenil celebrado en Unquera. En 1995 celebra o seu primeiro Encontro na Aula Malagón-Rovirosa. Dende 1988 véñense celebrando cursos de Infancia e de Xuventude nas aulas de verán anteriores.

    CXS (Camiño Xuvenil Solidario) nace como necesidade do traballo apostólico coa xuventude dun movemento de familias aberto a toda a sociedade, e toma como un dos seus referentes as asociacións xuvenís existentes no movemento obreiro.

    Este grupo xuvenil divídese en dous bloques de idade: o primeiro corresponde a mozos de entre 8 e 12 anos, e o segundo a idades entre os 13 e os 18 anos.

    A experiencia fundamental e continuada que puxo en marcha o Movemento Cultural Cristiano en CXS foron os campamentos de mozos e o circulante (ata hai pouco denominado Itinerante). Estes supuxeron o caldo de cultivo para unha parte importante das experiencias postas en marcha dentro do CXS.

    En 1995 prodúcese o asasinato de Iqbal Masih, que a partir de entón vai estar presente en tódalas actividades de CXS.

    Ó longo destos anos fóronse incorporando e poñendo en práctica realidades moi importantes. Por exemplo:

    • O rompe-los ambientes na rúa. Aquí xogaron un papel moi importante tres temas, ó menos: “macropostos” e exposicións, teatro e mimo, e esculturas corporais e accións non violentas.

    • O romper os ambientes de certas institucións, como institutos, facultades e hipermercados.

    • Xornadas de loita-campamentos urbanos.

    Ademais, o Camiño Xuvenil Solidario dispón dun Plan de Formación, é dicir, un conxunto coherente de encontros semanais dirixido a grupos xa constituidos e que pretende dar continuidade ó traballo con rapaces entre 15 e 18 anos, pretendendo partir da vida, da experiencia vivida como base de tódala súa pedagoxía.

    O CXS pretende que os mozos sexan protagonistas da loita pola xustiza. Pode chama-la atención, que algúns dos membros,os primeiros, de CXS, fosen precisamente os fillos de militantes do Movemento Cultural Cristián. E non é que haxa “familias-solidarias” e “familias-insolidarias”, senon que os pais desas familias adoptan unha actitude aberta frente ó problema da inxustiza no noso mundo, enfocándoo dende un punto de vista cristián. Aínda que nin é necesario nin tódolos membros de CXS son membros de militantes do MCC.

    OPINIÓNS PERSOAIS

    1ª: Creo que este traballo serviunos para achegarnos a unha realidade da que eu non coñecía case nada. Eu pensaba que os do Movemento Cultural Cristián era un grupo de xente que se adicaba a chama-la atención dunha forma un tanto radical (por exemplo “crucificarse” no Toural). Agora que sei algo máis sobre eles penso que a actividade que realizan está ben pensada para consegui-lo obxectivo que pretenden, aínda que segue a parecerme un pouco radical, cousa que a xente non acepta moi ben e pode provocar rechazo. A pesar disto creo que está moi ben que haxa xente que se preocupe polos problemas do mundo e que intente educarnos ós demais con esta mentalidade. Sería unha boa idea tomar exemplo deles, sempre que a nosa actitude sexa coherente.

    : Eu non sabía absolutamente nada sobre este grupo e as actividades que leva a cabo. Sen embargo, agora que gracias a este traballo o coñezo, teño unha opinión favorable cara eles. Penso que neste mundo fai falla que haxa xente que se preocupe por soluciona-los problemas que nos afectan, dende a raíz. Pero algúns métodos dos que utilizan son un pouco esaxerados e isto pode facer que a “xente da rúa” teña unha opinión desfavorable deles.

    : Este traballo axudounos a coñecer o grupo do Movemento Cultural Cristián, os seus obxectivos e as actividades que realizan para levalos a cabo. Estou de acordo coa súa forma de ve-las realidades do mundo, e penso que ten que haber xente que as denuncie. Sen embargo, entendo que haxa persoas que, por exemplo, ó ver un cartel ou unha manifestación do Movemento estean en contra da súa postura, xa que teñen unha forma bastante radical de chama-la atención. Pero tamén penso que hai que saber o que hai detrás de todo iso para valoralo. Ademais, mesmo dentro do noso grupo de traballo tiñamos as dúas posturas: as que están moi a favor do MCC e as que non están tan de acordo coa forma de “concienciar” á xente, o que nos fixo reflexionar e non pecharnos nunha soa opinión. A pesar de estar a favor coa base das súas propostas, non entendo que intenten buscar as causas dos problemas pero non aporten solucións para resolvelos. Penso que non chega con facer que a xente coñeza esas realidades e tampouco entendo que estean totalmente en contra do voluntariado.

    14

    "Unha realidade da Igrexa Catolica hoxe en día"