Mitos, lendas e tradición

Cultura popular gallega. Antroido. San Xoán. O Magosto. Tradicions relixiosas. San Andrés de Teixido

  • Enviado por: Mr.marinox
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 22 páginas
publicidad
publicidad

MITOS

Os mitos son aquelas lendas que alcanzan un nivel superior pola súa difusión e importancia.

Hai varios mitos destacados dentro da nosa cultura xa que pór os doutras sería imposible pola súa abundancia e polo difícil de conseguir material acerca destes. Varios mitos destacados coma a Atlántida, A procura do Santo Graal ou a creación de Roma, xa están máis ampliados no apartado de lendas polo que non nos excederemos máis no tema. Nambergantes tamén son mitos aqueles personaxes dos que se dubida da súa existencia pero os pobos que os crearon séguenos admirando como é o caso do rei Artur ou Hércules tamén coñecido como Heracles, entre outros. Como do rei Artur xa se fala máis adiante vamos desenrola-la historia de Hércules a continuación.

HÉRCULES

Hércules era fillo dunha mortal, Alecmena , neta de Perseo, o seu pai oficial era Anfitrión marido desta e fillo de Alceo, tamén neto de Perseo. Pero o seu verdadeiro pai era Zeus. Tiña un irmán xemelgo chamado Ificles. A celosa Hera arrancou a Zeus a promesa de que o descendente de Perseo que nacera primeiro tería dominio absoluto sobre todos cantos o rodeasen. A continuación, recorrendo ás súas tretas, arreglousas para que Euristeo, primo de Hércules e verdadeiro descendente de Perseo, viñese ó mundo antes que o heroe. Cando este naceu na cidade de Tebas , Hera mandou dúas enormes serpes para que matasen ó neno, pero o pequeno Hércules estrangulounas, dando proba dende a cuna da súa prodixiosa forza. Hermes, por orden de Zeus, depositouno no regazo de Hera, que quedara durmida, para que o neno mamase dela o leite da inmortalidade; a Deusa despertou violentamente do seu soño e un chorro de leite escapou do seu peito, nacendo asía a Vía Láctea.

Máis tarde, Hércules aprendiu de Anfitrión a arte de conducir un carro, de Lino a toca-la lira e de Éurito o manexo do arco. Como recompensa por matar ó león de Citerón, que atacaba os rabaños do rey Tespio, éste entregoulle as súas cincuenta fillas.

Liberou Tebas da tiranía do rei Ergino, que impuña á cidade un pesado tributo,e Creonte, o rey de Tebas entregoulle á súa filla Mégara por esposa, agradecido polos servicios do heroe. Pero Hécules, enlouquecido pola implacable Hera, matou óos seus fillos nun rapto de loucura. Recuperada a razón, parteu da cidade para expia-lo seu crimeseguindo os consello de Pitia, que o obligou a abandona-lo seu primeiro nome, Alcides (“descendente de Alceo”), para adoptar o de Heracles (“gloria de Hera”). Euristeo que se convertera no rei de Tirinto, ordeoulle realizar no plazo de doce anos, outros tantos traballos imposibles de levar a cabo por un simple mortal. Esta serí a expiación do seu crime.

Os traballos ( “os Doce Traballos de Hércules”) eran os seguintes:

-Matar ó León de Nemea. -Domar ó touro de Creta.

-Matar á Hidra de Lerna. -Domar ás eguas de Diomedes.

-Matar ó xabaril de Erimanto. -Rouba-lo cinturón da raíña das amazonas.

-Caza-la cerva de Artemisa. -Rouba-los bois de Geriones.

-Caza-las aves do lago Estínfalo. -Rouba-las mazás do xardín das Hespérides.

-Limpar os establos de Auxías. -Matar a Cerbero.

O heroe, purificado do seu delito de sangue, regresou á súa patria. No transcurso dunha discusión matou ó rei Éurito e tivo que expiar o seu novo crime converténdose en escravo da raíña de Lidia, Ónfale. Cando ésta lle concedeu finalmente a liberdade, Hércules participou en diversas empresas, entre elas a cacería do xabaril de Calidón, a expedición dos Argonautas e a primeira guerra de Troia no curso da cal deu morte ó monarca Laomedonte. Prestou tamén axuda ós Deuses no seu combate contra os xigantes.

Hércules casou con Deyanira, filla do rei Eneo, despois de salva-la de Aqueloo, ó que seu pai pretendía imporlle como marido. Este Deus, fillo do océano e de Tetis, distinguíase tanto pola súa forza como pola súa capacidade para metamorfosearse en río, en serpe ou en touro furioso. Máis tarde Hércules matou accidentalmente a Éunomo, un xove servidor do seu sogro, e tivo que partir novamente ó exilio.

Atravesou cunha frecha ó centauro Neso, que tentara violar a Deyanira, pero éste, antes de morrer, entregoulle á xove unha túnica envelenada co seu sangue, dicíndolle que ela podería reaviva-lo amor de Hércules si algún día se debilitaba.

Unha vez en Traquis, Hércules apoderouse da filla do rei Éurito e Deyanira, celosa, ofreceulle a túnica. Nada máis cubrirse con ela, o heroe foi atacado polo virulento veleno que impregnaba a prenda e devorado por atroces dores, mandou que se levantara unha pira no monte Eta e lanzouse ás chamas. Deyanira abrumada polos remordementos e atormentada por perdelo, aforcouse. Zeus ordenou que o heroe fora sacado das chamas e conduciuno ó Olimpo donde lle concedeu a inmortalidade.

TRADICIÓNS

As tradicións son costumes herdados do pasado que se levan facendo durante tantos anos que se cumpren en moitas ocasión por non perdelos. Tódalas relixións teñen as súas tradicións e case tódolos pobos (por non decir que todos) as teñen tamén.

A continuación vamos representar os costumes ou tradicións máis relevantes da nosa relixión e pobo que teñen outras equivalentes noutros.

O ANTROIDO

Entroido e Antroido son dúas palabras galegas coas que se denomina a festa da risa e da burla que se celebra en febreiro. A primeira emprégase máis no interior e no sur do país mentres que a segunda no norte e na costa.

Existe un terceiro termo de connotacións máis urbanas e de incorporación máis recente, o carnaval.

As mascaradas galegas gardan ostensibles semellanzas con mascaradas doutros pobos europeos, do norte de España e americanos a donde chegou de mans de franceses, españois e portugueses. Sin embargo o entroido ou antroido galego non era, aínda que o está chegando a ser, unha festa programada como é nos sitios anteriormente citados, nos que se fai alarde de magnificencia con complicados disfraces e fastuoso colorido.

O carnaval en Galicia é unha festa colectiva e espontánea na que o elemento principal non é a fastuosidade, senón a diversión e a espontaneidade a través da sátira.

O antroido anuncia (cun mes de antelación) o comezo da primavera, dunha época de beleza e satisfacción, data que se festexaba con alegría e que, pouco a pouco, foise convertendo nunha excusa para facer o diametralmente oposto ó establecido durante o resto do ano.

A caída no olvido durante a Guerra Civil e o comezo do século e a perda de liberdade do pobo, que non se podía permitir un día de esgalla, desembocou nunhas ansias por revivi-lo entroido (sobre todo a partires da década dos 80) fíxolle perder a súa espontaneidade pero, alomenos, augúranselle bos tempos ó entroido.

Xa sexa con peliqueiros ou cigarróns, con enterro da sardiña ou coa queima do Marcial (atragantado cun óso por non garda-la Coresma) en Galicia, xa sexa o Carnaval de Río, ou o das Canarias ou mesmo o de Venecia, o carnaval, antroido ou entroido resúmese nunha mesma idea, unha época na que a única lei e pasa-lo ben.

SAN XOÁN

O San Xoán marca o solsticio de verán e o comezo das vacacións, a súa intención en sí e espantalas meigas (alomenos en Galicia, que é donde ten máis sona), dende a fogueira que hai que saltar para purificarse, ata as herbas que se recollen para lava-la cara con elas ó día seguinte para lava-la cara do cú das meigas.

Recordando aquel refrán de “Por San Xoán xa a sardina molla o pan” encontramos unha excusa para non desaproveita-la lareira e continuando ca purificación, outra para molla-lo gaznate, a queimada.

E dando remate á noite é hora de ir facer trasnadas polo lugar, aproveitando a noite máis curta e máis tola do ano.

O MAGOSTO

O magosto e outra das tradicións puramente galegas que imos describir, aínda que a nós por ser da costa non nos afecte moito. O magosto surxe en Lugo e en Ourense (no interior) á sombra dos soutos, cando ó final da colleita de castañas se facía unha pequena festa cos “excedentes” acompañándoos de productos do país (quiexo, broa, viño...) e no que mozos e mozas aproveitaban para botarse regueifas e desafíos uns a outros sen deixar de cantaruxar.

O magosto tamén se extendiu pola costa, pero máis ben neste último cuarto de século, celebrándose nas escolas por maestros do interior ou que simplemente apreciaban os costumes e a identidade galegos, aínda que si se coñecía e celebraba nalgúns sitios puntuais donde abundaban os soutos.

TRADICIÓNS RELIXIOSAS

É tempo agora de falar dos costumes e supersticións herdados da relixión, como son a navidade, as bodas ou a semana santa.

Navidade

Nesta época os cristianos celbrámo-lo nacemento de Cristo Noso Señor e hai certos costumes ou tradicións que cabe destacar, como por exemplo a cea de Noiteboa, a de Navidade ou a de Ano Novo na que temos que engulir doce uvas antes de que dean as doce badaladas que anuncian o novo ano ó mesmo que se debe brindar con champaña e meter un anel de ouro dentro para que o novo ano traia boa sorte e facer uns propósitos (case sempre incumplidos), aínda que estes costume non sexan moi cristianos, xa que se confunde a entrada nun novo ano coa navidade.

Tamén temos o costume de adornar a nosa casa cun Belén e pedirlle os nosos regalos ós reis magos. Estes dous costumes vénse alterados nos países do norte por outros dous, como son: encargarlle os regalos a Santa Claus ou pór unha árbore (abeto ou pino) adornada na casa. Estes costumes, menos cristiáns vénse reforzados polo merchandinsing norteamericano e invaden culturas que nin sequera son cristianas.

Tamén os xudeus celebran estas datas pero coas súas costumes propias e non polo nacemento de Cristo senón polo Éxodo do seu pobo de Exipto.

AS BODAS

Hai unha serie de tradicións e de supersticións nas bodas cristianas que tentaremos desvelar e explicar a continuación:

Lanzar arroz: O arroz era considerado como símbolo de fertilidade na Antigüidade, tírase sobre os noivos co desexo de que teñan moitos fillos. É un costume que provén de Oriente.

A torta nupcial: Ten a súa orixe na antigua Roma donde era tradición popular romper un pan sobre a cabeza da noiva como símbolo de fertilidade. Na Inglaterra do medievo, os invitados levaban á boda tortas que amontoaban e que os novicios bicaban para logo reparti-las entre os invitados.

Lanza-lo ramo de noiva: As novicias exipcias levaban herbas de forte aroma para escorrenta-los malos espíritos, co tempo, as herbas foron sustituídas por flores que se tiraban para prognosticar quen sería a próxima afortunada.

Na Francia do século XIV considerábase que a liga da noiva traia boa sorte polo que os convidados corrían detrás dela para quitarlla. Para evita-lo groseiro desta práctica, as noivas comezaron a tirar a liga voluntariamente. Hoxe en día vén sendo coma o ramo de flores para os homes, indica quen será o próximo en contraer matrimonio.

-Algo vello, algo novo, algo prestado e algo azul: O vello signigica a conexión da noiva co seu pasado e os seus lazos familiares, por iso adoita ter unha xoia familiar ou un traxe de boda.

O novo, as súas esperanzas de comezar unha nova vida de prosperidade e felicidade.

O prestado adoita ser algo que levou outra muller na súa boda e que lle deixa á novia para transmitirlle a felicidade e a fortuna do seu matrimonio

O azul simboliza pureza e fidelidade.

-Diamantes de compromiso: As pedras preciosas incluíanse a miúdo na dote que o noivo pagaba para pedi-la man da súa noiva na Idade Media.

-Aneis de boda: Na antigüidade, cando as condicións de vida eran máis precarias, o marido intentaba asegurarse a unión a súa esposa atando, cunha correa de coiro , a súa perna e a da noiva.

-O anel no dedo anular: As alianzas colócanse neste dedo porque antigamente críase que a vena deste dedo iba dereita ó corazón.

-A lúa de mel: Esta acepción vén dos teutóns, este pobo celebraba as bodas baixo a lúa chea e os contraíntes bebían licor de mel durante trinta días.

-O velo da noiva: Eran os romanos os que colocaban un velo sobre o rostro da noiva nos matrimonios convidos para evitar que o noivo fuxira se a noiva era demasiado fea.

-Cruza-lo umbral da porta en brazos: Os romanos pensaban que o feito de que a noiva tropezase ó entrar no seu novo fogar era un mal augoiro, para evitar isto o noivo levábaa en brazos.

LENDAS

Nesta parte do traballo vamos falar deses contos, metade ficción, metade realidade que son as lendas e que tantas horas de lecer encheron na historia da humanidade.

Xurdindo dun feito ou acontecemento fóronse pasando de boca a boca e engadíndoselle matices que co paso dos anos cambiaron o feito en sí hasta convertilo nun conto. Tamén pasa o caso contrario, de contos os que se lle quiso dar veracidade e que se logrou nalgúns casos, abusando da ignorancia do pobo.

Neste apartado recollemos o máis destacado das lendas europeas, españolas e galegas (centrándonos sobre todo na nosa comarca en concreto), para evita-lo hastío á hora de ler este traballo non profundizamos o suficiente en todas. Pero reproducimolas fielmente dos libros nos que as atopamos e esperamos que o lector disfrute tanto léndoas como disfrutamos nós.

LENDAS UNIVERSAIS

Hai numerosas lendas propias de cada mitoloxía, de cada relixión, de cada pobo, tantas que sería imposible reproducilas todas e aínda o máis significativo de cada cultura sería demasiado, polo que vamos citar algunhas bastante destacadas e profundizaremos máis nas que atañen á nosa cultura.

Dende as lendas dos indios americanos que explicaban a súa orixe e a súa conexión coa natureza, ás do pobo chino por explica-lo orixe do mundo; dende gregos e romanos ata pobos africanos, tódolos pobos do mundo teñen as súas lendas e a súa mitoloxía, e en moitos casos as lendas actúan como doutrinas da relixión dun pobo. ¿Quen non coñece a Manitú, ó Príncipe Sidharta, a Hércules ou ós talantes, ó Rei Arturo ou a tantos outros?¿ Quen non oíu falar do nacemento de Buda ou da formación da cidade de México.......?

A continuación falaremos da historia do Rei Arturo, do Nacemento de Roma e da Atlántida, como máis significativo das lendas continentais.

LENDAS EUROPEAS

O NACEMENTO DE ROMA

A creación da mayor civilizición da historia non pode ser menos mítica e lendaria do que o foi o seu Imperio.

Según conta a lenda Rómulo e Remo, fillos de Marte, Deus da Guerra e de Rea Silvia, tamén chamada Ilia, unha das virxes vestais filla de Numitor, rey de Alba Longa deposto polo seu irmán menor Amulio que fixera a Rea Silvia sacerdotisa para evitar que tivera descendencia.

Despois do nacemento dos dous fillos desta, Amulio, enfurecido, arroxounos ó río Tiber para que morreran afogados, pero estes conseguiron sobrevivir rescatados por unha loba na falda do monte Palatino que os sacou das augas e lles deu de mamar ata que os descubriu o pastor Fáustulo e foron criados pola muller deste, Aca Larentia.

Cando alcanzaron a madurez os irmáns destituíron a Amulio e puxeron ó seu avó Numitor no trono. Os irmáns decidiron entón construír unha cidade. Despois de discutir sobre o lugar do emplazamento, decidíronse polo monte Palatinol. Rómulo construiu un muro pero Remo saltou despectivamente por riba del para mostrar que era inadecuado. Remo morreu despois a mans do seu irmàn ou dun dos seus compañeiros e éste converteuse no único soberano da cidade. Dispuso un refuxio para esclavos e asasinos fuxitivos e conseguiulles mulleres raptando ás sabinas nun festival ó que as invitara enganadas. Despois dunha serie de guerras entre as sabinas e Rómulo, acabaron reconciliándose e éste foi o seu rei. Dacordo ca lenda, Rómulo foi levado ós ceos polo seu pai e rendéuselle culto despois como Deus Quirino.

A ATLÁNTIDA

Na tradición da antigüidade clásica, a Atlántida era unha extensa illa no océano occidental (o océano ó oeste do mundo coñecido) preto das columnas de Hércules ( Xibraltar). Dise que foi tragada polo océano como resultado dun terremoto no espacio dunha noite e un día . Dicía o estadista ateniense Solón (según lle fora dito por un sacerdote exipicio) que era meirande que Asia Menor e Libia xuntas , dicía tamén que unha rica civilización se desenrolou na Atlántida arredor do ano 10.000 a.C., unha civilización que segundo contan foi fundada por unha orfa chamada Clitia que era oriunda do lugar e polo Deus Poseidón que tiveron cinco pares de xemelgos, un dos cales sería Atlas. O seu territorio extendíase cada día máis por mor das conquistas dos seus reis e era rico en metais preciosos coma o ouricalco que brillaba coma o lume; a súa flora e a súa fauna, eran exuberantes e a súa poboación extensa. A Atlántida, que pronto se converteu nunha potencia marítima e comercial, posuía tamén unha extensa rede de canales e os seus reis, os atlantes, reúnanse a miúdo para celebraren festas en honor a Poseidón, o Deus da auga e dos océanos. O seu sentido relixioso, nambergantes foi disminuíndo co tempo e embarcáronse nunha guerra fraticida e imperialista da que só se salvou Atenas. Zeus condenou á Atlántida a ser sumerxida no océano que forxara o seu poder para que aprenderan a respetar as súas orixes.

Hoxe en día aínda hai quen pensa que a Atlántida existiu realmente e compárana coas Canarias, con Creta, con Sicilia e mesmo con Europa ou América....Quen sabe.

LENDA DO REI ARTURO

A lenda do rei Artur e dos cabaleiros da táboa redonda é un dos temas que máis inspira a prosa da Idade Media en Europa.

Según conta a lenda Arturo é fillo de Uther Pendragón que consegue á muller que ama tras asediar o castelo do seu marido coa axuda do mago Merlín e coa condición de non lle facer mal ningún ó marido desta e de darlle o seu primoxénito.

Uther Pendragon só cumple a primeira parte da súa promesa e mata ó marido da súa amada, nambergantes Merlín queda con Arturo e déixallo a un barón para que o críe. O barón trata a Arturo como criado do seu fillo e cando van a unha xusta a Londres para decidir o trono de Inglaterra, pois ninguén pode saca-la espada chantada na pedra que, segundo os deuses decidirá o futuro rei de Inglaterra, Arturo desclava a espada e convírtese en rey de Inglaterra, asesorado por Merlín. Crea unha táboa redonda para que non haxa cabeceiras e os seus cabaleiros non se disputen o poder e encamiña a súa cidade de Camelot a ser unha cidade honrada e xusta, sin precedentes na historia da humanidade.

No medio disto Arturo namórase de Xinebra cuia infidelidade con Lanzarote o fará desbotar tódolos propósitos cos que creara Camelot, e éste o momento que aproveitan os seus inimigos, entre eles Mordred, fillo da irmá bastarda de Arturo, Morgana, para darlle morte a Arturo. Dise que o rei Arturo descansa na illa de Avalon donde se cura das súas feridas e que volverá sempre que o seu pobo precise del.

Paralelo a esto surxe a procura do Santo Graal do que se di que conserva o sangue de Cristo e que concederá a inmortalidade a quen beba del. Arturo e os seus cabaleiros embárcanse nunha búsqueda deste, xa que se di que se atopa en Gran Bretaña, e segundo a lenda acábano encontrando finalmente en Corberic.

LENDAS ESPAÑOLAS

Foinos bastante difícil atopar material sobre o tema xa que a maioría dos libros que consultamos son en galego ou tratan da mitoloxía greco-romana ou dalgún tema específico. A continuación expomos o parco material que puidemos reunir.

A LENDA DA CAMPÁ DE HUESCA

Reinaba o rei Don Ramiro II aínda que non o facía con demasiada comodidade xa que acababa de herdar o trono do seu irmán Afonso I “O Batallador”, e ademais a nobreza non aceptaba a súa dobre condición de monxe e rei. O monarca desesperado pola súa situación mandou un emisario ó abad do monasterio de San Ponce de Tomeras, en Francia que fora o seu mestre espiritual. Pero éste mostrouse de todo críptico: conduciu ó emisario ata a horta monacal e, cun coiterlo afíado cortou tódalas coles que sobresalían de cuajo. Despois sentenciou: “Vaite ó meu señor o rei e dille o que viches ,que eu non che dou outra resposta.

Así o fixo o emisario e o rei aragonés deduciu que debía eliminar ós nobles que sobresaían pola súa postura rebelde e antimonárquica. Ca excusa de que quería fundir unha nova campá para ser oída en todo o reino, convocou Cortes en Huesca e citou ós nobres máis díscolos, ós que ordenou pasar un a un á sala do Consello. A medida que foron pasando, executounos sen piedade. A nobreza entendeu o duro mensaxe e Ramiro II puido reinar en paz. O feito de que colgara as cabezas nunha bóveda en forma de campá cun vadallo no medio, feito coa cabeza do nobre máis contrario á súa posición elevouno ó nivel de lenda, pois en realidade ninguén sabe se ocorreu en verdade.

Huesca

O MONTE DAS ÁNIMAS

-Atade os cans; facede o sinal cas trompetas para que se reúnan os cazadores, e voltemos á cidade. A noite acércase, hoxe é día de Tódolos Santos e estamos no monte das Ánimas.

-¡Tan pronto!

-Hoxe é imposible continuar. Dentro de pouco soará a oración dos Templarios, e as ánimas dos difuntos comezarán a tañer a campá da capela do monte.

-¡Nesa capela ruinosa! ¡Bah! ¿Ques asusatarme?

-Non fermosa prima; ti ignora-lo que sucedeneste país porque aínda non fai un ano que viñeches a él dende moi lonxe. Refrea a túa egua, eu tamén porei a miña ó paso, e mentres dure o camiño relatareiche esta historia:

-Este monte que hoxe se chama das ánimas, pertencía ós Templarios cuio convento ves alí na marxe do río. Os Templarios era guerreiros e relixiosos á vez. Conquistada Soria ós musulmáns, o rey fixoos vir de lonxanas terras par defende-la cidade pola parte da ponte, facendo nesto un notable agravio ós seus nobres de Castela, que saberían defende-la igual que a conquistaron. Entre os cabaleiros da nova e poderosa orede templaria e os nobres da cidade desatouse por ésta causa un odio profundo. Os primeiros tiñan acotado este monte donde reservaban caza suficiente para satisface-las súas necesidades e contribuír ós seus placeres; os segundos determinaron organizar unha partida de caza no coto a pesar das severas prohibicións dos clérigos-guerreiros. Cundiu a voz do eto e nonhoubo maneira de deter ós uns na súa manía de cazar e ós outros no seu empeño de estorbalo. A proxectada caza levouse a cabo e convertiuse nunha matanza espantosa. O monte quedou sembrado de cadáveres, os lobos pegáronse un sanguento festín. Por último tivo que intervir o rei pondo paz no maldito monte antes tan disputado polos odios, agora quedou abandoado, e a capela dos Templarios, situada no mesmo monte, comezou a arruínarse polo paso do tempo. Dende aquela din que cando chega a noite de defuntos óese dobla-la campá da capela, e que as ánimas dos mortos envoltas en xiróns dos seus sudarios, corren como nunha fantástica cacería entre as árbores e os zarzais. Os cervos braman espantados, os lobos ouvían e, ó outro día téñense visto impresas no solo , as pedgados dos descarnados pés dos esqueletes. Por eso o chamamos en Soria “O Monte das Ánimas” e por iso hai que saír del antes de que anoiteza, no día de defuntos.

Soria

LENDAS GALEGAS

INTRODUCCIÓN

Nesta parte adicada ás lendas galegas que se presume como a máis extensa, fixemos unha selección das lendas galegas máis características engadindo algunha da nosa comarca e algunha outra propia doutras comarcas galegas tales como San Andrés de Teixido ou Mondariz, en definitiva de tódos aqueles sitios dos que temos constancia de que teñen algunha lenda que deba ser coñecida, aínda que non os podamos incluír todos.

LENDA DE ITH

Unha das lendas máis antigas da tradición galega é a de Ith, fillo do heroe galego por antonomasia, Breogán. Aquí fixemos un resumo dela no que omitimos tódolos datos xeográficos e do rol da historia, limitánndonos simplemente á historia en sí. Esta lenda narra como Ith divisa dende o alto da Torre de Hércules unha nova terra e se lanza ó descubrimento e conquista desta á que bautiza co nome de “Eirin a Verde”. Unha vez alí, despois dunha longa viaxe en barco na que non baixa de cabalo en toda a travesía, como lle pide seu pai Breogán xa que segundo as crenzas celtas traia boa sorte, atópase a tres clans celtas gobernados por tres irmáns que están en guerra polo reparto do reino trala morte do seu pai, o Rei. Alí por mor dos seus intentos de leva-la paz ós seus irmáns celtas e pola conspiración do xefe dun dos clans atopará a morte Ith, fillo de Breogán.

Esta lenda ten un grande valor non só pola súa calidade narrativa senón tamén polas alusións xeográficas e históricas que contén. Nela fálase das illas Casetérides das que actualmente se descoñece a súa ubicación, da tribo dos Ártabros que dan nome a un golfo galego...e sobre todo explícase a orixe da Torre de Hércules acerca da cal se dixeron tantas lendas e contos como que a erixiu Hércules como sepulcro ó su meirande inimigo.

Segundo a lenda a Torre erixiuna Breogán como conmemoración das súas victorias sobre as demais tribos da zona, afianzando a a hexemonía dos Ártabros. E o feito de que Ith divisara Irlanda dende o alto da torre non é máis ca unha esaxeración para ensalzar a altura da construcción, xa que este feito, a todas luces é imposible.

1.Para aquel que quira ampliar asúa información e le-la lenda enteira, remitímolo ó libro “A Morte de Ith” de J.L. Veiras Manteiga que está na colección “Folgar de Brigantia”.

San Andrés de Teixido:

Un rito ou lenda moi popular da tradición oral galega é o de San Adrés de Teixido (lugar máxico e mítico por excelencia no que abondan as lendas e contos.Incluímos a continuación a lenda de Santo Andrés de Teixido e outra propia do lugar.

“Vai de morto quen non vai de vivo...”

O Santo Apóstolo San Andrés , que se atopaba naquel arredado curruncho, isolado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as peregrinacións que, de tódalas partes do mundo cristián, ían camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia das penalidades que tiñan de sufrir. En troques, o seu santuario víase baleiro, malia de que facía tamén milagres e sandaba males que serían tamén incurables sen a súa axuda protectora.

E disque, di a lenda, o bo do santo Andrés percorría os camiños vagarosamente e, diríamos que un pouco amolado se non fora santo; pero se non amolado, moi contento non había andar tampouco.

Un día no decurso dunha das súas longas camiñadas en que ía cavilando na súa pouca sorte, achouse, de súpeto, ante o Noso Señor que viñera á nosa terra para ver como andaban as cousas e, ó velo, O Señor preguntoulle:

-Véxote tristeiro Andrés, ¿Qué é o que che acontece?

E San Andrés, aproveitando a pregunta respondeulle:

-Divino Mestre: ando tristeiro poque vexo que de todo o mundo veñen xentes visitar ó teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para chegaren onda él; e sofren e padecen nos longas xornadas de camiño os avatares do longo viaxe..- e con toda a humildade engadiu- En troques ninguén vén pé de min; o meu santuario está baleiro, como se eu non fose tamén o voso discípulo, non menos fiel e celoso do ben para tódolos homes.

Noso Señor, conmovido e ollándoo con agarimo, díxolle entón:

-Dis ben Andrés, e ti non has ser menos do que Xacobe. De agora en diante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen ter visitado o teu santuario, polo menos unha vez na vida; e aquel que non o fixera de vivo farao despois de morto.

E por iso se di a célebre frase de:

A San Andrés de Teixido vai dúas veces de morto quen non vai unha de vivo”.

Mozas encantadas de Teixido:

Indo polo camiño do cemiterio chégase a onde está “A Pena do Encanto”, onde hai unha doncela encantada que chama a atención pola súa fermosura, “cun pelo tremendísimo”. Tódolos anos, odía de San Xoán, sae ó raiar o sol e faise visible coa esperanza de que pase algún mozo disposto a desencanta-la. Naturalmente a cousa non é doada, porque así como o mozo se vai achegando, a doncela perde a fermosura ós ollos de quen a mira e acaba converténdose nun monstro repugnante e espantoso. O valente que ouse matar ó monstro desencantará á doncela, coa que poderá casar e tamén gozar dos tesouros da súa esposa, que son moitos pero, polo de agora están tan encantados coma a súa dona.

Contan tamén que no Coto dos Fondais hai varias mozas encantadas. Para velas hai que ir tamén o 24 de xuño, que é cando se ven os encantos.

Un día un pai mandou ó seu fillo á leña para a larada se quería ir á festa. O rapaz madrugou a mañá de San Xoán e foi buscar a leña ó Cotodos Fondais. Estaba o rapaz recollendo na leña cando, de súpeto, viu unha moza fermosísima que estaba á fronte dunha tenda chea de alfaias. Sorprendidísimo quedou o mozo diante da inesperada aparición e atentamente contemplaba o que na tenda había ata que á fin díxolle a moza:

-Ben, de todo o que hai aquí ¿Que é o que máis che gusta?

O rapaz fixouse nunhas fermosa tixeiras con xoias engastadas e contestou:

-As tixeiras.

Entón a doncela enrabechada exclamou:

-¡ Con elas che saquen a vida!-Xa que a resposta non fora a axeitada.

O que tiña que dicir é que era ela, a moza o que máis lle gustaba de canto vía.

Fuxiu o rapaz a todo correr e nin a leña levou para a casa.

A moza segue, o mesmo cás súas compañeiras, encantada no Coto dos Fondais. Supoño que agardando outra oportunidade.

A razón pola que hai doncelas encantadas nos arredores do santuario non é outra que, sendo estas fillas de nobres familias negáronse a aceptar os maridos que lles estaban destinados. Por tal desobediencia foron encantadas e, dende tempos que xa nin se acordan, seguen na mesma situación agardando o día no que sexan liberadas. Se é que chega.

LENDA DA LOUREANA

Contan que unha vez un labrego da parroquia de Santa María oiu que chamaban por él, corriu éste cara o lugar de donde viñan as voces e atopouse a unha vella sentada enriba dun penedo á beira do camiño que lle mostrou tres boliños dourados de pantrigo, enriba dun fermoso pano de encaixe. A vella que, en realidade era unha bruxa, díxolle que tiña que ir á cima do Monte do Castro e que alí depositara os tres bolos no chan e dixera o nome de tres mulleres, así desenfeitizaría a tres princesas enfeitizadas polo seu pai, un malvado rei mouro. Nambergantes había unha condición: daqueles tres boliños non podía faltar unha migalla.

O home convencido polo tesouro que lle darían as princesas unha vez desenfeitizadas, envolveu os tres bolos nun pano e colleu camiño para a súa casa pois xa era tarde para seguir dándolle ó sacho e ademais tiña unha encomenda. En canto chegou á casa puxo o paquete no chineiro e advertiulle á súa familia que non podían toca-los bolos , sen dar máis explicacións, e púxose a cear. Ó rematar de cear entroulle o sono ,por mor do cansancio e do reconforto da comida, e cavilando no estraño encontro quedou a durmir. Nambergantes a muller quedou intrigada e en canto viu que o home pechaba os ollos, foise ó chineiro desenvolveu o paquete e viu os bolos, que se lle antollaron tan bos que non puido conterse e repeloulle un anaco a un dos bolos. Despois volveunos a envolver no pano e devolveunos ó seu sitio.

Ó día seguinte o home colleu o paquete sen comproba-lo e dirixiuse ó monte a cumpli-la súa encomenda. Ó chegar ó alto do lugar depositou os tres bolos sobre sendos penedos e foi pronunciando os nomes que lle dixera a vella. Segundo os ía pronunciando foron aparecendo as doncelas pero ó chegar ó bolo repelado e tras pronuncia-lo nome da doncela, Laureana, o cabalo desta apareceu sen unha perna e besta e muller caeron ó chan, fundíndose na terra. Dende entón os seus choros brotan da fonte que hai no alto do Monte do Castro e din que si escoitas ben aínda se oen os seus laios e os do labrego condenado polas outras dúas doncelas a acompañar á súa irmá por non cumplir ben a súa encomenda.

O FERREIRO DE CASTRELOS

Había en Castrelos un ferreiro que deixara decorre-los días da súa mocidade sen decatarse de que había mulleres no mundo, e chegando a vello deulle por namorarse dunha rapaza nova moi cobizada por tódolos mozos da freiguesía. O ferreiro era moi rico e logrou facerse dono da mellor xoia de Castrelos, máis os mozos, xuramentados, comprometéronse a facerlle a vida imposible.

O vello namorado cravou as fiestras da casa, pechou á muller dentro e, nin con eso lograba durmir un sono acougado, porque nas noites de ruada os mozos enchían o vento de cantigas de maldicir e o sangue do vello virábase solimán.

A muller do ferreiro era moi devota e a forza de bágoas logrou licencia para ir á

misa tódolos días. A casa estaba a carón do adro e a porta sur da igrexa daba

dereitiña á porta da ferrería, de xeito que o ferreiro podía traballar ollando á súa muller na misa. Con todo e nin con iso a coitada tiña paz na casa de Deus, pois os ollos do seu dono feríana de lonxe con dúbidas noxentas.

Unha mañanciña chegou pola porta da ferrería unha vella lurpia, tida por meiga en todo Castrelos e nos seus arredores e, solermiñamente deitou nos oídos do ferreiro estas verbas pezoñentas:

-Por moitas voltas que lle deas, ti morrerás axiña e a túa muller casará... casará cun rapaz que sei eu...

Naquel intre a pobre coitada, de xeonllos na igrexa, pedíalle paciencia a Santa María. O vello ferreiro fitouna e sentiu que se lle subía á cabeza un tombo de sangue. Enlouquecido polos ciumes colleu un ferro e meteuno no lume. Os folgos da ferrería traballaban de firme e o ferro púxose de contado dun roxo nítido, luminoso e entón o ferreiro colleu o ferro candente e encamiñouse á igrexa disposto a desfacer, diante de Deus mesmo a fermosura da súa muller. Nambergantes Deus, o bo creador de todo, non quiso que o ferreiro desfixese unha das súas mellores obras, e cando o ferreiro, cego de ciumes ía entrar na igrexa, tapouse a porta súpetamente cunha parede de pedra.

O milagre foi sonado naquel tempo e, aínda hoxe a porta sur da igrexa de Castrelos aparece tapiada.

VIGO

O RÍO MIÑO

Cando a Virxe andaba polo mundo co seu Neniño chegou á beira do río Miño. A corrente das augas producía un forte ruído que espertou ó Neno, que choraba sen consolo e entón a Virxe, desesperada polos berros do seu fillo, dirixiuse ó río dicindo:

-“Río Miño

pasa caladiño

non despertes

ó meu neniño”.

E dende aquela o río Miño discorre tranquilo e en silencio por tódalas terras que atravesa.

A SERPE DO CASTRO DA TROCA

Contan que algún tempo atrás había no monte do Castro da Troca unha serpe que baixaba á Terra Chá e roubaba ós nenos para come-los. Os veciños puxéronse de acordo e para evitar esta crueldade e salvar ós seus fillos levábanlle tódalas semanas unha bésta ou unha ovella ó monte que sorteaban entre eles. Como a senté era pobre e non se podía permitir perder tódalas semanas parte do seu gando e ademais a serpe era unha ameaza que xa devorara máis dun cativo da comarca, decidiron acabar con ela. A serpe era enorme, segundo contan, e todos aqueles que tentaran darlle morte nunca voltaran, polo que argallaron un plan. O plan consistía en gardar toda a lá que poideran para tecer un fío que lles permitira turrar do animal para darlle morte entre todos. Encherían o ventre dun boi de novelos de lá e deixarían forra un fío, cando a serpe comera o boi os novelos encheríanlle a boca e a serpe non podería facer uso das súas temibles fauces, despois turrarían do fío e entre todos moeríana a paos. Dito e feito, lograron mata--la serpe e enterrárona no adro da ermida e levantaron un cruceiro enriba dela, que aínda hoxe está en pé.

TERRA CHÁ

LENDA DO MOZO E A COBRA

Disque había un rapaz que tódolos días ía ó monte co gando. Un día viu que por embaixo dunha laxe saía unha cobra, ó rapaz, no canto de asustarse, gustoulle tanto que lle daba migallas de pan. Fixéronse amigos e tódolos días xantaban o panciño xuntos e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ó servicio e, cando voltou, o primeiro que fixo foi correr monte arriba para ollar á súa cobriña; chegou alá e asubiou como acostumaba noutrora , e saiu a cobra , máis tan longa, tan longa e tan grosa , que o mozo colleu medo. A cobra non o recoñeceu e botouse a él, ensarillouno e matouno. Máis cando o tiña morto reparou nel, recoñeceuno e aflixida botouse ó mar e morreu afogada.

ILLA DE ONS

LENDA DA LAGOA DE CARRAGAL

Na Lagoa de Carragal, que se olla ó pé do monte, está asolegada a cidade de Malverde (Valverde) onde había mouros que foron desbotados por Carlomagno e os doce pares de Francia máis Oliveros, e nunha peneda do monte hai unha patada do cabalo de Roldán, dada cando este pediu, despois do sol posto, unha hora máis de día para derrubar ó inimigo. E é dende entón que, despois do Sol posto hai unha hora de luz.

RIBEIRA

LENDA DO VELLO E O CAN

Fai xa anos, había un vello que cando ía ó mar, levaba o can canda él ata a praia. O can quedaba mirando para o mar, polo sitio polo que él marchaba ata que o vello voltaba. Un día, non se sabe ben polo que, o vello non voltou e o can quedou mirando para o mar. O cabo dun tempo o can morreu de tristura, e o sobriño do vello enterrouno.

Algún tempo despois o sobriño foi dar un paseo coa moza pola praia e atopouse ó can mirando para o mar, o rapaz chamou por él “Tuno” para ver se era o can do seu tío, cando este virou a cabeza e quedou mirando para él. O sobriño colleu tal medo que marchou para a casa a todo correr e encerrouse na súa habitación ata que morreu ninguén sabe por que.

Aínda hoxe hai quen di que se ve ó can ollando para o mar no aniversario da desaparición do seu dono.

CORCUBIÓN

A LAGOA DE LOURO

Esta lenda transcorre nas aforas dun pobo chamado Louro. Cerca do mar pero separado deste por numerosas montes de area coñecidos como dunas. Alí atopábase un pobo de xente campesiña que vivía da crianza de animais e de traballa-la terra. Cóntase que un día ás doce da noite cando todolos habitantes do pobo durmían o mar subiu moito máis do normal, ata o punto de atravesa-las dunas e anegar o pobo completamente. Tódolos seus habitantes e animais morreron.

Hoxe en día dise que si vas á Lagoa o día de San Xoán podes oí-los berros de xente e animais que non sabían como librarse daquela desgracia e podes oír as campás da igrexa repicar e disque tamén se ve a unha moza peiteando os seus cabelos diante do espello.

Dise tamén que as construccións aínda descansan no fondo da lagoa sepultadas baixo o lodo do fondo canda as ánimas dos seus moradores.

LOURO

A PONTE DOS CABALOS

Ía unha vez un home camiñando tranquilamente por unha fraga cando ó chegar a unha ponte e empezar a cruza-la oíu un ruído de cascos de cabalos, moreas deles. O home fíxose a un lado para que non o arrolaran pero cando se virou non había nada, o home cruzou a ponte, todo extrañado, pero non lle deu máis importancia.

O caso é que ó día seguinte ocorreulle o mesmo e esta vez o home coidando que perdera o xuízo preguntou na aldea máis próxima que era o que ocorría nesa ponte, cal non sería a súa sorpresa cando lle dixeron que nun pazo próximo á fraga habitaba un home que pasaba tódolos días cos seus cabalos por alí, arrolando a

calquera que non se apartara. Trala súa morte, os veciños, fartos del non lle quixeron dar unha misa pola súa ánima. E o seu castigo fora asustar a calquera que tentase cruza-la ponte.

O home asustouse tanto que lle pagou unha misa e nunca máis volveu por alí.

COSTA DA MORTE

LENDA DO CASTRO DE BARAU

No castro deste nome, tódalas noites hai unha luciña baixo dun penedo que hai no medio da croa

Un día que foi un pequeno gardar as ovellas para este lugar sentouse encima do penedo e, de pronto , apareceulle unha muller moi guapa, que arrimándose a él, lle dicía que era de familia moi rica (pertencente a un conde) pero que estaba alí encantada dende había moitos anos, e que ó día seguinte volvese cas ovellas para o mesmo sitio e que sentase no penedo. Ela, que se había presentar en forma de cobra, e que había de subir por el arriba, xa que, se non tiña medo, non lle había pasar nada e o faría feliz.

Cando foi noite, e o pequeno chegou á casa, contou todo o ocorrido, acordando entre a familia que fora pero que non deixase trepa-la cobra por él arriba e que tamén irían os pais para saber si era certo ou era unha trasnada do rapaz.

Cando foi hora ó día seguinte de bota-las ovellas, marcharon para o castro o rapaz e mailos pais. E de que chegaron ó sitio de destino, o pequeno sentou no penedo acordado e os pais agacháronse entre uns toxos para observa-lo que ocorría sin seren vistos.

Tan pronto como se sentou o pequeno apareceu a cobra arrastrándose cara el , pero a rapaz cumprindo o convido, ó ver a que se acercaba a cobra, botou a correr, e, xunto cos pais, viñéronse para a casa a todo correr, dándollo os veciños por ben feito e advertíndoos de que se deixaran subi-la cobra quedaría o neno encantado.

Nunha localidade inmediata había un home moi célebre entre os veciños, o cal se chamaba Mingos de Caraba e, tan pronto como soubo do ocorrido, buscou dous homes dos que lle pareceron mais valentes, e díxolles que, se lle axudaban, desfaría o feitizo, e que os faría felices, pero coa condición de que non podían asustarse aínda que viran o que viran. Estes aceptaron o choio, e quedaron en palabra xa para saír odía seguinte á noite.

Cando foi noite xuntáronse os tres para ir ó lugar proxectado e, silandeiramente, saíron do lugar dirixidos polo tío Mingos. Así que chegaron, o primeiro que fixeron foi facer un circo na terra cunha moeda de prata e metérense dentro. O Tío Mingos ía cargado con escapularios, unha cadea chea de medallas, unha estola e o libro de San Ciprián, para facer o desencanto. Para recordarlles o convido, díxolles ós compañeiros que, visen o que visen non se asustasen e non fuxiran dalí. Estes confiados no seu valor reafirmáronse na súa palabra en non saír dalí baixo ningún pretexto.

Empezaron entonces a obra, para o cal non había máis traballo que o do señor Mingos: ler no libro as cousas que a él lle parecían convenientes e necesarias para o fin que buscaban.

Ós poucos momentos de comezado o choio, abriuse unha fenda no medio da croa e saíu por ela un xenio “moi grandísimo” e que de vestiduras só leva un taparrabos e que ía coa cabeza pelada e moi rubia levando na man unha forcada con gallos rubios coma se os sacaran naquel mesmo momento do lume, ó tempo que tamén saiu unha moza que estendendo unha colcha no chan empezou a carretar saquetos cheos de ouro e a botalos na colcha.

Os dous homes compañeiros do señor Mingos, fóronse sostendo xunto del, pero con moito medo, mentres el seguía lendo coma se nada, ó pouco xurdiu tamén un touro moi grande dando chimpos ameazantes contra eles, coma se os quixera embestir. Os dous “valentes” xa estaban a piques de escapar pero o medo paralizábaos, e mentras tanto o señor Mingos seguía lendo como se estivera xunto ó fogar da súa casa e coas portas e as ventanas ben atrancadas; e a rapaza a toda présa carretando saquetos de ouro como se lle fora a vida nelo, e xa levaba xunta unha boa montaña de ouro.

Despois duns intres aparecéronselle uns penedos por riba deles que parecía que mesmo se ían soltar. Os homes cheos de espanto empezaron a mirar para arriba, e véndo como lle caían os penedos e oíndoos estalar pensaron que eran de verdade e botaron a correr como se lles fora o lume detrás, deixando ó tio Mingos só.

Un ano tardou o tío Mingos en voltar e un ano despois morreu sen que ningúen lle pudiera arrincar onde estivera todo ese tempo.

Lugo

LENDA DA MULLER-LOBO

Había hai moitos anos en Castela, un pai que tiña moitas fillas, unha das cales comía moita carne, canta máis lle daban máis comía.

E un día o pai díxolle:

-Inda vaias comer carne cos lobos ó monte.

Foi palabra maldita, xa que aquela mesma noite desapareceu sin saberse que fora dela. Según se soubo despois, fuxiu da casa paterna e envorcallouse na area, volvéndose unha fada que unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas de Agras de Tosende. Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, causando estragos na facenda e na xente (isto cando estaba transformada en lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos de arredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer e ela detívoos dicíndolles:

-Quietos, deixádeos pasar.

Así andou moito tempo ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez cadroulle de estar o amo dentro e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter unha pata, viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó empezar a cortar , foi e meteu un berro, volvéndose unha muller. Así que se viu muller, tratou de ir para a súa casa, preguntando de pobo en pobo ata atopala, tratándoa con moito agarimo seus irmáns e seu pai.

Para o verán foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á casa da tal; entón esta preguntoulle de donde eran e eles dixéronlle que eran de Tosende e de Aguís:

-Pois esas terras coñézollas eu ben e coñezo o Cebreiro e as canellas de Agra, pois tiven que andar por alí de fada e fixen moitos estragos e por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, eu estábao despedazando e el rindo cara mín.

Ó oír esto os segadores colleron tal medo ó recoñece-la que deron volta correndo para a súa terra, mal feito pois a fada volveu detrás deles, acabando co benestar que producira a súa desaparición.

Ourense

BIBLIOGRAFÍA:

-Galicia, cousas e xentes

-Conto de Trasancos

-Diccionario de Mitoloxía Clásica

-Lendas Galegas de Tradición Oral

-Folgar de Brigantia: “ A Morte de Ith”

-A lus do Candil (Ánxel Fole)

-Diccionario Dos Seres Míticos Galegos

-Revista Muy Interesante (21 de Xulio de 1998 )

-Outros Textos

Mitos, Lendas e Tradicións

1