Minerais e rochas

Mineraloxía. Petroloxía. Clasificación. Sedimentos. Carbón natural. Metamórficas

  • Enviado por: Karlitox
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

MINERAIS E ROCHAS

C

oncepto de mineral: É un composto Natural inorgánico cunha composición química definida dentro duns certos límites. E unha estructura regular e ordenada chamada estructura cristalina.

Cando nun mineral se exterioriza a súa ordenación atómica interna e presenta formas xeométricas regulares limitadas por caras planas (prisma, cubos, ...) cando ocorre esto denomínase o mineral, cristal. Curiosamente a nivel coloquial denomínase cristal a un material amorfo, é dicir, que non presenta disposición ordenada dos seus átomos e o máis correcto é chamarlle vidro.

PROPIEDADES DOS MINERAIS

  • Hábito cristalino: É forma externa que presenta un cristal mineral. Exemplo: Cubos, pirita; columnas (prisma), cuarzo; laminar, mica; fibroso, xeso; dentífrico (recorda un fósil), pirolusita.

  • Dureza: É a resistencia que presentan os minerais. Mohs elaborou unha escala de dureza que é a seguinte: 1(talco), 2(xeso), 3(calcita), 4, 5, 6, 7[seixo(cuarzo)], 8, 9, 10(diamante).

  • Expoliación: Propiedade que teñen algúns minerais que ó romper dan lugar a superficies planas que sempre son paralelas ás caras do cristal. Exemplo: micas, pirita, calcita.

  • Cor: É frecuente que un mesmo mineral apareza na natureza con distintas cores debido á presencia de impurezas. Exemplo: Cuarzo que ten distintas variedades: transparente ou cristal de rocha; rosado, violeta (amatista), afumado.

  • Leitoso: Variedade roxiza ou Xacinto de Compostela.

  • Raia: É a cor do pó fino que resulta cando un mineral se frota cun anaco de porcelana. É unha característica constante para cada mineral.

  • Brillo: É debido á reflexión de luz nun mineral. Normalmente clasifícase en brillo metálico (pirita), e brillo non metálico (cuarzo).

  • CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS

    (PRINCIPIAS GRUPOS, SEGÚN A SÚA COMPOSICIÓN QUÍMICA)

  • Elementos nativos: ouro, prata, xofre, carbono (grafito e diamante)

  • Sulfuros: É a combinación do xofre con outros elementos. Pirita (S de ferro), Galena (S de chumbo).

  • Haluros: Son a combinación química de elementos halóxenos e outros elementos. Halita (tamén se chama sal común).

  • Óxidos: Hematites, olixesto (Óxido de ferro)

  • Sulfatos: Sulfato de calcio (Xeso).

  • Carbonatos: Calcita (Carbonato Cálcico), Magnesita (Carbonato Magnésico)

  • Silicatos: Éstan constituidos pola repetición da seguinte unidade fundamental:

  • Estes tetaedros únense entre sí de diferentes formas e por medio de distintos catións, o que da lugar a unha gran variedade de minerais deste grupo. Son exemplos representativos:

    Olivín, Granate, Micas, Caolimita, Calcio, Feldespato, Seixo ou cuarzo.

    ROCHAS

    -Unha rocha é un agregado de varios minerais (grtanito), aínda que algúns casos hai rochas que están constituídas por un único mineral (caliza).

    TIPOS DE ROCHAS

    m = meteorización

    t = transportación

    e = erosión

    s = sedimentación

    comp. = compactación

    cem. = cementación

    ROCHAS MAGMÁTICAS OU ÍGNEAS

  • Orixe dos magmas:

  • Ten lugar en xeral nos bordes das placas litosféricas debido a dous factores:

    -Incremento de temperatura que é consecuencia da fricción das placas nos bordes destructivos (lugares onde colisionan as placas)

    -Diminución da presión que está asociada ós bordes destructivos das placas (dorsais oceánicas onde se separan as placas).

  • Testura das rochas (aspecto que fai referencia ás condicións nas que enfriou o magma)

  • -Textura cristalina: Nestas rochas o enfriamento do magma foi lento e tivo lugar no interior da terra, o que permite que os átomos dos minerais se ordenen dando lugar a cristais de maneira que os minerais destas rochas diferenciánse uns dos outros a simple vista. Exemplo: O granito

    -Textura vítrea: as rochas que o presentan teñen un enfriamento rápido porque ten lugar na superficie. Polo que os minerais non forman cristais e non se diferencian uns dos outros a simple vista. É frecuente que na rocha existan poros que son os lugares ocupados polos gases de lava. Exemplo: Lava volcánica.

  • Clasificación das rochas magmáticas:

  • -Plutónicas: granito, gabro.

    -Volcánicas: pómez, basalto.

    -Filonianas (fórmanse cando o magma se infiltra en fracturas de rochas).

    ROCHAS SEDIMENTARIAS

  • Meteorización (Concepto e tipos)

  • A meteorización é a alteración realizada “in situ” sobre as rochas polos axentes atmosféricos (vento, auga, temperatura,...). Hai dous tipos:

  • Física:

  • Meteorización física ou mecánica (no proceso de alteración da roha non existen cambios na composición química).

  • Xelificación (cuñas de xeo).

  • Cuñas de raíces e contracción térmica (desertos).

  • Cuñas de sales.

  • Laxamento ou diaclasamento por descarga ou descomposición.

  • Meteorización química: Require a presencia de auga e implica alteracións na composición química da rocha. A disolución realízase únicamente na auga (por exemplo o sal)

  • Carbonatación realízase nas rochas caliza (formadas por calcio) que son insolubles en auga pura pero son solubles en auga que leve CO2

  • Ca CO3 + H2 CO3 = Ca (CO3H)2

    A solubilidade da rocha caliza favorécese ademáis da presencia do CO2 por incrementos de temperaturas e disminución de presión. A carbonatación explica a formación de estalactitas das estalagnitas. Tamén explica a contaminación atmosférica (chuvia ácida) deteriora moitos monumentos de interés histórico-culturais.

    AXENTES DE TRANSPORTE DE SEDIMENTOS

    -Ríos

    -Vento

    -Auga de chuvia

    -A gravidade

    -Os glaciares

    -Proceso de transformación das rochas nas sedimentarias (Diaxénese, litificación).

    Compactación dos sedimentos debido á presión que execren os sedimentos máis recentes sobre os máis antigos.

    Cementación: a unión das partículas de sedimentos por medio de materiais.

    CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS SEDIMENTARIAS

  • Detriticas

  • Conglomerados

  • Brechas

  • Pudingas

  • Areniscas

  • Arxilas

  • De precipitación química ou bioquímica

  • Calizas

  • Sal común

  • Xeso

  • Orgánicas

  • Carbón

  • Turba

  • Lignito

  • Hulla

  • Antracita

  • Petróleo

  • Calizas

  • Formadas pola acumulación de caparazóns ou cunchas de organismos mariños

    E

    stán propiamente formadas por fragmentos doutras rochas entre os que se distingue normalmente tres componentes: Clastos, matiz e cemento. Según o tamaño dos clastos divídense en tres grupos: Conglomerados, areniscas (medianos), arxilas (moi finos). Nas brechas, os clastos son moi enrugosos e indican que o transporte foi rápido. Nas pudingas, os clastos son redondeados, o que indica a un transporte lento; normalmente nun río.

    FORMACIÓN DO CARBÓN (NATURAL)

    Nunha cuncan na que haxa moita vexetación con clima cálido e húmido. A mortandade da vexetación, ben sexa por cambios de clima. Esta vexetación morta quedar enterrada por sedimentos. Ó estar ben enterradas, quedan sen osíxeno e as bacterias e fungos non actúan na descomposición e forman o carbón. Estes pasos ocorren moitas veces na mesma cunca. Este ciclo é chamado “CICLOTEMA”.

    S

    egún o grado de madurez do carbón e por tanto según a súa riqueza no elemento químico carbono. Turba, hulla, lignito, e antracita. A que máis carbono ten é a antracita. En Galicia existen dous xacementos de lignito en explotación: nas Pontes e no concello de Cerceda. Ambos na provincia de A Coruña. Nos dous casos o carbón extráese nunha mina a ceo aberto, lévanse nunha cinta transportadora ata a central térmica, próxima ás minas onde se queima o carbón e co calor obtido vaporízase a auga que fai mover unha turbina que está conectada a un xerador, obténse como resultado final enerxía eléctrica.

    En Galicia tamén existe outro xacemento de lignito mayor que estes, en Xinzo de Limia pero na actualidade non se explota debido a que o carbón atópase a mayor profundidade. En Galicia tamén se extrae, esporádicamente, turba (Serra do Xistral), pero como é carbón moi pouco maduro e ten pouco poder calorífico non se emprega para queimar en centrais térmicas, senon que se comercializa para xardinería. Esta turba tivo un proceso de formación algo particular xa que está constituida básicamente a partir de musgos que ó ir morrendo se transforman en carbón, prácticamente na superficie do terreo e non é degradado este musgo polas bacterias e fungos polas baixas temperaturas.

    O PETRÓLEO

    F

    órmase pola acumulación en zonas pouco profundas do océano (normalmente plataformas continentais) de plancton oceánico que experimentou unha mortandade masiva debida, por exemplo, a cambios bruscos na salinidade da auga ou a presencia de substancias tóxicas naturais. Estes depósitos de plancton morto deben quedar cubertos por sedimentos para impedir a presencia de osíxeno que causaría a súa descomposición bacteriana. O petróleo é en fase de formación tende a migrar hacia a superficie ata que atopa unha rocha impermeable chamada trampa, debaixo da cal se forma o xacemento definitivo.

    No proceso de formación do petróleo obtense (nas fases avanzadas), gas natural que estás constituidos por metano (CH4). Debido a que o gas natural ten aínda menos densidado que o resto dos hidrocarburos do petróleo, o seu proceso de migración é aínda mayor, polo que ás veces, os xacementos non son coincidentes.

    ROCHAS METAMÓRFICAS

  • Concepto de metamorfismo: É o proceso polo cal unha rocha que é sometida a incrementos de presión e temperatura (sen cegar a fundirse) sofre cambios na súa composición química e na súa estructura.

  • Tipos de metamorfismo:

  • Metamorfismo de enterramento ou carga

  • As rochas que están nunha cunca (sedimentos) as que están no fondo teñen máis presión e polo tanto máis temperatura e convértense en metamórficas.

  • Metamorfismo de contacto ou térmico

  • Debido ó ascenso dun magma as rochas que atravesan experimentan un aumento de temperatura (sen cegar a fundirse) e convírtens en rochas metamórficas, formando arredor do magma unha banda concéntrica chamada aureola metamórfica.

  • Metamorfismo dinámico

  • -Incremento de presión.

    -Incremento de temperatura.

    Prodúcese principalmente nas zonas de contacto entre os dous bloques de falla. O factor principal é o incremento de presión e en menor medida o incremento de temperatura.

  • Metamorfismo rexional ou dinámico-térmico

  • É o metamorfismo máis importante a nivel global e explica a formación da mayor parte das rochas metamórficas. Os factores principias son incremento de temperatura e presión. É o metamorfismo propio das zonas de subducción (ver tema seguinte).

  • Estructuras das rochas metamórficas. Xistosidade = esquistosidade

  • Refírese á orientación dos minerais que forman a rocha en planos perpendiculares á dirección da presión, diferenciándose ás veces bandas paralelas de distintas cores que corresponden ás diferentes minerais. Un exemplo é a rocha chamada meis (gneis). Nalgunhas rochas durante o proceso de metamorfismo prodúcese dalgúns cristais minerais destacando na rocha a modo de ollos ou glándulas. Un exemplo é o gneis glandular que presenta unha variedade chamada “ollo de sapo”.

    OLLO OU GLÁNDULA

    BANDAS OSCURAS

    BANDA CLARA

  • Rochas metamórficas máis relevantes.

  • Mármore.

  • Non representa Xistosidade, senon que ten un aspecto graúdo. Fórmase por metamorfismo das rochas sedimentarias calizas. É un material moi empregado na construcción e no arte.

  • Cuarcita.

  • Fórmas por metamorfismo a partir da rocha sedimentaria arenisca, rica en cuarzo.

  • Rochas de serie arxilosa

  • ARXILA LOUSA XISTO GNEIS GRANITO

    R. SEDIM. R. METAMÓRFICA R. MAGMÁT.

    Grado de metamorfismo

    Presión

    Temperatura

    Tamaño de grao (minerais)

    A DEFORMACIÓN DAS ROCHAS.

    Cando unha rocha é sometida a un esforzo pode reaccionar de tres maneiras:

    • Deformándose elásticamente:

      • Unha vez que cese o esforzo que orixina a deformación, a recta á posición inicial. Un exemplo son as deformacións provocadas polas ondas sísmicas que se producen nos terremotos (ver tema seguinte)

    • Deformándose plásticamente:

      • Orixinando pregues.

    Ou ben

    • Deformándose formando ruptura.

      • Se non existe desplazamento relativo dos bloques da ruptura fálase de diaclases, e se se produce movemento relativo entre os bloques fracturados fálase de falla.

    ELEMENTOS E TIPOS DE PREGUES

    C C

    RECENTE

    B B

    A A

    C

    B

    A

    ANTIGO

    Falla vertical

    Minerais e rochas
    Falla horizontal.

    .

    Falla directa ou normal.

    Falla inversa.

    ANTICLINAL SINCLINAL

    INCLINADO TUMBADO

    ANTICLINORIO (1) SINCLINORIO (2)

  • Asociación de anticlinales y sinclinales, en los que la prolongación de sus planos axiales convergen en el interior de la formación.

  • Asociación de anticlinales y sinclinales, en los que la prolongación de sus planos axiales convergen en la cima de la formación.

  • eixe

    Plano axial

    charnela

    ASOCIACIÓN DE FALLAS

    (1) MACIZO TECTÓNICO FOSA TECTÓNICA

    Minerais e rochas

  • Está asociado normalmente a sistemas montañosos e as fosas tectónicas están asociadas con vales e cursos de ríos.

  • As estalagmitas é debido á precipitación do carbonato cálcico da auga que gotea nas covas. A precipitación do carbonato cálcico é favorecido por: máis temperatura, menos presión e menos concentración de dióxido de carbono (CO2). Estes factores en grado inverso favorecen a disolución da caliza.

    1

    O

    O

    O

    Si O

    R. Magmáticas

    R. Metamórficas

    Consolidación

    Magma

    Fusión

    Metamorfismo

    Diaxénese (comp., cem)

    Sedimentos

    R. Sedimentarias

    (m, t, e, s)

    Fusión

    Magma

    Sedimentos

    Diaxénese

    (m, t, e, s)

    Metamorfismo

    Magma.

    sedimentos

    carbón

    carbón

    sedimentos

    sedimentos

    carbón

    ELEMENTOS