Memorias dun neno labrego; Xosé Neira Vilas

Literatura gallega contemporánea. Narrativa infantil # Mundo rural galego. Argumento. Personaxes

  • Enviado por: Veronica Fernández
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad
publicidad

Argumento

Este libro trata dun rapaz chamado Balbino. O neno é labrego e ten unha familia moi pobre, pero esto non lle impedirá que lle sucedan moitas aventuras que plasmará nun caderno. É un neno aventurero e vergonzoso, moi pícaro e valente. Pensa moito no mundo e o reflexa nos episodios na súa vida como labrego.

Espazo e tempo

Este libro está situado no Rexurdimento, nas emigracións dos galegos a América por falta de recursos aquí, anos 20, 30…

Esta historia sucede nunha pequena aldea de labregos dirixida por un señor que fala castelán. A aldea é moi pobre, e tamén pobre é a familia do pequeño protagonista.

Personaxes

Balbino: é o pequeno protagonista desta historia. É un neno labrego pícaro e aventureiro. Sucédenlle unha serie de acontecementos que están relacionados coa pobreza na que vive. Isto non lle impide enfrentarse ós problemas que sofre e acabar traballando para un señor que o trata moi ben.

A Nai: é a nai do protagonista. Sempre vai coa tía Carme.

O Pai: é un home serio e comprensible con Balbino que quere un bo futuro para o seu fillo e a maioía das veces acaba discutindo co seu fillo por iso.

Tía Carme: axuda a Balbino en varias ocasións e sempre o comprende.

O Padriño: dálle consellos a Balbino sobre a vida para chegar moi lonxe e ser unha persoa de importancia.

O Señor: é o xefe da aldea. Tivo un gran problema co pai do Balbino por culpa do rapaz e casi os bota.

Manolito: é o fillo do señor que sempre insulta a Balbino e o rapaz farto diso dálle cunha pedra que o fai sangrar.

Lelo: é o mellor amigo do protagonista que ten que emigrar a América pero os rapaces singuen en contacto por carta.

Celia e Miguel: son os dous irmáns de Balbino. Miguel emigra a América e celia acolle ó rapaz e o axuda a atopar traballo.

Eladia: mestra do protagonista do que queda namorado.

Vocabulario

Alanzar: 1. Dar un paso máis grande do normal. 2. Andar a grandes pasos, dando alancadas.

Murnas: Manchas encarnadas que se forman na pel por estar cerca do lume.

Zoar: Facer un ruído característico o vento ó soprar con forza ou certos insectos ó voar.

Fitar: Mirar fixamente.

Labazadas: Golpe dado na cara coa man aberta..

Bacelos: 1. Videira nova. 2. Vara de videira cortada para plantar.

Crebar: 1. Facer que unha cousa quede dividida en anacos ou partes, que poden chegar a separarse ou non. 2. Provocarlle a alguén unha creba, unha hernia. 3. Quedar unha cousa dividida en anacos ou partes, que poden chegar a separarse ou non. 4. Entrar unha empresa en situación de creba. 5. Sufrir unha creba, unha hernia.

Adival: Corda longa e grosa que se usa para suxeita-la carga do carro ou dun remolque.

Miñatos: Ave de rapina diúrna, de tamaño mediano, da que existen varias especies das que a máis común ten o rabo arredondado, é de cor parda con pencas brancas no peito, e aliméntase de pequenos roedores e réptiles.

Vencello: 1. Especie de corda curta de palla retorcida, que se emprega para ata-los feixes. 2. Calquera corda ou similar que serve para atar ou suxeitar unha cousa a outra.

Latricar: Falar sen parar e dicindo cousas sen xeito.

Musica: Partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas. Tamén se di muchica.

Orela: Parte ou zona situada no extremo dunha cousa e que constitúe o límite con outra.

Rebulir: 1. Comezar a moverse algo ou alguén que estaba quedo. 2. Moverse sen parar.

Miolos: 1. Parte interior do pan .2. Parte interior e mol de calquera cousa. 3. Parte fundamental ou máis importante de algo. 4. Encéfalo. 5. Cerebro, intelixencia.

Turrar: 1. Facer forza para mover algo contra un mesmo. 2. Dar golpes coa cabeza un animal con cornos, como a vaca, o carneiro, etc. 3. Dar coa cabeza contra algo. 4. Insistirlle moito a unha persoa en algo. 5. Amosarse turrón.

RESUMEN

I CAPÍTULO

Eu son…

Balbino. O rapaz preséntase. É un neno pobre, un ninguén. Critica ós nenos ricos xa que según el non saben o que é traballar nin vivir mal.

Escribe nun caderno e algún día quixera facer un libro e ser moi famoso, pero dálle vergoña que lle atopen o caderno, xa que nel reflexa os seus sentimentos. Ademáis, el non estivo na guerra nin nada semellante e non tería nada interesante que contar como fixo Smith porque el era só…un ninguén.

II CAPÍTULO

Perdido

Balbino foxe ó bosque para non ser atopado polos seus pais. O pai lle dera unha somanta por enfarruscar a cara con feluxe ó neno do señor, que tiña tódalas comodidades. Ó mediodía, a súa nai e máis a tía chamábanno a gritos. Él comezou a facer figuras coa terra, froito do aburrimento. Á tardiña todos buscaba a Balbino, ata que o seu can Pachín o atopou e voltaron para casa. Ó día seguinte cando espertou só viu máis de dez caras arredor del, pero volveu a durmir.

III CAPÍTULO

O Xudío

Balbino describe unha fermosa procesión de Santos. Él quería ir por foguetes mías non o deixan xa que son perigosos. Sen que se enterase ninguén fuxiu de alí. Foi dar á eira do Xudío. O Xudío pensaba que ía roubar pexegos pero Balbino explicoulle que non. Comezaron a falar durante un longo rato. O Xudío explicoulle o porqué do seu mote. Logo a nai do rapaz foi buscalo e levoullo a casa. Ó chegar, o pai malloulle coa corda por escaparse.

IV CAPÍTULO

Loito

Fai xa tres anos que morrera o seu tío Braulio e todos na súa casa seguían de loito. Nos días de festa el quedaba encerrado na casa por que estaban de loito. O rapaz recorda como o seutío Braulio chegara de África e lle contaba fantásticas historias. Morrera entrillado debaixo da roda do carro.

Balbino non deixaba o loito pola súa madriña, que aínda seguía triste por Braulio. O rapaz sente certa envexa polo resto de persoas, que no entroido toleaban e na coresma choraban. El ía ó revés, no entroido estaba triste e na coresma contento. O último entroido pasárao na casa vendo a toda a xente rir a través da ventá. Describe toda a diversión que ten a xente que el non pode ter.

V CAPÍTULO

Os grandes

O rapaz critica ós maiores. Moitas veces non se preocupan por nós e dedícans e a outras cousas. Quixera deixar de ser pobre, máis que por el, polos seus pais, xa que a súa nai tiña chorado moitas veces pola súa falta de recursos. Balbino quixera fuxir da pobreza a outro lugar e poder mercar pantrigo e todo o que tiña o fillo do señor, aínda que sempre haberá alguén nunha situación peor que a del. Un exemplo era Andrés, que tiña tres irmás e un pai que os mallaba. Decididamente, Balbino quería ser grande.

VI CAPÍTULO

América

Balbino conta cando o seu irmán Miguel marchara para América. Súa irmá e a madriña choraban, e seu pai nin choraba nin ría. O neno quería que o seu irmán marchase para América, así logo contaríalle cosas que diría no colexio. Ó tempo de marchar, os familiares recibiron unha carta de Miguel contando que vivía moi ben. Balbino deciciu que de mayor tamén marcharía para a América, pero non o deixaron.

O padriño e o pai do neno comezaron a discutir durante un longo tempo, cada un coas súas razóns de porqué o neno non debería marchar para América. Pero el quería ir dixesen o que dixesen. Pensou no seu irmán ¿onde estaría aquela carta que lle prometeu?

VII CAPÍTULO

Pachín

Pachín era o can de Balbino. Antes de nacer o neno, tiveran otro can, pero morreu. Llo dera o Zoqueiro de Ribán en pago de terlle cravuñado o seu pai unha gandaña. O can era pequeño e marelo. Tiña unha penca no fociño e gustáballe barullar. Queríao todo o mundo. Moitos sentían envexa de Balbino polo seu can. Un día a súa tía volvera á casa contando que ó ferrador lle entrara o raposo no galiñeiro e lle comera nove galiñas. O neno foi ó monte e descubriu ás nove galiñas mortas. Para que o raposo non se acercara máis ó galiñeiro mataron dúas galiñas e puxéronlle veneno dentro. O raposo non morreu, pero si Pachín. Balbino fixo un burato na horta e enterrouno, plantando unha cerdeira de xeito de lousa.

VIII CAPÍTULO

Rebusque

Balbino non podía ir á festa do Carme polo loito. A súa tía Carme levouno á misa aínda que el non quería. Pola noite viu a festa polo ventanuxo. As bandas de música tocando e á xente bailando. Imaxinouse a él bailando cunha estrela.

Ó día seguinte antes de ir ó monte co seu pai, foi ó souto a ver que cousas quedaran da noite anterior. Atopou unha pequena caixiña brillante que gardou con moito agarimo no resío. O rapaz imaxinaba que nesa caixa habería moitos tesouros que o sacarían da súa pobreza, e con iso soñou toda a noite.

Na mañá, Balbino fixo os seus traballos e logo foi xunto á caixa. Non se atreveu a abrila. Admirouna durante un longo tempo e deixouna alí de novo, prometéndose que ó día seguinte a abriría. Cando chegou á casa comezou a chover. Choveu a reverquer. Os lóstregos e os tronos sacudían a naturaza. Pola mañá, a chuvia seguía e o río desbordara. Co desbordamento, levara a caixiña do neno. A riqueza da caixa íbase con ela.

Ó día seguinte xa parara de chover e correu ó resío xunto ás matogueiras. A caixa non estaba. O rapaz levou as mans á cara e botouse a chorar.

IX CAPÍTULO

Eladia

O rapaz vai á feira coa súa tía Carme e vé a Eladia, a antiga mestra da que el estaba namorado. Recorda o seu primeiro día de escola. Balbino era moi bo e de seguida pasoulle por diante a todos os da súa clase. O primeiro mestre que tivo fio Don Alfonso, pero leváronno de volta a Andalucía porque quería impoñer a súa lengua ós alumnos. Despois, chegou Eladia. Ela colleulle moito agarimo a Balbino por ser o máis adiantado da clase. O rapaz namorouse dela pouco a pouco. Un día a mestra púxose enferma e Balbino a sustituíu.

Un domingo el viuna cun mozo paseando da man. Enfureceu de rabia e estivo enfermo por uns días. Cando se recuperou, foi á casa da mestra, pero un veciño díxolle que Eladia marchara do pobo para casar co mozo e que non voltaría. O rapaz non voltou á escola nunca máis.

X CAPÍTULO

O Fumazo

Ese ano deixaran ó rapaz ir ó Fumazo. Foi cuns amigos e colleron feixes. Fixeron un fumazo ben grande para a noite de San Xoán e a xente foise achegando. O gaiteiro tocou e a xente non paraba de bailar muñeira durante toda a noite. Balbino quedouse dormido e un foguete pola mañá despertárao. O pai contoulle as tradicións desa noite. Ó dia seguinte como lle dixera o seu pai o día anterior, o sol bailaba como un tolo na mañanciña.

XI CAPÍTULO

A morte

O neno despertou cos berros da súa familia ó atopar ó seu padriño morto, como dixera o médico. O rapaz debrucouse no peitoril da xanela, e alí estivo toda a tarde.

Coa morte do seu familiar naide o botaba en falta. Balbino comparaba o curso do río coa vida da xente. De súpeto entrou a súa nai no carto chorando pola morte do padriño. O rapaz non soubo que dicirlle nese momento. Baixou á cociña que estaba chea de xente. No cuarto de embaixo estaba o padriño. Parecía que durmía. A xente rezaba polo defunto.

Pola noite apareceu aínda máis xente. Algúns xogaron ás cartas e logo contaban contos. Balbino quedouse durmido soñando con todo o sucedido polo día. Cando despertou estaba na súa cama. A campá tocaba para chamar á misa do padriño. Qedouse na cama cavilando sobre todo o que lle sucedera e o pouco que entendía as cousas.

XII CAPÍTULO

O meu amigo

Balbino, antes de morrer o padriño, falara con él dos amigos. O rapaz notou que lle faltaba un amigo. Buscouno durante un longo tempo ata que unha tardiña de Nadal atopouno. A súa madriña mandoulle ir a buscar o lavadoiro pero cando o neno botou a man asbaroulle o zoco e a corrente do río levouno. Un neno chamando Lelo de Cidre colleuno dun pé e salvouno. A partir de aquela ese neno sería o seu mellor amigo. Compartían todo e falaban das súas cousas, ata que un día o rapaz tivo que emigrar a América por culpa dos seus pais. Prometéralle escribirle unha carta desde América para contarlle como é. E se despediron con esa promesa.

XIII CAPÍTULO

Sancristán

Un día Xaquín do Relanzo petou na porta da casa do neno. Falou co seu pai para pedirlle ó rapaz de sancristán, e aceptaron. O xastre fíxolle un traxe novo e ó rematar o ano dábanlle vinte pesos. O rapaz estaba feliz facendo o traballo, pero o choio acabouse cando lle tocou a función de San Roque ó Morulo e entrou de sancristán un sobriño del. Balbino bota de menos o traballo xa que nunca tivo nada mellor.

IXX CAPÍTULO

O Xuramento

Serafín era o enterrador do pobo. Balbino tíñalle moito agarimo xa que ás veces sen que se enterasen na casa iba xunta del e falaban un longo rato. Serafín deulle algúns consellos sobre a morte e a vida e o neno os tivo presente todo o día. O neno xurou que cando fose maior faría grandes cousas para non morrer de todo, e cumpriría o xuramento.

XX CAPÍTULO

A pedra

Un día Balbino pasaba por diante da casa do señor e o seu fillo Manolito estaba na porta con algúns amigos. O rapaz do señor empezou a insultalo e correu xunta del para pegarlle, pero Balbino colleu unha pedra e deulle a Manolito, que comenzou a sangrar na cara. O rapaz comezou a correr con tódalas súas forzas. Foi a casa de Estrela, a segunda curmá da súa nai. Contoulle o sucedido con Manolito e ela deixouno durmir na súa casa. Ó día seguinte Estrela levouna para a súa casa. Cnado chegou a súa tía e súa nai berráronlle a máis non poder e o seu pai o levou diante do señor e comezou a arrearlle coa corda no lombo por mandato do señor. A súa familia non tiña cartos para pagar o lerio de Manolito e o señor estaba pensando en botarlles do pobo, así que Balbino pensou nunha fuxida. Coulleu a súa roupa, os seus zapatos e fuxiu a casa da súa irmá Celia. Contoulle todo e pediulle que lle conseguise traballo servindo a alguén. Foi servir á casa do Landeiro.

XXI CAPÍTULO

Destino

Blabino serviu na casa do Landeiro por moito tempo. Tratoulle ben e dáballe libros para ler. O que máis lle gustou foi un chamando <<Memorias>> que conta as memorias dun tal capitán Smith. Coñeceu unha moza que tamén traballaba na casa do Landeiro chamada Flora, que foi á súa amiga. A súa familia visitáballe ás veces: o señor non os botara do pobo. O rapaz recibiu unha carta do seu amigo Lelo cunha gran alegría. Lelo contáballe moitas cousas e Balbino a el tamén. O caderno do rapaz deullo a Alberte, que xoroulle que non o amosaría a ninguén. Que o leve.

Buenos Aires, 1.960