Marx: Dialéctica e Materialismo

Filosofía contemporánea # Marxismo. Alienación. Infraestructura e superestructura. Teoría e Praxe

  • Enviado por: Antonio
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 20 páginas
publicidad

DIALÉCTICA E MATERIALISMO. MARX

  • Significado do termo Marxismo e contexto histórico filosófico.

  • Crítica á filosofía anterior.

  • 2.1. Crítica ó Idealismo de Hegel.

    2.2. Crítica ó Materialismo de Feuerbach.

  • A alienación

  • A Ideoloxía. Infraestructura e superestructura.

  • Teoría e Praxe (O Ser Humano)

  • Materialismo dialéctico.

  • Materialismo histórico.

  • Análise da economía capitalista. O Capital.

  • sIGNIFICADO DO TERMO MARXISMO

    Aínda que é evidente que o termo Marxismo fai referencia inmediata á actividade e á obra de Marx, é suficientemente ampla para ser entendido como:

  • Unha análise da sociedade burguesa e o sistema de producción que a sustenta que é o sistema de producción capitalista. Estudiando o seu desenrolo e as posibles contradiccións polo que pode considerarse o Marxismo unha macroeconomía ou macrosocioloxía.

  • Unha actividade ou praxe revolucionaria que trata precisamente de substituír esa sociedade e sistema de producción por unha nova sociedade e a dictadura do proletariado.

  • Unha análise teórica da realidade do S.H. e da historia polo que constitúe tamén unha filosofía aínda que completada coa praxe.

  • Noutro sentido tamén se entende por Marxismo:

  • A obra de Marx, que foi o iniciador e o principal impulsor deste.

  • A obra de Marx e Engles, ( principal colaborador seu) con aportacións importantes no concepto do materialismo dialéctico.

  • As distintas interpretacións posteriores do propio Marxismo que se inician coa chamada Escolástica Soviética de Lenin Stalin e síntese do Marxismo con outras teorías como por exemplo co Estructuralismo (Althusser) co Estencionalismo (Sartre) ou coa Tª crítica (Marcuse). Hai tamén novas interpretacións do Marxismo como a de Luckacs, Bloch ou Grausci.

  • Contexto Histórico Filosófico

    A vida e a obra de Marx sitúase en torno á metade do s.XIX no momento en que chega a un gran desenrolo o maquinismo, a sociedade Industrial e o Capitalismo que produciu entre outras consecuencias a nivel socioeconómico a existencia de dúas clases antagónicas:

    • A burguesía como posesora dos medios de producción

    • O proletariado , posuidor exclusivamente da súa forza de traballo, e que había chegado a un nivel extremo de miseria económica e humana.

    Precisamente unha das intencións de Marx vai a ser analizar esa situación socioeconómica para tratar de superala e con eso superar esa situación de miseria humana e social.

    En canto ás influencias máis importantes no pensamento de Marx cabe citar:

    • A Filosofía clásica Alemana , representada sobre todo por Hegel e máis adiante por Feuerbach que vai a criticar polo seu Idealismo.

    • A Economía Política Inglesa de Ricardo e Adam Smith.

    • O Socialismo Utópico Francés de Prondhoum e Saint-Simón que tratará de transformar en socialismo científico.

    As obras máis importantes de Marx (algunhas en colaboración con Engles) son:

    • A Ideoloxía Alemana

    • Crítica á filosofía do dereito de Hegel.

    • A Sagrada Familia

    • Teses sobre Feuerbach

    • Contribución á crítica da Economía política

    • O Capital

    2. CRÍTICA Á FILOSOFÍA ANTERIOR

    Marx critica en xeral toda a filosofía anterior que concreta sobretodo na crítica á filosofía Alemana representada nos últimos tempos por Hegel e por Feuerbach.

    2.1.Crítica á Filosofía de Hegel

    A filosofía de Hegel representaba naquel momento o Gran Sistema filosófico que encerraba unha comprensión total da realidade e que segundo o propio Hegel era a manifestación e culminación do desenrolo da mesma Razón ou Espírito. En síntese pode caracterizarse por:

    a/ O Verdadeiro é o Todo no sentido de que para Hegel os feitos illados non existen senón na súa relación cos demais.Todo é relacionado.

    b/ Todo o racional é real e todo o real é racional. Tese ontolóxica que ven a identificar a realidade coa racionalidade, é dicir que todo o real non é máis que unha manifestación (fenómeno) da racionalidade ou da Razón (algo semellante a Feráclito: “Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non tomara para a miña filosofía”)

    c/ “ O esencial non é que o Todo non se aprehenda como sustancia senón como suxeito”. Tese epistemolóxica que na dualidade obxecto-suxeito fai fincapé no suxeito como Razón ou Espírito.

    d/ “O Todo queda reducido á Razón, Espírito ou Idea” onde se sintetiza a tese ontolóxica e epistemolóxica no sentido de que a realidade ven a ser a manifestación da Idea (Idealismo).

    Pero ademais a cuestión é que para hegel o Todo ou a Idea non é estática senón dinámica, é dicir que maniféstase nun proceso ou devir segundo a oposición de contrarios, proceso que ven a ser a dialéctica, cuios momentos esenciais e primarios son:

    . Idea en sí que constitúe a Lóxica

    . Idea fóra de sí que constitúe a Natureza

    . Idea volta a sí que constitúe o Espírito

    Precisamente a manifestación do Espírito absoluto é a filosofía que supón a culminación e comprensión de todo o sistema.

    Así pois a dialéctica como transcorrer ou proceso da Idea que constitúe a esencia da realidade é fundamentalmente unha dialéctica Idealista pois o primario e o fundamental é o Espírito ou a Idea.

    En definitiva a filosofía Hegeliana vai a ser criticada polo materialismo seguinte incluído o de Feuerbach polo seu Idealismo e por Marx tanto polo Idealismo como por ser unha simple Tª sobre a realidade.

    Segundo Marx as consecuencias da filosofía de Hegel son as seguintes:

  • O S.H. queda reducido a autoconciencia ou espírito.

  • O proceso e a historia convertese nunha acción imaxinaria de suxeitos imaxinarios.

  • A existencia do proletariado como clase deshumanizada (no sentido de miseria vital e espiritual) contradice as esixencias de racionalidade.

  • Así pois Marx vai a criticar a Hegel fundamentalmente por tres razóns:

    • Polo seu Idealismo, é dicir por reducir a realidade material e natureza a ser unha simple manifestación da Razón ou da Idea.

    • Polo ser unha xustificación teórica (“todo o real é racional”) dunha situación concreta, política e social. Neste caso o estado Prusiano.

    • Por ser como toda filosofía unha simple teoría, é dicir unha forma de interpretar a realidade (unha forma de contemplación) que non ten en conta o esencial do suxeito que é a praxe como actividade transformadora, ,áis que dunha maneira abstracta e conceptual.

    Sen embargo o “lado positivo” da filosofía Hegeliana, aínda que sexa dunha maneira abstracta é precisamente a dialéctica é dicir o proceso da realidade segundo contradiccións que representan o motor da transformación material e histórica.

    Esta dialéctica debe ser desposuída do seu carácter idealista e invertila totalmente, “debe ser posta de pe pois estaba de cabeza”

    2.2.Crítica ó Materialismo de Feuerbach

    A ambigüidade da filosofía Hegeliana fixo que os seus discípulos seguiran orientacións distintas que xenericamente se coñecen como a dereita e a esquerda Hegeliana.

    Segundo Engels” quen fixese fincapé no sistema podería ser considerado como conservador nos ámbitos da política e da relixión e quen fixese fincapé na dialéctica como proceso podería figurar na extrema oposición”.

    Feuerbach pertence á chamada esquerda Hegeliana con Bruno Baner, Strauss ou o propio Marx (aínda que colle este un sentido distinto) e que vai criticar a filosofía de Hegel fundamentalmente dende dúas perspectivas:

  • O primario é fundamental, non é o Espírito ou Idea senón a Realidade material e a Natureza: Materialismo fronte a Idealismo.

  • A filosofía de Hegel supoñía unha especie de teoloxía racionalizada. Para Feuerbach a Reoloxía redúcese a antropoloxía.

  • Marx vai a criticar sen embargo a filosofía de Feuerbach por tres razóns fundamentalmente:

  • Polo seu Materialismo.

  • Porque en conxunto é tamén un idealismo (particularmente na interpretación do S.H. e a relixión)

  • Por ser insuficiente a crítica que lle fixera Hegel.

  • Polo Materialismo

  • Marx critica a Feuerbach pola súa interpretación do materialismo por tres razóns fundamentais:

  • Porque é un materialismo mecanicista , semellante ós materialismos clásicos dende Demócrito nos que se interpreta a realidade mecánicamente pero sempre da mesma maneira como se fora inamovible: as mesmas causas producen sempre os mesmos efectos.

  • Porque non ten en conta o proceso nin a historia, pois “na medida en que Feuerbach é materialista non ten en conta a historia e cando ten en conta a historia non é materialista”.

  • Pola mesma interpretación do Materialismo que considera a realidade ou o obxecto simplemente como obxecto da Tª ou contemplación e non como resultado dun proceso nin da propia actividade do suxeito. Como di na Tese 1ª sobre Feuerbach non se capta o sensible nin o suxeito máis que de un modo pasivo ou conceptual que pola contra fi tido en contra (o suxeito e a súa actividade) polo Idealismo ( a dialéctica ) aínda que só dunha maneira abstracta e conceptual.

  • Por ser un Idealismo

  • A Filosofía de Feuerbach é para Marx un Idealismo por dúas razóns fundamentais:

  • Por ser unha simple Interpretación Teórica sobre a realidade e o S.H. sen ter en conta a praxe.

  • Porque na interpretación da relixión e da relixiosidade considera que esta é algo propio e conceptual do S.H. :”Por medio da relixión relacionase o S.H. consigo mesmo, coa súa esencia”

  • Para Feuerbach a relixión e a divinidade son un producto humano resultado dun proceso de alienación:

    . O S.H. separa ou aliena de sí mesmo as súas cualidades consideradas positivas (a bondade, a sabiduría ou poder)

    . Obxectiva ou transforma nunha realidade independente esas cualidades elevadas a unha potencia infinita ( infinita bondade, infinita sabiduría, omnipotencia)

    . Rende culto e veneración a esa realidade independente como Deus.

    Así pois para Feuerbach a esencia da relixión (como explica na Esencia do Cristianismo) e cunha manifestación da esencia humana polo que a Teoloxía redúcese á antropoloxía.

    Esta interpretación para Marx é un Idealismo porque supón a existencia dunha esencia humana ideal e xenérica invariable dende sempre que tende cara a a relixiosidade (dicía Feuerbach que os homes diferéncianse dos animais porque teñen relixión)

    Para Marx non existiu esa esencia humana Ideal nin a relixión é producto dela senón dunhas circunstancias concretas e históricamente claras que é necesario comprender e cambiar.

  • Pola insuficiencia da crítica a Hegel

  • A crítica que Feuerbach lle fixera a Hegel é insuficiente segundo Marx por dúas razóns:

  • Porque un sistema como o Hegeliano non se supera simplemente proclamando que é falso senón cunha análise máis profunda para retomar o seu fondo prescindindo da forma.

  • Porque esa crítica era unha simple substitución do Idealismo polo materialismo sen ter en conta a actividade do suxeito ou praxe tanto na interpretación da relixión que non é consecuencia da esencia humana senón dunhas circunstancias que determinan “o desgarramento do home consigo mesmo que cómpre non só analizalas senón revolucionalas practicamente”, como en xeral no sen conxunto como filosofía teórica o que se sintetiza na Tese 2ª sobre Feuerbach: “Ata agora os filósofos interpretaron o mundo de distintas maneiras. Do que se trata é de transformalo”.

  • 5. TEORÍA E PRAXE

    En xeral pode dicirse que a filosofía Marxista (independentemente de outras interpretacións como macroeconomía ou praxe revolucionaria) é unha síntese entre Tª e praxe, é dicir que a filosofía debe ser unha análise teórica da realidade e da historia pero sempre coa finalidade de transformación. Neste sentido vai a criticar tódalas filosofías anteriores ( a Ideoloxía Alemana, Teses sobre Feuerbach...) e concretamente a de Hegel e a de Feuerbach (ver a última parte da crítica a Hegel e Feuerbach)

    Para Marx o esencial do S.H. é a praxe como actividade productivo-transformadora da realidade e diferénciase polo tanto doutras interpretacións como por exemplo:

    Na filosofía clásica sobretodo dende Sócrates identifícaas o S.H. coa racionalidade e incluso en Aristóteles o Ideal de Vida era a vida Teorética ou contemplativa interpretación que continúa en toda a época Medieval ( “S.H. como animal racional”)

    Para Hegel o S.H. era fundamentalmente autoconciencia ou espírito onde se culminaba o proceso de desenrolo da Idea.

    Para Feuerbach a esencia do S.H. era era fundamentalmente a “ relixiosidade”: a relixión é a relación do S.H. coa súa esencia: “os homes diferéncianse dos animais en que estes non teñen relixión”

    Así pois a diferencia de todas estas interpretacións, para Marx o connatural é a praxe como esa actividade productivo- transformadora que xenéricamente chámase tamén traballo. “Os S.H. empezan a selo cando empezan a producir os seus medios de existencia”.

    Como características esencias da praxe cabe citar:

    1.Coa praxe relacionase o S.H. coa natureza e cos demais S.H.

    • Relacionase coa natureza en canto que esta non é soamente unha realidade independente obxecto de contemplación ou Tª senón como producto esencial humano, producto da actividade do suxeito: “A historia da natureza é a historia natural do home”.

    • Relacionase cos demais en canto que a realidade humana é unha realidade social. Neste sentido ten certa semellanza co plantexamento aristotélico e clásico do home como “ animal político” que non pode concibirse independente da sociedade: “ Avida social é evidentemente práctica”.

    2. A praxe como criterio de verdade

    A praxe constitúese no verdadeiro criterio de verdade a diferencia de outras consideracións da verdade como por exemplo : a adecuación entre o entendemento e a cousa. Para Marx a cuestión da verdade non é un problema teórico senón práctico, pois illar a cuestión da verdade da praxe (práctica) é unha cuestión puramente Escolástica.

  • Na praxe encontra a solución tanto a actividade humana como pensamento que inclúe a calquera misterio.

  • Como síntese da interpretación Marxista e da crítica de Féuerbach está a Tese 2ª (“Ata agora os filósofos interpretaron o Mundo de distintas maneiras. Do que se trata é de transformalo”)

  • 3. A ALIENACIÓN

    O termo alienación provén de alienus ou alienare que significa exteriorizar, enaxenar ou alleo. E foi utilizado en contextos xurídicos, económicos (enaxenar unha propiedade) ou políticos como por exemplo en Rosseau que no contexto das teorías sobre o orixe da sociedade como resultado dun pacto social considera que esta (a sociedade) está fundada na cesión e delegación que os individuos fan do seu poder e a súa liberdade en beneficio do soberano ou gobernante.

    Tamén o termo é utilizado por Hegel referíndose a que a dialéctica é o proceso da Idea. Cando esta ( a idea) sae fóra de sí mesma e se transforma na Natureza para voltar sobre sí como espírito.

    Feuerbach había interpretado a relixión e a relixiosidade como consecuencia (connatural e inevitable) dunha alienación humana que exterioriza as súas cualidades converténdoas nunha realidade independente á que rende culto e veneración, interpretación que vai a ser criticada por Marx tanto polo seu Idealismo como por non ter en conta a praxe (a superación da alienación relixiosa reside na superación das circunstancias que a produce).

    Para Marx hai polo menos 2 sentidos do termo alienación:

  • Referido ó polo subxectivo ou suxeito que exterioriza a súa actividade práctico-productiva ou praxe como forma de traballo. Neste sentido como “exteriorización” ou “enaxenación” é algo propio e connatural do S.H. pois este consiste fundamentalmente nesa actividade transformadora.

  • Ten un sentido negativo como propiamente alienación cando esa actividade práctico-productiva produce un obxecto ou mercancía que non lle pertence a el senón a outro; que se volve contra el e que incluso fai que o propio traballador se transforme en mercancía.

  • Alienación económica

  • É a alienación máis estudiada por Marx sobre todo na contribución á crítica da Economía Política e no Capital facendo unha distinción entre:

    a/ Alienación do traballo

    Prodúcese esta alienación cando o producto do traballo ou mercancía non lle pertence ó traballador senón a outro e incluso vólvese contra o propio traballador: No sistema de producción capitalista este (o capitalista, o posuidor dos medios de producción) compra unha mercancía especial que é a Forza de traballo que como toda mercancía ten un valor de uso e un valor de cambio que está determinado (este último) polo que constitúe xenéricamente o valor que é o tempo de traballo necesario para a súa producción desa forza de traballo que se satisface con un salario, pero hai ademais un tempo de plus traballo que non se satisface e que xenera plusvalía(traballo non rebunerado) como un valor engadido que polo tanto fai aumentar o Capital indefinidamente.

    A parte das contradiccións que pode ter o sistema a cuestión é que neste sistema de producción capitalista a mercancía como producto do traballador pasa a mans do capitalista pero ademais convertese en capital que é o verdadeiro inimigo do traballador.

    b/ Alienación do traballador

    Sendo a actividade productivo-transformadora ou praxe (traballo) a característica esencial do S.H. e estando esta alienada tamén o estará o suxeito como traballador que se converte nunha mercancía, suxeito polo tanto ás leis do mercado determinadas nese sistema polo capital.

    A alienación económica é o fundamento e a causa das outras alienacións.

  • Alienación social

  • Consiste na división ou escisión da sociedade en clases segundo o lugar que ocupen no sistema de producción , poden reducirse a dúas:

    - Burguesía como posuidores dos medios de producción

    • Proletariado posuidor exclusivamente da súa forza de traballo.

    De distintas maneiras ó longo da historia houbo oposición entre as clases: “A historia é a historia de loita entre clases”.

  • Alienación política

  • Consiste tamén na división ou escisión que hai no individuo ou suxeito como ser privado ou público; neste último caso como cidadán ten unhas obrigacións co estado que se opoñen xeralmente ós seus propios intereses pois aquel (o estado) representa os intereses da clase dominante.

  • Alienación relixiosa

  • Xa fora descrita por Feuerbach na Esencia do cristianismo, consiste fundamentalmente na obxectivación das cualidades humanas para convertelas “nun reino independente que flota nas nubes”.

    Para Feuerbach esto era consecuencia da propia esencia humana: a relixiosidade (“os animais non teñen relixión”).

    Sen embargo para Marx este proceso non responde a ningunha necesidade esencial humana senón que é resultado dunhas condicións materiais de existencia completas e ven a xustificar ademais esas mesmas condicións de desigualdade, por unha parte e de miseria e inxustiza por outra propoñendo a Esperanza nun mundo feliz (o ceo) que compense as miserias da terra.

    Neste sentido actúa como a durmideira das conciencias (“é o opio do pobo”)

    Así pois para Marx esta situación de alienación non só hai que comprendela e analizala en profundidade vendo as causas que a determinan:”o desgarramento do fundamento terreal consigo mesmo” senón tamén revolucionalas practicamente

  • Alienación filosófica

  • En algún sentido a filosofía como ideoloxía supón tamén unha alienación porque non só interpreta a realidade senón que ademais interprétaa falsamente.

    4. A IDEOLOXÍA

    En xeral pode considerarse a ideoloxía na interpretación de Engels como o conxunto de representacións, imaxes ou crenzas que teñen un papel histórico nunha sociedade determinada, neste sentido é algo común, inevitable e propio de calquera época histórica.

    Pero ten un sentido negativo ou pexorativo cando ese conxunto de representacións teñen como finalidade ocultar, desfigurar, sublimar ou suplantar a verdadeira realidade material e social.

    En relación a esto para Marx a realidade social está constituída por unha infraestructura económica e unha superestructura ideolóxica.

    A infraestructura económica é a base material da sociedade constituída á súa vez polas forzas productivas que son os elementos que interveñen no proceso de producción como os medios materiais, a técnica e o traballo e as relacións de producción que son as relaccións que se establecen entre os elementos que interveñen no proceso fundamentalmente entre os posuidores dos medios de producción e os da forza de traballo, é dicir, entre burguesía e proletariado.

    Como consecuencia dese determinado sistema de producción entendido como base material da realidade social existe unha Superestructura Ideolóxica de carácter xurídico e político ademais de outras formas de conciencia social (a moral, a relixión, a filosofía...)

    Así pois a ideoloxía nese sentido negativo oculta a verdadeira realidade e incluso ven a xustificar esta garantindo a reproducción do sistema .

    Entre infraestructura e superestructura non só hai unha relación de causalidade, da primeira respecto da segunda (puro economicismo) senón unha relacción dialéctica entre ambas aínda que é a base económica a que inflúe en último termo. (“prólogo á contribución á crítica da economía política”).

    6.DIALÉCTICA E MATERIALISMO

    A noción de dialéctica provén etimoloxicamente de “dialectiké” que fai referencia a diálogo (oposición de opinións) ou transcorrer e tivo unha longa tradición no pensamento e na cultura occidental. Podendo referirse tanto a aspectos ontolóxicos como epistemolóxicos.

    Segundo Hegel foi Heráclito o primeiro en facer unha interpretación dialéctica da realidade fundamentalmente a nivel ontolóxico:

    A realidade como devir (chegar a ser ou proceso) por oposición de contrarios.

    Tamén Platón utiliza a noción de dialéctica tanto no sentido ontolóxico como epistemolóxico:

    O proceso e incluso a oposición das Ideas que conteñen en sí o seu contrario (sofista) como entendida no sentido do coñecemento superior que capta as Ideas e as súas relaccións.

    A partir de aí o concepto vai a ser utilizado por aristóteles (na Lóxica), no neoplatonismo (Jámbico: tríadas), na época medieval e moderna ata chegar a Kant que fai referencia á dialéctica (dialéctica transcendental ) como actividade da Razón que abandona o uso empírico para elevarse ó Incondicionado, polo que incurre en oposicións e contradiccións inevitables.

    Pero foi Hegel quen profundizou máis na noción de dialéctica tanto a nivel ontolóxico como epistemolóxico:

    - A nivel ontolóxico porque a realidade como un Todo é un proceso ou devir da Idea por oposicións e contradiccións algo semellante a Heráclito: (“Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non tomara para a miña filosofía”).

    - A nivel epistemolóxico porque a razón tamén é dialéctica (a diferencia do entendemento que é analítico) pois forma parte da realidade dialéctica e asimílase a ela no seu coñecemento.

    Para Hegel o proceso dialéctico baséase nas categorías de Inmediatez-mediación, Totalidade, Negación e Superación, que pasa por tres momentos: Abstracto, Dialéctico e Especulativo (pois non utiliza os termos de tese antítese e síntese)

    A cuestión é que para Hegel o Devir dialéctico era o proceso da Idea que sae fora de si como Natureza e que volve a sí como Espírito o que constitúe un plantexamento Idealista.

    Marx oponse á dialéctica de Hegel en conxunto precisamente por ser Idealista e considerar como primario e fundamental o Espírito ou a Idea pero retomando a forma desta que é a forma “pura” de toda dialéctica pero invertíndoa totalmente (“poñéndoa de pe pois estaba de cabeza”).

    Dunha maneira máis concreta, marx oponse ás categorías da dialéctica Hegeliana:

  • Respecto á Inmediatez- mediación que segundo Hegel representa que toda realidade supón unha mediación anterior para Marx, sen embargo a realidade material e a Natureza é totalmente inmediata e non supón nada anteriormente.

  • A categoría de Totalidade está referida en Hegel á totalidade de espírito ou a Idea e en Marx debe referirse á totalidade natural e material, incluída a acción humana.

  • As categorías de Negación e Superación non deben ser referidas ós conceptos ou abstraccións senón a realidades materiais e concretas.

  • En definitiva a dialéctica Marxista é unha dialéctica referida á realidade Material e humana o que constitúe unha dialéctica Materialista.

    Con todo o termo Materialismo vai a ser entendido de distintas maneiras por Marx e Engels pois mentres que o primeiro refírese con el á realidade material pero nun sentido amplo entendida tamén en relacción á acción humana (praxe) que se desenrola na historia (Materialismo Histórico), para Engels o Materialismo fai referencia fundamentalmente á realidade material da Natureza sen ter en conta maís que dunha maneira tanxencial ou yuxtaposta a acción humana na historia.

    Así entendido o Materialismo de Engels constitúe unha Tª especial que se denominou Materialismo Dialéctico (Diamat) e que constituíu o fundamento teórico para a explicación da Natureza e da Física e da Bioloxía na Escolástica Soviética:

    Considérase a Natureza e a realidade material eterna e infinita sometida a un proceso de evolución (nunha liña paralela ó evolucionismo Darwiniano) e con tradición dialéctica na que non hai cabida para outras leis físicas para a entropía e cuios principios fundamentais son:

  • Lei de oposición de contrarios.

  • Lei do cambio cualitativo ou paso da cantidade a cualidade.

  • Lei de negación da negación.

  • 7.MATERIALISMO HISTÓRICO

    A diferencia do materialismo dialéctico da interpretación de Engels, Marx considera como realidade material o conxunto da natureza e a acción humana que se desenrola nun proceso histórico: “Nós non concebimos máis ciencia que a da historia, historia da Natureza e historia da Humanidade que se condicionan recíprocamente pois mentres existan S.H. non poden extinguirse”.

    Este proceso como relación entre a praxe humana e a realidade material identifícase fundamentalmente co que constitúe o proceso de producción pois a actividade humana comeza coa producción dos seus medios de vida como se describe no prólogo á contribución á crítica da economía política: “Na producción social da súa existencia os S.H. entablan determinadas relaccións independentes da súa vontade que son relaccións de producción e que constitúen un grao de desenrolo das forzas productivas. Estas relaccións constitúen unha base económica sobre a que se asenta unha superestructura xurídica e política á que corresponden outras formas de conciencia social... .. Non éa conciencia a que determina o ser dos individuos senón o seu Ser Social o que determina a súa conciencia”.

    Así pois, para Marx calquera época histórica caracterízase por un Modo de producción no que se inclúe tanto a infraestructura económica como a superestructura ideolóxica.

    A infraestructura ou base económica constitúese á súa vez polas forzas productivas e relaccións de producción (véxase Ideoloxía).

    Estes modos de producción a grandes rasgos son: o sistema de producción asiático, antigo, feudal e burgués moderno que aínda con características distintas teñen en común certo enfrontamento e oposición entres dúas clases sociais que se poden agrupar dunha maneira xenérica como “posuidores e esposeidos” enfrontamento que constitúe a loita de clases , de tal maneira que a Historia e a “Historia da Loita de clases” que se produce cando as forzas productivas existentes ata o momento abríndose así un período de revolución social.

    Na última época do S.XIX que corresponde segundo Marx o sistema de producción capitalista existen tamén cetas contradiccións entre as forzas productivas e as relaccións de producción determinadas pola propia contradicción do sistema (por ex: grande acumulación de riqueza nuns poucos e aumento da masa de desposeídos, oposición entre capital fixo e capital variable, falta de acceso ós medios de producción...) que debían provocar a desaparición do sistema unindo todo eso á propia actividade revolucionaria do proletariado a partir da súa conciencia de clase.

    Este cambio de sistema debe ser, pois favorecido pola revolución aínda que esta é entendida segundo Marx tanto como esa mesma actividade directa como dunha maneira necesaria a propia contradicción do sistema.

    A partir dese momento que representaba teoricamente Marx no Manifesto Comunista (“proletarios de tódolos países unidos”) débese producir o paso a outra sociedade e modo de producción que se denomina Dictadura de Proletariado e que corresponde no contexto da dialéctica ó momento da negación ou análise da sociedade burguesa capitalista. Este sería un sistema no que se suprime a propiedade privada socializando os medios de producción que pasan ó estado e desaparecendo por tanto o dualismo de clases.

    Despois da dictadura do proletariado como unha especie de superación ou síntese dialéctica estaría a Sociedade Comunista xa sen clases e sen estado opresor onde se substitúe a “necesidade” pola “liberdade” e as relaccións serán libres relaccións de producción.

    Con todo esta sociedade que por diversas circunstancias non apareceu aínda na historia é considerada por algúns Marxistas (Bloch) como unha especie de utopía ou esperanza no sentido positivo cara a unha sociedade máis xusta e feliz.

    8. ANÁLISE DA ECONOMÍA CAPITALISTA

    O análise económico que fai Marx da sociedade burguesa e do sistema de producción capitalista desenrólase sobre todo no Capital.

    Parte do análise da mercancía que ten un valor de uso (utilidade polo que se cambia: outra mercancía ou diñeiro ).

    Esta distinción xa for afeita anteriormente a Marx pero a novidade de este foi sinalar que no valor de cambio hai un determinante fundamental que é o valor intrínseco que está determinado non pola finalidade (o uso) senón pola causa eficiente ou causa necesaria para producila que é unicamente o traballo.

    Neste sentido o valor dunha mercancía está representado polo tempo de traballo medio socialmente necesario para producila.

    Pero na economía capitalista, o capitalista compra unha mercancía especial que é o traballo ou forza de traballo que ten un valor medio necesario para producila que se satisface con un salario. Pero o peculiar deste sistema é que hai tamén un tempo de plus traballo que non se satisface e que xenera plus valía que é en definitiva tempo de traballo non rebunerado e que é precisamente o que fai aumentar o capital indefinidamente.

    O carácter fetichista da mercancía e do diñeiro como algo que se presenta idealizado e desexable é porque representa dunha maneira xeral o tempo de traballo.

    No sistema de producción mercantilista o diñeiro (Capital) era un intermediario para a adquisición de máis mercancías.

    No sistema de producción capitalista o diñeiro e o capital é a finalidade do propio sistema.

    Este sistema segundo Marx presentaba con todo numerosas contradiccións, por exemplo aumento de capital fixo e disminución do variable (máquinas e medios e disminución da forza de traballo ) aumento e acumulación do capital en poucos o aumento da mada de desposuídos, en consecuencia incapacidade de consumo xeneralizado das mercancías e colapso do sistema.

    Todas estas contradiccións unidas á acción directa do proletariado pola producción debían provocar o cambio de sistema de producción cara a a socialización e a dictadura do proletariado.

    Con todo, o capitalismo adaptouse a distintas e novas circunstancias ampliándose e xeneralizándose como sistema global aínda persistindo outras serias e profundas contradiccións (acumulación de riqueza, países ricos e pobres...)

    CONTEXTUALIZACIÓN

    Contexto histórico filosófico (2ª pregunta)

    Como macroeconomía e como praxe política o marxismo tivo unha influencia importante a fins do S.XIX e no S.XX ó instaurarse como dictadura do proletariado en numerosos países a partir da revolución Volchevique que constituíu a URSS.

    Sen embargo esa mesma situación tivo un éxito limitado posiblemente por causas alleas á propia interpretación marxista e que terminou coa caída do muro de Berlín.

    Como Tª crítica a súa influencia tamén foi moi importante tanto na interpretación da realidade como no método dialéctico de análise sobre a realidade social e económica, en síntese con outras Tª como o existencialismo (Sartre), estructuralismo (Althuser) ou coas distintas lecturas posteriores do Marxismo (Luckacs, Block e Gramsci)

    Dunha maneira sintética hai dúas grandes interpretacións do Marxismo a nivel teórico:

  • Estructuralista que fai fincapé no Marxismo como método científico de análise (Althuser).

  • Humanista (Bloch) que fai fincapé na tendencia do Marxismo e revalorización do S.H. como superación das alienacións entendendo a sociedade comunista como unha esperanza real que da sentido á realidade presente.

  • TERCEIRAS PREGUNTAS

    1.TEORÍA E PRAXE EN MARX

    En xeral pode dicirse que a filosofía Marxista (independentemente de outras interpretacións como macroeconomía ou praxe revolucionaria) é unha síntese entre Tª e praxe, é dicir que a filosofía debe ser unha análise teórica da realidade e da historia pero sempre coa finalidade de transformación. Neste sentido vai a criticar tódalas filosofías anteriores ( a Ideoloxía Alemana, Teses sobre Feuerbach...) e concretamente a de Hegel e a de Feuerbach (ver a última parte da crítica a Hegel e Feuerbach)

    Para Marx o esencial do S.H. é a praxe como actividade productivo-transformadora da realidade e diferénciase polo tanto doutras interpretacións como por exemplo:

    Na filosofía clásica sobretodo dende Sócrates identifícaas o S.H. coa racionalidade e incluso en Aristóteles o Ideal de Vida era a vida Teorética ou contemplativa interpretación que continúa en toda a época Medieval ( “S.H. como animal racional”)

    Para Hegel o S.H. era fundamentalmente autoconciencia ou espírito onde se culminaba o proceso de desenrolo da Idea.

    Para Feuerbach a esencia do S.H. era era fundamentalmente a “ relixiosidade”: a relixión é a relación do S.H. coa súa esencia: “os homes diferéncianse dos animais en que estes non teñen relixión”

    Así pois a diferencia de todas estas interpretacións, para Marx o connatural é a praxe como esa actividade productivo- transformadora que xenéricamente chámase tamén traballo. “Os S.H. empezan a selo cando empezan a producir os seus medios de existencia”.

    Como características esencias da praxe cabe citar:

    1.Coa praxe relacionase o S.H. coa natureza e cos demais S.H.

    • Relacionase coa natureza en canto que esta non é soamente unha realidade independente obxecto de contemplación ou Tª senón como producto esencial humano, producto da actividade do suxeito: “A historia da natureza é a historia natural do home”.

    • Relacionase cos demais en canto que a realidade humana é unha realidade social. Neste sentido ten certa semellanza co plantexamento aristotélico e clásico do home como “ animal político” que non pode concibirse independente da sociedade: “ Avida social é evidentemente práctica”.

    2. A praxe como criterio de verdade

    A praxe constitúese no verdadeiro criterio de verdade a diferencia de outras consideracións da verdade como por exemplo : a adecuación entre o entendemento e a cousa. Para Marx a cuestión da verdade non é un problema teórico senón práctico, pois illar a cuestión da verdade da praxe (práctica) é unha cuestión puramente Escolástica.

  • Na praxe encontra a solución tanto a actividade humana como pensamento que inclúe a calquera misterio.

  • Como síntese da interpretación Marxista e da crítica de Féuerbach está a Tese 2ª (“Ata agora os filósofos interpretaron o Mundo de distintas maneiras. Do que se trata é de transformalo”)

  • 2. A DIALÉCTICA E MATERIALISMO EN MARX

    A noción de dialéctica provén etimoloxicamente de “dialectiké” que fai referencia a diálogo (oposición de opinións) ou transcorrer e tivo unha longa tradición no pensamento e na cultura occidental. Podendo referirse tanto a aspectos ontolóxicos como epistemolóxicos.

    Segundo Hegel foi Heráclito o primeiro en facer unha interpretación dialéctica da realidade fundamentalmente a nivel ontolóxico:

    A realidade como devir (chegar a ser ou proceso) por oposición de contrarios.

    Tamén Platón utiliza a noción de dialéctica tanto no sentido ontolóxico como epistemolóxico:

    O proceso e incluso a oposición das Ideas que conteñen en sí o seu contrario (sofista) como entendida no sentido do coñecemento superior que capta as Ideas e as súas relaccións.

    A partir de aí o concepto vai a ser utilizado por aristóteles (na Lóxica), no neoplatonismo (Jámbico: tríadas), na época medieval e moderna ata chegar a Kant que fai referencia á dialéctica (dialéctica transcendental ) como actividade da Razón que abandona o uso empírico para elevarse ó Incondicionado, polo que incurre en oposicións e contradiccións inevitables.

    Pero foi Hegel quen profundizou máis na noción de dialéctica tanto a nivel ontolóxico como epistemolóxico:

    - A nivel ontolóxico porque a realidade como un Todo é un proceso ou devir da Idea por oposicións e contradiccións algo semellante a Heráclito: (“Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non tomara para a miña filosofía”).

    - A nivel epistemolóxico porque a razón tamén é dialéctica (a diferencia do entendemento que é analítico) pois forma parte da realidade dialéctica e asimílase a ela no seu coñecemento.

    Para Hegel o proceso dialéctico baséase nas categorías de Inmediatez-mediación, Totalidade, Negación e Superación, que pasa por tres momentos: Abstracto, Dialéctico e Especulativo (pois non utiliza os termos de tese antítese e síntese)

    A cuestión é que para Hegel o Devir dialéctico era o proceso da Idea que sae fora de si como Natureza e que volve a sí como Espírito o que constitúe un plantexamento Idealista.

    Marx oponse á dialéctica de Hegel en conxunto precisamente por ser Idealista e considerar como primario e fundamental o Espírito ou a Idea pero retomando a forma desta que é a forma “pura” de toda dialéctica pero invertíndoa totalmente (“poñéndoa de pe pois estaba de cabeza”).

    Dunha maneira máis concreta, marx oponse ás categorías da dialéctica Hegeliana:

  • Respecto á Inmediatez- mediación que segundo Hegel representa que toda realidade supón unha mediación anterior para Marx, sen embargo a realidade material e a Natureza é totalmente inmediata e non supón nada anteriormente.

  • A categoría de Totalidade está referida en Hegel á totalidade de espírito ou a Idea e en Marx debe referirse á totalidade natural e material, incluída a acción humana.

  • As categorías de Negación e Superación non deben ser referidas ós conceptos ou abstraccións senón a realidades materiais e concretas.

  • En definitiva a dialéctica Marxista é unha dialéctica referida á realidade Material e humana o que constitúe unha dialéctica Materialista.

    Con todo o termo Materialismo vai a ser entendido de distintas maneiras por Marx e Engels pois mentres que o primeiro refírese con el á realidade material pero nun sentido amplo entendida tamén en relacción á acción humana (praxe) que se desenrola na historia (Materialismo Histórico), para Engels o Materialismo fai referencia fundamentalmente á realidade material da Natureza sen ter en conta maís que dunha maneira tanxencial ou yuxtaposta a acción humana na historia.

    Así entendido o Materialismo de Engels constitúe unha Tª especial que se denominou Materialismo Dialéctico (Diamat) e que constituíu o fundamento teórico para a explicación da Natureza e da Física e da Bioloxía na Escolástica Soviética:

    Considérase a Natureza e a realidade material eterna e infinita sometida a un proceso de evolución (nunha liña paralela ó evolucionismo Darwiniano) e con tradición dialéctica na que non hai cabida para outras leis físicas para a entropía e cuios principios fundamentais son:

  • Lei de oposición de contrarios.

  • Lei do cambio cualitativo ou paso da cantidade a cualidade.

  • Lei de negación da negación.

  • 3. O MATERIALISMO HISTÓRICO

    A diferencia do materialismo dialéctico da interpretación de Engels, Marx considera como realidade material o conxunto da natureza e a acción humana que se desenrola nun proceso histórico: “Nós non concebimos máis ciencia que a da historia, historia da Natureza e historia da Humanidade que se condicionan recíprocamente pois mentres existan S.H. non poden extinguirse”.

    Este proceso como relación entre a praxe humana e a realidade material identifícase fundamentalmente co que constitúe o proceso de producción pois a actividade humana comeza coa producción dos seus medios de vida como se describe no prólogo á contribución á crítica da economía política: “Na producción social da súa existencia os S.H. entablan determinadas relaccións independentes da súa vontade que son relaccións de producción e que constitúen un grao de desenrolo das forzas productivas. Estas relaccións constitúen unha base económica sobre a que se asenta unha superestructura xurídica e política á que corresponden outras formas de conciencia social... .. Non éa conciencia a que determina o ser dos individuos senón o seu Ser Social o que determina a súa conciencia”.

    Así pois, para Marx calquera época histórica caracterízase por un Modo de producción no que se inclúe tanto a infraestructura económica como a superestructura ideolóxica.

    A infraestructura ou base económica constitúese á súa vez polas forzas productivas e relaccións de producción (véxase Ideoloxía).

    Estes modos de producción a grandes rasgos son: o sistema de producción asiático, antigo, feudal e burgués moderno que aínda con características distintas teñen en común certo enfrontamento e oposición entres dúas clases sociais que se poden agrupar dunha maneira xenérica como “posuidores e esposeidos” enfrontamento que constitúe a loita de clases , de tal maneira que a Historia e a “Historia da Loita de clases” que se produce cando as forzas productivas existentes ata o momento abríndose así un período de revolución social.

    Na última época do S.XIX que corresponde segundo Marx o sistema de producción capitalista existen tamén cetas contradiccións entre as forzas productivas e as relaccións de producción determinadas pola propia contradicción do sistema (por ex: grande acumulación de riqueza nuns poucos e aumento da masa de desposeídos, oposición entre capital fixo e capital variable, falta de acceso ós medios de producción...) que debían provocar a desaparición do sistema unindo todo eso á propia actividade revolucionaria do proletariado a partir da súa conciencia de clase.

    Este cambio de sistema debe ser, pois favorecido pola revolución aínda que esta é entendida segundo Marx tanto como esa mesma actividade directa como dunha maneira necesaria a propia contradicción do sistema.

    A partir dese momento que representaba teoricamente Marx no Manifesto Comunista (“proletarios de tódolos países unidos”) débese producir o paso a outra sociedade e modo de producción que se denomina Dictadura de Proletariado e que corresponde no contexto da dialéctica ó momento da negación ou análise da sociedade burguesa capitalista. Este sería un sistema no que se suprime a propiedade privada socializando os medios de producción que pasan ó estado e desaparecendo por tanto o dualismo de clases.

    Despois da dictadura do proletariado como unha especie de superación ou síntese dialéctica estaría a Sociedade Comunista xa sen clases e sen estado opresor onde se substitúe a “necesidade” pola “liberdade” e as relaccións serán libres relaccións de producción.

    Con todo esta sociedade que por diversas circunstancias non apareceu aínda na historia é considerada por algúns Marxistas (Bloch) como unha especie de utopía ou esperanza no sentido positivo cara a unha sociedade máis xusta e feliz.

    4. O CONCEPTO DE ALIENACIÓN NA FILOSOFÍA OCCIDENTAL