Manuel Antonio. Vangardas

Literatura española del siglo XX. Vanguardias literarias en Galicia # De catro a catro

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

  • De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo:

Dentro do contexto literario do primeiro tercio do século XX en Galicia, cabe sinalar o atraso que hai na nosa literatura debido ós séculos escuros, e o nacemento de novos movementos estéticos chamados “-ismos”, co obxectivo de destruír a percepción tradicional da realidade, alterando imaxes, linguaxe... buscando así novas formas de expresión.

Isto coincide tamén a nivel histórico co lento avance que sofre Galicia cara á modernidade.

Debemos sinalar tamén o movemento vangardista en Galicia. ¿Podúcese unha verdadeira vagarda? Debemos atender ás características da nosa literatura:

  • Carácter periférico

  • Literatura comprometida co pobo

  • Anormal traxectoria literaria (Séculos escuros): no Rexurdimento renace a literatura sen coñece-la tradición medieval.

Non hai unha verdadeira vangarda, porque implicaba unha ruptura coa tradición, e en Galicia romper coa tradición supuña unha ruptura con galeguismo; hai sen embargo unha vangarda enxebre, que conxuga o respeto á tradición coas liberdades creativas que espallaban futuristas, cubistas...

  • Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega:

Na nosa literatura só houbo actividade vangardista, pero non movementos consolidados,xa que iso implicaba unha ruptura co galeguismo:

  • Vangarda matizada: corresponde á liña impresionista. Non implican verdadeira ruptura.

  • Vangarda pura ou plena:

  • Liña simbolizante: transmite un significado de orde espiritual empregando elementos tirados da realidade concreta: o barco representa o eu lírico, aparece como vehículo da existencia (Manuel Antonio).

  • Liña de esteticismo: baseada na reflexión do signo poético.

  • Liña de vangarda pura: son aqueles textos que acomodaron dun xeito ortodoxo as fórmulas do creacionismo e do ultraísmo na nosa lingua.

    • Neotrobadorismo: prodúcese unha renovación da lírica medieval cantigas de amigo.

    Imaxes novidosas.

    • Ton e estructura en De catro a catro:

    Ó partir o ton é de ilusión e de esperanza, nas recaladas nótase monotonía, desorientación, soidade.

    No transcurso da obra o ton do eu lírico e de desilusión, saudade.

    Na primeira lectura superficial, temos unha viaxe física polo mar. Na segunda lectura, máis profunda, temos unha viaxe interior polo pensamento e a psicoloxía dunha voz lírica que escoitamos nos 19 poemas. É unha viaxe circular porque regresa ó punto de onde partiu. Ten unha estructura mítica: afastamento da súa terra, aventuras, o regreso (poema 19).

    • A vangarda galega:

    Ver os puntos: “De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo”, e “Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega”.

    • Importancia de De catro a catro para a literatura galega:

    Trátase dunha poesía vangardista e individualista con trazos persoais (compromiso ideolóxico, rexeitamento do eu creador coma deus, natureza non inventada e sentimentalidade nalgúns poemas).

    Ten pegadas creacionistas (xustaposición de imaxes baseadas en relacións arbitrarias, pero que teñen unha lóxica interna e razoada), pegadas futuristas (linguaxes técnicas, destrucción da sintaxe...), pegadas cubistas (espacio e tempo).

    Rompe coa poesía tradicional reutilizando as novidades vangardistas, non copiando as mesmas).

    • Influencia dos cambios políticos e sociais do primeiro tercio do século XX na literatura:

    Dentro do contexto histórico, as dúas primeiras décadas do século XX están marcadas por un espírito revolucionario debido á I Guerra Mundial, á Revolución de Outubro en 1917 en Rusia, ós movementos fascistas de Italia e Alemaña, ó levantamento de Irlanda contra o dominio británico...

    Prodúcese tamén a nivel literario unha revolución poética: as vangardas, caracterizadas pola liberdade expresiva, rompe coa a tradición...

    Nesta época Galicia atravesa un lento avance cara á modernidade, hai moita emigración, movementos agraristas... que inflúen nas Irmandades, no Grupo Nós e nas vangardas.

    En Galicia non houbo unha verdadeira vagarda debido a que romper coa tradición significaría romper co galeguismo, ademáis, a nosa literatura non seguíu unha traxectoria normal, por causa dos Séculos escuros.

    • Aspectos vangardistas dos poemas de De catro a catro:

    • Presenta ausencia de puntuación (soamente existe un punto ó remate do poema para sinala-lo final). Exemplos...

    • Maiúsculas para marca-lo comezo de cada grupo de versos. Exemplos...

    • Ausencia de rima (versolibrismo). Exemplos...

    • Non hai estrofa, hai unha falsa división estrófica: grupos de versos distintos marcando cada un unha característica (isto pode modificarse dependendo do poema). Exemplos...

    • Diferente disposición dos versos nas súas marxes: para marcar unha ruptura a nivel gramatical e semántico. Exemplos...

    • Linguaxe:

  • Imaxes.

  • Personificacións.

  • Linguaxe técnica da navegación.

  • A súa función é romper coa tradición poética

    anterior. Exemplos...

    • Espacios en branco. Simbolizan un anagrama da estrela, o barco... Exemplos...

    • Apectos temáticos:

  • Tratamento novidoso da paisaje mariña.

  • Obxectividade, afastemento do contido chegando a un plano subxectivo.

  • Tanto cos aspectos formais como cos aspectos

    temáticos inténtase unha ruptura coa tradición

    poética.

    • Comenta a función estilística do léxico técnico de De catro a catro:

    A función estilística do léxico técnico en De catro a catro é romper coa tradición poética anterior, facer unha renovación da linguaxe poética gracias ós “-ismos” vangardistas (creacionismo, futurismo e cubismo).

    • Analiza os principais aspectos da poética de Manuel Antonio:

    A poética de Manuel Antonio caracterízase polas pegadas vangardistas do creacionismo principalmente (na renovación da linguaxe, na obxectividade e no humor), polos trazos persoais (compromiso coa lingua, sentimentalidade nalgúns poemas, natureza non inventada e en canto a que o poeta non actúa como un pequeño deus).

    A conclusión atopámola en “Máis Alá” e en “Prólogo dun libro que ninguén escribíu).

    • Estructura mítica de De catro a catro:

  • Afastamento do mundo coñecido: o poema quere convidar á viaxe, quere facer extensiva a experiencia individual que vivirá o eu lírico, empregando a primeira persoa do plural.

  • Aventura: travesía convencional negada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas recaladas ou naqueles poemas nos que aparece sensación de movemento.

  • Regreso: para pechar a travesía abonda soamente o poema “Adeus”.

  • Estructura aparentemente artellada coma unha viaxe, pero é unha viaxe interior debido á negación constante do movemento.

    Viaxe e estatismo son dous conceptos antitéticos e excluíntes, por iso podemos afirmar que se trata dunha “viaxe oximórica” (viaxe sen apenas movemento).

    - Análise dos adxectivos de De catro a catro:

  • Reforzan a influencia creacionista do poema polas personificacións de elementos (exemplos) e polas imaxes que asocian elementos dispares (ex: noivas inéditas... sonrisa ubicua...)

  • Non hai adecuación de significado entre o adxectivo e o substantivo (exemplos).

  • Ruptura coa adxectivación tradicional: adexectivos cultos, modernos e cosmopolitas.

  • Distribución: substantivo+ adxectivo... (exemplos)

  • Función: fuxir dunha lectura sentimental e do subxectivismo romántico. Pretenden dar unha visión obxectiva desa vivencia, desa monotonía.

  • Poden dar idea dunha concepción do tempo diferente: descoñecido/novo/inédito... pero ó ir acompañado dos indefinidos mesmos... conservan a idea de monotonía (poema “Recalada”).