Filología Gallega


Manifestaciones artísticas referentes a la Guerra Civil


  • Manifestacións artísticas referentes á Guerra Civil

  • Na Guerra Civil hai dous bandos enfrontados a morte e artistas circunscritos a cada un deles, polo que debemos distinguir entre a mensaxe e o valor artístico da obra. As primeiras manifestacións danse nas artes plásticas e na poesía:

  • Artes plásticas. Picasso, co Guernika ou Castelao cos tres álbums de debuxos que publica en Valencia: Galicia mártir (1937), Milicianos (1938) e Atila en Galicia (1937).

  • Poesía. Poemas de Machado.

  • Hai máis de 1500 títulos en castelán que fan referencia á Guerra Civil e desde a morte de Franco moitos autores, que non viviran o conflito en primeira persoa, adoptaron tamén esta temática.

  • A novela en España

  • A novela referente ao conflito é máis tardía e eclosiona trala morte de Franco. Atopamos novela por parte dos vencidos e dos vencedores.

  • Vencidos:

    • La forja de un rebelde (1951) de Arturo Barea: trata os bombardeos sobre Madrid e ten trazos autobiográficos.

    • Requiem por un campesino español (1953) de Ramón J. Sender, que xira en torno ás mortes por inimizade.

    • Autores estranxeiros que apoian o bando republicano:

      • Cemiterio baixo a lúa (1938) de Georges Bernanos, escritor francés que critica feitos que se producen en Mallorca.

      • L'espoir (1933) de André Malraux, novela á que se lle achaca falta de realismo.

      • Por quién doblan las campanas (1940 - 1957), novela escrita en castelán por Ernest Hemingway.

      • Vencedores:

        • Madrid, de Corte a chega (1939) de Agustín de Foxá, falanxista e compañeiro de Primo de Rivera.

        • La fiel Infantería (1943) de Rafael García Serrano, que tivo problemas coa censura por ter escenas de carácter sexual.

        • Raza, escrita por Franco baixo o pseudónimo de Jaime de Andrade, novela que non pasa a censura até saberse quen é o seu autor.

        • A novela galega

        • A novela galega referente á Guerra Civil ten certas diferenzas a respecto da española:

        • A temática. Non é a fronte de batalla, xa que en Galiza non se librou batalla ningunha, senón que se centran na represión, a privación da liberdade, a incerteza, as inquedanzas polo porvir, os cárceres, os maquis...

        • Os autores son todos do bando dos vencidos, autores que viven o conflito e as súas consecuencias, polo que as súas obras teñen trazos autobiográficos. Tamén hai autores máis novos que, sen ter vivido a guerra, a tratan na súa narrativa (Manuel Rivas).

        • Entre as obras referentes ao conflito na novela galega destacan:

        • De autores que nacen arredor do ano 1910 e publican tralo Franquismo:

            • Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980) de Ramón de Valenzuela.

            • O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte (1976), de Antón Alonso Ríos.

            • O silencio redimido (1976) de Silvio Santiago.

            • Scórpio (1987) de Ricardo Carvalho Calero, que sigue a técnica do multiperspectivismo.

            • Xeración das Festas Minervais ou de La Noche, autores nados na década dos 30 que non teñen a lembranza da guerra, pero sofren as súas consecuencias. É o caso de Méndez Ferrín en No ventre do silencio (1999). Imos ver algúns trazos desta xeración:

                  • Son autores que marchan estudar a Madrid nos anos 1957 - 1958, onde coñecen a outros estudantes.

                  • Crearán o grupo Brais Pinto, integrado por persoas moi diferentes (Ferrín, Beiras, Ramón Lourenzo...):

              • Reúnense no Centro Galego de Madrid.

              • Parece ser que o bautizou o grupo foi Fernández Ferreiro, quen toma o nome dun afiador de Nogueira de Ramuín.

              • Por discrepancias co entón director de Galaxia, Ramón Piñeiro, que prefería a reivindicación cultural á política, crean a súa propia editorial. Esta inaugurarase con Bocarribeira. Poemas para ler e queimar (1958) de Otero Pedrayo.

              • Son, en conclusión, un grupo que representa unha tentativa de poñer a cultura galega nunha dirección de vangarda.

                  • Considéranse a si mesmos unha xeración perdida, chea de represión, que vive nun tempo de miseria moral e intelectual e soportando as consecuencias dunha guerra inútil, o que se reflicte nas súas obras.

                  • Máis tarde autores coma Manuel Rivas tamén tratarán o tema da guerra, así acontece en O lapis do carpinteiro (1998).

                  • Fernández Ferreiro é un autor da Xeración das Festas Minervais ou de La Noche, que marcha a Madrid estudar Xornalismo, onde se relaciona con outros persoeiros que conformarían esta xeración. Domina a escrita, está ideoloxicamente comprometido e a lembranza da guerra está presente en toda a súa obra, de xeito máis ou menos explícito.

                  • A presenza da Guerra civil na narrativa galega: Fernández Ferreiro, Agosto do 36 (1991)

                  • Agosto do 36 dentro da obra de Fernández Ferreiro

                  • Aínda que non é unha triloxía, podemos considerar que Agosto do 36 se insire entre A ceo aberto (1981) e Os últimos fuxidos (2004). A anécdota que dá lugar a Agosto do 36 aparece xa en A ceo aberto.

                  • Estrutura da obra

                  • É unha estrutura clásica de exposición - nó - desenlace na que, sen embargo, o desenlace se coñece ao comezo, xa que a obra comeza coa nova dos asasinatos de Sara e Gregorio. Estamos polo tanto perante un final anticipado.

                    Con todo, o autor consigue manter a tensión e a intriga durante toda a obra.

                    A obra divídese en dúas partes que, á súa vez están formadas por capítulos moi curtos: “O cerco” (8 capítulos) e “A execución” (15 capítulos).

                  • Narrador

                  • Atopámonos con dous narradores que, en esencia, se ocupan de cadansúa parte:

                  • Narrador testemuña (“O cerco”): representado polos veciños de Abades, narra desde o presente un feito que aconteceu 50 anos antes:

                    • É un relato literaturizado, pero con aparencia de literatura oral.

                    • Segue linealmente a vida de Sara e Gregorio desde a infancia, é unha ollada introspectiva que se estende até o momento no que prenden a Sara.

                    • Infórmanos da retesía entre o Garabís e o Xirandón por causa dunha muller, feito que se repite cos seus fillos (Manuel e Gregorio respectivamente), o que nos amosa que as causas da represión son en ocasións persoais, non só políticas.

                    • Amosa a actitude do clero perante a durísima represión, que a ignora ou mesmo colabora con ela. Así, don Xenaro non fai nada para salvar a Sara.

                    • Estre narrador popular introduce elementos que anuncian o terríbel desenlace (“lúa tinxida de sangue”).

                    • Nalgún momento hai un imperfecto narrador testemuña (páxinas 79, 80, 81) que fala das conxecturas dos veciños para intentar salvar a Sara.

                  • Narrador omnisciente heterodiexético en terceira persoa (“A execución”):

                    • Narra os acontecementos desde que apreixan a Sara o día 13 de agosto até que a matan o día 17 ás 3 da tarde, eses cinco días de anguria, de carraxe contida que se mesturan con lembranzas de soños imposíbeis.

                    • Hai un cambio de escenario de Abades á Touza, un lugar caracterizado polo misterio no que Sara agonía eses 5 días. Só hai dous momentos nos que a acción sae do escenario da Touza na segunda parte:

                      • No capítulo XIV a acción volve a Abades para describir o ambiente que se respira entre os veciños ante a situación na que está Sara.

                      • No capítulo XVII os falanxistas van a Abades para intentar apreixar a Gregorio.

                  • Personaxes

                  • Sara e Gregorio.

                  • Lázaro, o taberneiro: o personaxe mellor caracterizado psicoloxicamente e que vencella os dous escenarios da segunda parte:

                    • Sente un amor imposíbel por Sara, tena idolatrada. Esa visión sublime e platónica mesturarase cos seus instintos máis primarios cando a ve espida.

                    • É unha persoa covarde que, malia a admiración que sente por Sara, non é quen de salvala dos falanxistas, aínda desprezándoos.

                    • O seu físico lembra a don Celidonio de O porco de pé.

                  • Falanxistas: todos con caracteres negativos (definidos coma “desertores do arado”), seres desprezábeis, cheos de odio, amigos das armas, o que se acompaña dunha fala soez. Pero teñen diferentes motivacións:

                    • O Garabís, Manuel:

                      • O único cunha motivación clara, aínda que iso non o xustifique, xa que a muller dos seus soños está casada con outro e repítese a historia do seu pai e de Gregorio.

                      • É de caste ruín e está loitando a súa propia guerra, feito do que se decatan os outros.

                      • Está namorado de Sara e, aínda que diante dos seus compañeiros quere quedar coma un machote, impide a súa violación.

                      • Hai un triunfo do torturado sobre o torturador xa que a vontade de Sara é infranqueábel, polo que está psicoloxicamente nas súas mans, xa que ela está namorada do seu marido.

                    • Luís: é un personaxe tipo, un señorito convencido da ideoloxía de Primo de Rivera que defende os privilexios da súa clase social. É un personaxe ruín e un dos seus disparos acaba accidentalmente coa vida de Gregorio, pero non se atreve a darlle o tiro de graza.

                    • Xan: é un home sen vontade, sen criterio propio, que acata a autoridade do Garabís (canso se discute se violar ou non a Sara).

                    • Leonardo: un home “sen oficio coñecido”, un parasito que, a diferenza de Luís, é un pervertido sexualmente. Quere violar a Sara e, ao non o conseguir, oponse ao Garabís e pretende deixar o grupo.

                  • Outras características

                  • Creación dunha atmosfera de medo, terror e violencia.

                  • Paisaxe chea de vida, con senso hilozoísta: unha paisaxe rural con alma, con espírito propio.

                  • Presenza abafante do sol e da calor, un elemento recorrente na súa obra (A ceo aberto, O minotauro).

                  • ***

                    Fernández Ferreiro desenvolve unha anécdota con minuciosidade narrativa, na que todo está encadeado e xustificado, adobiando todo isto con intriga e suspense, así coma con terror e as paixóns da carraxe e do amor.

                    Termo xeolóxico que fai referencia a unha vexetación baixa e que en Francia pasou a denominar aos grupos de resistencia á ocupación alemá durante a Segunda Guerra mundial. Por extensión, denomínanse así as persoas fuxidas nos montes que viven en oposición a un sistema político.

                    Gregorio morre no cruceiro do Bispo, que sería fusilado anos despois polos maquis, ao igual que aconteceu no Cerro de los Ángeles.

                    O 17 de agosto matan a Alexandre Bóveda.

                    Isto tamén acontece en Pedro y el capitán de M. Benedetti ou en “Botas de elástico” de Arraianos (1991) de Ferrín.

                    Tamén en L'étranger (1942) de Camus.

                    2. A paréntese da Guerra Civil

                    1

                    Curso monográfico de narrativa galega

                    2006/2007

                    USC

                    Entrevista a Fernández Ferreiro en A Nosa Terra




    Descargar
    Enviado por:LuZinHa
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar