Literatura


Los pazos de Ulloa; Emilia Pardo Bazán


Capítulo 1.

A historia desenvólvese entre o ano 1866-67.O xinete viña dende Santiago a Ourense, por medio do Camiño Real, que estaba en malas condicións. No seu camiñar encontrou a un legoeiro, quen lle afirmou o camiño para chegar a os Pazos de Ulloa. O camiño era igual de malo que o outro, tiña pólas de árbores onde menos facían falta.

Logo encontrou unha muller un tanto peculiar, que na xerga característica dos desa zona díxolle que para chegar aló falta tanto coma “A carreiriña dun can”. O xinete quedou como estaba, xa que non lle resolveu a dúbida.

O xinete guiándose por el mesmo proseguiu o seu camiño, logo de levar un pouco trotando encontrou no camiño unha cruz negra con pintadallos brancos (significaba, “morte repentina”), alí rezoulle unhas oracións, cando de súpeto sentiu dous estoupidos, estes proviñan de tres cazadores que se lle achegaron a Xián.

Un dos cazadores ía ben vestido (marqués de Ulloa), o outro (Primitivo) ía coma vestido cun saco e por último o outro (abade de Ulloa) causou unha tal curiosidade a Xián ( o xinete).

Xián tivo sorte xa que era este o mor da súa viaxe, unha vez presentados o marqués pregúntalle a Xián polas señoritas, esta deulle unha resposta positiva, decido isto Xián buscou unha carta que lle dera o señor da Laxe para o marques (que era seu sobriño), esta carta produxolle a o marques certa gracia. Logo disto proseguiron o seu camiño cara os Pazos de Ulloa.

Capítulo 2.

Cando chegaron a os pazos, xa era noite pecha, unha muller veu para alumealos co candil. Logo de entrar na espaciosa cociña, xa viñan chegando os comensais. Na cociña había colgados chourizos... Entre eles estaban os tres cans, e un rapaz pequeno (Perucho).

O marqués berroulle a serventa (Sabel) para que trouxera a cea, se o marqués xa lle berrou ben o seu pai (Primitivo) aínda lle berrou mais, tamén lle dixo que lle levase a comida os cans, e o marqués insatisfeito da comida que lle botou aínda foi el coller a carne do pote e deulla os cans, Xián con este detalle quedou asombrado do estimo que o marqués lle tiña os cans. Perucho quíxolle quitar un anaco de carne a cadela (Chula) e esta mordeuno, o rapaz choromiqueando liscou de alí.

Logo de cear o marqués, Primitivo e mais o abade de Ulloa emborracharon a o rapaz. Despois Xián marchou para a súa habitación cavilando. O deitarse recordou unhas palabras do señor da Laxe: “Atoparás a o meu sobriño bastante mediocre, xa que nunca saíu da súa aldea”.

Capítulo 3.

Ó espertar ,Xián deuse de conta que a habitación na que durmira estaba toda emporcallada, esto era por que antes durmía alí o abade de Ulloa, antigo capelán do marqués.

A Xián a súa vocación relixioso veulle por a nai de pequeno levábao moito a igrexa, a nai para todo o pobo era considerada coma unha beata. A nai de Xián tamén era a ama de chaves do señor da Laxe.

Xián estudiou relixión no seminario, é unha persoa efeminado, gústalle sempre andar moi limpiño e ten características que só teñen as mulleres, esto todo veulle por influencia da nai.

Xián levantouse ca idea de se lavar, pero observou que non había nin utensilio para poder levalo a cabo, entón decidiu tomarse un baño de aire, o abrir a ventá pasmou coa beleza da paisaxe, un grande val onde había vides, millo. Tamén acertou a observar o xardín e atinou que tiña un famoso estilo francés.

De súpeto entra Sabel coa toalla, a auga e o chocolate quente, o presbítero (Xián) rifoulle por entrar de tal maneira, tamén lle fixo saber que a habitación daba noxo, ela contestoulle de maneira que Xián entendeu que se a quería ter limpa tiña que limpala el.

Xián quería dicir misa pero non puido por mor de que o abade de Ulloa estaba aínda durmindo e tiña el as chaves, e Xián xa levaba dous días sen a dicir. Visto eso Xián decidiu ir onde o marqués que estaba dando un paseo, entón o marques ocorréuselle idea de ensinarlle a casa.

O chegar o cuarto dos documentos viu que estaba todo desordenado, por mor de un frei que estivera nos pazos chamado Venancio. Con ese desorde a Xián acordóuselle as palabras do señor da Laxe: “A casa do meu sobriño debe estar toda desordenada”. Entón a Xián ocorréuselle dicir se querían ordenar os documentos xunto con el, o marqués aceptou encantado.

Capítulo 4.

Xián ía desenvolvéndose entre os papeis, conseguiu ordenar gran parte deles, ía matando cascudas e outras clases de bichos, ordenou varias execucións... Logo divisou un estante con libros estampados en ouro, era a biblioteca dun Ulloa de a principios de século, colleu un libro era de Voltier “La Heriada”, este libro desgustou a Xián polo seu contido, xa que Voltier era ateo. Tamén había libros de Xoán Xacobe Rousou, dende 1816. A ordenación dos documentos non foi doada, pero acordouse de que a principal faceta dos romanos era a ordenación.

O frei Venancio non deixou contas de nada esto a Xián alegrouno (menos traballo). Pero logo se ía dar de conta que entre: os foros, os subforos, porreteos, censo, pensións, vinculacións, dezmos, tercios, preitiños miudos, preitiños gordos, partillas; este sería incapaz de ordenar todo isto sen a axuda de ninguén, e díxolle ao marqués que tiña que chamar a un avogado.

Isto todo a Xián parecíalle unha ruína igual que toda a casa. Logo Xián dispúxose, para saber algo mais, aprendes a descendencia dos Ulloa.

Pedro Moscoso e Pardo de Laxe, quedaron orfos de nenos. Os Moscosos tiñan un avó afrancesado que se permitía ler a Voltier. Os Pardos de Laxe era xente inculta, vivían nos Pardo unha casa petrucia.

O quedar viúva a nai de Don Pedro, o morgado de Laxe casábase cunha señorita distinguida, trasladándose a vivir o pobo, e Don Gabriel veu os Pazos de Ulloa para facerlle compañía a súa irmán, este tamén era o titor de Don Pedro. O administrador era Don Venancio. A irmán de Gabriel só valía para aforrar, a irmán era Dona Micaela. Un día foron uns ladróns o pazo e roubáronlle os aforros a Dona Micaela. Logo de morrer Gabriel, Don Pedro estivo buscando alguén para sustituir a Don Venancio, e ía ser Primitivo, que ca morte de Dona Micaela, van se establecer el a mais a filla. Don Alberte de Moscoso era o pai de Don Pedro. O título de marqués de Ulloa era non era de Don Pedro, senón dun que estaba en Madrid, que era o que pagaba todos os gastos do pazo, xa que Don Pedro non aparecía na guía de forasteiros.

Capítulo 5.

Ó rematar o arranxo dos arquivos Xián saíu moi canso, propúxose ir informarse as cortes, e preguntarlle sobre diversas cuestións con respecto a os pazos, levaba como guía a Primitivo, pero non puido conseguir nada. Xián logo se deu de conta que Primitivo era omnipotente todos lle facían caso.

Nos pazos a xente viña a tertulia, e haber tamén se apañaban algún chourizo. A Sabel tocáballe de encher as cuncas todo o tempo. A que hasta mais tarde quedaba era unha vella, que Xián xa coñecera o chegar a os pazos.

Xián tamén intentou aprenderlle o Perucho a ler, esta negábase facendo todo tipo de tratadas.

Ocorreu de que Sabel quixo seducir a Xián varias veces, este botouna fora do seu cuarto cun bo sermón, e díxolle que a auga que a trouxera Cristovo, pero este non fixo caso das ordes de Xián. A Xián acordábaselle a bondade da súa nai, non como a lurpia de Sabel.

Primitivo coa vista fixo lle ver a Xián que lle declarara a guerra (figuradamente). Xián meditaba sobre o ocorrido lendo o libro, ós poucos, de Luís de Granada e os tamén os seis libros de San Soán Crisóstomo.

Capítulo 6.

Xián fixérase bo amigo de Don Uxío (o de Naia). A Xián o abade de Ulloa non lle parecía moi simpático polas súas afeccións a caza... e en cambio a o abade de Ulloa, Xián parecíalle un maricallo polas súas costumes tan refinadas.

Un día o abade invitou a Xián a festa do patrón de Naia (que por certo era San Xián).Esta ó chegar ó casarío de Naia, os bailaríns estaban xa actuando o son dunha gaita. Logo Don Uxío deulle a Xián a mellor habitación que tiña, para que fose durmir, o día seguinte levantouse co son das gaitas.

Logo marcharon para a festa, e alí distinguiu a Sabel, este feito xa lle estragou a festa toda. Na festa tamén se destinguía a figura do cura de Cebre que servira a un cóengo compostelá.

Logo da festa os gaiteiros reclamaban o almorzo ou parva, que era unha marfallada (fígado, bofes...). No festín a mesa eran unhas táboas, e na vaixela víase algún Talavera lexítimo. O sentar todos querían deixarlle o sitio o Arcipreste de Loiro. A mesa rodeábana quince curas e oito segrares, entre eles o médico, notario e xuíz de Cebre, sobriño do señorito do Limioso, e o cacique Barbacana (partido moderado), e o seu rival Trampeta (partido unionista, mal visto polo clero). O menú constaba de vinte e catro pratos. O médico de Cebre gustáballe moito facerlle bromas o sobriño do cura de Boán, este falaba moito das señoritas de Molende.

Máximo Xuncal dixo un disparate político e comezou unha gran disputa, esta calmouse ca entrada do marqués cos seus cans de caza, Turco e Chula, moi ben tratados por certo, logo o marqués úneselle o señorito do Limioso.

Como de súpeto comezouse a falar de Sabel, e a facerlle bromas a Xián, a causa disto Xián contestoulle a os comensais, entón Don Uxío díxolle que saíra para fora, e foron os dos dar un paseo pola horta. Xián preguntoulle a Don Uxío que se dicía del e mais de Sabel, este contestoulle que non se dicía nada so parvadas, e que tamén se dacia que esta andaba co gaiteiro (o Galo).

Capítulo 7.

Xián pensaba que xa non podía quedar mais tempo nos pazos, só pensaba como dicirllo a Don Pedro. Chegando xa os pazos escoitou uns berros, rapidamente chegou a cociña, era Sabel que estaba tendida no chan, Don Pedro estáballe pegando, sen querer Don Pedro lastimou o Perucho, cousa que lle doeu moito.

Don Pedro díxolle a Sabel que fixera a comida, e que non bailase tanto, Sabel como resposta díxolle que ía marchar, de súpeto apareceu Primitivo e díxolle que fixera a comida e esta obedeceu sen mais.

Xián díxolle a Don Pedro que viñese pasear pola horta, o marqués íase desculpando pola súa actitude, pensando que ese era o motivo da fala cousa que non era así. o comezar a falar Xián díxolle a o marqués que tiña que botar todas para fora ( a vella das greñas, as súas fillas, as súas netas, Sabel...), xa que era a súa ruína ( mantiñan as vacas co froito do seu campo, ser ver el case o leite... parcería). Pero o marqués dixo que non podía botar a todos eses, xa que Primitivo tiña ameazadas as outras mozas se viñan para aquí, e ademais Primitivo era un servente imprescindible, que so a el lle facían caso a xente. Contou que unha vez botara a Sabel e tívolle que pedir que volvese, xa que non se amañaba sen ela. Xián tamén lle dixo que tiña que casar e liscar unha temporada de aquí, cousa que Don Pedro non viu tan sinxela, por que se marchaba de aquí estes elementos son capaces de armarlle unha boa.

Capítulo 8.

Xián estábase aseando para emprender o seu camiño de volta a casa, mentres pensaba que a culpa de todo isto era a figura de Sabel. De súpeto Don Pedro apareceu alí na habitación tamén aseado, e díxolle a Xián que ía ir con el para ver o tío Manolo e as súas curmáns (do marqués). Logo foron en busca de Primitivo para ir coller o cabalo e mais a burra, e resultou que ningún dos dous estaban dispoñibles, o marqués enfadouse moito, e con esto foi as cortes e pegoulle mozo por non coidalas como e debido.

Xián foi lle dar un bico a Perucho e díxolle a Sabel que o coidase mais, o saír da cociña Don Pedro aínda esperou algo na porta para ver se Sabel lle dicía algo, pero non foi así. Feito isto emprenderon a viaxe cos dous mozos de cargados de maletas, pero Primitivo non quixo ir por mor duns montes, isto o marqués facíalle dubidar moito.

O ir camiñando Don Pedro divisou unha persoa que quería matar a Xián, non se recoñecía que era, mentres Xián estaba facendo unhas preguntas sobre a cruz que hai no camiño, e rezándolle unha oración nin se daba de conta do que sucedía, o marqués reaccionou e quitou tamén a súa escopeta e aquela persoa, que o marqués xa se dera de conta que era Primitivo, desapareceu, e de súpeto aparecía o lado Primitivo (para así tamén poder controlar o marqués), o marqués colleulla escopeta, como disimulando disparou a un paxaro, cousa que so era para descargar a escopeta, e para que non a cargase mais.

Capítulo 9.

O chegar o seu destino, os viaxantes timbraron na porta, a señorita de Laxe, supoñen do que non sería ninguén de importancia, foron abrir todos a porta, o abrir a porta encontráronse cun home arrogante, o marqués, ninguén o recoñeceu agás Nucha, que lle chamaba o curmán Perucho. Xián por non interromper quedou agachado detrás da porta, e logo de entrar Don Pedro entrou el tamén en busca da súa nai. O señor da Laxe e o seu sobriño tiñan un parecido físico, agás que o marqués tiña un aspecto titánico polos traballos que fai no campo. A casa era de Pardo de Laxe (século XV). O tío díxolle a Don Pedro que saíra os Pardo, que de Moscoso ou Cabreira (a nai) nada. Logo de darlle unha aperta a todos íanse presentando: Rita. Manueliña, Nucha (Marcelina) e Carmen. Don Manuel (o tío) quería que as súas fillas casaran cun fidalgo coma Don Pedro, non con un plebello. A curmán mais guapa era Rita. Despois estiveron vendo fotos onde aparecía un retrato, que según dixo Nucha, era o seu neno ( era o seu irmán, que o coidara de pequeno, de hai esa familiaridade), era o morgado Grabrieliño (estudioso de oficial militar), que agora estaba en Segovia.

Na fachada da casa había unha cristaleira, obra ideada por Manuel Pardo da Laxe.

Capítulo 10.

Ensináronlle ao marqués moita cultura artística de Santiago: Pórtico da Gloria, a Catedral... pero nada foi do seu agrado, xa que tiña unha idea equivocada da cidade ( o que demostra a súa gran ignorancia), a pesar de que xa estivera en Ourense e en Santiago de cativo. Ca proximidade da festa de Corpus, animábase toda a cidade a dar un paseo pola alameda. No paseo Nucha e Carmen sempre ían diante Manueliña e Rita detrás, a Manueliña acercóuselle un mozo chamado Víctor de Formoseda, de boa liñaxe, o pai das curmáns gustáballe que se lle acercase, pero tamén había mais mozos que andaban o redor das mozas, pero ninguén o lado de Nucha, xa que esta era a mais fea das irmas.

Os cuartos de Xián e mailo marqués estaban xuntos, por que Xián dende a súa ordenación, foi ascendendo postos na casa, o marqués ía o cuarto de Xián todas as noites para pedirlle consello a Xián sobre con quen debería casar, pero esta e dicía que non sabía nada, por que el de pequeno non podía andar con elas pola inferioridade de clase, e tamén que a súa nai non lle contaba nada, que non andaba rosmando con calquera por alí por iso comía o pan de Don Manuel Pardo, e o seu único confesor era Don Vicente o cóengo.

A Don Pedro gustáballe Rita, xa que era moi fermosa, pero viu no paseo que se deixaba querer por todos, e eso a Don Pedro non lle gustaba. Xián díxolle, a forza de insistirlle de que lle dixera algo sobre as irmás, que Nucha era a mais bondadosa, relixiosa e cariñosa das irmás, xa que cando era nova tivo que coidar do seu irmán Gabrieliño, por iso agora lle chama neno, pero que todas as irmás son de bo fondo. Don Pedro deuse de conta que era moi boa, pero non podía evitar sentirse atraído por Rita.

Capítulo 11.

Don Manuel Pardo estaba esperando, cando o seu sobriño ía pedir a man de Rita. Na casa xa todos andaban facendo presupostos para a voda. Un día as irmás foron limpar o faiado, e chamaron a Don Pedro para que lles fose axudar, anque este non quería, foi. Alí arriba había moitos recordos do seu avó afrancesado, e da avoa., neses tempos reinaba a raíña María Luísa.

As irmás estaban pensando en facerlle unha broma a Don Pedro, o anoitecer estas levaron a cabo a súa broma, Don Pedro botou a correr tras elas, cando tal este atrapou a Nucha, e esta botou a chorar, e advertiulle que llo ía dicir a seu pai.

Don Manuel xa estaba pensando en que: Rita casaba con Don Pedro, Carmen orientábase un pouco e xa casaría, Manueliña casaría co de Formoseda e Nucha recibiría a herdanza dunha tía e iria vivir con Gabriel.

Don Pedro falaba moi a miúdo con Xián sobre o casamento. Para o día seguinte don Pedro foi onda o seu tío, e díxolle que quería casar con Nucha, esto rompeu todas as súas expectativas, puxo todo tipo de peros, pero non conseguiu nada, o marqués estaba decidido. Dende ese acontecemento a relación entre as irmás distanciouse. Don Pedro marchou para o albergue, para respetar a tradición de que non se pode ver a noiva. Casounos o cura Nemesio Ángulo, que foi quen animou un pouco a mesa a hora da cea, xa que todos estaban indignados polo acontecemento. Cando marcharon os comensais os casados foron rezar a capela. Nucha xa tiña o título de señora, xa que antes de casar era señorita.

Capítulo 12.

Xián ía saír antes ós Pazos para poñer aquelo en orde. Don Pedro avisoulle que tivese coidado con Primitivo, que este era capaz de asestarlle un tiro nas costas, e díxolle o que pasara vindo para Santiago.

Xián cando chegou ós Pazos levou unha sorpresa xa que estaba todo en perfecta orde e armonía, e incluso Primitivo deulle as contas a Xián sobre o estado do gando. Xián alegrouse moito o saber que Sabel andaba con gaiteiro de Naia (o Galo), incluso lle daba gracias a Deus. As súas teorías cumpríronse cando os viu os dous xuntos en actitude moi cariñosa, cousa que a Xián por un lado dáballe vergoña e por outro estaba moi contento e a gusto con sé mesmo.

Pero así e todo Xián deuse de conta que no tocante as contas de facenda Primitivo seguía tan soberano coma sempre, e non puido averiguar nada.

Xián foi onde o cura de Naia (Don Uxío), para falar con el, xa que era moi comprensivo, pero andaba revolto estes días, po mor de que a mariña se sublevase e botase a raíña que estaba en Francia, establecendo un goberno provisional. E con todo iso non fixo caso de Xián.

Capítulo 13.

Transcorrido algún tempo Don Pedro xa se aburría en Santiago, nin o casino lle facía gracia. Don Manuel, en canto a educación e a cultura, gañáballe a Don Pedro. Don Manuel era un home polifacético, a parte de ter cinco mulleres na casa. Don Manuel tentaba de intimar con Don Pedro para que quedase en Santiago, e así que lle velase polas súas terras, e que fose ós Pazos só polo verán. Esta idea Don Pedro non lle gustaba. Xa que el odiaba que lle dixesen o que tiña que facer.

Todo o que había alí nesa casa Don Pedro recordáballe ós Pazos, por que aquí os serventes son educados, mentres que nos Pazos...

Don Manuel e Don Pedro xa discutiran de política, xa que Don Manuel era moderado puro, e tomouse moi a peito a marcha de Isabel II e o chasco de González Bravo, mentres que Don Pedro desculpaba aos revolucionarios botándolle as culpas a prensa. Con todo isto empezou unha pelexa de que os da aldea non entendían nada de política. Cando a pélea comezou a agravarse Don Pedro marchou para o Casino, alí sentíase algo mal por que todos eran universitarios mentres el non era moi formado culturalmente. Alí había un cronista que revelou toda a verdade sobre os Cabreira e os Moscosos, e dicía que o título de marqués de Ulloa correspondíalle o duque, o grande de España.

Ó día seguinte Don Pedro e mais Nucha marchaban para os Pazos, alí esperábanos Xián e Primitivo, Don Pedro era feliz por volver a encontrarse coas súas terras. O chegar unha burra salvaxe esperaba a Nucha, que logo tivo o marqués que rexeitala e ir buscarlle unha mansa, e trouxéronlle a burra da muller do xuíz de Cebre.

Capítulo 14.

Don Pedro estaba desexando preguntarlle a Xián por Sabel, e se esta lle dixera algo. Xián contoulle que esta ía casar co gaiteiro de Naia, que incluso llo confirmou Don Uxío. Don Pedro díxolle que isto era todo unha mentira, e que seguro que Primitivo seguía tan soberano coma sempre, e contoulle que cando foi buscar a burra, prestouna por que veu Primitivo conmigo, que senón…

Don Pedro tamén lle dixo a Xián que Nucha ía te un fillo, e que tiña que ser home a forza, que senón era capaz de pegarlle a Nucha e matar a filla.

Para Xián, Nucha seguía coma sempre, esta era o típico exemplo de muller forte. O exemplo do ideal Bíblico de Espala. A Xián cando os casados facían xesto cariñosos, el torcía a cara. A Xián preocupáballe Sabel, por si esta lle podía facer algún dano a Nucha. Tamén a cociñeira que veu de Santiago marchou por que a cociña daba noxo.

Nucha explorou todo o Pazo, e incluso o galiñeiro, para ver por que non puñan as galiñas, e viu a Perucho que andaba roubando os ovos, para logo vendelos polo pobo. O ver esto, Nucha díxolle que lle vendese os ovos a ela, tamén se deu de conta que aquel rapaz era o afillado do seu marido. Nucha dixo que lle ía comprar uns zocos e mais uns pantalóns para o rapaz, e Xián que lle aprendería a ler e mais escribir. A Nucha facíalle moita gracia a actitude de pícaro do rapaz.

Capítulo 15.

O matrimonio Moscoso dedicouse a facer visitas a aristocracia circunveciña. Nucha ía montada na burriña, o marqués na egua e Xián na mula, tamén os acompañaban dous mozos que ía de espolistas (encargados de ter man das monturas). Empezaron por visitar a señora do xuíz de Cebre. O chegar alí saíu unha serventa, non moi educada, que chamou a berros os señores, logo dun pouco saíu o xuíz e este invitounos a subir a casa, logo chegou a muller, que viña as presas, que lle causou moita gracia a Nucha. A casa era bonita e ben preparada.

A seguinte visita foi ó arcipreste de Loiro. O ir adentrándose nos dominios do arciprestado. Que xa estaban anuladas pola desamortización. O ir chegando o pobo viron a dous vellos derreados, era o arcipreste e maila sua irmá, como é normal na hostalidade campesiña, invitáronos a subir a casa. Logo desta visita foron de regreso os Pazos.

O día seguinte foron visitar as señoritas de Molende, pero resulta que estas foran a feira de Vilamorta. Entón dirixíronse cara o Pazo do Limioso, alí no horizonte divisábase o pico do Leiro. Non se coñecía casa infantona, de tan alta liñaxe e vella en toda a provincia. O Pazo estaba en penosas condicións. O chegar alí dous cans viñeran defender a casa, cando de súpeto aparece Ramón do Limioso, esta tiña uns modais moi refinados, a antiga usanza. Alí detrás do brasón, víase tres peixes vogando nun río e un león sostendo unha cruz. O entrar dentro dos Pazos entes viron que por dentro estaban tamén case en ruínas. Alí había dúas mulleres fiando, que eran tías paternas do Ramón, tamén estaba alí o seu pai, que era paralítico.

O anoitecer emprenderon o regreso ós Pazos, coa tristura na mente das cousas que hoxe viron.

Capítulo 16.

O sucesor dos Moscosos debía de andar cerca de nacer, xa que Nucha xa andaba a facer algúns traxes. O corpo de Nucha xa se modificara, e Don Pedro andaba moito mais amable, e incluso lle prohibiu a Primitivo que cazase alí, xa que a Nucha asustáballe moito os tiros. Xián estaba moi ledo, xa que fora el que fixo que ese matrimonio casara e agora van ter un fillo... Un día mentres Xián estaba lendo P. Nieremberg, a Nucha viñéronlle os típicos síntomas de parto, chamaron o médico, pero este non veu ata o día seguinte, xa que cando o foron chamar non estaba na casa.

O médico (Máximo Xuncal) falaba que Nucha era unha muller moi feble para poder criar o sucesor, entón Don Pedro foi a Castrodorna, a filla de Felipe, para que esta criara o Moscoso xa había uns días que ela parira tamén, Felipe era un criado de Don Pedro, esto a ó médico non lle gustou moito, xa que a el non lle gustaba que manexaran así ó pobo, era un demócrata. Mentres Xián estaba en oración, Nucha estaba atendida pola sua doncela, Filomena. O médico falaba de que Nucha era unha muller de cidade moi feble, según as súas teorías da hixiene. Logo o médico quixo enredar a Xián na política preguntándolle se estaba de acordo con Suñer e mailos revolucionarios, cousa que Xián negou por que este dixera unhas blasfemas no Congreso.

Tamén que un veciño de Castrodorna, o Torto, que matara a muller e mailo amante, e que Barbacana fixo que lle deran a liberdade condicional. Tamén o interrogou que opinións tiña sobre o Terso, Xián non contestou, xa que de política non entendía nada. Logo foi rezar o altar que tiña montado con unhas estampiñas.

A preocupación polo herdeiro era moi angustiosa, xa que o parto estábase prolongando moito. De súpeto entrou Don Pedro ca de Castrodorna, a vaca humana.

Capítulo 17.

Cando chegou Don Pedro este desilusionouse o ver que o seu fillo aínda non nacera. Logo pediulle a cea a Sabel. Esta viu a beleza de Sabel e maila sua orella rota, que lla rompera el mesmo nun ataque de celos.

Nucha estaba cada vez mais feble, Don Pedro botáballe a culpa a sua constitución física, e acordábase de Rita, mentres o médico explicaba os tipos de mulleres. Logo preguntou o médico onde estaba o seu maletín, a Xián esto provocoulle un arrepío por todo o corpo, por que xa sabía o que había naquel maletín, logo o médico dixo que senón paría ata maña, que mañá operábaa.

Mentres tanto alí contábanse anectodas e historias. Pola noite Xián quedou a rezar no cuarto por Nucha e para que todo saíse ben. A mañá seguinte este estaba non chan moi feble e adurmiñado, e só puido sentir ¡é nena!, e este desmaiouse, e Primitivo contoulle o ocorrido o médico e este foi atender a Xián.

Don Pedro non andaba moi contento por mor de que fose filla e non fillo, mentres o médico andaba a proclamar o traballo que dera ese parto, e tamén a meterse algo con Don Pedro. A señorita con este parto quedou moi feble entre a vida ou a morte.

Capítulo 18.

Durante uns días Nucha estivo apiques de morrer, o médico viña vela un día si, un día non, pero gracias a forza de voluntade que lle daba a sua filliña deu saído para adiante.

O día que Xián puido ver a Nucha, esta estaba na cama moi abrigada, pero Xián disimulou e díxolle que tiña bo aspecto, en cambio Nucha díxolle que el estaba un pouco desfavorecido. Xián xa vira a nena no seu bautizo. Quen criaba a nena era a de Castrodorna, a Coca, que a comparaban coa catedral de Santiago.

Nucha estaba molesta por que o doutor non lle deixaba criar a meniña. Xián xa lle está collendo un gran aprecio a nena, incluso a colle en brazos.

Ó medico gústalle moito armar espolio, cando ven ós Pazos, sempre arma unha lea, xa sexa cos curas carlistas como o de Boán e o Arcipreste, ou con outros.

Xián facíalle compañía a Nucha, e tamén lle lía libros como “Ano Cristiá”, para pasalo tempo, que contaba historias dun soldado, ou poesías...

Pero así e todo Nucha estaba triste, xa que tiña medo de que a criada lle mancase a meniña. Xián recibiu unha carta da sua nai onde contaba que: Rita engaiolara a tía vella de Ourense para que a fixese a ela herdeira e non a Nucha, e Carmen que se namorou dun estudiante, e que o pai non os deixa casar e que Manoliña foi plantada por Víctor de Formoseda, xa que este se namorou dunha artesá.

Sabel agora tiña que facer alimentando a criada, e sentíase coma unha raíña por ter tan bo tipo.

Según explicou o doutor en Castrodorna as mulleres non precisaban dos homes, facían todo elas, este só viñan a expandir a sua raza e logo marchaban para Lisboa. Tamén algúns facían coma o Torto. E os bebés eran fortes por que non os trataban coma tesouros, senón que os tiñan por fora para que se fortalecesen. O doutor tamén explicou algo a teoría de Darwin.

Nucha trataba a sua filla coma un tesouro, coa axuda de Xián, e a única persoa capaz de sacarlle un sorriso era a sua filla.

Un día Xián viu saír a Sabel do despacho de Don Pedro ( era o cuarto dos documentos) mal vestida. Cousa que lle fixo pensar a Xián no peor, desanimándose tamén na sua relixiosidade, ademais Don Pedro estaba pouco nos Pazos, e escasas veces vía a sua filla.

Capítulo 19.

Xián estaba confuso polo ocorrido anteriormente, pensaba que todo era unha trampa cristiá, un pecado. Está pensando en marchar para sua casa, pero cando se acorda da pequena muda de opinión.Pensaba que era así a sua personalidade, efeminada, pero ata un monstro podía querer a esa rapaciña. E mesmo se lle acordaba a rapaza, polo pano que lle puxo a rapaza nos beizos, e tamén se lle acorda a hora de comer da rapaza, unha risa.

Xián viu a Nucha moi mal, pálida e sen botar un sorriso, agás coa meniña.

Pola noite Xián viu que Sabel e as súas compañeiras oían os chistes do Pepe de Naia, mentres que María, a Sabia (a vella do bocio) lle botaba as cartas para ver o que ocorrería no futuro, visto eso Xián foi interromper a fregatriz Sabel, para que se deixasen desas tonterías. Logo Xián marchou para o seu cuarto, alí escoitou un ruído, que resultaba ser unha manifestación de homes que dicían que ía morrer alguén. Mais tarde escoitou outro, este dentro dos Pazos, foi correndo pola casa adiante, e resulta que era Don Pedro matando unha araña e Nucha berrando.

Esa noite Xián tivo un pesadelo, no que o Pazo se transformaba, e aparecían diferentes personaxes asasinos... e acábano matando, que foi cando espertou.

Capítulo 20.

Xián aínda estaba algo confuso do pesadelo que tivera a noite pasada, xa que a paisaxe que neste día se apreciaba era triste e aterradora. Logo foi visitar a Nucha o seu cuarto, para ver como se encontraba. Cando chegou a rapaza estaba durmindo, e Nucha cantáballe unha canción popular galega. Cando acabou. Os dous comezaron a falar do mal que se encontraba Nucha, que só vía imaxes de mortos sen cabeza... Xián coincidiu con el en dicir que os Pazos mudara de aspecto ca chegada do inverno, dito esto Nucha propúxose explorar os Pazos para así poder vencer os seus medos e quedar tranquila.

Cruzaron todas as habitacións, pasaron polo claustro superior ata chegar ao patín que encerraba o claustro. Alí atoparon unhas argolas que según contou Nucha era dun escravo que tiñan os avós de Don Pedro, de súpeto empezou a troar os dous quedaron case inmóbiles. Ó chegar a habitación que pretendían chegar, atoparon o cofre que quería Nucha, e mandou que o subiran para arriba.

Cando Nucha chegou a sua habitación púxose a rezar xunto con Xián, para que a treboada culminase, pero de súpeto, a Nucha deulle un ataque de terror, polo medo que pasara indo ata aquela habitación, que ata tivo que ser atendida pola serventa.

Capítulo 21.

Estes días Nucha mellorou algo, cousa que a Xián o alegrou moito. O marqués andaba moi ocupado organizando a cacería polos montes de Castrodorna. A casa estaba chea de xente: o notario de Cebre, o señorito do Limioso, e un cazador furtivo (o Bico de Rato), escopeta negra infalible, tamén había moitos cans.

A cea foi moi animada, Nucha retirouse logo para ir atender a meniña, mentres os cazadores contaban anectodas, Bico de Rato e mais Primitivo amizaban contando cada vez mentiras mais grandes. Bico de Rato contou unha historia na que ía dispararlle a unha lebre cando esta lle saltou por encima e o tirou o chan, esto produciu a risa a todos os cazadores, tamén Don Uxío contou que o cóengo de Castrelo contara que matara a un tigre de Bengala, entón que o Ramirez de Ourense que el fora e que matara a Sota de Bastos.

Logo Bico de Rato contou que un día unha rapaza lle dixo que lle dera todas as rulas, este aceptou a cambio de que lle deixase mamar na vaca, cando ía mamar apareceulle unha serpe, que por pouco non o morde, o cura de Boan saíu en defensa del xa que contou que se deran casos en que serpes ía mamar nas vacas o que lle roubaban o leite do estómago aos meniños.

Don Uxío díxolle a Xián que tiña que ir con eles a caza e que non puxera disculpas. Xián aceptou por que con eles esquecía as penas e tamén por non levar a contraria, xa que eran capaces de levalo a forza.

Capítulo 22.

Os cazadores tiveran que saír o romper a alba, ríanse de Xián por non levar a roupa apropiada para o evento. Xián non sabía que facer ó chegar alá, nunca se lle deu esa situación. Xián viu que Don Uxío metía no bolso das presas, faisáns medio vivos coma dicindo que os matara, e pondo a Xián de testemuña de que os matase o voo, Don Uxío non era moi bo cazador.

Visto que Xián non entendía nada de caza, mesmo non sabía o que era cazar o voo, entón déronlle unha escopeta e mais un can, dos mellores, co fociño partido, que se chamaba Chonito, para ver se daba cazado algo, pero nas diferentes oportunidades que tivo non deu pé con bola, entón o can visto que non cazaba nada marchou coma desprezando o cazador, proeza que celebraron os cazadores na hora da cea.

Despois de cear os cazadores estaban atentas haber se cazaban algunha lebre., cando tal saíu unha femia e catro machos atrás dela, que non se pararían ante nada, nin escaparían co cheiro da pólvora. A noite estaba moi fría, tal era que parecía que miles de agullas che atravesaban o corazón.

Capítulo 23.

Perucho foi familiarizándose coa nova herdeira dos Moscosos. Un día este entrou, e foi ata onda o berce e viu alí a meniña. quedou asombrado. Nucha tamén lle daba lambetades e cartos ao rapaz, entón este foi collendo moita confianza.

O rapaz xogaba coa meniña, incluso lle traía xoguetes feitos por el mesmo, anque Nucha lle rifa por traer eses xoguetes que daban noxo, a el non lle importaba

Cando a rapaza lle viñera a dor producido polo crecemento dos dentes, Perucho foi a única solución para que esta parase de chorar. Un día bañáronse estes dous xuntos, anque os dous detestaban a auga, só por estar xuntos bañáronse. Nucha díxolle a Xián que estes parecían dous irmanciños, este reaccionou dunha maneira tan rara que Nucha deuse de conta de que Perucho era fillo do seu home, entón Nucha botou a Perucho espido para a fora, logo foi Xián e deulle a roupa para que se vestira.

Logo Nucha e mais Xián comezaron a falar de que o marqués tiña que botar para a fora a Sabel, que senón que se ía ir ela, Xián díxolle moitas veces que o fixera, pero o marqués dixo que aquí era imprescindible, cousa que fixo desconfiar a Nucha.

Capítulo 24.

Por estes días había nos Pazos feiticeira mais grande que María a Sabia, era a política, na que se xoga con intereses egoístas, con persoas.... incluso chegando o fanatismo.

España vivía unha discusión de Cortes, para determinadas cuestións, cousa que o lexislador non daba resolto, e que unha multitude de revolucionarios resolvía nun par de horas. O pais estaba discutindo se monarquía absoluta ou constitucional (monarquía democrática). En Cebre tamén se discutía sobre este tema nas tabernas, oíase falar de liberdades de culto... Tamén os curas o rematar as súas funcións discutían no adro. O señorito do Limioso, tradicionalista inveterado como seu pai e o seu avó, fixo varias viaxes secretas a Portugal cruzando o Miño, que as señoritas de Molende estaban preparando obxectos bélicos. Todo isto quedaría en auga de borralla, xa que onde en realidade hai batalla e nas urnas.

En Cebre había dous caciques, un avogado e o outro secretario, estes estaban en continua loita, e só remataría coa morte dun deles. Ningún tiña ideas políticas, non lle importaba o que se discutira en España. Barbacana era moderado entes da revolución, pero agora declarouse carlista, e Trampeta e dos unionistas baixo O´Donnell, que avanzaba cara o liberalismo vencedor. A Barbacana era mais autoritario, e gustáballe utilizar métodos legais para empapelar a xente, en cambio Trampeta era mais violento e enxeñoso. Barbacana era mellor para facer un plan dende a sua habitación, mentres Trampeta para executalas en persoa e con fortuna.

En Cebre aborrecían os dous paro mais a Barbacana pola sua personalidade tan agrea. Trampeta era o encargado de representar as ideas oficiais anque tivera que matar, Barbacana coa sua intelixencia tiña claro que: era mellor unirse os amigos que non te traizoen, e que cando quixera pasar coas armas e a bagaxe para o campo contrario, poder afundir a Trampeta.

Trampeta facíalle moitas visitas ó gobernador, ía coas súas armas mailos escoltas, xa que Barbacana tiña matóns, coma o temible Torto de Castrodorna, cada viaxe que facía era moi beneficiosa para o secretario, mentres Barbacana ía caendo.

Logo Barbacana non deu sinais, só se limitou a aceptar o candidato proposto pola Xunta Carlista Ourensá, recomendado polo arcipreste de Loiro e os curas de: Boán, o de Naia e o de Ulloa. Barbacana sabia que isto non ía funcionar, xa que a persoa elixida era ben formada pero non tiña idea das trampas políticas, e ademais levábase mal cos seus correlixidores.

Primitivo, o monteiro maior dos Pazos, que ía moi a miúdo a casa de Barbacana, anque esta estaba case bloqueada por que Trampeta ameazouno con matalo. Logo Barbacana foi ós Pazos con Primitivo e viu que curas influintes e mais caciques subalternos ían tamén para aló. Don Pedro íase presentar deputado a favor de Barbacana. Esto a Trampeta caeulle moi mal, fixo mais a miúdo viaxes onda o gobernador dicindo de que toda a culpa era do arcipreste de Loiro.

Don Pedro ía ser un gran influencia, pero tamén gracias a Barbacana e o famoso cacique (Primitivo), que antes fluctuaba entre os dous partidos.

Don Pedro non tiña moita idea de política, pero estaba de acordo co absolutismo, co morgado... e así Barbacana poderíase alzar co distrito.

Visto iso, o gobernador removeu ó xuíz e as feitorías de Barbacana, para así poder gobernar en Cebre, por que senón sabía que non ía haber partidas. A miúdo o sangue manchaba as mesas electorais, todo para que Trampeta tivese uns poderes ilimitados.

O señorito do Limioso estaba pensando en entrar con douscentos homes dende Portugal aquí, unha parvada. O arcipreste de Loiro dixéralle a Don Pedro que tiña que ser o representante do distrito. A Don Pedro fixéronlle unha homenaxe, veu todo o señorío do contorno, ben sabía tamén que era gracias a Primitivo. O aspecto físico tamén contaba a hora de presentarse no Congreso. Os Pazos era unha continua festa. Trampeta estaba tranquilo, sabía que a victoria ía ser sua, despois das trampas que fixeron. Xián tamén colaborou xa que tiña unha letra moi bonita, e encomendáronlle ese posto. Logo o arcipreste quixo ver toda a casa, xa que se levaba moi ben con Dona Micaela (a nai de Don Pedro), o ver toda a casa logo foron ver a igrexa, a este non lle gustou nada o seu aspecto, así que Don Pedro comprometeuse a amañala para así tamén dar bo exemplo. Xián e Nucha encargábanse dos Santo e mailas flores. Xián viu que Nucha estaba mais mala do normal, e que tiña unha preocupación excesiva pola rapaza. Tamén Xián advertiu unhas feridas e síntomas de muller maltratada, acordouse de Sabel. Logo viñeron ver a igrexa as señoritas de Molende, o cura de Boán, o cura de Ulloa, o xuíz de Cebre, Primitivo e mais Don Pedro

Capítulo 25.

Se as eleccións van durar moito tempo mais van lle acabar cos nervos a todos. Trampeta xa tiña a burra cas costelas marcadas na pel do fraca que estaba con tanto viaxiño cara onda o gobernador.

Trampeta de novo foi facerlle unha visita o gobernador para contarlle o que en Cebre estaba sucedendo. Trampeta contou que agora necesitaba mais cartos, con esto o gobernador protestou dicindo que a Xunta Carlista Ourensá non daba moitos cartos os carlistas, pero dixo que non era por iso senón que agora o marqués de Ulloa, que non era marqués que ese título ofreceullo Carlos VII, para darllo alguén mais liberal, que se fixera deputado entón agora Primitivo prestoulle algúns pesos para poder subvencionar os gasto electorais. Primitivo sacou os cartos facendo prestamos a unha rende superior o 8%, prestamos abusivos, e así el vai gañando moitos cartos, anque el inicialmente quitou os cartos quitándollos o amo, con todo isto así Primitivo poderá ter mais influencia sobre o marqués e tamén ter o capital asegurado.

Barbacana declarouse carlista para así estar cos curas, e dicir por que estes sempre están alí, e son sempre os mesmos: os Limioso, os Méndez...

Se chegan a gañar as eleccións Primitivo poderá gañar moitos mais cartos por Madrid, tendo a influencia que ten.

Para rematar Trampeta dixo que xa argallaría algo para que non sucedese o peor.

Mentres tanto Barbacana estaba dando unha audiencia o arcipreste de Loiro. Este antes só era o abade de Anles, que cando era novo deu un pucherazo, que lle valeu a cruz a Isabel a Católica. O arcipreste sempre pasaba pola oficina de correos, que era onde falaba de política, alí encontrou a Don Uxío, o de Naia, que lle dixo que esperaba por el que el tamén ía ós Pazos. Don Uxío dixo que non ía ser doado gañar as eleccións xa que o goberno era moi forte, e podían gañar as eleccións mediante un complot coa Garda Civil. Como di o cura de Boán as Cortes Constituíntes son todo unha farsa.O arcipreste dicía que o marqués ía dar boa imaxe no Congreso, por que ten unha boa reputación, cousa que Don Uxío negou por queno pobo queríanlle ben pero nas vilas e cidades non, ían descalificando o marqués por ter un fillo bastardo, polos concuvinatos, contaban horrores do Pazos, que roubaban nos camiños... E para concluír Don Uxío dixo que Primitivo parece que as anda argallando para traizoarnos, isto foi o que marcou ó arcipreste.

Capítulo 26.

Pola impresión que lle causara Nucha a Xián, este non se atrevía nin a interrogala sobre o sucedido. Xián sentíase moi vixiado por todos, ata polo marqués e os curas a excepción de Don Uxío. Pero así e todo Xián non se podía esquecer da meniña e foina ver o seu cuarto.

A miúdo Xián pensaba que Nucha estaba mellor nun convento, ou outra alternativa era escribirlle unha carta a Don Manuel Pardo da Laxe contándolle o que sucedía pero Xián non tiña iniciativa e non levou a cabo ningunha destas ideas, Xián tamén cavilaba se Don Pedro se fai deputado a logo marcha para Madrid ¿levará a Nucha e maila meniña?, Xián non podía pensar en non ver a meniña nunca mais. Mentres tanto nos Pazos notábase unha algarabía por mor das eleccións. Nos Pazos contábase xa coa victoria, anque Trampeta fixera das súas argalladas, non ían servir de nada, o goberno tamén tiña un gran poder en Galicia por mor dos campesiños, xa que estes sometíanse sen mais, pero en Cebre isto contrarrestábase con que todos os curas e señoritos ían en favor de Barbacana. Trampeta fixo varias argalladas como prenderlle lume a capa a un da mesa electoral, para que votasen a correr todos, nos colexios electorais facer a xente subir de un en un para votar e así poder vixialos mellor... e en Cebre tamén acontecían cousas polo estilo.

A hora das eleccións Don Uxío trouxo un aldeán, chamado Roque, para que vixiase as urnas, este non separaba as vistas delas por nada do mundo, visto eso Trampeta e sabendo que tiña un preito pendente díxolle que fora vencedor do preito e nese momento de despiste levaron a cambio o Pucherazo, cos votos que o alcalde lle conviñan. As eleccións xa eran de Trampeta non había nada que facer, isto xa llo predixera Barbacana a Don Uxío. Barbacana sabía que legalmente que gañaran eles pero Trampeta amañou as eleccións o seu gusto, xunto coa axuda do traidor de Primitivo. O arcipreste, o cura de Boan. Don Uxío e Don Ramón do Limioso foron ata a casa de Barbacana para falar do ocorrido, de súpeto unha cazerolada aclamaba a morte dos curas, do Terso, da tiranía, do marqués de Ulloa, de Barbacana e aclamaban uns vivas para a Soberanía Nacional e seu deputado. Visto eso os que alí estaban exceptuando o arcipreste, que lle daba un non sei que, foron zurrarlle ós manifestantes, estes viñeran pola charla que Trampeta lle deu na Casa Consistorial, logo de moelos a paos coa axuda do Torto, o matón de Barbacana, marcharon, os loitadores dixéronlle a Barbacana que quedarían alí esa noite por se ían volver, o arcipreste advertía que o mellor viña Trampeta e dáballe un susto ó Licenciado (Barbacana), pero este negouse en que quedara alguén con el dixo que lle bastaba co Torto. El e mailo Torto quedaron a falar de algo en secreto, ninguén sabia de que se podía tratar.

Capítulo 27.

A Nucha foi a quen mais lle afectou a perda das eleccións, dende a sua derrota o seu estado empeorou bastante, e o marqués non dirixía nin unha fala só torcía a vista para outro lado. Xián falou con Don Pedro sobre o estado de Nucha, que avisara ó médico que podía estar moi grave, o marqués negouse po que dixo que Máximo Xuncal foi o que mais se opuxo a el nas leccións.

Un día Xián viu ó medico e este díxolle que podería ser moi grave, tamén falou o medico do deputado que mandáramos as Cortes, era mellor que fose a escola. A Xián tamén ocorréuselle a idea de que Nucha se viñese confesar onda el, esto producíalle terror xa que non tiña sabiduría nin experiencia para guiar a unha persoa coma ela, e ademais aínda dubidaba da bondade divina. Xián acostumaba ler Imitación a Cristo, a edición modesta da librería relixia, unha traducción de P. Nieremberg, este libro inspiraba a Xián, nel nomeábanse todas as cruces da vida, e que todas se resolvían coa morte, con esto Xián viu as cousas moi claras.

Logo Xián foi para igrexa, alí axudáballe Perucho a apagar as velas... cando de súpeto entrou Nucha, e coa mirada dicía que saia Perucho de aquí, feito iso, comezaron a falar, e Nucha pediulle a Xián que a axudara a saír da casa, contou que esperou ata pasar as eleccións, para ver se ían para Madrid e cambiaba a sua sorte, pero non foi posible, aquí encontrábase moi mal, pasaba moito medo, quería ir para a sua casa, ata arrepentíndose de casar con Don Pedro, que casara con el por que seu pai llo dixo, comprometéndose a coidalo, querelo e mais a servilo, tamén agora Rita está enfadada con ela... toda sua enfermidade comezou cando se enterou de que Perucho era un fillo bastardo do seu home, e que ademais a sua meniña non podía ser a lexítima herdeira dos Moscosos, Nucha estaba preocupada por que dicía que cando morrera ela ían matarlle a filla, por que aquí azos estorbaba. Nucha tiña a escapada prevista, ían andando ata Cebre, e logo alí collían a dilixencia ata Santiago, a Xián parecíalle unha escapada bastante sinxela, xa que non vía ningún problema, e pensaba que lle debía prestar a sua axuda, xa que era na persoa que confiaba.

Capítulo 28.

A Perucho sentoulle mal que Xian o botase fora da igrexa sen darlle os seus dous cuartos, pero de súpeto acordóuselle que o seu avó (Primitivo) lle prometera dous cuartos se o avisaba cando Xián e Nucha quedaran sós na igrexa, acordándoselle isto foi a todo correr o despacho do seu avó, alí estaba el cun montón de papeis e moitísimas moedas, canto Perucho lle dixo o seu recado, Primitivo botou a correr, quedando alí só Perucho con todas as moedas, Perucho ía coller os seus dous cuartos e algún oitavo, chamados “a fortuna de España”, pero Perucho coma nun arrebato de honradez deixou alí os cuartos e foi en busca do seu avó para que llos dese el.

Perucho atopou o seu avó falando con Sabel, este querían averiguar onde estaba Don Pedro, logo Primitivo botou de novo a correr en busca de Don Pedro e Perucho tras del, cando Perucho deu alcanzado o seu avó este pediulle os seus dous cuartos, Primitivo díxolle que se encontraba a Don Pedro que lle daba dous mais, cando Perucho encontrou a Don Pedro deulle o recado e Don Pedro botouse a correr cara os Pazos, Perucho cumprida a sua misión ía en busca do seu avó para que lle pagase o que lle debía, cando xa vía o seu avó de súpeto escoitou unhas pisadas, Perucho agachouse, era o Torto, cando de repente mandoulle un tiro o seu avó e este caeu redondo o chan, Perucho foi a todo correr de cara os Pazos, logo foi ata igrexa e alí estaba Don Pedro berrándolle a Xián e mais a Nucha, esta parecía case morta, a Perucho acordóuselle de que cando vira tan enfadado a Don Pedro foi cando lle pegou a Sabel na cociña, tamén se lle veu a mente que lle podían facer algún dano a meniña,, foi en busca dela, e atopouna durmida no seu cuarto, este colleuna con moito coidado e levouna o hórreo para protexela, alí Perucho divertía a meniña con xogos, contando contos, ata que os dous quedaron durmidos. Cando de súpeto a ama atopounos, e Perucho querendo que a ama non se levase a sua protexida, bloqueou o camiño pero non conseguiu nada, só unhas labazadas, e quedou moi triste.

Capítulo 29.

Xián non esquecía aquela disputa na igrexa, e como Don Pedro o ameazaba, o insultaba e incluso o botou fora dos Pazos para sempre. Xián recolleu a sua equipaxe e marchou para Santiago montado na sua egua. No medio do camiño encontrou un cadáver, era o de Primitivo, cousa que lle fixo pensar que eran cousas do destino.

Cando chegou a Santiago todos lle preguntaban por Nucha Pardo, a sua saúde, que pasara alí nos Pazos, que todo aquilo era unha vergoña... Xián tamén tivo que ir renderlle contas ó Arcebispo, contándolle todo a detalle, logo o Arcebispo mandouno para unha parroquia moi lonxe, esto era case coma un desterro, ala na montaña. Naquela parroquia eran todos pastores e agricultores, xente humilde e pobre, que polas festas lle regalaban queixo de cabra, leite.... Polas noites tiña que ir dar a bendición ós moribundos xunto co seu sancristán. Alí foi aprendendo as costumes agrícolas, a apañar as patacas, as castañas... deitarse antes de que faga falta a luz...

Un día recibiu unha carta de cor negro que comunicaba o falecemento de Nucha, a Xián esto causoulle coma un alivio pensar que agora estaría no ceo. Xián tamén se interesou polo estado da igrexa, e fundou unha asociación de fillas de María para que as mozas non bailen os domingos. A Xián xa lle ía gustando aquelo cando recibiu unha carta do Arcebispo dándolle un traslado para a parroquia de Ulloa, esto a Xián pareceulle un desatino.

Capítulo 30.

Pasado dez anos, a Xián parecíalle que os Pazos non cambiaran nada, a sua paisaxe seguía sendo a mesma, e no escudo aparecían os seus dous lobos feroces tamén de sempre.

En Cebre creárase un círculo de institucións para poder falar de política, ademais de no estanco, de ciencias e arte... e incluso tamén montaran unha pequena tenda, a que se lle chamaba bazar.

Os caciques aínda se seguían disputando, Barbacana representaba o tradicional, que cedeu ante Trampeta. Barbacana agora era canovista, pero debido a sua vellez, xa non daba ideas que lle interesasen os xóvenes, pero quen si estaba en apoxeo era Trampeta, coas súas brillantes ideas.

A Xián a parroquia parecíalle das mais pobres, a igrexa estaba nun estado lamentable, e moi mal coidado todo. Xián foi visitar o cementerio, e alí atopou a tumba do seu inimigo Primitivo, rezoulle unhas oracións, cando de súpeto divisou a tumba de Nucha, alí apeouse ante ela, e recordouna, o limpa de corazón que era, a sua honradez...

Xián por aquelas tamén estaba moi vello, coas características desa idade, xa que ós seus anos non se correspondían co físico.

A Xián todo aquilo parecíalle melancólico, solitario, de súpeto oíu dúas persoas rindo, mal sitio para vir a rir, e resulta que era Perucho e mais a meniña que Xián tanto quería, naquela situación víase algo contrariado, Perucho ía moi ben vestido, en canto a meniña ía case descalza.

I




Descargar
Enviado por:Juán
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar