Literatura y Nacionalismo Galego

Letras gallegas del siglo XIX y XX. A nosa terra. Xeración Nos. Irmandades. Reivindicación lingüística galega

  • Enviado por: Zaida
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 11 páginas
publicidad

O inicio do camiño

A finais do século XIX a sociedade seguíase a caracterizar polo monopolio económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración. Esta situación contrasta cunha actividade cultural emerxente.

O galego recupérase como idioma literario, cultural e histórico, nembargantes descende o nivel de seu uso na fala. Ó non gozar dunha situación normalizada, o galego sufre un retroceso nas clases altas e medias, e en ámbitos urbanos. Unha das consecuencias máis claras da situación da lingua é a ausencia de poetas de alma que nel escriban, xa que no idioma que non se fala desde o berce, por moi perfecto que sexa non se formula o sentir e o pensar poético.

Xurden asociacións agrarias, como a “Liga agraria galega”. A toma de conciencia do campesiñado e o seu acceso á propiedade da terra provocan un avance na utilización da lingua.

En 1916 ó xornalista Antón Villar Ponte, viveirense residente na Coruña tras uns anos en Cuba, chégalle unha invitación da revista Estudios Gallegos, fundada o ano anterior polo galego Aurelio Ribalta, a unha campaña urxente a favor da recuperación da lingua e valores propios. Antón Villar Ponte axiña publica artigos e, en concreto, o folleto Nuestra afirmación regional, coa fin de transmitir esta iniciativa e así conseguir a defensa e diginificación que o galego se merece. Villar Ponte pensaba que si conseguía atraer a persoas cultas, ou con ganas de cooperar nesta causa, o galego remataría por imporse entre a clase media. Neste momento, inténtase deixar á marxe as ideoloxías políticas, xa que se trata dun proxecto común entre homes de dereitas, ezquerdas e do centro.

O folleto axiña se esgotou, conseguindo así Villar Ponte o seu obxectivo de espallar as novas ideas e crear opinión. Fíxose unha segunda edición, mellorada gracias ás colaboracións económicas coas que contou, na que se recollía xa o dato da constitución da primeira “Hirmandá dos Amigos da Fala”.

Tendo como marco o local da Academia Galega, na Rúa Rego de Auga (A Coruña), o 18 de maio de 1916, Villar Ponte congregou a máis de 24 persoeiros da cultura galega, que foron coñecidos como “os félibres galegos” relembrando ós da Provenza, entre os que se atopaban vellos membros do movemento rexionalista e da tertulia da “Cova Céltica” (Vicente Risco, Arturo Noguerol e algúns máis) , membros e fundadores da Academia Galega: Florencio Vaamonde, Tettamancy, Uxío Carré, César Vaamonde...O acto foi aberto por Lugrís Freire. Seguidamente deuse lectura, discusión e aprobación a uns estatutos provisorios. Finalmente, elixiron un corpo directivo, presidido por Villar Ponte e vicepresidido por Antón Varcárcel. Nesta primeira xuntanza xa se falou da forma de federar os grupos similares que ían xurdindo por toda Galicia e da publicación dun manifesto. Así naceu a primeira “Hirmandade d'os Amigos da Fala Galega”, co principal obxectivo de defender, dignificar e cultivar o idioma.

Toda Galicia segue a estela

Axiña se producen adhesións desde diversos puntos da xeogarfía galega, e poucos días máis tarde se creará a Irmandade de Santiago, presidida polo vello rexionalista e profesor da Universidade Cabeza de León e animada polo médico Xil Casares, o poeta e mestre Victoriano Taibó e o tamén profesor da Universidade Lois Porteiro Garea, quen no acto inaugural leu un notable discurso no que propón uns obxectivos máis ambiciosos cós marcados en A Coruña, baseados na defensa da personalidade de Galicia e da súa recuperación económica, social, política e cultural. Nel, Porteiro fai referencia á atrasada situación que soporta Galicia. En pouco tempo as Irmandades xa incluían un cariz político que, segundo as verbas de Barreiro Fernández, “levaba en si mesmo a semente dun partido político”.

Pouco a pouco, se formaron Irmandades por toda Galicia: en 1916 en Monforte, Ourense, Pontevedra e Vilalba; no 1917 en Ferrol, Vigo, Mondoñedo, Melide, Baralla e Betanzos. Así ata un total de 28. Eran desiguais tanto en número de socios como en actividade e estabilidade. Desta forma, as Irmandades contarían cun total de 500 socios, dos que 300 pertencerían á Irmandade da Coruña. Deses 300, 100 serían mulleres que formaban a sección feminina.

Podían ser socios, todos os homes e mulleres galegos e maiores de 16 anos. Tamén podían asociarse todos aqueles que, aínda que non naceran en Galicia, se sentiran “galegos de corazón”. A Directiva tiña que aprobar, en votación segreda, todos os ingresos. A cota era voluntaria e non menor a 1 peseta ó mes. A xunta directiva de cada Irmandade estaba constituida por doce membros, era renovada anualmente na Xunta Xeral, a quen tiñan que presentar unha memoria da xestión.

Todas as Irmandades federadas rexíanse por un Directorio, que fixaba as directrices xerais. Neste intre as Irmandades teñen un espírito democrático e a súa forma é de estructura federal. Pretenden servir de plataforma política, así como introducirse no agro a través da propaganda entre as organizacións campesiñas. O obxectivo das Irmandades (tal como se di no seu regulamento aprobado en 1918) era “o engrandecemento da nosa terra en todo-los ordes”. Pretendían tamén a autonomía integral para Galicia, cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán...”por iso chámase Irmandade da fala: por ser o da Fala o primeiro problema que preséntanos a realidade”. Tamén se preocuparán da ciencia, literartura, arte, economía, xustiza, sociedade e situación agraria. Para levar a cabo eses obxectivos cada Irmandade constará de catro seccións: Cultura e Fala, de Economía e Estudos sociais, Agraria e Política.

O medio de expresión: A Nosa Terra

O 16 de novembro de 1916 sae en A Coruña, por primeira vez, o decenario A Nosa Terra, “Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d'América e Portugal”. A cabeceira fora recuperada polas Irmandades dun movemento agrario rexionalista “Solidaridad Gallega”, de había dez anos que se basaba no anticaciquismo e agrarismo, e era bilingüe. A Nosa Terra como voceiro das Irmandades xa será totalmente en galego, e se autodeterminará como galega.

Literatura y Nacionalismo Galego
Literatura y Nacionalismo Galego
Literatura y Nacionalismo Galego
Salvo moi pequenas e pouco frecuentes intermitencias, «A Nosa Terra» publicouse normalmente (de primeiras foi un boletín decenal, pasando logo a quincenal e mensual perante a dictadura de Primo de Rivera). Resulta certamente curioso ollar como algúns dos nomes que nos seus comenzos figuraron como colaboradores, por figuraren tamén nas Irmandades, foron máis adiante enemigos do galeguismo. Foron moitos os que colaboraron máis ou menos periodicamente: Antón Villar Ponte, Luís Porteiro, Xoán V. Viqueira, Lousada Diéguez, Ricardo Carballal, Iglesias Roura... Amado Carballo e Manuel Antonio deron ós lectores de «A Nosa Terra» as primicias da sua obra poética. Ata que se produza a escisión do nacionalismo(1922), será o órgano de expresión de todas as Irmandades, dirixida por Antón Villar Ponte. En 1922 encárgase da súa dirección Víctor Casas, e a partir da fundación do Partido Galeguista(1932), do que pasará a ser súa principal canle de comunicación ata a interrupción forzosa da emisión en xullo de 1936, Víctor Casas, Iglesias Alvariño e Suárez Picallo ocupan a dirección. Nembargantes a guerra civil non foi quen de parar a andaina desta publicación, que seguiu viva no exilio durante case trinta anos.

Literatura y Nacionalismo Galego
Literatura y Nacionalismo Galego

Os homes de nós

En 1917, intégranse nas Irmandades un grupo de intelectuais ourensáns, Vicente Risco, Otero Pedraio, Florentino López Cuevillas e Arturo Noguerol. Publicaban La Centuria, en castelán, eran elitistas e alleos completamente á lingua e cultura galegas, feito que resulta paradoxo. O responsable do seu ingreso nas Irmandades foi Losada Diéguez (catedrático de Filsofía en Ourense). Risco, por exemplo, afirmara desde La Centuria: “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. Mais a partires do seu ingreso nas Irmandades, o seu ascenso no nacionalismo galego foi abraiante, en 1920 funda e dirixe en Ourense a revista Nós.

Literatura y Nacionalismo Galego
Literatura y Nacionalismo Galego

Literatura y Nacionalismo Galego

Fig. 1: Vicente Risco

Fig. 2 : Otero Pedrayo

Chega o Nacionalismo

Os días 17 e 18 de novembro de 1918, celébrase en Lugo a I Asemblea Nacionalista. Os obxectivos acordados nesta xuntanza, recóllense nun Manifesto dirixido ó pobo galego, no que definen unhas pautas políticas que seguirá o nacionalismo ata os anos trinta.

“Tendo Galicia todal-as características esenciais da nazonalidade, nós nomeámonos, de oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe rexionalismo non recolle todal-as nosas aspiraciós nin encerra a intensidade dos nosos problemas.”

Nesta declaración previa pretenden oporse ó “regionalismo sano y bien entendido”, termo utilizado por grupos que na práctica eran delegacións dos partidos españois.

As conclusións desta primeira asemblea resúmese en catro puntos característicos:

  • A reivindicación dunha Autonomía Integral para Galicia e o ingreso dela e doutras nacionalidades ibéricas na Liga das Nacións. Para levar a cabo a Autonomía Integral, compría un Parlamento Galego, elexido por sufraxio universal e que sería o encargado de exercer o poder lexislativo. O Parlamento nomearía a unha Xunta gobernadora, composta por un Presidente e 6 Secretarios. Os Tribunais de Xustiza de Galicia exercerían o poder xudicial.

  • No plano social e xurídico piden unha serie de medidas que melloren as condicións laborais do campesiñado, a igualdade de dereitos para a muller, o restablecemento do Dereito foral galego e uns tribunais de xustiza propios con decisión plena.

  • Con respecto á economía, preocúpanse polas comunicacións(o ferrocarril), a emigración, o problema dos aranceis e da producción agropecuaria e forestal.

  • Por último, esixen a cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán, plenas competencias en materia de ensino e declaran a “soberanía estética da nazón galega” en tódalas artes.

  • Nesta xuntanza, as Irmandades non se decantan por unha corrente política concreta, probablemente para para garantir o entendemento interno, mais de forma indirecta deixaban entrever a súa predilección pola república, única forma de estado que permitiría unha futura federación con Portugal que eles postulaban. Nembargantes foi imposible manterse á marxe de tendencias políticas, e o abstencionismo electoral sería causa permanente de enfrontamentos entre os partidarios de participar nas eleccións e os que preferían a abstención. Nas eleccións xerais de febreiro de 1918, as Irmandades apoiaron a algún candidato rexionalista ou en calidade de agrarios, cuns resultados moi negativos. Este feito, unido ó ascenso do grupo ourensán, quenes propugnaban o abstencionismo, provocou posicionamentos enfrontados nas Irmandades.

    As Irmandades publican un manifesto (A Nosa Terra, 25 de maio de 1919) no que aparecen por vez primeira as siglas dun Partido Nazonalista Galego, presentándoo como unha especie de rama política das Irmandades. Pero unha vez máis, os feitos son sorprendentes, e neste manifesto deféndese a recomendación do Directorio das Irmandades de non ir á loita, ante as eleccións xerais convocadas para o mes de xuño.

    Unha vez pasadas as eleccións, e tras un novo fracaso, A Nosa Terra publica: “...inda que o Partido Nazonalista Galego abstívose de loitare, aconsellou ós seus afiliados que apoiaren onde poidesen a aqueles candidatos que contribuiran a esnaquizar as vellas e noxentas organizacións caciquís”.

    Pero a Irmandade da Coruña, quedou insatisfeita cos resultados do abstencionismo, e en setembro, ante a convocatoria de eleccións municipais, fai pública en A Nosa Terra a súa intención de participar activamente nelas. Esta declaración fai que se convoque a II Asemblea Nacionalista (Santiago, 7, 8 e 9 de novembro), e aínda que parece ser que este asunto creou enfrontamentos e polémica, non se chegou a ningunha conclusión, polo que a irmandade coruñesa seguiu adiante coa súa campaña. Os resultados positivos anímaos a reafirmarse na súa postura, posto que Lois Peña Novo acadou unha concellería e Antón Villar Ponte consegue resultados moi alentadores.

    Polo tanto continuou o enfrontamento entre os dous sectores.Na III Asemblea Nacionalista, que tivo lugar en Vigo entre o 16 e o 18 de abril de 1921, o asunto da participación electoral volve a figurar na orde do día, pero desta vez chégase á conclusión de participar nas eleccións, pero o Directorio resérvase o dereito de decidir cando se intervirá. Estas restriccións do Directorio, provocan a aparición dun Consello Permanente que concentra os poderes da dirección e no que a maior influencia virá de Risco. Estaba composto por Antón Villar Ponte, Manuel Banet Fontenla, o Conselleiro 1º da irmandade coruñesa e o mesmo Risco, quen soubo gañarse a Villar Ponte e Banet, controlando así o Consello.

    Dous meses despois, non se presentan ás eleccións a Deputados provinciais, aínda que deixan entreaberta a posibilidade de participar noutros procesos electorais, como nas xerais ou as dos concellos. Este feito orixina as protestas dos partidarios da participación. A polémica trascende ó ideario irmandiño, polo que Villar Ponte vese na obriga de se posicionar de forma clara a favor do sector de Risco. No seu planteamento distingue dúas clases de galeguistas, uns a favor da participación e outros en contra. As súas verbas orixinaron un novo debate: o arredismo ou o separatismo. As páxinas de A Nosa Terra foron testemuña de acendidas polémicas. Os posicionamentos radicais fanse notar nas Irmandades, pero nunca chegarán a ter forma oficial.

    A mediados de outubro de 1921, A Nosa Terra ten que precisar que é o órgano do nacionalismo galego, e que só o que aparece sen rúbrica recolle as posicóns oficiais. Os traballos asinados eran meramente opinións dos seus lectores, xa que o boletín recollía todos os artigos que “non estando mal escritos”, recollesen ideas compatibles co ideario, incluidas as opinións que se mostrasen en contra dos preceptos das Asembleas anuais do Partido. Esto ocasionou que o grupo coruñés, que na práctica controlaba o boletín, forzase a demisión de Villar Ponte en xaneiro de 1922. Comeza a escisión das Irmandades da Fala.

    A escisión das Irmandades

    O Consello acorda a celebración da IV Asemblea para os días 18,19 e 20 de febreiro en Monforte de Lemos para tratar os seguintes puntos:

  • Plan de organización definitivo das Irmandades da Fala e do Partido Nacionalista Galego.

  • Plan completo de propaganda nacionalista.

  • Plan de estudos a realizar polas Irmandades.

  • Risco xa se encargara de asegurarse a maioría da Asemblea, e establecera un ríxido regulamento, no que todas as Irmandades terían o mesmo número de representantes(tres votos), independentemente do número de afiliados e presentes na xuntanza. A Irmandade da Coruña protesta, pero asiste á Asemblea.

    En Monforte, acórdase a sustitución das Irmandades por un organismo único, ING (Irmandade Nacionalista Galega), con delegacóns naqueles lugares onde existira Irmandade da Fala.

    Agora o control pasa a estar centralizado nun Conselleiro Supremo ou Xefe elixido pola asemblea, que concentra todos os poderes e que ten o dereito de nomear a dedo ó resto da dirección. No tocante á política houbo un amplo debate, que concluíu que non se tomaría parte activa, nin se apoiaría a ningñun partido. A ING supón o triunfo de Risco e as súas ideas, xa que ademais sae elixido Xefe. A Irmandade da Coruña non acepta os acordos por non os consideraren democráticos, e manten o seu nome e organización á marxe da ING. O nacionalismo non soubo arreglar os problemas internos, un movemento que xa de por si era minoritario.

    A Nosa Terra informou de forma obxectiva do acontecido na asemblea de Monforte no número do 1 de marzal, de forma bastante moderada. Fai consideracións positivas en canto a que considera os problemas xurdidos coma unha simple mostra do vivo que está o nacionalismo.

    Aínda recentes os enfrontamentos da Asemblea, A Nosa Terra publicaba na súa portada do 1 de abril o sonado debuxo de Castelao, que na seguinte páxina reproduzo. O debuxo ten un pé, utilizadísimo nos anos posteriores e aínda nos nosos días, que se refire claramente ó Nacionalismo e tentaba unha reconciliación que non se produciría:


    Literatura y Nacionalismo Galego
    Literatura y Nacionalismo Galego

    Foi nas bases onde os efectos negativos da escisión calaron máis fondo. Ó principio, os militantes dubidan e tardan en posicionarse, mais finalmente a maioría das Irmandades xa existentes intégranse na ING.

    Unicamente a Irmandade da Coruña, e algunha outra como a de Vilalba, se manteñen independentes da ING. Esta escisión do nacionalismo galego manterase ata a constitución en decembro de 1931 do Partido Galleguista. A militancia da Irmandade da Coruña era superior en número a todas as delegacións da ING xuntas, e seguía controlando o boletín A Nosa Terra. Pola súa parte, Risco pasa a controlar Rexurdimento, un boletín quicenal que publicaba a Irmandade de Betanzos, cando esta se integra na ING.

    A ING celebra unha V Asemblea na Coruña, os días 18 e 19 de marzal de 1923. Acórdase crear unha Confederación do Traballo Galego, acercándose así a un sindicalismo galego do que as Irmandades sempre se alonxaran. Fanse cargo da confederación Ramón Villar Ponte, Quintanilla e Calviño. Os dous primeiros mantiñan posicións ideolóxicas cercanas ás de Víctor Casas e Viqueira, da Irmandade da Coruña.

    Os coruñeses, pola súa parte, continúan coa súa actividade política á marxe da ING.O 25 de xullo de 1923, convoca unha Asemblea de Mocedades Nazonalistas Ibéricas (para a xuventude nacionalista de España e Portugal), co fin de tomarlle a dianteira á ING.

    Neste momentos os dous sectores do nacionalismo intentan atraer a Basilio Álvarez e á forza agraria que representaba. Mais a súa relación coa ING era máis sólida, xa que ata o mesmo Risco colaboraba no seu xornal agrario La Zarpa.

    As Irmandades na Dictadura de Primo de Rivera

    Ó principio, os nacionalistas galegos miran esperanzados o golpe de Estado de Primo de Rivera. Pensan que se vai proceder a unha descentralización administrativa e á fin do caciquismo. Sorprendentemente, a ING toma perta activa nas eleccións municipais e provinciais. Antón Villar Ponte, Vicente Risco e Losada Diéguez consiguen postos, aínda que de seguido dimiten, ó decatarse de que aquelo non era nada productivo para Galicia.

    A continuación a dictadura comeza unha represión de tódolos nacionalismos. A partir de abril, A Nosa Terra expón en grandes letras: “Este número foi sometido á censura militar”. Nembargantes, a censura posibilitou a reconciliación entre a ING e a Irmandade da Fala da Coruña, xa que o nacionalismo quedaba agora reducido, á forza, a un plano cultural.

    Ante a II República

    En setembro de 1929, pouco antes da caída de Primo de Rivera, na Coruña, Antón Villar Ponte, quen se reintegrou na Irmandade da Coruña, é o responsable dos primeiros movementos políticos. Quere fundar a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), que os nacionalistas dirixirían, pero non se presentarían publicamente como tales. Pero había outros nacionalistas que non estaban dacordo en participar de forma pasiva na política, o que provocou a convocatoria da VI Asemblea Nacionalista o día 27 de abril na Coruña. Mais esta asemblea, no canto de unificar ás dúas forzas, o que fixo foi desbotar ás Irmandades, no chamado Pacto de Lestrove.

    Desde o verano de 1930, a República víase cada vez máis cercana. Neste clima, constitúese unha unión no galeguismo que abrangue as provincias de Ourense e Pontevedra, nas que Otero Pedraio, Cuevillas, Paz Andrade, Castelao, etc. desenvolven uns intensos mitins. A propaganda foi un éxito entre a poboación, e animados, os nacionalistas firman un pacto cos republicanos, o Compromiso de Barrantes, no que establecían obxectivos comúns.

    En xaneiro de 1931, Risco publicamente dá o seu visto bo publicamente ó Compromiso de Barrantes, e, polo tanto, autoriza a participación activa nas eleccións en coalición cos republicanos, co primordial obxectivo de que o nacionalismo avance.

    Nas eleccións ás Cortes en xuño, Otero Pedraio e Castelao saen deputados. Pero se fracasa no proxecto de estructura federal republicana, e ademais os republicanos compórtanse dunha maneira un tanto centralista, feitos que propician que a unión perdida en 1922, se recupere en decembro de 1931 en Pontevedra, coa fundación do Partido Galleguista, o que supón, de xeito xa definitivo, a desaparición das Irmandades da Fala.

    A reivindicación lingüística

    Francisco Fernández del Riego, prologuista de Villar Ponte, di que os membros das Irmandades da Fala:.. "Atribúenlle á fala unha consideración de instrumento de loita, de arma imprescindibel pra o conquerimento dunha autonomía espritoal e política e dunha cultura xurdialmente autóctona". Vicente Risco na súa Teoría do Nacionalismo Galego di: "Si hoxe Galiza ten como pobo -non coma grea de homes multitudinar e sen concencia como os fatos de ovellas- un porvir dediante e unha misión histórica, e somentes por ter unha fala de seu". Según eles a importancia da educación en galego atendía a tres razóns:

  • A lingua é parte da alma colectiva dun pobo.

  • O galego era falado, entón, polas cinco sextas partes da poboación.

  • Pola súa semellanza co portugués servía de instrumento da comunicación internacional que conviña conservar e cultivar.

  • As Irmandades potenciaron a actividade editorial, feito reflectido nas páxinas de A Nosa Terra, un suplemento cultural do xornal El Noroeste, a fundación das editorias Céltiga, Lar e Nós. Fúndase o Conservatorio Nacional da Arte Galega, para prodigar as representacións teatrais na nosa lingua, aumentaron as colaboracións en galego nos xornais e os discursos en actos públicos. Cultívase o ensaio (Viqueira, Villar Ponte, Otero Pedraio, Castelao e Risco).

    Cómpre salientar que en 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos, unha institución científica amparada pola Universidade de Santiago, formada por universitarios que investigaban e interpretaban a realidade galega (etnogarfía, historia e xeografía, literatura, etc. Publicaron normas ortográficas e recolleron material para a confeción dun diccionario.

    A influencia portuguesa, a través de leis fonéticas e fonolóxicas, gramaticais, semánticas e lexicográficas, tivo nesta época gran relevancia para os integrantes das Irmandades, pois chegaron a plantearse a unificación de ambas linguas. Risco foi o encargado de dita tarea. Nos Estatutos de Os Amigos da Fala Galega (nome do primer grupo coruñés, organizado por Villar Ponte) datados na Coruña o 18 de maio de 1918, ponse de manifesto esta inquedanza. A revista A Nosa Terra foi fundada como 'Idearium da Irmandade da Fala en Galicia e nas colonias d'América e Portugal'.

    Na actualidade o galego é unha lingua cooficial que conta cunha Real Academia, polo que se encontran xa nunha situación de normativización, aínda que non de normalización. Debo apuntar que o galego é unha lingua independente do portugués, pese a que todavía existe un movemento lusista, que pretende a unificación dos dous idiomas e territorios. A súa hipotética capital atoparíase na cidade de Oporto.

    Literatura y Nacionalismo Galego
    Bibliografía