Latín


Literatura latina


Literatura latina.

Preliterario.

Os testemuños preliterarios latinos que máis se coñecen son 7 documentos, textos epigráficos gravados en materiais duradeiros.

En primeiro lugar, o chamado Cipo do Foro, en escritura bustofédrica. Esta inscrición refírese a un sacro lugar de rito purificador.

Como segundo referente atópase o Vaso de Duenos atopado en 1880 por uns arqueólogos na Colina do Quirinal e está datado arredor da primeira metade do século VI a.C.

Outro destes testemuños é o Lapis Satricanus, que é un bloque que data aproximadamente do último decenio do século VI a.C., o texto é un ofrecemento votivo ao deus Marte por parte dos amigos de Publio Valerio.

Esta referido á gens Valería, unha importante familia da época republicana, outras teorías apuntan a Publio Valerio Popliola, cónsul da gens Valería no último decenio do s. VI a.C.

A Base de Tivoli e unha inscrición na base dunha pedra. É unha dedicatoria de Gaio a unha deidade por un fillo.

A Copa Fragmentaria atópase no Antiquarium Comunale de Roma, o mentei que se atopa na copa pode referirse quizais a Carmentei, deusa Carmenta, ninfa con poderes de adiviñación asociada a un antigo rei chamado Evandro.

En sexto lugar, atópase a Cista Ficoroni, atopada en Preneste, preto de Roma, no ano 1738, que é un contedor de bronce de forma cilíndrica cunha tapa con 3 figuras que representa a Dioniso e os sátiros. No cilindro hai unha escena do mito dos Argonautas. A inscrición na base data da metade do século IV a.C.

Como último lugar atopábase a Fíbula de Preneste, que era un texto que se databa no século VII a.C, ata que se soubo que era unha falsificación de finais do século XVIII polo anticuario romano Marinetti, baixo as indicacións do arqueólogo Wolfang Helbig.

Destacan tamén de outro tipo de testemuños preliterarios a lei das doce táboas (recompilación das normas xurídicas romanas por escrito) que se data arredor do 450 a.C. Na literatura latina arcaica terá moita importancia unha serie de elementos literarios, orais, transmitidos de xeración en xeración, de importantes actividades culturais da antiga Roma, como o dereito, pero tamén, no ámbito relixioso, cantos de purificación, ... Conservamos o testemuño dunha antiga oración romana arcaica gracias ao testemuño dunha antiga oración romana arcaica gracias ao testemuño do libro De Agricultura escrito por Marcio Porcio Catón, “O Censor” (234-149 a.C.). Inclúese unha oración de purificación do campo dedicada ao deus Marte, coñecida co nome técnico de Lustratio. Dentro do Carmen (cantos) tamén entran as Elogia (alabanzas fúnebres) e tamén os chamada Carmina con vivalia. Van a deixar pegada nas manifestacións plenamente literarias.

Os inicios da literatura latina.

A épica

Ao mesmo tempo que Roma se expandía no Mediterráneo Occidental no século III a.C. deuse a elaboración en Roma dunha cultura que reforzara a Roma como conquistadora de territorios, sobre todo dende as clases dirixentes, é dicir, cando Roma conquista a meirande parte dos territorios do Mediterráneo Occidental na Segunda Guerra Púnica, buscase crear unha identidade nacional.

Livio Andrónico (Tarento, colonia de Grecia) capturado e levado a Roma como escravo foi convertido en escravo da Gens Libia, que o tivo como mestre dos seus fillos. Concédelle a liberdade, máis como mestre escribiu unha obra mestra, a traducción latina de A Odisea.

Livio Andrónico compuxo outras obras perdidas, como por exemplo dramas e segundo este un himno expiatorio á deusa Xuno, durante a Segunda Guerra Púnica nun momento de crise militar.

A actividade literaria de Livio Andrónico como poeta épico e dramático non pode separarse da súa actividade como traductor, dado que un dos seus obxectivos profesionais era familiarizar aos fillos da clase superior romana co patrimonio grego, e o fai a través da traducción, unha operación que dota ao latín duns contidos e unhas formas moito máis complexas e elaboradas, entre outras cousas.

Conservamos uns poucos versos da súa traducción de A Odisea chamada Odussia. En todo caso, ten unha importante forma de traducir.

A súa traducción baseábase nun proceso de transposición e adaptación, de romanización de contidos e da latinización no plano lingüístico.

A Odisea foi elixida pola familiarización que tiña esta con certas características de Roma e os habitantes. O propio personaxe de Ulises posúe as características dun varón romano, paciente, temperado, sabio, desexoso de impoñer orde na súa casa que é o modelo do Mos Maiorum (modelo dos antepasados), polo tanto Ulises era o referente deste ideal. Conservamos arredor duns 30 fragmentos breves de A Odussia, moi breves, na súa maioría citados por outros autores, polo tanto non ser pode coñecer o modo de traducir de Livio Andrónico.

O verso que este autor usa é o verso Saturnio, verso complexo, baseado en tonos, versos acentuados, ... fronte ao hexámetro grego.

Homero chama á musa, mentres que o traductor romano alude a Camena (deidade itálica, ninfa dos bosques). O Saturnio era o antigo verso itálico da literatura épica relixiosa.

Livio Andrónico escribiu nove traxedias, como por exemplo Equos troianus, Andromeda, Danae, Aiax.

Livio Andrónico subliñaba o elemento patético nestes dramas fai unha revisión libre dos modelos gregos nos que se basea operando con relativa orixinalidade, subliñando as partes líricas e tamén acentuando o ððððσð

Gneo Nevio ao igual que Livio Andrónico cultivou a épica e mailo teatro, en clave de comedia e de traxedia. Gneo Nevio era un cidadán romano de orixes humildes, o seu nacemento datase arredor do 275 a.C. en Capua, dado o seu arraigamento humilde dedicouse a servir a familias nobiliarias, cliente da familia dos Escipións, que o levan a un enfrontamento cos Metelos, e estas loitas estarán presentes nas súas obras.

Escribe no ano 206 a.C. cando Quinto Cecilio Metelo era cónsul e Marco Cecilio Metelo era pretor, escribe o seguinte:

“Fato Metelli Romae fiunt cónsules”

  • Os Metelos para destino de Roma son cónsules.

  • Para ruína de Roma os Metelos son cónsules.

Os Metelos contestaron así:

“Malum dabunt Metelli Naevio poetae”

  • Os Metelos darán unha mazá ao poeta Nevio.

  • Os Metelos darán un mal ao poeta Nevio.

Gneo Nevoi foi encarcerado e desterrado a Utica (cidade do Norte de África)

Consérvanse 30 títulos de comedia e aproximadamente uns 100 versos.

Nevio ao igual que Andrónico inspirouse en orixes gregas que traducían adaptando a escena romana continuando unha tradición moi productiva no ámbito da comedia latina.

Obras : Colax, Carbonaria, Tarentilla

A maioría dos orixinais gregos que adapta Nevio pertencen á comedia alexandrina. Nevio tamén foi autor de comedias inspiradas en orixinais gregos. Algúns títulos coinciden cos de Andrónico co que podemos supoñer que había determinadas temáticas de agrado do público, en concreto: A troiana, A Perseida, Danae, Equos troianus, Lucurgus (adaptación de Esquilo).

No ano 186 a.C. o senado romano e en concreto Catón, quixo votar ao senatus consultum De Bacchanalibus, prohibindo baixo pena de morte as bacanais.

A gran obra de Nevio é un poema épico, o Bellum Poenicum, Nevio configurou un poema épico tradicional onde as orixes de Roma se fundira coa historia recente de Roma, que vai mesturar o mito das orixes de Roma co tratamento das guerras púnicas, será unha aportación moi importante ao xénero épico romano.

Esta idea dun poema épico onde se mesturase mito e narración de historia recente estaba desenvolto dende estructuras literarias similares ás que se cultivaron na literatura helenística, como por exemplo, As argonaúticas de Apolonio de Rodas ou A Guerra de Esparta de Ríano no século III a.C.

Nevio escribiu esta obra en Saturnios co cal estaba enlazando directamente con Livio Andrónico e vinculábase así a unha literatura oral tradicional, e fusionándose completamente coa romanidade. Só se conservan fragmentos deste poema, máis sábese que trataba o mito de Eneas e desenvolvía de modo particular a estancia de Eneas en Cartago e os seus amores con Dido.

Hai polo tanto paralelismo entre a enemistade de Eneas con Cartago e a posterior Primeira Guerra Púnica que desenvolve o poema de Nevio. Virxilio tamén recolle estes froitos, os 200 anos que separan a Nevio de Virxilio, son os 200 anos que separan á Roma loitadora da Roma decadente.

Virxilio chega un paso máis lonxe, Virxilio fala dende unha órbita de aniquilación, xa que Dido, personalizada por Virxilio como a Cartago aniquilada, xa que a súa maldición acaba co seu propio pobo e leva á o que queda patente na Eneida, a Roma dona do mundo.

Nevio comeza a desenrolar un simbolismo que adquire unha carga multisignificativa, complexa, ... na obra de Virxilio.

A diferencia de Livio Andrónico, percibimos en Nevio, unha concepción da épica como forma de expresión da conciencia e das tradicións dun pobo. Se xa con Andrónico e co propio Nevio se demostraba que era posible apropiarse de modelos desenvoltos no contexto cultural grego en virtude da súa universalidade, conceptos formais como o propio subxénero do poema épico-histórico, iso se fai dentro da necesidade consciente de elaborar un código épico (en tódolos niveis) de valores nos que o pobo romano podía recoñecer a súa identidade cultural e simbólica.

A fortuna da obra de Nevio foi desigual. O seu teatro foi prontamente esquecido, a súa épica tamén, pero contou como importante precedente para grandes poemas posteriores como os de Ennio e Virxilio.

Quinto Ennio nade en Rudiae, unha rexión entre Brindisi e Tarento, no ano 239 a.C. Morreu en Roma cargado de honras e recoñecementos no 169 a.C. Ennio chegou a Roma gracias ao empeño de Marco Porcio Catón (204 a.C.) cando regresando de África onde desempeñara o cargo de questor militar, Ennio estaba por aquel entón en Cerdeña, a onde chegou Catón e atopouse con este que facía o servicio militar.

En Roma, Ennio pronto entrou na órbita de círculos nobres e políticos contrarios a Catón. Ennio era trilingüe (latín, grego e osco). Ennio cultivou o teatro e o poema épico. A producción teatral de Ennio foi extremadamente rica, entre o que compre destacar a comedia romana Caupuncula e a obra de teatro Sabina.

No caso de Ennio ao igual que noutros autores temos moitos escritos nos que se nos narran situacións da Guerra de Troia (Achilles, Aiax, Alexander, Andromacha aechmalotis, Hecuba, Iphigenia, Emenides, Thyestes, Media).

Outros xéneros comezan a desenvolverse na época arcaica da República (509-31 a.C.), así a oratoria. O primeiro discurso do que temos constancia foi pronunciado polo cónsul Apio Claudio “O Cego”, sabemos dun importante discurso deste cónsul, no momento en que Roma loitaba en guerra contra Pirro, rei de Epiro. Ningunha das obras de Apio Claudio quedaron conservadas, pero sabemos que tivo moita fama e excedeu o seu caracter de orador e escribiu as Setentiae en versos Saturnios, desta obra consérvanse algúns fragmentos. Existen unha multitude de xéneros que comezan a súa andaina na República, como importante persoeiro destes xéneros compre destacar ao mesmo Apio.

Outro orador importante foi Marco Porcio Catón “O Censor”, Catón é unha das figuras máis importantes da República arcaica Romana, tanto a niveis culturais como literarios. Este autor vai mesturar os dous aspectos que cobraran relativa importancia na República, o de Hommo Publicus e o de Hommo literatus. Catón escribiu oratoria que apenas conservamos, pero si conservamos algunha máxima (frase) para os discursos á hora de ser levados a cabo.

“Rem tene, verba sequuntur” - Domina o tema, as palabras seguen (de por si)

Carón tamén escribiu Sententiae (aforismos) que si se conservan, algúns foron moi importantes no Imperio tardío e na Idade Media, englobados na obra Disticha Catonis, dada a característica deste tipo de obras non só temos un corpo de sentencias de Catón, senón que hai como un conglomerado de novas máximas que se foron engadindo posteriormente. Durante a Idade Media foi o libro básico para aprender latín. Catón ten máis influencia como historiador.

A Historiografía na República

A Catón precedérono os chamados analistas, os primeiros analistas escribiron Historia de Roma en grego, como o caso de Quinto Fabio e Cincio Alimento entre outros.

Dende o século XIX había filósofos como Niebuhr, que postulaban que unha posible razón pola que escribían en grego era como vehículo propagandístico. Outra hipótese desenvolta por Bardón, era que escribían en grego porque era a lingua referencial da Historiografía.

Catón romperá co uso do grego na Historiografía e tamén coa concepción da Historiografía que naquela época había en Roma.

A nova concepción será unha concepción que abarque á colectividade do populi romano, no só a os xenerais, o pobo pasa a selo personaxe, non o xefe do exército.

A protagonista da Historia é a propia Italia, de aí que se nos fale da Historia dos pobos de Italia dende os comezos. De aí sae o seu nome: Origines.

Outro xénero que cobra importancia nesta época é o xénero das sátiras, que tomaron como xénero enxebre, autóctono, como nos mostra Quintiliano na máxima:

“Satura tota nostra est” - A Sátira é toda nosa

O autor máis importante destas sátiras é Ennio, aínda que tamén destaca Lucilio, chamado tamén “O pi da sátira”(En sentido pleno).

Lucilio formou parte do círculo literario de Escipión Emiliano.

A sátira é importante polo caracter adoptativo que a literatura romana lle daba. As capacidades romanas expresábanse en determinados xéneros. É un xénero misceláneo en tódolos sentidos, xa que se pode mesturar prosa e verso, e tamén calquera tipo de temática. A medida que pasa o tempo a sátira orientase cara uns caracteres determinados (crítica moralista das costumes). Gaio Lucilio é outro dos importantes escritores de sátiras, este vai deixar o Saturnio e vai pasar a escribir en hexámetros, tamén destaca a linguaxe coloquial.




Descargar
Enviado por:Queixumes Dos Pinos
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar