publicidad

Literatura galega contemporánea

Obras. Características. Autores. Movementos de vangarda. Poesía. Novela. Teatro. Ensayo. Século XX. Xeración Nós. Noriega Varela. Ramón Cabanillas. Literatura galega no exilio. Narrativa de posguerra



publicidad
opciones del documento


1.Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Obras representativas e características da súa escrita.

Noriega Varela

Nace en 1969 en Mondoñedo, é o máis vello dos poetas da xeración que M. Ferrín chama “ Antre dous séculos” . É un fácil versificador, comezou a ser recoñecido despois de gañar un famoso certame poético en Mondoñedo. Autor dunha única obra que foi ampliando ó longo da súa vida “Montañesas” que a partir da terceira edición para a chamarse “Do ermo”, que indica un cambio de tendencia na súa obra.Apoia a loita agraria e únese ó grupo NÓS.

    • ruralismo costumista: destaca pola riqueza da súa lingua, a descrición de paisaxes, e a métrica popular.

    • Lirismo da natureza: poesía paisaxística mais refinada e culta,sinte aprecio polo humilde e influenciase de poetas portugueses.

Cabanillas

Nace en Cambados en 1876, marcha con 30 anos á Habana, é coñecido como

“O poeta da raza” porque recolle a inquedanza de Rosalía,o celtismo de Pondal, e a protesta de Curros, aparte de introducir elementos innovadores.

    • etapa pregaleguista: “ No desterro” “ Vento mareiro”, de carácter intimista que mostran solidariedade polos labregos(Foros). Algúns poemas “Acción galega” chegan a ser símbolos populares.

    • etapa galeguista: “ Da terra asoballada” reivindica a liberdade de Galicia fronte a Castela.

    • etapa mítica: “ Na noite estrelecida” está formada por tres partes e narran as historias do Rei Arturo e o Santo Graal, pero galeguizándoos..(nun mosteiro de Ourense), escribe teatro contemporáneo “A man santiña” e verso histórico “O mariscal”

    • etapa de posguerra: “Samos” libro cheo de desengano e morriña.

2.Os movementos de vangarda. Características.Autores e obras.

Escritores nados a redor de 1900, renovación, introducen vangardas europeas. Promoven a creación do Seminario de Estudios Galegos, algúns deles morren novos e outros quedan marcados polo drama da guerra civil. Destacan principalmente na poesía.

-Nacen importantes revistas coma: Alfar, Ronsel, Resol,Papel de Cor... etc.

Poesía:

-Neotrobadorismo: Tradición medieval, cantigas de amigo ,de amor, empregan recursos coma o leixaprén e paralelismos.

- Álvarez Blázquez “Cancioneiro de Monfero” ( fai crer que é antigo)

- Bouza Brey “Nao Senlleira”(20 poemas neotrobadorescos)

- Cunqueiro:“Cantiga nova que se chama riveira”novo vs tradicional.Amancio Prada.

-Hilozoísmo : continúan a tradición paisaxística, imaxes vangardistas baixo unha forma tradicional aberta ós sentidos. Os obxectos humanízanse.

- Amado Carballo: morre moi novo con 26 anos “Proel” “O Galo” (póstumo).

-Surrealismo: busca a liberdade interior humana.

- Cunqueiro: “Poemas do si e do non” de tema amoroso, recolle elementos típicos de todas as vangardas, pero non hai automatismo nin dramatismo propios das demais.

-Creacionismo: o poeta crea unha realidade autónoma(Deus).

- Manuel Antonio: manifesto “Máis alá” (ós vellos de fai séculos) “Sempre e máis despois” “ De catro a catro”(caderno de bitácora) paisaxe mariña, técnico-natural

Prosa:

Dieste: “Dos arquivos do trasno” psicoloxía galega, maxia en perspectiva realista.

3.A xeración NÓS. Características autores e obras.

1920, Ourense sae o primeiro número da revista NÓS (Risco,Cuevillas,Pedrayo,Castelao)

Esta revista estendese a toda Galicia, vese interrompida pola guerra civil. É de tipo cultural, nela fálase de etnografía, arqueoloxía,historia e literatura.

Todos estes autores son moi cultos, políglotas, europeizadores. Participan activamente no Seminario de Estudios Galegos, Irmandades da Fala,Partido Galeguista...

Risco: Nace en 1884 en Ourense,no seo dunha familia acomodada comeza a súa formación coas lecturas vangardistas europeas, funda a revista “La Centuria”.

As súas obras máis importantes son:

    • “Teoría no Nacionalismo Galego”(ideario das Irmandades da Fala)

    • “Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros” (mundo de ultratumba)

    • “O Porco de Pé” ( Sátira de Don Celidonio)

    • O bufón d´el rei (teatro)

Pedrayo: Ourense, no seo dunha familia liberal,estudia filosofía e letras.

    • “Os camiños da vida” decadencia da fidalguía

    • “Arredor de si” un mozo en busca da súa identidade.

    • “O fidalgo” unha das mellores mostras de narrativa breve.

    • “Teatro de máscaras”

Cuevillas: Ourese, cursa farmacia pero non chega a exercer.

    • “Prosas galegas” homenaxes a escritores e estudiosos galegos.

Castelao: Rianxo, de familia mariñeira, ten facetas de político participa nas Irmandades da Fala a constitución e Partido Galeguista, deputado nas cortes e loitador polo Estatuto.

Como artista gráfico é moi coñecido ten unha gran sensibilidade, conta tamén cunha ampla obra ensaística : - “ As cruces de pedra na Galiza” “Sempre en Galiza”

Como narrador:

- “Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete”(ultratumba)

    • “Cousas” 45 relatos de humor e denuncia.

    • “Os dous de sempre”dosu tipos de ser humano fundamentais.

    • “Retrincos”momentos autobiográficos.

Como dramaturgo: - “ Os vellos non deben de namorarse” (3 actos, tópico universal)

4.A literatura galega no exilio.Autores e obras.

En Galicia, a nosa lingua foi retornada á categoría de dialecto (castelán mal falado)

  • aldeanismo, (atraso) América latina como refuxio para os exiliado, evitan que a cultura se apague ( 18 libros en galego de 1940 a 1944) Buenos Aires, capital da cultura galega ,(revistas ( céltiga, Galicia), programas de radio, conferencias).

  • Autores:

    • Castelao: “sempre en Galicia” “ os vellos non deben de namorarse”

    • Dieste: anterior ó exilio, “ Dos arquivos do trasno”

    • Blanco Amor: “ A Esmorga”

Narrativa:

Silvio Santiago: “ Vilardebós”

Ramón de Valenzuela: “ Non agardei por ninguén” “O naranxo”

Antón Alonso Ríos: “Da saudade: amore arte e misticismo” “Nidia”

Poesía:

Luís Seoane: “Fardel de eisiliado” “Na brétema” “ Sant-Iago” “As cicatrices”

( pretende devolver a conciencia da historia colectiva da patria esquecida)

Teatro: “ A Soldadeira” “ o irlandés astrólogo”

Lorenzo Varela: “Catro poemas para catro gravados” (épica)

“Lonxe”(guerra civil e consecuencias)

Emilio Pita: “Jacobusland” “ Serán”

Florencio Delgado Gurriarán: (neorromántico)

Ramón Rey Baltar: “A gaita ó falare: lembranzas e maldicións”

Ernesto Guerra da Cal: “ Seis poemas galegos”

Características: En xeral son escritores antifranquistas, que lembran a súa terra, defenden os dereitos dos galegos exiliados, e critican duramente ó réxime e a guerra.

6. Tendencias da narrativa galega de posguerra.Autores e obras.

A guerra civil creba na literatura, a producción Bos Aires.

1950(A xente da barreira) comezase a publicar (Fole, Cunqueiro,Amor) liñas diversas.

-Anxel Fole: “ A Lus do Candil”contos relacionados entre si ,estructura sinxela e encadramento

“ Terra brava” descrición da paisaxe do pais ,temática misteriosa, tradición oral.

-Cunqueiro: “ Merlín e familia” explora a materia de Bretaña, Merlín resolve problemas

“ As crónicas do Sochantre” peripecias dun músico, cambio de narrador.

“ Se o vello Simbad volvese ás illas” , Simbad retirado máis paisaxe de Galicia.

-Blanco Amor: “ A esmorga” narra a realidade opresiva e triste cun gran realismo.

“ Xente de lonxe”explora diferentes técnicas narrativas na súa obra, forte pegada.

Finais de 1950 e 1960, Nova Narrativa Galega.

-Características: Punto de vista omnisciente, obxectivo-cámara,influenciados por Joyce, Kafka, Faulkner, innovacións técnicas coma o monólogo interior, varios narradores,tempo desfigurado, antiheroe amagado pola sociedade, o poder da historia, a angustia, impotencia, escenarios indefinidos ou exóticos,adaptación da psicoánalise, mundo dos soños.. Todos universitarios, inquietudes galeguistas,dominio de idiomas e viaxes.

Autores: - Gonzalo Mourullo: “Nasce unha árobre”

“ Memorias de Tains” vangardas narrativas

- Méndez Ferrín : “ Percival e outras historias”

“ O crepúsculo e as formigas” libros fantásticos.

- Xohana Torres: “ Vento ferido”

- Neira Vilas: “ Memorias dun neno labrego” de gran éxito, a súa producción(afastada dos da NNG) destaca en dúas grandes correntes que son: o tema de Galicia e a vida campesiña;A emigración dende a perspectiva dos derrotados, destaca pola linguaxe directa e estructura aparentemente sinxela que fan doada a lectura.

7.O teatro no século XX.Tendencias autores e obras.

Teatro anterior á guerra civil:

“Fonte de xuramento” Fco Mª Iglesia en 1882.

ambientación rural < Irmandades da Fala(Conservatorio Nacional da arte galega,Escola dramática galega Leandro Carré, (representan obras de Shakespire e Molière)) < gaña prestixio social.

Autores: Vilar Ponte: “O mariscal”

Cabanillas: “ A man santiña”

Dieste: (Unha visión nova do mundo) “A fiestra baldeira”

A xeración NÓS, non lle concede tanta importancia ó teatro pero aínda así o fai participar nas correntes europeas.

Autores: Risco: “O bufón d´El Rei”

Pedrayo: “A Lagarada” “Teatro de máscaras”

Castelao: “Os vellos non deben de namorarse”

Teatro na emigración e no exilio:

Feito polos inmigrantes(técnicas novas) sentimento, morriña, orgullo de ser galego.

Compañía Galega Maruxa Villanueva” (actores, Maruxa, Fernando Iglesias) representan obras de Varela Buxán: “A xustiza dun mariñeiro”, Castelao: “ Os vellos non...”

Teatro de posguerra:

40,50 censura obras folclóricas se ridiculiza ós galegos. Aínda así se escriben obras que non poderán ser representadas.

Autores: Franco Grande“Choído”Manuel Mª “Auto do taberneiro”Marinhas“A revolta”

Álvaro Cunqueiro: “O incerto do señor Lamlet”

Nos últimos anos destaca o grupo: Abrente, de Ernesto Chao, xorden grupos independentes, e autores como Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño. Destaca en 1984 a creación do Centro Dramático Galego.

8. Os modelos narrativos de finais do século XX. Características.Autores e obras.

Podemos diferencias dúas liñas temáticas claramente diferenciadas

    • de quiosco( policial, científica, oeste, erótica)> sen grandes pretensións

    • Autóctona ( Realista, histórica,feminina,intimista,GC,experimentalista)

Promocións:

de 1970 “Xeración de cambio” consolidan o proceso da NNG

Xosé Fernández Ferreiro. Explora liñas temáticas máis diverxentes

    • A morte de Frank González” primeira novela do oeste galega

Alfredo Conde.

    • “ Breixo” superpón a fantasía coa realidade, rompe a secuencia temporal.

    • “Sempre me matan” reflexión sobre a emigración.

Xavier Alcalá.

    • “ A nosa cinza” visión retrospectiva da infancia da súa xeración.

Destaca nesta época tamén a literatura galega en Latino América.

de 1980, deixa paso a unha xeración de novos escritores con gran éxito

Manuel Rivas.

    • “ Un millón de vacas” , relatos de ironía amable

    • “ O lapis do carpinteiro”

    • ¿ Que me queres,amor ?”

Suso de Toro

    • “ Polaroid” experimentalismo técnico, realismo feísta, rexistros coloquiais.

    • “ Ambulancia” xénero policial

Outros autores: Freixanes,Xohán Cabana, Cid Cabido “Panificadora”

de 1990

X.C Caneiro, dous premios mais importantes de Galicia “Ébora Pentaloxía , “ O infortunio da soidade”.. Ramón Caride “ Os ollos da noite” Marilar Aleixandre “ Teoría do caos”

9.Tendencias actuais da lírica, da narrativa,da dramática e da ensaística.

Lírica: 80: idade de ourorenovación, distanciamento poeta-sociedade, integración de elementos da cultura urbana e marxinal:drogas,depresión,influencia M.Antonio,preocupación formalista

Autores: XMA Cáccamo: “Praia das furnas”Manuel Vilanova“E direivos eu do mester de cobras

  • Carácter individualista de cada poeta, linguaxe directa,temas cotiáns,predominio de recitais,novas sensibilidades: ecoloxismo,feminismo..

Autores: Pilar Pallarés, Marica Campo,Iolanda Castaño e máis os autores dos 80.( en madurez)

Narrativa: Galego no ensino literatura xuvenil, novas editoriais(Ir Indo),exploración de novos temas, ten menos éxito do esperado pola influencia do ensaio, o xénero con maior difusión é o policial “ Crime en Compostela” destaca tamén a novela negra crítica social .

Continúa tamén a novela histórica Darío Xohan Cabana, que segue o tratamento de Cunqueiro.

Autores: Suso de Toro:“Polaroid,Tic-tac”Manuel Rivas“O lapis do carpinteiro” XC CaneiroÉbora”

Drama: É posiblemente o xénero que menor desenvolvemento acadou, como avances ,os grupos profesionalízanse,( Antroido, Troula) aparecen outros coma(Teatro do Morcego) a fundación do Centro Dramático Galego, proliferan revistas dedicadas ó teatro (Revista Galega de Teatro) , ábrense novas salas, liñas: Crítica( ironía), e Culta.

Autores: Candido Pazó, Anxo Mourado.

Ensaio: Ten acadado maior pulo, debido a : “ A trabe de Ouro” (revista),creación de colección nas editoriais e a galeguización da universidade.Desenvolvese diferentes temáticas:

-Economía: Carlos Mellas “ A Galicia posible”

-Historia: situación do galego ensaios sociolongüisticos; “ O galego e as leis” Pilar García Negro.

-Teolóxico: “ O misterio do lume” Chao Rego

-Etnográfico: “Cultura popular” Mariño Ferro

-Feminista: “ Recuperemos as mans” Mª Xosé Queizán,



El Rincón del Vago, en Salamanca desde 1998 - Condiciones de Uso - Contacto