Léxico galego

Lengua galega. Creación de palabras. Derivación. Composición. Acurtamento. Morfemas. Prefixos. Sufixación

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 59 páginas
publicidad

INTRODUCCIÓN

O léxico do galego está fundamentalmente formado por ese léxico que chamamos léxico patrimonial, que xa sabemos que é tirado ou herdado do latín, e ademáis ese léxico, está formado por moitísimas palabras que non apareceron no galego no que se formou, senón que se foron incorporando a el, quer (ben) desde fóra ou desde outras linguas da cultura; (francés, inglés, italiano...), os chamados préstamos lingüísticos.

A estas palabras que o galego vai formando desde fóra, son as que atenden a chamada << formación de palabras >>.

FORMACIÓN DE PALABRAS

Chámase formación de palabras a aquela parte que ten por obxecto que estudiar e comprender que os diversos mecanismos por medio dos cales unha lingua renova permanentemente o seu vocabulario.

E dicir aquel dominio da lingüística que se propon delimitar, definir e clasificar as unidades básicas para explicar toda clase de palabras e formular as regras ou combinacións de tales unidades que permiten construir oración simple distintos tipos de palabras que hai en galego

Eses mecanismos ou regras son fundamentalmente morfolóxicos, o que quere dicir, que nesas regras van estar presentes todo un conxunto de morfemas.

As unidades basicas: unha unidade básica sera o que chamamos raiz1, tema2, e tamen oración simple afixos que poden ser tanto derivativos, que permiten crear palabras, coma flexivos que fan variable unha palabra.

Exemplo: a-main-ar a-main-o

Existen tres calses de palabras:

  • Grupo

  • Monomorfemicas hoxe, onte...Un so morfema

    Polimorfemicas a-main-ar...Máis de un morfema

  • Grupo

  • Invariables hoxe... As que non varian.

    Flexivasa-main-ar...Varian, acomodanse as distintas necesidades de comunicación.

  • Grupo

  • Simples morriña...As que non presentan morfemas derivativos

    Complexasmorriñ-oso, a-morriñ-ar...Presentan morfemas derivativos

    1.A raiz é o resultado de quitarlle oración simple afixos flexivos ou derivativos que conteña

    2.O tema aparece nunha palabra non derivada

    circunstacialmente tamen poden aparecer outras unidades chamadas interfixos, que son pequenos elementos que se interpoñen entre a raiz ou tema e os afixos derivativos e que aparentemente non teñen ningunha significación.

    CREACIÓN DE PALABRAS

    O galego crea as palabras usando funamentalmente catro combinacións.Eses mecanismos de creación de palabras dos que falamos son:

    DERIVACIÓN PROGRESIVA:

    A palabra que se obtén ten un corpo fónico maior a palabra orixinal. Ten tres posibilidades:

  • Prefixación:Consistente en cambiar un morfema chamado prefixo, cunha base léxica para obter outra nova palabra. (Base léxica ----- prefixo base): antepeito, curmán...

  • Sufixación: O morfema vai despois da base, o esquema é igual, (Base léxica ----- Sufixo): nugallán, (nugalla + án), laretas, (laretar + as).

  • Parasíntese ou circunfixación: Prefixo + base léxica + sufixo) De esa combinación, a lingua crea unha nova palabra; maino ---- amainar, (a+main+ar), noite --- anoitecer, (a+noite+cer)

  • COMPOSICIÓN:

    Combinación de dúas bases léxicas, dúas palabras. (Base léxica ( ) B. léxica). Admite tres modalidades.

  • Composición por sinapsia: As dúas bases léxicas están conectadas por unha presposición.

  • arco iris arco da vella (sustantivo + preposición + sustantivo)

    pupila meniña do ollo / santiña do ollo.

  • Composición por disxunción: Ten dúas bases, pero sin conectar no medio; son independentes gráficamente.

  • porco teixo / porco bravo / ourizo cacho / porco espiño...

  • Composición por xustaposición: As dúas bases xúntanse; están fundias nunha soa.

  • milhomes...

    CONVERSIÓN:

    Consiste en facer dun tema, unha nova palabra. Converter o tema.

    pagar ---- paga (acto, resultado de pagar).

    comprar --- compra.

    A palabra menos afixos flexivos é o tema. Facemos unha nova palabra dese tema.

    ACURTAMENTO:

    Mecanismo oposto a derivación progresiva. Normalmente, acortamos dúas palabras combinadas para obter unha nova palabra máis corta.

    A palabra motel é o resultado de motorist hotel (inglés). Combinamos as dúas palabras polos extremos: mot + el.

    TRANSPARENCIA OU OPACIDADE:

    Alude na formación de palabras ó grao de dificultade que un falante ten para deducir ante unha palabra derivada ou composta ás palabras orixianrias desa palabra de que proceden.

    Senón hai dificultade ningunha a transparencia é total e se presenta moitos problemas é unha palabra opaca.

    Ensanchar é unha palabra transparente.

    Curmán é unha palabra opaca.

    CONCEPTO DE PRODUCTIVIDADE:

    Está referido a disponibilidade que ten un morfema para poder entrar nunha combinación e formar unha palabra.

    Hoxe é improductivo porque a lingua non a usa xa para formar palabras.


    MORFEMAS

    Entendendose por prefixo aquel morfema que se xunta o inicio de unha palabra, por exemplo ante-peito, ou a un tema ou raiz ligado, por exemplo a-sepsia

    Para formar unha nova palabra según un esquema repetitivo

    [ Base léxica] [ Prefixo+ Base léxica]= nova palabra

    A maior parte dos prefixos teñen a súa orixe de preposicións latinas ou gregas das que herdamos os valores semanticos correspondentes. Algúns deses prefixos conviven hoxe en día coas preposicións correspondentes, sen embargo, en outros a preposición latina ou grega desapareceron

    Este prefixos teñen dúas características que os diferencian dos sufixos:

  • Non alteran absolutamente en nada o acento da base léxica:

  • natal / prenatal...

  • Tampouco alteran (salvo excepcións) a clase ou categoría da palabra; (se se parte dun sustantivo, obtense outro sustantivo distinto e así cos verbos, etc.):

  • casar / descasar...

    Algúns dos prefixos que imos ver poden presentar variación alomórfica explicable, esta en virtud do morfema inicial de base. Exemplo: con-/ com-/ co-

    Case todos van a presentar duas formas: unha culta, identica a forma latina, e outra popular, que é a variacion alomorfica. Exemplo: intre-/ entre (culta/ popular)

    Cando se produce a combinación de sufixos más a base lexica as duas partes permanecen inalterables.

    Dende o punto de vista do significado estes morfemas son menos ambiguos que os sufixos; isto é que non son radicalmente distintos pois podese pasar de un significado a outro por lóxica deducción

    Este tipo de prefixos adoitan estudiarse atendendo a ese significado básico, puidendo ser este un significado locacional, temporal, negativo, gradativo, aspectual con modificador, a formación de palabras estudia estes morfemas agrupandoos en pequenos conxuntos, falando por exemplo de prefixos locativos, temporais, negativos graduais, aspectuais con modificadores.

    PREFIXOS LOCATIVOS

    ANTE- / PRE-

    Indican relaciones espaciales de preferencia, antelación respeto dun limite, dun punto que esta orientado horizontalmente, podendo aplicarse tamen no espacio ademáis do t

    ANTE-:

    Este prefixo significa anterioridade ou procedencia espacial ou temporal; non presenta alteracións. Combinase prefixos con sustantivos sen excluir a combinacion con formas verbais ou adxectivos. É un morfema productivo e que, desde o punto de vista do número de palabras creadas, non é moi rentable. Vemolo tanto en formas cultas (adaptadas do latin) ou en formas romances (creadas por vias internas)

    Cámara antecámara cuarto que precede a la cámara

    Pasado antepasado pasou antes de oido, antecesores

    Face anteface obxeto que se pon diante da cara para esconder a identidade

    Man antemán so se usa na expresion: de anteman

    Ano antano ano anterior ou anos pasados

    Ollo anteollo, antollo (desexo de algo)

    Peito antepeito protección, varanda a altura do peito que evita a caída

    Onte antonte o dia anterior

    Proxecto anteproxecto esbozo inicial

    Tempo antetempo prematuramente

    Firma antefirma conxunto de cómo forma de cortesia que lle permiten a un despedirse antes de signar un escrito

    Véspea antevéspera

    Dito antedito

    Brazo antebrazo parte anterior do brazo

    Diluvioantediluviano

    Poñer antepoñer

    Excepcións: antano, (ante + ano) un caso de alteración xa que se trata dunha palabra moi vella, antollo, (ante + ollo), antonte, (ante + onte)...

    PRE-:

    Indica posición previa, anterior. Ten ademáis o valor de poder aparecer có sentido de reforzo, un sentido intensivo que equivaldría a palabra << moito >>. É un morfema culto e altamente rendible.

    Dominar predominar ter moito dominio

    Pode aparecer en combinacións con adxeticos ou verbos. Podémolo ver en formas cultas ou en formas romances.

    Formas cultas, por exemplo:

    Precaber tomar medidas con tempo para que algo non suceda Presumir pensar con antelación, con tempo, “presumo que vai chover”

    Predicar vai por diante

    Formas romance, por exemplo:

    Dispoñerpredispoñer influir

    Xulgarprexulgar

    Xuicioprexuizo xuizo previo

    POST- / TRANS-

    POST-:

    Procede non dunha preposición latina, senón dun adverbio latino que se escribía igual e que sirve para indicar a idea de despois. Este morfema oponse, funciona por oposición, de xeito que, dentro do galego, podémonos topar con parellas de formas, (antónimos), formadas por unha mesma base.

    Prenatal, (antes de que nazca) / Postnata, (despois de que nazca)

    O escaso número de palabras que aparecen nos diccionarios levando este morfema, non reflicte a enorme vitalidade que hoxe ten este morfema. É un morfema productivo porque a xente úsao. Trátase dun morfema poco frecuente pero moi productivo.

    Este morfema POST- preséntase con dúas formas: -post / -pos

    Se a base coa que se combina ese morfema empeza por vocal, combínase coa primeira forma, ( post-), postelectoral... No resto dos casos, combínase coa outra forma, (pos).

    Post- sería a forma culta, ven do latín e a outra, pos- é a forma tradicional.

    Este morfema non presenta ningún tipo de restricción e iso quere dicir que ningunha das tres bases fundamentais quede excluída de aparecer combinada con este morfema.

    Calquera das dúas formas, (post- pos-), vai aparecer dentro de ese escaso número de palabras que recolle o diccionario e, dentro dese grupo, un pequeno grupo son as formas cultas que o galego adapta do latín.

    Pospoñer / Postpor < postponere.

    Postergar colocar atrás, no sentido de pospoñer

    Apostila (homónima do castelán: apostilla) Comentario, explicación na que se aclara ou completa o sentido dun texto. < post illa (verba auctoris)

    Posmeridiano/a < postmeridiani

    Postguerra, posdata, postparto...

    TRANS-:

    É moi frecuente e moi productivo. Procede dunha preposición latina igual a que temos: trans- < trans-.

    O latín usábaa para indicar dous sentidos:

  • máis alá de.../ despois de...

  • a través de...

  • Pode presentarse con dúas formas: trans- / tras-. Trans- (forma latina) / tras- (forma popular)

    A explicación da existencia destas dúas formas é fonética. O grupo -ns ten unha clara tendencia a transformarse en -s.

    Coincide co anterior en que non hai tampouco límite de restricción.

    Algúns destes prefixos poden participar na modalidade da prefixación ou noutras modalidades.

    Trasvasar < tras + vas + ar; pasar dun recipiente a outro.

    Transbordar; dependendo de se ven de borda ou borde, pode significar, pasar dun barco a outro, (algo ou alguén) ou pasar dun borde a outro.

    Trastempar; superar o límite establecido.

    Trasacordar; ir máis ala da decisión tomada./ Cambiar a maneira de pensar.

    Trasnoitar; ir máis alá da noite. Pasar a metade da noite a pe, sen durmir.

    Transportar; levar algo ou a alguén dun sitio para outro.

    Transposto < transpositu. Palabra transparente pola súa forma pero opaca polo seu significado. Medio durmido o medio conmecionado.

    Transmigrar; ir dun sitio para outro.

    Transformado; cambio de forma ou situación.

    Transfigurado; cambio de figura.

    Transeunte; camiñante que vai a través de ...

    Tamén podemos encontrar creacións modernas, como:

    Transexual; persoa que cambia de sexo.

    Travesti; cambio de sexo.

    Transiveriano; persoa que vive máis alá de Siberia.

    Transtornar; alterar moito a orde, a disposición, o fundamento de algo... (enlouquecer, perder o xuizo...)

    Trastocar/Trastrocar.; alterar, cambiar, modificar algo.

    Trasmaio; primeiros días do mes de xuño nos que a tradición di que non hai. Cambio radical de tempo.

    Trasantonte; hai tres días.

    Traspé; mal paso que un da / Cambio de maneira de pensar.

    Tataraneto.

    Tatarabó.

    SUPER-/SOBRE-:

    Este morfema representa dúas formas fonolóxicas. Procede dunha preposición latina < SUPER-SOBRE. Este prefixo mantén, tanto na forma culta, (super-) como na forma popular, (sobre), o valor que tiña esa preposición en latín, que era o de indicar posición superior, (por riba de..., en col de...) Pero, aínda que conserva ese valor, non aparece en tódalas palabras que se forman con el.

    VALORES:

  • Indica un valor temporal, cando a base que se combina implica un valor de tempo e significa “despois de”

  • Indica a idea de exceso, valor cuantitativo. Valor que aparecería cando a base non implica nin espacio nin tempo. Este morfema é tan activo na formación de palabras, que é relativamente frecuente constatar a presencia, dentro do léxico galego, do que se chaman pares léxicos1 de palabras.

  • 1.PARES LÉXICOS: ( explicación do anterior)

    Por parella de formas que unha lingua fai partindo da mesma base, a través das formas que teña o morfema.

    Alimentar superalimentar sobrealimentar.

    Valorar supervalorar sobrevalorar.

    Saturar supersaturar sobresaturar

    A forma culta podémola ver en tres clases de palabras distintas:

    En palabras cultas; tomadas directamente do latín, con algunha ou ningunha adaptación.

    Superficie < superficie

    Superfluo < superfluu (o que sobra)

    Superávit < superávit (exceso entre gastos e ingresos; saldo favorable)

    Superestrato < superestratu.

    En préstamos; que son palabras tomadas das linguas modernas da cultura, sobre todo do francés e do inglés.

    Superfino < superfin (fino de máis)

    Supervisar < supervise (controlar algo desde arriba)

    Supervisor < supervisor (persoa que exerce ese control)

    En palabras formadas sobre outras palabras galegas xa persistentes.

    Superdotado

    Superestructura Conxunto ou sistema de ideas xurídicas, económicas, políticas... da clase que domina, que exerce o poder sobre a sociedade

    Superpoboar poboar de máis

    Supersensibilidade

    Supersecreto

    Supernova estrela moi brillante que vai perdendo brillo pouco a pouco, resultado dunha enorme explosión dentro dela.

    A forma patrimonial tamén vai estar presente en dúas clases de palabras:

    Palabras creadas por prefixación en latín e conservadas en galego.

    Sobrepoñer < superponere --- Poñer algo por enriba de algo; recuperarse anímicamente.

    Sobrevir < supervenire --- Acontecer a algo despois de outra cousa.

    Sobrevivir Seguir vivindo despois de algo ou alguén

    Nunha serie de palabras creadas por vía interna.

    Sobrecama Peza de roupa que se pon por irba das outras, (colcha).

    Sobrecarga/sobrepeso carga excesiva.

    Sobredose cantidade excesiva.

    Sobrecú parte final da columna vertebral.

    Sobremesa tempo que se permanece sentado a mesa despois de comer / parte final da comida.

    Sobrecuberta cuberta posterior a principal do barco / As tapas que cobren os libros, as follas que leva ó principio.

    Sobrenome nome que unha persoa pode ter por riba do seu propio, (alcume, alias)

    Sobretodo peza de roupa que un leva por riba das demáis, (abrigo).

    Sobredito --- o que se dixo antes ou máis arriba.

    Sobreexalatar --- gabar en demasía; falar ben das cualidades que ten unha persoa, demasiado, en exceso.

    Sobresaltar --- levar un susto grande, atemorizarse moito, coller moito medo.

    SUB-/SO-:

    As dúas formas, tanto a culta (sub), como a forma popular, (so), teñen a súa orixen na preposición latina < sub; usada para indicar a posición de abaixo, a posición inferior.

    Semánticamente, este prefixo, constitúese no elemento contrario o anterior. Pode ter tres valores:

  • Na maior parte das palabras vai conservar o significado de “abaixo” ou “por debaixo”.(indica subordinacion locativo)

  • Idea de suplencia e subordinación.

  • Idea de acción que non se chega a facer de todo; queda por debaixo do que debería ser.

  • Desde o punto de vista combinatorio, non presenta limitación na súa combinatoria, o que quere dicir que as tres bases fundamentais poden aparecer combinadas con este morfema, (sustantivos, adxetivos e adverbios).

    A forma culta, (sub-) está presente nos cultismos, en palabras creadas á imitación das latinas, (por simple translado), con pequenas modificacións ou sen ningunha.

    Submersión < submersione.

    Subministrar < subministrare; proporcionar algo que se considera imprescindible ou necesario; (proveer...)

    Subornar < subornare; dar cartos ou regalos por debaixo as agachadas, para que un deixe de cumprir co seu deber.

    Sublevar< sublevare; levantarse contra quen domine.

    Tamén podemos atopar palabras novas tamen chamadas autóctonas como:

    Subconsciente; nivel da vida anímica, por debaixo da conciencia.

    Subestimar; apreciar; darlle un valor a algo ou alguén por debaixo do que realmente merece.

    Subsolo; por debaixo do solo. Capa inferior.

    Subnormal; persoa con algún tipo de deficiencia.

    Subarrendar; arrendar, pacto que se fai entre dúas persoas pola que unha accede nos dereitos dunha cousa a cambio de diñeiro e por un periodo de tempo. / Ceder por segunda vez os dereitos de algo a cambio de diñeiro e por un periodo de tempo.

    Subtitulo; titulo secundario que completa o principal e que vai por debaixo del.

    Sobreentender/subentender; as palabras agochan un doble sentido.

    A forma patrimonial está en palabras creadas en latín que se conservaron en galego a través de múltiples cambios fonéticos. É nesas palabras donde o morfema pode estar escondido e facer as palabras resulten opacas.

    Someter < submittere; a algo ou alguén pola forza ou armas.

    Somerxer < submerguere; introducirse dento dun líquido.

    Sorrir < subridere; non rir abertamente. Risa leve que non chega a facer ruído.

    Sombra < sub umbra; lugar con pouca luz.

    Sobaco; parte que queda por debaixo do brazo.

    Soabrir; abrir un pouco, (entreabrir).

    Socheo; parte da subida da marea que precede a pleamar.

    Soerguer; levantar un pouco.

    Socavar; excavar pola parte de abaixo.

    Socalcar; achanzar o terreo, pisalo ben.

    Somonte; metros iniciais do monte. Primeiras rectas.

    Sopapo; derivado de papo, (parte de abaixo da cara). Golpe que se da nesta parte da cara, ou en calquera outra, (labazada, lapote...)

    Sopesar; querer saber canto pesa algo, colléndoo pola parte de abaixo.

    As preposicións e algúns adverbios da gramática tradicional teñen como función conectar, establecer unha relación entre dous termos. Teoricamente a cada preposición, en principio, en lingua, non ten máis que unha significación. No transcurso é onde as preposicións ou eses adverbios adquira toda unha variedade de matices. Este significado único está normalmente formado por un número de trazos que forman unha imaxe que nós podemos representar perfectamente.

    Cando se pasa do plano da lingua o plano do discurso, aparece a complementariedade e os distintos significados.

    Universos:

    U. dimensional: todo aquilo que se ve e que se pode tocar e que está sometido o espacio e o tempo.

    U. nocional: pódese entender, pero non tocar, nin sentir os conceptos.

    As preposicións establecen unha relación entre os elementos, ben dende o universo dimensional, ben dende o nocional.

    ULTRA-

    Aparece na lingua máis formal, máis culta e sobre todo, en formas creadas fai moi pouco tempo, (formas neolóxicas). Participa na formación de palabras aportando a significación de “máis alá de, alente...” Ten o mismo significado que TRANS/TRA e iso é o que fai que permite que poidamos ter sinónimos coincidentes formados por unha mesma base.

    Deste significado primerio, “máis alá de, do outro lado de...”, volvemos a ter un significado parecido os que xa explicamos, o que supera un límite. Pode ter un valor intensivo, de reforzo, excesivo: Ultrasensible.

    Desde o punto de vista formal, este elemento derivativo non presenta ningún tipo de alteración. É un morfema que non presenta variantes alomórficas.

    Desde o punto de vista combinatorio é un elemento parcialmente limitado, nunca se combina con bases verbais, só se combina con sustantivos e adxetivos.

    Como é limitado, deducimos que é pouco productivo.

    Ultracorrección; fenómeno que consiste en deformar unha palabra que se considera equivocadamente incorrecta.

    Ultralixeiro; aliaxe de metais que son moi pouco densos.

    Ultramar; conxunto de terras situadas do outro lado do mar.

    Ultramarino; ven do mar.

    Ultravioleta; unha especie de raios invisibles que o ollo humano non pode ver, (máis alá)

    Ultratumba; vida real ou hipotética que pode existir despois de morrer.

    Ultradereita; máis alá da dereita. Utilizada moito en tempos de Franco.

    EXTRA-

    É un claro exemplo deses morfemas que non se apartan practicamente nunca do seu significado orixinal, procede dunha preposición latina exactamente igual.

    Nalgun tratado de formación de palabras afirmase que este morfema en casos excepcionais pode chegar a ter un valor hiperbólico e case todos este autores adoitan a darlle un valor intensificador como: extrafino. Esta palabra seria acurtada, non esta formada por prefixación.

    Formalmente non presenta alteración polo tanto non ten variantes alomorficas. Participa na formación de palabras basicamente con sustantivos e adxectivos pero fundamentalmentecon adxectivos.

    Ten un único valor, o de indicar “por fora de”.

    Extramuros: fora das murallas dunha cidade

    Extraviar (se): verbo creado por parasintes

    Extraordinario

    Extracurriculares

    INTRA-

    É un claro exemplo dos morfemas derivativos que seguen conservando hoxe en día o mesmo valor que tiñan orixinariamente en latín. Ten o significado de “posición interna, interior”. Formalmente non presenta ningún tipo de variables e desde o punto de vista de combinatoria, tanto EXTRA como INTRA son dous morfemas limitadísimos, porque na práctica so se combinan con adxetivos , (se aparecen con sustantivos que veñen do latín, ...)

    Extraoficial / extraordinario / extracurriculares / extraterrestre / extramatrimordial /

    Da lugar a poucas palabras.

    Intraocular / intrauterino / intracelular / intravenoso / intramedular / intravasucular ... “dentro de”

    É un léxico reducido o campo da medicina.

    Teñen a orixe en formas latinas desaparecidas. En todas elas hai un significado primario.

    ENTRE-/ INTER-:

    Ten a súa orixe nunha preposición latina, (inter-) que o latín usaba para indicar unha posición intermedia, “no medio de”. De esa preposición latina viñeron dúas formas, unha forma popular, (entre-) e outra forma culta (inter-). De esas dúas formas, a forma popular é a forma que aparece normalmente nas palabras máis antigas orixinadas no chamado periodo románico, mentres que a outra, a forma culta, (inter-), é o elemento derivativo que aparece nas chamadas formas cultas ou tamén en formas neolóxicas.

    Desde o punto de vista da significación, o prefixo conserva o significado real da preposición, e a preposición indica unha posición intermedia ou tamén vale para indicar unha situación no interior de dous límites que veñen sinalados expresamente, por iso veñen enlazados coa preposición “e”.

    Desde o punto de vista da combinatoria, este morfema aparece combinado con calquera das bases fundamentais dos morfemas derivativos.

    Por extensión, o morfema inter-/entre- pode indicar outros dous valores que se desprenden do anterior, o valor de reciprocidade ou o valor de acción que non se chega a facer ou realizar por completo, unha acción que queda a medio camiño, que se fai a medias...

    (Ver/ Non ver = entrever; non se chega a ver por completo)

    Intercalar < intercalare = colocar unha cousa no medio de outras.

    Interpelar < interpelare = interrogarse mutuamente entre as persoas. Preguntar a alguén sobre un feito para pedirlle explicacións.

    Interpoñer < interponere = colocar algo entre...

    Interpolar = colocar unha cousa no medio de outras que están ordenadas.

    Interrogar = Rogarse, preguntarse unhas persoas a outras; preguntar algo a alguén.

    Tamén podemos atopar palabras modenas, co sentido de acción recíproca:

    interacción

    interdependencia = dúas cousas que dependen entre sí.

    intercambiar = cambiar dúas cousas entre sí.

    entrelazar, (entre+lazar) = unir dúas cousas cun lazo.

    entretecer, (entre+tecer) = unir dúas cousas formando unha especie de texido.

    entreabrir (entre+abrir) = non chegar a abrir de todo, abrir a medias.

    entrecerrar (entre+cerrar) = cerrar a medias.

    entreacto = periodo que está no medio dos actos dunha representación teatral.

    entrecortada = cortar unha cousa sen chegar a dividila de todo.

    entremeter = meterse no medio dunha cousa, dunha persoa...

    entrever = ver a medias.

    entreoir = oir unha cousa de maneira confusa.

    entreperna = parte da perna que queda entre unha e outra / Parte interior da perna / Partes das zonas xenitais.

    entretempo = periodo do ano que está no medio da época de calor e da de frío.

    entreforro = parte dun tecido que vai entre o forro e a parte de fóra da roupa.

    entreliñas = sentido implícito, oculto que hai nun texto.

    RETRO-

    Este morfema ten unha productividade media para a formación de palabras. Procede dun adverbio latino <retro-; elemento non demasiado frecuente na formación de palabras. Esta forma indica o sentido de “atrás ou cara atrás”. Movemento feito en sentido contrario, cara atrás.

    Aparece sempre con esta forma, non vai haber variantes alomórficas, é un morfema inalterable.

    Modernamente está dando lugar a unha serie grande de palabras. É un morfema moderno na formación de palabras. Esas palabras aparecen maiormente combinadas con verbos ou sustantivos; pero tamén e posible con adxetivos. Non é un morfema limitado na súa combinatoria.

    Entre as poucas palabras latinas que se formaron, algunhas delas pasaron para o galego de forma culta:

    retrógado < retrogadu = camiña para atrás, hoxe refírese o que mira para atrás na súa maneira de pensar... Progresista.

    retroceso < retrocesu = acción de andar para atrás, retroceder, ou desmellora.

    retroceder < retrocedere = andar ou desprazarse para atrás; recuar.

    A partir de ahí, o galego creou con este morfema un pequeño conxunto de palabras; por exemplo:

    retroactivo = que ten valor para atrás, por exemplo, unha lei.

    retrotraer = situar un relato, unha historia... nun tempo anterior.

    retrovisores = espello que permite ver para atrás.-

    retroproxector = aparato que proxecta imaxes cara atrás do que o está manipulando.

    retrovisión = nova traducción á lingua orixinaria.

    retrovenda = cláusula que trata de vender algo por obligación, se o vendedor quere. Vender o que a vendeu.

    CIRCUN- / PERI-

    Morfema de procedencia latina / Morfema de procedencia grega.

    Estes morfemas teñen o mesmo valor pero procedencia distinta. Aportan a idea de “arredor”, “á volta de”, “en volta de”, “arredor de”...

    Circum- presenta unha variante alomórfica CIRCUM-, cando a base coa que se combina empeza por b ou p.

    Desde o punto de vista da formación das palabras, son dous morfemas case mortos.

    Son palabras cultas tomadas do latín ou o grego, pero non son formas creadas internamente.

    Combínanse maiormente con sustantivos e con verbos no caso de peri-. No caso de circum- é indistamente, (sustantivos, verbos, adxetivos...)

    Circuncidar < circuncidare = cortar todo ó redor.

    Circundar < circundare = Dar unha volta ó redor.

    Circunferencia < circunferentri = liña que marca un espacio ó redor de algo.

    Circunlocución - perífrase = Dar un rodeo usando máis palabras. Acto de explicar algo utilizando máis palabras das que se debería.

    Circunspecto < circunspectu = prudente, que mira moito antes de facer algo, serio, grave...

    Circunvoar = dar voltas no aire.

    Circunveciño = os que viven ó redor.

    Circundo = o acto de rodear. Palabra derivada de circundar.

    Periferia = liña que delimita unha figura ou un espacio que queda entre esa liña.

    Periférico = igual que unha circunvalación.

    Perímetro = liña que bordea ou que rodea algo.

    Periscopio = aparato que permite ver ó redor.

    Pericardio = membrana que está ó redor do corazón.

    Periplo = viaxe marítima ó redor de moitas terras; viaxe longa.

    A-

    Procede dunha partícula grega negativa. Presenta o que se chama alomorfía, o que quere dicir que unhas veces constataremos a presencia de este morfema baixo a forma -a, cando a base comence por consonante e outras veces pola forma -an, cando a base comence por vocais.

    Desde o punto de vista semántico, o morfema en calquera desas dúas variantes aporta un único significado: “privación ou falta de aquilo que indique a base coa que se combine”.

    Con ese valor, ese morfema creou en grego moitísimas palabras, maiormente substantivos e desas palabras, algunhas por vía culta, conserváronse no léxico galego.

    Este morfema é altamente productivo na formación de palabras técnicas, pero os diccionaros de uso recollen palabras frecuentes, polo que case non aparecen palabras técnicas. Isto é anormal.

    Numéricamente, desas palabras que aparecen nos diccionarios, a maior parte delas son substantivos que normalmente non son creados por forma interna, senón que son traslados de formas gregas, o que indica que este morfema é prácticamente incapaz de crear substantivos en galego e, sen embargo, é un morfema altamente productivo para crear adxetivos.

    os substantivos indican doenzas ou patoloxías que indican teorías filosóficas, sistemas de tipo político ou que designan estados. Son substantivos de carácter abstracto.

    ateísmo = corrente filosófica.

    amoralismo = indica un estado, non ten moral.

    anarquismo = teoría política.

    abulia = indica un estado, non ter ganas de nada.

    Estes substantivos, normalmente, son a base para crear adxetivos e palabras novas.

    abulia = abúlico.

    anarquía = anárquico.

    apatía < a + pathia = carencia de paixón. Non sentir nada.

    amnesia < a + mnesia = perda da memoria parcial ou total.

    anemia (anémico) < a + nemia = falta de sangue ou dos compoñentes do sangue.

    afonía (afónico) < a + fonia = perda total ou parcial da voz.

    agrafía < a + graphia = perda da capacidade de escribir.

    alomorfo < a + morfo = o que non ten forma definida, (adxetivo).

    asepsia < a + sepsia = privación de xenes patoxénicos; falta de putrefacción.

    átomo < a + tomo = partícula máis pequena da materia, que non se pode partir máis.

    analfabeto = inculto, iletrado; privado das primeiras letras.

    anestesia < an + esthesia = falta de sensibilidade.

    anónimo < an + ónimos = falta de nome, de identidade.

    anorexia < an + orexia = falta de ganas de comer.

    anarquía < an + arquía = falta de goberno, de poder.

    anovulación = privación de óvulos.

    amoral = privado de moral.

    anormal = extraño, raro.

    atípico = que se aparta das calidades comúns.

    apolítico = perda de interese pola política.

    asistemático = privado dun sistema.

    asexuado = non ten un sexo determinado.

    DIS- / DES- /-/ DE-

    O latín usábao para crear palabras nas que quería que aparecera a idea de separación, de división.

    No latín, este morfema funcionaba para opoñerse a outro morfema, o prefixo “con”.

    Existen parellas de palabras antitéticas, que se formaron coa mesma base pero con estos dous morfemas contrarios.

    congregar - reunirse, xuntarse ... xente.

    disgregar - separar as partes ou compoñentes de algo.

    Esta forma latina (dis-), vese hoxe nunha serie grande de palabras; palabras cultas extraídas directamente do latín; pero esa forma latina evolucionou en galego fonéticamente dando a forma des-. Esta forma converteuse nun dos prefixos máis importantes para a creación de palabras, tanto por prefixación como por parasínteses. Participa nas dúas modalidades de creación de palabras.

    Desde o punto de vista formal, esta partícula presenta dúas formas; a forma culta “dis-“ e a forma popular “des-“. Esta segunda forma é a única que hoxe ten capacidade de crear palabras e combínase indistintamente con calquera das bases fundamentais, (substantivos, adxetivos ou verbos).

    A forma “des-“ presenta, nalgunhas ocasións, unha variante alomórfica que aparece cando a base coa que se combina este morfema empeza por “-s”. A razón desta variante alomórfica non é ortográfica senón fonética. Hai unha fusión de dúas -s.

    Desangrar, desafacer, desosegar, desalgar...

    A esa evolución fonética, acompañou unha pequena evolución semántica, o que quere dicir que o noso morfema “des-“ non ten os mesmos valores que tiña a forma “dis-“.

    Cando “des-“ aparece en palabras prefixadas ou parasintéticas pode aportar catro valores:

    1º- Negación:

    des + verbo

    des + adxetivo Significa: non base.

    desaproveitar (non aproveitar)

    desobedecer

    desleal

    2º- Privación:

    des + substantivo; carencia do valor indicado pola base.

    Desamor, desobediencia...

    des + substantivo + ar; quitar o que indique o substantivo.

    Descabezar, destellar...

    des + adxetivo; quitar a calidade referida por ese substantivo.

    Desbravar...

    3º- Reversión: retroceder; volver para atrás para volver a un tempo anterior o que indica a base.

    des + verbo; volver a antes do indicado polo verbo.

    descoser, desterrar, desfacer...

    4º Intensificación: valor de reforzo. É o menos frecuente.

    des + verbo; moito.

    descambiar, (cambiar moito en moeda fraccionaria)

    desecar, ( secarse todo moito).

    Palabras cultas:

    disentir / discutir< dissentire. Ter unha opinión distinta a..., non sentir como...

    difícil < disfacile. Que non é facil

    disimil < dissimile. O que non é semellante

    disecar < disecare; cortar e separar as partes de algo.

    dispar < dispare. Que non ten parella

    avinza o acordo, boa relacion entre duas ou máis persoas

    desavinza falta de acordo.

    abastecer prover do que se considera necesario para vivir

    desabastecer non proporcionar o que é necesario

    afacer estar habituado, ter un hábito

    desafacer perdelo costume

    aquelar arranxar

    desaquelar desanañar, revolver....

    andar percorrer un camiño

    desandar; percorrer o camiño andado.

    azo animo, vontade, interese

    desazofalta de ánimo, de ganas.

    atoaratascar, atranco da canle

    desatoardesatascar.

    enguedellar lear, enmarañar

    desenguedellar deslear, desfacer unha maraña

    desmán(a desmán), fora do alcance da man.

    destempo (a destempo), fora de tempo.

    deshora (a deshora), fora da hora.

    IN-

    Procede dun morfema idéntico que existía en latín, (in-).

    Dentro das palabras que inclúen este morfema, haberá que incluir non só as que o levan senón tamén a todas aquelas outras palabras que conteñen unha das súas variantes. Este morfema ten outras dúas variantes alomóricas motivadas por razóns fonéticas ou ortográficas, que son “i-“ e “im-“

    Trátase dun morfema culto que non posee forma tradicional na prefixación, só a ten nos procesos parasintéticos e é en-.

    A primeira variante alomórfica (i-) aparece cando a base comenza por r- ou l-, por razóns fonéticas, de asimilación; por exemplo:

    Ilegal / ilexible / irracional / irregular.....

    A segunda variante, (im-), está motivada por razóns ortográficas. Dase cando a base empeza por m- ou b-; por exemplo:

    Imprudente / imparcial / imbatible / imberbe ...

    Este morfema é altamente válido para a formación de adxetivos, e en menor medida pode aparecer combinado con bases sustantivas ou verbais.

    Por tratarse dun morfema culto, este morfema empeza a producir palabras practicamente a partir do século XV, por iso que a maior parte das palabras que o levan son cultismos.

    Dende que aparece ata hoxe, é un morfema que non vai deixar nunca de formar palabras.

    Cando se combina con adxetivos, este morfema proporciona un valor negativo. Este mesmo valor negativo aparecerá cando a combinación se faga cunha forma verbal, aínda que isto non é moi frecuente. Cando se combina con sustantivos, o morfema non indica negación senón “falta de... / carencia / privación ...), combinación pouco frecuente tamén.

    Palabras cultas con este morfema:

    incerto < incertu = non ofrece seguridade, non é certo; falso.

    incauto < incautu = non é cauto, prudente; imprudente, desprecavido.

    iletrado < illiteratu = non ten cultura, formación, coñecemento de letras...Analfabeto.

    inculto < incultu = (terreo) --- non cultivado, aguestre. Persoa --- iletrado.

    ignoto < ignotu = non coñecido, descoñecido.

    inmaturo < inmaturu = non maduro, non chegou o seu pleno desenvolvemento.

    insólito = raro, non habitual, extraño.

    inmodestia < inmodestia = falta de modestia, orgullo.

    insuficiencia < insufficientia = estado do que non chega; carencia ou falta.

    insubmiso = o que non se somete a ningún tipo de norma.

    irreal = non é real; fantástico.

    imperecedoiro = non pode perecer co paso do tempo; inalterable.

    imorredoiro = non pode morrer; eterno.

    inapetencia = falta de ganas de comer.

    incerteza = falta de seguridade, de certeza.

    incapacitar

    inhabilitar

    MORFEMAS ASPECTUAIS:

    RE-

    Esta forma “re-“ ten a súa orixe nunha partícula latina que o latín usaba para indicar iteración, (repetición por segunda vez), aínda que o latín tamén empregaba esta forma para indicar a repetición non só por segunda, senón de moitas veces, é dicir, para indicar unha reiteración.

    Normalmente, a iteración pode indicarse en galego de moitas maneiras:

  • Volver + vbo. que se queira empregar, (forma perifrástica).

  • Usando expresións ou locucións iterativas, (outra vez, por segunda vez, facer de novo...)

  • Formar un verbo a través deste prefixo re-.

  • En moitos casos, estos verbos aparecen formados porque previamente houbo unha acción reversiva, (aquela que volve ó estado previo), normalmente formada co prefixo des- ou unha forma negativa; por exemplo:

    desfacer refacer

    desembarcar reembarcar

    inhabilitar rehabilitar

    Non tódolos verbos teñen o valor iterativo; por exemplo:

    rebrincar, repelicar....

    Ademáis destes valores, o prefixo re- pode ter un tercer valor intensificador, (que se da moito); por exemplo:

    rebuscar / remirar ...

    Combínase con sustantivos, adxetivos e verbos, pero máis ben con verbos e sustantivos.

    Trátase dun morfema de enorme productividade na formación de palabras.

    reformar < reformare

    remexer < remiscere. Mesturar cousas revolvendo dando voltas

    respirar < respirare. Votar o aire de forma continuada

    recuar < reculare. Retrocerder para atrás de cú

    relampar < relamapare. Brillar continuamente, caer relámpagos

    recalcar < recalcare. Insistir

    refregar < refricare. Rozar unha cousa con outra

    remanecer < remanesere. Volver a aparecer, volver a xurdir

    Palabras populares:

    rebrotar, rechamar, rechegar, refungar, relear, rematar, remendar, remirado, remelar, refresco, revellos, renome...

    CON-

    Ten a súa orixe nun morfema latino igual. É un prefixo recorrente, moi habitual na morfoloxía latina, onde presentaba variantes compositivas que foron herdadas tal cal polo galego e que podemos detectar nun número relativamente grande de palabras.

    A forma máis habitual deste morfema de presentarse é “con”; por exemplo:

    conchavar < conclavare: xuntarse, aliarse...

    convencer < convincere.

    convir < convenire : poñerse de acordo con...

    consogro < consocru.

    Ten outras dúas variantes:

    Cando empeza por vocal, v, l ou h, aparece a forma “co-“, exemplo:

    cooperari< cooperar, colaborari<colaborar, cohabitare<cohabitar, corrodere<corroer...

    Cando empeza por b ou p, o morfema escribíase con “m”, exemplo:

    combater>> pelexar, compadre, comadre...

    Este morfema que, dende o plano combinatorio, non presenta restriccións ningunhas, apórtalles as palabras que con el se forman todo un conxunto de signficados, entre os cales destacamos:

  • A idea de participación, colaboración.

  • A idea de compañía.

  • A idea de simultaniedade.

  • A idea de contigüidade.

  • curmán ----- co + irmán.

    cubrir ------- cooperire.

    O morfema “con”, participa en dous procesos distintos na formación de palabras, participa na prefixación, (é moi activo na creación de verbos) e na parasíntese. Dentro deste último proceso, atopamos palabras creadas por vía interna e creadas en latín que se conservan en galego.

    Os verbos tomados do latín, normalmente teñen unha forma latinizante, exemplo:

    concatenar : unir, xuntar, ligar...

    contemporizar : achegarse a unha persoa que non pensa como un.

    contristar: entristecer, poñerse triste...

    condensar : poñer denso algo.

    conformar. darlle forma a algo / aceptar un ou facer que alguén acepte algo como suficiente sen protestar.

    conxeniar: simpatizar, levarse ben con outro ou con varios.

    congraciar -se: conseguir o cariño ou simpatía de outro.

    Palabras:

    Colider : o que ocupa a primeira posición.

    Coautor: o que elabora con outro calquera unha obra ou traballo.

    Coherdeiro: persoa que herda os bens doutra persoa simultaneamente ou en compañía de alguén.

    Compatriotra/concidadán: participación. É da mesma patria, cidade, país... ca outros.

    Condiscípulo: pertencer a un mesmo grupo con outros.

    Concuñado: o irmán do meu cuñado.

    Consabido: algo que todo o mundo sabe, coñece.

    Conveciño: veciño que vive ó lado, pegado a min, porta con porta.

    Comporta: porta que para as aguas do río, encoro, pantano... (palabra opaca).

    Coexistencia: existencia simultánea.

    Conchegar: xuntar, pegar, acercar moito...

    Na formación de palabras galegas participan dous morfemas derivativos de procedencia ou orixe diversa que hai que incluir entre estes morfemas que chamamos aspectuais e que coinciden en aportar un mesmo significado que é a “idea ou concepto de oposición”.

    ANTI-/CONTRA-

    ANTI-:

    Procede dunha forma grega. Este morfema permitiu e permite a formación de numerosos derivados con esa idea de oposición. Derivados que aparecen ligados a iso que se chama hachados, inventos da civilización contemporánea.

    Trátase dun morfema que non presenta variantes morfolóxicas na formación de palabras galegas. Podemos advertir que se poden atopar palabras cunha pequena variante alomórfica, “ant-“, pero se a palabra se crea sobre unha palabra galega, mantense inalterable.

    O campo combinatorio de este morfema aparece reducido o ámbito nominal, é dicir, este prefixo só selecciona adxetivos ou sustantivos, pero é incapaz de combinarse con formas verbais. Cando se dan esas dúas combinacións, (adxetivos ou substantivos), este morfema, aparte de poder indicar o valor primeiro de oposición, pode aportar outros dous valores conectados a esa idea de oposición. Eses dous valores secundarios serían: “anulación do significado da base” e outras veces, “prevención”.

    Este morfema aparece en palabras cultas que, neste caso, xa non van ser palabras latinas, senón gregas, e por iso hai dificultades para identificar se son palabras cultas ou non. Tamén aparecerá en todo un sin fin de palabras modernas creadas por vía interna.

    Palabras cultas:

    Anticlimax<antiklimax: escenas posteriores o momento máis importante dunha representación teatral.

    Antídoto< antidotou: elemento que anula o poder tóxico dun veneno.

    Antipatía< antipatheia: sentemento contrario, repugnancia hacia unha persoa.

    Antítese<antihesis: figura literaria mediante a que opoñemos dúas cousas distintas ou aquelas dúas persoas que se opoñen.

    Antípodas: habitual da terra que vive nun lugar contrario os outros.

    Palabras modernas:

    antinéboa, anticonxelante, antiroubo, antigas, anticonceptivos, antinatural, antihéroes...

    CONTRA-:

    Procede dunha preposición latina. O latín usou esta preposición como morfema derivativo e fíxoo de maneira recorrente. Numerorísimas palabras creadas en latín que hoxe conservamos, poden constatar este feito; exemplo:

    contradicir, contrapoñer, contravir...

    Este morfema utilízase hoxe moi pouco porque as palabras que se empregan para nominar o que indica este morfema, normalmente leva outros morfemas, pero con todo, segue a ser un morfema derivativo co mesmo valor e aporta a mesma oposición.

    Contra >> acción contraria. E secundariamente, pode aportar un valor de proximidade, posto inmediatamente inferior. Este significado aparece cando a base denota un certo grado nunha escala xerárquica.

    Compórtase de maneira parecida o anterior, non presenta alteracións, (préstamos), pero podémola ver nalgunas palabras do latín.

    CONTR- só para que por vía culta non veñan do latín ou doutra forma moderna.

    Atapamos palabras que proceden do italiano, entre eses préstamos podemos poñer:

    Contrabaixo < contrabasso : voz máis grave de todas. Instrumento musical de corda.

    Contraforte: anular un peso.

    Contrabando : contra a orde.

    Desde o punto de vista combinatorio, este morfema non ten a restricción que tiña o outro, teóricamente pode aparecer combinado con adxetivos, substantivos e verbos. A práctica, despois demostra que, normalmente se combina con substantivos e esporadicamente hai derivados a partir de adxetivos ou verbos.

    Palabras cultas:

    - Contratempo: circunstancia imprevista que impide facer algo total ou parcial.

    Contraataque / contraaviso : ataques feitos para opoñerse a outro ataque ou aviso, para anular anterior.

    Contraalmirante: na mariña, oficial xeneral, por debaixo do almirante.

    Contraescritura: escritura secreta que anula ou revoca total ou parcialmente unha escritura pública.

    Contrasentido: afirmación que vai en contra do sentido común; disparate.

    Contraventás: follas de madeira que protexen a ventá pola parte de adentro.

    Contrafeito: aplícase a todo aquel ser que se fixo en contra da natureza, que presenta algunha anomalía.

    PALABRAS SÓ VALIDAS DENTRO DUNHA EXPRESIÓN, (CULTAS):

    a contragusto - a contracorrente (pódese usar tamén por libre)

    a contraxeito - a contramán.

    A SUFIXACIÓN:

    É o procedemento máis productivo que ten o galego para a formación de palabras. Por medio de este mecanismo, fóronse creando a maior parte das palabras derivadas, tanto é así que, por veces, se chega a identificar sufixación con derivación. A enorme rendibilidade deste proceso e a aparente homoxeneidade, convertérono na parte máis estudiada no ámbito de formación de palabras.

    Este mecanismo é o que dispón de máis unidades, os morfemas derivativos neste ámbito so moito máis numerososa que na prefixación, e ademais son significativos. Dende o momento en que unha palabra é derivada, o seu lexema é totalmente distinto (significado). As palabras que se obteñen por prefixación non sempre son o resultado das sumas dos seus morfemas

    Os morfemas que operan neste ámbito, os sufixos, non son semánticamente monovalentes por regra xeral; poden aportar distintos valores, e ademáis, tampouco están especializados nun determinado significado. Iso lévanos a outra consecuencia, pois pode haber varios sufixos que coincidan no mesmo significado, de ahí que teñamos varias palabras derivadas que son intercambiables semánticamente.

    Un sufixo é unha pequena secuencia fónica que se une a unha palabra ou a un morfema que se coloca entre esa palabra ou morfema e as desinencias que poda levar esa palabra, que carece de existencia propia fora da lingua que está incapacitada para unirse a outro morfema, para forman unha nova palabra e que é comutable por outro morfema.

    Explemplo : ferr—o eiro o que traballa o ferro

    eño feito de ferro

    Os significados de os sufixos sempre son explicados por paráfrase xenérica ou definitoria ( conxunto de palabras, grupo de palabras: que fai, que reside en, que ten, que é orixinario de) reducción das definicions que veñen nos diccionarios.

    Discutese cando se fala de sufixación en cal é a base da derivación por sufixación, se é a palabras enteira ou un morfema. Para uns unha base é sempre unha palabra, os partidarios desta opción fundamentan dicindo que toda palabra que se forme faise aplicando unha norma a unha palabra que existe previamente. Para outros a base non é unha palabra senón que é un morfema lexico, non negan que non haxa unha palabra primitiva, pero din que non hai que confundir dous cousas que son distintas: a palabras primitiva e o proceso de formacion de palabras.

    Exemplo: sal saleiro

    contar contador

    Hai que quedarse co tema da palabra para que a palabra primitiva de que sae contador non é contar senón do tema desa palabra cont-

    Os sufixos con eses significados van a dar lugar cada un deles a un numero mías ou menos grandes de palabras. Ese numero de palabras formadas por un mesmo sufixo forman o corpo sufixal ainda que tamén úsase campo morfosemantico , ainda que son cousas distintas.

    Campo sufixalconxunto de palabras que usan un mesmo morfema

    Campo morfosemanticopalabras que coinciden na súa terminación e teñen a mesma categoria

    Nestes conxuntos de palabras é posible atopar o que se chaman palabras lideres (palabras modernas), é dicir, aquelas palabras que interveñen decisivamente na formación doutras derivadas.

    Clasificacion dos sufixos en 2 grandes grupos:

  • Sufixos apreciativos

  • Son aqueles morfemas que non conseguen crear unha nova palabra

    As palabras que se forman utilizan algun destes morfemas apreciativos dificilmente chega os diccionarios

    Estes serven na maior parte dos casos para indicar diminutivos ou aumentativos.

  • Sufixos non apreciativos

  • Os non apreciativos formanse a partir doutra palabra vella cunha significación parcial ou totalmente distinta a de antes

    Normalmente crean unha palabra que vai acompañada dun cambio de clase. Hai 3 tipos:

  • Nomimalizadores. Cando con eles se fan nomes

  • Adxetivizadores. Fedor+ento = fedorento

  • Verbalizadores. Claro+ificar = clarificar

  • Esa secuencia fónica carece de existencia propia dentro da lingua e pode ser intercambiada con outra secuencia fónica.

    ferr - eiro ferr-o ferr- eño

    Normalmente crea unha palabra que vai acompañada dun cambio de clase. Existen tres tipos:

    Os significados que teñen esas secuencias fónicas, exprésanse mediante paráfrases xenérecas ou definitorias.

    PARÁFRASES XENÉRCAS OU DEFINITORIAS:

    Pequena definición que nos permite aclarar o significado. Pequeno conxunto de palabras: que ten..., que é orixinario de..., que reside en..., que se parece a... / Reduccións dos significados que nos veñen nos diccionarios.

    Cando se trata da sufixación, discútese entre cal é a base da derivación, a palabra enteira ou un morfema. Hai dúas opcións:

    Aqueles que din que a base é sempre unha palabra, que argumentan que toda palabra nova fórmase aplicando unha regra a unha palabra que xa existe.

    Os que din que hai que partir dun morfema, non negan que haxa unha palabra primitiva, pero din que non hai que confundir dúas cousas que son radicalmente distintas: palabras primitivas e o proceso de formación de palabras.

    Das dúas opcións, a máis razoable é a segunda.

    Os sufixos van dar lugar a un número máis ou menos grande de palabras. Ese mesmo número de palabras, formadas por un mesmo sufixo, normalmente recibe o nome de campo sufixal. Algúns utilizan o nome de campo morfosemántico. Son cousas radicalmente distintas.

    CAMPO MORFOSEMÁNTICO:

    Un conxunto de palabras que coinciden na súa terminación e que teñen a mesma categoría.

    Nalgúns dos campos sufixais operan palabras liders ou palabras modelo; aquelas palabras que valen de espello, de modelo para crear outras.

    Estes sufixos adoitan clasificarse en dous grandes grupos: os sufixos apreciativos e os non apreciativos. Entre os primeiros inclúense os diminutivos, aumentativos e deceptivos. Estes prefixos nunca dan lugar a novas palabras e cando o fan, esas palabras están lexicalizadas; por exemplo: zapato / zapatilla, libro / libreta .... (casos esporádicos)

    Reducirémonos a ver os sufixos non apreciativos, que fan que a lingua se vaia aumentando.

    Os sufixos non apreciativos nominalizadores dan lugar a creación de substantivos.

    Nominalizadores

    -ADO/-A:

    Nace inicialmente como sufixo nominalizador da utilización e adaptación semántica da terminación dos participios de pretérito de numerosos verbos, especialmente da primeira conxugación para crear con el substantivos.

    Significa << acto ou resultado de ...>>

    Chegar - chegada : acto de chegar a... / sitio a onde se chega.

    Achar - achado: acto de atopar algo ou resultado de atopar algo.

    Chafallar - chafallada: resultado de facer algo mal

    Queimar - queimada: acto ou resultado de queimar

    Valar - valado

    Ollar - ollada.

    Antes só se usaba con verbos, pero agora combínase tamén con substantivos e adxetivos, así, o morfema amplia tamén o seu campo semántico.

    Con substantivos vai ter catro significados distintos:

  • Idea de conxunto, de grupo, exemplos:

  • Alumnado: conxunto de alumnos

    Proletariado: conxunto de proletarios

    Cortinado: conxunto de cortinas

    Rapazada: conxunto de rapazes

    Bancadas: conxunto de asentos distribuidos nun estadio

    Ramallada: conxuntos de ramas

    Treboada: conxunto de trebóns (descarga de luz)

  • Xurisdicción, (dominio); institución, duración nun determinado cargo

  • Arcobispado: institución de arcebispos

    Papado: xurisdicción que se lle atribue a Papa

    Condado: institución, xurisdicción....

  • Golpe dado con... ou golpe recibido en...

  • Cabezada: golpe que recibe alguen na cabeza

    Lombada: golpe recibido no lombo

    Fociñada: golpe recibido no fociño

    Estocada: golpe recibido cun estoque

    Navallada: golpe recibido cunha navalla

    Puñada: golpe recibido cun puño

    Pedrada: golpe recibido cunha pedra

  • Indicar a carga, a cantidade de algo que colle ou entra nun recipiente:

  • Carrada: cantidade de algo que colle nun carro

    Brazado: a acantiodade que colle nun brazo

    Fornada: cantidade de pan que colleu dunha vez

    Muiñada: cantidade de gran que se move dunha vez no muiño

    Presada: capacidade que nos colle na man de algo

    Puñado

    Niñada: conxunto de niños

    Camada

    Se a combinación se fixera con adxetivos, tería outro significado distinto, << acción propia de... / acción que recibe...>>; exemplos:

    Novatada: accion que recibe o navato, o que entra novo nunha institucion

    Parvada: accion dos parvos

    Cacicada: acción dos caciques

    Pallasada :

    Trastada, trasnada : accións que fan os trstes ou trasnos

    Animalada

    AME-

    Trátase dun morfema de pouca productividade. É un morfema monolizador monovalente. A súa misión é formar substantivos. Todos eles son substantivos masculinos. O único significado que aporta é a idea de conxunto ou cantidade.

    O campo sufixal deste morfema é practicamente reducidísimo.

    Cordame: conxunto de cordas ou cabos que se utilizan nunha embarcación.

    Velame: conxunto de velas.

    Madeirame: conxunto de pezas de madeira que conforman a armazón dunha construcción.

    Pelame: conxunto de pelos dun animal.

    Dentame: conxunto de dentes, dentadura.

    Raizame : conxunto de raíces...

    Boa parte destes substantivos son moi pouco frecuentes

    -EIRO / -EIRA

    A terminación latina -ARIU/ -ARIA deixou abundantes derivados nas diferentes linguas romances. En cada unha desas linguas romances, con diversos significados paralelos.

    O latín valeuse desta terminación para crear non só substantivos que denotaban árbores, instrumentos e lugares, senón tamén para derivar substantivos de valor colectivo sempre a partir da idea de relación coa base sobre a que se ían formando distintos derivados.

    A nosa forma, a forma -eiro/-eira, conservou na súa totalidade todos eses valores, pero non se contentou, pois mesmo chegou a engadir algún valor máis. É o morfema derivativo de máis alta rendibilidade, e ademáis é o morfema de máis potencia creativa pola posibilidade que ten de extenderse a novas palabras. É un morfema moi productivo.

    Como sufixo nominalizador, capaz de formar substantivos, este morfema pode aparecer en combinación con dúas bases diferentes: con substantivos, e dentro desta combinación, o morfema é capaz de aportar catro significados:

    SUBSTANTIVO + EIRO/A:

  • Idea de conxunto; de intensidade.

  • Cabeleira: conxunto de cabelos

    Cancioneiro: conxunto de cancións

    Vidreira: conxunto de vidros que forman un debuxo

    Romanceiro: conxunto de romances

    Rueiro: espacio central que hai dentro das ruas

    Neboeiro: neboa espesa

    Poeiro: moito po

  • Clases de plantas ou árbores.

  • Maceira : árbore das mazás

    Castañeiro ou castiñeiro

    Abeleira : árbore que da abelás

    Amendoeira : : árbore que da améndoas

    Cerdeira, ou cereixeira: árbore que da cereixas

    Guindeiro : árbore que da guindas

    Laranxeira : árbore que da laranxas

    Limoeiro : árbore que da limóns

    Figueira : árbore que da figos

    Marmeleiro : árbore que da marmelos

    Oliveira : árbore que da olivas

    Melocotoeiro : árbore que da melocotóns

  • Algún tipo de recipiente / utensilio ou lugar onde deixar ou poñer algo.

  • Agulleiro : onde se poñen as agullas

    Azucreiro: onde se pon o azucre

    Moedeiro: onde se poñen as moedas

    Billeteira: onde se poñen os billetes

    Braseiro: onde se poñen as brasas

    Cinceiro: onde se pon as cinzas

    Palleiro ou palleira: onde se pon a palla

    Roupeiro onde se pon a roupa

    Xaboeira onde se pon o xabrón

    Xeonlleira onde se pon un remendo nos xeonllos

    Esterqueira onde se deposita o esterco

    Capoeira onde se deixan os capóns

  • Indicar diversos tipos de profesión ou de oficio.

  • Fogueteiro : persoa que traballa cos foguetes

    Oleiro: persoa que traballa coas olas

    Menciñeiro: persoa que cura os animais

    Ferreiro: persoa que traballa co ferro

    Prateiro: persoa que traballa coa prata

    Carcereiros: persoa que traballa na carcere

    Muiñeiros: persoa que traballa nos muiños

    Adegueiros: persoa que traballa nas adegas

    Carboeiros : persoa que traballa co carbon

    A outra base posible pode ser unha forma verbal e aquí vai aportar dous significados distintos o anterior.

    VERBO + EIRO/A:

  • Lugar onde se fai ou realiza algo.

  • Bañeira : lugar onde se bañan as persoas

    Espeteira : táboa de madeira con ganchos para pendurar roupa

    Sequeiro : lugar onde se secan as cousas

    Sementeiro : lugar onde se garda a semente

    Viveiro: lugar onde se garda a semente nacida

  • Acción ou resultado de...

  • Cegueira

    Malleira

    Molleira: resultado de mollarse

    Sementeira: accion ou resultado de botar os sementos

    Canseira : resultado de quedar canso

    Rodeira: rastro que un perfume vai deixando cando vai rodando

    Lideira: lidiar contra unha idea permanente

    -AXE / -EDO

    -AXE:

    É un morfema extraño pola súa procedencia. Discútese de donde ven ainda que se cree que procede da terminación francesa -age / -atge. Procedente dunha forma ou outra, amósase principalmente como un morfema derivativo moi pouco activo e só co paso do tempo vaise convertendo nun dos sufixos nominalizadores máis productivos de hoxe en día.

    Forma substantivos, todos en feminino. Na combinatoria compórtase de xeito que, ou se combina con substantivos ou con verbos, e nesas combinacións vai aportar dous significados que están estreitamente ligados co tipo de base da que parte o proceso derivativo.

    Se a base é un substantivo, a forma -axe coincide coa forma -eiro e aporta a idea de conxunto (A), pero se a base é unha forma verbal, o morfema aporta a idea de acción ou resultado de... (B)

    PALABRAS:

    SUBSTANTIVO + -AXE: (femininos):

    Correaxe: conxunto de correas

    Ferraxe: conxunto de ferros ou pezas de ferro que normalmente se utiliza de adorno

    Follaxe: conxunto de follas dunha árbore

    Plumaxe: conxunto de plumas

    Ramaxe: conxunto de ramas

    Roupaxe: conxunto de roupas que un leva

    Vendaxe: vend(a)+axe conxunto de vendas para unha mazadura

    Moblaxe: conxunto de mobles

    Cabalaxe:unidade de pontecia dun coche

    Liñaxe

    VERBO + -AXE:

    Vendaxe: acto ou resultado de vendar ou por unha venda

    Abordaxe: acto de acercarnos ou chocar dúas embarcacións

    Hospedaxe: acto de dar aloxamento, o que hay que pagar por estar en determinados sitios

    Viraxe: acto de cambiar de rumbo

    Aterraxe: acto de pousarse na terra un obxeto

    Sondaxe: acto ou resultado de sondar (en politica sondanse os votos= examinanase)

    Pillaxe: acto de pillar

    Etiquetaxe: acto de por rotulos identificativos a cada producto

    Beberaxe

    -EDO:

    É un sufixo nominalizador, comparado co anterior é moi menos fructífero, ten un campo moi reducido. Esta sendo suplantado na actualidade. Forma substantivos e aporta dúas ideas:

  • A idea de conxunto; normalmente con prantas ou árbores.

  • Sitio onde hai algo... Un conxunto de algo ou lugar,

  • PALABRAS:

    Carballedo: conxunto de carballos

    Xestedo/a: conxunto de xestas

    Viñedo: conxunto de viñas

    Acevedo: sitio onde abundan os acevos ou acivros

    Arboreda: conxunto de árbores

    Hai unha serie de palabras onde o morfema deixa de ter este valor e pasa a ter o valor de intensificación, de cousa grande

    Rochedo: rocha enorme

    Penedo: roca enorme

    -IA:

    É un morfema polivante dende o punto de vista gramático, procede dunha terminación grega homónima. Algunha das cales pasaron ó galego por vía culta. Esta terminación -ia, forma na derivación, unha soa clase de palabras: substantivos abstractos a partir de adxetivos ou substantivos, e en menor medida, tamén a partir de verbos, aportando estas combinacións, unha pluraridade de significados estreitamente ligados a clase de palabra que se use como base.

    En funcion do tipo de bas que se use temos distintos valores:

    Adxetivo + ía :

    Aporta un único valor; concepto de calidade ou unha característica que está relacionada có adxetivo; por exemplo:

    -Aleivoso (traidor) - aleivosía, (traición).

    -Ardente - ardentía; (estado propio das cousas que queiman / brillo que fai o mar cando hai un banco de peixes que moven as augas)

    -Covarde covardía

    louzán - louzanía , (estado de quen presenta ese adxetivo).

    -Mestre - mestría , (calidade propia desas persoas).

    -Sabedor -sabedoría, (conxunto de coñecementos).

    -Falador - faladoría; (característica da persoa que falta moito).

    -Teimoso - teimosía, (característica da persoa que teima).

    Subtantivo + ía:

    Aporta varios valores:

  • Idea de conxunto ou intensidade.

  • compaña / compañía

    fregués / freguesía, (conxunto de parroquianos e logo, por extensión, a extensión onde viven)

    regalo / regalía, ( conxunto de privilexios dos que unha persoa disfruta)

    Reversía, (disputa verbal)

    Maresía, (moito mar / olor que desprenden as augas)...

  • Idea de lugar; onde ou idea de profesión.

  • Asesor / asesoria

    Contador / contadoría. Actividade ou lugar onde se lle levan as contas a outras persoas

    Notario1 / notaría

  • Intensidade.

  • Inverno / invernía. Inverno excesivamente cru, duro

    1. cando teñamos palabras que rematan en -ARIO haberá un pequeño cambio, hai unha fusión entre o -i final de base e o -í inicial do morfema

    Verbo + ía:

    Indica concepto de acción de acto ou resultado / consecuencia de...

    Valer / valía: acto ou resultado de valer

    Garantir / garantía: seguridade dad por algo ou alguen de que algo é certo ou vaise cumprir

    Sangrar /sangría: acto de sangrar unha persoa

    -TOIRO/A / -DOIRO/A:

    Terminación latina; partindo de verbos fórmanse substantivos e adxetivos. Desta terminación latina viñeron ó galego dúas formas:

    A culta : -toiro, -toira...

    A patrimordial: -doiro, -doira.

    Cando hai un substantivo, a forma culta indica un valor onde se realiza a acción verbal; por exemplo:

    Dormitoiro :lugar onde se durme

    Auditoiro : lugar para escoitar

    Purgatoiro : lugar destinado para purgar as penas

    Cando hai un adxetivo, o morfema indica a idea de posibilidae, que pode ou que indique o verbo; por exemplo:

    Obrigatoiro : que pode obrigar

    Preparatoiro :que pode preparar

    Contradictoiro : que pode contradecir

    Satisfactoiro: que pode satisfacer

    A forma popular vaise combinar con verbos galegos para formar maiormente substantivos e, en menos grao, adxetivos.

    Cando o resultado é un sustantivo o morfema aporta 2 valores próximos pero non indenticos:

  • Indica espacio ou lugar especialmente habilitado onde se realiza determinada acción verbal

  • Bebedoiro :instrumenro pequeño ou grande que vale para beber

    Lavadoiro : recipiente onde se lava a roupa

    Vertedoiro : lugar onde se deposita o lixo e as cousas que se poden botar a perder

    Matadoiro : sitio onde se sacrifican os animais

    Sumidoiros : onde se evacuan as augas da chuvia

    Añiñadoiro: onde un paxaro aniña

  • Indicar utensilio, aparello, instrumento para realizar a acción verbal

  • Coadoiro : utensilio que permite purificar, coar algo

    Escorredoiro : aparato especial para escorrer os pratos

    Salgadoiro : recipiente de madeira onde se poñia a comida que se queria manter en sal

    Se o resultado e un adxetivo indica posibilidade

    Perecer / perecedoiro, aquelas cousas que comemos e que non duran moito tempo

    Morrer / morredoiro, que pode morrer

    Casar / casadoiro/a aquel/a que esté en idade de casar, que pode casar

    Hai unha forma que usamos para indicar a forma próxima que é vindoiro, (a que vai vir).

    -NZA / -NCIA

    Resultado populare -ncia un resutado culto, que provén do morfema -ntia, que se unía a verbos para crear substantivos e aportaba os valores de acto de, de acción de, feito de ... e outras. Resultado de en cousa que... Destas dúas solucións, aparece inicialmente en galego, formando parte dunha pequena serie de substantivos latinos, que o galego conservou a través dos cambios fonéticos:

    Credentia > crenza : acto de creer na cousa que cree un.

    Dolentia > doenza: acto de doer algo na parte de alguén que lle doe a un en alteración más ou menos grave do organismo.

    Habentia > habenza: a cousa que un ten. Conxunto de gando pequeño.

    Tenentia > tenza: a cousa que un ten. Cada unha das partes que se reparten entre todos.

    Pertenentia > pertenza. Cada unha das propiedades, acto de pertencer a algo ou alguen, cousa que pertence a algo ou alguen.

    Manutententia > mantenza, (alimento dun animal).-

    Temperantia > temperanza

    Cando unha norma de formacion de palabras da lugar a un número grande de palabras é normal que os falantes queiran externder, afianzar ese proceso, norma a partir de bases propias (non latinas)

    Verbo galego + nza: como resultado imos ter outras palabras nosas:

    Acordar - acordanza feito de acordar unha cousa

    Lembrar - lembranza acto de lembrar unha cousa

    Mudar - mudanza acto de cambiar

    Esperar - esperanza cousa que un espera

    Semellar - semellanza resultado de parecerse entre sí

    Folgar - folganza resultado de non estar ocupado en nada

    Loar - loanza resultado ou acto de eloxiar a alguén

    Saber - sabenza feito de saber

    Andar - andanza feito de recorrer distintos lugares

    Tardar - tardanza atraso, demora...

    Xuntar - xuntanza acto de xuntarse

    Ferver - fervenza, salto de auga cando cae, feito de que unha corrente de auga caia dunha altura

    Veciñar - veciñanza feito de ser veciños duas ou mais persoas

    PALABRAS CULTAS: -ncia; presente nas formas modernas que están permanentemente entrando no galego; exemplo:

    Vagar/vagancia non traballar

    Maledicencia : acto de falar mal de outra persoa

    Beneficencia : acto de facer ben a algo ou a alguén

    Conveniencia : resultado que conven

    Comenencia : interes egoista

    Vixilancia : acto de observar, vixilar

    Nacencia ou nascencia : acto ou resultado de nacer un

    Case todas son de formación culta e teñen case a mesma forma:

    Residencia - feito de vivir en ... edificio onde se vive.

    -EZA/-EZ:

    º.

    Imos ter unh forma culta da forma -eza popular:

    Cupiditia - cobiza; justitia - xustiza, xusteza, moleza...

    Extenden e propagan ese uso a outras formas galegas, esa combinación aporta o valor de propiedade, característica ou maneira de ser; exemplo:

    afouto - afouteza, bravo - braveza, barato - barateza, cru - crueza...

    -eza: combina con adxetivos paraxítonos ou graves

    -ez: palabras esdrúxulas.

    Franco - franqueza, cativo - cativeza, lixeiro - lixeireza ...

    Exemplos con -ez: ríxido - rixidez, limpo - limpeza, lívido - lividez, nítido - nitidez, fríxido - frixidez ...