Lenguaje, Gramática y Filologías


Lengua gallega


1CONFLITO LINGÜÍSTICO. Definición causas consecuencias.

A situación lingüística actual no mundo é o resultado dun longuísimo proceso histórico que provocou que moitos centros de poder se fosen impoñendo en territorios alleos e as súas linguas oficiais se fosen superpoñendo ás autóctonas. Esta superposición acaba en moitos casos coa desaparición da lingua autóctona: o caso do latín en Gallaecia. Esta situación é definida como SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA.

Noutros casos as dúas linguas conviven dentro da mesma comunidade, aínda que con

usos distintos: unha convértese en DOMINANTE (tamén chamada lingua A ou lingua de cultura) e ocupa os ámbitos socialmente relevantes (escrita, cultura...) e a outra convértese en lingua DOMINADA (tamén chamada lingua B, lingua minorizada ou idioma cuberto) e o seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste caso falamos de CONVIVENCIA DIGLÓSICA e prodúcese un conflito entre as dúas linguas. No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV: o castelán é a lingua dominante e o galego é a dominada. Algo semellante sucede nas demais comunidades españolas con dúas linguas. O CONFLITO LINGÜÍSTICO non é máis que o reflexo das tensións sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante. A resolución do conflito é imprevisible. Será a lealdade lingüística dos falantes así como a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas as que provocarán que se resolva: ou coa SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA da Lingua B pola Lingua A, ou coa plena NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, isto é, coa recuperación pola primeira dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda. Tamén hai que supón que se pode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica

2. LINGUA MINORIZADA E LINGUA MINORITARIA. Definición. Semellanzas e diferenzas.

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social

existente dentro dela: unha das linguas -a dominante- vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra -a dominada- e provocando a súa substitución. A esta lingua, dominada ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén LINGUA MINORIZADA e é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou depreciada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua DOMINANTE O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua MINORITARIA que é só cuantitativo (cantos a usan?) Pode suceder que unha lingua minorizada sexa a maioritariamente falada na comunidade lingüística (o caso do galego),ou pode que non. A complexidade da composición social da poboación en moitas áreas así como os continuos movementos desta fan imposible un acordo sobre o número de linguas que se falan no mundo así como sobre o número de falantes de cada unha.

No caso europeo, sabemos que case todos os Estados actuais son plurilingües (agás

Portugal e algún máis) e a coexistencia das diversas linguas dentro das comunidades

pertencentes a eses Estados prodúcese no plano da diglosia (excepto en Suíza e Bélxica, pero só na teoría). Hai polo tanto gran cantidade de linguas minorizadas, pertencentes a comunidades que en moitos casos están divididas por fronteiras políticas, como o éuscaro ou o catalán, xa que non sempre os límites dunha comunidade lingüística ou dunha Nacionalidade Histórica coinciden cos dun Estado Moderno. O status e o nivel de uso das diversas linguas minorizadas, case todas minoritarias tamén, son moi distintos: O Gaélico , lingua oficial de Irlanda, sobrevive como lingua case “ritual”.

O Bretón , o Occitano, ou o Corso sofren historicamente, igual que o Catalán e o

Éuscaro, os embates centralistas do Estado francés que, en certos momentos, chega mesmo a prohibir a súa fala. Consideración parecida merece o Romanche na Suíza, e o Sardo - lingua da illa de Sardana - ou o Friulano no Estado italiano.É dentro do actual Estado español onde as linguas minorizadas (galego, catalán e éuscaro) gozan de maior status e son usadas en ámbitos impensables para as anteriores.

3BILINGÜSMO eDIGLOSIA.Definición,causas, consecuencias.

Referíndonos ás comunidades con dúas linguas, considérase BILINGÜISMO a

capacidade individual de facer uso dos dous idiomas. A DIGLOSIA ten un significado social: É unha conduta caracterizada por unha lingua que se usa en determinados ámbitos e outra lingua que se utiliza noutros (lingua A-escrita, cultura, poder- e lingua B -familiar, coloquial-). A diglosia implica, pois, o bilingüismo, pero pode haber individuos bilingües sen comportamentos diglósicos. As causas da existencia da diglosia son históricas e teñen que ver cos diversos poderes que se foron impoñendo neste tipo de comunidades lingüísticas nas que as súas linguas se foron tamén superpoñendo ás autóctonas. O prestixio da ingua imposta -dominante- permitiulle gozar non só dun status social superior: de ensino oficial, escrita, culta... senón que acabou tamén conseguindo que os falantes da lingua dominada acabasen sufrindo a “AUTOXENREIRA”: a crenza de que a súa lingua era inferior e , polo tanto, inútil para o éxito social. Desta maneira fíxose corrente a deserción lingüística de moitos destes falantes. En moitos casos o prestixio da lingua dominante acabou influíndo no propio código da dominada ata conseguir que, ás veces, esta se teña convertido nunha mestura das dúas. Isto sucedeu en Galicia durante catro séculos: galego cheo de castelanismos. Só no século XX as condicións sociopolíticas permitiron a recuperación tanto do status como do “corpus” do galego. Pero esta distribución de funcións propia das situacións diglósicas non é estable. O prestixio das linguas cambia precisamente polas funcións que cumpren e polo tipo de falantes que as utilizan, é dicir, mediante o cambio desas normas sociolingüísticas pode facerse normal o uso da lingua dominada en situacións nas que non o era (universidade, por exemplo).O caso do catalán é representativo: O prestixio social dos falantes (a burguesía autóctona nunca o abandonou) así como unha axeitada política lingüística estalle permitindo

unha recuperación espectacular porque desaparece a diglosia.

4. A DIVERSIDADE PLURILINGÜE E PLURICULTURAL DE ESPAÑA.

Identificación das linguas, territorio que ocupan e marco legal en que se

desenvolven.( O galego é a lingua materna de 1´8 millóns de europeos (5% de España), o catalán de 2´95 (9%), o éuscaro de 365. 000 persoas (1%) e o castelán de 32 millóns (89%) -Comisión europea, enquisa dos idiomas, febreiro, 2006)

A Constitución Española, en vigor desde o ano 1978, recoñece o PLURILINGÜISMO

dentro do Estado, aínda que este non é igualitario. Recoñécese a lingua castelá como oficial de todo o territorio estatal. Todos os cidadáns teñen o deber de coñecela e o dereito de usala Recoñécense tamén como linguas cooficiais nos seus respectivos territorios o galego, o catalán, o valenciano e o éuscaro; pero nestes casos non se cita o deber de coñecer estas linguas, só o dereito de usalas. Posteriormente, no comezo dos anos oitenta, cada unha destas Comunidades ou Nacionalidades Históricas aprobou o seu correspondente Estatuto de Autonomía e comezou a regulación do uso das linguas autóctonas. O ÉUSCARO ou vasco (sobre 700.000 falantes) é lingua cooficial nas tres provincias que configuran a Comunidade Autónoma de Euskadi, onde ten unha recuperación espectacular nas últimas décadas, aínda que tamén se utiliza en amplas zonas de Navarra e en tres departamentos que hoxe forman parte do Estado francés. No ensino pódense escoller tres modalidades: en éuscaro (con castelán) -bilingüe- en castelán (con éuscaro). Era a menos utilizada pero estase a recuperar grazas ao ensino e á política lingüística do goberno vasco. O CATALÁN (sobre 7.000.000 de falantes, co valenciano)é lingua cooficial nas catro provincias que forman a Comunidade Autónoma catalá así como na Comunidade Balear. É tamén cooficial no Principado de Andorra. A súa valoración social foi sempre alta e ten un bo prestixio entre as clases altas. É a que goza dun mellor estatus tanto legal como de uso. O sistema educativo, con todas as materias en catalán (agás lingua castelá) consegue que os fillos dos inmigrantes na área urbana de Barcelona aprendan a lingua propia. O VALENCIANO -Unha variante do catalán, aínda que para algúns é unha lingua diferente- é cooficial nas tres provincias da Comunidade valenciana. O GALEGO (sobre 2.200.00 falantes) é recoñecido como lingua propia de Galicia polo Estatuto de Autonomía do ano 1981. Posteriormente, no ano 1983, o Parlamento galego, a proposta da Xunta, aproba a Lei de Normalización Lingüística, na que se declara que o galego será a lingua de todos os Organismos autonómicos, que deberán comprometerse en acadar a súa Normalización.

Non só se fala galego en Galicia senón tamén en dezaoito concellos, pertencentes a

Asturias, León e Zamora. Actualmente estanse a desenvolver programas para que nalgúns deses concellos se poida impartir o galego como materia optativa en certos niveis do ensino. Tres concello de Cáceres conservan unha variedade de galego procedente da lingua medieval. O Aranés (Val de Arán, 6.000 falantes). Está recoñecido polo Estatut catalán. O astur-leonés (recoñecido polo Estatuto asturiano, mais non é cooficial). O aragonés. O mesmo caso.

5 O GALEGO ENTRE 1900 E 1936

Aínda que a política do poder seguiu a ser completamente oposta á recuperación das

linguas distintas ao castelán, ausentes do ensino e de todo uso oficial, nesta época vanse

producir uns logros moi importantes na loita pola recuperación do galego e contra a asimilación á que parecía condenado. No 1906 fundouse a REAL ACADEMIA GALEGA, aínda que este feito ficou desgraciadamente no plano simbólico. O seu labor normativizador foi case nulo. Un dos logros desta etapa foi o grao de cultivo da lingua tanto na literatura como no ensaio e na prensa, pero, sobre todo, como lingua oral formal, en conferencias, actos públicos e reunións. No plano literario, a lingua ampliou os seus ámbitos de uso: desenvolveuse principalmente a prosa narrativa e a poesía, pero foron tamén importantes os ensaios científicos e divulgativos, as traducións de textos estranxeiros (Revista Nós). As organizacións políticas e culturais galegas que nacen nesta época: IRMANDADES DA FALA, PARTIDO GALEGUISTA, SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS son monolingües en galego. A lingua é para os seus membros o principal signo de identidade. “ se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma” (Castelao) Foron estas organizacións, declaradamente nacionalistas, as que iniciaron a loita pola oficialidade do idioma galego e pola súa introdución nos ámbitos escolar, administrativo e xudicial. No ano 1036, durante a República, conseguiu gañarse o plebiscito para a aprobación do primeiro ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA, no que se recoñecía a cooficialidade de galego e castelán, pero non tivo efecto, xa que a legalidade republicana foi abolida polos militares que gañaron a Guerra Civil iniciada ese mesmo ano. Comeza entón a longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro) da nosa lingua e cultura.

6. O GALEGO ENTRE 1936 E 1975

Despois do triunfo das tropas franquistas NA GUERRA CIVIL (1936-39), a ditadura

militar instaurada polos vencedores, que tiñan unha ideoloxía baseada nunnacionalismo español exacerbado, practica contra os intelectuais galeguistas unha represión feroz e a lingua galega perde toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público. O uso do galego é só familiar e coloquial, sentido como lingua da aldea e os propios falantes senten vergoña da súa lingua. Neste proceso a ditadura conta con medios moi poderosos: a escola e a Igrexa. A cultura galega só sobrevive no exilio americano. Aínda así, despois do triunfo aliado na 2ª Guerra Mundial, aparecen os primeiros indicios de recuperación para o galego. Os escasos continuadores do movemento galeguista, conscientes de que calquera actuación de fomento e cultivo da lingua era sentida como contraria á unidade nacional española, centraron a súa actividade no plano cultural. Nesta recuperación tiveron un papel importante a EDITORIAL GALAXIA (creada no 1950) e a revista Grial. Nestes anos prodúcese un enorme éxodo de poboación agraria cara as cidades, xa castelanizadas, e isto, unido á opresión política, provoca a deserción lingüística de moitos falantes, sobre todo das novas xeracións. O castelán vai ser a lingua urbana. Nas décadas dos sesenta e setenta incrementouse a actividade política clandestina coa creación de partidos políticos nacionalistas -UPG e PSG - . Creáronse tamén por toda Galicia asociacións culturais orientadas ao cultivo e á difusión da lingua e da cultura galegas. Como froito destes movementos, na década dos setenta prodúcese un fenómeno novo para o galego: moitos rapaces e rapazas que tiñan o castelán como lingua primeira aprenderon o galego e comezaron a defendelo e promovelo. Por primeira vez o galego entrou na prensa e na radio, e tamén na universidade extraoficialmente.

7. O GALEGO DO 1975 Á ACTUALIDADE. Marco legal.

No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a

CONSTITUCIÓN actualmente en vigor. Establécese nela a cooficialidade de galego e castelán en Galicia. O recoñecemento oficial prodúcese no ano 1981, no ESTATUTO DE AUTONOMÍA, que establece que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua”. No ano 1983 entrou en vigor a LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, que regula o seu uso nas diversas administracións e servizos. O galego pasa a ser lingua oficial da administración autonómica: da Xunta de Galicia e todas as súas Delegacións e do Parlamento. Con lixeiras excepcións a lexislación cúmprese. O seu ensino é obrigatorio nos niveis de ensino Primario e Medio, onde se establece tamén que polo menos dúas materias máis deberán ser impartidas nesta lingua. No ensino universitario xa non rexen estas normas. En setembro de 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445 medidas destinadas a potenciar o galego. En setembro de 2005 o Consello de Europa recomenda que en Galicia o ensino sexa

“principalmente en galego”. Moi distinta é a situación noutras administración e Institucións : está case ausente no ámbito da administración do Estado e da xudicial. A Igrexa Católica permite o seu emprego nas misas, pero a súa xerarquía, case toda foránea, prescinde practicamente dela. Cualitativamente hai que recoñecer que o galego está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables: é a lingua case exclusiva nas actividades políticas, institucionais, universitarias e culturais. Mesmo parece que o seu uso comercial é economicamente rendible e prestixia certos produtos. Cada vez un maior número de profesionais liberais utiliza normalmente esta lingua. Tocante ao plano cuantitativo, a realidade é, porén, cada vez máis negativa: a perda do número de falantes segue acelerándose. Se ben se recoñece que o seu uso é, en xeral, maioritario, todas as enquisas indican que este uso decrece segundo é menor a idade dos entrevistados. Ata hai pouco tempo era a lingua exclusiva no ámbito rural, pero xa non o é. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas cidades, cada vez é máis minoritaria

8. A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO. Estado actual e perspectivas da lingua galega

Normalizar unha lingua significa convertela en vehículo habitual e normal de

comunicación entre os cidadáns dunha comunidade en todas as súas actividades. Por iso cómpre unha planificación lingüística que evite a presión que o castelán exerce sobre o galego provocando a súa marxinación e perda de falantes. O actual marco legal establece para o galego unha serie de posibilidades mediante a creación dunhas institucións, tanto públicas como privadas, que teñan como finalidade a recuperación e a normalización da lingua. No ámbito público, a institución de rango superior é a SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, dependente do Presidente da Xunta. Existen tamén moitos servizos de normalización lingüística en concellos, universidades, etc. No plano privado, foron tamén xurdindo organizacións con esta mesma finalidade: a Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Galicia-Empresa... O proceso está agora nun momento decisivo. Nunca, desde a Idade Media, o galego dispuxo de tantas armas: oficialidade, mellora na consideración social, presenza no ensino e na cultura. Pero, por outro lado, nunca o perigo de substitución foi tan claro: ausencia importante de transmisión xeracional, presenza mínima nos

medios de comunicación de masas... A cultura agraria e mariñeira, que mantivo a lingua, está a desaparecer; aínda que é certo que está a medrar unha nova adhesión noutros ámbitos. Pero esta corrente regaleguizadora non compensa a perda progresiva de falantes. Se esta dinámica continúa, a medio prazo, o galego pode converterse nunha lingua “ritual”. Este curso por primeira vez comezan a funcionar as galescolas para os máis pequenos e uns 800 alumnos de primaria escolarizaranse en galego. É pouco mais haberá que ver no futuro se continúa a ampliarse. Só a lealdade lingüística, froito dun compromiso individual, pero tamén económico e social, poderá evitalo. Ademais a aposta pola lingua dos grandes poderes políticos e empresariais será un factor decisivo.

Neste século XXI temos que ter en conta o uso do galego na internet. É unha nova arma moi interesante para a xente que está fóra. Hai moitos foros, chats, blogs nos que é frecuente o galego. Despois de moito loitar temos o Office e o Windows en galego, ademais dos correctores ortográficos adecuados. Dispoñemos xa de tradutores gratuítos galego-castelán, castelán-galego.

9. O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS ESCRITOS E AUDIOVISUAIS.

Os medios de comunicación representan na sociedade actual o instrumento máis poderoso para o asentamento de valores socioculturais e tamén lingüísticos: un idioma sen presenza neles camiña cara a súa marxinación. Desde os anos setenta do século pasado, nos últimos anos da ditadura e, xa despois, no período democrático, fóronse dando pasos para incorporar o galego aos medios escritos: en semanarios de información xeral, como Teima ( que só durou dous anos), A Nosa Terra, que sobrevive desde o ano 1977; revistas mensuais, como Tempos Novos, e tamén revistas máis especializadas, como Luzes de Galiza, Encrucillada... Na prensa diaria a presenza do galego é irrelevante: os xornais dedican ao galego, agás algunhas colaboracións, espazos conmemorativos de acontecementos culturais (Día das Letras Galegas) ou noticias relacionadas con ese ámbito. Hai que salientar a existencia (desde 1994) dun diario integramente en galego: Galicia Hoxe (con escasa difusión). Un feito moi interesante é o xornal gratuíto en galego delunsavenres (www.l-v.es), que saíu en decembro de 2006 con 50.000 exemplares. A revista actual con máis tirada e con moito texto en galego é a que a empresa R envía aos seus clientes.Actualmente son os medios audiovisuais as que teñen unha maior influencia social.Tamén neste ámbito os datos da presenza do galego son moi desfavorables: No ámbito radiofónico, só a Radio Galega, emite totalmente en galego pero ten moi pouca audiencia no medio urbano. Nas demais, tanto públicas como privadas, a ausencia do galego é case total ou limítase a algunha conexión. No ámbito televisivo, o galego só aparece habitualmente na TVG desde 1985-un dos factores normalizadores máis importantes nos cativos- e nalgúns programas rexionais de TVE. Nas televisións privadas ou vía satélite o galego está absolutamente ausente menos nesta tempada en que La Sexta vai ofrecer na TDT os partidos do sábado en galego (é de salientar o uso positivo do galego por parte de R). En Internet hai en galego varios buscadores especializados, o máis importante dos cales é hoxe vieiros.com. Case todas as institucións galegas teñen páxinas Web, ás que se pode acceder en varios idiomas, entre eles o galego. E a mensaxería? Parece que moita xente nova utiliza o galego nos seus SMS. Tamén se está a loitar por un domino galego na rede (.gal)

1 NORIEGA VARELA E RAMÓN CABANILLAS. Obras representativas e características da súa escrita.

  • Antonio Noriega Varela ( Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947) É o máis vello dos poetas da xeración que M Ferrín chama “Antre dous séculos”, queserve de ponte coa poesía decimonónica. Ë autor dunha soa obra que foi ampliando durante toda a súa vida: na primeira edición, que data de 1904, o título é Montañesas; desde a terceira, de 1915, pasa a denominarse Do ermo. O cambio de título serve para distinguir un cambio de tendencia na súa obra, na que se distinguen dúas etapas:Ruralismo costumista na liña do século XIX. A única razón pola que destaca entre outros moitos contemporáneos é polo dominio da lingua, que tan ben coñece, e da métrica popular. A temática redúcese á descrición da paisaxe e á glosa da vida ruda dos campesiños e as alegrías festeiras. A súa calidade literaria resulta ás veces mediocre.

Lirismo da natureza. Aínda que os motivos sigan a ser as paisaxes montañesas, a súa poesía vólvese culta e refinada, de técnica impresionista. Cántalle ás pequenas cousas: flores, fontes, neve..., cunha actitude franciscana, relixiosa, de aprecio unicamente polo humilde, convertendo cada canto nunha especie de oración. Destacan os sonetos influenciados polos poetas portugueses (Antero de Quental, Teixeira de Pascoais)

  • Ramón Cabanillas Enríquez Cambados, (1876 - 1959) É o poeta máis coñecido da época, na que é coñecido como “O Poeta da Raza”. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (a nosa tradición) e introduce elementos renovadores modernistas. Pódense distinguir catro etapas na súa obra:

1.- A Etapa pregaleguista ou agrarista (até 1915). Nela esta No Desterro (1913) e Vento Mareiro (1915). De forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), nos dous libros altérnanse poemas intimistas, costumistas e agraristas (anticaciquil). Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención do Foro, son os máis coñecidos. Algúns poemas como “Acción gallega” ou “A Basilio Álvarez” chegan a ser símbolos populares converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros. Hai tamén poemas costumistas d influencia modernista.

2.- Etapa galeguista (1916-20). O libro representativo desta etapa é Da Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.

3.- Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres longos poemas narrativos: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”, que compoñen o libro Na Noite estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. E unha reconstrución mítica do pasado. No mesmo ano escribe con A. Villar Ponte a peza teatral O Mariscal, coa mesma intención que a anterior.

4.-. Etapa de posguerra (1950-59 ) Non escribe poesía desde 1930 até 1950. Da miña zanfona ( 1954) e Samos (1958), libros cheos de desenganos e morriña. Neste último, evocador e panteísta, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.

2. MOVEMENTOS DE VANGARDA. Características. Autores e obras.

Os movementos vangardistas (do francés avant-garde ) nacen en Europa nos comezos do século XX.Orixinariamente son pictóricos, pero son adoptados polas demais artes. Só teñen en común a reacción estética contra o establecido, pero as súas propostas son moi diferentes. Tamén son coñecidos como “ismos”: cubismo, surrealismo, dadaísmo, etc... Os vangardistas galegos (nados en torno ao 1900) rompen coa tradición poética de sentimentalismo, folclorismo e paisaxe. Danse a coñecer nas revistas: Ronsel, Alfar, Cristal. En Galicia o movemento vangardista manifestouse fundamentalmente na poesía CREACIONISMO. Os creacionistas consideran que a arte non debe imitar nin explicar a realidade: debe ser unha realidade autónoma, o poeta é como un deus que crea o seu mundo. O seu principal representante é MANUEL ANTONIO Pérez Sánchez (Rianxo, 1900-1930). De catro a catro. (1928) é o seu libro máis importante. Son 19 poemas nos que domina a monotonía, o estatismo (coma o navegar): o mesmo escenario, as mesmas palabras, as mesmas imaxes. A paisaxe é o MAR: Mar, Lúa, Estrelas, Sol, faros, gaivotas, barco, velas, horizontes, faros... non é unha descrición do mar, os mariñeiros, a súa vida..., non, trátase de imaxes vangardistas, rompedoras; é unha paisaxe interpretada, interiorizada. SURREALISMO: ÁLVARO CUNQUEIRO. (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) Escribe Mar ao norde (1932), Poemas do si e non, de tema amoroso (1933). Cunqueiro practica un surrealismo ao seu modo: fundamentalmente hai nos seus poemas liberdade, recollendo elementos de todos os ismos, de toda a literatura que coñeceu. Non hai nel automatismo nin dramatismo, típicos do movemento surrealista. HILOZOÍSMO (animismo). Baixo unha forma tradicional -estrofas popularespreséntasenos, a base de imaxes vangardistas, unha natureza viva, aberta aos sentidos, sobre todo ao auditivo e visual. O poema deshumanízase (non está a persoa) e a paisaxe humanízase (compórtase como unha persoa). Só é vangardista nas imaxes. O máis coñecido e imitado hilozoísta é Luís AMADO CARBALLO. (Pontevedra, 1901-1927) Escribe Proel (1923) e O Galo, póstumo NEOTROBADORISMO: Non é propiamente un vangardismo, senón unha reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Os poetas recrean a estética das cantigas de amigo, de amor e de escarnio (refrán, paralelismo, leixa-pren, natureza). Ten moitos cultivadores e cultivouse despois da guerra. Os principais representantes son: Fermín BOUZA BREY. (Ponteareas, 1901-Compostela, 1973) Escribe Nao senlleira, (1933) que inicia a corrente recollendo e adaptando certas características formais da poesía medieval. ÁLVARO CUNQUEIRO, que escribe Cantiga nova que se chama riveira en 1933. É o representante máis significado. Combina a imaxe vangardista con esquemas métricos tradicionais. Mesmo os seus poemas foron musicados por Amancio Prada. XOSÉ Mº ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (Cancioneiro de Monfero, 1953) é o que mellor imita a poesía medieval (facéndoo pasar por un auténtico cancioneiro medieval).

3 A XERACIÓN NÓS. Características. Autores e obras.

Recibe este nome un grupo de persoas que funda e colabora na revista NÓS (1920-

1936). Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo ourensán) e tamén Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Lousada Diéguez. Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados: cosmopolitismo simbolista, dandismo,.. É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. Castelao é distinto: provén do agrarismo e ten unha procedencia social popular. Todos eles son políglotas, moi cultos, e participan en todo tipo de actividades de signo galego da época: Seminario de Estudos Galegos, Irmandades Da Fala, Partido Galeguista... Os homes do grupo NÓS son: europeizadores, iniciadores do ensaio en galego, creadores da moderna prosa galega e colaboradores co Seminario de Estudos Galegos.

VICENTE RISCO: (Ourense, 1884-1963). Teoría do Nacionalismo Galego (ensaio, 1920): foi o libro guía dos galeguistas antes da II República, o ideario das Irmandades da Fala. Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (relato-1919): a maxia, o esoterismo e o mundo de ultratumba. O porco de pé (1928): obra de sátira e parodia protagonizada polo comerciante de Auria D. Celidonio, que chega a alcalde. O estilo caracterízase pola abundancia de enumeracións e a imitación de diversos discursos da época. O bufón d-el Rei, 1928: teatro.

RAMÓN OTERO PEDRAYO (Ourense, 1888 - 1976) Autor dunha longa e importante obra narrativa, ensaística e teatral, destacamos:

-Os camiños da vida (1928). Novela longa que retrata as correntes dominantes no século XIX en Galicia aproveitando dúas familias fidalgas: Os Doncos e os Puga. Está moi ben retratada a decadencia da fidalguía e a aparición das ideas galeguistas. Arredor de si (1930) é unha novela sen acción exterior, que se desenvolve na mente do protagonista, Adrián Solovio. É a crónica dunha peregrinación, interior e exterior, á busca da propia identidade dun mozo que se atopa a si mesmo no seu país e no ser colectivo de Galicia, célula de universalidade.

-Contos do camiño e da rúa (1932): 7 relatos. “O fidalgo”, o 1º de todos, é considerado como unha das mellores mostras da narrativa breve galega.

Teatro: A lagarada (1928) é unha traxedia rural co mundo do viño como fondo. Teatro de máscaras (escritas no 1934 e publicado no 1975). Son 16 pezas, conxunto de ideas para posibles escenificacións. Historia de Galicia (1962), Guía de Galicia (1926), no ensaio

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO. ( Rianxo, 1886- Buenos Aires, 1950)

- POLÍTICO. Inicia a súa actividade na loita anticaciquil en Rianxo, pasando polo agrarismo, as Irmandades da Fala, a constitución do Partido Galeguista, deputado nas Cortes dúas veces, principal loitador no 36 polo Estatuto de Autonomía... Despois da guerra participa no 1944 na constitución do Consello de Galicia, do que sempre foi presidente e chegou a ministro sen carteira do goberno republicano no exilio.

-ARTISTA GRÁFICO: Faceta destacadísima que o fixo moi coñecido. Denunciou todas as mágoas que feriron a súa sensibilidade. Cincuenta homes por dez reás (1930), álbum Nós (1931), Os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia e Milicianos,(1938), Os Debuxos de negros, (1940)

- ENSAÍSTA.: Conta cunha extensa obra teórica no campo da arte: Arte e galeguismo (1919), As cruces de pedra na Galiza (1950), As cruces de pedra da Bretaña (1930), etc. Sempre en Galiza, (Buenos Aires 1944 ) Converteuse na biblia do galeguismo despois da guerra civil. É unha suma de artigos escritos en anos diferentes. Partindo de ideas propias e alleas elabora unha teoría do nacionalismo, comenta a actuación da República, etc.

-NARRADOR: Tenrura, humor e denuncia social.

-Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), novela curta na que utiliza o recurso do manuscrito atopado, desenvólvese no mundo de ultratumba.

-Cousas (1926 e 1929), son 45 relatos moi curtos coa súa correspondente ilustración. Hai humor (que arranca da dor e como defensa contra esa mesma dor), denuncia dunha realidade inxusta e posiciónase ao lado dos máis débiles.

-Os dous de sempre (1934). Tanto o título como o debuxo da portada (un paxaro e un sapo) indican que trata de presentar os dous tipos humanos fundamentais: Quixote = actividade =RAÑOLAS / Sancho=pasividade = PEDRO. Lembra o xénero picaresco co seu heroe/antiheroe.

-Retrincos (1934). Son cinco relatos sobre cinco momentos autobiográficos (O segredo, O inglés, O retrato, Sabela e Peito de Lobo).

-DRAMATURGO: Os vellos non deben de namorarse (1941). "farsa en 3 lances": O tema da obra (estreada en Buenos Aires, 1941 e publicada por 1ª vez no 1953) é tópico e universal, os amores de vellos con mozas. É a obra de teatro galega máis coñecida e máis veces representada.

4 A LITERATURA GALEGA NO EXILIO. Características. Autores e obras.

En Galicia a nosa lingua foi retrotraída á categoría de dialecto, de castelán mal

falado. A nosa cultura popular foi convertida en manifestación de aldeanismo para un

amplo sector da poboación. O ser galego empezou a sentirse como equivalencia do

atraso. A literatura galega deixou de existir como manifestación pública durante case un decenio. América Latina vai ser o refuxio de moitos exiliados, que evitarán que o facho da cultura galega se apague: de 1940 a 1944 publícanse en América 18 libros en galego e varios en castelán sobre a nosa cultura, aquí nada de nada. Buenos Aires pasa a ser a capital da cultura galega. Alí os intelectuais galegos organízanse e editan revistas que a manteñen viva (Galicia, Céltiga), fanse programas de radio (Blanco Amor) ou danse conferencias (Castelao). Nesta cidade estréase no 1941 Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, pola Compañía Galega Maruxa Villanueva, dirixida polo tamén autor teatral Manuel Varela Buxán. En Buenos Aires ou Uruguai aparecerán libros fundamentais como A esmorga (1959), Memorias dun neno labrego (1961); ademais de Sempre en Galiza, a Obra Completa de Cabanillas...Algúns dos autores son:

  • LUÍS SEOANE, (Buenos Aires, 1910-A Coruña, 1979) poeta, ilustrador, deseñador e editor de moitos libros (un dos grandes da pintura galega do XX). Dos 4 libro de poesía que escribe, destaca o primeiro: Fardel de eisiliado (1952). É un libro que supón a recuperación da poesía cívica e é un precursor da poesía socialrealista, ou “de compromiso” que imperará na nosa literatura nas décadas seguintes. O principal tema é a emigración como colectivo explotado a través da historia.

  • LORENZO VARELA. (A Habana, 1916 - Madrid, 1978) Fillo de emigrantes, naceu nun transatlántico. Escribe dous libros de poesía en galego, o máis significativo dos cales é Lonxe ( 1954 ). Dúas temáticas dominan o libro: unha mítico-histórica

baseada na guerra civil na que canta ós guerrilleiros anifranquistas e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio.

  • EMILIO PITA (A Coruña, 1909 - Madrid, 1978). Emigrante e activista político. O seu libro poético máis salientable é Jacobusland. (1942) Libro onde se pon de manifesto a traxedia da Guerra Civil e se ve con nostalxia a natureza galega.

  • EDUARDO BLANCO AMOR O Blanco Amor bonaerense é fundamentalmente un autor teatral. Cre que o teatro é unha arma magnífica para que o público coñeza a terrible realidade da Galicia do momento. Escribe moitas pezas entre as que destacan O cantar dos cantares, Farsas para títeres, Teatro prá xente. Pero en Buenos Aires publica tamén unha novela que será considerada como o punto de partida para a renovación da narrativa galega contemporánea : A esmorga.

Outros narradores salientables do exilio son Silvio Santiago (Villardevós), Neira Vilas

(Memorias dun neno labrego) e Ramón de Valenzuela. (Non agardei por ninguén)

5 TENDENCIAS DA LÍRICA NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XX. Grupos de poetas

En 1946 aparece o 1º libro orixinal en galego: Brétemas mariñás de C. Luís Crespo. No 1949 nace en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida literariamente por Celso Emilio Ferreiro, na que publican autores como Pimentel, Manuel María ou M. Cuña Novás. En 1950 nace a Ed. Galaxia, eixo da resistencia cultural. Segundo a época de nacemento podemos sinalar: XERACIÓN DO 36. Nados entre 1910-20, coñeceron a guerra civil. Son poetas que publican, normalmente en castelán e galego, de culturas moi diferentes e, polo tanto, de estilos moi diferentes. Algúns seguen a corrente de Paisaxismo ruralista, como Aquilino Iglesia Alvariño ou Díaz Castro (Galicia, a natureza, o amor, a morte). Outros son neotrobadoristas, como Alvarez Blázquez. ou intimistas rosaliás, como María Mariño. PROMOCIÓN DE ENLACE. Nados entre 1920-30: Antón Tovar, Luz Pozo Garza, M. Cuña Novás. Tampouco son un grupo coherente,cada quen trata de buscar o seu estilo propio. influenciados polos vangardistas galegos dos anos vinte (neotrobadorismo e imaxinismo/hilozoísmo) e pola Xeración do 27 castelá (sobre todo Lorca). Viven en plena posguerra e aportan a temática da angustia existencial. A POESÍA SOCIAL: CELSO EMILIO FERREIRO. En 1955 publica O soño sulagado. A perda da inocencia e dos soños, a angustia existencial, o amor, o antibelicismo e a emigración son os principais temas.Longa noite de pedra (1962) un dos libros de poesía de máis resonancia neste século.Tivo moitas edicións e éxito dentro e fóra de Galicia. O título do poema inicial e do propio libro foi interpretado como un símbolo da situación de España durante a ditadura. libro que o consagrou como poeta comprometido (esa era a súa concepción da poesía). No libro coexisten dúas grandes liñas temáticas, que se entrecruzan: a liña crítico-social, que defende os marxinados e oprimidos, denuncia os opresores, defende a lingua como marca de clase e, de xeito novidoso dentro da nosa literatura, fala do mundo dos obreiros. A liña lírico-intimista, continuación do seu primeiro libro. En 1968 publícase Viaxe ao país dos ananos, contra aqueles que fixeron cartos na emigración explotando aos seus propios irmáns. XERACIÓN DOS 50: Poetas das "FESTAS MINERVAIS" e o grupo "BRAIS PINTO". Nados entre 1930-40 son Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, Bernardino Graña, Garcia Bodaño, X.L. Méndez Ferrín. primeiro fan unha poesía intimista que presenta liricamente o seu conflito persoal co mundo, mesturando contidos existencialistas e formulacións surrealistas. Posteriormente, superado o existencialismo angustiado e o socialrealismo, incorporan elementos da vangarda histórica e das neovangardas (movemento beat) Con Pólvora e Magnolias, de M. Ferrín abre o camiño da poesía galega da actualidade. LUÍS PIMENTEL ( Lugo, 1885 - 1958 ) maior que os demais é un supervivente da época das Vangardas. libro máis importante, Sombra do aire na herba foi publicado un ano despois da súa morte. O libro é unha simbiose do autor coa cidade de Lugo, cheo de impresionismo pictórico, de intimismo e de solidariedade cos represaliados da guerra civil

6. TENDENCIAS DA NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA. Autores e obras.

  • TENDENCIAS NARRATIVAS:

1.- Continuación da prosa da Xeración Nós: A decadencia da fidalguía. En 1951 publícase A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero, primeira novela en galego publicada en Galicia despois da guerra civil. Otero Pedrayo retoma na posguerra o seu labor con obras como O señorito da Reboraina (1960) ou O espello no serán (1966).

2. - A imaxinación como fuxida ou evasión. O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro.

3.- A indagación no conto popular: O realismo popular de Ánxel Fole.

4. O realismo social de Blanco Amor.

5. Podemos incluír como tendencia A Nova Narrativa, proxecto rompedor na temática e na técnica levado a cabo por un grupo de mozos en torno ao ano 1960, (tema 8).

  • PRINCIPAIS AUTORES E OBRAS

• .ÁLVARO CUNQUEIRO Escribe tres novelas e un libro publicado baixo o título de Semblanzas As tres novelas presentan estrutura semellante: coleccións de historias das que dá conta un narrador testemuña.

-Merlín e familia (1955). Mais que unha novela é unha sucesión de episodios referidos por Felipe de Amancia, paxe que foi do mago Merlín cando este estivo en terras de Miranda, a onde acoden xentes moi diversas. O Merlín... é unha recreación episódica da universal materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega.

-As crónicas do sochantre son de 1956. A acción decorre na Bretaña francesa e o Sochantre de Pontivy actúa como fío condutor da narración. É unha obra con moito humor xa que nin a morte nin o crime son tomados en serio, podéndose considerar mesmo unha parodia da novela tremendista.

-Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) é considerada como unha novela de personaxe. Sinbad conta nas tertulias as súas raras aventuras mariñeiras. É unha recreación interpretativa do mito de As mil e unha noites.

Desde supostos máis realistas están escritas as Semblanzas. Consta de tres colecións de relatos Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). Son breves retratos de personaxes populares con toda a aparencia de seres reais, aínda que ás veces os seus poderes ou aventuras sexan de natureza marabillosa, relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.

ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903-1986) Publica en 1953 Á lus do candil, Contos a carón do lume. Son catorce relatos escritos coa técnica tradicional do “contacontos”, de temática baseada na mitoloxía popular de lobos, aparecidos, meigallos...de ambientación rural e lingua dialectal do Courel. Outras obras súas son Terra brava, de características parecidas á anterior e Contos da néboa,de ambientación urbana , tinxidos de humorismo.

• EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897-Vigo, 1979)

-En 1955 publica A esmorga, obra que supón o inicio da renovación na narrativa galega de posguerra, tanto na temática (protagonismo colectivo, das clases populares) como na forma (técnica telefónica). Non tivo influxos directos na narrativa coetánea por ser publicada na Arxentina e aquí pouco coñecida. Cibrán relata diante do xuíz as últimas 24 hora de esmorga por Auria en compañía do Bocas e do Milhomes.

- Os biosbardos (1962). Son 7 relatos (8 só na 2ª edición) narrados en 1ª persoa por un neno que cambia en cada conto. Están situados no Ourense de primeiros de século.Foron escritos co propósito de chegar ao lector común (subtitulados Contos pra a xente)

-Xente ao lonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. Técnica e tematicamente é a máis complexa das súas obras xa que ten un enfoque polifónico, de perspectiva múltiple, pois mestura diferentes narradores. O principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra.

7. O TEATRO GALEGO DO SÉCULO XX. Tendencias. autores

  • ANTERIOR Á GUERRA CIVIL. A 1ª obra en galego é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia, 1882.ata as Irmandades, as escasas obras escritas ( sociais, históricas ou líricas ) mostran unha ambientación case exclusivamente rural, moi costumista. É un teatro con personaxes tópicos, escrito en verso, que busca o contraste cómico entre o castelán dos señoritos e o galego dos labregos. O nº de autores e obras, así como a calidade aumentará a partir de 1916, grazas ó labor orientativo das Irmandades da Fala, que consideraban o teatral un dos ámbitos nos que o galego debía gañar o prestixio social. Crearon o Conservatorio Nacional do Arte Gallego,(1919)a Escola Dramática Galega (1922) que representou obras de autores galegos e versións ao galego de obras de Shakespeare ou Molière. da epoca son O Mariscal, de Villar Ponte e Cabanillas A man de Santiña, de Cabanillas. A Xeración Nós. Non lle concede ao teatro tanta importancia pero aínda así cultivan o xénero e danlle un pulo extraordinario facéndoo participar das correntes europeas, introducindo novas técnicas e superando o realismo.O. Pedrayo: A Lagarada, Teatro de máscaras, V. Risco: O Bufón de El-Rei (1928),Castelao: Os vellos non deben de namorarse. Da epoca é o Seminario de Estudos Galegos: Carballo Calero, Bouza Brey.destaca a peza de Rafael Dieste, A fiestra valdeira(1927),obra máis coñecida e valorada da época, que abre camiños de rigor estético e fuxida de temas costumistas e propagandísticos.

  • NA EMIGRACIÓN E NO EXILIO.2 variantes: O teatro popular, desde os anos 30 por emigrantes apela ao sentimento, ao orgullo de ser galego. Destaca Varela Buxán que creou a “Compañía Galega Maruxa Villanueva”, grupo de actores entre os qu estaba a actriz qu lle dá nome e Fernando Iglesias “Tacholas”. A compañía representou obras de Varela Buxán como A xustiza dun mariñeiro, O Ferreiro de Santán...e Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. O teatro culto, feito x exiliados do franquismo, incorpora técnicas modernas e contido intelectual. A obra + representativa é Os Vellos...combina elementos populares coa vangarda expresionista. Outros son Luí Seoane ( A soldadeira ) e E. Blanco Amor ( Farsas para títeres, Cantar dos cantares )

  • NA POSGUERRA FRANQUISTA.Nos anos 40 e 50 a Ditadura permitiu as obras folclóricas, nas se ridiculizaba ao galego e aos galegos. Algunhas que non o facían son Vento Choído, de X.L.Franco Grande ou Auto do taberneiro, de Manuel María. Algúns escriben obras q non poden representarse pola censura e serán representadas máis tarde, como Auto do prisioneiro, de R. Carballo Calero ou A serpe e A Revolta, de Jenaro Marinhas. Un dos+representativos é A.Cunqueiro (O incerto señor don Hamlet, recreación do coñecido tema) Nos últimos anos do franquismo e1osda democracia salienta o grupo Abrente,animado x Ernesto Chao,q organiza as mostras de Ribadavia.os grupos independentes intentaron sacar o teatro dos locais oficiais e achegalo ao pobo.Autores de gran importancia na modernización como Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño. No 1984 a Xunta crea o Centro Dramático Galego.

8 OS MODELOS NARRATIVOS DE FINAIS DO SÉCULO XX. Características. Autores e obras.

Nova Narrativa Galega. O nome vén do Nouveau Roman francés (anos 50). desprezan as formas narrativas tradicionais e a procuran novos camiños. Alain Robbe-Grillet propugna a total obxectividade (obxectalismo): o+ importante son as cousas, e o home sera un obxecto máis e non o centro de todo; o protagonista fica reducido a un pronome As súas 1as manifestacións en Galicia son de mediados dos anos 50, continuándose na década dos 60-70. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo,marcado x liñas coas q todos os seus integrantes se identifiquen e q se transparenten na súa obra. Úneos a súa formación universitaria, con inquietudes galeguistas, o seren viaxeiros x Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa(a Xeración Nós, o ruralismo, o social-realismo). Comparten influencias de Kafka:o absurdo; de James Joyce:o monólogo interior; de W. Faulkner: a destrución da lóxica temporal (retrospeccións, prospeccións, minutos eternos, eternidades brevísimas...); de Freud: a presenza do subconsciente As obras teñen en común: localización espacial imprecisa, sen identificación física. Ambientes urbanos para os protagonistas e personaxes non identificados, anónimos, marxinais. Mestura de realidade e fantástico, onírico. Presenza do subconsciente. Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo. Abandono do antropocentrismo: o home non ten + importancia que os obxectos. Presenza do sexo e da violencia. os mais importantes son X.L. Méndez Ferrín Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo no norte. G. Rodríguez Mourullo: Memorias de Tains. Carlos Casares:. Vento ferido. Mª Xosé Queizán: A orella no buraco. Xohana Torres: Adiós, María. Moitos integrantes da NNG que seguen escribindo máis tarde abandonarán esta tendencia. M. Ferrín evoluciona e escribe moitas outras obras entre as que salienta: Elipsis e outras sombras (1974), de temática realista social; Amor de Artur, (1982), de temática artúrica; No ventre do silencio(1999), recreación da Compostela dos anos 50, Arraianos.....Despois de 1970 Casares escribe obras ambientadas no pasado histórico, de técnica e enfoque+tradicionais,como Xoguetes para un tempo prohibido, autobiográfica; Ilustrísima, que trata o fundamentalismo católico ou Os mortos daquel verán, ambientada na guerra civil e O sol de verán Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928). emigrante e mantívose á marxe da N.N. Memorias dun neno labrego (1961) é o inicio e talvez o cume da súa obra narrativa. O éxito de venda e difusión mesmo fóra de Galiza confirma o valor literario e o traballo estilístico da novela d estrutura sinxela, de orixe autobiográfica, na que trata o mundo pechado e durísimo de Balbino, fillo de labregos pobres, traballa de criado, a descubrir as miserias e pequenas alegrías dunha vida que é un pouco a de todos nós. Outras obras son Cartas a Lelo (1971) , Aqueles anos de Moncho (1977), Querido Tomás ...(1980)

9 TENDENCIAS ACTUAIS DA LÍRICA, DA NARRATIVA, DA

DRAMÁTICA E DA ENSAÍSTICA

1. A Lírica. Nos anos 80 as principais características definitorias da poesía galega son:

- Ruptura co social-realismo. Prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade.

- Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións, etc.

- Recuperación do intimismo e do erotismo explícito.

- Preocupación formalista, barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.

Algúns representantes son:

Manuel Vilanova, mítico e simbolista, escribe E direivos eu do mester de cobras.... Xosé Mª Álvarez Cáccamo, aberto á realidade a través de vivencias familiares, escribe

Praia das furnas.... Paulino Vázquez, culturalista de verso depurado e barroco, escribe Seixo de desfacer entre os dedos... A partir dos anos noventa é máis difícil falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada poeta. Aínda así, algunhas máis ou menos compartidas poderían ser:

- Desbarroquización da linguaxe. lingua directa e coloquial,tratando temas cotiáns.

- Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta e o ouvinte, máis que entre o poeta e o lector.

- Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: Insubmisión, ecoloxismo,

feminismo.. Prodúcese unha importante incorporación da muller á poesía: Pilar Pallarés, Marica Campo, Iolanda Castaño... e seguen escribindo os autores dos 80

2. A Narrativa. O panorama narrativo é complexo e nel pódense sinalar algunhas tendencias: Narrativa histórica, con introdución de elementos fantásticos, Narrativa experimental, de carácter rupturista na técnica e Narrativa de xénero ( policíaca, ciencia-fición..) Algúns autores salientables son: Alfredo Conde, que escribe Xa vai o griffón no vento, de carácter histórico. Xabier Alcalá, que escribe Fábula, visión sarcástica da realidade intelectual galega. Desde 1985 a narrativa despraza á poesía en número de títulos. Desaparece a narrativa ruralista e social e aparecen xéneros novos como o ensaio ou a crónica. Autores importantes son: Manuel Rivas, o escritor actual máis coñecido e lido. O humor, o lirismo e o humanismo caracterizan a súa obra. Escribe, entre outras Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro ... Suso de Toro. Transgresor na linguaxe, mostra a realidade urbana e marxinal. Escribe, entre outras Polaroid, Ambulancia, A sombra cazadora...

3. O Teatro.

Algúns dos autores e actores dos grupos independentes que participaran nos certames de Abrente en Ribadavia son os artífices da renovación do teatro actual: Con moitísimos atrancos incorporan o teatro galego á dramaturxia europea contemporánea.

Algúns autores importantes son: Manuel Lourenzo, polígrafo, director e profesor de actores. A traxedia grega e a mitoloxía, tratadas coa dose xusta de humorismo, sérvenlle para interpretar a realidade e explicar o comportamento humano. Escribe , entre outras: Romería ás covas do demo, O circo de medianoite... Euloxio Ruibal, Analiza os grandes momentos da historia contemporánea: a guerra civil e o posfranquismo. Escribe, entre outras O cabodano ou Moremia ... Roberto Vidal Bolaño, Clásico e provocador, escribe obras como Bailadela da morte ditosa...En 1984 créase o Centro Dramático Galego e desde entón empezan a publicar autores novos como Xesús Pisón ou Raúl Dans.

4. O Ensaio.

Case ausente na literatura desde Otero Pedrayo, este xénero rexorde nos anos oitenta con gran vitalidade. Maniféstase en novas revistas que conseguiron consolidarse, como:

Encrucillada, de pensamento cristián, Festa da palabra silenciada, de orientación feminista. Luzes de Galiza, de expresión artística. A galeguización de moitos ámbitos universitarios contribuíu á formación de investigadores que publican en galego as súas obras. O campo ensaístico é moi diverso e, aínda que resulte difícil facer unha clasificación, pódense establecer algunhas liñas temáticas:

- Economía e política. destacar o labor de Xosé Manuel Beiras ou Carlos Mella.

- Sociolingüística. É salientable o traballo de Xesús Alonso Montero ou Francisco

Rodríguez, con obra xa clásicas como Informe dramático sobre a lingua galega ou

Conflito lingüístico e ideoloxía, respectivamente.

- Feminismo. María Xosé Queizán é unha das máis importantes representantes co seu

libro Recuperemos as mans.




Descargar
Enviado por:Mary
Idioma: castellano
País: España

Te va a interesar