Economía y Empresa


La Economía de una lección; Henry Hazlitt


HENRY HAZLITT. La Economía en una lección.

  • A Lección.

  • A arte da economía consiste en considera-los efectos máis remotos de calquera acto ou medida política e non simplemente as súas consecuencias inmediatas; en calcula-las repercusións de tal política non sobre un grupo; senon sobre tódolos sectores.

    Non se debe, como fan os sofismas económicos daniños, contemplar só as consecuencias inmediatas ou considera-los seus efectos unicamente sobre un determinado sector, esquecendo os restantes.

  • Os Beneficios da Destrucción.

  • O paradoxo do vidro roto (sofisma da destrucción beneficiosa): ¿dinamiza a economía? Certo que a súa reparación estimula unha certa actividade económica. Pero o gasto na reparación tamén diminúe as posibilidades de realizar (con eses cartos) calqueroutro tipo de gasto. Hai que mirar non só o que provoca o vidro roto senón o que deixou de producir.

    Confúndese necesidade con demanda. A destrucción trae empobrecemento (necesidade). A demanda non require só a necesidade, tamén o poder de compra correspondente

    Confúndese riqueza con diñeiro. Se isto fose así a solución estaría na imprenta; pero isto xera “inflación”.

    A falacia da demanda diferida: a demanda pasa do que podería ter sido á reparación do vidro. O que se produce é unha desviación na demanda de determinados productos. Pero non é así xa que se produce un descenso na producción total e diminuirá o valor absoluto en relación coa preguerra.

    A oferta e a demanda son dúas caras da mesma moeda. A oferta crea demanda porque no fondo é demanda. A oferta do que se ten é o que pode ofrecerse a cambio do que se necesita.

  • As Obras Públicas incrementan as cargas fiscais.

  • Certas obras públicas son necesarias para atende-los servicios públicos indispensables. Outras obras públicas consideradas como medio para “combate-lo paro”, a necesidade pasa a ser unha cuestión secundaria. Estes proxectos teñen que inventarse.

    Por cada dólar gastado e proveniente de impostos haberá un dólar menos nos petos dos contribuíntes. Este diñeiro malgastado impedirá que puidesen ter existido outras cousas. Creando unhas cousas a expensas de outras, quen sabe se máis necesarias.

    Tanto a suposta creación de emprego coma a da creación da riqueza son falacias que esquecen os impostos que malogran e o que con estes recursos podería facerse.

  • Os Impostos frean a Producción.

  • Os impostos quitan a A para darllo a B; os planificadores esquecen a A. Tal cousa afecta ás accións e incentivos das persoas que os soportan. Ademais, o capital capaz de impulsa-la actividade mercantil privada se lle impide existir e o escaso que se acumula está, por isto, desalentado a acometer novos negocios.

    Unha certa carga fiscal é indispensable para as funcións esenciais de todo goberno. Uns impostos razoables adaptados a estes fins non interfiren na producción. Agora ben, canta maior sexa a porcentaxe da renda nacional que absorben os impostos, tanto maior será a disuasión exercida sobre a producción e a actividade privada.

  • O Crédito Estatal perturba a Producción.

  • A “axuda” estatal ós negocios resulta tan temible ás veces coma a súa hostilidade. Estas axudas sempre se analizan dende o punto de vista dun sector determinado e só se pondera a primeira metade destas axudas.

    O Estado aplica normas que non se axustan á rigorosidade e ó coidado que no préstamo dos seus cartos fai a iniciativa privada; malgastándoos na maior parte das ocasións. E se aplicasen esta rigorosidade a súa inxerencia, simplemente, non tería razón.

    A inxerencia do Estado xustifícase para conceder axudas a aqueles que, doutro xeito, non as conseguiría da iniciativa privada; cun maior porcentaxe de perdas xustificadas no futuro incremento da producción derivado dos prestatarios. Este razoamento esquece a aqueles ós que a non inxerencia do goberno afecta.

    Con estes préstamos perderase máis diñeiro, será menos eficaz, e malgastará máis recursos. Ademais, o crédito estatal non provocou un aumento da riqueza, todo o contrario, todo o contrario que unha parte do capital dispoñible foi posto a disposición mediante préstamos ineficientes.

    Non debe permitirse ó Estado a asunción de riscos cos cartos públicos que ninguén estaría disposto asumir de seren seus. Un sistema tal causaría graves danos e sería fonte de inevitables escándalos.

    Este sistema dilapida o capital dispoñible en planos ruinosos, canto menos dubidosos; deixando cartos en mans de pouca confianza que de ningunha outra forma os tivera obtido.Tampouco se investigan as condicións do préstamo: o que incide nun maior risco asumido por aqueles burócratas que pensan que os cartos non son seus.

    Estas circunstancias ilustran a visión única do corto prazo e o esquecemento dos intereses xerais a longo prazo.

    Cando o goberno subvenciona ou concede anticipos grava negocios privados prósperos para auxiliar ruinosos negocios privados.

  • O Odio á Máquina.

  • Un dos erros máis correntes é pensar que a máquina crea desemprego.

    A máquina incrementa a productividade, reduce os custos de producción e axuda a dinamiza-la economía de tal xeito que crea as condicións adecuadas para que tanto no seu sector coma noutros aumente o emprego. Ademais, aforran o esforzo e o traballo que fan posible unhas mellores condicións para o obreiro.

    O beneficio que crea a máquina, unha vez amortizada esta, debe empregarse en: a) aumenta-las instalacións; b) inversión en calqueroutra industria; ou c) incremento do seu propio consumo. Calquera destas produce demanda de traballo.

    A elasticidade da demanda e a maior producción da maquinaria xeran prezos máis baixos que benefician ó consumidor.

    Ademais, moitos instrumentos non son economizadores de traballo senón que, simplemente, introducen unha mellora da calidade dos productos.

    Nembargantes, o obxectivo principal das máquinas non é a creación de emprego senón a de eleva-la producción, o nivel de vida e o benestar económico.

  • Planos para a máis ampla Distribución do traballo

  • A idea de que unha realización máis eficiente das cousas crea desemprego. Ou o erro de crer na posibilidade de repartir o emprego entre a maior xente posible. Ocultan o temor á minuciosa subdivisión do traballo.

    A reducción de horas da semana laboral foi en moitos aspectos beneficiosa: aumentou a productividade, mellorou as condicións, creceu o benestar dos traballadores. Pero as reivindicacións actuais de rebaixala ata as 35 ou as 32 horas son un perigo. Se non variámo-lo salario-hora ademais de ser necesarias moitas circunstancias a pouca probabilidade de que se aumente a producción; se non se experimenta unha variación home-hora dado o aumento da plantilla e as menos horas de traballo de cada un. O resultado será representa un maior ocio a un máis alto prezo así coma un sacrificio feito en beneficio dos outros.

    Se a este plan lle sumamos unha suba nos soldos o resultado do incremento dos custos de producción será moito maior do que pode soporta-lo existente réxime de prezos, producción e custos. Por tanto, atoparémonos cun desemprego moito maior.

    Estes planos de distribución do emprego son resultado da visión sesgada da realidade socio-económica.

  • O Licenciamento de Soldados e Burócratas.

  • Tras unha guerra sempre existe o problema da reincorporación dos soldados e os burócratas. A reincorporación do mercado; a non subvención por parte do Estado do gasto militar (menos impostos); aumentan a demanda civil que creará os postos ós que estes se poderán reincorporar. Gozando pronto de autonomía económica.

    No caso concreto dos burócratas o seu despido (o adelgazamento do Estado) verase claramente afectado no(s) núcleo(s) onde a Administración este asentada. Pero co aumento da demanda civil outras vilas veranse beneficiada destes e, a medio e longo prazo, os efectos negativos deste adelgazamento sobre os centros afectados veranse mitigados. Os funcionarios “sobrantes” terán que adaptarse ó soldo e condicións da empresa privada á que dará os seus servicios.

  • O Fetichismo do Pleno Emprego.

  • O obxectivo debe ser eleva-la producción ó máximo. O pleno emprego é unha consecuencia necesaria da realización deste obxectivo. Pero a producción debe se-lo fin, non o emprego; nada hai máis sinxelo que conseguir pleno emprego cando, visto coma un fin, queda desligado do fin da plena producción.

    Así, toléranse prácticas deshonestas dos sindicatos para consegui-lo pleno emprego. Pero esquecen que o progreso de civilización significou a reducción do número de persoas empregadas non o seu aumento.

  • ¿a quen protexen os Aranceis?

  • O obxectivo é que en tódolos países a maior parte da poboación debe sempre compra-lo que necesita máis barato.

    Os aranceis ocúpanse, por iso, de protexe-los intereses dun(s) grupo(s) concreto(s): a un fabricante, ós seus empregados ou a unha industria concreta.

    No caso de que o levantamento dun arancel xa existente lesione os intereses de alguén pode que o fabricante peche, que milleiros de traballadores vaian ó paro. Pero os recursos adicionais que supón a supresión da taxa contribúen a dar traballo noutra fábrica e/ou industria. Pero ademais, tamén cambia a situación na balanza de comercio con respecto a ese producto ou industria: gañando posicións de competitividade e permitindo un maior comercio con outros países. A producción, por tanto, aumenta; os obreiros operan mellor dotados; e os consumidores son beneficiados.

    No caso da imposición dun arancel podería aumenta-lo emprego. Pero non se conseguiría nin incrementa-lo poder industrial do país no sector nin o número total de empregos no primeiro momento da medida. Un momento no que si se lle restaría capacidade adquisitiva ó consumidor; afectando isto a outras industrias e á baixa da demanda dos seus productos. Os danos colaterais a outras industrias, ós consumidores, etc. son o alto prezo que habería que pagar.

    Un novo arancel non aumentaría os salarios, nin os empregos, nin a demanda de mercadorías, nin a productividade. Todo o contrario, esta última diminuiría.

    Os aranceis causan dano á economía xeral do país.

    Forma unha barreira que impide a entrada da inversión estranxeira e que busca dentro do país o fortalecemento artificial da súa economía mediante instrumentos máis caros e dificultosos. Impide o progreso do país.

    Os aranceis prexudican a tódolos traballadores e ós fabricantes que por posuír un mercado potencial de exportación máis alto non precisan (son contraproducentes) destes mecanismos.

    Os aranceis alteran fundamentalmente a estructura da producción. Modifican o número e clase de ocupacións e a importancia relativa de cada industria. A longo prazo, incluso, carecen de importancia na orde ó problema do emprego

  • O Afán de Exportar.

  • Non existe unha incoherencia coma o afán á exportación e o temor á importación. Unhas pagan as outras e viceversa; por iso o intercambio é tan necesario coma inevitable.

    O préstamo a outros países coma fórmula de estimular e mante-las exportación é unha argumentación ridícula. O inicio de relacións caritativas só conduce ó empeoramento de relacións cos países endebedados. En ningún caso estes préstamos estimulan as exportacións xa que se son regalados (sen posibilidade de devolución) a nación empobrécese.

    A longo prazo o empréstito non reembolsado provocará efectos nocivos para o comercio interior e para o emprego. Por iso, hai que garanti-la súa devolución.

    O subsidio ás exportacións tamén é rexeitado como fórmula de estimulación.

  • O argumento da Paridade de Prezos.

  • Tanto con prezos máis altos coma más baixos a paridade non deixa de ser unha fórmula de subvención dun interese especial.

    Xeralmente son os prezos agrícolas os que son elevados. Neste sentido vai o parágrafo. Se esta subida débese a indicadores de prosperidade mercantil ou incremento da producción industrial de seguro que haberá abundancia. Nembargantes, se a elevación é resultado dunha intervención estatal, hai varias posibles vías.

    Sexa como fose o aumento afecta ó consumidor, que ve diminuída a súa renda dispoñible. Incluso a distribución cambia xa que esta subida afecta menos a un consumidor do rural que a un urbano. Esta política provoca unha perda neta, unha destrucción de riqueza e a merma de alimentos de consumo.

    Estes métodos supoñen un equivalente ós aranceis en canto supoñen un mecanismo de protección que incide sobre o consumidor.

  • A Salvación da Industria X.

  • A salvación dunha industria sempre foi maioritariamente dirixida á actividade agrícola. Pero non se vai particularizar. Esta cuestión argúese da mesma forma que para os aranceis ou a paridade de prezos. Dous casos a analizar: industria saturada por exceso de oferta; subvención estatal directa.

    Se está saturada, realmente, non hai de qué preocuparse xa que o capital non acode ás industrias que ameazan ruína; todo o contrario, estas adoptan os recursos necesarios para obte-la maior producción se fose posible. E se o que se pretende é dirixi-la entrada de capital en base a uns criterios de rendibilidade comprobarase como o nivel de vida será máis baixo.

    En canto á intervención por subvención directa: todo o que gañe a industria X perderano os consumidores. Se esta consegue saír adiante, claro. Isto supón unha perda de riqueza en canto o risco que se asume é maior e as perdas existentes, cando menos, nunha primeira etapa. Ademais, todo o que leva a industria X é un capital do que non van poder dispoñe-los consumidores. O resultado será o estrinximento da producción doutras industrias para facilita-la expansión de X.

  • Cómo funciona o Mecanismo de Prezos.

  • As ideas que propoñen unha producción para o consumo e non para os beneficios: co que se ataca o sistema de prezos; son discutidas dende o ánimo a producir dos posuidores dos medios de producción.

    O sistema de prezos deriva das prioridades das necesidades humanas: o problema de ter que elixir entre distintas aplicacións do tempo e do traballo. Dende unha vida en sociedade esa elección pode desenvolve-lo capital que esta posúe. Pero sempre considerando que unha actividade só pode incrementarse a expensas de tódalas demais.

    A existencia desta multiplicidade de aplicacións alternativas do traballo e do capital soluciónase mediante o sistema de prezos: acomoda as variantes que interveñen na fixación dos prezos. O prezo fíxase de acordo coa relación existente entre a oferta e a demanda.

    Existe a crenza incerta de que os prezos calcúlanse polos custos de producción. Certo é que a oferta ten como un dos factores determinantes estes custos; pero o que custou onte non pode determina-lo seu valor hoxe.

    O sistema da empresa privada en réxime de liberdade económica é o que regula as perspectivas de oferta dos distintos productos.

    Nunha economía equilibrada unha industria determinada só pode crecer a expensas doutras industrias. Feito que provoca que o traballo liberado dunha industria poida servir para axudar á expansión doutras.

  • A Estabilización dos Prezos.

  • Os intentos de mante-lo prezo dalgúns artigos por riba do seu valor de mercado fracasaron maioritariamente. Isto é, ademais, inxusto para os consumidores. E supón non unha subida, senón unha estabilización, para evita-la suba da súa escaseza. Esta é unha idea que pretende protexe-los agricultores dos especuladores e das fluctuacións do prezo dos seus productos. Nembargantes, os agricultores dependen case en exclusiva da súa propia destreza para controlar un prezos estables durante todo o ano: salvo calquera desastre natural. Polo que estes créditos son tan innecesarios coma contraproducentes.

    Cando o Estado compra colleitas tamén adquire un “grandeiro sempre político”, no seu desexo por rete-lo voto rural. Pero a consecuencia é que o que hoxe é un prezo máis alto ó estar moita colleita fóra do mercado. No futuro próximo será un prezo máis baixo coa volta desa colleita.

    Deste xeito, a perda de riqueza nos consumidores na mesma medida en que experimenta unha suba o prezo deses productos verase afectada na constricción doutras industrias.

    Para os productores isto representa que mentres ós máis eficientes non se lles deixa producir todo o que desexan a baixo prezo; outros productores ineficientes son mantidos artificialmente nos seus negocios.

    Con estes mecanismos os planificadores interveñen na liberdade do home de tomar decisións en canto a qué quere comprar, a quen e a qué prezo desexa facelo.

  • Intervención Estatal nos Prezos.

  • Este capítulo céntrase nos esforzos estatais por mante-los prezos por debaixo do seu valor de mercado. Partindo sempre que a autoridade rexeita calquera prezo superior ó que nun primeiro momento taxou o mercado.

    A constricción do prezo leva a unha maior demanda, a unha rápida desaparición dos stocks e a unha dificultosa reposición dos mesmos: os productores marxinais son eliminados e aparece a escaseza do producto. Un efecto contrario á abundancia que se pretende con esta medida.

    As consecuencias destas decisións soen se-lo racionamento, o control de custos, os subsidios ou a fixación xeral de prezos. O resultado é un labirinto no que non se sabe quen subvenciona a quen, con qué prezos e en qué condicións.

    Deste xeito, e aínda que a intervención de prezos puidese revestir no curto prazo algunha vantaxe, particularmente en épocas de guerra. Canto máis se prolonga a situación, máis son as súas dificultades. O resultado final será o caos do Estado na correcta disposición das cantidades que o productor debe ofrecer e o consumidor pode posuír dun ou varios productos.

    Ademais, unha excesiva prolongación fai que o mercado negro substitúa ó legal. Unha estratexia que contribúe á eliminación das empresas marxinais e con escasa rendibilidade, retendo ou desalentando a producción de determinados artigos.

  • Leis do Salario Mínimo

  • O salario é un prezo, por tanto, non debe sorprende-lo paralelismo entre o salario mínimo e un prezo mínimo dunha mercadoría calquera.

    Unha lei de gran capacidade creará máis perxuicios que beneficios. Moitos destes traballadores serán privados de gañar un soldo en coherencia coas súas capacidades, ademais de prexudicar á sociedade a súa ausencia: substitúese o salario baixo polo paro.

    Tamén pode ocorrer que uns salarios mínimos obriguen a certas industrias a gravitar sobre os consumidores.

    Ademais, os programas de asistencia destinados a combate-lo paro crean un serio problema en canto se mantén a alguén inactivo e cobrando un subsidio por debaixo do que podería cobrar como salario en calquera industria. A outros traballadores estáselles facilitando a mesma cantidade por traballar e por non facelo: incítaselles a seguir sen facer nada. A posibilidade de pagar por traballo remunerado é rexeitada en canto se paga máis co que oferta o mercado.

    A mellor forma de eleva-los salarios é incrementando a productividade do traballo. Isto acádase: maior acumulación de capital, novos inventos e melloras técnicas; etc. Canto máis se produce, máis valioso se é para o consumidor e, por tanto, para os empresarios. O que deriva en salarios máis altos.

  • ¿Incrementan os Sindicatos os Salarios?

  • Os sindicatos parten para o seu traballo sindical de varias falacias: a) o aumento na eficiencia do traballo implica desemprego, baixa dos salarios, etc.; b) o traballo sempre está mal pagado: o capitalista explotador sempre usa o obreiro por un salario máis baixo do que podería; c) os obreiros son unha clase e os seus intereses, a pesar da súa heteroxeneidade, sempre son únicos e colectivos; d) crer que os traballadores sindicados teñen e merecen vantaxe sobre os non sindicados.

    O resultado destas falacias son: a) a reivindicación e lexitimación de formas de emprego ineficaces e malgastadoras de recursos; b) o desexo de suba do salario e a súa forza de bloqueo da producción fai que a producción se resinta, que afecte ó prezo do producto e que a suba non sexa, en relación á nova situación, máis ca un empobrecemento da clase traballadora no seu conxunto; c) isto pode crear que un traballador gañe igual ca outro por menos traballo e realizado de forma menos productiva que o segundo; d) esta práctica e a imposición de barreiras para a sindicación crean profundas e inxustas desigualdades subxectivas entre os propios traballadores.

  • Suficiente para Adquiri-lo Producto Creado.

  • A idea de que os traballadores deben ter un salario xusto que lles permita compra-lo producto producido. Isto significa, en moitos casos, unha clara subida dos salarios: aspecto particular da Tª do Poder adquisitivo. Esta elevación dos custos de producción supón, necesariamente, a eliminación dos productores marxinais, un descenso na producción, aumento dos prezos e aumento do paro.

    Un aumento nos salarios implica unha suba de prezos na mesma medida. Este efecto a longo prazo implica unha subida do paro. As porcentaxes desta relación son elásticas pero esta é incuestionable.

    Ademais, se dentro da renda nacional os salarios (conseguindo mante-lo nivel de paro) supoñen un maior porcentaxe desta. O proceso lóxico é un freo nas novas inversión da iniciativa privada, coa forzada transferencia do empresariado ás taxas máis altas do persoal asalariado ata que acadase os niveis anteriores.

    Por tanto, non só os salarios non experimentarían na práctica mellora algunha senón que, ademais, unha parte da poboación sería negativamente afectada durante a etapa de transición destas cambios.

    Por tanto, salarios xustos e equilibrados son aqueles que conseguen iguala-la oferta e maila demanda. Calquera desaxuste por riba ou por baixo significará un desequilibrio negativo.

    Os mellores prezos non son os máis elevados, senón aqueles que estimulan un maior volume de producción e de venda. Os mellores salarios son, por tanto, os que permiten unha maior producción, emprego total e mantemento dunhas maiores nóminas.

  • Función dos Beneficios.

  • O beneficio ten sempre unha cara escura para a sociedade que ve nel algo perverso e malvado. Nembargantes, ademais de que o beneficio representa unha porcentaxe moi alta da nosa economía este serve, a máis das veces, para evitar perdas en épocas de escaseza. Ademais supón o máis importante aliciente para a inversión e para a producción.

    Nunha economía sen trabas son os beneficios os que deciden qué productos e en qué cantidade saen ó mercado

    A función propia do beneficio é guiar e canaliza-lo uso dos medios de producción de tal forma que a súa utilización aporte ó mercado miles de mercancías distintas e nas cantidades que a demanda precisa. Unha función que consiste en provocar un constante e indeclinable a introducir na economía unha maior eficacia.

  • O Feitizo da Inflación.

  • Erro de confundir diñeiro e riqueza: solucionable coa imprenta pero causante de inflación. A verdadeira riqueza está no que se ten, consume ou posúe.

    O incremento do volume de diñeiro significa a reducción do poder adquisitivo da unidade monetaria. Dende o lado optimista esta situación vese dende unha mellora do debedor pobre ante o acredor rico ata unha oportunidade para aumenta-las exportacións e reduci-las importacións.

    Algúns pensan que o aumento do diñeiro non ten porqué afectar ós prezos. Outros céntranse na relación dos efectos da oferta de diñeiro e os prezos das mercadorías.

    O certo é que o aumento do diñeiro en circulación implica unha suba dos prezos que sentirán de distinto xeito os grupos sociais implicados dependendo da etapa na que sentirán as influencias deste fenómeno. Isto crea un desequilibrio entre a propia poboación.

    A inflación, por tanto, pode nun primeiro momento beneficiar a uns favorecido, a expensas doutros grupos. E a longo prazo enxendra consecuencias desastrosas para a comunidade enteira.

    Unha argumentación en favor da inflación di que porá en movemento as rodas da industria e facilitará o pleno emprego. Ten a súa base na confusión entre riqueza e diñeiro, dando por suposto a creación dun maior poder adquisitivo. Pero a inflación o que fai é provocar mutacións entre prezos e custos.

    A inflación confunde e engana cun veo de ilusión pero non supón máis ca unha suba dos custos. O seu efecto sobre a conducta privada e na orientación dos distintos negocios son a súa primeira consecuencia: resta alentos de previsión e aforro, induce ós despilfarros e destrúe situacións económicas normais e estables.

  • A ofensiva contra o Aforro.

  • Mentres a tradición enxalza o aforro son moitas voces que existen contra un aforro acumulador. A propia confusión de aforro con atesoramento ou inversión provocou este desacordo. Pero o certo é que serve como previsión nas épocas de necesidade e como impulso do investimento nas épocas de abundancia. As consecuencias son un aumento da producción total; a mellora da calidade do traballo ou as condicións deste etc.

    Ademais, moitas veces a diminución do aforro non supón máis emprego ou máis producción senón, sinxelamente, uns prezos máis elevados.

    Os inimigos do aforro independizan as variables aforro e inversión. Pero esquecen o resultado do ingreso deste na banca comercial e na inversión que este capital supón en forma de préstamos, etc. Así todo, ambas poderían definirse coma a oferta e a demanda de novo capital, igualándose nos tipos de xuro.

    O xuro pódese manter artificialmente baixo se substituímo-lo aforro auténtico pola constante apelación ó incremento da circulación fiduciaria ou á expansión dos créditos. Desta forma estamos a deseñar unha política inflacionaria nun proceso acumulador de perigos.

    Cunha certa taxa de aforro descenderán os tipos de xuro creando un proceso natural de demanda de capitais.

    Non existe, como cren algúns, límite páraa cantidade de capital absorbido. Non haberá un exceso de capital ata que o país menos desenvolto este equilibrado con respecto ó máis avanzado. Así, igual que non existe un mínimo nos custos de producción (ata que todo se produza sen custo) non existe un límite para a cantidade de novo capital que pode ser absorbido.

  • A lección exposta con maior claridade.

  • Hai que analiza-las causas xerais e as secundarias; a longo e a curto prazo; procurando unha solución que moitas veces está implícita no enunciado e que non vemos porque os sofismas fáciles e fermosos anuban o noso coñecemento. Para iso debemos coñece-los datos esenciais así coma usa-la lóxica das matemáticas.

    Analizar casos prácticos e aclarar conceptos.

    O Home Esquecido: hai que pensar no home X que non vemos, no que el podería ter feito e non fixo.

    O que consume é idéntico ó que produce: existe unha conexión directa entre producción e satisfacción de necesidades.

    O egoísmo, o interese, o individualismo: son as características do home que o levan a pensar nunha producción alta para o seu negocio e baixa para os demais. Esta lóxica é coa que se debe rachar para facer unha economía que permita a liberdade do home e a materialización das súas necesidades.




    Descargar
    Enviado por:Teo
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar