Ideas de bombero; Andreu Martin

Literatura juvenil contemporánea. Galego. Gallego. Bromas. Comedia. Siglo XX. Bombeiro. Juventud. Adolescencia

  • Enviado por: María
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad

OS PERSONAXES:

Principias:

- Carmen Mallofré

- Guillermeme Reynal.

Secundarios: os ladróns que eran tres:

- O Cerebro, de mote “Mister Ideas de Bombeiro”, nalgún momento Carme e Guillerme tamén pensaban nalgún outro mote pero non llo dicían: Doutor Trapalladas, O Tolo do Anteface, Rostro Impenetrable, Momia Gorda, A Máscara …

- O Gorila, de mote “Dous dedos de fronte”, “O Gordo”.

O Cerebro nun momento de descuido chamouno “Albertocho” polo que penso que se chamaba “Alberto”.

- O Especialista, de mote “O Chapuzas”.

- Os pais de Guillerme

* Súa nai era corpulenta e ríase moito.

* Sei pai era máis serio.

- Os pais de Carme

* Súa nai chámase “Maricarme” (máis seria, educada, ordenada, gardaba máis a compostura)

* Seu pai chámase “Artur” (era moi bromista)

O Cerebro pasou a ser “Mister Ideas de Bombeiro” cando pensou e decidiu dicirlle a Carme que a casa estaba en corentena pola peste e dese xeito librarse dela.

O apodo púxollo Guillerme.

O Especialista pasou a ser “O Chapuzas” porque cando empezou a picar a parede non deu unha no cravo, e por riba machucou un dedo co martelo e berrou como un tolo. Era o encargado de furar a parede.

O apodo púxollo Guillerme tamén.

O Gorila, en pleno verán ía vestido cun xersei de lana de manga longa e colo alto (cuello alto) e cheiraba, e tamén lle cheiraban os pés como se levase un morto dentro.

- Frase do Cerebro falando de Carme: “liscará a fume de carozo”. Px. 66 (que quere dicir que escapará como escapa o fume: visto e non visto)

- O Cerebro (Mister Ideas de Bombeiro) de pequeño foi un neno mimado e fillo único e sempre fixo o que lle deu a gana.

- O Gorila tamén fora fillo único, pero non tan mimado, e nada que ver co Cerebro, hai fillos únicos e fillos únicos.

- A linguaxe que usaban Carme e Guillerme para que non os entendera ninguén era ao revés, ou sexa, ao vesre.

- Cando Guillerme pechaba os ollos e sacaba a lingua, quería dicir que ia falar ao revés (vesre).

Despois de Guillerme cantar o nome dos compañeiros da clase, díxolle a Carme pero ao revés: meus pais están prisioneiros duns ladróns (px. 91), pero Carme non se acordou dese contrasinal, aínda que despois si, xa non o olvidaría

- O Cerebro usou como mascarilla (para facer que era médico á chegada de Carme) a careta metálica ou de soldador que traían para cubrir a cara cando usasen o soprete e pintouna de branco.

- A pistola que usaron era de verdade, estaba cargada de verdade e disparaba de verdade. Guille non se asustou cando o Chapuzas o apuntou con ela. Px. 90

- O pobo onde estaba Guillerme, chámase “A Coma”.

- Na praza onde se celebraba o mercado estaba o Concello todo engalanado (adornado), tamén había unha tenda de motos, unha sucursal bancaria, un caixeiro automático ...

- A casa dos Reynal, Praza Maior, núm. 84 (dos pais de Guillerme) era pequeniña e atopábase entre dúas construccións novas,.

- Carme deuse conta que a careta do Cerebro era eso que se pon para que non che salten salpicaduras á cara e por detrás, levaba unha bolsa de lixo de cor negra.

- O Cerebro era de peito e mans grandes, e ía vestido dun xeito clásico: chaqueta azul, pantalón gris, camisa branca, garabata (corbata) e mocasíns.

- Cando Carme case cae co empurrón do Cerebro mira ao seu arredor e ve o mobiliario da casa: 1 mesa con 6 cadeiras, 1 mesa de xogo con tapete verde e 4 cadeiras, 2 tresillos, 2 mesas de café, 1 mesa co TV enorme, 1 velador, 2 vitrinas, 1 cómoda, 2 estantes pequenos, 1 revisteiro e 2 banquetas.

Moitos adornos dos 5 continentes: estatuíñas, floreiros, cerámica, madeira, aluminio, ouro, prata, plástico, barro, reloxos, barómetros, termómetros ...

- A mesa de comer estaba posta co seu mantel, botella de auga e botella de viño e nos pratos había arroz á cubana con ovo frito e banana frita, todo a medio comer.

Carme detalla todo isto para que se vexa que naquela casa había que andar con tino para non tirar nada.

- A través das ventás había un xardín moi coidadiño, con flores e céspede, mesiñas e cadeiras e hedra subindo polo muro.

- Cando Guillerme preguntou que facían ao oír tanto ruído (por furar a parede) dixéronlle que: un quirófano para intervencións quirúrxicas. Px. 91

- Os policías que chegaron á casa de Carme (cando o tema do colar roubado) eran inspectores de policía e Carme púxolles nome a cada un: px. 112

- a un chamouno Carmona, que era o seu profe de Sociais, e

- ao outro Górriz, o profe de Educación Física.

- A nai de Guillerme, canto peor era a situación, ela máis ría.

- O pai de Carmen, era tamén moi bromista.

RESUMEN DO LIBRO “IDEAS DE BOMBEIRO” (en galego)

Páx. 11 a 35

Carme e Guillermemo, son dous amigos, aos que lles gusta moito gastar bromas e os dous coinciden en que lles gusta reírse coa xente, pero non de ela. O pai de Carme tamén é moi bromista. Carme e Guillermemo sempre están xuntos inventando cousas para que os seus amigos o crean. Ao final do curso, fan unha viaxe á praia, e Carme, axudada polos seus compañeiros gástalle unha broma a Guillermemo, a el, iso séntalle fatal e enfádase con Carme por iso. Cando chegan a Barcelona el vaise ao día seguinte ao pobo e non se volven a ver. Carme quédase moi mal por todo o que fixera. Un día os seus pais decidiron ir de vacacións a un pequeno pobo de Francia e de camiño ían a pasar polo pobo onde estaba Guillermemo.

Páx. 36 a 54

O pobo estaba en festas, e había unha competición de motocross o día que chegaron. Nada máis baixar do coche viu a Guillermemo, que se acercaba andando, pero Carme escondeuse para que non a vira e poderlle gastar unha broma. Ela e os seus pais foron xantar a un restaurante. Mentres tanto na casa de Guillermemo estaban comendo e discutindo porque non puideran ir de vacacións a Australia, eles culpaban a Guillermemo por suspender catro asignaturas, pero Guillermemo sabía que a realidade era porque non lles chegaban os cartos para a viaxe. Nese intre, chamaron á porta, eran tres ladróns, cando lles dixeron o que pretendían, a nai de Guillermemo púxose moi nerviosa e deulle un ataque de risa, fixéronos baixar ao sótano e alí souberon que non ían a roubarlles a eles, o que querían facer era un burato na parede para roubar no banco que había ao lado da súa casa.

Carme chamou por teléfono cando Guillermemo e os seus pais estaban atados no sótano, contestou un dos ladróns e díxolle que non estaban, ela dixo que Guillermemo si que estaba e pensou que Guillermemo xa a vira entrando no pobo e que lle ía gastar unha das súas bromas, dixo que chamaría máis tarde ...

Páx. 55 a 63

Carme aproveitou que os seus pais foran ver as ruinas arqueolóxicas e que a recollerían ás 8 da tarde, e volveu chamar por teléfono a Guillerme, dicíndolle que era cuestión de vida ou morte. Contestou ao teléfono un dos ladróns e preguntou a Guillerme se coñecía a Carme Mallofré. Guillerme aguantou o sorriso e díxolle á súa nai que esa tal Carme era a filla do comisario de policía. Os ladrón quedaron sen fala e logo dixéronlle que cando volvese a chamar que lle dixera que non podía vir. Estaban nerviosos e o Cerebro apurounos a facer rápido o traballo. Empezaron a sacar ferramentas: picos, pas, martelo mecánico ... Cando empezaron a picar na parede, soou de novo o teléfono. Era Carme e díxolle que ía para a súa casa. As palabras de Guillerme impresionárona pola súa forza cando éste lle dixo que non fora para alí tan rotundamente, pero Carme non lle fixo caso.

Páx. 64 a 74

O Cerebro escoitou a conversa entre Guillerme e Carme pero dixo que non pasaba nada, que o tiña todo pensado: había que dicirlle a Carme que na casa había a peste, e que estaba en corentena. Nese mesmo momento, Guillerme retirou o apodo de “Cerebro” para substituílo polo de “Mister Ideas de Bombeiro”. Ao Gorila non lle pareceu boa idea e protestaba seguido. A nai de Guillerme diu unha idea: dicirlle a Carme que o seu mozo (Guillerme) estaba xa casado e con fillos, pero Mister Ideas de Bombeiro, quería que se fixera o que el dicía porque non soportaba que dubidaran da súa intelixencia, entón íanlle dicir a Carme que el era o doutor da Consellería de Sanidade e que tiña que calar e non falar do asunto da peste con ninguén para non alarmar ao vecindario. O Gorila e o Cerebro subiron para falar eles sós e quedaron en que o Cerebro faría o que lle dera a gana porque Guillerme máis os seus pais lles viran as caras e había que liquidalos.

Páx. 75 a 87

O pobo de Guillerme estaba en festas e había un mercado de produtos ecolóxicos: mel, doces, queixos, xaropes (jarabes), aceites, vinagres ... e ademáis había unha carreira de motocross. Carme conseguiu cruzar a praza que estaba chea de xente e curiosos. Chegou por fin á casa de Guillerme e tocou o timbre que sonou enerxicamente. El abriu a porta, ela meteuse dentro e bicouno na meixela. Guillerme berroulle que non a bicara e ela pensou que aínda seguía enfadado e de súpeto, Carme asustouse porque ve ao Cerebro detrás da porta e con aquela careta. O Cerebro explicoulle que a casa estaba en corentena por unha epidemia que ten efectos sobre o cerebro: un experimento de guerra bacteriolóxica e de alto segredo. Convidouna a saír da casa pero Carme díxolle que non se podía ir porque ela tamén estaba infectada xa que bicara a Guillerme e que debía de ir a un hospital ou a un médico a que lle fixeran algunha proba, ou unha análise de sangue, ou tomarlle a tensión ou algo. O Cerebro xa non aguantou máis e empurrouna de tal maneira que case cae ao chan. Carme díxolle varias veces que non purrar pero o Cerebro lanzou unha labazada que ela logrou esquivar. Carme seguía coa súa cantinela de preguntas e tanto cansou ao Cerebro que éste apuntouna cunha pistola. Carme nese momento non sabía moi ben se rir ou chorar. A meixela de Guillerme seguía encarnada, a porta estaba pechada coa chave, a pistola apuntando a Carme e o Cerebro, enfurecido. Total, que Carme estaba encantada de quedar corenta días pechada naquela casa co seu querido Guillerme.

Páx. 88 a 95

O Chapuzas non daba furado a parede e estaba furioso e aínda por riba o pai de Guillerme metíase con el mentres a súa nai ríase descaradamente. Nese intre, o Cerebro (Mister Ideas de Bombeiro) colleu a Guillerme e baixaron ao soto e mentres Carme estaba aparvada, primeiro pola labazada que lle diu a Guillerme, despois a reacción do tipo berrand cando Guillerme cantou a lista de compañeiros da clase, e logo por aquelo tan raro que dixera Guillerme e que ela non entendera ata ese mesmo intre, decatouse que era o contrasinal que tiñan entre os dous: falar ao revés, dese xeito ninguén lles entendería. Foi nese momento cando Carme pensou que o que estaba a pasar non era ningunha broma, e o corazón latexáballe cada vez máis. Unha vez no soto, o Cerebro advírtelle a Guille que a próxima vez que intente dicirlle algo a Carme, arríncalle a cabeza (referíase a esas palabras raras que dixo ao revés despois de recitar o nome dos compañeiros da clase). Guille fixo o parvo e dixo que non entendía o que lle estaba a dicir. O Mister Ideas de Bombeiro (o Cerebro) quería desfacerse de Carme e tramou que lle ía facer unha análise de sangue e de ouriños porque era médico e tiña que saber se estaba contaminada. Tiña que saír en busca dunha farmacia, pero ese día na Coma, era festivo.

Páx. 96 a 106

Como Carme non cre todo o da enfermidade de Guillerme, pregúntalle moi en serio se todo iso é verdade e cales son os síntomas, Guillerme dille que ten dores de cabeza, espasmos … Empeza todas estas preguntas porque quere que Guillerme repita outra vez aquelas palabras que ela non entendera (porque estaban do revés) para ver se pesca algo, pero o Cerebro impídello. Carme seguiu coas súas preguntas e quixo saber como foran parar alí aqueles 3 impresentables, o Cerebro explicoullo dicindo de novo que el e os outros 2 compañeiros eran médicos do exército que estaban nunha misión e que por iso levaban unha pistola (por ser do exército claro, non por estar na misión)

Carme empezou a meterse co Cerebro (Mister Ideas de Bombeiro) preguntándolle como se chamaba a bacteria que provocaba todo iso en Guillerme, pero como o Cerebro non se lembraba da palabriña, inventou outra e foi aí onde Carme o pillou e o puxo aínda máis furioso. De súpeto, oiron un ruído enxordecedor que os asustou a todos pero logo decatáronse que era o teléfono. Era o pai de Carme o que chamaba e preguntaba por ela, o que colle o teléfono é o Cerebro e contesta que non hai ninguén na casa e que el é do servizo de limpieza. O pai de Carme, que tamén era moi bromista, gastoulle unha ben gorda e díxolle ao Cerebro que ía ir buscar a Carme ás nove da noite, que non rechistara, que pechara a porta e a boca e que por último ía ter un ataque de amnesia e polo tanto non podería recordar absolutamente nada de nada. O Cerebro non o podía crer, colleu tanto medo que non lle quedou otra que dicir que si a todo nun tono sumiso.

Páx. 107 a 128

Aproveitando a ocasión, este era o momento en que Carme tiña que contar por que estaba alí e así o fixo, contou unha troula tan grande pero que tan grande, que nin ela pensaba que lle saira tan ben: fixo como se seu pai fose policía e ¡vaia si a armou!.

A historia é a seguinte:

“Ás mans de Carme chegou un valioso colar roubado de moitísimo valor, e por iso era perseguida por unha banda de ladróns. O seu pai que era policía estaba visto polos seus compañeiros e superiores como un poli corrupto, porque pensaban que estaba metido nesa banda de ladróns. O pai de Carme tivo que esconderse da propia policía pero conseguiu chamala e dicirlle que a policía ía facer un rexistro na casa e que seguramente atoparían algo que o metería nun lío. Efectivamente, Carme púxose a buscar como unha tola algo (non sabía o que) e atopou a xoia na cociña, dentro dun bote de arroz que escondera nin máis nin menos o home do butano (que resultara ser un repartidor falso).

O do butano chegou á casa de Carme para coller a xoia, arrancoulla a Carme das súas mans, e cando ía escapando escaleiras abaixo ... atopa no portal a dous inspectores de policía que xa subían e que estaban compinchados, e sin pensalo dúas veces, péganlle dous tiros e morre. O colar xa está nas mans dos policías pero Carme arráncallo de novo e bota a correr escaleiras abaixo ata chegar á rúa, e como non sabía que facer a pobre, pois claro, foi para a casa de Guillerme, seu mozo. Guillerme rifoulle, dicíndolle que alí sería o primeiro sitio onde a irían buscar por ser o seu mozo, pero Carme, que estaba moi asustada, pediulle de novo axuda porque non sabía onde acudir nin que facer. O famoso colar tan valioso agora tíñao o Mister Ideas de Bombeiro”.

(AQUÍ ACABA A TROULA DE CARME)

O Cerebro estaba tan cagado de medo pola historia que contara Carme que lle dixo que se tiña que ir, ela díxolle que non podía porque estaba contaxiada por bicar na meixela a Guillerme. O Cerebro díxolle que lle faría as probas pertinentes pero que antes tiña que ir a unha farmacia de garda.

O Gorila e o Cerebro discutiron polo tema de saír da casa e ir buscar unha farmacia, había que vixiar aos rapaces arriba e aos pais no soto e o Gorila non podía estar nos dous sitios á vez, porque claro, o Chapuzas tiña que seguir furando a parede que tanto se lle resistía.

Mentres tanto, Carme e Guillerme que estaban no piso de arriba bico vai e bico vén, puxéronse ao corrente do que sucedía naquela casa. O Cerebro saiu á rúa en busca da farmacia, diu un portazo e pechou a porta coa chave.

Páx. 129 a 143

O Mister Ideas de Bombeiro, tivo unha xenial idea, non foi outra que atar aos pais de Guille a unha cadeira, apuntalos ca pistola e atarlle un cordel ao gatillo. Guille cando viu eso quedou parvo. Os seus pais rifábanlle, obrigábano a ir ao colexio, discutían ... pero no fondo eran os seus pais e por suposto que os quería, díronlle ganas ata de chorar porque non soportaba pensar que lles podían pegar un tiro. E con todas as bromas, o cordel que o tiña agarrado o Gorila dende o piso de arriba, fixo que a pistola se disparase dúas veces coa sorte de que a tiñan mal orientada. Avisaron a Guille de que non fixera tonterías porque á terceira, ía a vencida. O Chapuzas díxolle ao Cerebro que ás oito ía facer estoupar a carga explosiva e que si el non estaba alí porque non daba atopado a farmacia, que o faría igual, que collerían os cartos e que liscarían sin el.

Carme e Guille argallaron un plan e falando ao vesre (revés) quedaron en verse no cuarto de baño . . .

Páx. 144 a 180

O plan era o seguinte:

Guillerme baixaría ao soto e aproveitando que o Chapuzas está todo entretido co de furar a parede faise coa pistola, e Carme mentres tanto que contara ata 300 empezaría a entreter ao Gorila e entón Guillermo subiría coa pistola e apuntaría a Dous Dedos de Fronte (O Gorila) e así todo resolto, logo chamarían a policía e todo arranxado.

Así o fixeron, Guillerme baixa e corta a corda que estaba suxeita ao gatillo da pistola, xa non había perigo de que lle pasara algo aos seus pais.

Carme acaba de contar e entretén ao Gorila dicíndolle que hai laguen no xardín, pero algo non vai ben no soto, pois Guillermo non sobe. Chega o Mister Ideas de Bombeiro cunha bolsa da farmacia, nela había: guantes, xiringas, termómetro… Había que facer probas de sangue, de ouriños e Carme non estaba disposta. De súpeto, soou o timbre e non podía ser outro mais ca o pai de Carme.

Na porta esperaban os pais de Carme a que laguen lles abrira, e ata levaban un regalito que seguro eran bombóns. Came comezou a decir: “meu pai, meu pai, meu pai o policía e miña nai”!. O Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) estaba abraiado e non sabía que facer.

Propuso que Carme lle dixese aos seus pais (cando chamasen por teléfono porque ninguén lles abría a porta) que estaba co seu mozo e que había unha festa montada e que non se quería ir dela porque o estaba a pasar moi ben. Preparáronse como se aquello fose unha festa auténtica: champán, música, disfraces, caretas, serpentinas … Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) fixo de pai de Guillerme e Dous Dedos de Fronte (o Albertocho) da súa nai, non quería pero non tuvo máis remedio.

Cando chegaron os pais de Carme fixeron as presentacións. Carme pediulle aos seus pais que a deixaran quedar toda a noite porque estaba a pasalo pipa, pero o seu pai, (lembrando a broma que lles gastara polo teléfono), díxolle que a ía sacar de aí para salvala dos asasinos. O meu pai tirou por min dun brazo pero Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) tirou de min polo outro, foi entonces cando decidiron tomar un pouco de ahcmpán. Nese momento baixa polas escaleiras Dous Dedos de Fronte (O Gorila, Albertocho) vestido de señora Reynal. Que pena! A blusa que escollera deixaba ver a súa barriga por abaixo, os peitos tiñan forma irregular, levaba o seu pantalón que daba asco, como non atopaba unha perruna, cubriu a cabeza cun pano, os labios dun roxo rabioso que daba pena vela.

O pai de Carme case perde o sentido ao vela e a nai rompe a rir, porque non era para menos. Carme nomeou o tema do valioso colar que roubaran dicindo que llo dera a Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro), foi aí cando a falsa señora Reynal (Dous Dedos de Fronte) se mosqueou porque non sabía nada do colar, e non lle pareceu ben a idea de que o collera o Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) para el só.(o tema do colar era aquel que implicaba ao pai de Carme con aqueles ladróns, aquela historia que inventara Carme do butanero e todo eso).

Os dous ladróns discutían sobre o tema e cando Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) ensinou o colar, ao pai de Carme case lle dá algo. Ese colar era de verdade e custáralle 600.000 pts., tíñao para darlle unha sorpresa á súa muller e estaba gardado na maleta entre a roupa para que cando chegase o momento, a nai o vise e así darlle a sorpresa.

Nese momento, só había berros na casa, pero había que berrar máis porque as motos (a carreira que había de motocross) comezaba a pasar. A eso, había que sumarlle que o Chapuzas dende o soto fixera estoupar a primeira carga explosiva porque xa eran as oito da tarde.

Foi unha hecatombe: as vidrieiras romperon todas, a pantalla do TV rebentou, a lámpada foi parar ao chan, caeron e romperon adornos, a escaleira que ía ao primeiro piso retorceuse, as pareces enchéronse de gretas. Guillerme botou a correr cara ao soto, pero xa subía o Chapuzas ca cara completamente negra, cos pelos de punta e a roupa afumegándolle.

Total, que non había forma de tumbar a parede e quero decir con eso, que non pudieron coller os cartos do banco.

Os 3 ladróns saíron correndo pero unhas rúas máis adiante xa os detiveron.

Despois de toda esta historia e despois de falar coa policía, as dúas familias pasaron xuntos uns días.

PREGUNTAS SOLTAS DO LIBRO:

- Como se pode lelo libro?

De tres maneiras:

1. Orde cronológica.

2. Capítulos con números arábigos.

3. Capítulos con números romanos.

- Cal foi a peor broma que se fixeron? Foi na excursión de fin de curso.

Fixérona entre eles cando Carme se escondeu na praia e lle dixo aos seus amigos que lle dixeran a Guillerme que Carme caera por unha greta da praia. Guillerme baixou a buscala e cando chegou abaixo, empezaron a rir., eles baixaran por unha escaleiriña.

Esta broma a Guillerme sentoulle fatal.

- Cal era o cometidos dos ladróns entrando na casa de Guillerme?

Roubar o banco que estaba ao lado.

- Cando chegaron os ladróns á casa de Guillerme?

Á hora de comer.

- Que comían na casa de Guille cando chegaron os ladróns?

Arroz á cubana e tamén había na mesa una botella de viño e outra de auga.

- Había moito mobiliario na casa de Guillerme? Se é afirmativo, cita algún.

Si, demasiadas cousas e incluso había que andar con tino para non tirar nada. Había unha mesa de comedor con seis cadeiras, unha mesa de xogo co seu tapete verde e con catro cadeiras, dúas mesas de café, un televisor enorme e tamén había moitos adornos: adornos dos cinco continentes: reloxos, estatuíñas, aluminio, plástico …

- Que frase dixo Guillerme ao revés para avisar a Carme do perigo que había na casa naquel momento?

Dixo ao revés (vesre): meus pais son prisioneiros duns ladróns.

- Como era o xardín da casa de Guillerme?

Estaba moi ben coidadiño, con flores e céspede e hedra subindo por un muro.

- Como eran os pais de Guillerme?

A nai canto peor era a situación máis se ría, e o pai era máis normal.

- Como era o pai de Carme?

O pai era tamén moi bromista.

- Aos policías que chegaron á casa de Carme cando foi o do colar roubado, esta púxolles nome, recordas cales?

A un chamouno Carmona, que era o seu profesor de Sociais e a outro chamouno Górriz que era o seu profesor de Educación Física.

- Por que discutían na casa de Guillerme cando chegaron os ladrón?

Porque os pais dicíanlle que non ían de vacacións por culpa del, porque suspendera catro asignaturas pero el sabía que non ían porque non tiñan cartos para a viaxe.

- Como se chama o pobo onde veranea Guille?

A Coma

- Como era a casa dos Reynal?

Era pequena e estaba chea de mobiliario e adornos.

­- Onde ian Carme e seus pais de vacacións?, que celebraban?

A un pequeno pobo de Francia.Celebraban que facía anos que se coñeceran.

- Que fixeron os pais de Carme mentras ela visitaba a Guillerme?

Foron ver as ruinas arqueolóxicas

- A que hora quedaron en ir a recoller a Carme os seus pais?

As oito da tarde.

- Por quen se fixeron pasar os ladróns cando chegou Carme?

Por médicos do exército

- Que se celebraba no pobo de Guillerme?

O pobo estaba en festas.

- Que atractivo tiñan as festas de A Coma?

Había un mercadillo e había unha carreira de motocross

- Que vendían no mercadillo?

Vendían produtos ecolóxicos, como mel, queixos, aceites, vinagres …

- Que lle pasou ao Chapuzas cando quixo furar a parede?

Que machucou un dedo co martelo.

- Cal era o sinal que facía Guillerme cando ía falar ao revés e que só entendía Carme?

Pechar os ollos e sacar a lingua.

- Quen lle gastou unha broma ben pesada ao Cerebro?

Carme e O pai de Carme, que tamén era moi bromista.

- A que hora dixo o Chapuzas que ía facer explotar a carga explosiva?

Ás oito en punto.

- Onde estaba agachado o colar tan valiosísimo?

Nun tarro de arroz na cociña, na casa do pai de Carme.

- Quen o puxera ali?

O falso butanero

- Cando Guillerme preguntou aos ladrón que ían facer no soto, que lle responderon?

Un quirófano para intervencións quirúrxicas

- Que cantaba Mister Ideas de Bombeiro cando subiu do soto e se meteu na cociña?

El manisero.

- Cuanto tempo dixo o Mister Ideas de Bombeiro que faltaba para chegar as motos á meta?

Un cuarto de hora.

- Que lle dixo Mister Ideas de Bombeiro a Carme que lle ía facer para saber se estaba contaxiada?

Análise de sangue, de ouriños e que tiña que tomar un potingue que preparara el.

- Que grupo musical se oía na festa?

Supertramp.

- A que hora recolleu a Carme o seu pai na cada de Guillerme?

Ás oito menos vinte.

- A que hora lle dixera que a recollería?

Ás oito.

- Que levaban os pais de Carme para os pais de Guillerme cando a foron a recoller?

Un regaliño: unha caixiña verde con laciño amarelo, seguramente uns bombóns.

- Por que lle chamaban ao Cerebro “Mister Ideas de Bombeiro”?

* Porque era capaz en décimas de segundo, de argallar a tolería más tola que ninguén imaxinara.

* Porque non lle costaba nada inventar cousas para saír do apuro, aínda que logo fosen unha trapallada.

* Porque tiña unha imaxinación algo fóra de serie.

* Porque as sús ideas ao final, non valían para nada, canto máis inventaba, máis liaba o asunto.

- Que pedíu Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) a Guillerme para simular que estaban nunha festa?

Champán, caretas, música, serpentinas, disfraces, confeti.

- Que disfraz puxo Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro) na festa?

O de Spiderman.

- Quen fixo de pai e nai de Guillerme na festa?

- Ideas de Bombeiro fixo de pai e Dous Dedos de Fronte (Albertocho) fixo de nai.

- O colar, era de verdade ou de mentira?

De verdade, custara 600.000 pts.

- E para quen era?

Para a nai de Carme.

- Onde se supón que tiña que estar o colar?

Escondido entre a roupa da maleta.

- Que pinta tiña o Chapuzas despois de activar a carga explosiva?

A cara totalmente negra, os pelos de punta e a roupa afumegándolle, parecía un personaxe de debuxos animados.

- De que dixo o Chapuzas que debía de ser a parede?

De kriptonita.

Conta algunha anécdota que che fixese gracia

1. Cando o Mister Ideas de Bombeiro, despois de escoitar a historia de Carme sobre o colar roubado, baixou ao soto todo apurado porque só quería que ela marchase da casa, o tacón do zapato tropezoulle nunha escaleira e baixou o resto de golpe, e aínda por riba ao chegar abaixo fixo como se o fixese a propósito.

2. Cando Carme conta que os pés do Gorila cheiraban como se levase un morto dentro do zapato.

3. Cando o Cerebro empurrou ao Gorila caendo contra unha cadeira, unha das patas rompeu e este caeu ao chan.

4. Cando Carme contou que o Gorila se sentou noutra cadeira, ca delicadeza dunha bailarina e que só lle faltaba o tutú.

5. Cando Dous Dedos de Fronte baixou polas escaleiras disfrazado da Sra. Reynal (nai de Guillerme).

- Como chamaban no colexio a Carme e Guillerme?

A Pesca, A Peste Alta e A Peste Negra.

- A quen se lle ocorreu o de falar ao revés?

A Carme.

- En que cidade estudaban Carme e Guillerme?

En Barcelona.

- Como conseguiu Carme que o seu pai a levara ao pobo de Guillerme?

Díxolle que tiña que ver con urxencia a un amigo e que lle tiña que gastar unha broma.

- Resume en poucas liñas a historia do colar tan valioso que Carme lle contara a Mister Ideas de Bombeiro (O Cerebro).

“Carme é perseguida por unha banda de ladróns de xoias porque tiña no seu poder un colar moi valioso. Ela vira como asasinaban a un home e sabía demasiado. Logo entraría o seu pai en xogo chamando aos ladróns (que tiñan retida a Carme) e diríalles que a ía ir buscar (a Carme), pero que non ses lles ocorrera chamar á policía”.

- Con que cousas cargaron o coche Carme e a súa familia cando chegou o día de ir de vacacións?

Parasoles, maletas, bolsas, bikinis, colchóns de goma para a praia...

- A que hora estaba previsto que rematara a carreira de motocross?

Ás oito da tarde.

- Que nombre lle puxera o seu pai ao soto?

Adega, anticuario e museo.

- E por que lle chamaba así?

* Adega: porque tiña botellas de viño e champán.

* Anticuario e Museo: porque alí estaba gardado o antigo comedor (cadeiras, mesa, vitrina ...) e ademáis había tamén xoguetes de cando Guillerme era pequeno, unha bicicleta, unhas canas de pescar ...

Mister Ideas de Bombeiro e os outros dous, pensaban que na casa de Guillerme non había ninguén porque suponse que estaban en Australia de vacacións de verano.

14