Idealismo trascendental en Kant

Filosofía racionalista da Ilustración siglo XVIII. Crítica da razón pura e práctica. Xuizos analíticos, sintéticos, a priori e a posteriori. Coñecemento

  • Enviado por: BeaMei
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad

Inmanuel Kant ( século XVIII)

Idealismo transcendental

  • O problema do coñecemento en Kant: (Crítica da razón pura)

Kant parte de que a metafísica era un cúmulo de contradiccións, a cales provocaban que non fora moi apreciada, mentres que as matemáticas e as ciencias estaban en pleno desaroio. Kant pensa que ista non era correcto xa que a metafísica ten como obxeto final Deus, A inmortalidade e a liberdade, que son cousas que lle interesan a todo o mundo. O que se plantexa é “¿Como é posible a ciencia?” xa que se desenrola a través de Xuizos, de ahí Kant transforma a súa pregunta en “¿Que xuizos fan posible a ciencia?”

Todo o noso coñecemento nace ca experiencia sensible, pero non todo o noso coñecemento nace da experiencia sensible. O coñecemento sensible proporcionanos datos: a materia do coñecemento(contido “a posteriori”), pero a nosa mente proporciona a forma do coñecemento(condiciones “a priori” do coñecemento). Este “coñecemento” está composto por duas realidades: una que ven de fora da mente: “elementos a posteriori”; e as propias leis do coñecemento.

Kant admite de Hume que todo o noso coñecemento procede da experiencia sensible, como doxemos anteriormente, e que o coñecemento sensible é sempre provisional, pero afirma que poseemos un coñecemento universal e necesario, é o que sonstitue o coñecemento científico: matemáticas e física.

“Giro copernicano”

Kant propón que é a nosa mente a que estructura o obxeto do coñecemento; afirma que son as leis da mente humana a maneira que ten a nosa mente de formar o obxeto do coñecemento, e isto é o que lle chama “giro copernicano”.

O noso coñecemento ten valor obxetivo xa que a materia que o constitue son datos da experiencia e están organizdos polas leis mentais.

“Os xuizos según Kant”

Divídeos en dúas clasificacións:

1.- Xuizos analíticos / Xuizos sintéticos

2.- Xuizos a priori / Xuios a posteriori

-Xuizo analítico: son os que aclaran mellor as características do suxeito. Son sempre verdadeiros, pero non son extensivos xa que non fan avanxar á ciencia.

-Xuizo sintético: fan avanzar o coñecemento con cal, con extensivos.

-Xuizo a priori: son aqueles nos cales a verdade se apoia nas leis do pensamento. Son verdadeiros e teñen valor universal e necesario.

-Xuizo a posteriori: son aqueles nos que a verdade é coñecida a través da experiencia. Non teñen valor nin universal nin necesario.

Todos os xuizos analíticos son a priori, pero non todos os sintéticos son a posteriori, son os xuizos sintéticos a priori os que forman a estrcutura das ciencias.

“A crítica da razón pura”

Comprende tres grandes apartados:

1.-A estética trascendental

2.-A analítica trascendental

3.-A dialéctica trascendental

—O coñecemento sensible, o entendemento e a razón, son sempre a mesma mente cas súas mesmas leis pero aplicadas a sistemas distintos.

Kant chama sensibilidade á característica que teñen os seres humanos de reacionar ós estímulos que veñen de fora da mente, e a sensación é a reación a estes estímulos; con isto Kant afirma que a sensación é a “materia” do coñecemento. A nosa mente ante esa sensación, organiza os datos e aplica as súas “leis do coñecemento”. No coñecemento sensible, estas leis son o tempo e o espacio.

A materia do coñecemento sensible constitue o contido das sensacións e é o que Kant chama “a posteriori”.

A forma do coñecemento sensible son o espacio e o tempo. A síntesis de materia e forma, denomínase “fenómeno”, que tamén se denomina “a cousa” ou “ser-para-min”.

Para Kant, los xuizos que comprenden as matemáticas son sintéticos xa que as matemáticas son unha ciencia extensiva; e a priori porque tratan do espacio e do tempo, e así convértese nun valor universal e necesario.

—A partir de que a mente formou o fenómeno, segue funcionando formando novas sínteses, co cal, eses fenómenos serán outra vez extructurados mediante formas a priori e o seu resultado serán os xuizos co cal conseguiremos o entendemento que é o que formula esas novas sínteses.

Resumindo, Kant di que: “no entendemento a nova síntese formada pola mente recibe como materia o fenómeno da sensibilidade, como forma “a priori” enprega as categorías e o novo obxeto de coñecemento son os xuizos.

As categorías:

Poden ser de dous tipos:

-Por un lado atopamos conceptos como “home”, “mesa”, “animal”... que proceden da experiencia e son denominados “Conceptos empíricos”.

-Por outro lado aparecen conceptos como “causa”, “substancia”, “existencia”...que son leis da mente que son denominados “Conceptos puros ou Categorías”, e son pois extructuras a priori, pois axúdannos a sintetizas os fenómenos para chegar ós xuizos.

Kant apoiase na lóxica aristotétilca para anilzar os xuizos é chega á conclusión de que se poden clasificar en doce tipos, que se debe a que a mente humana ten doce leis que rixen a lóxica do pensamento, son as doce categorías, entre as que se apopan as de causa, substancia, existencia, negación, pluralidade.

Cando as categorías se apliquen ós fenómenos do coñecemento sensible, formaranse xuizos que teñen valor obxetivo, é o que se chama “uso lexítimo das categorías”, que nos mostra unha realidade obextiva porque se basa no contido de datos empíricos, e a isto chámaselle “coñecemento”. En consecuencia dos fenómenos ou “a cousa-en-min”, existe “a cousa-en-si”, que é a realidade fora do cñecemento que se denomina noúmeno, e para coñecelo sería precisa a intuición intelectual, pero o home carece dela.

Sen embargo, a mente humana vese impulsada a utilizar as categorías nun ámbito máis aló do empírico; istó é o que se denomina “uso ilexítimo” e non xera o “coñecemento”.

—Dialéctica para Kant significa raciocinios vacios, de ahí que a dialéctica trascendental trata de descubir o uso ilexítimo das estructuras a priori, é dicir, cando esta discure, razona. Un dos presupostos básicos da teoría kantiana é o dinamismo da mente, é dicir, que tende de forman natural a formar sínteses cada vez máis amplias.

A primeira síntese é o fenómeno, a segundason os xuizos e a terceira os raciocinios, por conseguinte, a razón é a facultade de formar raciocinios.

A meta que quere conseguir a razón é atopar unha causa absoluta, unha explicación absoluta ou “condición incondicionada”, e estas condicións tras as que vai a mente, son tres ideas puras ou trascendentais: A alma humana, o universo e Deus.

A alma humana seríao que produce os actos do pensamento. O universo é o substracto profundo que orixina os fenómenos. Deus como o condicionado absoluto.

O conxunto de estas tres forman a metafísica, que para Kant non é ciencia porque non crea coñecemento.

“A crítica da razón práctica”

Este autor tamén trata a ética en dúas obras: “Crítica da razón práctica” e “Metafísica das costumes”.

A razón práctica non é distinta da razón pura, temos só unha razón que se identifica co entendemento e é a única intelixencia humana, que cando o aplicamos a determinar o comportamente, chamámolo “razón práctica”.

Mentres que a razón pura exprésase en xuixos, a razób práctica exprésase mediante mandamentos.

Temos que distinguir dous tipos de éticas:

-material que queda determinada polos obxetivos a acadar o coñecemento.

-a priori que é o comportamento mismo.

O imperativo categórico: é o que me di o que debo ou non debo de facer. Según Kant, o o principio fundamental que determina a moralidade é o sentido do deber.

Postulados da razón práctica: libertade humana, inmortalidade da alma, existencia de Deus.

Na Crítica da Razón Pura, Kant chegou á conclusión de que é imposible demostrar cientificamente a existencia do universo como ser que contén a todos o demais. A alma humana como unha substancia espiritual causante dos fenómnos psíquicos. Deus como substancia absoluta causante do Universo e Deus. Postulado é un xuizo que non é evidente nin que podemos demostrar pero que nos vemos obligados a seguir a sua verdade para demotrar outras leis e principios dos cales non podemos dudar.

Kant recalca a importancia de que os seres humanos sempre se sentiran libres e afirman que non se pode afirmar esa liberdade humana.

A inmortalidade da alma; distingue entre “Voluntade Virtuosa” que é a da persoa que intenta comportarse seguindo os principios da petica e cumplindo as normas; e a “Voluntade Santa” que é a da persoa que sempre se comporta seguindo os principios éticos e cumplindo todas as leis e normas.

A existencia de Deus, para Kant virtude e felicidade son dúas realidades distintas e por iso moitas veces non coinciden, pero a tendencia da razón, é a de identificar virtude con felicidade, pero iso só o consigue un ser con tal poder que sexa capaz de facelas coincidir, e tan ser é Deus, porque senón esa tendencia natural da razón sería absurda.

1