Historia


Humanismo


HUMANISMO

O humanismo foi un movemento de renovación cultural que naceu en Italia no século XV. Caracterizouse polo “rexurdir” da cultura clásica greco-latina.

Había e hay 2 teorías e 2 culturas:

  • Geocéntrica / terra é o centro / 1ª teoría

  • Heliocéntrica / sol é o centro / 2ª teoría

  • Teocéntrica / deus é o centro / 3º cultura

  • Antropocéntrica / home é o centro / 4º cultura

No humanismo dase a cultura antropocéntrica.

Erasmo de Rotterdam foi o persoaxe máis salientable do humanismo cristián.

As humanidades eran os estudios que se centraban na linguaxe, na literatura e na filosofía.

As Academias foron as impulsoras do pensamento humanista.

A mediados do século XV naceu a imprenta que facilitou o espallamento dos textos antigos e as ideas humanistas.

A REFORMA PROTESTANTE

A igrexa alonxouse das funcións espirituais para ocuparse de asuntos terrenais.

Erasmo de Rotterdam criticou a xeneralización de prácticas abusivas, compra de bens e de dignidades eclesiásticas, venda de bulas e indulxencias…

Pero Martiño Lutero foi o causante da ruptura dos crentes.

A reforma luterana baseábase nestes tres principios:

  • Xustificación pola fé: o home só pode salvarse se confía en Cristo e esta só pode atoparse lendo e meditando persoalmente a Biblia (libre interpretación da Biblia).

  • O sacerdocio universal: os templos deben ser sinxelos, sen imaxes, non haberá misas, só a lectura e o comentario da Biblia. Esta lectura será dirixida por un membro da comunidade mellor preparado que os demais e que levará unha vida normal.

  • A autoridade da Biblia: Só na Biblia está a verdade polo que é necesario leela e que cada un a interprete á sua maneira. A tradición carece de valor.

Só son necesarios dous sacramentos: o Bautismo e a Eucaristía.

Non son necesarios o culto a Virxe e os Santos.

O purgatorio non existe.

Tamén xurdiron outras doutrinas:

  • Calvinismo: espallouse en Suíza de man de Xoán Calvino. Tiña unha idea máis radical que o luteranismo e dicía que tódalas persoas teñen predestinado o seu destino dende que nacen ata que morren (doutrina de predestinación).

  • Anglicanismo: xurdiu de man de Henrique VIII, cando o Papa no lle concedeu o divorcio con Catarina de Aragón.

A CONTRARREFORMA CATÓLICA

Para frealo Protestamento reorganizouse a Inquisición, e creouse a Consegración do Indice encargado de publicalas listas dos libros prohibidos.

CONCILIO DE TRENTO

O Papa Xulio III convocou esta reunión á que asistiron xerarquías eclesiásticas e monarcas como Carlos V.

O Concilio reafirmou tódalas verdades de Deus:

  • A fé tiña que conseguirse mediante as boas obras.

  • Reafirmou os 7 sacramentos, o carácter da misa e o culto á Virxe e ós Santos.

  • Declarou á Vulgata como única Biblia válida.

O Concilio amosou medidas sobre o clero:

  • Creáronse seminarios para educa-la formación do clero.

  • Os bispos tiñan que residir na diócese e os sacerdotes permanecer nas parroquias.

  • O clero tiña que levar unha vida exemplar.

OS REIS DA CASA DE AUSTRIA

AS MINORÍAS ÉTNICAS E RELIXIOSAS

Os cristiáns chamaban os xudeus recentemente convertidos ó cristianismo “cristiáns novos” mentras que eles se consideraban “cristiáns vellos”. Dicíase que os xudeus xudaizaban porque practicaban o xudeismo as agachadas.

Os membros do Tribunal da Inquisición cegaron á conclusión de que os conversos xudaizaban por influencia.

O 31 de marzo de 1492 saíu o decreto real que expulsaba os xudeus

Os mudéxares eran os habitantes islamizados, e os mouriscos eran os musulmáns convertidos ó cristianismo.

En 1502 os múdexares de toda a Coroa de Castela foron obrigados a marchar de España ou á conversión. En 1525 esto tamén pasou na Coroa de Aragón.

Filipe II en 1567 presionou ós mouriscos para que abandoasen a Península e estoupou unha sublevación.

A CASA DE AUSTRIA

Os reis que gobernaban en varios países seguían distintas leis para cada un.

O rei de España gobernaba na Coroa de Castela, na de Aragón e no ducado de Milán, o reino de Nápoles e na illa de Sicilia. Tamén nos Países Baixos.

Carlos I nombrou a representantes para que residisen nas cidades máis importantes de cada territorio e recibían o nome de vecerreis ou gobernadores. As Audiencias eran tribunais que estaban o lado de cada vicerrei.

Establecéronse uns Consellos que asesoraban o rei.

Carlos I convoca en Galicia o 30 de marzo de 1520 ás Cortes de Castela. A Xunta do Reino comeza a funcionar como reunión en 1495.

As competencias do rei eran:

  • A defensa do territorio, o exército e as relacións cos estados.

  • O mantemento da orde pública e a administración de xustiza.

  • Os impostos e a facenda.

O rei ocupábase da defensa do territorio, das relacións cos estados e do exército. O rei quería o dereito a redactar novas leis.

  • O Consello de Estado: nobres que estudiaban os problemas relacionados con guerras, tratados de paz e relacións cos outros estados.

  • O Consello da facenda

  • O Consello da Inquisición. Problemas relixiosos.

A FACENDA BAIXO OS AUSTRIAS

IMPOSTOS ORDINARIOS

Alcabala: imposto castelán de orixe árabe que se aplicaba sobre os productos mercados ou vendidos grabando os mesmos cun valor do 10 % (só en Castela)

Almojarifazgo: imposto de orixe árabe que se aplicaba sobre os productos de outros reinos vendidos en Castela.

Estancos: é un tipo de imposto derivado do monopolio exercido polo estado na fabricación e venta dalgúns productos como os minerais, a sal, a pólvora, os naipes…

Tercias reais: imposto da facenda castelán que consistía no cobro dos 2/9 do décimo eclesiástico (diezmo).

Décimo eclesiástico (diezmo): imposto pagado pola xente á igrexa que consistía na décima parte da colleita. Estivo activo ata o século XIX.

Quinto real: imposto aplicado a tódalas mercadurías chegadas de América consistente na quinta parte do seu valor.

IMPOSTOS EXTRAORDINARIOS

Servicios: o rei convocaba ás Cortes para pedirlle diñeiro.

Venta de cargos públicos: a xente compraba os cargos ofrecendo diñeiro o rei (XVII) a cambio dos cargos.

Xuros: as xentes prestan diñeiro o estado que máis tarde devolverá con cortos intereses.

FELIPE II

Carácter

Moi diferente a Carlos I. Era tódolo contrario a ó seu pai.

Él entendía que o seu reinado era un traballo. Revisaba e correxía os documentos. Era moi meticuloso, por elo e por outros motivos as solucións e decisións eran lentas.

Goberno

Antonio Pérez era un home da confianza de Felipe.

Felipe toma como referencia Madrid. A sua vida transcurre entre a capital e “El Escorial”.

Os seus enemigos chámabanlle “El demonio del Sur”. Terá moitos problemas

Problemas internos

Problemas externos

Felipe vence ós franceses na batalla de San Quintín (1557). Él acude persoalmente e da gracias o día de San Lorenzo construíndo “El Escorial”. Ten forma de parrilla porque San Lorenzo foi asado dado que non quiso deixar de ser cristián.

“El Escorial” resume o carácter do rei. Vai ser Panteón, Mosteiro e Palacio.

Máis tarde defende ós franceses católicos nunha guerra.

Os turcos viñan a por esclavos a España. Felipe II, reuniu a distintos exércitos e sucédese unha guerra en Lepanto (1571)

O Norte dos PB pasouse ó bando protestante de Calvino.

Felipe mando ó Duque de Alba e como era tan bruto nestes momentos hai unha pegada.

O rei de Portugal morre na guerra na que se enfrenta cos turcos no Mediterráneo e Felipe II convírtese no rei de Portugal, despois de dicir que a él lle pertence selo.

Felipe manda unha flota ós PB e despois entran en Inglaterra.

A DECADENCIA DA MONARQUÍA HISPÁNICA (S. XVII)

Crise demográfica

Andazos (epidemias)

Perdas nas guerras

Emigración as Indias

Aumento do clero

Crise económica

Diminución das remesas de Ouro e Prata das Indias

Aumento dos prezos

Excesivos gastos: bancarrota

Crise social

O país énchese de senté que vive do conto ou da “Sopa boba”

Pouco amor o traballo

Crise política

Felipe III (1598-1621)

Indolente, vago, festeiro

Validos: Duque de Lerma e Duque de Ucada

Sucesos importantes: Expulsión dos mouriscos (1609),

Trequa dos 12 anos (1609)

Felipe IV (1621-1665)

Máis preparado que o se pai pero indolente, festeiro e mulleriego

Valido: Conde-Duque de Olivares

Sucesos importantes: Guerra dos 30 anos e

sucesos de 1640

Carlos II

O RENACEMENTO

Nesa época naceron os mecenas que eran os que encargaban as obras ós artistas

Os artistas do Renacemento querían consegui-la proporción e a beleza nas suas obras por iso escribíronse tratados que explicaban como conseguir esa beleza ideal e universal.

Os artistas do Renacemento buscaban a proporción, na escultura e o dominio do espacio en arquitectura e en pintura.

  • En escultura búscanse as proporcións harmoniosas do corpo humano, a miúdo represéntase o corpo espido como no David de Donatello.

  • En arquitectura búscanse os elementos simples, proporcionados e ordenados baseados nos elementos clásicos.

  • En pintura búscase a profundidade con axuda do punto de fuga.

Para representa-lo espacio real utilízase a perspectiva, un método xeométrico que reduce os obxetos segundo a sua situación. Con isto o artista produce a sensación de alonxamento e profundidade espacial como no fresco de Massaccio.

O QUATTROCENTO

Durante o século XV Florencia foi o centro artístico de Renacemento.

Brunelleschi proxectou a enorme cúpula da catedral de Florencia.

Fra Ángelico, Masaccio e Ghiberti representaron a natureza baseándose no estudio científico.

Donatello expresou a elegancia e proporción do corpo humano, mentres que Botticelli recreou un mundo mitolóxico cheo de sensibilidade e beleza.

A finais do século XVI aparece Leonardo da Vinci que sintetiza o ideal humanista. Experimenta en tódolos campos do saber. Introdúcese na investigación científica, idea máquinas, sistemas de defensa, escribe tratados e pinta.

Nalgún dos seus cadros introduce a técnica do “sfumato” que lle permite dar maior sensación de profundidade.

O CINQUECENTO

No século XVI Roma é o centro artístico do Renacemento. O cinquecento é o punto de maduración do Renacemento. A experimentación e o naturalismo dan paso o clasicismo.

O gran mecenas do cinquecento é o Papa Xulio II.

Bramante proxectou unha igrexa de cruz grega rematada máis tarde por Miguel Anxo.

Miguel Anxo converteuse nun gran pintor ademais de escultor. Tiña unha grande concepción volumétrica que se demostra nos frescos da capela Sixtina

Rafael Sanzio salienta tamén polo seu dominio da perspectiva, pero sobre todo polos retratos e pola elegancia e harmonía das suas composicións.

Os pintores venecianos utilizaban para a composición a forza da pincelada e as manchas de cor.

Giorgione salienta pola sua pintura chea de poesía. O seu alumno, Tiziano representa o colorismo

O Renacemento no resto de Europa non se deixará ver ata o século XVI debido á presencia de artistas italianos neses países.

O RENACEMENTO EN ESPAÑA E GALICIA

En arquitectura dase o chamado estilo plateresco que consiste na decoración de fachadas con medallóns, balaustrados…

En escultura as obras realízanse en madeira policromada

Esto sucede en tempos dos reis católicos e o Renacemento mistúrase có Gótico.

VOCABULARIO:

  • Dignidades eclesiásticas: altos cargos da igrexa / o alto clero. Obispos, cardenais…

  • Indulxencias: concesión do perdón das culpas e os pecados mediante diñeiro. Este diñeiro foi para á Basílica de San Pedro.

  • Hugonotes: seguidores de Lutero perseguidos en Francia.

  • Excomunión: expulsión da Igrexa / Comunidade Cristiá.

  • Purgatorio: é un espacio intermedio entre o ceo e o inferno no que un paga polos seus pecados mortais.

  • Veedor: funcionario do estado que acompaña as xentes que van as Indias.

  • Doutrina: Conxunto de principios e ideas que unen nun grupo as persoas que as profesan.

  • Lenda negra: distorsión da monarquía hispana.

  • Valido: persoa da alta nobleza que se gañou a confianza do rei e debido a indolencia do mesmo exerce o goberno do país.

  • Tregua dos 12 anos: acordo de paz asinado entre Felipe III e os rebeldes holandeses que puso fin de forma momentánea á subleción dos Países Baixos.

1

8




Descargar
Enviado por:María
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar