Humanismo y Renacimiento

Filosofía. Historía. Movementos culturais. Renacemento. Maquiavelo. Reforma protestante. Nova ciencia. Antropocentrismo. Razón fronte a fé. Correntes clásicas. Modelo teleolóxico. Galileo

  • Enviado por: Esther Santiago Valiño
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

Guión dos puntos máis salientables:

­­- O Renacemento(sXV-XVI) é un periodo de transición entre a filosofia medieval ( remata no s.XIV) e a Filosofía Moderna(iníciase no s.XVII).

- É unha volta aos valores clásicos en todos os ámbitos: arte, literatura, filosofía , política...

- Ainda que esto é materia de discusión, pode ser considerado unha ruptura coa Idade Media en aspectos sociais, culturais, económicos, relixiosos, cienrtíficos, políticos... que,ben é certo, en moitos casos xa se iniciaran na Idade Media.

  • Entre os cambios que se producen cabe salientar os seguintes:

. Descomposición do feudalismo. Aparición dos burgos, avance comercial, incipiente burguesía e embrión do capitalismo.

. Fragmentación do Imperio de Carlomagno(sIX) que dará lugar aos feudos e logo aos estados nacionales.Conflictos entre feudos e cidades(Relacionar coa teoría política de Maquiavelo).

. Maior autonomía civil fronte á eclesiástica. Continúa a loita de poder entre a igrexa e o poder civil.

. A fragmentación do imperio virá impulsada pola ruptura eclesiástica ao abandoarse a idea dunha soa fe un só imperio(agora non hai unha soa fe).

. Autonomía individiual (impulso á liberdade): o ser humano como persona individual é o centro do renacemento valorándose a liberdade e independencia. Abandóase o recurso á autoridade típico da Idade Media. Á verdade hai que percurala coa razón e non coa fe. Revalorización do individuo en canto ser natural -recóllese a visión grega que valora o corpo a vida natural, o pracer sano...- e en canto ser político(cidadán).

. En canto á filosofía o renacemento é un periodo sen nunha corrente clara de pensamento, nel danse cita numerosas tendencias da época clásica e cabe salientar o aristotelismo na física e na astrononomía que será derrubado pola Nova Ciencia. Tamén terán importancia as análises sobre filosofía do dereito en especial as teorías sobre o dereito natural.

  • Os tres aspectos máis salientables da filosofía do renacemento e que ademais son os que máis influirán na Filosofía Moderna son o Humanismo, a Reforma Protestante e a Nova Ciencia.

a.HUMANISMO.

O humanismo é unha corrente do Renacemento que, a través dos clásicos gregos e latinos, pretende afondar máis no concepto de ser humano e na valoración de todo o humano.Trata de recuperar o pensameto antigo sen a contaminación escolástica e estudiar a natureza humana por riba da tradición e da igrexa. Dáse un cambio da visión teocéntrica por unha antropocéntrica : Deus deixa de ser o centro para ser o ser humano o centro da reflexión.

O home renacentista está anclado neste mundo e nesta historia non no máis alá polo que fronte a unha visión relixiosa do mundo profundizarase nunha explicación científica e natural. A característica central do humanismo é o antropocentrismo que é naturalista xa que acentúa os aspectos naturais do ser humano desvalorizando a dimensión sobrenatural. Esta tendencia naturalista obsérvase con maior ou menor grao en todas as correntes filosóficas do renacemento. Os pensadores humanistas volvéronse aos grandes filósofos gregos (Platón e Aristóteles) ainda que tamén rexurden o estoicismo, o epicureismo e o escepticismo.

Desde o punto de vista político rexeitaban a metodoloxía e visión política da escolástica xa que, segundo eles non se preocupaban, por como deben comportarse os seres humanos descoidando a educación e a xeración da virtude na sociedade. Seguindo a Petrarca sempre opinaron que era preferible desexar o ben a coñecer a verdade. Esta reacción contra a escolástica polo seu carácter excesivamente especulativo promoverá a importancia do compromiso político que, nunha primeira fase tivo como consecuencia a defensa das liberdades republicanas, cuetións que a finais do século XV e principios do XVI ceden importancia en favor da seguridade e a autonomía das cidades. Digamos que a realidade do poder despótico dos signori fai que moitos humanistas renuncien aos seus ideais para converterse en conselleiros do príncipe. Este carácter de consello e descriptivo da política aparece no príncipe de Maquiavelo.

SÍNTESE DA CARACTERÍSTICAS:

  • Antropocentrismo fronte a teocentrismo.

  • Rexeitamento do recuso á autoridade(filosófica, relixiosa ou de tradición)

  • Valoración do home e da súa dignidade(liberdade, independencia).

  • Autonomía DA RAZÓN FRONTE Á FE.

  • Valoración positiva da natureza e de todo o material.

  • Volta aos valores clásicos.

  • Rexurdir das correntes filosóficas clásicas.

  • Destacan pensadores como Nicolás de Cusa(1401-64),Giordano Bruno(1548-1600), Francis Bacon(1561-1626)...

b.A REFORMA PROTESTANTE.

Coa reforma protestante ráchase coa unidade da verdade cristiana o que terá importantes repercusións políticas e culturais.

c.A NOVA CIENCIA

(máis importante para Descartes-Historia da filosofía- que para Maquiavelo-FilosofíaII-)

De todos os aspectos do renacemento a Nova Ciencia é o factor que máis influirá na formación da Filosofía Moderna. A nova ciencia trae consigo unha nova imaxe do universo(heliocentrismo fronte a xeocentrismo-Copérnico e Galileo-) que adopta o mecanicismo como novo modelo de explicación do universo fronte ao modelo teleolóxico da anterior imaxe grega. Este modelo mecanicista será aplicado por Descartes na súa explicación do mundo e na antropoloxía para explicar o funcionamento do corpo humano.

A filosofía tamén asumirá da nova ciencia a importancia da elaboración dun método previo a calquera investigación. A ciencia avanzou gracias ao uso dun método Hipotéticvo-Deductivo(Galileo) onde o fundamental eran a construcción das hipóteses feitas pola razón do suxeito, a deducción que é un método racional e as matemáticas que son un saber racional; Descartes buscará para a filosofía un método que permita o avance desta disciplina tal e como aconteceu na ciencia. E, por outrta banda, afirmará que a fonte fundamental do coñecemento é a razón(creando a corrente Racionalista) ao observar as características(todas relacionadas coa razón) do método que fixo avanzar as ciencias.

Ademáis este método terá un carácter matemático ao observar Descartes que é o saber máis exacto e fiable e aspecto que fixo avanzar as ciencias empíricas. Entón o filósofo francés preguntarase que se a ciencia avanzou gracias ao emprego das matemáticas ¿non pderáfacerse o mesmo na filosofía? Este será o obxectivo da súa filosofía.

O que levamos visto pódenos facer comprender o cambio na concepción da ciencia: agora a ciencia non se pregunta polo por qué dos fenómenos, polas causas últimas e ocultas senón por desccribir as proporcións cuantitativas(matematizables) dos fenómenos, é dicir, polo cómo funcionan os fenómenos.

NOVO CONTEXTO CULTURAL:HUMANISMO E RENACEMENTO