Historia medieval

Feudalismo. Cristianidad. Política. Economía # Diócese. Ordes militares. Servo

  • Enviado por: Maffet
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

UNIDADE 13

ACTIVIDADES

1.DEFINIR .Explica o significado dos seguintes termos e constrúe unha frase con cada un.

  • Feudo: Era cando o señor comprometíase a protexer ó vasalo e a mantelo na súa casa ou concederlle un castelo ou un territorio para que se mantivese él mesmo. Esta doazón tamén se pode chamar señorío, e de aí ven o termo feudalismo. O principio concedíase temporalmente, dependendo da fidelidade do vasalo. Pero co tempo convertiuse en vitalicio, e incluso pasou a herdarse de pais a fillos.

  • Cristiandade: Era o nome polo que se coñecía a esa maior parte de Europa que profesaba o cristianismo .

  • Diócese: Comprendían o territorio dominado por unha cidade e gobernábanas os bispos, que gozaban dun gran poder.

  • Décimo: O décimo é a décima parte das ganancias, cantidade designada para manter o clero ou para o uso relixioso ou de caridade.

  • Ordes militares: Os cruzados creáronas, de monxes-soldados(como os Templarios ou os Hospitalarios).

  • Servo: Persoa que na sociedade feudal, pertenecía aun señor que era dono das terras que ela traballaba, e estaba sometida a súa bontade.

  • 2.CLASIFICAR. Escribe cada característica no seu lugar correspondente.

    • Cabaleiro- b)Participaban en torneos.

    • Clérigo- a)Cobraban o décimo.

    • Campesiño- c)A maioría eran servos; e)Pagaban polo uso do muíño, a prensa, a fragua e o forno; d)Vivían concentrados en aldeas.

    3.EXPLICAR. Describe os cambios da agricultura a partir do século XI.

  • ¿Qué innovacións técnicas se introduciron?¿Qué consecuencias se derivaron delas?

  • Melloráronse os rendementos agrícolas gracias, sobre todo, ás innovacións técnicas. Entre elas destacaban o arado de veso, que labraba a terra máis profundamente; e a rotación trienal de cultivos, que permitía alternar nunha mesma parcela cereais de inverno e de primavera e reduci-lo barbeito a unha vez cada tres anos. Nas rexións mediterráneas estendeuse o regadío e a introducción de novos cultivos. Tamén foi importante a difusión do muíño hidráulico.

  • ¿De qué modo se ampliou a superficie cultivada?

  • Cortáronse bosques, desecáronse pantanos e caváronse novas terras, labrando campos ata daquela non cultivados.

    Como consecuencia, a alimentación mellorou e a poboación creceu.

    5.ANALIZAR. Describe como era Europa no ano 1000.

  • Política. ¿Cómo estaba organizado o continente?¿Existía unha unidade?

  • Cara o ano 1000, Europa estaba fraccionadaen numerosos reinos e Estados independientes: o reino de Francia, o Sacro Imperio Romano Xermánico, os reinos e condados hispánicos, os Estados pontificios, os países eslavos, o reino de Hungría, o territorio escandinavo e o mundo insular británico e irlandés.(Moitos deles encóntranse no mapa anterior).

    A unidade encontrábanse nuns elementos como: A relixión e a cultura escrita, xa que toda Europa era cristiá e os libros e documentos oficiais escribíanse en latín; O comercio, que aseguraba a comunicación e o intercambio do norte co sur do continente; Unhas mesmas estructuras sociais, baseadas na división entre señores e campesinos.

  • Economía. ¿A que se dedicaba a maior parte da poboación?¿Ocorre o mesmo nos nosos días?

  • Antes a maioría da poboación na Idade Media, no século XI, dedicábase ása labores agrícolas. Os campesinos, vivían principalmente agrupados en aldeas, ó redor de grandes castelos ou ó redor dunha igrexa importante. Estaban sometidos baixo o poder do señor, que era quen impartía a xustiza , cobraba as multas e recadaba os impostos.

    Na actualidade non é así en absoluto, porque a mayoría da poboación vai vivir ás cidades para traballar, e vivimos en cidades, vilas e pobos, pero as aldeas están máis ben abandoadas; e ademáis non controlan o noso diñeiro nin é o señor quen controla a xustiza.

  • Sociedade. ¿Cres que as condicións de vida eran difíciles?¿Por qué?

  • As condicións de vida da poboación europea en torno ó ano 1000 eran moi duras. A esperanza de vida era curta e os que superaban os 40 anos considerábanse vellos. A mortalidade era moi elevada. As guerras eran moi numerosas, as enfermidades eran correntes e non existían remedios eficaces contra elas. A poboación vivía dos productos que cultivaba e calquera calamidade(secas, inundacións...)provocaba grandes fames. Máis da metade dos acabados de nacer non superaban o primeiro ano de vida e moitas mulleres morrían no parto.

  • Cultura. ¿Por qué os mosteiros eran os principais centros de cultura?¿Ségueno sendo na actualidade?

  • Porque nos mosteiros debíase conxuga-la oración, a meditación e o traballo manual. Por iso, aínda que os monxes e monxas dedicábanse principalmente ó rezo, tamén copiaban manuscritos na biblioteca do mosteiro, decorábanos con miniaturas e labraban a horta, axudados por numerosos servos que dependían do abade.

    Na actualidade os mosteiros sirven como centro turístico máis que nada.

    6.COMPARAR. Contrasta cómo estaba organizada a Igrexa en torno ó ano 1000 e cómo o está nos nosos días.

  • ¿Qué eran na Idade Media as parroquias e as dióceses?¿Existen na actualidade coas mesmas funcións?

  • A Igrexa estaba organizada en parroquias e dióceses. As parroquias eran o lugar ó que se dirixian os fieis para rezaren e limitábase ó ámbito dun barrio ou dunha vila. As dióceses, en cambio, comprendían o territorio dominado por unha cidade e gobernábanas os bispos, que gozaban dun gran poder.

  • ¿Quen estaba ó fronte da Igrexa católica na época medieval?¿E nos nosos días?

  • Entre os bispos destacaba o papa, que era o bispo de Roma e estaba ó fronte da Igrexa. O papa, os bispos e os curas reciben o nome de clero secular. Nos nosos tempos segue sendo o xefe da Igrexa o papa.

  • ¿Qué imposto cobraba o clero medieval?¿Existe aínda?

  • Unha gran parte da propiedade da terra estaba en mans de mosteiros , conventos e catedrais que, igual cós señores, cobraban rendas e censos dos seus servos. Ademáis, tódolos campesinos, incluidos os libres, pagábanlle á Igrexa o décimo, que era a décima parte da colleita. Na actualidade o décimo non existe porque a Igrexa non ten tanta autoridade nin razóns para pedilo.

  • ¿Qué aspectos da vida cotiá estaban marcados na época medieval pola relixión cristiá?¿E na actualidade?

  • A vida cotiá estaba marcada pola relixión . Os principais ritos persoais, desde o bautismo ata o matrimonio e o enterro, estaban relacionados co cristianismo. As campás da Igrexa marcaban o ritmo diario dos campesinos. Incluso o calendario seguía as festas relixiosas e os anos contábanse a partir do nacemento de Xesús.

    8.CRONOLOXÍA. Indica en qué séculos se produciron os seguintes acontecementos.

  • Aparición da orde do Císter. XII.

  • Invasións maxiares, normandas e eslavas en Europa. Durante os séculos IX e X.

  • Temor á fin do mundo. IX e X.

  • Primeira cruzada. Comenzou no ano 1095.

  • Aparición da orde de Cluny. X.

  • Vídeos relacionados