Historia gallega

Galicia. Prehistoria. Edad media. Medieval. Moderna. Contemporánea. Antiguo Régimen. Nacionalismo. Regionalismo. Feudalismo

  • Enviado por: Jorge Rodríguez Recarey
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 16 páginas
publicidad

HISTORIA DE GALICIA

A ÉPOCA PREHISTÓRICA

  • Esta época vai dende o paleolítico inferior e a época dos castros ata a romanización. O primeiro xacemento que se atopou e que nos da a coñecela existencia destes pobos, segundo uns é de 35.000 a 25.000 anos a. Xt. que apareceron nas Gándaras de Budiño, cerca de O Porriño.

  • Distintas etapas prehistóricas :

I ETAPA : O Paleolítico: - paleolítico inferior

- paleolítico superior

Paleolítico inferior: se coñece polas Gándaras de Budiño, esta etapa está caracterizada polo uso dun material rudimentario de silex.

Paleolítico superior: coñecido a través de certos abrigos rochosos que hai a redor de Vilalba e Muros. As pezas que apareceron son mais pequenas cas do inferior pero talladas en material mais duro.

II ETAPA : O Neolítico.

O Neolítico comprende entre os anos 3.000 e 2.500 a. Xt. Nesta etapa teñen importancia os asentamentos megalíticos, que se estenden ata a época do bronce.

En Galicia hai moita abundancia de túmulos funerarios que se distribúen polas Serras e Gándaras, pero non se atopan nas zonas de labradío. O dolmen é o que caracteriza a esta etapa.

A sepultura colectiva indica a existencia de unha sociedade sen diferencias sociais e de grande relixiosidade.

A base da sociedade Neolítica non era a caza coma na paleolítica, senón a agricultura con utilización bastante frecuente do gando.

Caracteriza á sociedade megalítica a pouca diferencia social sendo o poboamento bastante denso é espallado polo territorio. Era unha sociedade pacífica e moi relixiosa.

III ETAPA : O bronce.

Esta etapa foi introducida polo vaso campaniforme e caracterízase polo uso dos metais. Primeiro cobre, despois cobre mais estano (bronce) e por último bronce mais chumbo.

Os restos mais coñecidos foron os machados que se atoparon en distintos sitios de Galicia . Aquí xa empeza a desenrolarse o espírito bélico.

Os enterramentos son individuais e neles atópanse obxectos de grande valor. Encóntranse os petroglifos ou debuxos feitos nas pedras que aparecen sobre todo no norte de Pontevedra (zona de Campolameiro) , nas zonas mariñeiras e os vales fluviais cercanos o mar.

IV ETAPA : Etapa Castrexa

Corresponde o domiño do ferro e vai dende o século IV a. Xt. ata a romanización.

Esta etapa castrexa coñécese polos restos arquitectónicos que quedaron : Os Castros.

Algúns eran de grandes dimensións, chámanse citáneas, como por exemplo: Santa Tegra.

  • Os castros só os hai nunha zona determinada da Península Ibérica, a esa zona os romanos chamáronlle Galaecia e comprende Galicia , o norte de Portugal e o oeste de Asturias e León.

A Arquitectura dos Castros é unha arquitectura doméstica bastante perfeccionada e non funeraria.

Está destinada a non poder vivir, forma circular e rodeada no seu conxunto, de fosos que poden seren ata tres.

  • A sociedade desta época e mais organizada cas anteriores, está baseada na agricultura , que era cerealística e tamén había algunhas leguminosas.

Era coñecedora das prácticas mariñeiras e da domesticación dalgunha clase de animais (o vino, bivino, porcino).

  • O primeiro nivel dentro da sociedade é a familia.

O segundo nivel é a centauria, que agrupa a distintas familias pero só collen ós membros masculinos e non a todos. Estas centaurias formaban parte dunha unidade superior que se coñece como Populí ; que ocupaba territorio con límites definidos baixo a dirección dunha minoría de guerreiros que as veces loitaban contra outros populí.

  • Dende o punto de vista espiritual, manifesta unha grande relixiosidade. Tres tipos de divinidade:

- O Deus Principal, que é a divinidade Castrexa á que lle dan culto nos montes.

- O Deus da Guerra.

- Serie de divinidade menos importantes (encrucillada de camiños).

  • Dende o punto de vista artístico atópase por unha parte :

- a arquitectura doméstica, e por outra

- as esculturas dos guerreiros castrexos que se conservan en Portugal. Rudimentaria escultura en pedra, e uns torques e diademas de orfebrería.

A Conquista Romana de Galicia

Non é un feito que se produce de forma repentina senón que hai un longo traballo:

- por unha parte, o impulso dos colonizadores por incorporar este territorio a súa administración ,

- e por outra banda, a resistencia da poboación castrexa.

  • A Conquista Romana de Galicia levouse a cabo en tres etapas e sempre despois de enfrentamentos militares.

Primeira Campaña

Tivo lugar no século II a. Xt. cando aínda non se atrebían a pasalo río Liña, río considerado como o do esquecemento.

Bruto ó mando da campaña atravesou o Liña e chegou ata o Miño, logo voltou a Roma. Esta primeira campaña foi de exploración.

Segunda Campaña

Foi a de Xullo César no ano 61-60 a. Xt. que bordeando a costa, segundo se cree chegou á Brigantium (Coruña), esta campaña non tivo continuidade, polo que Galicia aínda non se integra en Roma.

Terceira Campaña

Comezou no ano 29 a. Xt. e despois de dez anos de loitas, Galicia foi incorporada ó Imperio Romano por Augusto, despois da batalla do Monte Medulio, onde unha vez mais se demostra a resistencia de Galicia ó ser incorporada a Roma. Neste Monte Medulio, que aínda non se sabe onde estaba uvicado, refuxiouse a élite da poboación castrexa e antes de se entregaren ós romanos suicidouse colectivamente. O Monte Medulio foi nomeado como á Numancia das guerras Cántabras.

A Romanización de Galicia

  • A partir da conquista empeza a chamada romanización ou proceso de adaptación da sociedade conquistada ás estructuras romanas (economía, sociedade, política e cultura).

  • Dividen o territorio en conventos que teñen certa finalidade militar. Estes foron tres:

Bracarense: Tiña como capital a Brácara Augusta (Braga).

Lucense: Que comprendía a maior parte da actual Galicia e tiña como capital

Lucus Augusti (Lugo).

Asturiacense: Con capital en Asturica (Astorga).

Os conventos : Teñen un papel militar, administrativo e relixioso. Son os centros de difusión do culto ó emperador primeiro aquí en Galaecia.

Primeiro estiveron divididos en distritos e despois en diócesis.Estaban unidos por vías ou camiños e parece ser que foron tres as calzadas romanas que cruzaron a nosa terra.

  • A Conquista militar e a organización administrativa foi o primeiro paso da dominación romana e o segundo foi a transformación do Habitat. Medra o urbanismo, son perfeccionados as bases sociais e económicas, acúñase moeda, e aparecen novos cultivos na agricultura como: olivo e viña.

  • Obras públicas : - faros (Torre de Hércules)

- pontes (A de Ourense)

- vías públicas

- calzadas

- camiños ...

  • Implantan unha lingua : " O latín "

E na relixión : - o culto o emperador primeiro e despois

- o cristianismo.

Tanto a lingua coma a relixión eran as oficiales.

Deste xeito estiveron os romanos en Galicia ata o século V , cando chegaron os suevos, coincidindo coa desintegración do imperio romano. A partir deste momento iniciase o período de formación e de consodilación da cultura Galega (Feudalismo).

A FORMACIÓN DO FEUDALISMO

  • Este sistema social, baseado no feudo, era un contrato polo que o señor concedíalle terras e o usufruto os seus basalos ; apareceu no século IX e adquiriu o seu esplendor nos séculos XII e XIII.

Esta etapa definiría un crecemento económico que caracterizou a Galicia ata o século XX.

  • A agricultura medieval coñeceu durante estes séculos a súa mellor época. Isto deveuse a dous fenómenos :

- A ampliación da superficie cultivada e

- A aplicación de sistemas mais intensivos no cultivo da terra.

  • Nesta sociedade medieval houbo unha gran expansión rural debido a que se estendeu a superficie cultivada, regúlanse as invencións agrarias a través do foro e aplícanse sistemas mais intensivos no cultivo da terra.

Dábanlle territorio sen cultivar (monte ou bosque) en torno as terras xa cultivadas, as familias campesiñas para que as puxeran en cultivo. Aparecen así as novas vilas, que son resultado do conxunto de señores e campesiños.

Os señores, donos das terras, son os que poden proporciona-los medios precisos para que os campesiños vivan ata que a terra dea froitos, pero tamén e certo que o señor necesita do campesiño como aproban as condicións ventaxosas que ofrecen os poboados das terras que han de serean traballadas.

  • Tamén hai xente que se adica individualmente a traballa-las terras incultas, así o da a entender a aparición das palabras vilar e cosal.

Aparecen as cortiñas próximas á casa que eran fertilizadas con abonos orgánicos, e daban leguminosas e hortalizas.Estabulizouse o gando pois ata o de agora andaba solto.

Xurde tamén o viñedo, que se estende principalmente polo Ribeiro e arredor da arteria Miño-Sil.

  • Para a expansión da agricultura ademais dos abonos, empezáronse a utilizar medios mecánicos:

- O arado de bertedeira ou besadouro, tirado por dúas ou tres parellas de bois, mulas ou cabalos. Foron introducidos en Galicia polos frades vidos de Francia (cistercienses).

A expansión da agricultura medieval nos séculos XII e XIII é a debida as transformacións realizadas polos frades labradores, polas granxas sometidas a un bo mosteiro e pola familia.

  • Nace un contrato agrario: o foro, que durou ata o século XX e ten dúas características fundamentais: - a súa longa duración e que

- sempre establece o pago dunha renda.

O foro, non só significa contrato agrario, senón tamén o xeito de establecer relación entre señores e vasalos. Apareceu a fins do s. XII e principios do XIII.

  • Nestes séculos prodúcese un renacemento urbano debido o nacemento do "Camiño de Santiago" , o longo do cal fóronse establecendo núcleos urbanos, que en Galicia chamáronse Burgos. Polo "Camiño de Santiago" , Galicia relacionase con Europa.

  • Outro eixo de urbanización foi a costa; Galicia, por medio dos nacentes portos, comercia coa Europa Atlántica. Así nacen unha serie de vilas costeiras, entre outras:

- A Garda

- Baiona

- Pontevedra

- Redondela

- Muros

- Noia

- A Coruña

- Betanzos

- Viveiro

- Ribadeo

  • Estes intercambios, tanto marítimos como terrestres, non serían posibles sen a aparición da moeda, que se convirte desde os primeiros anos do século XII no principal medio de cambio (foi moi beneficioso para os mosteiros cistercienses que se ocuparon por estaren presentes nos núcleos urbanos).

A IDADE MEDIA

  • A sociedade :

Na sociedade medieval había dúas clases de nobreza:

- A eclesiástica de tipo monástico (os mais importantes eran os monxes cistercienses)

- A nobreza secular, que non tiña tanto poderío e era a que facía a guerra.

Unha das características, precisamente, da sociedade feudal é o predominio dos nobres eclesiásticos sobre os Laicos. Os condes tiñan menos terras cos eclesiásticos e, dentro deste último grupo, as demais terras eran benedictinas e dos benedictinos, ou cistercienses.

Ademais dos cistercienses sobresaíron pola súa riqueza os mosteiros de San Martiño Pinario en Compostela e o de Poio en Pontevedra.

Durante o século XI e primeiros do XII a nobreza galega procura convertir a Galicia en reino propio cun rei ou cun conde, polo que viña loitando dende a época astur-leonesa.

  • Á morte de Fernando I, veu reinar en Galicia don García, que estivo cinco anos. Entón chegaba Galicia ata o Douro. Por causas de diversas loitas políticas, don García foi despoxado do seu reino e Galicia converteuse en provincia do reino Leonés, gobernado por un conde. Un fillo destes condes, Alfonso Ramírez, foi consagrado no século XII polo arcebispo Xelmírez coma rei de Galicia, pero pouco despois, envolto en loitas entre galegos e portugueses, marchou a Castela onde reinou. Foi o derradeiro rei de Galicia.

Despois destes episodios Galicia quedou reducida ós seus límites actuais e xa non logrou separarse do reino castelán-leonés.

  • AS GUERRAS IRMANDIÑAS

No século XIV entra en Galicia unha nobreza de tipo Laico, moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdida despois das loitas de Pedro I (o cruel), Enrique II os das "Mercés" , foi protagonista dos últimos séculos medievais galegos.

Esta nova nobreza (Osorio en Lemos e Sarria, Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Sotomaior ... ) loita contra as institucións e despoxándoas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflictiva en Galicia foi no século XV ; houbo constantes conflictos sociais. De todos eles destacan : "As guerras Irmandiñas " que foron dúas.

  • A PRIMEIRA GUERRA IRMANDIÑA

No primeiro tercio do s. XIV enfrenta os Andrade cos campesiños das súas terras. Iniciouse en Pontedeume e o principal obxectivo era a destrución das fortalezas dos nobres Laicos, chegando a queima-lo castelo que os Andrade tiñan en Betanzos. Despois intentaron atacar Compostela, pero foron derrotados.

  • A SEGUNDA GUERRA IRMANDIÑA

Enfrenta a nobreza Laica (señores de Castelos e torres e encomendeiros; os que facían os encargos) dos principais mosteiros e catedrais cos irmandiños, formados por campesiños, xentes de cidades, monxes mais baixos e tal vez clérigos e frades.

Axiña os irmandiños fixéronse donos de toda Galicia e os principais nobres, escaparon e escondéronse, pero rapidamente reaccionaron e axudados polo arcebispo compostelano e outros señores derrotaron os irmandiños; debido, por unha parte, o bo exército con que contaba a nobreza; e por outra, as desabenencias entre propios irmandiños. Tampouco a victoria dos nobres foi durareira, porque tamén xurdiron desabenencias entre eles.

  • ACONTECEMENTOS IMPORTANTES

_ Mentres os nobres galegos derrotaban os irmandiños casan Isabel de Castela e Fernando de Aragón (Reis Católicos).

Ó ser recoñecida Isabel como raíña de Castela, provocou unha guerra castelán-portuguesa. A nobreza galega viuse misturada e saiu perxudicada. Os reis católicos fan desaparecer parte desa nobreza mais belicosa, e a Igrexa beneficiouse moito deso, sobre todo os mosteiros e cavildos.

_ Para mellor goberno de Galicia no ano 1840 aparecen dúas institucións :

- Audiencia de Galicia

- Xunta do reino de Galicia

A finalidade da Audiencia de Galicia e a pacificación de Galicia e facer que se cumplise a xustiza dos monarcas, e a xunta do reino tiña como misión repartir entre as provincias os tributos que pedía a coroa. Coa chegada dos reis Católicos remata a Idade Media.

O ANTIGO RÉXIME

É a denominación que mais se usa en Galicia para a Idade Moderna, período que declina a partir da revolución francesa (1789) que falaba de destruílo Antigo Réxime e con ela acabará esta época para empeza-la Idade Contemporánea.

Empeza en 1492 e chega ata o s. XIX ; é unha época de transición e de lixeiras transformacións do feudalismo cara o capitalismo .

A poboación

A poboación do antigo réxime estaba xeada na alta natalidade e na alta mortalidade, polo tanto a poboación non pode medrar.

Ata finais do s. XVI aumentou a poboación, pero despois houbo un descenso ou estancamento debido as guerras, fames, pestes, que se extenden ata mediados do s. XVII.

No s. XVI había en Galicia uns 600.000 habitantes e a mediados do s. XVIII ascendía a 1.340.000 habitantes, mais da oitava parte da poboación de toda España. Isto indica que Galicia era un país moi poboado a finais do Antigo Réxime.

Dende o s. XVI ata mediados do s. XVIII a poboación en Galicia duplícase.Ests aumento foi debido á reducción da mortalidade infantil e xuvenil e a precocidade das nupcias (a muller casa moi nova).

Ata o s. XVII a mortalidade era moi elevada, a partir de aquí a súa reducción nun 35% indica que a poboación Galega está en trance de iniciar unha certa modernización . Este descenso de mortalidade acompañado dun aumento da natalidade, por iso había unha grande desigualdade de poboación. Esta poboación empezou a modernizarse primeiro nas zonas literais e nos vales fluviais, no interior tarda 100 anos mais.

Este aumento de poboación que caracterizou a toda Europa Occidental ó longo do s. XVIII, en Galicia produciuse mais cedo, pero durante a segunda metade do s. XVIII case non aumentou o número de homes en Galicia a causa da emigración temporal ou definitiva. O iniciarse tan cedo o crecemento da poboación galega e despois teren que emigrar tantas persoas está relacionado coa agricultura e a situación dos campesiños.

A terra

O mellor cultivo da terra para obter unha maior producción vai sempre relacionado co aumento da poboación, xa o temos visto na Idade Media, polo tanto, este grande crecemento que houbo no Antigo Réxime indícannos que houbo uns cambios notables na agricultura.

Estas innovacións están centradas na mellor labor dos espacios cultivados, aumento da extensión do espacio, roubando pequenas parcelas ó monte, e introducción de novos cultivos, mais productivos dos que tradicionalmente se viñan cultivando.

Todos estes cambios teñen como obxectivo, ou cando menos fixeron posible, o poderen alimentar a un número maior de persoas.

Entre os novos cultivos que se introduciron destacan o millo e a pataca, bases da alimentación. O millo é un cereal procedente de América e introduciuse en Galicia a comenzos do s. XVII nas zonas costeiras e o longo do s. XVIII no interior, competindo cos cultivos tradicionais (centeo e millo miúdo). A introducción da pataca na zona Oriental (Beiga de Mondoñedo) foi no s. XVIII, pero por toda Galicia non se extendeu ata o s. XIX. O comezo era pouco apreciada e estaba destinada os animais, pero despois chegou a se-lo plato obrigado nas mesas mais ricas.

A introducción destes novos cultivos foi un adianto para a agricultura :

- o millo e o centeo cultívanse na mesma terra e o mesmo ocorre coa pataca e o trigo.

Estas innovacións que se caracterizan como revolucionarias, en realidade non o foron tanto porque son as que defenden os pequenos campesiños e sería a salvación deles, ó permitirlles o seu desenvolvemento posterior, senón tiveran que pagar unhas rendas moi grandes e un 10% do que producían /desmo) a igrexa; así, nos anos de malas colleitas os tristemente famosos anos da fame, moitos campesiños tiñan que emigrar.

A industria

No s. XVIII a agricultura chegou a desenvolverse moito pero non ocorre isto so na agricultura senón que en moitas partes de Galicia empeza a xurdir unha industria rural doméstica, sobre todo de tecidos de liño e lá. Esta industria, coñécese tamén co nome de industria popular.

Esta industria popular permitiu o paso de centros fabriles con outras fibras, principalmente o algodón.

O tecido de liño é elavorado por campesiños e campesiñas, os primeiros son os que fan o tecido e as campesiñas son as que fían. Esta industria popular aparece na segunda metade do s. XVII; estaba moi extendida por toda Galicia, principalmente nas comarcas costeiras, e destacou en Mondoñedo. Como a producción do liño era insuficiente importábase do Báltico. E supoñía outro tanto como o que se producía aquí. Esta materia prima importada era elavorada na provincia de Mondoñedo; a onde entraba polo porto de Ribadeo e tamén na zona de Padrón, arredores ata Carril (outro punto de entrada). Este liño tecido era vendido o resto da península. Continuou esta actividade económica ata mediados do s. XIX, pero pouco a pouco foi indo a menos pola falta dunha boa organización no traballo e pola competencia das fábricas noutros lugares.

A partir deste momento a industria popular quedou reducida as aldeas e sen ningún tipo de comercialización exterior dos productos.

Estas empresas de salado foron a base da moderna industria conserveira que aparece a fináis do s. XIX.

O comercio

O intercambio de productos era difícil no antigo réxime. O comercio interior tiña escasa importancia debido a falta de boas comunicacións e a pouca relación entre unhas comarcas e outras.

O comercio era prinicipalmente de ámbito local, e en numerosos lugares tiñan días de feira. Só se realizaba o comercio de longa distancia con algúns productos.O primeiro destes productos era o viño Ourensá. Ata finais do s. XVI exportábase polo porto de Pontevedra ás cidades do cantábrico e de Europa. Mais tarde este comercio foi disminuindo pola competencia doutros viños, principalmente portugueses e andaluces, e no s. XVIII xa non se exportaba nada, de xeito que a producción do ribeiro consumíase en Galicia, sendo Santiago de Compostela o lugar de maior venda deses viños.

O segundo producto de exportación era o gando, que durante esta época do antigo réxime levábase a Castela e Portugal e era o mellor ingreso que tiñan os labrego.

En terceiro lugar comerciábase con liño e lenzos que se exportaban por mar a outros portos españois ou a América por Ribadeo, Vivero ou A Coruña.

Despois das novas técnicas introducidas polos cataláns para a salazón da sardiña, esta foi exportada o Mediterráneo, principalmente en Cataluña e competía co Arenque.

As fábricas

Eran centros de traballo que agrupaban a varios operarios dirixidos por un industrial e non por un comerciante. A finais do s. XVIII existían varias en Galicia.

Algunhas dedicábanse á fabricación de productos textis, como a construída en Pontevedra polos ingleses: "Lees" , que empregaba 90 persoas. Na Coruña había unha de sombreiros de Xoán Francisco Barrié, onde traballaban máis de cen operarios.

Pero a mais importante foi a de Raimundo Ibáñez en Sargadelos, que se adicaba á fundición de ferro e a elaboración de material bélico para as tropas españolas que estaban en guerra en Portugal, Inglaterra e Francia. Ibáñez preocupouse por introducir técnicas moi abanzadas e para iso colocou como director a un inxenieiro alemán e xa no ano 1796 construiu un alto forno que foi o primeiro de toda a industria española.

Pouco mais tarde no ano 1804 Ibáñez, tamén en Sargadelos, construiu unha fábrica de louza que, despois de moitas mudanzas é a que existe na actualidade. O fracaso da siderurxia foi moi rápido por falta de materias primas (ferro e carbón).

Na segunda metade do s. XVII e principios do XVIII efectúase unha industrialización pesqueira, realizando varios cambios na que había. Estes cambios están ligados á chegada dos cataláns a Galicia. Os métodos de pesca que había aquí eran moi rudimentarios. Sustitúen o método de cerca polo de arrastre, moito mais rentable, porque con menos persoas capturábase maior cantidade de pesca.

Cambian o sistema de salazón. O "cochado" (forma de sala-la sardiña conservándolle a grasa) foi sustituído polo "prensado" (eliminación da grasa).

Estas empresas se salado foron a base moderna da industria conservería que aparece a finais do século XIX.

_ A Sociedade no Antigo Réxime

Os principais pilares desta sociedade eran :

- A nobreza laica, que era pouca, porque dende a época dos Reis Católicos emigrara á corte.

- A nobreza eclesiástica, integrada por mosteiros, conventos, bispos, arcebispo de Santiago, cóengos, arciprestes, párrocos e en xeral, o clero no seu conxunto.

A fidalguía, que non era un estamento, senón a parte máis baixa da nobreza, apropiábase da metade de tódalas rendas da terra, eran intermediarios entre os labregos e os mosteiros e nobres. Eran os señores dos pazos. Podían ter distintas orixes: escudeiros, escribanos, xuíces, rexidores... Esta fidalguía adquire a súa riqueza polas rendas e non pola explotación das terras.

Outro compoñente desta sociedade é o campesiñado, formado polos labregos que non eran plenos propietarios da terra que traballaban, senón que tiñan que pagar de renda grande parte dos productos que cultivaban.Chamábanselle subforeiros.

Compoñentes da sociedade galega

- Mosteiro: percibían un tercio da riqueza que os campesiños sacaban da terra. Alíanse coa fidalguía, relación entre mosteiro e fidalguía-foro.

- Fidalgo : non traballa a terra, depende dos grandes nobres. A terra que reciben deles cédenlla ós campesiños ou a outros fidalgos mais pequenos, que a súa vez cedíanlla os campesiños. Polo tanto, o fidalgo era cobrador e pagador de rendas.

- Campesiños : os campesiños e fidalgos tamén teñen unha mutua relación, os subforos polo que o campesiño tamén podía adquirir a terra por 100 ou 200 anos.

Ademais destes grupos sociais, que eran os mais representativos da sociedade galega do antigo réxime, había os comerciantes e mariñeiros que tiñan menos importancia porque non producían tanta riqueza coma os campesiños.

Esta sociedade do antigo réxime nunca estivo totalmente de acordo, nen tampouco en total desacordo. Unhas veces tiñan conflictos e outras non. Houbo conflictos moi soados. O mais importante foi en 1763, chamado, "polémica dos desposcos" ou "renovación de foros". Nesta polémica debatíase se os foros eran renovables ás mesmas persoas ou non, é dicir, se se lle poden quita-los foros ós que os teñen ou non.

A mediados do século XVIII, os mosteiros galegos, aproveitando que remataban os prazos de moitos foros, quixeron quitarllos ós fidalgos e facer uns novos foros e darllos ós que traballaban a terra, pero os fidalgos non querían isto senón que querían que os foros se renovasen o seu favor. A solución ó conflicto deuna Carlos III coa pragmática de 1763, pola que se permitía os fidalgos seguir de intermediarios.

Esta organización da sociedade acada a mediados do s. XVIII un poder extraordinario e vai manterse no s. XIX e ata principios do XX.

O SÉCULO XIX

Durante o s. XIX seguen pervivindo as mesmas estructuras do Antigo Réxime, pero carece da representación tan importante que tiña no Antigo Réxime e na Idade Media, pois desapareceu coa desamortización (transmisión das rendas que se pagaban ós mosteiros a outras persoas).

O estado encantouse das rendas que percibían ós mosteiros e igrexas e púxoas á venda. Parte destas rendas foron compradas polos mesmos que as pagaban entón quedaron eliminadas.

A mais perxudicada coa desamortización foi a igrexa, pois non so perdeu as rendas senón que tamén o estado apropiouse das terras que procedían dos igrexarios parroquiais, moi numerosos en Galicia.

En vez dos mosteiros apareceu agora unha burguesía comercial que seguía relacionada coa fidalguía e cos campesiños. Así que en Galicia houbo un cambio de rendistas, pero non houbo unha transformación da agricultura. En vez de aboli-las rendas e os foros, perpetuáronse ó longo do s. XIX. Estas rendas forais seguen impoñendo un grande lastre e, o mesmo tempo, a mediados do s. XIX establécese un sistema tributario, cada vez mais gravoso, producíndose así a crise agraria e gandeira. Estes impostos eran : cultivos, cédulas e consumos que se establecían en razón da poboación que tiña o municipio e que podía graba-lo 100%. Así que a sociedade do s. xix atópase que ten que paga-las rendas forais e os impostos, que son innovación do estado liberal.

Todo isto orixinou unha falta de paz e unha pobre economía e os galegos víronse obrigados a emigrar, emigración que durou ata 1960.

SÉCULO XX

Foi no s. XX cando se empeza a elimina-los factores da tradición. No primeiro tercio do s. XX elimínanse os foros. Realízase a privatización dos montes públicos. Eliminación dos usos comunitarios. Aumento na urbanización. Maior mecanización . Nova técnica na industria conserveira e por conseguinte, aumento na producción. En relación con esta transformación das conservas, desenrólanse a industria da construcción de buques, moi necesarios para o suministro de materias primas ás fábricas.

Galeguismo

É un movemento popular no que participan tanto as xentes das cidades coma os campesiños. Distínguense tres grandes etapas que son acumulativas, é dicir, que o que produce unha é asumido pola outra.

PRIMEIRA ETAPA : Provincialismo

Nace de defender a Galicia coma unha provincia específica dentro de España.

- Xeración (1840-1846) ; formada por unha serie de homes que adquiren conciencia de que Galicia é unha patria que hai que redimir : Antón Faraldo , Neira de Mosquera.

Ocurriu o levantamento de 1846 que rematou co episodio dos mártires de Carral.

- Rexurdimento (1850-1860) ; foi un movemento literario que ten como fin expresarse en lingua galega e dignificar un idioma que non tiña naquel intre tradición literaria.

-Federalismo (1868-1874) ; corrente política, que defendía a Galicia mediante medidas económico-sociais.

A primeira pedra do provincialismo, púxoa a chamada "Revolución de Solís" que se iniciou en Lugo o 2 de Abril de 1846 e rapidamente se expallou por toda Galicia e reamtou tres semas mais tarde co fusilamento, en Carral, de Solís e once compañeiros de armas. A segunda pedra puxérona os do Rexurdimento, que supuxo a búsqueda duns precedentes para demostrar que Galicia é un pobo con historia propia. Iste fíxose a través de Murguía principalmente. O Federalismo tratou de organizar de forma concreta a autonomía de Galicia, creando un organismo que debía estudia-la forma de fomenta-lo progreso económico da mesma.

SEGUNDA ETAPA : Rexionalismo

Movemento político propio da época da Restauración, que se da sobre todo en Galicia e Cataluña. O seu obxectivo é organizar de forma descentralizada a estructura política de España. O Rexionalismo integrou dous sectores sociais e dúas correntes ideolóxicas: - liberais e tradicionais.

- Murguía : progresista ligado á pequena burguesía coruñesa e defensor dunha política liberal.

- Alfredo Brañas : representaría a incorporación do pensamento carlista e tradicionalista ó Rexionalismo.

- Pereira : militante federal que fai apelación ós campesiños. Para Brañas non existían e para Murguía non eran mais ca aqueles a quen lles adicaba os libros.

TERCEIRA ETAPA : O Nacionalismo

Simbolicamente empeza en 1916 coa reacción das Irmandades da Fala e toma madurez en 1918 coa asamblea celebrada polas Irmandades en Lugo, que se fan chamar nacionalistas galegos. É a corrente que pervive dende 1918 ata hoxe. Rexurde no ano 1960, pero toma unha dimensión extraordinaria a partir da morte de Franco.

- Irmandades da Fala : definíronse claramente nacionalistas, para distinguirse dos políticos que practicaban o Rexionalismo. As súas aspiracións políticas eran: defensa do idioma galego, loita por resolvelos problemas económicos de Galicia, e participación política.

- Xeración Nós (1916-1936) : son un grupo de persoas adicadas o cultivo da cultura galega e a concepción cultural do nacionalismo, arrinca nesta época e ten seguidores agora.

- Partido Galeguista : constituiuse no ano 1931 e o seu maior mérito consiste ter representado a unión de tódalas tendencias nacionalistas existentes entón en Galicia. Isto permitiulle convertirse nunha grande organización política espallada por todo o territorio.