Historia


Historia e xeografía de Galicia


Romanización

Proceso de asimilación da cultura romana dos pobos que vivían en España, isto tradúcese no tipo de sociedade, economía, idioma… cando chegan os romanos e instauran a súa cultura (cultura galaico-romana).

As 1as conquistas do NO peninsular foron ocasionadas por Bruto (136aC). Desta época é o feito do río Limia. Unha expedición posterior será a de Xulio César no 60aC. Chega en barco a Brigantium (Coruña). O remate da conquista chega con Octavio Augusto (19aC).

-Sociedade

Marcacións territoriais chamadas Conventos como é o caso dos Lucensus (18 populi), Bracarensis (24 populi) ou Asturicensis.

Chegan moitos funcionarios que xunto co exército serán quen leve a cabo o proceso romanizador. Implantan un latín vulgar que se mestura co idioma xa propio. Asimílase na toponimia… pero con variacións. Os futuros gobernantes das vilas eran levados a capitais Romanas onde entraban en contacto coa cultura romana que despois copiarían os seus compatriotas.

Na Gallaecia non se fan teatros, xogos… pero si camiños, pontes… Créanse tres viais que unen tódalas principias capitais-conventus rodeadas doutros viais secundarios.

Ao deixar os castros créanse as chamadas villae (granxa, factorías autosuficientes).Practícase unha agricultura agropecuaria (agricultura, cultivo de cereais, gandería…) e na costa compleméntase coa pesca e o marisqueo. Na villa había un patrón quen tiña os seus propios escravos e recursos.

Outras formas de hábitat son os casás/casais que son núcleos rurais alexados da cidade, instalados no monte coas súas propias hortas. Ás veces unificábanse varios casais.

Outra forma son as vilas pesqueiras formadas por tres ou catro casais. Moitos destes hábitat deixan pegada na toponimia. Existía unha exportación de ostras e vieiras o que supoñía ter un poder económico moi grande.

Os possessores serían libertos, escravos liberados os que podían dárselle terras e a dirección de vilas.

-Economía

É de tipo rural. Os romanos traen melloras na producción, novas técnicas agrícolas, aparellos de labranza, abonos, muíños… Todo isto supón unha mellora do nivel/calidade de vida o que fai aumentar a riqueza e a poboación. Introdúcense novos cultivos como son os viñedos os castiñeiros… pero os fundamentais son os cereais.

Os romanos viña a polo ouro, a maior explotación son as das médulas (1.6000.000 Kg). Foron explotadas 15 médulas na que foi necesario o traballo de 11.000 escravos durante 200 anos. Practicaban a chamada ruina montium.

-Relixión

Vai ser unha mestura entre as crenzas castrexas e as romanas. Moitas veces os deuses castrexos como Navia, Coso, Cernunnos… vanse identificar con deuses romanos. Existe un gran culto cara o emperador.

No baixo imperio (sIII-sV) vanse producir as primeiras invasións xermánicas (antes foron pactos). Chegan pobos suevos e visigodos, ante o cal Roma non puido facer nada.

Créase unha inestabilidade social o que leva ao vandalismo (Bangaudas). Este foi un motivo moi importante para a creación de murallas nas cidades máis importantes.

A Igrexa Católica copia a estructura social do Imperio. Dase a herexía en na Gallaecia xa que aquí viu parar un sacerdote da Igrexa que foi expulsado. Chamábase Prisciliano e a súa teoría o priscilianismo, que é unha mestura da cultura castrexa e da cristiá. Dase moita importancia á muller e ao misticismo.

-Cultura

Ecasas mostras, aínda que se recolle un documento do sIV feito por un viaxante a Terra Santa no que se explican as súas experiencias.

Diversos monxes como Hidacio e Orosio deixan escritos sobre as costumes do pobo.

A Época Altomedieval

No sVIII os visigodos son derrotados polos musulmáns, quen aproveitaron as loitas internas. Un nobre visigodo acordou axudas cos musulmáns para que o apoiasen na súa elección como rei. Os musulmáns toman o Sur da península pero deixan o Norte.

Esta é unha época de grande inestabilidade social e política. Non hai unha clara autoridade. As institucións políticas son eclesiásticas. Son os donos da terra. Tamén nesta época Galicia sufre o ataque dor normandos (viquingos) e polo Sur expedicións de castigo por parte dos musulmáns. Os normandos saqueaban as costas e os mosteiros. Moitas igrexas que estaban preto da costa foron transladadas máis ao interior, como foi a de Mondoñedo, que era en Foz.

A expedición de Almanzor chega ata Compostela. Saquea a catedral pero respecta a tumba do apóstolo.

No sVIII-IX descóbrese (inventio) de Santiago. A diocese (estaba en Iria) trasládase ata Compostela. Descóbrese unha tumba na que se pensou que esta o apóstolo Santiago. Esta inventio ten unha finalidade política. Dótase á Igrexa de Santiago con moitos territorios. Fúndase unha nova cidade.

Toledo era a sede máis importante da península cristiá, e a monarquía quería librase dela e por iso imponse Santiago a Toledo. Así conseguíase a integración da nobreza en defensa da monarquía.

Nesta época vaise formar unha sociedade de carácter feudal, polo que todo o territorio sofre unha reestructuración.

As villae romana transfórmanse en aldeas espalladas polo territorio. Hai unha explosión demográfica. A inestabilidade socio-política fai que os campesiños acóllanse a un nobre. A cambio o señor cóbralles unha serie de impostos. A riqueza estará dominada por unha minoría (condes, abades ou bispos). Todos eles representan o poder monárquico, encárgase o control do territorio a esta nobreza.

A nobreza visigoda refúxiase no Norte. O rei estaba en Asturias. A partir do sIX (Afonso II) Galicia queda integrada na monarquía Ástur.

A maior parte da nobreza Galaica estaba en contra da integración, pero as revoltas son sufocadas e Galicia remata caendo.

O rei impón un Comes, un conde en cada territorio. Era a administración política dun territorio. Cargo vitalicio, contaba coa administración militar.

Por outro lado estaba a nobreza eclesiástica, acostumaban ser parentes dos condes.

Galicia trascurre así ata o sXI, no cal se transformará en reino.

Galicia Sueva

No século III o Imperio romano perde o seu poder nas provincia, as fronteiras son continuamente atacadas por pobos xermánicos. Ás veces conseguíanse os chamados foedus, pactos co emperador para que lles deixasen asentarse nos seus territorios.

O foedus de Honoria da como consecuencia que os suevos se instalasen na Gallaecia. Forma o reino Galliciense Regnum de 30.000 suevos. Seguían unha monarquía, convértense ao catolicismo. Instálanse na Gallaecia do Sur (Braga). Fusión da poboación galaico-romana coa sueva.

É un pobo rural, dedícanse á economía. Forman o primeiro reino europeo de occidente, o seu primeiro rei é Hermenerico.

Na meseta instálanse os visigodos (capital Toledo) e axiña van empezar as guerras entre os suevos e os visigodos.

No sV os suevos son derrotados na batalla do río Órbigo (León) e o reino suevo queda baixo a órbita do visigodo.

Unha vez desaparecido o Imperio romano, os visigodos incorporan o reino suevo á súa coroa (585), aínda que a Gallaecia seguirá sendo un territorio ao marxe e non é asimilada do todo. Nos sVI-sVII son os chamados sécalos escuros porque non existen fontes escritas.

Sábese que no sVI hai unha invasión dun (bralóns) pobo de orixe Celta (relixión católico-celta) que chegan á costa de Lugo ao mando dun bispo chamado Maeloc.

Coa chegada dos suevos á Gallaecia comeza a primeira organización política importante. Será a Igrexa quen herde a estructura do Imperio. Para organizar o territorio fai concilios como o de Lugo ou o de Braga. Nestes concilios vaise estructurar o territorio da Gallaecia. Algunhas das decisións están recollidas nun libro chamado “Parroquial suevo” (onde aparece por primeira vez o nome de Bezoucos ). Estructúrase o territorio da Gallaecia segundo os antigos populi.

Cada arciprestado vaise compoñer de parroquias. Estas parroquias serán as futuras parroquias modernas.

Existe unha loita para erradicar os ritos pagáns.

Ritos pagáns: poñer velas nos camiños, non casarse certos días, as mulleres invocaban a Venus en vez da Virxe…

Constrúense pequenos mosteiros de dous monxes.

A Gallaecia vese como un territorio distinto á Hispania.

Os suevos deixan pegada na toponimia, como son tódalas vilas rematadas en -iz, e na antroponimia.

Nesta época puxéronse as bases da organización territorial en Galicia.

O Esplendor Feudal: A Era Compostelá

Galicia é unha potencia Hispánica que ten por capital Compostela.

-Economía

Galicia sofre unha expansión agrícola, aumento demográfico, melloras no nivel-calidade de vida. Fai que se creen novas vilas (Vilanova) aínda que se continua co hábitat disperso (vilares, casais).

Neste momento a monarquía facilita a entrada dunha orde relixiosa moi importante, a Cisterciense ou Cister. A monarquía cédelles terreos e establece os seus monasterios. Traen novas técnicas agrícolas, mellores instrumentos, o que se estende por toda a poboación e fai aumentar o seu poder económico.

Trabállase sobre todo os cereais, leguminosas, hortalizas, árbores froiteiras… e tamén estes monxes van estender o cultivo do viñedo, un dos cultivos máis rendibles. O viño exportábase, case todo o Ribeiro pertencía aos Cistercienses.

Paralelo a este crecemento rural hai un crecemento urbano.

Case tódalas Rías Baixas pertencía á Igrexa ou á monarquía. Estas vilas costeiras eran grandes exportadoras (todo a compravenda era feita dende os portos). Cada certo tempo facíanse feiras de tipo local no que se comerciaba con productos da zona ou con importacións. Estaba controlado por gremios ou confrarías, eran unha especia de “seguridade social”.

A Igrexa controlaba todo o señorío galego. Cobraba tributos (en especie) de tódalas terras que tiña. Vai ser o nacemento do foro: contrato de longa duración que se lle facía aos campesiños que tiñan que pagar á Igrexa, eran herdados. A súa vantaxe era a facilidade de acceso do campesiñado ás terras e a súa desvantaxes eran os impostor que sempre tiñan que pagarse.

-Estructura social

Dominada pola nobreza que podía ser laica ou eclesiástica (bispos, abades...).

Os territorios da Igrexa eran extensísimos e adquiríaas por doazóns. Unha minoría tiña o poder mentres que a maioría era o pobo.

Fernando I

García Afonso VI Sancho

Reimundo de Borboña Henrique de Borgoña

Urraca Tareixa

Afonso (VII) Reimúndez Afonso Henriques

Fernando I deixa en herdanza aos seus tres fillos os tres territorios máis importantes do seu reino: Galicia (García), León (Afonso) e Castela (Sancho).

Os tres irmás enfróntanse de onde sae vencedor Afonso quen centraliza o poder e dedícase a loitar contra os musulmáns. Para esta loita veñen guerreiros de diversas nacionalidades como os nobres franceses Reimundo de Borboña que casa con Urraca, e Henrique de Borgoña que casa con Tareixa (herda Portugal).

Conflicto entre os dous curmáns, fillos dos matrimonios.

Reimúndez é criado en Galicia polos Traba. O poder eclesiástico pertence a Xelmírez quen tamén educa a Afonso. Loitas entres Xelmírez-Traba (os seus criadores) e Urraca.

Urraca queda viúva e casa cun aragonés.

Xelmírez proclama rei de Galicia a Afonso Reimúndez (1111) na Catedral de Santiago. Anos máis tarde (1128) Afonso Henriques é proclamado rei de Portugal, reino que consegue a independencia.

Reimúndez pasa a ser rei de Totius Hispanide polo que vai vivir a Toledo e o poder de Galicia pasa a Xelmírez quen practica unha política independente á do rei. Forma unha armada para defender as costas, acuña moeda (como os reis). Practica unha política de engrandecemento de Galicia. Fai diversidade de obras públicas, mellora os camiños… unha política moi hábil. A súa influencia fai que case tódolos reis da Hispania sexan enterrados en Santiago.

Portugal deixa de depender de Castela, quen fai diversidade de intentos de conquistalo. Portugal practica unha reconquista propia de territorios musulmáns ao Sur. A nobreza galega queda asimilada á monarquía portuguesa ou ben á castelá.




Descargar
Enviado por:Mrbakunin
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar