Historia de Galicia: la transición del Antiguo Régimen

Historia gallega. Antiguo Régimen. Guerra de la Independencia. Restauración

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad
publicidad

  • A crise do Antigo Réxime até a Guerra de Independencia

  • O modelo político que resiste a crise (1780 - 1808)

  • O Estado Moderno constrúese sumando o poder absoluto do monarca co teocrático da Igrexa, é dicir, constitúese un poder único no mundo exercido por dúas potestades: o Papa in rebus spiritualibus e o monarca in rebus temporalibus:

  • A crise protestante libera da dependencia espiritual de Roma aos monarcas e obriga ao Papa a cederlles aos monarcas católicos maiores competencias espirituais, de xeito que:

    • Prodúcese un proceso de nacionalización ou estatalización das igrexas locais: a actividade temporal e espiritual a favor da unidade do estado.

    • Trono e Altar alíanse ao mesmo nivel.

  • A Igrexa española segue este modelo realizando funcións encomendadas polo Estado:

    • Control social.

    • Unidade da fe como base da unidade política.

    • Homoxeneización de condutas (ortodoxia).

    • Evitar discrepancias teolóxicas ou disciplinares (ortopraxia).

  • Igrexa e Estado comparten un modelo de sociedade estamental que consideran eterno e inmutábel.

  • Consenso xuridiscional entre Igrexa e Estado (in rebus mixtis).

  • As posíbeis amezas ideolóxicas ao modelo político

  • A ILUSTRACIÓN GALEGA

  • Malia o labor dos ilustrados galegos por estender a ciencia útil e a educación mediante institucións, revistas ou libros, os seus postulados distan dos das Ilustración francesa e tamén dos do liberalismo:

    Ilustración galega

    Ilustración francesa

    Liberalismo

    A razón humana está sometida á Razón Divina

    A razón humana é o único criterio de verdade

    Defende o modelo político do Estado absoluto e a alianza entre o Altar e o Trono

    Defende a soberanía nacional

    Defende a soberanía nacional (cara un réxime constitucional)

    Deriva no Despotismo Ilustrado, un intento desesperado da Monarquía Absoluta por subsistir

    Deriva na Revolución

  • DISIDENCIAS INDIVIDUALIZADAS

  • Entre finais do século XVIII e comezos do XIX penetran en Galiza as ideas das dúas grandes revolucións do século XVIII: a revolución política dos EUA e a Revolución Francesa. Isto constátase:

  • Nos documentos da Inquisición de Galiza:

    • Incauta documentos e libros (en 1808 introdúcese en Galiza o Contrato Social de Rousseau).

    • Recibe denuncias contra persoeiros ilustrados.

    • Nas pastorais de bispos e arcebispos coma o de Lugo, o de Santiago ou o de Mondoñedo, que amosan a súa preocupación pola penetración de ideas revolucionaras xa antes da Revolución Francesa.

    • É dicir, en Galiza van penetrando as novas ideas revolucionarias que, se ben non darían producido unha contestación organizada, xa preocupan aos defensores de Estado absolutista.

    • A DISIDENCIA ORGANIZADA

    • Existen varios movementos, máis ou menos organizados, cuxas actividades se manteñen tan en segredo que non se pode constatar o seu carácter de disidentes respecto do Estado absolutista até que en 1808 se instaura a liberdade intelectual e de prensa. Estes grupos son:

    • Sociedade Económica de Santiago: as súas reunións e os escritos e decisións resultantes delas son vixiadas pola Inquisición.

    • Real Consulado da Coruña: dá acubillo a intelectuais e burgueses que poden acceder á súa biblioteca sen censurar, feito que preocupa á Inquisición.

    • Grupo que se forma na Universidade de Santiago:

      • Lugares de reunión: primeiro no despacho do vicerreitor no Colexio de San Xerome e logo nos cuartos secretos da Biblioteca da Universidade, onde se atopaban os libros prohibidos.

      • Membros: Bazán de Mendoza (líder), José Vega, Manuel Sánchez Boado y Fraguío, José Francisco Pedrosa (bibliotecario), Bernardo Bedoya (axudante de Biblioteca), Agustín Ruíz e posibelmente estudantes coma Verea Aguiar.

      • Obxectivo: posibelmente exercer o control da Universidade.

      • En 1708 é denunciado á Inquisición polo equipo reitoral e en 1806 a Inquisición ordena tapiar os cuartos nos que están os libros prohibidos, pero non procesa os membros porque:

        • Tenlle respecto á Universidade.

        • Bazán de Mendoza ten contactos e apoios no Goberno.

      • En 1808 coa chegada da liberdade de prensa o grupo divídese en dous:

        • Colaboracionistas dos franceses, o grupo máis numeroso e liderado por Bazán.

        • Liberais.

        • Os dous grupos teñen unha ideoloxía ben definida e serían os líderes da opinión pública galega entre 1808 e 1814.

        • A construción do novo Estado (1808 - 1814)

        • O derrubamento do Estado

        • Fernando VII fica ausente e proclámase Murat como Lugartenente do Reino, feitos que abondan para que o Estado absolutista se descompoña. Desde este momento os feitos desenvólvense en dúas etapas:

        • As institucións aceptan as ordes de Murat e chaman a recibir hospitalariamente os franceses.

        • A reacción do pobo contra os franceses fai que as mesmas institucións pasen a liderar o movemento de liberación nacional e a construción do novo Estado.

        • A construción do novo Estado

        • As Xuntas

        • O derrubamento do estado e a decisión de non acatar ao rei imposto polos franceses, José I, fixo que se creasen espontaneamente xuntas locais, provinciais e rexionais. As súas dúas principais características son:

          Son de carácter popular

          Son revolucionarias

          Porque foron constituídas polo pobo de xeito espontáneo

          Supoñen un cambio cara a soberanía nacional

          Pero seguen a reflectir a estrutura social anterior:

            • Xuntas locais: fidalgos, clérigos, empregados públicos e algúns campesiños fortes.

            • Xuntas provinciais e rexionais: formadas polas elites militares, eclesiásticas e económicas.

          Os compoñentes das Xuntas non serían conscientes de estaren exercendo a soberanía nacional, senón que consideraban que exercían o poder no nome do rei.

          Son os liberais das Cores de Cádiz os que son quen de proclamar esa soberanía popular, xa de xeito consciente.

          A Xunta Superior do Reino de Galiza constitúese o 5 de xuño de 1808 na Coruña recorrendo á antiga Xunta do Reino de Galiza. Esta xunta asume o poder en Galiza até que en xaneiro de 1809 chegan os franceses e se disolve.

          Trala liberación constitúese a Xunta Central en Cádiz e en Galiza formarase a Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa en decembro de 1809:

        • Depende da Xunta Central.

        • Está controlada polo Capital Xeral.

        • Está formada por persoas do exército, da Igrexa e representantes das sete grandes cidades.

        • Non ten que ver coa antiga Xunta do Reino de Galiza.

        • A representación de Galiza nas Cortes

        • En 1810 ábrense as Cortes de Cádiz, que redactarían a Constitución que sería a base do Estado. De entre os deputados das Cortes, dos que Galiza enviaría 25, destacan:

        • José Alonso López, liberal radical de Ferrol.

        • Agustín Rodríguez Baamonde, deputado por Tui e lixeiramente liberal.

        • Domingo García Quintana, deputado por Lugo, extremadamente patriota, polo que levaría a cabo accións polas que sería expulsado.

        • Luis Rodríguez del Monte, presidente das Cortes.

        • Nas segundas eleccións, en 1813, acentuaríase a rivalidade entre liberais e absolutistas. O clero sería o gran vencedor destas eleccións.

        • A Guerra de Independencia ou de Liberación

        • A invasión

        • Os franceses chegan a Galiza perseguindo o exército inglés dirixido polos xenerais Crawford e Moore, que decidiran marchar da Península desde os portos galegos. En xaneiro de 1809, e en menos dun mes, os franceses fanse co control de Galiza.

        • A liberación

        • Coa retirada do exército inglés en Galiza quedaba só un corpo de exército, dirixido polo MARQUÉS DE LA ROMANA. Se ben o seu exército non axudou moito na liberación, a súa figura permitiu a unidade do movemento contra os franceses. Apoiou ás guerrillas, dirixidas por fidalgos, clérigos e oficiais retirados, que en xuño de 1809 xa liberaran Galiza (batalla da Ponte San Paio o 7 de xuño).

          Despois disto Galiza apoiou ao resto do Estado con homes, cartos e abastecemento.

        • A pluralidade ideolóxica

        • Coa instauración, en 1808, da liberdade de prensa (necesaria para a propaganda antifrancesa) xorden en Galiza un 34 xornais:

        • 1808 - 1810: propagandísticos e informativos.

        • 1810 - 1814: ideolóxicos e políticos.

        • Entre as posturas ideolóxicas destacan:

        • AFRANCESADOS:

          • Colaboran co mando francés durante a ocupación.

          • Entre eles están persoeiros coma Pedro Bazán de Mendoza ou Francisco Barrié, todos eles profesores da Universidade e burgueses de orixe francesa.

          • Teñen o xornal La Gazeta de La Coruña (1809), que fai propaganda do goberno de José I.

          • Defenden un modelo liberal centralizado (a revolución desde arriba).

          • Os seus ideais non asentan e son desprazados coa liberación.

          • LIBERAIS:

            • Teñen o seu centro na Coruña, no club Café de la Esperanza.

            • Inflúen no exército e na Administración.

            • Son seguidos en todo o Estado, xa que están en contacto cos liberais gaditanos.

            • Son apoiados por intelectuais coma Pardo de Andrade, Antonio de la Peña ou Pacheco.

            • Crean unha doutrina que difunden en xornais coma:

              • Semanario Político, de Pardo de Andrade.

              • Ciudadano por la Constitución, de Peña.

              • ABSOLUTISTAS:

                • Son a contestación ideolóxica e política dunha Igrexa que se sentía acosada ás decisións das Cortes de Cádiz.

                • Contan con ideólogos coma Freire Castrillón ou Frei Manuel Martínez Ferro.

                • Usan os púlpitos para a propaganda, pero tamén xornais coma:

                  • El sensato

                  • La Estafeta de Santiago

                  • Exacto Correo

                  • Diario de La Coruña a la Aurora

                  • A restauración (1820 - 1814)

                  • Cando Fernando VII volveu de Francia presentáronlle o Manifiesto de los Persas, no que se pedía a restauración do absolutismo. En tres días veuse abaixo todo o que fixeran os liberais, xa que a súa revolución política non tiña como base unha revolución social.

                  • A reimplantación do absolutismo en Galiza

                  • Persecución e depuración dos liberais:

                    • Son insultados e asáltanse as súas casas en cidades coma Compostela ou A Coruña.

                    • Afástanse dos postos administrativos e da Universidade de Santiago.

                    • Reinstálase á Inquisición e elabóranse listas de libros publicados polos liberais e prohibidos agora.

                    • Prémiase aos absolutistas con ascensos ou pensións vitalicias.

                    • Conspiracións en Galiza. O pronunciamento de Polier

                    • O pronunciamento de Polier:

                      • Apoios: Polier, militar encarcerado trala restauración do absolutismo, contacta desde o castelo de San Antón (A Coruña) a través de Sinforiano López, que sería executado, con burgueses que o apoiarían.

                      • Desenvolvemento: contando con grandes apoios na Coruña e Ferrol, a noite do 17 para o 18 de setembro de 1815 leva a cabo un pronunciamento coa finalidade de restaurar o réxime constitucional, respectando a monarquía.

                      • Fin: en outubro de 1815, cando estaba en Ordes camiño de Compostela para tomar esta cidade, é traizoado e aforcado.

                      • Outros intentos: en 1817 prepárase outro golpe en Compostela, liderado por Francisco Ferro Caaveiro, que sería descuberto.

                      • A fin do absolutismo: pronunciamento de 1820.

                      • Galiza e o Trienio Liberal (1820 - 1823)

                      • O 1 de xaneiro de 1820 triúnfa o pronunciamento liberal de Riego en Cabezas de San Juan, dando paso ao Trienio Liberal ou Constitucional (1820 - 1823). Desta volta os liberais non deixaron que os absolutistas se manifestasen de ningún xeito (deputados, xornais, administración...) o que daría lugar a unha guerra civil.

                      • Galiza aposta polo liberalismo

                      • O pronunciamento do 1 de xaneiro estaba condenado a fracasar, pero o 21 de febreiro levántase a guarnición da Coruña apoiada pola de Ferrol, de xeito que o goberno acaba por se entregar aos liberais. O 9 de marzo toda Galiza estaba en mans dos liberais, aínda que as sés episcopais tiveron que ser sometidas militarmente (nelas non houbo levantamentos).

                      • A organización do liberalismo galego

                      • Créanse as Sociedades Patrióticas, para controlar as autoridades municipais e provinciais.

                      • Fúndanse 15 xornais liberais.

                      • Úsanse os teatros para difundir as ideas liberais.

                      • Ás principais rúas das cidades galegas póñenselles nomes de liberais.

                      • Créase unha milicia nacional, para vixiar as posíbeis conspiracións.

                      • Convócanse as Cortes pero contrólase todo o proceso electoral, como tamén se fará en 1821.

                      • O Novo Estado. Medidas que lle afectaron a Galiza

                        • Recupérase a Constitución de 1812 e as leis anteriores.

                        • Intento de reformar o Ensino (por parte de Quintana, que presidía a Dirección General de Instrucción Pública), baseándose na gratuidade, uniformidade, liberdade e apoio ao ensino público, que nunca se chega a realizar.

                        • División administrativa que suprime as xurisdicións para impor dúas polémicas divisións: provincias e concellos.

                        • Medidas para favorecer a Facenda, en quebra:

                              • Apoiadas polo pobo: supresión do Voto de Santiago, da Inquisición, nacionalización dos bens, redución do décimo...

                              • Incomprendidas polo pobo: supresión de ordes relixiosas e nacionalización dos seus bens (deixaban frades na rúa, edificios abandonados e o campesiño seguía tendo que pagar o foro).

                      • A contrarrevolución: a primeira guerra civil en Galiza

                      • A resistencia ao réxime liberal iníciase nas cidades, especialmente nas sés episcopais. Xa que os absolutistas non podían optar por ningunha outra vía, recorren á violencia organizada:

                      • En 1820 créase en Tui a Junta Apostólica e hai unha manifestación no Baixo Miño, destacando como líder Pereira.

                      • En 1822 a Junta Apostólica está en contacto coa contrarrevolución doutras rexións e organiza guerrillas que conseguen:

                        • Manter a Galiza nunha axitación permanente.

                        • Obrigar ao exército a se dispersar e a non poder desprazarse para frear o avance dos franceses enviados polo Congreso de Verona para liberar a Fernando VII.

                        • En 1823 tómase A Coruña e toda Galiza fica en mans dos absolutistas, de xeito que os liberais marchan a Inglaterra, Francia, Holanda...

                        • A década absolutista (1823 - 1833). Conspiracións liberais e represión. O carlismo

                        • As estratexias da represión

                        • Noméase Capitán General de Galicia a Nazarino Eguía, quen traslada a Capintanía General e a Real Audiencia a Compostela.

                          Fernando VII fai algunhas reformas respecto da seguridade pública:

                          • Reforma a policía, creando unha rede de informadores.

                          • Crea un corpo paramilitar para garantir a seguridade no rural, xa que non acaba de fiarse do exército.

                        • Represión sobre as autoridades liberais: foi depurada toda a Administración e encarcerados os deputados, gobernadores, xefes políticos...

                        • Represión sobre os militares: os membros do exército teñen que xustificar documentalmente as súas actividades entre 1820 e 1823. Moitos exiliáronse e iniciaron conspiracións no estranxeiro.

                        • Represión sobre os centros de estudo:

                          • Depuráronse as universidades e centros de estudo (na Universidade de Santiago expulsáronse varios profesores e alumnos).

                          • Fernando VII pechou tódalas universidades do Estado entre 1829 e 1832.

                          • Represión sobre a prensa e a imprenta:

                            • Prohibíronse moitos xornais.

                            • Non se reinstaurou a Inquisición, estableceuse a censura (tanto para obras por publicar coma para as publicadas).

                          • A conspiración liberal

                          • No exilio

                          • Os exiliados dirixíronse principalmente a Inglaterra, pero tamén a Portugal, Holanda ou Francia, onde:

                            • Tiñan como obxectivo sacar do poder a Fernando VII.

                            • Xa que era improbábel un pronunciamento en España (depurárase moi ben o exército e Fernando VII recoñecera a Filipe de Orleáns, polo que non podían usar o territorio francés como base) dedicáronse a manter informados aos grupos liberais galegos mediante cónsules ingleses e holandeses, contrabandistas, empregados de correos...

                          • No interior de Galiza

                          • Ante a incapacidade para levar a cabo un pronunciamento con éxito, algúns botáronse ao monte.

                          • Na Mezquita formouse a Partida de Bordas que deu un pronunciamento fracasado en 1830 e que se mantivo activa até dous anos despois (quizais se acolleron ao indulto da rexente María Cristina).

                          • O precarlismo en Galiza

                          • O exército francés do Duque de Angulema permanece en Galiza até 1825 para impedir revolucións, pero tamén unha excesiva represión.

                            Fernando VII decátase da existencia dun sector ultarrealista ou ultraabsolutista que:

                            • É para el tan perigoso coma os liberais.

                            • Pretende restaurar a Inquisición.

                            • Provoca unha escisión dentro do absolutismo.

                            • Pronúnciase en 1826 liderado por Bessières e en 1827 coa revoltas dos Agraviats en Catalunya.

                            • Conta con apoios en Galiza: o Capitán General, Eguía, o Gobernador de Ferrol, Zumalacárregui e o arcebispo de Compostela, Rafael de Vélez.

                            • Aproxímase, desde 1828, a don Carlos, irmán do rei, xa que o monarca non ten descendencia. Xorde neste momento o precarlismo.

                            Pero Fernando VII casaría coa súa curmá, María Cristina, e terían unha filla, dona Isabel, o que supón un atranco para os precarlistas:

                            • Co nacemento da súa filla Fernando VII promulga a Pragmática Sanción e deroga a Lei Sálica.

                            • María Cristina tomará medidas para controlar este sector precarlista:

                              • Decreta unha amnistía política: volven os exiliados e desaparece a conspiración exterior.

                              • Abre as universidades.

                              • Depura o exército e a administración de ultrarrealistas.

                            • Dada a situación os ultraabsolutistas bótanse ao monte, iniciándose así a primeira guerra carlista.

                            Lembremos que en Galiza o Estado estaba representado polo Capitán General e a Real Audiencia en primeira instancia. Logo estaba a Xunta do Reino, formada polos concellos das sete cidades (Santiago, Ourense, Tui, Mondoñedo, Lugo, A Coruña e Betanzos) e con poder xurisdicional.

                            Así, nela había representantes das 7 cidades: Santiago (Pedro María de Cisneros), Lugo (José María de Prado Neira), Ourense (Benito María Sotelo), Mondoñedo (Ramón Pardo Montenegro), Tui (Manuel María Avalle), A Coruña (Francisco Somoza de Montsoríu) e Betanzos (José Quiroga y Quindós).

                            7. O tránsito do Antigo Réxime

                            3

                            Historia de Galiza

                            2006/2007

                            USC