Historia de Galicia: la formación del feudalismo

Historia medieval. Feudalismo. Peregrinaciones

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad

  • Introdución

  • Desde fins do século III o Imperio Romano entra en crise, o que suporá para o territorio galego:

    • Unha crise menos intensa ca noutras provincias, polo sincretismo cultural entre o romano e o autóctono.

    • A adopción definitiva da denominación de Gallaecia para a provincia (até entón tamén se empregaba Asturia-Gallaecia).

    • Mutacións na paisaxe:

      • Urbana: reactívanse cidades coma Lugo, Astorga, León ou Chaves, destacando a necesidade de establecer mecanismos de defensa pola inestabilidade do momento. Non é, sen embargo, esta a finalidade da muralla de Lugo, que reflicte o desenvolvemento da cidade.

      • Rural: as villae toman forza, sendo o antecedente das vilas medievais. Ademais reocúpanse algúns castros

    • Penetración do Cristianismo, inicialmente a través do Priscilianismo.

    A partir da caída do Imperio Romano, no 476, os foedus ou pactos entre os pobos xermánicos darán lugar á aparición do curto Reino Suevo de Galiza, que axiña sería dominado polos visigodos. Isto supón para Galiza:

    • Esténdese a práctica do Cristianismo.

    • Defínese a sociedade feudal.

    • Establécese a monarquía asturiana entre moitas revoltas das que se intenta desviar a atención difundindo a nova de que se achara o corpo de Santiago o Maior en Composte.

  • A crise do Baixo Imperio. O Priscilianismo

  • A implantación do Cristianismo é en Galiza un feito tardío:

    • Comeza nas grandes urbes, que se converten en sés episcopais ao longo do século IV.

    • A poboación rural conservará aínda os cultos pagáns e a penetración do Cristianismo no rural será máis difícil.

    Ademais, a Gallaecia tardorromana tiña un grande esplendor:

    • Político, o emperador Teodosio nacera na provincia.

    • Cultural, destacando nomes coma o de Paulo Orosio, quen se relacionou con Agostiño de Hipona, ou Hidacio. Neste senso, Braga era un importante centro cultural.

    A figura de Prisciliano é unha figura controvertida. Sulpicio Severo descríbeo coma un home instruído, fachendoso e de boa familia. Non se sabe con certeza se a súa orixe é galaica, pero desde o último terzo do século IV e até a época sueva o priscilianismo tivo unha importante presenza na Gallaecia e na Lusitania, unha doutrina que:

    • Defendía un modelo de Igrexa pastoral, non xerárquico, polo que foi considerada herética. Prisciliano foi decapitado no 385 en Tréveris e converteuse nun mártir para os seus seguidores.

    • O seu espallamento na Gallaecia rural coincide coa expansión xeneralizada do Cristianismo no rural, polo que foi moi seguida polo campesiñado recentemente cristianizado, contribuíndo á cristianización de Galiza.

  • Os Suevos. Galiza na monarquía astur-leonesa

  • 3.1. O dominio xermánico sobre a Gallaecia

    Desde o século III o Imperio Romano perde estabilidade e comezan a penetrar nel pobos xermánicos, entre eles os suevos. No ano 411 un foedus ou pacto co emperador asígnalles a este pobo o territorio galaico, que é ocupado por un número moi reducido de suevos:

  • Nun primeiro momento de forma pacífica, producíndose un sincretismo entre a poboación galaico-romana e a sueva que se materializa, por exemplo, na conversión ao Cristianismo do pobo xermánico.

  • A partir do 429 os suevos emprenden campañas bélicas contra outros pobos peninsulares.

  • Esta política expansionista é freada no 456 polos visigodos, quen integran o reino suevo dentro dos seus territorios, obrigándoos a se converteren de novo ao arianismo.

  • Son poucas as fontes que nos achegan información sobre este pobo:

  • Até o 468 Hidacio presenta os suevos coma un pobo itinerante con pouco control sobre o territorio, polo que non sabemos moito da organización política que puideran implantar.

  • A mediados do século VI Juan de Bíclaro conta que o pobo suevo se reconverte ao Cristianismo, supondo isto un enfrontamento cos visigodos e unha posíbel alianza cos bizantinos e un intento de independencia.

  • No 585 o rei visigodo Leovixildo anexiona o Reino Suevo ao visigodo de xeito pacífico, xa que respecta as estruturas organizativas existentes.

  • Nisto último ten unha grande importancia a figura de MARTIÑO DE BRAGA (chega á Gallaecia no 550 e morre no 579):

  • Orixe: a orixe deste persoeiro é un tema controvertido, do que se teñen achegado diferentes teorías:

    • Algúns considérano un húngaro formado en Constantinopla que viría para establecer un achegamento co Imperio Bizantino.

    • Outros consideran que chegou da Galia e que a súa formación se tería completado en Braga.

    • Achegas:

        • Recristianización de Gallaecia: exerce unha importante loita contra as herexías, as tradicións pagás e o priscilianismo. En obras coma De correctione rusticorum podemos apreciar como busca afastar dos galaicos ritos pagáns coma a sacralización da natureza ou a conservación do culto a deuses romanos.

        • Organización eclesiástica da Gallaecia: que supón a creación de mosteiros e sés, amais da celebración de concilios con dous obxectivos:

          • Implantación dun modelo episcopal xerárquico, feito que fora impedido polo priscilianismo.

          • Integrar a Gallaecia na organización eclesiástica cunha forte colaboración entre as xerarquías civil e relixiosa.

          • Continuadores: como é o caso de Valerio ou Fructuoso, quen organiza pequenas comunidades e no que se albisca a herdanza priscilianista, ademais de facerse patente a forza que aínda tiñan as comunidades étnicas.

          • Os tres séculos de dominación xermánica non deixaron grandes cambios na organización social nin na explotación da terra, só unha maior sedentarización e algúns topónimos, amais da percepción exterior da singularidade da Gallaecia.

            3.2. A formación da sociedade feudal

          • Gallaecia coma territorio fronteirizo

          • Gallaecia convértese nun territorio no que converxen influencias de moi distintas culturas:

              • Reminiscencias da época sueva e visigoda.

              • Algunhas achegas dos árabes, aínda que moi escasas (chegada de Almanzor a Compostela).

              • Por mar chegarían influencias de normandos e viquingos (Catoira).

            Todo isto fai que a Gallaecia sexa un territorio moi coñecido no exterior, dando pé á inventio do sepulcro de Santiago.

          • Organización e control do territorio galaico

          • No que se refire á organización do territorio, cómpre destacar que na Gallaecia non se produciu un proceso de repoboación coma noutros lugares da Península segundo se ía desenvolvendo a reconquista, porque a Gallaecia non chegou a ser conquistada polos árabes. Isto confírmao o estudo do Tombo de Celanova. Así, conserváronse as estruturas suevas e visigodas.

            Porén, durante os século IX e X lévase a cabo unha organización da poboación consistente en:

          • O espallamento das vilas, non só como explotacións agrarias, senón tamén como lugar de residencia. Estaban rexidas por un propietario ou villicus e arredor delas comezaron a aparecer núcleos de menor rango, coma os vilares ou casais.

          • Aparece unha servidume doméstica e sobre as terras, que desaparecerá no século XII coa chegada do foro.

          • A agricultura será definitivamente sedentaria e van aparecendo as aldeas.

          • Confórmase unha estrutura señorial na que as propiedades estaban concentradas nunhas poucas mans, ás que chegan por diferentes motivos:

            • Doazón ou entrega das terras a cambio de protección.

            • Perda das terras por débedas non saldadas.

            • Axuda do poder público, quen impón multas que facilitan que as terras caian en mans da nobreza.

            • Esta nobreza aínda é feble porque non ten asegurada a súa continuidade, non existen casas nin liñaxes, só dependen das relacións políticas e da protección do rei.

            • Pola súa banda, a Igrexa xoga un papel moi importante, non só polas institucións que xa tiña desde a época sueva, senón polo apoio da monarquía. Entre as súas institucións destacan:

            • As sés episcopais coma a de Iria, Lugo ou Mondoñedo (primeiro á beira do Cantábrico).

            • Os mosteiros, de carácter familiar, que cobrarán máis importancia no século XI coa chegada dos monxes da orde de Cluny, e logo cos do Císter.

            • 3.3. Galiza e a monarquía cristiá

              Constitúese no territorio galaico unha monarquía independente do Islam, coñecida como monarquía “asturiana”, aínda que identificada desde o exterior como Galiza. Esta monarquía terá problemas para ser aceptada pola nobreza:

              • Para gañar a súa confianza favorecerá á nobreza, laica e relixiosa:

                • Con poderes administrativos, militares e políticos.

                • Con terras, especialmente aos conventos.

              • Aínda así produciranse revoltas nos séculos VIII - XI que dividirán a nobreza en dous bandos:

              • Defensores: acción do monarca a través da nobreza.

              • Traditores: acción do monarca mediatizada pola nobreza.

              A monarquía tivo especialmente controlado o territorio galaico:

            • Co nomeamento de Comes Gallaeciae, xeralmente familiares do monarca.

            • Coa política relixiosa a través das sés episcopais (Iria).

            • A inventio do sepulcro de Santiago

            • A principios do século IX comeza a estenderse a nova, certa ou non, da descuberta dos restos de Santiago o Maior na diocese de Iria, cuxo bispo era entón Teodomiro. Comeza a construción dun templo e constitúese un novo centro de peregrinación.

              As razóns desta inventio son relixiosas e políticas, ambas moi vencelladas:

            • Relixiosas:

              • A tese da “dispersión apostólica” fai factíbel que os restos de Santiago o Maior se poidan achar no noroeste peninsular.

              • Ademais intenta combater a herexía adopcionista seguida no sur da Península, que defendía que Xesús era o fillo adoptivo de Deus, pretendendo así achegarse aos musulmáns.

            • Políticas:

              • O feito de que haxa un centro de peregrinación no occidente da Península reafirma a centralidade de Roma cuestionada por Bizancio.

              • Independencia respecto da Igrexa toledana.

              • A inventio do sepulcro de Santiago tivo, ademais, importantes consecuencias, como é a aparición dun entorno urbano en Compostela:

                • Unha cidade que medra rapidamente, xa que moitos peregrinos fican nela.

                • Contará cun territorio arredor dela para conformar un señorío, grazas ao apoio da monarquía.

                • Trasládase a sé desde Iria até Compostela, constituíndose unha arquidiocese que ocupa boa parte do occidente de Galiza.

                • Aparición dun importante mercado en Compostela.

                • Compostela será unha realidade diferenciada do entorno, unha realidade urbana precoz que se volverá unha das cidades máis importantes de Europa.

                • Convértese, ademais, nun símbolo de resistencia fronte aos mouros e no centro relixioso peninsular.

                2. A Galicia altomedieval. A formación do feudalismo

                1

                Historia de Galiza

                2006/2007

                USC