Historia de Galicia: la formación del Estado Liberal (1833-1843)

Historia gallega. Liberalismo. Democracia. Estado Liberal

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad
publicidad

  • A implantación do liberalismo. A actuación en Galiza (1833 - 1843)

  • O carlismo en Galiza

  • As bases sociais do carlismo galego

  • Apoios ao carlismo:

    • O clero, como reacción á política das Cortes de Cádiz, leva a cabo actividades de espionaxe, recadación de fondos, propaganda, milita na guerrilla...

    • Boa parte da fidalguía, pero non toda.

    • Grande parte do campesiñado.

  • Apoios ao liberalismo:

    • Sectores da fidalguía.

    • Sectores do campesiñado.

  • A primeira guerra carlista (1833 - 1839) en Galiza

  • Inicio: alzamento de voluntarios realistas en Talavera de la Reina trala morte do monarca Fernando VII.

  • Desenvolvemento:

    • Os carlistas organízanse en guerrillas ou partidas que:

      • Desgastan o inimigo.

      • Non lles permiten formar un exército regular.

      • Dirixidas por clérigos e fidalgos.

    • A rexente María Cristina busca apoios a favor da causa isabelina e toma medidas contra o carlismo (depuración do exército...)

    • Don Carlos manda proclamas desde Portugal, onde estaba exiliado, a Galiza, que fan que en 1834 comece o conflito en Galiza.

  • Fin: a guerra estaba decidida desde 1837 e o 29 de agosto de 1839 asínase o Convenio de Vergara, no que se acorda:

    • Obediencia a Isabel II.

    • Amnistía para os oficiais carlistas que se entreguen.

  • A actuación das institucións

  • As institucións combinan as súa actividade co apoio á causa anticarlista, algunhas delas son o Gobernador de Lugo ou o Capitán General (Pablo Morillo, nomeado pola rexente María Cristina).

    Créase a Junta de Armamento y defensa de Galicia (1835) para combater o carlismo e, posteriormente, as deputacións provinciais (1835).

  • As partidas carlistas de 1847

  • Na segunda guerra carlista rexorden en Galiza os apoios a este movemento, especialmente en Lugo e Santiago.

  • O réxime do Estatuto Real. Proclamación e desenvolvemento en Galiza (1834 - 1836)

  • Transformacións do réxime levadas a cabo pola rexente María Cristina

  • Para consolidar a monarquía isabelina a rexente María Cristina promulga o Estatuto Real (1834 - 1836), que supón un tímido paso cara a institucionalización do liberalismo:

    • Pretende corrixir as propostas das Cortes de Cádiz.

    • Moi moderado.

    • Divide as Cortes en dúas Cámaras:

      • Próceres, designados.

      • Procuradores, elixidos (21 por Galiza).

    • Establece o sufraxio censatario (comarcal e provincial).

  • Reacción dos liberais perante o Estatuto Real

  • Os liberais non estaban satisfeitos con estas tímidas reformas, polo que:

  • Constitúen xuntas que crean tensión ente liberais e goberno.

  • Hai intentos revolucionarios que debilitan o goberno.

  • O seu obxectivo é:

  • Cese do conde de Toreno e convocatoria das Cortes.

  • A presentación dunha lei electoral.

  • Supresión das ordes relixiosas (o conde Toreno suprimirá algunhas, pero acabará dimitindo).

  • Logros dos liberais

  • A chegada ao poder do liberal Mendizábal supón:

    • A submisión voluntaria das xuntas, que crían cumpridos os seus obxectivos.

    • Un paso máis cara a institucionalización do liberalismo: novo exército e lei electoral.

    • A convocatoria de eleccións por mor das diferenzas entre Mendizábal e o Estamento dos Procuradores.

    Neste momento configúranse definitivamente dous partidos: o moderado e o progresista e nas eleccións de 1836:

    • O sistema será o elixido polos Procuradores e legalizado por Istúriz (Presidente do Consello de Ministros): elección directa e voto censatario.

    • As listas de electores elaboraranas as deputacións e concellos (en Lugo aumentará respecto das anteriores).

    • En Galiza constituirase a Junta electoral del parido (partidos xudiciais) e a Junta electoral provincial.

    En agosto de 1836 prodúcese o levantamento de La Granja, ao que se sumará o liberalismo radical galego, que obriga á rexente a:

    • Proclamar a Constitución de 1812.

    • Dar o poder a un progresista (Calatrava).

  • O réxime progresista de 1837 e a súa implantación en Galiza

  • Constitución de 1837 e lei electoral

  • Entre 1837 e 1845 moderados e progresistas están continuamente enfrontados, elaborando estes últimos a Constitución de 1837:

    • É unha vía intermedia entre a Constitución de Cádiz e o Estatuto Real.

    • A Coroa pode disolver as Cortes e ten control sobre o Senado.

    • As Cámaras teñen iniciativa legal.

    • Recoñécese a soberanía nacional.

    • Non se fai referencia a unha confesionalidade estatal.

    • Liberdade de imprenta.

    • Autonomía dos municipios.

    • Milicia nacional.

    Nese mesmo ano promúlgase unha nova lei electoral:

    • Sufraxio censatario.

    • Representación directa por provincias.

    • A representación de Galiza era maior cá da media do Estado.

  • Simpatizantes e detractores do progresismo

  • O progresismo galego estaba representado nas distintas cidades: Compostela (intelectuais e universitarios), Vigo (Ramón Buch), Pontevedra (Martelo Núñez), Lugo (José Becerra, Juan Diego Osorio), Ourense (Mauricio García).

  • A oposición ao progresismo dividíase en:

    • Sector moderado histórico (Borrego).

    • Moderados que actuaban na clandestinidade.

  • As eleccións de 1837, 1839 3 1840

  • Trala caída do goberno de Calatrava, celébranse as eleccións de 1837 nas que os moderados acadan a maioría, iniciándose así o Trienio Moderado (1837 - 1840).

  • En 1839 os progresistas gañan as eleccións, resultado que non é respectado polos moderados, feito que cuestionaría Espartero.

  • En 1840 os moderados repiten as eleccións e xorden proxectos restritivos coa liberdade de imprenta e as eleccións (limítase a participación).

  • O pronunciamento de Espartero

  • A oposición entre progresistas e moderados fai que en 1840 Espartero opte pola vía insurreccionista. En Galiza:

    • É seguido nos cuarteis, clubs progresistas e polos universitarios.

    • Créase a Xunta Suprema Central de Galicia e outras xuntas nalgunhas cidades.

  • A rexencia de Espartero e a resposta de Galiza (1840 - 1843)

  • No enfrontamento entre María Cristina e Espartero este último sae vencedor e:

  • A rexente renuncia e exíliase a Francia en 1840.

  • En 1841 Espartero é elixido rexente polas Cortes.

  • En Galiza serán o exército e sectores progresistas de Vigo, Pontevedra e Lugo os apoios de Espartero.

    A rexencia de Espartero caracterízase por unha grande inestabilidade:

  • O partido progresista divídese en esparteristas e os líderes civís e o moderado inicia prácticas conspiratorias.

  • Hai movementos insurreccionais aos que Espartero responde moi violentamente, o que lle fai perder popularidade. Estes movementos son:

    • Conspiración moderada de 1841.

    • Revoltas de Barcelona de 1842.

    • En 1843 prodúcese unha sublevación dirixida por Narváez, na que tamén estaba implicado O'Donnell e subvencionada por María Cristina que fai que Espartero teña que fuxir trala batalla de Torrejón de Ardoz.

    • En Galiza:

        • Créanse as Xuntas de Vixilancia e Defensa para facer fronte ás insurreccións.

        • O progresismo divídese en esparteristas (Lugo, Ferrol, Vigo, Pontevedra) e antiesparteristas (Santiago, Ourense, A Coruña).

        • Os esparteristas perden prestixio, Antolín Faraldo describiraos como corruptos.

        • Trala sublevación contra Espartero só Ferrol e algúns sectores pontevedreses permanecen fieis ao rexente durante algún tempo e constitúense xuntas:

          • Xuntas locais

          • Xuntas provinciais

          • Xunta central constituída polas provinciais.

    • A construción do Estado Liberal e a súa repercusión en Galiza (1843 - 1868)

    • A década moderada

    • Trala sublevación contra Espartero decrétase a maioría de idade de Isabel con 12 anos e comeza a exercer como raíña. Nesta década na que os moderados están no poder impúlsase a construción do Estado Liberal e caracterízase pola estabilidade, pero tamén pola oligarquización e a corrupción.

    • O GOBERNO DE NARVÁEZ (3 de xaneiro de 1844 - 11 de febreiro de 1846):

      • Constitución de 1845:

        • Sufraxio por capacidades.

        • Soberanía compartida entre as Cortes (senadores e deputados) e Monarca, quen pode disolvelas e cuestionalas, amais de presentar iniciativas lexislativas.

        • Non hai unha separación de poderes estrita.

              • Eleccións:

        • Distrito como unidade electoral.

        • Menos electores.

        • Manipúlanse.

              • En Galiza:

        • Reprímese o progresismo.

        • Manipúlanse as eleccións.

        • Permisividade co carlismo.

        • Medo aos contactos e posíbeis pronunciamentos dos esparteristas exiliados en Inglaterra e Francia.

        • Levantamento do 2 de abril de 1846:

            • Desenvólvese nas capitais galegas.

            • Está dirixido por Miguel Solís.

            • Lévano a cabo:

          • Reformistas moderados.

          • Progresistas.

          • Provincialistas que defendían o autonomismo, encabezados por Antolín Faraldo.

            • Organización do territorio ocupado:

          • Xuntas: a Xunta Suprema do Goberno Galiza publica un Manifesto en La Revolución de carácter provincialista.

          • Asemblea en Compostela dirixida por Solís.

            • Fin do levantamento: as tropas de Solís son derrotadas por Concha o 26 de abril, os dirixentes son fusilados en Carral e ordénase a depuración da Universidade de Santiago de alumnos simpatizantes co levantamento.

            • REGRESO AO PODER DE NARVÁEZ (1847 - 1851): un goberno dividido que pretende manter a orde e frear a revolución que en 1848 se estendía por Europa.

            • GOBERNO DE BRAVO MURILLO (1852): goberno autoritario que leva a cabo unha reforma da Constitución de 1845 e reformas administrativas.

            • O bienio progresista e o seu desenvolvemento en Galiza (1854 - 1856)

            • Esta etapa xorde como consecuencia da revolución de 1854, unha revolución na que se dá:

            • Un pronunciamento militar moderado.

            • Insurrección progresista.

            • Mobilización popular.

            • O goberno estará presidido por O'Donnell e Espartero, dous xenerais con fins contrapostos e durante o Bienio Progresista:

            • Redactarase a Constitución “non nata” (1856).

            • Levarase a cabo a desamortización de Madoz (1855), que fracasa (enfrontamentos entre o goberno e a raíña Isabel II).

            • En Galiza:

              • Crearanse xuntas nas principais cidades.

              • Hai un importante descontento pola situación económica, circunstancia que quererán aproveitar os carlistas para que haxa outro levantamento en Galiza.

              • Os progresistas, entre eles moitos dos que participaran no levantamento de 1846, son a primeira forza política.

              • O'Donnell e Espartero dimitirán en 1856.

              • A Unión Liberal (1858 - 1863)

              • Unión de varios partidos no goberno con O'Donnell como presidente.

              • Posición liberal conservadora.

              • Nova desamortización.

              • Coincide cunha etapa de desenvolvemento económico antes da crise que afecta a toda Europa entre 1865 e 1866.

              • Pouco apoio popular: goberno aristócrata atacado pola oposición (republicanos e demócratas) e con sublevacións coma a dos campesiños andaluces.

              • En 1863 dimite O'Donnell.

              • Un cambio xeracional na representación política de Galiza

              • Neste momento prodúcese un corte xeracional na representación política de Galiza e os deputados galegos divídense, en 1859, en tres grupos que se integrarán na Unión Liberal sen renunciar ao moderatismo:

              • Os novos: supoñen o 50% da representación galega e acadan importantes postos na administración estatal.

              • Os reselados: antigos progresistas.

              • Os enfeudados: deputados con experiencia política no moderatismo.

              • A construción do Estado democrático e a súa repercusión en Galiza.

              • O sexenio revolucionario (1868 - 1874)

              • A revolución de 1868, “A Gloriosa”

              • Revolución burguesa contra a raíña, encabezada polos xenerais Prim, Serrano e Topete, que remata:

              • Co Pacto de Ostende no que se rexeita aos Borbóns e se acorda a redacción dunha nova constitución que recoñeza o sufraxio universal masculino.

              • A abdicación da raíña, que foxe a Francia.

              • O Goberno Provisional (1868 - 1871)

              • Redacta a Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino, liberdades, división de poderes, recorte de poderes do monarca) e, mentres se debate quen debía ser o rei, Serrano será rexente.

              • O reinado de Amadeo de Saboya (1871 - 1873)

              • Supón un intento fracasado de establecer unha monarquía constitucional, unha etapa de inestabilidade na que o pobo rexeita ao rei por ser estranxeiro.

              • A Primeira República (1873 - 1874)

              • É unha coalición de republicanos, socialistas e liberais radicais presidida po Pi i Margall. Remata co pronunciamento do xeneral Pavía en 1874 e despois tómase a “solución alfonsina”, de xeito que Alfonso XII será o novo monarca.

              • Repercusión en Galiza

              • A revolución de 1868 en Galiza

              • Créanse xuntas nas principais cidades de Galiza, destacando as reclamacións da Xunta Revolucionaria de Tabeirós (liberdade de imprenta, supresión da Guardia Civil...)

              • Coa chegada de Serrano ao poder constitúese o Goberno Provisional e disólvense as xuntas.

              • As clases populares son as protagonistas da revolución.

              • 1869 - 1875

              • O descontento popular:

              • Provocado polas levas e os tributos.

              • É aproveitado por federais e carlistas para instigar amotinamentos no campo galego.

              • Así, prodúcense movementos en toda Galiza:

                • Lugo, Ourense, Pontevedra en 1870.

                • En 1872 prodúcese unha sublevación armada en Ferrol e créase unha Xunta Revolucionaria. Este movemento disolverase e os participantes exiliaranse ou serán reprimidos.

              • Durante a Primeira República:

              • Créanse xuntas e comités republicanos.

              • Propostas do republicanismo galego para crear as bases sociais da República:

                • Estado laico e federal.

                • Supresión das levas e impostos.

              • O federalismo galego:

              • Radicais: insurrección dun batallón de voluntarios francos “Galaicos” para combater os carlistas. Esta insurrección é freada polo exército e moitos dos que participaran dela refúxianse en Portugal.

              • Moderados: burgueses que buscan o autonomismo e que apoian a Constitución de 1873.

              • Entre 1872 e 1875 mantense en Galiza o carlismo:

              • Político, liderado por Nocedal.

              • Bélico, organizado en partidas en toda Galiza.

              • En Galiza crearase a Junta Auxiliar Consultiva de Galicia, logo a Junta de Armamento y Defensa de Galicia e, finalmente, xa con Mendizábal no poder, as deputacións provinciais.

                8. A formación do Estado Liberal (1833 - 1874)

                7

                Historia de Galiza

                2006/2007

                USC

    Vídeos relacionados