Historia de Galicia: dictadura de Primo de Rivera y la Segunda República

Historia gallega. Dictadura de Primo de Rivera. Segunda República

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

  • A ditadura de Primo de Rivera (1923 - 1930)

  • Entre 1917 e 1923 o sistema da Restauración estaba xa desfeito e a única saída para que as masas non cheguen ao poder é a ditadura. Así, o rei, Alfonso XIII, pídelle a Primo de Rivera que dea un golpe de Estado, que sería apoiado pola sociedade política por consideralo un golpe ao vello sistema da Restauración.

    Na ditadura de Primo de Rivera hai dúas etapas:

  • Directorio militar (1923 - 1925): mantén a estabilidade.

  • Directorio civil (1925 - 1930): nesta etapa é incapaz de establecer unha consolidación civil do réxime, un réxime de ideoloxía conservadora, católica, pero moi vaga (non era fascista), cuxo ideólogo era José María Pemán.

  • Así, en 1930 dimite Primo de Rivera por enfermidade e conservar a alma do vello réxime da Restauración parece xa imposíbel.

  • Os anos republicanos: a II República. Renovación das elites políticas

  • A proclamación do novo réxime. As eleccións municipais de abril de 1931. A “revolución incruenta”

  • Aínda que os sectores contrarios á ditadura intensificaron a súa actividade entre 1928 e 1930, non foron eles a causa da caída da monarquía. O sistema xa non se sotiña, por iso o 12 de abril de 1931 se celebran elección municipais:

  • Considérase que os seus resultados serían máis positivos cós das xerais (maior manipulación do voto).

  • Son vistas pola sociedade e polos medios de comunicación coma un plebiscito sobre a forma de goberno ao que se presentan dúas candidaturas: monárquica e republicana.

  • Os monárquicos acadan máis concelleiros, pero tendo en conta que o voto non era nin real nin libre agás nas cidades, o rei decatouse de que nas urbes os republicanos gañaran por unha maioría moi considerábel, por iso marcha.

  • Ante o baleiro de poder os sectores republicanos burgueses acceden a el, mitificando este acceso coa denominación de “revolución incruenta”. Unha revolución incruenta irreal porque non houbo tal revolución, simplemente marchou o rei. Os que agora están no poder son republicanos utópicos sen experiencia política.

  • O bienio reformista. Utopía e práctica da II República

  • Para facer efectiva a toma de poder por parte dos republicanos convócanse manifestacións cara os concellos, sen violencia. Este acto terá unha grande carga utópica.

    Conforme vaia avanzando a República as diverxencias irán en aumento: republicanos (seguidores de Casares Quiroga en Galiza), anarquistas e socialistas oporanse á burguesía. Así, no bienio reformista, o primeiro da República, instáurase unha república burguesa con dous partidos protagonistas en Galiza:

  • ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma): partido fundado e dirixido por Casares Quiroga:

    • É o partido representativo do republicanismo galego en Madrid (Casares Quiroga sería ministro de Gobernación, é dicir, o segundo no poder do Estado), pero na realidade non é o partido do republicanismo galego.

    • Ten moita forza na provincia da Coruña, onde chega a ter o 70% dos concellos e nunca baixa do 30%. Nas segundas eleccións baixa de 16 deputados a 6, os 6 pola provincia da Coruña.

    • PARTIDO RADICAL: partido de centro - dereita que, como o centro é captado pola ORGA, vira cara a dereita conservadora.

        • A súa forza non está tan concentrada, aínda que é notábel en Pontevedra de onde é Emiliano Iglesias, a man dereita de Lerroux.

        • No 1930 desfaise e moitos dos seus integrantes implícanse no goberno do Estado.

    • Primeiros problemas: a oposición da Igrexa ao novo réxime

    • A Igrexa Católica oponse á República porque considera que atenta contra os seus principios, segundo os cales España é:

    • Católica.

    • Única.

    • Monárquica.

    • Ademais dáse unha queima puntual de igrexas, motivada pola percepción real de que a Igrexa forma parte do Estado e representa a dereita. Durante a II República crearase un Partido Católico, por medo a unha nova desamortización.

      Xa desde o ano 1931 había voces, coma a de Ángel Herrera Oria, que profetizaban unha guerra civil.

    • A conflitividade sindical durante o primeiro bienio

    • Hai unha conflitividade social moi importante (chegan os efectos do crac do 29) e os sindicatos van ter unha importante forza:

      Vigo

      UGT

      Lugo

      Ferrol

      CNT

      A Coruña

    • A reestruturación da dereita: política e relixión. O voto feminino

    • A dereita fragmentarase en dúas tendencias:

    • Dereita republicana, que terá un importante problema xa que a Igrexa non acepta a República.

    • CEDA: único partido confesional, creado pola Igrexa:

      • Fúndase nas cidades máis importantes e pasará despois ás vilas e parroquias.

      • Te unha actividade moi forte.

      • É a primeira vez que un partido de dereitas utiliza medios de comunicación para conseguir os seus obxectivos.

      • Utilizará o voto feminino para sacar proveito electoral.

      • O voto feminino

      • Nas eleccións de 1931 as mulleres non podían votar, pero nas de 1933 si. Xa se rumoreaba que isto podería beneficiar á dereita, e así foi. Con todo, o ascenso da dereita ao poder non se produce por mor do voto feminino, senón por un goberno dividido e cunha mala imaxe.

        Así, nas eleccións de 1933 a CEDA tamén vencerá en Galiza, onde a esquerda ficará representada só pola ORGA de Casares Quiroga (A Coruña).

      • O bienio negro

      • O Partido Radical e a CEDA están no poder, nun momento no que a esquerda se divide en:

      • Burguesa: moi deteriorada, unificarase co proxecto Esquerda Republicana.

      • Sindicatos: nos que hai unha grande unidade

        • Folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 (Asturias e Catalunya), que os burgueses apoiarán implícita ou explicitamente. A violencia é un instrumento político nun momento no que se ve de cerca a ameaza do fascismo (ascenso ao poder dos nazis nas urnas en 1933).

        • Represión desde 1934, cando as agrupacións de esquerdas son prohibidas.

        • Calma tensa en 1935. A Falange

        • En 1935 os problemas internos son patentes, pero agóchanse controlando os medios de comunicación.

          A Falange, unha organización mal vista pola CEDA nun principio, colle forza desde 1934, xa que:

        • Non hai esquerda.

        • Convenio con Renovación Española/Bloque Nacional.

        • A Falange aparece nas páxinas de sucesos dos xornais, usará a violencia.

        • As eleccións de febreiro de 1936

        • O Frente Popular gaña sen maioría absoluta, pero goberna coma se a tivese xa que, ante a ameaza dun golpe militar, quere levar a cabo tódalas reformas posíbeis:

        • Cambio no poder local: faise unha lei de amnistía para os presos doe 1934 e os suspendidos volven aos seus postos nas corporacións. A nivel local a capacidade de decisión é moi singular xa que hai moitas organización co mesmo poder de decisión, polo que se unha non está de acordo noméase unha xestora.

        • Estatuto de Autonomía: entra dentro do programa do Frente Popular e é o Partido Galeguista o que traballa para conseguilo. Así, plebiscítase o 28 de xuño de 1936, aprobándose cunha porcentaxe moi alta pero fraudulenta (as condicións eran moi duras).

        • A percepción do golpismo

        • Víase que “algo ía pasar”. Así en Galiza hai catro tentativas de golpe e unha vixilancia especial no cuartel da Coruña. Cada vez a opción do golpe gaña máis adeptos e o goberno non da freado isto. Só os sindicatos poderían facerlle fronte ao golpe. Trala fin da guerra haberá unha resistencia prolongada.

        • A Guerra Civil na retagarda da España nacional (1936 - 1939)

        • Os resultados nas principais cidades galegas son semellantes aos do resto do Estado:

          • En Lugo triúnfan os monárquicos, e a excepción.

          • En Pontevedra, Ourense e Vigo hai un empate técnico.

          • En Ferrol gañan os republicanos (forte estrutura do PSOE e da UGT)

          • En Compostela gañan os republicanos, pero o poder está en mans de 12 concelleiros independentes de centro - esquerda que coa chegada da República se redefinirán como republicano - independentes. Este grupo fará de Santiago unha cidade moi centrista nos anos da República.

          • Na Coruña hai tamén unha vitoria republicana.

          Resultados das eleccións:

          • CEDA:10 deputados.

          • Partido Radical: 15 deputados.

          • Católicos: 7 deputados.

          • PSOE: -

          • Dous terzos dos concellos a favor.

          • Aprobación por referendo (tres cuartas partes).

          • Referendado polas Cortes

          10. A fractura da sociedade: dos vinte aos trinta

          1

          Historia de Galiza

          2006/2007

          USC

    Vídeos relacionados