Historia de Galicia

Historia gallega. Cultura celta. Reino de Galicia. Ilustración

  • Enviado por: LuZinHA
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 10 páginas
publicidad

  • A apoloxía dos homes da terra

  • Interpretación histórica de Galiza até o século XVIII

  • Até o século XVIII a Historia é unha das bases principais para a lexitimación do prestixio dunha terra e dunhas xentes. É un instrumentum honoris, a antigüidade dun pobo é a mellor fundamentación do seu presente, non se concibe a idea de cambio e progreso, a sociedade é ríxida e sempre foi así. Isto non cambiará até o século XVIII coa chegada da Ilustración, que concibe o progreso coma algo inevitábel.

    Tendo en conta isto, a reconstrución do pasado galego ten unha grande carga apoloxética que busca a defensa das elites centrándose en:

  • A antigüidade do poboamento, xa que isto dá maior importancia sobre outras nacións.

  • Orixe apostólica da Igrexa galega: a chegada do Apóstolo Santiago a Compostela é anterior cá chegada de San Pedro a Roma, polo que a Igrexa galega antecedería á de Roma.

  • Antigüidade da aristocracia galega, que nunca foi contaminada pola invasión árabe. Deste xeito, a nobreza castelá e portuguesa derivarían da galega.

  • Esta carga apoloxética é normal na Historia do momento. No século XVI a Historia estaba moi vencellada á política (Maquiavelo), tiña unha grande importancia e estaba nos programas educativos das elites xa que funcionaba como aparello de propaganda. Nesta época non se aplicaba o método científico á Historia, senón que adoitaba basearse nos mitos fundacionais, caracterizados por:

  • apoiárense nunha interpretación parcial do pasado (realidade+ficción).

  • son máis asimilábeis

  • seguen o seguinte esquema:

    • paraíso primitivo previo (os celtas),

    • caída dese paraíso (chegada dos romanos),

    • redención: xeralmente situada nos tempos do historiador ou achegados a el e o pobo é consciente da identidade propia (principios do século XIX, Rexurdimento literario).

    Os mitos fundacionais supoñen un discurso tópico dependente do discurso católico e que se dá en moitos contidos de nación.

  • A Historia como carta de presentación perante a Corte

  • A partir do século XVI o Reino de Galiza intégrase na Coroa Castelá, que leva a cabo un importante proceso centralizador. Galiza era entón a periferia do estado que se estaba a conformar e, ademais, a nobreza galega non apoiara a Isabel durante a guerra pola sucesión, polo que estaba moi mal vista polos Reis Católicos. Deste xeito, desde o século XVI a nobreza galega vai intentar achegarse á Corte e, para facer ver o seu prestixio vai usar:

  • Non vai perder o control sobre os territorios galegos, malia estar fisicamente na Corte (Toledo ou Madrid) van depender do poder político e económico que teñen en Galiza.

  • Usan a Historia e o pasado como carta de presentación, como elemento ideolóxico diantre da corte.

  • Esta centralización afecta tamén á Igrexa, así se o Reino de Galiza pasa a depender de Zamora, a Igrexa galega terá o seu centro en Valladolid:

  • A capacidade de decisión ficará fóra de Galiza.

  • Reorganizarase a Igrexa. Os mosteiros galegos son os máis ricos e, ao ter o seu centro en Valladolid, repartirán con outros as súas posesións. Malia isto, será o poder económico máis importante até o século XI. Ademais a súa oposición ao cambio será clave no desenvolvemento da identidade galega.

  • Obras historiográficas que teñen Galiza como obxecto (séculos XVI, XVII e XVIII)

  • As publicacións editoriais desde o século XVI van axudar ao proceso centralizador político:

  • Os Reis Católicos, malia o proceso centralizador, non crean o Estado Español, só unha Administración estatal “das Españas”. Pero aínda así comezan un proceso de homoxeneización do pasado.

  • Despois da guerra de independencia, no século XIX, dáse un proceso de nacionalización de España e, con el, a homoxeneización do pasado e a creación do estado - nación (até entón a bandeira de España non penduraba dos edificios institucionais).

  • Neste proceso de homoxeneización do pasado as elites usan fontes falsas denominadas CRONICONES, consideradas normais na época e usadas como tarxeta de presentación. Isto non suporá un problema até o século XIX, cando estes cronicóns son considerados fontes auténticas.

    Imos ver algunhas obras historiográficas que teñen a Galiza como obxecto principal:

    • Nobiliario de Vasco de Aponte (comezos do XVI), é a primeira obra histórica de Galiza que aparece cos primeiros pasos da monarquía española. Trátase da descrición da liñaxe de 14 familias nobres.

    • Descripción do Reyno de Galicia (1550), do Licenciado malagueño Bartolomé Sagrario de Molina. Pretende dar a coñecer a cultura e a natureza de Galiza, non ser unha obra histórica. É unha guía de Galiza que, sen embargo, inclúe moitos datos do pasado do país. Defende a nobreza e a Igrexa galegas (a Igrexa ten máis reliquias, polo que é máis lexítima). Tivo moito éxito, pero foi difundida dentro da obra El buen repúblico.

    • El buho gallego (1620), atribuído ao Conde de Lemos Pedro Fernández de Castro. É un diálogo entre diferentes aves que representan os pobos de España, sendo o moucho o representante de Galiza. É unha xunta presidida pola aguia real na que se decide botar fóra da Coroa a Galiza e expóñense argumentos para demostrar que o galego é o español máis lexítimo:

      • É o máis antigo dos españois.

      • Non está contaminado polos árabes (ten influencia até a actualidade).

    Esta obra é produto da necesidade da nobreza de achegarse á Coroa. Ademais provoca a aparición doutras obras co mesmo esquema en diferentes nacións do estado.

    • Historia de Galicia (comezos do século XVIII), dos irmáns Fernández Boán. É a primeira obra que leva este título e, ademais, supón un cambio respecto das anteriores por non introducir esa carga de apoloxía das elites (estas xa estaban instaladas na Corte). Intenta ser máis rigorosa e o seu aspecto máis singular é que sinala que a orixe da poboación galega é diferente e máis antiga da de España, usando para isto recursos da Biblia.

    • Armas i triunfos (1662) El cisne de occidente (1672), de FRAY FELIPE DE LA GÁNDARA Y ULLOA, primeiro cronista oficial do Reino de Galiza, pagado pola Xunta do Antigo Reino de Galiza. Este cronista resalta os valores da fidalguía e da burguesía. Instrumentaliza a historia por intereses políticos, describindo un pasado esplendoroso pero sen mencionar as orixes do país. Destaca que en El cisne de occidente estableza certa relación entre o nacemento de Galiza e a cultura grega (os gregos terían fundado cidades marítimas e fluviais coma Ourense, Pontevedra, Tui ou Padrón).

    • Anales del Reyno de Galicia, dous tomos (1733/1736), obra do xuíz eclesiástico do Arcebispado de Santiago, DE LA HUERTA Y VEGA. É a última obra de carácter apoloxético, que busca defender os intereses da Igrexa galega (a nobreza xa está instalada na Corte). Hai unha defensa esaxerada e desproporcionada da importancia de Santiago de Compostela e do sepulcro. Ademais introdúcese a idea de que os galegos colonizaron (cabotaxe) Inglaterra, Escocia, Irlanda, Asturias e Castela, o que sería importante para o celtismo, que aparecería como tese aproximadamente un século despois. Todo isto insírese como explicación histórica, non coma un mito.

  • A Ilustración. O concepto de progreso. O celtismo como heimat

  • A mediados do século XVIII chega un movemento filosófico rompedor, a Ilustración, caracterizada por:

  • O progreso como elemento referencial, de xeito que a construción do futuro se asente nas indagacións sobre o pasado.

  • A razón como base para adquirir coñecemento, de aí o uso do método científico.

  • Estes principios vanse aplicar á Historia, de xeito que:

      • Usará o método científico, é dicir, atenderá a fontes verdadeiras e cotexadas.

      • Muda o seu obxectivo que, se antes era a lexitimación dos pobos, agora será a rigorosidade das súas investigacións (Historia pola Historia).

      • As obras serán de carácter local porque se considera que canto maior sexa o achegamento ao obxecto de estudo as fontes serán máis fiábeis.

      • Redución temática, é dicir, estudos concretos e sen ambigüidades.

      • A Historia é sempre un recurso importante independentemente do obxecto de estudo, pola importancia das referencias ao pasado.

    En Galiza non existen nesta etapa historiadores que elaboren unha Historia de Galiza, xa que todo o construído até entón se baseaba en fontes falsas.

    Persoeiros importantes na Galiza da Ilustración son:

  • JOSÉ CORNIDE, quen realiza estudos de filoloxía latina e romana.

  • LUCAS LABRADA.

  • PADRE SARMIENTO.

  • A tese do CELTISMO vaise introducindo a finais da Ilustración (primeiro terzo do século XIX). Paralelamente aparece outra interpretación do concepto de identidade, o HEIMAT (pequena patria), un sentimento protonacionalista que se podía apreciar, por exemplo, no Padre Sarmiento. O Heimat non implica a pretensión de que ese sentimento se reflicta nas institucións políticas, é dicir, non pretende que unha pequena patria sexa un estado.

  • A historiografía galega ata Murguía (século XIX)

  • O Celtismo

  • É un elemento referencial para os historiadores, tanto para os que defenden esta tese coma para os que non, aínda que so Vicetto e Murguía o defenden con claridade. O celtismo:

    • Achega un compoñente étnico, racial, para entender a realidade galega (Galiza = raza celta), feito estendido por toda Europa no século XIX.

    • Desde a perspectiva do momento é un elemento lóxico e racional, explicado cientificamente.

    • É un exemplo de invención e construción dun mito racional porque a súa creación e desenvolvemento son lóxicos nese momento e nese espazo.

    • Comeza a facerse presente desde a segunda metade do século XVIII en obras de Rodríguez Mohedano ou Masdeu. Os ilustrados cítana, pero non a adoptan de cheo no seu discurso. Sería no primeiro terzo do século XIX cando tomaría forza.

    A tese do celtismo seguida na Península Ibérica difire da tese clásica:

  • A tese clásica, do francés Pezron, defende que os celtas teñen a súa orixe no Mar Negro. Desde alí diríxense a Francia, que será o núcleo desde o que se espallen por Europa (Gran Bretaña, Península Ibérica, Italia).

  • Na tese seguida pola Historiografía española, defendida por Masdeu, o núcleo de espallamento será Catalunya.

  • Metodoloxía: diversidade de historiadores no século XIX

  • No primeiro terzo do século XIX é cando a tese do celtismo comeza a ter forza, os historiadores referiranse a ela, estando a favor ou en contra:

  • VEREA E AGUIAR: defende o celtismo como base das reivindicacións apoloxéticas de Galiza, aínda que segue a liña do XVIII non a asume totalmente. É o primeiro en defender a tese da unidade nacional galega, aplicando para iso a tese do celtismo, que será instrumentalizada por outros coma Antolín Faraldo.

  • MARTÍNEZ PADÍN: considera que o celtismo é constatábel historicamente, mais con certa posibilidade de erro.

  • B. VICETTO: autor de Historia de Galicia (1865 - 1873), sete tomos publicados en Ferrol, é o autor con máis éxito do século XIX, e quizais o que máis éxito tivo dos historiadores galegos. Esta obra caracterízase por:

    • É publicada nun momento singular, o Sexenio Democrático, un período de modernización no que, nalgúns momentos, chega a haber en España dous estados paralelos: o democrático e o carlista. Isto reflíctese na obra.

    • É contraditoria e pouco rigorosa, xa que busca agradar ao lector, ten obxectivos editoriais, non científicos. Para conseguir este éxito sintoniza cos formatos máis tópicos da Historia galega (Monte Medulio...)

    • Argumenta de dúas maneiras contraditorias:

      • Por unha banda, considera que a Historia é un proceso de organización da providencia, superior ás persoas en cuxo plan Galiza sería a xeradora e colonizadora de boa parte dos pobos europeos, amais de ser a exportadora da confesión católica, a máis importante de Europa.

      • Por outra, fronte á providencia, inflúen na Historia persoeiros importantes.

    • Non existe no discurso de Vicetto instrumentalización política, só editorial, polo que non emprega os seus argumentos para defender un posto no mundo para Galiza, só reclama que se respecten os seus dereitos. Polo que, seguindo co seu espírito de contradición, aínda que se achega ao galeguismo, o celtismo ten tamén na súa obra unha forte carga apoloxética.

    • ANTOLÍN FARALDO: dálle unha funcionalidade política, instrumentaliza a tese para aplicala en favor do provincialismo.

    • M. MURGUÍA: tamén lle dá unha funcionalidade política, pero neste caso a prol do rexionalismo.

    • Así vemos que os historiadores teñen diferentes intereses á hora de presentar a Historia de Galiza.

      Intereses políticos

      Antolín Faraldo

      Murguía

      Intereses editoriais

      Vicetto

      Non hai unha liña clara de defensa de Galiza, pero si que se destacan as súas virtudes por outros motivos: en xeral, os historiadores estaban vencellados ao liberalismo, pero non estaban a favor da estrutura territorial do estado liberal, unha estrutura centralizada. Polo que a reivindicación de Galiza e das súas virtudes non é máis có tema de presentación para criticar a estrutura territorial do estado. Así xurde o síndrome de aldraxe, considérase que o estado liberal ofende a identidade galega e a sociedade quere que se recoñeza esta identidade, de aí o éxito da obra de Vicetto.

    • De Murguía a Risco (séculos XIX - XX)

    • Murguía como pivote referencial da historiografía galega

    • Murguía é un persoeiro de referencia na historiografía galega até a publicación, en 1952, da Historia de Galicia de Risco. Durante 100 anos repítese o mesmo discurso de Murguía, quen:

      • Instrumentaliza politicamente a Historia, igual ca A. Faraldo.

      • É un erudito que se achega á modernidade da historiografía europea.

      • É o autor con máis capacidade de influencia na cultura galega de finais do século XIX e comezos do XX.

      • É un referente institucional, xa que en 1906 sería nomeado presidente da Real Academia Galega.

      • Ten unha actividade perdurábel, xa que morre con case cen anos.

    • Os cinco elementos constituíntes da nación: raza, lingua, carácter, conciencia de singularidade e Historia

    • Para Murguía estes son os cinco elementos constituíntes da nación galega:

    • Raza: argumento socio-político que dota de singularidade o país, unha raza puramente celta, da familia aria (razas consideradas superiores). Considera que en Galiza se acha a reserva de raza celta máis pura.

    • Lingua, elemento fundamental no que se apoia a raza.

    • Carácter: Murguía afirma categoricamente a existencia dun volkgeisd (espírito do pobo), un ente que existe independentemente das persoas pero que posúe calquera persoa que naza na nación. Supón un avance fronte ao heimat, xa que o volkgeisd non se pode alterar e é predeterminado.

    • Conciencia de singularidade.

    • Historia (básica na argumentación política).

    • Recoñecemento de Galiza nos seus valores de permanencia: a identidade rural

    • Para Murguía supón un elemento determinante que Galiza sexa unha sociedade basicamente rural, no pasado, no presente e no futuro. As esencias da patria están no rural, polo que non entendería unha identidade galega urbana, de aí que se opoña ao desenvolvemento do centralismo liberal español.

      urbano vs. rural

      =

      liberalismo vs. tradición

      É curioso, dada a súa condición de liberal, que defenda que Galiza só pode ser rural, postura que chega case até os nosos días e que ten consecuencias:

      • Por unha banda, a modernización non chega ou chega tarde.

      • Por outra, froito do anterior, aparece un vitimismo asociado a Galiza.

    • Estrutura do discurso de Murguía

    • Para Murguía existe unha Galiza única, unha nación que rexurde non polo conflito con outras (como acontece na lóxica europea), senón porque se sinte infravalorada. Unha identidade que destaca polos seus aspectos positivos no pasado.

      Desde a Real Academia Galega Murguía fará oficial o discurso do celtismo, que se manterá coma o único discurso historiográfico respecto de Galiza até 1952. Este discurso estrutúrase do seguinte xeito:

      • Parte da raza celta, unha raza superior que crea unha comunidade ou nación con Administración e cultura propias.

      • Esta comunidade integra influencias exteriores (gregos, fenicios, cartaxineses...) porque é forte dabondo para poder integralas e non desaparecer.

      • Este paraíso idílico rómpese coa chegada dos romanos (modernización, civilización urbana), malia a resistencia simbólica do Monte Medulio (na que participan pobos non galegos, coma os asturianos ou leoneses).

      • As invasións bárbaras dan lugar á chegada dos suevos a Galiza, que forman parte da raza celta e posúen unha cultura rural. Deste xeito rexurde e reafírmase a identidade galega, recuperándose así o Reino de Galiza.

      • A invasión árabe case non afecta a Galiza, polo que durante os sete séculos que dura a Reconquista, reafírmase a identidade galega. Ademais, Afonso VII (fillo de dona Urraca) escinde o Reino de Galiza do de Castela. A nobreza galega levantarase contra a monarquía castelán-leonesa, até o axustizamento en 1483 do Mariscal Pardo de Cela, feitos que veñen dados polas loitas feudais, non por un contido nacional, pero que se considera simbólico.

      • Coa chegada ao poder dos Reis Católicos, Galiza fica nunha situación de inferioridade, prodúcese a doma e castración e comeza a centralización do estado. Así, Galiza estaría constituída por sete provincias e, coa chegada do estado liberal, por catro, e non se recoñecería a existencia de Galiza como entidade superior a elas.

      • O elemento final de rexurdimento personifícase para Murguía en:

        • A Guerra de Independencia: ante o baleiro de poder e a constitución de xuntas locais (tanto de vilas coma a Xunta Superior do Reino de Galiza), xorden os conceptos de nación dos pobos peninsulares e de España. A Constitución de Cádiz é un exemplo da vontade de crear un concepto nacional español.

        • O Levantamento de 1846: pon de manifesto que aínda permanece o espírito nacional galego. A Xeración do 46 supón un compoñente de protesta contra a minusvaloración que sofre Galiza, que é tratada coma unha colonia pola Corte. Malia todo, non hai nela un compoñente nacional, xa que é unha xeración que se define polo provincialismo.

        • O Rexurdimento cultural: as figuras de Rosalía, Curros e Pondal mostran que o espírito galego segue presente, malia non manifestarse nas institucións.

      Debido a autoridade intelectual e institucional (RAG) de Murguía, este discurso é amplamente aceptado ata os anos setenta do século XX.

    • O discurso historiográfico e as institucións

      • En 1922 créase, tardiamente, a Facultade de Filosofía e Letras.

      • En 1923 créase o Seminario de Estudos Galegos:

        • Xorde coa vocación de estar ao servizo de Galiza a través da investigación e do poder, xa que pretende formar as elites do país.

        • Destaca a sección de Arqueoloxía, Prehistoria e Etnografía (Cuevillas, Bouza Brey, Risco, Figueira Valverde...). Neste senso catalóganse castros, realízanse escavacións e publícanse en revistas de investigación os resultados.

        • Está formado por persoeiros, case ningún conservador, con conciencia galeguista.

        • Usa o método científico, plenamente moderno, pero non se desvencella do discurso histórico de Murguía.

        • Considérase a interpretación do pasado como clave para a identidade galega, polo que se mantén a tese do celtismo pola súa potencia ideolóxica.

    • O corte xeracional provocado pola Guerra Civil

    • A Guerra Civil provoca un forte corte xeracional na historiografía do país, prodúcese unha depuración do profesorado e un grande control ideolóxico tralo fin da contenda. Ademais fréase o avance metodolóxico que levara a cabo o Seminario de Estudos Galegos.

    • Renovación historiográfica dos anos setenta

    • Case até os anos oitenta do século XX a Universidade galega era unha universidade de tránsito, no Franquismo estudábase dous anos nunha universidade e despois íase a Madrid. Por isto, non se realizaban traballos de investigación en Galiza.

      A partir dos anos noventa do século XX a historiografía galega intégrase dentro das europeas porque a universidade galega xa non é unha universidade de tránsito e xa non se sigue o discurso de Risco e Murguía.

    • O recoñecemento da identidade

    • Proceso de identificación

    • O proceso de identificación é un proceso bidireccional:

    • Defínenos interiormente (individuo → sociedade), é dicir, o individuo ten conciencia da singularidade da súa colectividade.

    • Tamén nos define exteriormente (sociedade → individuo), o que se refire á imaxe que se observa desde un contexto externo.

    • Respecto a isto último, a imaxe exterior adoita ser tópica por unha cuestión de acomodación do pensamento. É dicir, é máis doado coller a parte polo todo, canto máis concreto, máis entendíbel. Isto adoita desvirtuar a imaxe exterior. Pero a identidade tamén ten unha función instrumental: dotar de medios posíbeis para facer máis comprensíbel a realidade. Polo que, entón, a identidade é unha imaxe que se proxecta en dúas direccións.

    • Os marcos de referencia nas relacións sociais galegas: as parroquias e as comarcas

    • A identidade galega non é unha identidade de nación - estado, senón que é unha identidade de nación - cultura da que existen unha morea de estudos a nivel local por dúas razóns:

    • o predominio da cultura rural,

    • a ausencia de grandes urbes.

    • Dada a ausencia de estado, os marcos referenciais nas relacións sociais galegas son a parroquia e a comarca, dúas unidades alleas ao proceso de centralización español do século XIX.

    • Parroquia: son unidades básicas dunha confesión relixiosa que transcenden do ámbito relixioso por mor do forte poder da Igrexa no proceso histórico galego, pasando a ser un marco referencial na vida social galega e con certa proxección na Administración.

    • Comarca: se a miramos coma unha unidade convivencial, unha comarca é o nivel superior á parroquia. Comprende varias parroquias e adoita ter un centro: a vila, unha entidade única no estado que comprende a actividade comercial, xudicial, eclesiástica etc. e está a medio camiño entre o rural e o urbano.

    • Co estado liberal colócanse outras dúas unidades administrativas por enriba da parroquia e da comarca: a provincia e o concello. Ningunha delas ten tradición en Galiza e deixan as parroquias, teoricamente, coma meras unidades eclesiásticas, e as comarcas coma unidades de convivencia. Provincia e concello son unidades de convivencia procedentes de Castela, pero en Galiza non encaixan coas unidades convencionais, provocando un desaxuste entre ambos modelos que provoca:

    • Procura por parte das entidades de poboación pequenas de referentes máis achegados, as vilas, aínda que estean noutro concello, porque segue a funcionar o marco de convivencia tradicional. As vilas actuarán como intermediarias ante a provincia, o que dá lugar á aparición do caciquismo.

    • A sociedade distánciase da política e vea como allea, xa que os marcos de convivencia non son oficiais e refórzanse os intermediarios.

    • Galiza desde a aparición do estado liberal deixa de existir oficialmente, só son catro provincias. Só perdura a través dun referente cultural, pero Galiza é diferente do resto do estado:

        • Oposición costa vs. interior.

        • Oposición norte vs. sur.

        • Oposición urbano vs. rural: o sistema urbano galego é peculiar:

          • Non existe un único referente centralizado, senón que son sete: Lugo, Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Posúen redes de comunicación e expansión individualizadas.

          • Ademais, até mediados do século XX a realidade galega é maioritariamente rural.

    • O peso do sector agrario

    • O forte peso da Galiza tradicional fronte á moderna só se rompe na década nos 90 do século XX. Até entón:

    • Non hai un mercado interior regular.

    • Hai malas comunicacións.

    • Galiza componse de identidades illadas.

    • O peso da Igrexa frea a entrada do capitalismo:

      • Finais do século XVII: os mosteiros cistercienses espállanse polo interior galego e con eles unha ideoloxía de oposición ao entorno urbano.

      • Ata principios do XIX: as campás das igrexas (parroquia) e os escudos (fidalguía) son os símbolos da forza do rural, que se debe a:

        • A nobreza laica non reside no territorio rural.

        • Pouca poboación urbana.

        • Mantense o poder da Igrexa (foros e subforos).

        • O poder económico da Igrexa minguará coas desamortizacións do século XIX. Até entón a fidalguía será a intermediaria entre os campesiños e a Igrexa, unha fidalguía conservadora que non se adaptará ao capitalismo e que non está relacionada cunha identidade nacional.

          O campesiñado, pola súa banda, defenderá sempre os seus dereitos sobre a terra e será forte como comunidade, pero non será até a primeira metade do século XX cando acceda masivamente á propiedade da terra (desaparición do foro en 1926).

        • A emigración

        • A figura do emigrante retornado pode:

        • Conxugar tradición e modernidade.

        • Traer consigo un novo rico, fachendoso, que non inviste na terra.

        • O idioma

        • É un dos elementos identitarios de maior importancia que, para os nacionalismos do século XIX, tiña o seu prestixio na literatura.

        • Historia política e conciencia nacional

        • A historia política non evoluciona paralelamente á conciencia nacional, que existe só desde o século XIX, coincidindo coa española, porque:

        • Galiza non ten unha institución de autogoberno.

        • Heteroxeneidade étnica da burguesía.

        • Etnicidade ambivalente.

        • Esta ausencia de unanimidade débese á diversidade de obxectivos dos historiadores, á instrumentalización da Historia no momento.

          A partir da segunda metade do século XIX pérdese a unidade de Galiza, só existen as sete antigas provincias que lle dan unha certa unidade. O estado liberal establece catro provincias en Galiza, sen existir esta como entidade superior a elas.

          Cómpre matizar que, malia que neste momento a tradición estaría representada polo carlismo, Murguía non é carlista.

          Non está situado xeograficamente, pero si se narra nas crónicas romanas a forte resistencia no sur de Galiza.

          Sería tomada como exemplo por Marx para explicar a construción do concepto de nación, amais de ser un símbolo do liberalismo europeo.

          • A Coruña caracterízase polas súas relacións coa Administración estatal, será o cordón umbilical que una Galiza e Madrid até os anos 80 (xa no Antigo Réxime), non é a capital de Galiza, pero si no senso administrativo (Audiencia).

          • Vigo é, até mediados do século XIX, só un porto, pero a partir de entón volverase a capital industrial de Galiza.

          • Ferrol está condicionada por ser un porto e un departamento marítimo. A súa sociedade está dividida: unha parte conservadora vencellada ao sector militar e ao Estado, e outra obreira (estaleiros), pero ámbalas dúas dependen dos encargos do Estado.

          • Santiago é até os anos 80 do século XX a Sé arcebispal e a capital cultural (única universidade), pero a partir dos 80 - 90 convértese na capital de Galiza, o que dá lugar a que se estableza nela o aparello administrativo e á aparición do funcionariado.

          • Lugo e Ourense están no centro das provincias e correspóndense máis co marco convivencial tradicional. O feito de que só haxa un centro en cada provincia fai máis fluídas as relacións co estado.

          Cada centro ten a súa área de influencia, aínda que a de Santiago é máis difuminada.

          Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega

          10

          Historia de Galiza

          2006/2007

          USC