Historia de España seculo XIX

Historia de España seculo XIX. Goberno de España. Política de España. Reinado de Carlos IV. Guerra de Independencia. Soberanía nacional. División de poderes. Igualdade xurídica. Liberalismo económico. Estado liberal

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 10 páginas
publicidad

SÉCULO XIX

  • Reinado de Carlos IV:

  • Carlos IV chega ao poder en 1788 e atópase cunha acentuada crise económica, como consecuencia das constantes guerras. No ano 1789 triunfa a Revolución Francesa, que inflúe enormemente en España, xa que estes dous estados estaban vinculados polos pactos de familia.

    Co Conde de Floridablanca paralízanse todas a reformas estatais co fin de que non se imite o momevemento revolucionario francés, ata o punto de intentar controlar que as novas non cheguen a España. Sen embrago as novas chegan e os Ilustrados posiciónanse dividíndose en varios grupos:

    • Defensores da paralización da reforma (Floridablanca)

    • Defensores da imitación de Revolución Francesa

    • Defensores do reformismo ilustrado que se levaba aplicando ata o momento (Jovellanos)

    No ano 1792 abólese a monarquía en Francia e Floridablanca cae para dar paso a Godoy, que se convirte en personaxe fundamentel da política española. Éste procede de familia de clase baixa e non será aceptado nin pola nobreza, nin polo clero, nin polo pobo. Malia isto intentou poñerlle fin aos problemas de facenda e levar a cabo unha política ilustrada. Para intentar arranxar a economía impón os donativos forzosos, o que non axudará a mellorar a súa imaxe no país.

    A nivel de política externa hai un intento de negociar con Francia para excarcerar aos reis, xa que eran parentes do rei de España. Isto se produce nun momento no que toda Europa se atopa en guerra con Francia, isto é, a chamada Guerra da Convención. A principios do ano 1793 os reis franceses son guillotinados e España incorpórase á Guerra da Convención contra Francia, aínda que xa no ano 1795 España optará por pedir a paz (Paz de Basilea).

    A partir de aquí cambia a política esterior e Godoy volve ao pacto de familia (Tratado de San Ildefonso, 1796). Estes acontecemento únense ao descrédito de Godoy, xa non só en España, senón tamén por toda Europa, por acontecemento como o feito de que casara cunha prima dos reis de España e a súa colmación de diversos títulos. Así formaráse una “camarilla” arredor de Godoy e do rei, Carlos IV e o seu fillo Fernando comeza a ser desexado como rei de España.

    Napoleón decreta un bloqueo contra Inglaterra que toda Europa acata, agás Portugal, que adoita apoiar a Inglaterra ao longo da historia, polo que Napoleón decide ocupar Portugal, e firma con España un tratdo segundo o cal estes dous estados se reparten o estado luso (Tratado de Fontainebleau, 1807). Sen embargo a entrada das tropas francesas en España tórnanse sospeitosa e o pobo español comeza a pensar que éstas teñen intención de quedar na península, polo que godoy tomará a decisión de trasladar a monarquía a América e así asugurar a súa protección. Toda esta presión derivará no Motín de Aranxuez, que evidencia a debilidade da monarquía española no momento, e segundo o cal o rei Carlos IV abdica na figura do seu desexado fillo, Fernando VII.

    Nas Abdicación de Baiona comeza este proceso, no que Carlos IV entrega a coroa a Napoleón e, posteriormente, éste estrégalla a Xosé I Bonaparte, o ser irmán.

    Ante o traslado da familia real a Frnacia prodúcese paulatinamente o levantamento de Madrid (2 de mayo), que derivaría na represión e fusilamento por parte dos franceses. Este levantamento será o antecedente da Guerra de Independencia, co levantamento do resto dos pobos españois.

  • Guerra de Independencia:

  • Esta denominación non de aplica ata que en España se intaura o estado liberal, e anteriormente era chamada simplemente “Guerra contra os franceses” o “Guerra de España”.

    Esta guerra marca a idade contemporánea, xa que inclúese ao pobo por primeira vez na política, pérdese o carácter sagrado da monarquía e supón o inicio da revolución liberal en España, por triunfaren as ideas da Revolución Francesa.

    • Pincipios do liberalismo:

    - Soberanía nacional

    - División de poderes (executivo, lexislativo e xudicial)

    - Igualdade xurídica (e non económica)

    - Liberalismo económico > dereito á propiedade plena e libre.

    Nesta Guerra de Independencia producíronse as chamadas guerrillas, forma de loita acarcterizada pola súa organización en partidas, grupos de individuos que aproveitándose do coñocemento do terreo o utilizan para hostigar ao inimigo, causándolle baixas ou impedindo o seu abastecemento e comunicacións, ao xogar co elemento sorpresa. Formaban parte das guerrillas os campesiños e algunhas partes de Igrexa, xa que loitaban pola tradición católica e a defensa da patria frente ao invasor estranxeiro, patria que identifican con Fernando VII.

    • Principais figuras:

    - Non liberais: O Empecinado, Cura Merino...

    - Non liberais: En Galicia: Cachamuíña (Abade do Couto)

    - Liberais: Porlier e Espoz e Mina, Riego...

    GOBERNO DE ESPAÑA

  • Xosé I, acordo co Estatuto de Baiona

  • 2.

    1. Xosé I é moi mal recibido en España por mor de ser estranxeiro e foi víctima das mofas populares, que lle procuraron alcumes como “Pepe Botella” ou “o Rei Pepino”. A pesares disto foi un home con moi boas intencións para o estado español: intentou modernizar España, creou numerosas escolas, procurou facer un novo plan para a cidade de Madrid... Sen embargo non puido levar a cabo ningunha das súas intencións, xa que non contou co apoio de ninguén.

    O goberno existente tiña as características pronunciadas no Estatuto de Baiona. Xosé I convocou en Francia unha asemblea estamental formada por 50 personas pertencentes a cada estamento (Xunta Española), na que se aprobou o anteriormente citado Estatuto de Baiona en 1808. Isto non se trata dunha constitución, xa que non foi aprobada pola nación nin foi aprobada por ningún dos seus representantes. Trátase dunha carta outorgada, unha concesión que fai o rei, o cal decide autolimitar a súa soberanía. Este Estatuto mestura varias ideas, como son as liberias, as tradicionais do Antigo Réxime ou as Ilustradas, como se aprecia mesmo no feito de que o propio rei limite o seu poder. O Estatuto de Baiona contou co apoio de burgueses, ilustrados, nobres, altos cargos eclesiásticos... (afrancesados). Éstes decidiron apoialo por diversas razones, ben por interés ou ben por unha verdadeira intención de modernizar España.

    O resto da poboación trae consigo un intento de proceso liberal, e entre maio e xuño de 1808 fórmanse en numerosas cidades as chamadas Xuntas Locais, de carácter revolucionario, que supoñen unha ruptura coa orde política vixente. Estas xuntas basean a súa soberanía no pobo e sustitúen ás autoridades e institución ata dauqela existentes. Declaran a guerra á Francia, organizan a reistencia e defenden os dereitos ao trono de Fernando VII. Entre os seus membros existen moitas diferenzas: ilustrados, liberais, defensores do Antigo Réxime.

    Estas Xuntas Locais van seguir integrando elementos superiores, xorden así as Xuntas Provincias, que organizan ás Xuntas Locais, xerarquizándose. En Galicia, a Xunta Suprema do Reino de Galicia, tiña sé en A Coruña e estaba presidida polo antigo capitán xeral. Nela integrábanse os representantes das 7 antigas provincias galegas.

    A finais de septembro de 1808 aparece a Xunta Suprema Central, presidida por Floridablanca. A súa misiín sería convocar as Cortes que deben elaborar unha constitución. En relación coa diversidade de ideais dos integrantes, aopiaránse cortes estamentais, liberais... A Xunta Suprema traspasa os seus poderes a una consello de rexencia formado por 5 personas, que estaba presidido polo Bispo de Ourense.

    Nun princpio quérense convocar as cortes estamentais, sem embargo remátase por convocar unha asemblea única (1 deputado por 50.000 habitantes) que non representaba estamentos, o que supón un feito revolucionario. Estes deputados son elixidos por sufraxio universal masculino indirecto e proceso de votación ten lugar en Cádiz, a única cidade que non se atopaba invadida polos franceses.

    Os deputados das provincias costeiras chegan a Cádiz sen problemas, (teñen un cáracter liberal, xa que existía máis burguesía nas cidades costeiras que nas de interior). Sen embargo os deputados do interior atóparonse con moitas dificultades e moitos decidiron enviar suplentes que residían en Cádiz, a maioría dos cales eras liberais. Isto explicaría o carácter liberal das Cortes de Cádiz, que nada tiña que ver coa realidade social.

    Nas Cortes de Cádiz atópanse: partidarios dos cambios, de aprobar as leis de Francia (liberais; e os defensores do Antigo Réxime, que se lles conoce co nome de absolutistas, realistas, servís... etc. Sendo todos estes nomes alcumes pexoratives postos por parte dos liberais.

    Os deputados van desenvolver un grandísimo labor lexislativo, autoporclamándose soberanos, recoñecemento de que a sobería é a nación. Nestas cortes concrétanse dous aspectos:

    - Elaboración da Constitución (1810 - 1812)

    - Elaboración de decretos (1810 - 1814)

    • Decretos: Algúns dos decretos son posteriores á constitución, e outros anteriores. Destaca un moi importante: o da abolición dos señoríos xurisdiccionais (1811). A partir de este decreto non hai señoríos nin servos, e a xente que vivía neles deixan de pagar aos señores as asúas rendas por dereitos xurisdiccionais. Tamén desaparecem os dereitos feudais, dereitos que cobraban os señores por permitir cazar nas súas terrasm polos usos das pontes, etc. Non desaparecen s señoríos territorias, que se transforman en propiedade particular dos señores con dereito a percibir rendas.

    • Constitución de Cádiz: No marco da revolución liberal comézase a crear esta constitución, que coincide coa creación de moitas outras en Europa. A constitución é a expresión escrita da sobería nacional onde se establecen as normas básicas de convivencia e organización da sociedade. A Constitución de Cádiz responde aos principios do modelo liberal, que responde aos intereses da burguesía, quen lexisla:

    - Soberanía nacional: é a nación a que dá o poder, exércese mediante deputados.

    - Separación de poderes: división tripartita frente a concentración do poder nas mans do rei absolutista. O poder lexislativo recae nas Cortes; os xudicial correspóndelles aos tribunais de xustiza; e o executivo perténcelle ao rei.

    - Igualdade xurídica: único código lexislativo para tódolos habitantes. Implica tamén unha serie de obrigas para todos: contribuír aos gastos de Estado, contribuír a defensa do mesmo...

    - Dereitos e liberdades inalienables de cad persoa: dereito á propiedade, que responde aos intereses da burguesía; liberdade de imprenta; liberdade económica, o Estado deixa de intervir.

    Nesta etapa créase a milicia nacional, forza de carácter cívico-militar encargado de defnder a orde pública. Co tempo convírtese nunha forma encargada da defensa das liberades e da defensa nacionais.

    Sen embargo nesta consitutción non só se parecian intereses liberais, senón que tamén aparecen acontradicción

    ESTADO LIBERAL

    • Congreso de Viena:

    -Restauración

    -Novo mapa europeo

    ·Rusia faise con Finlandia e unha parte de Polonia

    ·Prusia quédase coa outra parte de Polonia, ademáis de con Renania e Sajonia.

    ·Austria recibe o Béneto e a Lombardía

    ·Inglaterra recibe a illa de Malta, Sri Lanka, a Cidade do Cabo e as illas nas Antillas.

    1814-1833

    O primeiro terzo do século XIX foi un período complexo, xa que en 1814 prodúcese a derrota de Napoleón e se forma o Congreso de Viena, segundo o cal se producen as modificación do mapa europeo anteriormente citadas.

    En 1815 Napoleón retorna a Francia (onde conta con numerosos apoios) e instaura o Imperio dos 100 Días, sen embargo é derrotado na batalla de Waterloo, e posteriormente é encerrado e enviado á illa de Santa Helena.

    Os países do Congreso de Viena deciden formar a Santa Alianza, organización que aproba unha serie de convencións, de entre as cales salienta o feito de que si algún país mostra sinais de revolución os outros poden intervir para a recuperación do absolutismo no mesmo.

    En España no ano 1814 retorna Fernando VII coa reacción de entusiasmo do pobo. A Fernando VII o recibe o Consello de Rexencia para conducilo a Madrid e xurar alí a Constitución de 1812. Sen embargo en Cataluña un deputado absolutista que lle entrega un manifesto co fin de abolir a Constitución de Cádiz, desta forma volve a monarquía absoluta a España. Este manifesto é coñecido como “O manifesto dos Persas”. Fernando VII decide non ir a Madrid, e no seu lugar vai a Valencia, onde publica os Decretos de Valencia, nos que establece como nulo todo o formulado na Constitución de 1812, e supón o retorno do absolutismo.

    1º PERÍDO DE ABSOLUTISMO DE FERNANDO VII

    -Retorno do absolutismo.

    -Anulación da Constitución de Cádiz.

    -Restablecimiento dos señoríos, da Inquisición e dos gremios.

    -Pecho das universidades e dos periódicos.

    Comeza así unha época de represión na que se encarcera aos liberais e, os que poden, exílianse. Os partidarios do liberalismo intentan conseguir o poder con reunións clandestinas, fundando organizacións secretas que intentan instaurar o seu modelo político defendido.

    -Masonería: Organización secreta que xorde no século XVIII en Inglaterra e a súa divisa é a mesma que a da Revolución Francesa: liberdade, igualdade, fraternidade. Esta organización será perseguida pola Inquisición, e desenvólvese na segunda metade do século XVIII. A masonería conspiraba para pronunciarse, e conseguen un primer levantamento dunha pare do exércto, que previamente contactara con elemento civís, que fai público un bando que explica públicamente os motivos da súa actitude, en todos eles é elixido pola vontade da nación; eles din que contan con apoios das foras políticas e de opinións públicas, piden un cambio de orientación no goberno (o rei) e a sustitución da monarquía absoluta pola constitucional.

    Algunhas conspiracións funcionan. A primeira foi en A Coruña, en 1814 e foi detida (Sinforiano López), en 1814 hai unha conspiración e un pronunciamento de Espoz y Mina en Pamplona e fuxe a Francia. En 1815 o capitán xeneral de Coruña, Porlier é fusilado na Praza da Forca. En 1816 hai outra conspiración, en 1817 en Barcelona hai un pronunciamento por Luis Lacy, capitán xeneral de Barcelona. En 1820 triunfa o coronel Riego, e Fernando VII ten que xurar, finalmente, a Constitución de Cádiz.

    TRIENIO LIBERAL

    Supón o retorno ao lexislado en Cádiz. Queda abolido: os estamentos, os señoríos xurisdiccionais, os gremios, as ordes militares, os mosteiros de menos de 24 persoas, a Inquisición. Volve a milicia nacional. As terras destas institucións abolidas póñense en venda pública, son desamortizadas, pasan a ser propiedade do Estado, que as pon en venda pública. Isto ten unha finalidade económica xa que o Estado necesita recursos, porque a Facenda está en unha grave crise económica (as colonias estanse independizando, e non se obtén recursos delas).

    Os burgueses serán quen meruqen estas terras, xunto con algúns nosbres. Así defínese unha clase social con intereses liberais, porque amplían as súas propiedades. O claro dannificado é a Igrexa, porque se lle expropia, de aí o seu odio aos estados liberais.

    Innovacións do Trienio Liberal

  • Nova división provincial de España, que toma como modelo a división de Francia.

  • Redacción do Código Penal Liberal, en relación coa Constitución de Cádiz.

  • Planificación por primeira vez dun modelo de ensino público. Establécese o ensino básico (primario), medio (secundario) e o superior (universitario).

  • Ningunha destas innovacións puido ser executada, xa que non tiveron tempo abondo para as aprobar.

    Nesta época xorde un gran número de clubes patrióticos, a maioría dos cales estaba ligado ao liberalismo. Sen embargo, tamén os había absolutistas.

    Divisións políticas do Trienio Liberal

    Liberais Moderados: Soberanía e separación de poderes compartidos.

    Exaltados: Soberanía e separación de poderes plenos.

    Esta separación mostra unha debilidade que favorece á oposición, os absolutistas, que comezan a conspirar. Contan co apoio de Fernando VII, que sempre que pode boicotea o traballo de liberalismo no goberno. Pese a isto non contaban con suficiente forza como para que voltase o absolutismo. Se colleron forza foi pola acción exterior. No Congreso de Verona decídese o dereito de intervención en España, isto reflectiuse nos Cen mil Fillos de San Luís (Luís de frnacia), quenes entran en España e vencen instaurando o absolutismo, con Fernando VII ao frente.

    DÉCADA OMINOSA (1823-1833)

    Supón o retorno unha vez máis do absolutismo. Fernando VII declara nulos e sen ningún valor os artigos da Constitución de Cádiz.

    - Volven os gremios, os estamentos, etc. O único que non volta é a Inquisición, que ten o seu final no Trienio Liberal, aínda que no seu lugar instáuranse uns tribunais que controlan as ideoloxías relixiosas do pobo, aínda que non tan severamente.

    Fórmase así un Estado de Terror, xa que na primeira etapa desta década hai unha gran represión.

    - Ata 1826: Persecución implacable contra os liberais. Os que poden exílianse a Francia, Inglaterra. Xibraltar...

    - Dende 1826: Empeza a haber unha certa apertura, xa que non se lles condena a morte. Máis tarde decrétase unha amnistía e os exiliados poden voltar a España. Finalmente tamén se abren as universidades.

    Esta apertura débese ás necesidades económicos, xa que os Estado precisaba do apoio da burguesía para obter cartos.

    Co problema sucesorio os absolutistas ven moi mal estas tolerancias e os voluntarios realistas pasan a distanciarse do rei e a ver que a defensa do absolutismo está mellor encarnada na figura do seu irmán, Carlos María de Isidro. Pasan a autodenominarse Realistas Puros ou Apostólicos.

    O problema sucesorio: En España aínda que se privilexiaba ao varón, a muller non tiña obstáculos para acceder ao trono. Felipe V establece a Lei Sálica, segundo a cal se lle impide ás mulleres o acceso ao trono. Máis tarde co Pragmática Sanción restáurase o sistema tradicional, que non consegue entrar en vigor. Fernando VII non tiña fillos e casa por cuarta vez en 1829 con Maria Cristina e en 1830 ten unha filla, que é Isabel. Por isto remata publicando a Pragmática Sanción, para darlle dereito a Isabel, e non ao seu irmán, a reinar. Isto non será aceptado por Carlos nin polos Realistas Puros.

    -Carlistas - Absolutistas

    -Isabelinos - Liberais

    7