Apuntes, trabajos, monografías...

Inicio Apuntes Amor Humor Test Envía apuntes Foros

Nueva Búsqueda Nueva búsqueda   Ayuda Ayuda  

Guerra Civil


Golpe de Estado. Implicación internacional. Operaciones militares. España Republicana. Centralización del poder. Ejército popular. Estragos de la guerra


Apuntes resumidos de un tema



Historia
 
Guerra Civil

Guerra Civil

Guerra Civil
 



A GUERRA CIVIL (1936-1939)

COMEZO E INTERNACIONALIZACIÓN DA GUERRA

Ante o perigo dun golpe de estado, derivado do descontento de militares e partidarios de dereitas polo traspaso de poder á Fronte Popular, esta tomou as primeiras medidas que consistían en establecer unha vixilancia sobre os militares sospeitosos, colocar en postos clave do exército a mandos republicanos, e en destinar a lugares menos perigosos ós xenerais sospeitosos (Mola a Pamplona, Franco a Canarias, e Goded a Baleares). Os golpistas estaban constituídos por unha Xunta Militar, presidida polo xeneral San Jurjo e contaba cos apoios políticos da Falanxe e o Bando Nacional. A CEDA non se involucrou no golpe, pero Gil Robles estaba informado.

Golpe de Estado

O 17 de Xullo iniciouse a rebelión en Ceuta, en Melilla e no protectorado español en Marrocos. Ó día seguinte comezou na península.

As medidas tomadas dende o indeciso goberno foron as de cesar ós oficiais golpistas e as tropas que lles foron fieis, negarlle ás organizacións obreiras armas para combater ós fascistas. A dimisión de Casares Quiroga deu na subida ó poder de José Giral, que lle entregará armas ós obreiros.

Esta indecisión provocou que os sublevados controlasen no verán do 36 o norte de Marrocos, as Canarias, Baleares, Galicia, a zona occidental dos Pirineos, o sistema central e parte de Extremadura.

As dúas Españas

En canto á España Republicana cómpre destacar o débil goberno de José Giral, a toma das rúas por parte das organizacións obreiras, o apoio de 8.500 oficiais, 160.000 soldados, a maior parte da Aviación e case toda a Mariña e a formación das milicias populares. O goberno controlaba os recursos financieiros, e as zonas máis industriais e mineiras. 270.000 km2 e 14.000.000 de habitantes.

Na España nacional destacan a morte do xeneral San Jurjo, polo que se constituiu a Xunta de Defensa Nacional en Burgos dirixida polo xeneral Cabanellas e na que Franco asume o control político e militar. O Bando Nacional ten o control das zonas rurais (70% prod. Agricola e 20% da industrial).230.000 km2 e 10.000.000 habitantes.

A Implicación Internacional

Francia e Gran Bretaña acordaron unha posición de neutralidade no Comité de Non Intervención.

Os aliados da república foron: -México

- URSS.- envío de armas, víveres, especialistas...

-Francia.- envío de armas na clandestinidade

-Brigadas Internacionais: 60.000 voluntarios sobre todo dos Partidos Comunistas europeos loitaron ata outubro do 38 (chamamento á solidaridade x parte da Internacional Comunista)

-A maior parte dos intelectuais de todo o mundo.

Os aliados dos Rebeldes: -Alemaña armas, avións, homes.

-Italia Armas, avións, homes

-Portugal Armas, Víveres, 10.000 homes (“viriatos”).

-TEXACO (petróleo), General Motors e Ford (camións).

-EEUU permitiu a saida de petróleo e armas para os dous bandos.

AS OPERACIÓNS MILITARES

A LOITA POR MADRID (XULLO DO 36 - MARZO DO 37)

Madrid foi o principal obxectivo a tomar, e para isto debíanse levar a cabo dúas operación simultáneas. Dende o Norte o exércitode mola estancouse no Sistema Central ante a resistencia dos milicianos, as tropas leais e o Quinto Rexemento (ainda que tomou San Sebastian deisando ós Republicanos aillados de Francia). Polo Sur, Franco non cruzou Xibraltar ata contar con avións alemáns e italianos en setembro, feito tralo cal alcanzou Madrid rápidamente. Simultáneamente Largo Caballero subiu o poder e Franco conceutrou o poder político e militar.

O asalto de Madrid foi rexeitado gracias á chegada das Brigadas Internacionais e de tanques e avións soviéticos.

A FRONTE NORTE (ABRIL-OUTUBRO DE 1937)

Debido ás dificultades Mola iniciou a ofensiva en que participaron lexionarios, requetés, soldados italianos e a Lexión Cóndor. Coa caída de Bilbao Franco anulou o Estatuto de Autonomía. Pronto caíron tamén Santander e Asturias. Para alixeira-la presión, os republicanos atacaron con escaso exito Brunete e Belchite. A República perdeu grandes recursos industriais e mineiros, así como a metade da poboación e moito territorio. O goberno de Negrín intentaría superar a situación.

A FRONTE LESTE (OUTUBRO 1937 - ABRIL 1939)

Ante a idea de volver a atacar Madrid os republicanos atacaron e apoderáronse da cidade de Teruel a finais do 37, ainda que a perderon meses máis tarde.

As tropas franquistas avanzaron polo Ebro ata alcanzar o Mediterráneo, e a caída de Lleida o 3 de Abril ocasionou a derrogación do Estatuto de Autonomía de Cataluña. A marcha cara Valencia dos nacionais e o avance na súa retaguardia dos republicanos deu lugar á batalla do Ebro, a máis cruenta da Guerra. A derrota republicana debeuse principalmente á dificultade para chegar da axuda soviética e á retirada das Brigadas Internacionais. Franco tomou Barcelona o 26 de xaneiro do 39, e o 28 de marzo Madrid rendeuse tras intentar lograr unha capitulación pactada. O 1 de abril do 39, a guerra rematara.

A Guerra Civil española foi considerada como un antecedente da II Guerra Mundial polos seus trazos característicos:

  • Guerra ideolóxica entre fascismo e democracia, civlización cristiá e comunismo (utilízanse medios de propaganda para limpiar as inxusticias do bando propio e difundir as do contrario).

  • Participación de toda a poboación: o exército, organizacións obreiras, mulleres (no B.N funcions de auxilio social. No B.R as mesmas e no fronte).

  • Loita de clases: obreiros contra patróns, e xornaleiros contra grandes propietarios.

  • Mestura de formas de combate arcaicas (combate corpo a corpo, milicias populares e mal equipadas...) e novidosas (tanques, bombardeos...).

A ESPAÑA REPUBLICANA

A Represión Popular

Leváronse a cabo persecucións dos contrarios (aristócratas, burgueses, militares antirrepublicanos, relixiosos, afiliados a partidos de dereitas...). Os relixiosos foron uns 7.000 (12 bispos, 6.500 cregos e 300 monxas, aprox.) e o número total de falecidos foi de 50.000. Para reconducir esta represión establecéronse Tribunais Populares.

A Colectivización

Levada a cabo polos sindicatos obreiros UXT CNT, que pretendían acabar co apitalismo coa colectivización no campo (destrucción da grande propiedade privada sobre todo nas rexións latifundistas: Aragón, Andalucía, Extremadura, A Mancha, Murcia), pero respetouse a pequena burguesía. Colectivizáronse tamén as grandes empresas, industrias, e comerciais, e as pequenas empresas son controladas polos obreiros.

En Catalunya os sindicatos obreiros controlaban as fábricas e a organización dos servicios públicos, e decretouse a colectivización das industrias e das grandes propiedades rústicas. O non mantemento das disciplinas de traballo provocou unha diminución da producción e a falta de suministros.

Nas zonas agrarias dominadas pola República a colectivización foi levada a cabo polos campesiños, pola CNT e pola UXT fora dun marco legal.

En Andalucía e Aragón o dominio anarquista provocou unha intensa colectivización criticada polo PCE. Esta colectivización causou temores e rechazos entre os 1/2anos e pequenos propietarios.

O goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica coa creación dos Comités Directivos. O intentouse reorganiza-la industria pero os dous ministerios estaban en mans da CNT. Os resultados económicos foron malos e houbo que recurrir ás reservas de ouro do Banco de España para afrontar os gastos da guerra.

O Goberno de Juan Negrín reforzou a autoridade, a intervención estatal e a centralización das actuacións. Coordinación e planificación da economía baixo a dirección do Consejo Nacional de Economía. Municipalizáronse os servicios urbanos, melloráronse as condicións laborais e garantíase a propiedade das terras para quen as traballara.

Produciuse unha transformación social: predominio na rúa de uniformes obreiros, a muller adquire funcións prooductivas e incluso milicianas, nomes para as persoas (Libertad, República)

A RECONSTRUCCIÓN DO ESTADO

A CENTRALIZACIÓN DO PODER

Durante Goberno de Largo Caballero tomáronse unha serie de medidas para recupera-la forza do estado:

- Disolver as xuntas e tamén os comités.

- Regulou os consellos.

- Potenciou os tribunais populares.

- Estableceu un forte control sobre o Banco de España.

- Militarizou as milicias.

A centalización foi dificil porque Cataluña e o País Vasco funcionaban pola súa conta, e xurdiron diferencias ideolóxicas entre os partidos.

O PCE opinaba que primeiro se debía gañar a guerra e despois facer a revolución. Isto ocasionoulle entrontamentos coa CNT e o POUM, entre os que destacan os sucesos de maio de 1937 en que houbo enfrontamentos nas rúas de Barcelona entre afiliados do PCE e o POUM e que ocasionaron cerca de 500mortos. O POUM estivo apoiado por boa parte da CNT e pola FAI. Estes acontecementos provocaro a perda de apoios dos comunistas, dalgúns sectores republicanos e algún sector do PSOE.

Durante o goberno de Juan Negrín os sindicatos obreiros perderon poder, mentres que os partidos políticos recuperaban o seu predominio. Estivo apoiado polo PCE, que pola súa discipplina, control do exército e apoio soviético convertíuse no principal partido de esquerdas. Triunfou a centralización do poder. En abril de 1938 as tropas nacionais alcanzan o Mediterráneo, e Negrín fará unha serie de propostas para rematar a guerra “Trece puntos de Negrín

O EXÉRCITO POPULAR

José Giral propuso a creación de Batallóns de voluntarios para integrar ós milicianos no exército.

Largo Caballero propuso crear o exército popular que supón a militarización das milicias populares para o que se tomaron as seguintes medidas:

  • Organización do exército en brigadas mixtas.

  • Establecemento dun comisario político nas unidades para impoñer disciplina.

  • Sustitución das estrelas como distintivos polos galóns, e saudo co puño en alto.

Juan Negrín centralizou o poder militar e creou o ministerio de Defensa Nacional.

EDUCACIÓN E CULTURA

Potenciouse a expansión educativa cun claro adoutrinamento político, polo que se crearon 5.500 escolas, aprobouse o Plano de Estudios da Escola Primaria, e popularizouse o Bacharelato.

Xurdiron as milicias da cultura formadas por mestres, universitarios, etc, que realizaban a labor de alfabetización.

A maior parte dos intelectuais españois estaban a favor da República.

A ESPAÑA<<NACIONAL>>

Estaba unida por un sentimento católico e antirevolucionario, patriótico e tamén unida pola forte cohesión do exército.

O NOVO ESTADO

A CONCENTRACIÓN DO PODER

Eoutono de 1936 Franco concentrou nas súas mans plenos poderes, é o xeneralísimo e tamén o xefe do Estado. Ten o poder lexislativo e é o presidente do Consello de Ministros. Goberna cunha xunta técnica formada por militares e civís que actúa a modo de goberno. Unifícanse no decreto de abril de 1937 as forzas políticas (carlistas e falanxistas) no que se bautizou co nome de MOVEMENTO ou FET (falanxe española tradicional) y de las JONS.

A POSTURA DA IGREXA

A Igrexa non participa no golpe, pero apoia ó bando nacional por defendéla relixión e a unidade da patria e a orde ante o perigo comunista. Ademáis a Igrexa presenta a guerra como unha “cruzada”.

A HEXEMONÍA DO EXÉRCITO

A declaración do Estado de Guerra conleva o establecemento de xuizos sumarísimos (rapidos de la ostia) prohibición de todo tipo de reunións, unha censura total, e unha incautación dos vehículos e medios de comunicación. Ademáis establécese unha forte disciplina, destácase o papel dos lexionarios e dos regulares marroquís, créase a figura do alferez provisional: mando intermedio. Intégranse as milicias (requetés carlista, e falanxistas) no exo e baixo as ordes de mandos militares.

A REPRESIÓN DOS SUBLEVADOS

Os sublevados levaron a cabo unha forte represión contra as organizacións e partidos da Fronte Popular e contra os militares e forzas de seguridade que permaneceron fieis á República. O número de víctimas desta represión foron máis de 85.000.

A CONTRARREVOLUCIÓN

A contrarrevolución baseábase na defensa dos principios de ore, relixión, propiedade, etc. Esta contrarrevolución conta co apoio da Igrexa, aristocracia, burguesía, pequenos e medianos campesiños propietarios ( polas súas forte conviccións relixiosas), e de sectores diversos das clases medias urbanas.

As medidas desta contrarrevolución foron:

  • Medidas para a recuperación das terras por parte dos antigos propietarios

  • Supresión de partidos e sindicatos para evitar oposición. Obreiros e patronos quedaron unificados nun mesmo sindicato.

  • Control da educación e a cultura. Prohibese a liberdade de expresión, e so se aceptan profesores fieis ó novo réxime.

  • Anúlase a lexislación laica da República e resacralízase a vida social. Anúlanse as leis non aprobadas pola Igrexa.

  • Uniformízase a lingua (Castelán)

  • Supresión dos estatutos de autonomía.

  • Restablecemento da pena de morte e das Compañías de Xesús.

EDUCACIÓN E CULTURA

Depúranse os mestres, os libros de texto e as bibliotecas.

Educación politizada (insistindo nos principios do novo réxime) e confesional (defende os principios da Igrexa)

Refórmase o bacharalato no decreto do 20 de septembro de 1938.

Un bo número de intelectuais como Torrente Ballester, Cunqueiro e Camilo J. Cela, apoiaron ó réxime franquista

OS ESTRAGOS DA GUERRA

CONSECUENCIAS DEMOGRÁFICAS

  • Preto de 145.000 mortes. A represión cobrou a lo menos 135.000 víctimas ás que hai que sumar entre 35.000 e 50.000 entre o 39 e o 45.

  • Máis de medio millón de exiliados.

  • 400.000 españois feridos, e 300.000 prisioneiros.

A DIFICIL RECONCILIACIÓN

Os rencores, os medos e os odios entre outros sentimentos de un grupo a outro provocou que a reconciliación entre as dúas españas fose imposible. A paz de esta guerra non chegou ata a morte de Franco, xa que a guerra trouxera unha estricta orde policial, a guerra permaneceu na memoria colectiva dos españois.

OS EFECTOS ECONÓMICOS

O balance económico da guerra foi desastroso:

  • Diminución da poboación activa

  • Destruccion de vivendas

  • Destruccion de medios de comunicacion e transporte (pontes, estradas, liñas férreas)

  • Destrucción na agricultura

  • Destrucción de industrias

  • Reducción dos recursos económicos españois (ouro a moscova e débedas contraidas cos alemáns e italianos).

ESPAÑA, UNHA EXCEPCIÓN NA EUROPA OCCIDENTAL

Entre 1939 e 1945 desenvolveuse en Europa a II Guerra Mundial que enfrontaba o fascismo e a democracia. Esta guerra rematou coa victoria dos aliados, é dicir, da democracia. En 1945 fundouse a ONU, organización na que España non podería entrar ata 1955.

A Guerra Civil española desenvolvida entre 1936 e 1939 enfrontaba tamen o fascismo contra a democracia, pero esta guerra rematou coa victoria franquista ou fascista. Esta victoria chocou coa ideoloxía triunfante en Europa, o que provocou un aillamento e un boikot internacional, como se pode observar en que España foi excluida dos beneficios do Plan Marsall, non puido entrar na ONU ata o 55 e na CEE ata 1986.





El mayor abanico de cursos y titulaciones a distancia y online
rincondelvago.com: Condiciones de Uso | Contacto