Galicia

Historia gallega. Desarrollo económico. Demografía. Agricultura. Cultura. Megalitísmo gallego. Dolméns. Menhires. Círculos líticos. Idioma. Tradiciones

  • Enviado por: Thalía
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 23 páginas
publicidad
publicidad

GALICIA

'Galicia'

INDICE

Páx. 1 -> Portada

Páx. 2 -> Índice

Páxs. 3-4-5-6 -> Historia

Páxs. 6-7 -> Xeografía

Páxs. 7-8-9 -> Economía

Páxs. 10-11-12-13-14-15-16-17-18-19 -> Cultura

Páxs. 19-20 -> Celebracións

Páxs. 21-22-23 -> Idioma: Galego

Páx. 24 -> Bibliografía

Páx. 25 -> Contraportada

HISTORIA

'Galicia'
Galicia debe o seu nome ás lexións romanas, que a chamaron así porque as costumes que tiñan os seus habitantes semellábanse moito ós da Galia. En Galicia houbo tribos de tradición celta, romanos, britanos, suevos, visigodos, musulmáns, irlandeses e franceses.

A estas épocas corresponden monumentos como o castro de Baroña (século I a.C.), a Torre de Hércules (século I) o faro conservado máis antigo do mundo e a muralla de Lugo (século II).

O reino de Galicia comeza a principios do século V, cando se establaceron os suevos e vándalos asdingos despois do tratado de paz firmado con Roma (xa decaente). Hermerico, rei suevo, sentou as bases de convivencia entre as culturas bárbara e romana.

No 813 descóbrese o sarcófago cos restos de Santiago apóstolo, o que convertirá Compostela en destino de múltiples peregrinacións, facendo do norte peninsular un canal de comercio e cultura.

No 1063, García, fillo de Fernando I, é coroado como rei de Galicia e Portugal, as disputas entre os diferentes bandos en que se agrupaban os señores galegos e as simpatías da coroa de Aragón e Castela cara á nobreza máis alta impediron un maior vigor do reino de Galicia, unido de novo á coroa de España en 1640.

Desde 1589, en que os coruñeses vencen a Drake cando intenta toma-la cidade para Isabel I, Coruña desenvolve unha forte tradición liberal. En 1815, Díaz Porlier vólvese contra Fernando VII. No 1846, o comandante Solís constitúe unha república federal en Lugo. É a partir desta segunda metade do século XIX cando comeza a primeira gran migracion de Galicia cara a América.

No 1931, coa II República, Galicia está dividida entre a posición liberal da cidade e tradición conservadora do campo. Redáctase un estatuto de autonomía que nunca entrará en vigor debido á guerra civil de 1936-1939.

Durante a dictadura do xeneral Franco prodúcese outra gran onda de emigración cara a América, Europa e os focos industriais de Madrid e Barcelona. Vigo e Ferrol convértense en núcleos fabrís.

Coa constitución de 1978, Galicia retoma a súa petición de autonomía. Antonio Rosón foi o primeiro presidente constitucional da Xunta de Galicia (1978). Despois foi José Quiroga (1979-1982), durante o seu mandato ratificouse o actual Estatuto de Autonomía o 6 de abril de 1981. Despoios dirixiron a Xunta Gerardo F. Albor (1982.1987), Fernando G. Laxe (1987-1990) e Manuel Fraga Iribarne (actual presidente da Xunta).

XEOGRAFÍA

'Galicia'
Galicia atópase no extremo noroccidental da Península Ibérica, constituíndo en si mesma unha entidade de relevo. O Macizo Galaico esténdese desde o extremo occidental da meseta cara ó Océano Atlántico, nun descenso que vai desde o cumio dos Ancares e O Bierzo percorrendo unha cordilleira que non cesa ata acada-la costa.

O subsolo está inzado de granitos e lousas, tamén é rico en ferro, cobre, estaño e volframio.

O clima húmido favorece unha vexetación densa e frondosa, minguada en ocasións por incendios descontrolados.

A flora orixinaria, abundante en carballo, substitúese por especies de crecemento rápido (piñeiro e eucalipto).

ECONOMÍA

A economía tradicional céntrase no gando vacún, na agricultura (patacas, millo, hortalizas e froiteiras) e na pesca. Referente á industria, Galicia conta con empresas destacadas en química, téxtil e automoción. Tamén un sector terciario cada vez máis desenvolvido e orientado cara o ocio e o turismo.

  • RECURSOS HUMANOS

Os custos laborais en Galicia son un 21% máis baixos que a media española, un 62% menores cós de Alemania e un 43% máis baixos cós de Francia. Estes baixos custos proporciónanlle unha importante vantaxe competitiva en relación co resto de Europa.

A distribución da poboación activa reflicte cada vez maior incorporación da muller ó mundo laboral (especialmente no sector alimentario e na educación, onde a presencia das mulleres supera o 54%).

  • ESTRUCTURA INDUSTRIAL

Galicia experimentou un procese de industrialización baseado en grandes investimentos xunto coa explotación de recursos naturais e materias primas. A estructura industrial de Galicia combina sectores tradicionais con novas industrias de gran desenvolvemento potencial, como o sector da electrónica, extracción de granito e lousa, téxtil...

Os sectores máis representativos son os de producción de enerxía, transporte e sector alimentario. Unha das claves do desenvolvemento galego é a importancia crecente das pequenas e medianas empresas, sobre todo ó longo dos últimos anos, o que produciu un proceso de descentralización e dispersión.

POLÍTICA

A Constitución española de 1978 regula a estructura territorial do estado e recoñece o dereito á autonomía das diferentes rexións que forman España.

O Estatuto de Autonomía de Galicia (1981) recoñece a condición histórica desta Comunidade e o dereito a defender a súa identidade e os seus intereses.

O Estatuto de Autonomía establece que o galego é a lingua propia de Galicia e recoñece a súa coexistencia oficial co castelán.

A bandeira de Galicia é branca, cunha franxa de cor azul que a atravesa dende o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito. A comunidade ten un himno e escudo propios.

Galicia conta cun Parlamento (órgano lexislativo inviolable), a Xunta de Galicia (órgano executivo) e o seu presidente (escollido polo Parlamento Galego e ratificado por El Rei de España). Tamén conta cun Valedor do Pobo e o Tribunal Superior de Xustiza.

A Comunidade Autónoma exerce, entre outras, as seguintes competencias: ordenación do territorio e litoral, urbanismo e vivenda, obras públicas, deportes, policía...

CULTURA

A cultura galega divídese en etapas:

  • A cultura megalítica.

É a primeira gran cultura que aparece en Galicia, caracterízase pola súa construcción e a súa arquitectura, xunto co seu gran sentido relixioso fundamentado no culto ós mortos que aparecen como mediadores entre o home e os deuses. Precisamente por este ideal relixioso, espallouse esta cultura tanto polo Mediterráneo coma polo Atlántico.

Tivo un foco oriental que predominou no ámbito Mediterráneo, tamén tivo un foco atlántico, orixinado no Norte do Tajo portugués. Este último, ó estar próximo a Galicia, explica a abundancia de restos desta etapa en Galicia.

Desta época quedan milleiros de mámoas e medorras espalladas ó longo do territorio. Da súa organización social dise que espondía a algún tipo de estructura de clan.

'Galicia'

  • O período do bronce.

É a segunda etapa cultural importante. Nestes tempos, froito dunha actividade mineira que vén de atrás, acádase un gran desenvolvemento no ámbito da metalurxia. O clima seco e caluroso daquela puxo en manifiesto a riqueza mineira do noroeste. Debido a que o clima de Galicia, pola proximidade do Atlántico, era tamén húmido, os pobos da Meseta trasladáronse ó seu territorio, aumentando así a poboación.

O aumento da poboación trouxo conflictos, pero contribuiu ó auxe da minería coa abundante producción, tanto de armas como de obxectos de carácter utilitario. Non faltaban xoias de ouro ou bronce. Primeiro pola Península e despois por Europa, circularon pezas da metalurxia galega.

  • A etapa castrexa.

Aparece na segunda metade da idade de ferro, con distintas características segundo o lugar da Península no que apareza. No noroeste o núcleo central situaríase na actual Galicia ata o Navia polo leste e o Douro polo sur.

Esta cultura é o resultado da fusión das formas culturais procedentes xa da época do Bronce e de numerosas aportacións novidosas. Os celtas traerán novas variedades de gando, o cabalo domesticado e o centeo.

Os castros son recintos fortificados de forma circular, que teñen muros concéntricos que están precedidos por fosos. A maioría estaban no cume de outeiros e montañas.

  • A romanización.

Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo convertiríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, vías de comunicación, formas de organiza-la propiedade e unha linga propia, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegou a Galicia cos romanos. Logrou o que non logrou o latín e impúxose ó arrianismo suevo e ó paganismo prerromano. Os suevos mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos e foron mediatizados polos visigodos. Foi na súa época cando se impuxeron o latín e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose o segundo cos costumes paganos.

O Islam chegou ó sur de Galicia e só o norte se mantería bastón da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal.

  • A idade media.

A guerra da Reconquista, pola súa condición eminentemente relixiosa, conferiulle un papel de extrema importancia a Galicia debido á aparicion do Sepulcro do Apóstolo. Santiago de Compostela foi o centro relixioso oposto á Meca.

Toda Europa tivo presencia en Compostela e o Camiño de Santiago convertiuse nunha vía cultural pola que a arte románica e a lírica trobadoresca se espallarían. O feito de converterse nun centro relixioso contribuíu a mante-la súa personalidade cultural fronte ó centralismo progresivo de Castela.

  • A idade moderna.

O absolutismo monárquico, o catolicismo e a cultura oficial castelá foron as tres forzas que uniformizaron España. A cultura galega, marxinada dos escritos oficiais, viu como a súa lingua só podía pervivir a través do pobo e, logo do esplendor da literatura galaico-portuguesa, pasou polos Séculos Escuros.

No século XIII, as minorías cultas comezaron a tomar conciencia da situación que dividía ó pobo entre os poderosos que falaban castelán e os que falaban galego.

  • O século XIX.

O Rexurdimento supón o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural do territorio á que se lle une un ideal político. Manifestouse na recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. A identificación dos intelectuais co pobo tradúcese na figura de Rosalí de Castro, poetisa que mesmo figura nas antoloxías da lírica española en xeral. Desta época tamén foron Manuel Murguía, Eduardo Pondal...

  • O século XX.

Despois do provincialismo, federalismo e rexionalismo do século XIX, xorde a etapa da “Solidaridad Gallega” (dende 1907 ata a Primeira Guerra Mundial). O obxectivo electoral fundamental é acabar co caciquismo.

As Irmandades da Fala chegarán ata Primo de Rivera. Nesta fase, o máis importante é defender o idioma. Vicente Risco e Otero Pedrayo insistiron no aspecto cultural e Porteira e Peña Novo no político. Despois do fracaso desta última corrente, os fundadores da revista “Nós” toman o mando. De 1920 á Segunda República inténtase crear un galeguismo controlado.

Na Segunda República maniféstanse dúas tendencias fundamentais, representadas pola Organización Republicana Gallega Autónoma e o Partido Galleguista.

O Partido Galleguista xorde da unión de varias tendencias representadas por Risco e Pedrayo, Ramón Cabanillas e Suárez Picallo. Destaca Castelao. O Estuto de Galicia chegou a ser aprobado polo pobo e foi presentado por Castelao nas Cortes pouco antes da Guerra Civil.

Durante o franquismo sucedéronse diferentes etapas.

Durante a guerra moitos elixiron a loita armada, tanto no Exército Repúblicano coma a través de guerrillas na súa terra. Foron moitos os exiliados que tiveron que loitar desde fóra.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galicia, dirixido por Castelao e Suárez Picallo.

En 1964 fúndase a Unión do Pobo Galego para recupera-lo nacionalismo. Ese ano aparece o Partido Nacionalista Galego.

Coa chegada da democracia, os partidos existentes comezan unha evolución que rematará no actual Parlamento.

A liberdade que trouxo a Constitución Española de 1978 permitiu o auxe da literatura de novos autores e doutros xa consagrados.

  • O século XXI.

Na actualidade florecen tamén a pintura, a música... O galego, relegado durante moito tempo a un uso coloquial e só recuperado polos intelectuais, pasa hoxe por un período de normalización que ten como obxectivo achegar o seu uso a tódolos ámbitos.

CELEBRACIÓNS

A festa galega é abundante. A primeira gran celebración do ano é o Entroido. Hai un entroido grande, anterior ó mércores de cinza, e un entroido pequeño, que coincide cos dez primeiros días da coresma.

Coa primavera comenza unha serie de celebracións que se estenden ata entrado o outono, rematando coa matanza a principios do inverno.

No verán, cabe destaca-lo festival de música celta de Ortigueia, a rapa das bestas de Sabucedo (tamén se realiza noutros lugares de Galicia), a festa de Marisco no Grove, a do Albariño en Cambados, as carrilanas en Esteiro, distintas procesións de naos pola virxe do Carme e moitas máis festas patronais.

Referente ó deporte, os ánimos divídense entre dous equipos: o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Ademáis do balompé tamén son importantes o baloncesto, o automobilismo e as regatas (tanto de vela como de remo).

IDIOMA: GALEGO

O galego é unha lingua románica que procede do latín e do antigo galaico-portugués, nacida na Gallaecia romana (que comprendía o territorio da Galicia actual, norte de Portugal e territorios limítrofes no Este). O galego é a lingua escrita latina máis antiga xunto co italiano, anterior en máis dun século ó castelán. Fórmase arredor do século XII, como resultado da asimilación do latín vulgar traído polos conquistadores romanos no século II.

No seu momento, foi a lingua culta fóra de Galicia e Portugal, escribindo e galego por exemplo Alfonso X o Sabio, cas súas “Cantigas de Santa María”. O galaico-portugués tivo case 700 anos de existencia oficial, pero as derrotas que sufriu a nobreza galega ó tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do século XIV e comezos do século XV provoca a introducción dunha nobreza e dominacións castelás que producirá unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa do galego ata finais do século XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués gozou durante este período dunha protección e desenvolvemento libre gracias a que Portugal foi o único territorio peninsular que conseguiu liberarse da dominación da corte castelá.

Na actualidade, o galego é falado por case tres millóns de persoas en Galicia. É o idioma oficial (xunto co castelán) da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tódolos anos se celebra o “Día das Letras Galegas” (17 de maio), adicado a un escritor desta lingua e que é escollido pola Real Academia Galega (teñen que pasar como mínimo dez anos dende o seu falecemento). Este día é utilizado polos organismos oficiais para potenciar o uso e coñecemento da lingua galega.

BIBLIOGRAFÍA

www.cogami.es

www.wikipedia.org

www.xunta.es

Vídeos relacionados