Fonética

Gramática Galega. Fonemas. Fonética articulatoria. Fonética acústica. Fonética auditiva

  • Enviado por: Luzinha
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

  • O estudo dos sons lingüísticos: fonética articulatoria, fonética acústica e fonética auditiva

  • O estudo dos sons lingüísticos pódese realizar desde tres enfoques diferentes, que dan lugar á distinción entre:

  • Fonética articulatoria:

    • Estuda os sons lingüísticos desde o enfoque do receptor;

    • Está relacionada con disciplinas coma a psicoloxía, a fisioloxía ou a anatomía;

    • É o enfoque máis desenvolvido desde a Antigüidade (observacións sobre impresións auditivas e hipóteses, descrición da colocación dos órganos para a produción dos sons).

    • Para o estudo da fonética articulatoria desenvolvéronse técnicas coma:

          • Palatografía: técnica que nun primeiro momento consistiu en situar unha lámina de papel con po no padal para detectar as zonas que toca a lingua cando se pronuncian uns ou outros sons. Posteriormente botou mal de padais artificiais con electrodos que se activan co contacto da lingua reflectindo o momento no que esta toca o padal.

          • Raios X.

          • Electrobiografía: técnica empregada para detectar o movemento dos músculos durante a produción do son lingüístico. Aplícase especialmente ao estudo da coordinación da nasalización.

          • Medición do aire expirado polo nariz e pola boca empregando unha máscara.

          • Articulógrafo: consiste na colocación de electroimáns que detectan o movemento, pero é unha técnica limitada pola difícil interpretación dos datos obtidos.

  • Fonética acústica:

    • Estuda os sons lingüísticos tendo en conta o medio no que se producen, é dicir, estuda o son como fenómeno físico (frecuencia, amplitude, intensidade...), polo que usa procedementos da física acústica. Deste xeito permítenos descompoñer os sons e facer unha descrición exacta dos mesmos, aínda que non todas as características dos sons teñen a mesma relevancia para a súa percepción.

    • Desenvolveuse especialmente desde a II Guerra Mundial, sobre todo nos EUA.

    • Deu lugar ao desenvolvemento de:

      • Aplicacións cibernéticas da linguaxe: sintetizadores (conversores texto - voz) e recoñecedores.

      • Implantes cocleares para xordos: recollen os sons e extraen os seus formantes para despois sintetizalos e emitir esas frecuencias ao nervio auditivo.

      • Fonética auditiva:

        • Estuda os sons lingüísticos desde a perspectiva do receptor, é dicir, céntrase en como percibimos os sons lingüísticos.

        • É unha disciplina máis impresionista e menos técnica e está moi relacionada cos estudos de música.

        • Os coñecementos de fonética auditiva poden ser aplicados para paliar problemas de recepción.

        • Fonética acústica

        • O son como fenómeno físico

        • O son é un movemento ondulatorio que provoca oscilacións na presión do aire, que poden ser de dous tipos: compresións (aumento da presión) e rarefaccións (diminución da presión). Estas oscilacións son captadas a través do oído.

          'Fontica'

          As ondas sonoras están compostas por ciclos, que comprenden do máximo positivo ao máximo negativo, e de novo ao máximo positivo. Nas ondas sonoras podemos analizar:

        • Frecuencia, que se expresa en cps (ciclos por segundo) ou Hz (Hertz).

        • Amplitude, que se mide en B (Bells) ou dB (deciBells).

        • Lonxitude de onda, é dicir, a distancia dun ciclo completo.

        • 'Fontica'

          Tendo en conta que o son se despraza a unha velocidade constante a través dun medio (aínda que esta depende da densidade da materia), observamos que a lonxitude de onda é inversamente proporcional á frecuencia. É dicir, canto máis curto é un ciclo maior é a súa frecuencia e viceversa.

          λ = c/F (F = 1KHz, daquela 350/1000 = 0,35m)

          F = c/λ (350/0,35 = 1000Hz)

          Todo isto acontece nos movementos ondulatorios simples, mais na natureza os sons son complexos, é dicir, sumas de ondas. Estas ondas complexas poden ser:

        • Ondas periódicas, é dicir, as ondas son múltiplos exactos da onda coa frecuencia máis baixa, polo que dicimos que son harmónicos desta. Isto é o que percibimos como son harmónico.

        • Ondas aperiódicas, nas que as diferentes ondas non son múltiplos exactos, é o que percibimos como ruído.

        • Na linguaxe humana hai sons harmónicos (vogais, laterais, nasais) e ruídos (fricativas).

          'Fontica'

          'Fontica'

        • A resonancia e os formantes

        • A resonancia é o reforzo dos compoñentes (harmónicos ou non) que coinciden coa frecuencia natural dun corpo ou cavidade (resoador). Non está comprobado que haxa unha relación directa entre a altura do son e a amplitude do resoador. Así, se introducimos unha diferenza de presión nun tubo pechado ao final do mesmo rebota, e boa parte volve cara a atrás. Se ao chegar ao comezo coincide con outro incremento de presións que se está iniciando súmanse, e así sucesivamente.

          Os formantes son as resonancias que se producen no tracto vocal, que ten unha medida media de 17,5cm e nel a primeira frecuencia é a que ten o máximo valor no punto de saída.

          Así se F1 = ¼ *, a frecuencia dese primeiro formante calcularíase do seguinte xeito:

          17,5 = ¼ *

          17,5 x 4 = 70cm = 0,7m

          350 / 0,7 = 500Hz

          F2 = ¾ *: 500 x 3 = 1500Hz

          F3 = 5/4 *: 500 x 5 = 2500Hz

          A vogal neutra de moitas linguas ten uns valores medios nos seus tres primeiros formantes de 1500 a 2500Hz.

          O feito de que poidamos emitir vogais diferentes co mesmo ton de voz e a mesma vogal en tons de voz diferentes débese a que son os formantes ou determinado tipo de harmónicos que se destacan en cada unha os que as definen, non o ton. Xeralmente as vogais defínense polos tres primeiros formantes, aínda que en galego abonda cos dous primeiros.

          Podemos representar a frecuencia dos formantes das vogais de diferentes maneiras, por exemplo cun diagrama de dispersión.

          'Fontica'

          Entre cada punto do diagrama habería vogais, polo que estas serían potencialmente infinitas. Porén, categorizamos un determinado número de sons e consideramos que os demais son variantes deses. As vogais teóricas denominámolas vogais cardinais. Cómpre dicir tamén que os sistemas vocálicos das linguas teñen un mínimo de 3 e un máximo de 20/22.

        • O espectro e o espectrograma

        • Para a representación da estrutura dun son complexo cunha estrutura de harmónicos adoita empregarse o espectro, que é a descomposición dun ruído branco (suma de ondas de todo tipo de frecuencias). Para obter o espectro dun son complexo usamos a transformación de Fourier, que nos dá a frecuencia e a intensidade ou amplitude do mesmo.

        • Espectro: permítenos ver as compoñentes dun son complexo nun punto determinado.

        • Espectrograma ou sonograma: permítenos ver a evolución frecuencial ao longo do tempo e pode ser:

        • De banda ampla: máis de 300Hz, non se distinguen os harmónicos.

        • De banda estreita: menos de 300Hz, distínguense os harmónicos.

        • Tamén podemos representar a amplitude no espectrograma, mediante unha escala de grises.

        • Fonética articulatoria

        • O aparello fonador

        • 'Fontica'
          'Fontica'

          O aparello fonador non é un aparello como tal, xa que non existe ningún órgano que teña como función primaria a produción de voz, senón que esta é unha función secundaria de órganos do aparello dixestivo e do aparello respiratorio. Algúns exemplos disto son:

        • Lingua, cuxa función primaria é dixestiva.

        • Larinxe: é o órgano cunha función máis clara na produción da voz. Con todo, a súa función primaria é impedir o paso de alimentos e saliva ás vías respiratorias.

        • Pregas vocais, que serven para illar o aparello respiratorio, ademais de para producir voz.

        • O aparello fonador divídese en tres partes:

        • Subglotal, onde se atopan os pulmóns, que son os que xeran a corrente de aire usada na produción de voz. Durante a fala podemos estar ata 20 segundos expirando e falando de xeito continuado

        • Pregas vocais (a glote é o espazo que queda entre elas cando están abertas), que poden ser manipuladas de xeito voluntario (podemos pechalas, abrilas, achegalas, regular a súa tensión):

          • Se as pechamos impedimos o paso do aire, aumentando así a presión subglótica. Isto fai que chegue un momento no que se produza a apertura, de xeito que pasa unha pequena masa de aire de baixa a presión diferencial. Pero, ademais, prodúcese o efecto Bernoulli, é dicir, o aire ao pasar por un conduto estreito a unha certa velocidade provoca unha caída de presión sobre as paredes que exercen unha atracción cara ao centro. Así, vólvense pechar e iníciase de novo o proceso, que se repite unhas 120 / 150 veces por segundo na voz masculina e 180 / 250 na feminina.

          • A súa vibración é complexa, xa que non son corpos ríxidos, polo que o paso do aire provoca diferentes movementos.

          • A frecuencia que producimos coa vibración das pregas vocais depende da amplitude da cavidade resoadora: se é máis ampla produciremos sons máis graves (voz masculina) e se é máis pequena sons máis agudos (voz feminina).

          • Tamén podemos manipular a súa tensión elevando ou abaixando a larinxe: canta máis tensión máis rápida é a vibración e, polo tanto, o son emítese cunha frecuencia maior (no rango dunha oitava). A variación da tensión inflúe na entoación.

          • 'Fontica'

            'Fontica'
            'Fontica'

          • Supraglotal, composta pola cavidade farínxea, a cavidade nasal e a cavidade bucal, nas que se producen as resonancias que inflúen no timbre da voz. A maioría dos sons que producimos son orais, é dicir, articulados na boca, e neles interveñen dous tipos de órganos:

          • Activos, é dicir, que modifican as resonancias da onda complexa:

            • Veo do padal: se está baixado permite o paso do aire á cavidade bucal (caixa de resonancia que se pode modificar) e á nasal (caixa de resonancia fixa), producíndose así un son nasal. Pero podémolo subir e pegalo á base da farinxe, de xeito que impida o paso do aire á cavidade nasal, producindo un son oral.

            • Lingua: é un órgano implicado na maioría das articulacións, xa que está composta por moitos músculos que lle permiten unha grande mobilidade en posibilidades, rapidez, elevacións, contactos... Pode interromper o son, producir ruídos, deixar pasos estreitos, etc.

            • Labios.

            • Pasivos: padal duro, dentes superiores...

            • A articulación: a teoría da fonte e filtros

            • Clases de sons lingüísticos

            • O grupo fónico

            • Acento

            • Entoación

            • Cando o un obxecto en movemento emite ou recibe ondas sonoras varía a lonxitude das mesmas, isto é o que se denomina efecto doppler. O efecto doppler povoca que escoitemos o son emitido por un obxecto máis agudo cando este se achega, e máis grave cando se afasta; tamén é por estar razón pola que se produce unha explosión ao pasar a barreira do son.

              Con todo, a labialización provoca un adiantamento dos labios que prolonga a cavidade de resoancia, facendo os sons máis graves (especialmente o segundo formante).

              Comezouse a usar o triángulo pensando que podía representar as posicións da lingua na pronuncia das vogais. Isto non é así, pero desde o punto de vista acústico si que é posible elaborar un triángulo de dispersión.

              Denominado así por similitude co espectro da luz, xa que a luz branca é unha suma de ondas que se pode descomponer dando lugar a un continuo que categorizamos en diferentes cores desde o punto de vista lingüístico. A onda de maior frecuencia perceptible é a vermella, e a de maios a violeta.

              Conxunto de músculos e cartilaxes que controlan o movemento das cordas vocais.

              Bloque I: Fonética

              Tema 1: Fonética

              9

              Gramática Galega I

              2008/2009

              USC

              amplitude (dB)

              frecuencia

              (Hz)

              frecuencia (Hz)

              tempo