Filosofía


Filosofía


FILOSOFÍA

1.A tarefa fundamental da filosofía

A filosofía é un saber de segundo grao porque se apoia nos saberes das ciencias.

A súa tarefa fundamental é texer e destexer a complexa urdimbre das nosas representacións intelectuais, á altura de cada época histórica. É dicir, transmite a ideas,reflexiona,critica...o que acontece nunha época histórica determinada apoiandose nas ciencias.

2.A filosofía occidental e a civilización occidental.

A filosofía occidental naceu en Grecia no S.VIII ( mais ou menos)

3.A filosofía crítica entre as posicións analítica e sistemática.

A filosofia vista dende unha posición analítica busca as respostas,critica,reflexiona sempre analizando por partes a realidade , é dicir segmentandoá.Mentres que a filosofía sistemática faino tomando a realidade coma un todo , é dicir ten ideas mais onmiabarcadoras, mais globais

4.A filosofía entendida como simploké.

Unha definición de simploké sería <choque de los que pelean> A filosofía ententida coma simploké seria como un proceso mediador entre a filosofia analítica e a filosofia sistematica.

É unha mezcla pero tamen leva a incompatibilidade.

5.As ideas da Fenomenoloxía do Espíritu de Hegel.

Hegel (S.XVIII—S.XIX) mantiña que en vez de ser todo materia sería todo espíritu. Habería unha especie de Espíritu inicial que sería todo o que existe, e despois aparecería

en forma de materia , logo en organización social e volvería sobre sí mesmo.

6.Explica as razóns que conducen a considerar a Kant como “o filósofo da revolución industrial , da revolución científica e da revolución francesa”.

Os filósofos dan lugar á filosofía, a filosofía reflexiona e critica o que acontece nunha época determinada e dado que Kant viviu a revolución industrial , a revolución científica e que seguiu dende Alemania moi atentamente a revolución francesa e mais tiña un pensamento mais liberal acorde co francés dicimos que Kant é polo tanto o filósofo da revolución industrial , da revolución científica e da revolución francesa.

7.Os novos saberes (Física cuántica , Xeometría non euclidianas, Termodinámica dos procesos irreversibles ,Etoloxía etc.) e unha nova crítica da razón.

Os novos descubrimentos nas ciencias modificaron profundamente o simploké de ideas, dado que a filosofía basase non saberes das ciencias , isto provoca que sexa necesario unha transformación da razón , é necesaria unha nova crítica de razón.

8.A filosofia como saber de 2º grao. O primeiro e o segundo nivel da razón.

A filosofia é un saber de 2º grao porque se apoia en saberes previos.

9. De tribo a polis, de aristocracia a democracia e de mito a filosofia.

No século VIII a.n.e. producese no mundo grego un crise profunda de tipo social , político e ideóloxico .

____________DE TRIBO A POLIS.Cambio socio_económico_____________

Tribo: cunha organización tribal basada na producción de valores de uso, nas relacións sociais basadas na familia e cunha visión unitaria e estática do mundo.

Polis: cunha organización basada na producción de valores de cambio, relacions sociais basadas en relacións individuais de mercado e rompese coa visión tribal do mundo.

A aparición da polis implica tamen :

--Unha nova legalidade consensuada e pública.(democracia)

--Diferentes clases sociais.

--Unha mistura do cívico co relixioso

--Pasase da expresión en poesía a expresión en prosa

___________DE ARISTOCRACIA A DEMOCRACIA.Cambio político_________

Aristocracia: A palabra aristocracia significa goberno dos mellores.Esta forma de goberno estaba estructurada xerárquicamente a partir do ánax (rei de reis) e os basileis (reis inferiores o ánax).

Democracia: A palabra significa goberno de todos, aínda que está moi limitada xa que quedan excluidas as mulleres, os nenos, os extranxeiros e os esclavos.

_______________DE MITO A FILOSOFÍA.Cambio ideolóxico.___________

Mito: son historias extraordinarias , fantásticas ás que a sociedade tribal atribuia a causa daqueles fenómenos que non entendían ou non podían explicar.

Filosofía: é unha nova manera de entender a realidade.A filosofía busca explicacións basadas na razón.

Deste cambio ideolóxico xorde unha nova figura :

O Filósofo: o filósofo primitivo grego da explicacións universais.E é unha mezcla de técnico , lexislador ( experto en leis) e físico ( cosmólogo , naturista)

__A filosofía é unha crítica ós mitos

Xorde a partir desta cambio ideoloxico a agonía:conflicto entre a visión mítica e visión filosófica.

A filosofía non ten unha visión tan unitaria e estática do mundo, senon que ten unha visión relativa do mundo.

10.Características e temática da mitoloxia grega

CARACTERÍSTICAS:

--Son relatos que contan feitos grandiosos, e son testemuña dunha memoria colectiva

--Son tradicionais

--Os personaxes son extraordinarios (deuses ,héroes)(deuses procedentes da cultura indoeuropea,mediterránea,oriental...)

--Refírense a un tempo prístimo ( primeiro , orixe)(mitos de orixe

--Proporcionan unha cosmovisión.

--Son psedoetioloxías porque tratan de explicar as causas de vida{ d dd venimos ,cal é o noso papel aquí e a onde vamos )pero con respostas falsas.

--Son antropomórficos

--Van acompañados de festas e rituais

TEMÁTICA:

--A creación

--O cosmos

--Mitos escatolóxicos

--mitos teogónicos en xeral

--etc.

11.As filosofías inmersas e as filosofías exentas

INMERSAS

A filosofía inmersa é unha maneira de entender a filosofia que se caracteriza por considera_la filosofía como implantada ou inmersa ( no exenta ) no presente como propio ambito suyo.La filosofia inmersa se comportara como si dende o presente estivese explorando todalas ideas que logran facerse visibles dialogando coa ciencia e con outros saberes como o arte.

Dividese en:

Filosofias Adxectivas ou Xenitivas

Filosofias Históricas ou Doxográficas

EXENTAS:

É unha maneira de entedela filosofia dende unha perspectiva extemporánea , fora do presente.

Dividese en:

Filosofias Dogmáticas

Filosofias Críticas

12.A filosofia tomista e o “diamat” como exemplos de filosofias exentas dogmáticas

TOMISTA

Pretende sustentarla liberdade humana coa infalible gracia divina.

DIAMAT

Materialismo filosófico

13.A filosofia convertida en filoloxia e en doxografia

A sustancia da filosofia identificase agora coa Historia da Filosofia; asi o saber filosofico virá a entenderse coma un saber histórico ( a materia mais compacta do profesorado de filosofia ,facendo unha xeneralización, é a historia da filosofia)Así a filosofía é convertida en filoloxía ou doxografía.

14.Comenta: A filosofia etnolóxica , en nome de relativismo cultural poderá acusar de etnocéntrica á concepción histórica tradicional

Nun plano xeral podemos dicir que a historia da filosofía tan so fai mención das areas que tiveron no seu momento unha influencia helénica precisamente por iso a filosofía etnolóxica en nome do relativismo cultural (é dicir en nome de tódalas diferentes concepcións do mundo en outras sociedades e culturas sen influencia helénica) podería e eu creo que debería acusar notablemente ese centralismo hacia a cultura europea ou occidental que ten a historia filosófica tradicional deixando de lado como “pouco importantes” a esas outras concepcións do mundo

15.As filosofías que se amostran como perennes.

16.A filosofía espontánea dos científicos , as filosofías xenitivas e a filosofía crítico-sistemática como exemplos de filosofías inmersas.

FILOSOFÍA ESPONTÁNEA DOS CIENTÍFICOS

Según esta concepción da filosofía inmersa, esta carecerá de sustancia propia, o seu cometido é recoller os resultados arroxados polas ciencias categoriais , esclarecelos , confrontalos... Nos nosos días as “obras de síntesis” dos científicos constituye uno dos mais notables sucedáneos da filosofía. A visión científica do mundo proposta por un científico en canto a tal, é dicir, dende a perspectiva das súas categorías é sempre un sucedáneo da filosofia pois ó científico non lle corresponde formular “visións do mundo” senón “visións do seu campo”.As visións científicas do mundo non soen ser outra cousa que reexposicions de concepcions arcaicas disimuladas con una vestidura científica o técnica e apoiadas no prestixio dos científicos.

FILOSOFIA XENITIVA

Filosofía mundana.Tende a entendela filosofia como una secrecion espontánea das diferentes actividades propias da vida practica mundana do presente (filosofia do Departamento de Estado , filosofia dos créditos bancarios).

FILOSOFÍA CRÍTICO-SISTEMÁTICA

Critíca da filosofía entendida coma filosofia dogmática ou histórica.Consideramos este modo critico de entendela filosofia como o núcleo da “filosofia en sentido estricto”.Esta filosofia exercitase na critica de outras alternativas ou hipoteses disponibles no presente.Esta é a razon pola que diremos que a filosofia critica ten que ser sistematica posto que ten que ofrecer en cada caso o sistema total de alternativas reales entre as cales se poida “elixir”.

17.Tomar partido en filosofía.

Non todas as respostas serven , non todas son válidas pois sempre a opinión dunha persoa especialista no tema terá mais peso ca de calquera outra persoa.

18.O materialismo filosófico enfrontado co materialismo e co idealismo monista

O materialismo filosófico é unha filosofía global que implica a interpretación global do mundo (ontología , teoria da ciencia, teoria da relixión, teoria política e economica, teoria das ciencias humanas,teoria da etica e a moral, teoria da filosofia e da historia da filosofia, teoria da cultura...) por iso esta encontra do idealismo monista

O materialismo filosofico nega a conexión entre todalas distintas partes da realidade.

O materialismo filosófico é pluralista pero postula sen embargo a unicidade do mundo en canto o desarrollo dunha materia ontolóxica xeral que non se reduce ó mundo empírico (experimental)

19.A materia primoxenérica, segundoxenérica e tercioxenérica

Según o materialismo filosofico a materia do mundo estratificase en tres xéneros

___Materia primoxenérica(corpórea como os sólidos ou incorpórea como as ondas electromagnéticas)

___Mageria segundoxenérica(como as operacions dos suxeitos , os proxectos,e os plans sociais ou políticos dos homes, os recordos , os desexos , as vontades)

___Materia tercioxenérica(como as relacions expresadas nos teoremas xeometricos, como o de Pitágoras ou o de Menéalo)

20.Recapitulación. A filosofia como:

SABER DE 2º GRAO

É un saber de 2º grao porque alzase apoiandose nas bases de múltiples saberes previos en especial nas ciencias, sobre os cales exerce a actividade crítica.

DIALÉCTICA

Aforma habitual do problema filosófico ten sempre estructura de contradicción , que debe ser cancelada para chegar ás ideas.

MUNDANA E ACADÉMICA

A filosofía é tamen unha institución histórico cultural que ven dende Platón ata os nosos días.Pero os verdadeiros lexisladores da razón son aqueles homes que contribuen cos seus traballos , investigacións ect a conformalo curso da historia humana, estos son os filósofos mundanos .

TOTALIZADORA, HOLÍSTICA, MAIS NON OMNIABARCADORA

O carácter de totalización do saber humano en cada momento da historia que atribuimosye a filosofía convirte o filósofo no funcionario da humanidade

TEÓRICA E PRÁCTICA

SABER NON CIENTÍFICO

A filosofia non é un saber científico , ben é certo que manten unha intima relacion coas ciencias pero a filosofia mantense aberta o proceso de producción histórico social e non segue o modelo de comportamento do peche categorial.

NON LEGALIZADORA DO CAOS

21.Unha interpretación actual do mito da caverna.

A nosa vida actual é coma a caverna na que estamos todos sumidos , comtemplando unhas confusas imaxes-sombras.Detrás delas mostrase u oculto entramado: programadores de TV , psicólogos e sociologos que saben o que nos gusta , uns productores que contan o éxito polas ganancias. Ata que un dos cautivos sae o exterior , o principio contra a súa vontade e que impactado polo descobremento das causas desas sombras,dos obxectos reais detrás de eles, do mundo da luz situado fora desa caverna e por fin a idea do Ben , a verdadera causa oculta das nosas indagacións.O entusiasmo pola comprensión faino volver a caverna a compartir cos seus compañeiros a verdade descuberta e axudarlles a achala tamen por si mesmos, pero estos no o comprenden e acaban por matalo.

O proceso polo cal saimos desa cova e o exercicio critico do pensamento.O regreso do liberado á cova so pode explicarse polo esforzo ético de facer cumprilo Ben na sua vida, facendo participes da sua felicidade os seus compañeiros.A incompresion de éstos , a crueldade e a morte son os riesgos que sempre recorreron aqueles que desafiaron o medo a perdela seguridade e a aceptación da xente.

22.Tales de Mileto como pensador antimítico e indagador da unidade do real.

Tales de Mileto é un filósofo antimítico é dicir que intenta encontralas causas e motivos por medio da razón , sen ter que acudir os mitos.

Tales pensaba que todalas cousas tiñas un orixen e estructura común ( un principio ) que el situaba na auga.

23.Heráclito, un filosofo dialectico e inquiridor do “logos”

Heráclito é o primeiro formulador do movimento dialéctico:

<<O contrario chega a concordar , e das discordancias nace a mais fermosa armonía>>.Pero o movemento dialéctico non é un movemento anárquico senon un logos* que é medida,razon,motivo de unidad e inteligibilidad.

24.Sócrates: o xiro antropolóxico, o innatismo, o método dialéctico, a crítica de Nietzsche ( o apolíneo fronte ao dionisíaco)

Sócrates centra a sua reflexión no home , dando un xiro o pensamento filosofico anterior centrado no análisis da natureza

Preocupase pola Verdade que di que é innata o ser humano, que esta no interior de cada un e que so hai que sacala a superficie. Para iso emprega o seu método dialéctico que está dividido en dúas partes

__ A Ironía: mediante preguntas vai axudando a que a persoa elimine os prexuizos da sua mente

__A maieútica: depois de “limpar” a mente , axuda a persoa a sacala Verdade que leva dentro del.

25.Platón e a teorización dunha polis xusta:

__ Os dous mundos__

Un mundo racional , superior,constituido por entidades ideales como forma suprema de existencia. E mundo sensible,inferior,en el que nos movemos,éste es solo una sombra , una lejana participación del mundo ideal y verdadero (mundo hiperuranio , das ideas onde hai unha idea suprema o Ben)

__ Dualismo antropolóxico__

O home está formado por

Corpo: que é o cárcere da alma

Alma:É o principal e posee unha triple función intelectiva(sobretodo), volitiva e sensitiva .Para sair do corpo ten que pasar por unha catarsis

__ As clases sociais__

Tres estamentos: ríxidos

Artesáns (productores)

Gardas (defensores)

Gobernantes (monarca ou monarcas)

_Platón :4 coñecementos 1.por imaxes ,2.sensitivo (c.sensibles)3.por hipótesis,4.por ideas (c. Inteligente,racional)

_PLATÓN quere construir unha cidade xusta para iso cree que cada estamento debe realizar a sua funcion correspondente con eficacia, se a clase defensora pretendera gobernar (timocracia) esa polis funcionaría mal.

__O cristianismo é un platonismo para o pobo (Nietzsche)__

Moitas ideas cristiás coma a exitencia do corpo e da alma,da necesidade de limpar estoutra , a existencia dos dous mundos

Son ideas procedentes de Platón.

26.A crítica de Platón en Aristóteles:

__O proceso de abstracción ou universalizacion__

Según Aristóteles o coñecemento chega a través dunha abstracción pola cal pasase do coñecemento sensible ó intelixible,as ideas universais.

__En contra do idealismo__

Así coma Platón presentase coma un filósofo idealista, Aristóteles é mais realista,é unha filosofía con ambicións de explicar de maneira científica e sistemática a realidade enteira.

__En contra do dualismo antropolóxico__

Ainda que Aristóteles tamén cree na existencia do corpo e da alma , fai unha crítica a idea de Platón sobre que << o corpo é o cárcere da alma>>, Arit. cree sen embargo que tanto corpo coma alma viven en Harmonía.

__O Eudemonismo. A virtude como termo medio__

O eudemonismo explica a idea de que a virtude esta nun termo medio nunca non extremos; así non é bo ser despilfarrador nin ser un tacaño , a virtude é ser xeneroso.

27.O intelectualismo moral en Sócrates, Platón e Aristóteles.

Aristóteles di que o ser humano busca ser feliz e a felicidade está no termo medio, no equilibrio.

28.Epicuro e o periodo helenístico:

__O Tetrafarmakon__

>> Non medo á morte << pq mentras vives a morte non existe para ti e unha vez morto tampouco posto que ti xa non existes.

>> Non medo ós deuses << pq os deuses non interveñes na vida humana

>> Non medo á enfermidade << pq a enfermidade se é terminal cando morras vai desaparecer e senon é terminal xa saarás.

>> Non medo ó destino << pq non existe

__A Ataraxia__

Vivir con ánimo , tranquilidade, buscar o placer moderado.

29.Séneca: a razón universal e o cosmopolitismo

Séneca (coma estoico que foi) via a natureza enteira dirixida por unha Razon Suprema, unha razon non espiritual senon material sutil e penetrante que todo o abarca e dirixe

A salvación do home estriba en facer sua a ley universal e natural que a razon impon.

Os estoicos reclaman por primeira vez e en plena sociedade esclavista a igualdade e a fraternidade de todos os homes

30.Plotino: racionalidade e misticismo

Plotino: filósofo del neoplatonismo.A filosofía de Plotino quere unir a interpretación racional e mistica da realidade.A sua ambición é unir intelectual e vitalmente os dous mundos platónicos: o superior e o sensible.

A realidade primeira e suprema é o UNO , a síntesis , a orixen de todo

31.Agostiño de Hipona : “in homine habitat veritas” (iluminismo)

Pretendía sintetizar o cristianismo e a filosofia , relacionala Fe coa Razón.

San Agustín busca a verdade , sobre todo as verdades,absolutas necesarias, universais. Busca a verdade no interior da conciencia “ A verdade habita no home”.

A verdade e as verdades de Deus iluminan a razón e o espíritu humano.Deus é a orixen de todala verdade e creador de todo ser.




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar