Eutanasia e pena de morte

Tipos de eutanasia. Derecho a morir dignamente. Protección del derecho a la vida. Pena capital. Admisibilidad moral o supresión total

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 14 páginas
publicidad
publicidad

EUTANASIA E PENA DE MORTE


Pena de morte

'Eutanasia e pena de morte'
Pena de morte, privación da vida do condenado pola comisión dun delito grave que a lei sanciona con dita pena. É denominada asimismo pena capital.

Escritores e filósofos do século XVIII como Montesquieu, Voltaire o Cesare Beccaria abogaron por importantes reformas nos sistemas penais, que foron levando pouco a pouco dende l limitación dos delitos castigados coa pena capital hasta a súa completa abolición en moitas lexislacións. Na actualidade moitos países admiten a pena de morte só en casos excepcionais como en tempo de guerra e en situacións de extrema gravidade. En Estados Unidos existe esta pena nalgúns estados. Despois de que unha sentencia do Tribunal Supremo se pronunciara en contra da mesma, aducindo a súa inconstitucionalidade, outra sostivo en cambio a súa adecuación á Constitución de Estados Unidos. En España a pena de morte foi abolida pola Constitución de 1978.

Os defensores da pena capital alegan no seu favor un carácter exemplarizante que, según a súa interpretación, non alcanza ás penas privativas de libertad. Os que se oponen á aplicación da pena de morte aducen todo o contrario, e añaden como argumento a posibilidade de error xudicial, que sempre sería imposible de remediar, así como a indefensión de aqueles reos que, ó non ter recursos económicos, tampouco podrían pagar una defensa eficaz no xuizo. Son sobre todo as consideracións de orden ético e hasta relixioso as que máis pesan á hora de abogar pola abolición desta pena, ó considerar o dereito á vida como algo incuestionable.

Eutanasia

Eutanasia, dende un punto de vista xurídico é a morte provocada pola propia voluntade e sen sufrimiento físico, nun enfermo incurable, á fin de evitarlle unha morte dolorosa, e a práctica consistente en administrar as drogas, fármacos ou outras sustancias que alivien á dor, aínda que con eso se abrevie a súa vida. O término deriva do grego eu (ben) e thanatos (morte), e significa “boa morte”. Caen fora deste concepto as mortes causadas a enfermos anciáns, enfermos mentais, e outros, que se estimarán simples homicidios e incluso asesinatos. Tampouco se considera eutanasia o non aplicar ó enfermo incurable un medio extraordinario de coste moi elevado ou de sofisticada tecnoloxía que pode procurar o alargamento da súa vida, pero non a curación (ortotanasia).

Polo xeral, se a eutanasia se practica sen o consentimento da persoa, a maioría dos ordenamentos considerana delito de homicidio, e se se lleva a cabo con consentimento, delito de auxilio ó suicidio. Con todo, un médico puede, sen embargo, decidir a non prolongación da vida dun paciente desahuciado, ou a administración dunha droga que lle aliviará o sufrimento, ainda que lle acorte a vida. O problema soese plantear cando a víctima se encontra imposibilitada para prestar o consentimento e non manifestara nada ó respecto con anterioridade.

O debate sobre a licitude moral da eutanasia chegou a exacerbarse tanto que incluso se crearon asociacións que claman polo recoñecemento dun lexítimo dereito a morrer con dignidade. O movemento para a legalización destas prácticas comenzou en Inglaterra en 1.935, coa creación da Asociación pola Lexislación da Eutanasia Voluntaria, que despois se denominaría Asociación para a Eutanasia. Anos despois fundouse outra asociación co mesmo obxetivo en Estados Unidos. En España cobrou forza a Asociación Pro Dereito a Morrer Dignamente, presidida polo filósofo Salvador Pániker. Sen embargo, a polémica remontase á antiga Grecia, pois atopáronse textos acerca deste tema en Sócrates e Platón.

Nos últimos anos producíronse desarrollos lexislativos relevantes nesta controvertida materia. No estado de Oregón (EEUU) os ciudadáns aprobaron por referéndum en 1.994 o suicidio asistido por médicos para enfermos terminais. Houbo iniciativas similares en outros lugares, algunhas das cais foron revocadas pouco tempo despois. El cambio a máis importante tuvo lugar en abril de 2.002, cando os Países Baixos legalizaron la eutanasia, cunha una serie de garantías, convertíndose así no primeiro Estado do mundo que daba este paso. Bélxica, en setembro do mesmo ano, foi o segundo.

Tipos de eutanasia

  • Eutanasia activa: é a eutanasia que mediante unha acción positiva provoca a morte do paciente.

A eutanasia activa, aínda que non sempre, soe ser voluntaria. A eutanasia pasiva, en cambio -por omisión dos cidadáns razoables e necesarios-, é case sempre involuntaria. As autoridades sanitarias holandesas admiten que unha de cada tres eutanasias levaronse a cabo en Holanda sen o consentimento do paciente.

  • Eutanasia pasiva: é a eutanasia por deixar morrer intencionadamente ó paciente por omisión de coidados ou tratametnos que son necesarios e razoables.

Esta expresión —eutanasia pasiva— utilízase en ocasións indebidamente para referirse, nunha boa práctica médica, á omisión de tratamentos desproporcionados que son contrapoducentes, indeseables ou moi costosos. Non se debe falar de ningún tipo de eutanasia neses casos, posto que fomenta a ambigüedade e contribúe a difuminar os límites entre o correcto exercicio da medicina e a eutanasia. É o que interpretan os partidarios desta prácica.

Convén, sen embargo, manter a expresión e o concepto específicos de eutanasia pasiva, pois, en ocasións, acábase así coa vida do paciente, por indicación médica: negándolle coidados que son necesarios e razoables.

  • Eutanasia voluntaria: a que se leva a cabo con consentimento do pacente.

  • Eutanasia involuntaria: prácticada sen o consentimento do pacente.

  • Eutanasia directa: é o que entendemos comúnmente por eutanasia; é decir, a morte intencionada do enfermo a cargo de médico, por compasión. Pode ser activa ou pasiva.

  • Eutanasia indirecta: en realidade non existe a eutanasia indirecta; pois non hai eutanasia sen intención de provocar a morte. Sería para algúns —que confunden a outros con esta expresión— a morte non buscada do pacente no curso dun correcto tratamento paliativo, por exemplo contra a dor.

Exemplos de varios tipos de eutanasia

Supostos de varios tipos de eutanasia da entrevista de Maurizio Blondet ó doutor Karel Gunning, presidente da Federación Mundial de Médicos que Respetan a Vida

(…)

— ¿Da medo?

—En efecto a xente ten medo. Teño noticias dun enfermo de alzheimer que foi hospitalizado nuhna casa de discapacitados físicos. Unha semana despois, a familia encontrouno en estado de coma. Sospeitan algo, e trasladano o hospital onde o enfermo recuperase despois dunha transfusión intravenosa de tres litros de líquido. Deixaranno deshidratarse. Despois viviu, que eu sepa, polo menos outro ano. ()

(...)

— ¿Inevitable?

—Forzosamente. É un plano incliado. Cando se acepta matar nun só caso como “única solución”, acabase por encontrar centenares nos casi a “solución” de matar se convirte en aceptable. Ó principio era necesaria a explícita petición do enfermo; agora podes suprimir ós pacentes en coma e os nenos con graves malformacións.

Antes, a eutanasia estaba admitida só en casos de enfremos terminais. Pero xa en 1.991 un psiquiatra de nome Chabort foi absolto despois de causar a morte dunha muller de 50 anos que sufría unha depresión psíquica. Pouco despois, noutro caso, a eutanasia “axudou” a unha rapaza de 25 anos, que sufría de anorexia mental. E recentemente un senador socialista octoxenario, Brongersma, pediu e logrou ser “finalizado” non porque estivese enfermo ou deprimido, senón porque estaba cansado de vivir.

—Por tanto a lei, aínda que demasiado permisiva, xa que está superada polos feitos.

—A mentalidade da morte converteuse en norma entre os médicos holandeses. Conozo un internista que atendía a unha enferma de cancro pulmonar. Sobreviu unha crise respiratoria, que fixo necesaria a súa hospitalilzación. A enferma revela: “non quero a eutanasia”, implora. O médico leváa a clínica e permanece ó seu lado. Despois de 36 horas a enferma respira con normalidade; as concicións xerais melloraron. O médico vai durmir. A mañá seguinte, non encontra á súa pacente: un colega “finalizaraa” porque faltaban camas libres.

(...)

Testamento vital

Un testamento vital é un documento no que o interesado expresa a súa vontade sobre as atencións médicas que desea recibir en caso de padecer unha enfermidade irreversible ou terminal que o levara a un estado que lle impida expresarse por sí mesmo. Pode realizar o seu propio testamento vital personalizado coas indicacións e razoamentos que considere pertinentes. Os argumentos que poderían estar a favor de el poden ser: a esperanza de vida aumentou enormemente nos países máis prósperos. Eso beneficianos metres gozamos dun bo estado de saúde. Pero os avances médicos, que supuxeron unha gran mellora para a saúde, poden servir tamén para alargar o proceso de morte. En teoría, necesítase o noso consentimento para que se nos administre un tratamento, pero a mayoría da xente acepta automáticamente o que o médico lle suministra. Hai quen pasa meses e incluso anos cunha calidade de vida tan pobre que chega a desexar morrer. En todos os lugares que se realizaron enquisas, a mayoría da xente pensa que se debería permitir que os médicos poidesen axudar a morrer a un pacente incurable se el o solicita.

TESTAMENTO VITAL

 (Manifestación de voluntade sobre o final da miña propia vida)

  Eu ……………………………………………………, con D.N.I. nº………………………., maior de idade, con domicilio en……………………………………………………………………………………………………, en plenitude das miñas facultades mentaiss, libremente e tras prolongada reflexión, DECLARO:

Que, se chego a encontrarme nunha situación na que non poda tomar decisións sobre o meu coidado médico, a consecuencia do meu deterioro físico e/ou mental, por encontrarme nun dos estados clínicos enumerados no punto 4 deste documento, e se dous médicos independentes coiciden en que o meu estado é irreversible, a miña voluntade inequívoca é a seguinte:

1. Que non se prolongue a miña vida por medios artificiais, tais como técnicas de soporte vital, fluidos intravenosos, fármacos ou alimentación artificial.

2. Que se me suministren os fármacos necesarios para paliar ó máximo o meu malestar, sufrimento psíquico e dor físico causados pola enfermidade ou por falta de fluidos ou alimentación, aínda no caso de que podan acortar a miña vida.

3. Que, se me encontro nun estado particularmente deteriorado, adminístrenseme os fármacos necesarios para acabar definitivamente, e de forma rápida e indolora, cos padecementos expresados no punto 2 deste documento.

4. Os estados clínicos ás que fago mención máis arriba son: Dano cerebral severo e irreversible. Tumor maligno diseminado en fase avanzada. Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso e/ou do sistema muscular en fase avanzada, con importante limitación da miña movilidade e falta de resposta positiva o tratamento específico se o houbese. Demencias preseniles, seniles e similares. Enfermidades ou situacións de gravedade comparable as anteriores.

Outras: (especificar se se desexa)................................................................................................

5. Designo como o meu representante para que vixie o cumprimento das instruccións sobre o fin da miña vida expresadas neste documento, e tome as decisións necesarias para tal fin, a:

 

Nome do representante............................................................................ D.N.I.............................

 6. Manifesto, asimesmo, que libero ós médicos que me atendan de toda responsabilidade civil e pena que poda derivar por levar a cabo os térmos desta declaración.

7. Reservome o dereito de revocar esta declaración en calquera momento, en forma oral ou escrita.

 

Data........................ Lugar......................... Firma....................................

 

TESTIGOS:

1. Nome................................................. DNI.............. Firma.................................

2. Nome................................................. DNI.............. Firma..................................

 

REPRESENTANTE:

Firma................................................................ Data.................................

A favor e en contra da eutanasia

Encóntranse, a través de toda a argumentación presentada certos puntos a favor e en contra da eutanasia, pódense mencionar entre os punto en contra da eutanasia os seguintes:

  • A vida como un dereito inalienable, a optar pola eutanasia, estou entregando a miña liberdade e o mesmo tempo acabando con ela, cuestión aínda sen resolver.

  • Os límites da Eutanasia: ¿Baixo que circunstancias se debe aplicar? ¿Como lexislala? Anque aquí plantéanse certos límites, aínda non é claro como aprobala, baixo límites.

  • Existe unha dificultade de toma de posición no caso dos enfermos mentales.

  • As expectativas: ¿Como sei se aquela persoa que fixo o seu testamento en vida autorizando ésta práctica non se arrepentiu no último momento?

  • Podería aumentar o número de eliminacións a débiles e persoas subnormales, así mesmo, aumentarían as presións sobre o executante do acto por parte da familia.

  • Os mesmos executantes poderían ser tomados como verdugos, o que pode implicar nunca sociedade como a nosa, unha pérdida de confianza na persoa tratante da miña enfermidade.

  • Poderían aumentar o número de homicidios con máscara de eutanasia, co único fin de cobrar xugosas herdanzas.

  • Podería aplicarse a eutanasia só para surtir o xugoso negocio do tráfico de órganos, o que mostra que podería haber intereses económicos e políticos trala súa aprobación.

  • Podería disminuir os recursos destinados á cura dunha enfermidade, xa que podería saír máis económico deixar morrer ás persoas e con esto disminúese así mesmo, o esforzo de investigación na medicina.

  • Podese perder a esperanza de vivir, se igual que os vellos, as persoas son deixadas de lado, aisladas en asilos, como enfermos poden ser eliminados simplemente

  • Deber cívico de permanecer vivo.

  • A decisión que conleve o acto, é de todo irreversible.

Sen embargo, os puntos a favor da eutanasia poderían ser:

  • Teño un dereito a dispoñer da miña propia vida, e podo reivindicar a autonomía como parte integral da dignidade humana e expresión desta.

  • Unha vida en determinadas condicións é indigna, a imaxe que proxecto ante os seres cercáns ou noutros, pode ser considerada como humillante e indigna.

  • ¿Porque aceptar unha forma de existencia en circunstancias limitadísimas, sacrificando en certa forma a parentes e amigos?

  • Así como se ten dereito a vivir con dignidade, ¿porque non ter dereito a morrer dignamente?

  • Non debe intentarse prolongar a vida cando ésta non se pode vivir, facendo do pacente non un ser humano, senon un caso clínico interesante (como ocorre en hospitales universitarios actualmente)

  • Podería institucionalizarse uns dereitos non só do pacente terminal, senón da familia en sí.

  • ¿É xusto morrer dun modo tan doloroso?

Crítica a Mar Adentro

“Obrigeime a min mesma a ir ver a película Mar adentro. Doeume pagar por vela. Sentín vergonza de que me viran entrar na sala. Soporteina as dúas horas que dura. Todo, para poder escribir sobre ela cun criterio propio. Porque xa sabía de que trataba. ¡Recomendabanma moito! E eso preocupoume. Costame entender que laguen vexa esa película e saia admirando a Ramón Sanpedro. Pareceume grave.

Hollywood deuye o Oscar a mellor película estranxeira. Eso non é asombroso. Na máis recente entrega dos Oscar, a Academia ingorou casi totalmente a Paixón de Cristo, de Aquel que é o Amor que entregou a súa vida por amor á humanidade, e deulle o Oscar a Mar adentro (a paixon de Ramón Sampedro) que viviu no egoísmo total. Pero Hollywood nunca se distinguiu pola defensa de valores.

O preocupante é o efecto que unha película así pode ter nunha cultura de respeto á dignidade das persoas con discapacidade, pola que traballamos e loitamos todos aqueles que SI tivemos valor de vivir plenamente coa nosa discapacidade e que contribuimos para que outros podan realzar e enriquecer a nosa sociedade coa súa existencia e a súas aportacións. En cambio a postura de Ramón Sanpedro de que a vida con unha discapacidade non merece vivirse, recordame a Hitler. Eso é pavoroso.

Ramón Sanpedro fracturouse o pescozo un accidente no mar e viviu 28 anos despois disto. Puido viviu máis, pero non quixo. Tiña unha familia que o quería, o cuidaba e o atendía en todo: o seu pai, o seu irmán, a súa cuñada e o seu sobriño. Hasta onde a película deixa ver, tres mulleres namoráronse del. Non parece que tivera carencias económicas. A película presentao como un home intelixente e creativo.

Pero non quixo vivir, quedou nunha cama 28 anos porque non porque non tivera cadeira de rodas, senon porque lle parecía denigrante usala. Elixiu quedar na cama rumiando a súa amargura. Sintindo lástima por si mesmo, alimentando a súa soberbia, a súa covardía e o seu egoísmo. Por medo enterrou o talento que tiña. Deulle medo vivir e durante 28 anos a súa única meta foi lograr que algún xuíz autorizara que laguen o matara, xa que non podía suicidarse.

Para suicidarse non se require valor. Suicidarse é de covardes. É a saída fácil. Valor necesítase para vivir a vida e para enfrentar a adversidade coa frente en alto.

Pobre Ramón. Verdadeiramente era digno de lástima, non pola súa discapacidade física, senón pola pobreza de seu espíritu. Pola súa covardía, polo seu egoísmo. Un home centrado en si mesmo, altaneiro e chantaxista con quen o amaba e o cuidaba.

Utiliza o amor de Julia por el para que acceda a matalo para despois suicidarse ela. Outra covarde. Pero non puido facelo. Daquela utiliza os celos de Rosa por Julia: “a que me mate é a que verdadeiramente me ama”, dille. E dillo a quen el considera unha muller fustrada. E logra que o mate.

¿Qué lle pudo aportar a vida a Ramón Sanpedro se aceptara vivir? Nunca o saberemos. Pero polo pronto deixounos como hedanza unha película que sembra desalento e desesperanza, que promove o mal. E esto no nome da liberdade, como o di a súa amiga, a que tanto loitou por el nas cortes. Pero ela defende unha liberdade que é libertinaxe: o dereito a facer o que un queira cando queira e como queira. Non, eu penso como Sanpedro, pero non o da película, senón o apóstol de Jesucristo. El escribiu: “Orade como homes libres, e non como quen fai da liberdade un pretexto para a maldade, senon como servos de Deus”.

Non, non sinto admiración nin respeto por Ramón Sanpedro. A miña admiración e o meu respeto son para Raymundo Valdez, de Parral, Mundo tamén fracturou o pescozo ós 16 anos de Idade. Agora ten 44. Viviu coa súa discapacidade os mesmos 28 anos que Ramón Sanpedro. Igual que Ramón, Mundo solo move os músculos da cara. El tamén ten unha familia que o quere e coida del, anínda que con recursos económicos limitados. Pero Mundo refírese ó día do seu accidente como “o día no que gracias a Deus, volvín a nacer”.

Mundo si tivo o valor de vivir e a súa aportación á vida inclúe a creación da asociación “Primer Paso, A. C.”, a cal beneficiou de diversas formas, ó redor de 300 persoas con discapacidade en Parral. O seu traballo deulle o recoñececemento “Exemplo de Vida, Orguio Chihuahuense” que otorga o Goberno do Estado de Chihuahua. Mundo regresou á escola despois do seu accidente. Acabou o bacharelato e graduouse como licenciado en Administración de Empresas e ademáis logrou coa súa presencia, qu ese eliminaran as barreiras arquitectónicas no Tecnolóxico de Parral. Mundo viaxa, Mundo traballa, Mundo participa na vida. Mundo contribuiu á creación da Lei para Persoas con Discapacidade do Estado de Chihuahua. Mundo traballa dando asesoría en Matemáticas a nivel de primaria, secundaria e bacharelato. Mundo traballa no D.I.F. Municipal de Parral, atendendo os asuntos de persoas con discapacidade e no programa de Atención a Nenos da Rúa, axudándos a construir a súa autoestima. E non pode mover ni un dedo. Pero o seu espíritu non está paralizado.

Gracias Mundo, porque a súa existencia enriquece a todos os que temos o privilexio de coñecerte. Ti si que navegaches mar a dentro. Ramón quedouse na veira do mar”.

1