Historia


Europa feudal


3. A EUROPA FEUDAL

TRAZOS CARACTERÍSTICOS DE EUROPA FEUDAL

No século IX, Europa viuse sacudida por unha nova onda de pobos invasores: no Mediterráneo os árabes, no Atlántico os normandos e viquingos e no río Danubio os maxiares ou húngaros.

Os séculos finais da Alta Idade Media foron momentos de crise e pobreza. Os reis que sucedían a Carlomagno non podían garanti-la seguridade dos seus súbditos e estes buscaron o amparo dos poderosos, entregándolles ás súas terras a cambio de protección militar.

Todo isto provocou a concentración de grandes extensións de terra en mans de nobres, bispos e abades e algunhas persoas non tiñan terras. Esta nova dependencia persoal conduciu a aparición do feudalismo réxime que predominou en Europa entre os séculos IX e XIII.

A sociedade feudal estaba organizada en tres estamentos. Cada un cumpría unha función: os nobres guerreaban para defender a sociedade feudal, os clérigos rezaban para que todos gañasen o ceo e os campesiños e artesáns traballaban para abastece-los outros dous grupos.

Isto deu lugar a unha sociedade organizada xerarquicamente en forma piramidal:

Papa e reis

Nobres e clérigos

Artesáns, campesiños libres e servos

A Europa medieval era un mundo rural no que a riqueza fundamentábase na posesión de terras. O centro de actividade económica era o feudo, territorio en propiedade do señor laico ou eclesiático que producía todo o necesario para vivir.eclesiástico

O feudo estaba dividido en dúas partes:

  • A reserva era o dominio explotado directamente polo señor. Comprendía a súa residencia, terras de labor cultivadas por servos ou campesiños libres, pastos para o gando, bosques onde cazar e obter leña e ríos onde pescar e aprovisionarse de auga.

  • Os mansos eran pequenas superficies de terra outorgadas ou arrendadas polo señor ós campesiños, que a cambio entregáballe parte da colleita e realizaban traballos na reserva señorial certos días do ano: arar e poda-las viñas en primavera, corta-la herba e recolle-la colleita en verán.

As técnicas e instrumentos de labranza eran moi rudimentarios: o arado romano, a aixada, o fouciño e a gadaña. Os rendementos eran escasos.

Os Nobres

Estaban unidos por lazos de dependencia persoal. A unión era un contrato verbal ou escrito entre dous homes libres, o vasalo e o señor. Levábase a cabo nunha cerimonia solemne á que asistían familiares e parentes. Era o acto de vasalaxe.

O ritual era similar en toda Europa: o vasalo axeonllábase ante o señor e lle prometía fidelidade, obediencia, axuda militar e consello. O señor, en cambio xuráballe protección militar e lle concedía un feudo: castelo e terras das que obter rendas.

Os cabaleiros formábanse desde pequenos á actividade militar. Ata os dez ou doce anos iniciábao o seu pai na equitación, a caza e o manexo das armas. Continuaba a súa formación no castelo dun nobre ou dun rei. Alí integrábase nunha escola de cabalería. Acompañaba ó seu mestre ós torneos e nas actividades de caza, adestrábase cada día nas distintas técnicas de loita e aprendía estratexias militares utilizadas en pasadas batallas.

Ós vinte anos convertíase nun cabaleiro e ingresaba na orde de cabalería, constituída por diversas categorías e títulos: rei, duques, marqueses, condes, baróns e simples cabaleiros. Todos eran fieis ós mesmos ideais: a valentía, a lealdade, a fidelidade á palabra dada e a defensa dos débiles, as viúvas e os nenos.

As mulleres, vivían recluídas ó castelo, dedicadas a educa-los fillos , dirixi-los criados, rezar e bordar. Non podían acceder ós estudios.

O Castelo

O castelo situábase sempre sobre unha elevación do terreo. Era a residencia do señor feudal que controlaba o territorio do seu feudo e vixiaba ós seus vasalos. O castelo era unha fortaleza para a defensa do señor e os seus vasalos nos momentos das guerras.

O recinto estaba amurallado. Na parte superior da muralla situábase o adarve ou camiño de rolda utilizado polos defensores. Ós seus pés abríase un foso. Para salva-lo había unha ponte levadiza. A entreda estaba flanqueada por dúas torres, protexidas por un fortín de madeira chamado barbacá.

No interior do recinto dispoñíanse as dependencias principias. A mais destacada era a torre da homenaxe, onde vivía o señor e que contiña o salón principal, a capela e os dormitorios. Outras construccións tiñan todo o necesario para vivir ou manter un longo asedio: talleres de artesáns, sala para a tropa, almacéns, cortes forno e muíño pozo e alxibe de auga, cociña, etc.

A vida era aburrida e nada fácil. As estancias eran escuras, frías en inverno, pouco confortables e escasamente amobladas. Tódolos acontecementos importantes celebrábanse no salón.

Os Clérigos

A sociedade feudal era profundamente relixiosa. Deus era o centro de tódalas cousas e a salvación das almas, o fin principal da vida do home na terra. A Igrexa tiña un gran prestixio, os clérigos formaban un estamento privilexiado e as ocupacións principias consistían en predicar a doutrina cristiá e administra-los sacramentos.

A Igrexa estaba presente nos momentos máis importantes da vida: o nacemento, a través do bautismo; o casamento, a través do matrimonio e a morte; a través do enterro. Os repiques das campás eran a referencia máis habitual para medi-lo tempo.

As parroquias e os mosteiros realizaban unha importante labor social: axudaban ós pobres, asistían ós enfermos, recollían os nenos abandonados e hospedaban ós peregrinos. A Igrexa velaba pola paz mediante a “tregua de Deus”.

O clero dividíase en: clero secular e clero regular. O clero secular estaba formado polos curas das parroquias. O clero regular o integraban os monxes e monxas que vivían en comunidade, obedecendo unha regra, nos mosteiros.

Por outra partes, os bispos, abades e altos dignatarios eclesiásticos compoñían ó alto clero porque gozaban de altas rendas e eran verdadeiros señores feudais. O baixo clero estaba formado por párrocos rurais monxes e monxas que vivían de maneira mísera.

O Mosteiro Medieval

A vida monástica naceu en Oriente, onde se iniciou desde moi antigo o costume de retirarse do mundo a un lugar apartado para entregarse á meditación. O monxe separábase da sociedade, pero facía útil a súa vida unindo á oración o traballo, segundo o lema ora et labora, é dicir, reza e traballa.

O introductor de tal novidade no século VI foi San Bieito de Nursia, fundador da orde que leva o seu nome: os bieitos.

Os mosteiros medievais eran verdadeiros centros económicos e de poder. Tiñan propios campos traballados por servos, obradoiros de tecidos, boticas, forxas, carpinterías, lagares, etc. Tamén foron importantes centros de cultura.

As principias dependencias eran a igrexa, lugar de oración e o claustro, lugar de recreo e en vida común. Ó redor deste dispoñíase a sala capitular, utilizada para as reunións da comunidade, o refectorio ou comedor e os dormitorios.

Os mosteiros españois máis importantes son Santo Domingo de Silos (Burgos), San Millán de la Cogolla (A Rioxa), Santa María de Poblet (Tarragona), Sobrado dos Monxes (A Coruña) e Oseira (Ourense)

Os Campesiños

Os campesiños dividíanse en:

  • O vilego, que era unha persoa libre que podía vivir onde quixera e incluso cambiar de feudo.

  • O servo, que non podía abandona-lo manso que cultivaba, ó que estaba vinculado. Pero non era un escravo: posuía algúns bens persoais, e o señor, que lle debía xustiza e protección, non podía golpealo, matalo nin vendelo.

A vida de ámbolos dous era miserable. Ós catro anos, os homes comezaban a colaborar nas tarefas da casa: buscaban leña, vixiaban o gando e alimentaban ós animais domésticos. Ós 14 anos eran maiores de idade e comezaban a traballar na agricultura. Ós 16 ou 18 casaban coa moza elixida polo seu pai. E se vivían máis de 40 anos, podían considerarse seres afortunados. A inmensa maioría eran analfabetos, porque non había escolas e ninguén se ocupaba de ler ou escribir.

As mulleres traballaban no campo sementando, colleitando e vendimando, ademais de cociñar e de coidar ós nenos, fiar, tecer e amasa-lo pan. Casaban ós 14 anos e tiñan moitos fillos, pero poucos cegaban ós cinco anos. Ás veces eran elas as que morrían nos partos.

A roupa dos campesiños era case toda de la e adoitaban confeccionala eles mesmos. Só tiñan un vestido, que utilizaban todo o ano.

A comida era pobre: pan de centeo, sopas, verduras cocidas, leite fresco e ovos. Ás veces había queixo e viño ou cervexa. A carne consumíase en ocasións especiais.

  • A paisaxe en Europa en torno ó ano 1000 estaba dominada por bosques salpicados por terras sen cultivar e pantanos. Nos poucos claros había aldeas campesiñas ocupadas polos homes e mulleres dependentes dun mesmo señor feudal.

  • As aldeas as construían os campesiños e pouco a pouco lle ían gañando terreo ó bosque. Este proporcionaba á aldea pastos para o gando, leña coa que construír novas cabanas ou prender lume, caza abundante e froitos cos que completa-la súa escaseza alimentación. Os pantanos e os ríos subministrábanlles xuncos e canas, carbón vexetal e peixe.

As vivendas campesiñas eran moi modestas. As paredes eran de madeira e barro, a cuberta de palla e o chan de terra pisada. Tiñan unha soa habitación pouco iluminada, mal ventilada e sen ventás.

No medio da estancia estaba o fogar. Non había cheminea de saída para os fumes. Os escasos mobles que había eran: un banco, varios catres de palla, unhas cantas potas de barro e escudelas, xerras de madeira e pouco máis.

ARTE DA ÉPOCA FEUDAL

A partir do século XI, Europa mellorou e aumentou a poboación. Algunhas rexións, decidiron construír igrexas e mosteiros de pedra. Para isto contrataron mestres canteiros , que ganaban a vida dirixindo cuadrillas de albaneis e carpinteiros.

Así xurdiron igrexas e mosteiros que presentaban unhas características comúns ( construcción case sempre en pedra, fiestras semicirculares, grosos muros...). Son de estilo románico, que se prolonga ata mediados do século XII, o seu nome ven dado pola forma dos seus arcos, que recorda ós romanos.

Os principias elementos románicos son o arco de medio punto, o piar cruciforme e a bóveda de medio cánon. Esta última está reforzada por arcos faixóns, encargados de transmiti-lo peso da cuberta abovedada de pedra a piares e columnas. Os edificios son baixos, teñen grosos muros e contrafortes exteriores. En consecuencia, son sólidos pero teñen poucas ventás; por iso a luminosidade interior é escasa.

A planta das igrexas ten cruz latina, con unha ou tres naves; a central cóbrese con bóveda de medio canón, e as laterais con bóvedas de aresta. Nalgunhas, as naves laterais prolónganse arredor da cabeceira, xurdindo así un novo espacio chamado deambulatorio.

A arte románica estendeuse por toda Europa, formando edificios destacados como a igrexa de madalena de Vezélay, en Francia; a catedral de Worms, en Alemaña, e Pisa, en Italia. En España a Catedral de Santiago de Compostela e a igrexa de San Martín de Frómista.

A decoración ten un sentido didáctico: ensinar a un pobo sinxelo e analfabeto a doutrina cristiá a través das imaxes. Polo tanto, as figuras defórmanse para expresar mellor a mensaxe relixiosa.

Os relevos de pedra son bastos e inxenuos, sendo os seus temas principias Deus Todopoderoso e o Xuízo Final; sitúanse nas portadas, nos capiteis e nos claustros. As esculturas dos altares son de madeira. A pintura é de composicións sinxelas.

O Camiño de Santiago

No ano 813, o bispo Teodomiro de Iria Flavia, viu un campo de esterlinas relucindo e dixo que alí se atopaba o sartego do apóstolo Santiago. A nova propagouse por toda Europa, construíse un templo sobre a súa tumba e empezaron a cegar peregrinos de toda Europa. Arredor orixinouse unha cidade chamada Santiago de Compostela.

A figura do Apóstolo Santiago, foi unha poderosa axuda moral para os cristiáns na súa loita contra O Islam. Por iso, os reis hispánicos favoreceron o establecemento do Camiño, tamén chamado Ruta Xacobea.

O camiño Francés unía as súas catro rutas en Puente de la reina, e seguía por Logroño ata Compostela. Outras rutas conducían a santiago: O Camiño Portugués, o Cantábrico e O Inglés. Ían en grupos, e a súa indumentaria (cabeza, cuncha, bastón e zurrón), identificábaos.

A partir do século XI, diminuíu o poder musulmán e o auxe do Camiño foi en aumento. Construíronse pontes e mosteiros, albergues e pousadas que acollían ós peregrinos. A peregrinación pasou a ser unha das máis importantes do mundo. Foi algo máis que unha ruta relixiosa. Significou a unión de España con Europa desde o punto de vista económico, social, demográfico, cultural e artístico. Moitois peregrinos, artesáns e comerciantes instaláronse ó longo de el, ben en novas cidades ou burgos, ou nas xa existentes, onde viviron nos chamados “barrios dos Francos”.

A catedral de Santiago foi o maior templo da España cristiá. Estaba situada sobre un outeiro e o seu aspecto impresionaba ós viaxeiros cando cegaban a divisala. A escalinata de acceso á porta occidental, ó pórtico da Gloria, as lámpadas e o fume dos botafumeiros, dotaban ós pasaxeiros duna atmosfera inolvidable.

Construíuse no 1075, por Diego Peláez sobre os restos duna igrexa que fora arrasada por Almanzor en 997; pero foi Diego Xelmírez quen impulsou a obra a partir do ano 1100, co apoio do rei Afonso VI de Castela.

A construcción da catedral atraeu a moitos traballadores, especialmente canteiros organizados e dirixidos por importantes mestres. Os máis famosos foron o mestre Estevo, autor da Porta das Praterías, e o mestre Mateo, autor do pórtico da Gloria.

A catedral é o mellor exemplo das igrexas de peregrinación, que marcaban a Ruta Xacobea. Tiña tres naves, capaces de albergar ós fieis, e as naves laterais prolongábanse pola cabeceira do templo, dando lugar ó deambulatorio; gracias a ela os peregrinos podían circular polo templo e ve-los oficios que se facían no altar maior. As numerosas capelas de cabeceira, permitían oficiar varias misas ó mesmo tempo para peregrinos de diferentes nacionalidades.

A influencia da catedral de Santiago foi moi grande e o románico estendeuse por toda galicia, manifestándose tamén nas pequenas e numerosas igrexas do ámbito rural.




Descargar
Enviado por:Dianita
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar