Ética para Amador; Fernando Savater

Filosofía española contemporánea. Filósofos españoles. Adolescencia y sentido de la vida. Ética. Moral. Argumento

  • Enviado por: Diego
  • Idioma: castellano
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad
publicidad

Curso: 4º B

Prólogo

O autor diríxese ao seu fillo Amador e explícalle (en certo modo) de qué vai o libro, di que o fixo para (ó igual que unhas antigas tribos indíxenas) “comerlle” o cerebro e que él coma parte do seu (que aprenda cousas tan importantes coma que é a ética, en que consiste a moral etc.).Tamén fala dalgunhas cousas que él lle dixo e que lle impactaron coma por exemplo unha vez que Amador estaba a xogar cos primos e o autor estaba co ordenador e lle dixo: ¿que andas a maquinar? El nese momento non llo soubo explicar entón faino agora con este libro dedicado ó seu fillo Amador.

Capítulo 1

Neste capítulo o autor (Fernando Sabater) explica en qué consiste a ética e di que cada persoa é libre de facer o que queira (independentemente das consecuencias) pondo exemplos do comportamento de certos animais coma, por exemplo, as termitas. Tamén puxo o exemplo de Héctor (na novela de Homero); el podía escoller entre loitar contra Aquiles ou non facelo pero (soamente pola súa maneira de ser) escolleu loitar e morrer ás súas mans; con isto o autor quería dicir que , ás veces a nosa forma de ser “obríganos” a facer cousas que pode que non queiramos facer.

Capítulo 2

Neste capítulo o autor fala dos diferentes tipos de respostas que unha persoa pode ter ante un problema. Para explicar isto pon un exemplo (inventado por un filósofo grego chamado Aristóteles) dun capitán dun barco que se atopa cunha tempestade do medio do seu traxecto e a única maneira que ten de salvarse (el e a súa tripulación) é tirando unha valiosa carga que lle foi entregada para levar a porto.

Capítulo 3

Neste capítulo o autor explica que moitas cousas as facemos porque se nos manda (por medo ó que pase se non obedecemos), outras por costume (ou porque a xente do arredor tamén o fai) e outras porque, simplemente, nos apetece facer. Tamén explica que ,ó contrario que a un futbolista ou a unha moto, a unha persoa humana, polo simple feito de ser humano, non se pode dicir se é bo ou malo, xa que cada persoa destaca en algunhas habilidades e en outras non, para explicar isto o autor puxo o exemplo dunha rapaza chamada Purita: A súa nai a ten como “a mellor filla do mundo” pero na escola ,sen embargo, todo o mundo a detesta porque é chismosa e cizañeira.

Capítulo 4

Neste capítulo o autor afirma que as persoas sempre facemos o que queremos (independentemente de se nos mandan facelo ou non). Para explicar isto puxo o exemplo dunha historia que aparece na Biblia e que fala de dous irmáns xemelgos (Jacob e Esaú). Aínda que eran xemelgos Esaú nacera antes que Jacob e ,polo tanto, tiña o derei8to a ser o primoxénito e , cando morrese o pai, recibir a herdanza. Un día Esaú viña de cazar e ,o chegar á casa, o seu irmán estaba a cociñar unhas lentellas; Esaú pediullas e Jacob díxolle que llas daba se el lle daba o dereito a ser o primoxénito. Esaú pensou que as lentellas as disfrutaría nese momento pero ,sen embargo, a herdanza don pai podía non recibila (xa que el podería morrer antes que o seu pai) entón escolleu as lentellas e logo arrepentiuse do que había feito.

Capítulo 5

Neste capítulo o autor afirma que todo humano desexa “darse a boa vida” e que para facelo non fan falla demasiadas cousas nin demasiado diñeiro; senón tratar ás persoas como tal. Para explicar isto puxo como exemplo a historia de “ciudadano Kane” que era un home que tiña un montón de diñeiro e de cousas pero que non vivía feliz porque non tiña amigos nin ninguén que o quixese. Iso pasou porque ,anteriormente, el tratara ás persoas coma simples obxectos e , antes de morrer, recordou un vello trineo que tivera de pequeno (na época na que aínda tiña xente que o quería como persoa).

Capítulo 6

Neste capítulo o autor explica ,entre outras cousas, a diferenza entre ser imbécil e ser un imbécil moral.

Ser imbécil é ,como todo o mundo sabe, ser parvo ,sen embargo, ser imbécil moralmente falando é (en xeral) non ter conciencia ou non usala. Para explicar o que é a conciencia o autor utilizou puxo o exemplo de “Ricardo III” (novela de Shakespeare). Este home (Ricardo III) era un home vizco e con chepa e a xente se burlaba del. Para que os demais lle amaran matou a todos os herdeiros á coroa (incluso aos nenos) e conseguiu gobernar. Ó final as outras persoas non o amaron e él sentiuse triste e con remordementos na conciencia por matar a esa xente.

Capítulo 7

Neste capítulo o autor di que un humano dálle a outro humano moitas cousas que calquera outra cousa non pode dar coma, por exemplo amor, un animal (di o autor) por moi cariñoso que sexa non pode darte o amor que te da un ser da túa mesma especie e iso é porque somos semellantes aínda que sexa só no trazo de que sabemos falar. Para explicar isto o autor utilizou como exemplo a novela de Robinson Crusoe: o home vivía tranquilo (todo o tranquilo que pode vivir un náufrago) ata que mirou unha pisada de home. Despois diso chegaron as dúbidas: se será amigo ou inimigo, sé saberá falar, se serei un náufrago coma el etc.

Tamén explicou que existen moitas persoas ás que chamamos “malas” porque rouban, porque matan... pero o autor di que esas persoas son iguais a nós e que se lles axudamos poden acabar sendo persoas “boas”. Por último tamén dixo que as persoas copiamos a outras e así é como acadamos a nosa forma de ser.

Capítulo 8

Neste capítulo o autor fala do que é a inmoralidade sexual e o que son os puritanos. Son (como di o autor) calumniadores profesionais. Para explicar o que eran os puritanos puxo un pequeno exemplo dunha muller que vía uns rapaces espidos bañándose diante dela e chamou á garda civil, logo a garda civil os alexou e a señora seguiu a dicir que os vía. Estivo así ata que o inspector lle dixo: “pero se xa os mandamos a máis dun kilómetro de distancia” e a muller dixo “si, pero cos xemelgos aínda os vexo”. Tamén di que a moita xente o pracer lle da medo (por iso existen expresións coma: morro de pracer ou chamar le petit mort ao orgasmo en Francia.

Capítulo 9

Neste último capítulo o autor fala da política en concreto de porqué teñen tan mala fama os políticos. O autor afirma que é porque ocupan postos visibles na sociedade e tamén privilexiados, xa que os defectos que eles teñen son os que pode ter calquera persoa “normal”. Pero a razón pola que son tratados coma “xente mala” é porque ocupan postos que a moita xente daralle envexa e porque calquera falliño que teñan pódenos facer dano a nós.

Epílogo

Neste final do libro o autor di que el intentou ensinar co libro o máximo posible sobre ética e que o resto xa o ensinará a propia vida. Dixo que este libro (aínda que o autor o intentou) non é un libro de ética “real”, xa que Wittgenstein (un filósofo) afirmou que se alguén escribise un verdadeiro libro de ética habería unha gran explosión.