España a finais do antigo reximen

Historia española siglo XVIII. Ilustración. Cambios económicos. Estructura social estamental. Monarquías absolutas. Revolución francesa

  • Enviado por: Viper
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad

TEMA: ESPAÑA A FINAIS DO ANTIGO REXIME

A.2. DA UNIÓN DE COROAS Ó CENTRALISMO BORBONICO

A progresiva unión e consolidación dos reinos e coroas peninsulares, non significou a eliminación dos particularismos. A fundación de diversos reinos cristián fronte os musulmans fixo que estes particularismos deran lugar ó desenvolvemento de diferentes usos, costumes, leis e linguas no espacio peninsular.

A pesar das diferencias entre territorios, a concepción do poder e do sistema político podese dicir, que estaba baseada na existencia duna dualidade: o rei e o reino. O rei estaba considerado o señor supremo e natural dun territorio, territorio o cal estaba posuido o seu dominio e do que era p seu posuidor e gobernante. Os seus dereitos pasaban de forma hereditaria o seus fillos, e no seu defecto a suas fillas. (En Castilla e Portugal as mulleres podían reinar, en cambio en Aragón e en Navarra non). O conxunto territorial sobre o que o rei excerce o seu poder constitue un reino. Pero non en todalas partes o reino o rei tiña os mesmos poderes. Habia zonas nas que el tiña o poder directo, e en outras o rei cedeu dereitos os señores locais (tanto laicos como eclesiásticos), señores que execren funcións xudiciais e de goberno sobre as súas terras (señoríos).

A vitalidade das distintas rexións en contra da debilidade do poder central fixo que o rei contase con colaboración militar e economica da nobreza e da pobboación do reino, que deu lugar a aparición de Cortes de Fueros.

As Cortes foron unhas asambleas políticas onde acudían os representantes do reino convocados polo rei. Chamados a título personal (caso dos clerigos e nobles) ou elixidos entre os grupos dirixentes de determinadas cidades, estes representantes agrupabanse por brazos ou estados (normalmente tres): o brazo eclesiástico, o nobiliario ou militar, e o real ou das cidades e vilas reais (tamén chamado dos ciudadanos). Cada un deles non so defendía os intereses do seu grupo, senon que tamén atribúyanse a representación de terras e homes baixo a sua xurisdicción.

Recibe o nome de Fueros o conxunto de leis, usos, costumes, privilexios e liberdades polos que se regulamentaba tanto as atribucións do rei e das institucións do reino como os privilexios da poboación, das cidades ou dos nobres, asi como as normas e penas nas que se basea o dereito local nas causas civis e criminais. En todolos reinos peninsulares xurdiron fueros e leis ampliados gracias as concesións reais obtidas a cambio de servicio e obediencia. Para uns historiadores, os fueros estaban constituidos principalmente polos privilexios acumulados polos grupos dominantes para facer fronte o poder real e para reforza-lo seu dominio sobre as masas populares; en cambio outros din que os fueros representaron as liberdades alcanzadas polo pobo e o reino fronte a arbitrariedade do poder real.

En canto o Poder Real existen dúas concepcións diferentes. Unha que podemos calificar de autoritaria, defende que o poder do rei procede directamente de Deus e que, polo tanto, o rei dispuña do poder supremo sen mais limitacións que o cumprimento das leis divinas. A outra concepción que podemos denominar pactista, ainda recoñecendo a orixe divina do poder, matiza que a autoridade dos reis procede e está limitada pola comunidade sobre sobre a que reina, e, polo tanto, o rei goberna en virtude dun pacto baseado no previo respeto das leis, fueros e privilexios do reino a cambio da obtención e obediencia.

A evolución dos acontecementos históricos favoreceu o autoritarismo real nos reinos de Castilla e León. En cambio en Aragón, Navarra e señoríos vascos a autoridade real estivo limitada.

A unión de coroas realizada polos Reis Católicos non alterou a situación xurídica e política dos distintos reinos, xa que cada un deles mantivo as súas propias leis e institucións. Os seus sucesores da dinastía dos Habsburgo mantiveron e respetaron, agás certas excepcións, a autonomía dos diferentes reinos e señoríos que componían a súa monarquía.

O respecto a autonomía dos reinos e señoríos manifestouse na confirmación e xuramento que os sucesivos reis fan dos seus fueros e privilexios que se mantiveron sen modificación durante séculos. A política dos reis, en cambio. Tendente a reforza- lo seu poder, provocou roces e tensións co particularismo dos reinos. As tendencias partidarias da uniformización da monarquia e da abolición des particularismos, alcanzaron unha especial formulación co Conde Duque de Olivares, valido do rei Felipe IV. Presionado polas crecentes necesidades financieras das guerras que promovía e ante a resistencia que amosaban os reinos da Coroa de Aragón, así como Portugal, a incrementa-la sua contribución fiscal, o Conde-Duque propuso a Felipe IV transforma-la estructura da Monarquía buscando a igualdade xurídica de todolos seus reinos; isto significaba abolir os fueros de cada reino e establecer en todos eles as mesmas leis: As de Castilla.

Foi Felipe V, primeiro rei da dinastía dos Borbóns, quen modificou a situación xurídica da Monarquía. Aproveitando a rebelión dos reinos da Coroa de Aragón, partidarios da dinastía dos Austrias na chamada guerra de Sucesión a Coroa Española, Felipe V a medida que recuperou o territorio foi abolindo todolos fueros, e poniendo as leis de Castela no seu lugar.

Estas medidas uniformizadoras dos Borbons levan a moitos historiadores a falar dun centralismo Borbonico; sen embargo non debemos olvidar que que exitiron organismos autónomos: Navarra e as Provincias Vascas, que mantiveron os sus fueron e reximes especiais por haber apoiado a Felipe V.

B. O ANTIGO REXIME EN ESPAÑA. TRAZOS CARACTERISTICOS

  • SISTEMA ECONÓMICO

  • As actividades agrícolas e gandeiras constituían a base económica fundamental: eran a principal fonte de riqueza e nelas ocupabase a case totalidade da poboación. En sintese:

    -Tiñan un carácter predominante de subsistencia e de pago de rendas, que as produccións estaban estinadas a cubri-los gastos dos campesiós e paga las rendas e impostos.

    -A meirande parte dos excedente agrarios ían a parar (mediante o pago de rendas) a uns grupos sociais reducidos (os propietarios das terras)

    -As técnicas e instrumentos agrícolas eran reudimentarios; os sistemas de cultivo mais frecuentes eran a rotación bienal ou trienal, utilizando o barbeito como medida para rexenera-lo solo.

    -Os rendementos eran baixos e, en moitos casos, non estaban garantidas as necesidades alimenticias basicas.

    -Agás nalgunhas zonas, as innovacións tanto instrumentais como de técnicas agrícolas foron escasas.

    -O nivel de vida de moitos campesinos e xornaleiros era prácticamente de subsistencia.

    O réxime de propiedade da terra segue modelos medievais. Son escasos os campesinos que traballaban terras propias. A inmensa mayoría das terras son propiedade dos nobres, dos eclesiásticos ou dos concellos e estabanm suxeitas a algún tipo de vinculación de impiden a sua venta. Eran as terras vinculadas ou que non se podían separar e as terras de mans mortas, que eran as que posuia a igrexa mediante previa heredación por parte dalgún crente a cambio da salvación da súa alma.

    En moitas zonas de España, os propietarios das terras arrendanas os cultivadores mediante contratos de curta duración no caso de Castilla e Andalucia, ou de longa duración como en Galicia. Os Foros, en xeral, son contratos esencialmente agrarios de longa duración, polos que unha persoa ou institución cede a outra o uso e disfrute dun ben, xeralmente unha terra a cambio duna serie de obrigas, como coidala, paga-la renda, comunica-los cambios... A complexidade destes foros era tan grande que as veces eran subaforadas.

    As actividades artesanais e comerciais, tiveron un escaso desenvolvemento e, en liñas xerais, manifestaron unha clara dependencia fronte o extranxeiro. En sintese:

    -A producción artesanal mantiñase no niveldo taller e da manufactura resida por normas gremiais que cotrolaban os prezos. Tratabase por tanto duha producción de consumo local.

    -O desenvolvemento tecnolóxico foi moi escaso e as técnicas de producción foron escasamente innovadas.

    -En Cataluña, produciuse o desenvolvemento dunha industrialización moderna baseada nos tecidos de algodón.

    -O comercio interior estaba estreitamente vinculado os intercambios coas colonias americanas; A incapacidade da insdustria española para proveer a America provocou a necesidade de abastecer masivamente productos estranxeiros que eran pagados coas materias primas traidas de America.

    -O Estado desenvolveu un decidido papel interventor mediante o fomento e creación de manufacturas e o control dos prezos do mercado.

  • REXIME DEMOGRAFICO ANTIGO

  • O rexime demográfico en España caracterizabase pola existecia de altas taxas de natalidade e a sua vez de altas taxas de mortalidade, o que facía que o crecemento da poboación fose relativamente moderado. Tamén exitian bruscos descensos de poboación provocados por anos de fame e por enormes epidemias, que levaban as taxas de mortaldade a niveis catastróficos.

  • SOCIEDADE ESTAMENTAL

  • Neste tipo de sociedade, os criterios fundamentais de clasificación social e de prestixio viñan determinados pola función, o nacemento ou honor que os individuos desempeñaban nela. Existian grupos que posuían privilexios e prerrogativas legais e politivcas que non estaban o alcance dos demais; este grupo o componían os nobres e eclesiásticos. O resto da poboación conformaban a ampla mayoría dos non privilexiados agrupados baixo o cualiicativo de terceiro estado. A sua vez en cada grupo ou estamento existian fortes diferencias entre eles determinadas polo grao de riqueza.

    Os valores aristocráticos constituían o modelo de prestixio social: o noble ocioso que non traballaba e vivia das rendas. En amplas capas da poboación estaba estendida unha valoración negativa de diferentes oficios artesanais. Outro valor clave da sociedade española de Antigo Réxime era non ter antepasados xudeus, mouros ou herexes, ou sexa, ter limpeza de sangue. Como grupos privilexiados os nobles e eclesiásticos vivian fundamentalmente das rendas e dos excendentes agrarios dos seus señoríos territoriais. A grande riqueza da Igrexa así como os honores e privilexios reservados os seus memor fixo que o desempeño de cargos relixiosos fose un interesante atractivo para moitas familias acomodadas.

    Esta sociedade estamental é unha sociedade moi pouco dunámica, na que resulta sumanente difícil poder cambiar de estamento (agás no cado da entrada no estamento clerical). Sen embargo, nalguhas ocasións, os nobres con problemas economicos e os burgueses ricos trataban de emparentarse mediante os matrimonios de conveniencia obtendo fortuna a cambio de posición social. Estos matrimonios estaban moi criticados.

  • REXIME SEÑORIAL

  • A existencia de este tipo de rexime implica que as terras, pobos e persoa estan sometidas a autoridade directa dun señor, o dono do señorío.

    Dita autoridade que data da Idade Media baseabase en dopus tipos de señorío: Señorío territorial ou solariego que eran as posesións dos dereitos de propiedade da terra e nos lazos de dependencia persoal establecidos cos habiantes aveciñados nela dende “tempos inmemoriais” e logo estaba o Señorío Xurisdiccional que baseabase nas posesión do poder de xurisdicción (concedido polos reis) sobre os homes e mulleres que vivian nese territorio.

    Estas dúas vertentes do poder señorial non sempre estaban claramente eparadas e, en moitos casos, existiu unha grande confusión o ser da mesma persoa a posuidora dos dous señoríos.

    Dependendo da categoría do señor do territorio, pódese distinguir entre señorío de reguengo ou do rei, señorío secular ou dos nobres, señorío eclesiástico e señorío das Ordes Militares que pertencian o rei. Coa exitencia de este tipo de Señoríos, extensas zonas de España quedaban fora do poder do rei pasando ser nobres e eclesiásticos os que se encargan de cobrar taxas e impostos e aplicar as leis.

  • MONARQUIA ABSOLUTA E SOBERANIA REAL

  • Os dous trazos característicos do sistema político son a monarquía de carácter absoluto e a soberanía real. Na monarquía española, o poder supremo e a soberanía reisida e pertencia o rei (soberanía real); este poder debía ser exercido de maneira absoluta e sen ninguna limitación, xa que o recibe directamente de Deus. Coa nova dinastía dos Borbons, os reis de España actuaron como señores e propietarios do seu reino e únicos responsables do seu goberno.

    Pero a persar destas tendencias absolutistas e centralizadoras, subsistiu na coroa de España, un elevado grao de diversidade xurídica e administrativa, xa que se mantiveron tanto os privilexios particulares (fueros) de certos territorios coma os privilexios persoais (señoríos) debendose contentar os reis con superpoñer a sua autoridade sobre esta situación.

    C. O REFORMISMO ILUSTRADO

    As novas ideas reformistas e ilustradas, que defendían tanto a capcidade da razón humana para descubri-la verdade e as leis da natureza, como a necesidade de proponer e realizar reformas co obxetivo de incrementa-lo benestar material do país, mellora-la sociedade e alcanza-la felicidade persoal., foron aceptadas e desenvolvidas por unha minoría de persoas, que conseguiron unha enorme influencia política. Conseguiron o apoio e a aceptación por parte dos monarcas, gobernos que se coñeceron como reformismo ilustrado, Un regimen político que se resumía en una frase “Todo para o pobo pero sin o pobo”

    Na coroa española, este reformismo iniciase na primeira metade do século XVII e chega o seu máximo esplendor no reinado de Carlos III e comeza a esnaquizarse coa chegada do seu fillo Carlos IV como resultado do seu propio fracaso e o impacto da Revolución Francesa na sociedade española.

  • A BUSCA DA RACIONALIZACION ECONOMICA E ADMINISTRATIVA

  • A complexa realidade administrativa e económica existente na Monarquía española, foi abxecto duna dura crítica por parte dos ilustrados que propugnaron a súa simplificación e uniformización co obxectivo de mellorar tódalas actividades económicas.

  • A DEFENSA DA TRANSFORMACIÓN DA AGRICULTURA

  • A agricultura estaba considerada por moitos ilustrados coma a principal fonte de riqueza do pais, sen embargo, os sistemas de esta riqueza estaban moi limitados, debido as normas existentes pertencentes a época do antigo réxime.

    Para remedia-la situación, os gobernos fomentaron o cultivo de novas teras (colonización de Serra Morena), favoreceron a introducción de melloras técnicas (renovación e mellora das sementes, difusión de novos procedementos), decretaron a liberdade de prezos e de circulación para o trigo, propuxeron modifica-lo sistema impositivo (coa implantación duna única contribución) e mellora-lo réxime de propiedade; pero estes proxectos fracasaron pola oposición dos grupos dominantes tradicionais.

    En canto o réxime de propiedades, as criticas dirixironse o exceso de terras vinculadas e de mans mortas e a abundancia de campesinos pobres e xornaleiros sen terras. Foron varias as propostas. O final, en relación coa sentida necesidade de transforma-lo rexime de propiedade da terra, os gobernos ilustrados ralizaron repartos de terras comunais e levaron a cabo a primeria desamortización ou venda, en puxa publica dos bens de mans mortas.

  • A POTENCIACION DAS ACTIVIDADES ARTESANAIS E COMERCIAIS

  • Co obxetivo de supera-lo atraso económico e incrementa-la riqueza do país e os recursos para o Estado, os gobernos ilustrados buscaron incentiva-la artesania e a industra en España. Baseouse fundamentalemente en:

    -O fomento da producción artesanal e industral mediante a concesión de axudas a amliación dos vellos talleres ou a montase de novas fabricas; aplicación de medidas proteccionistas, introducción de novas técnicas; creación de manufacturas reais destinadas a satisface las demandas da coroa ou da mariña real

    -Defensa da industria popular, e dicir, daquelas actividades artesanais que e aproveitasen as dispoñibilidades dos campesinos no seu tempo libre nas actividades agrícolas, ou no seu tempo de descanso agrícola.

    -Mellora nas comunicacions terrestres e marítimas mediante a construcción dos camiños reais, a mellora dos portos, o incremento da mariña para as defensas das rutas comerciais

    -A progresiva liberalizacion do comercio con America (a xoia da Coroa) co obxetivo de incrementa los intercambios comerciais e estimula-la producción interior

    Para potencia-la renovación das actividades económicas, os reformistas contanto co apoio e estímulo dos gobernos ilustrados crearon novas institucions: Academias de Agricultura, Sociedades Economicas; todas elas foron vistas como medios para lograra participación da nobreza, o clero e os comerciantes nas tarefas de rexeneración económica.

  • CRITICA E REFORMA SOCIAL

  • A mayoría dos reformistas e dos gobernos ilustrados foron partidarios do mantemento dun sistema social baseado na harmonía e na colaboración entre os distintos grupos sociais así como na diminución dos privilexios e das diferencias baixo a dirección a dirección eficaz duna nobreza renova e a supervisión da coroa.

    Esta moderación foi compatible cunha dura critica os valores sociais tradicionais e os abusos e privilexios dos nobres e dos eclesiásticos, critica que ia coa aceptación e defensa da capacidade persoal e de traballo como merito para ocupar cargos e honores publicos. A defensa do traballo e dos meritos persoais tamén foi acompañada duna dura crítica os prexuizos sociais existentes sobre os chamados oficios viles, pasando a ser traballos honrados como outros claqueira.

  • O FOMENTO DA EDUCACIÓN E DA RENOVACIÓN CIENTÍFICA

  • A renovación da educación e da cultura foi unha preocupación constante, xa que podía servir como medio para a transformación dos habitos sociais e incrementa-la riqueza do pais.Neste contexto, tanto os ilustrados como os gobernos reformistas, apoiaron o fomento duna educación de tipo util e practico baseada no coñecemento das normas de conducta social e das novidades técnicas existentes.

  • O REFORZAMENTO DO PODER ABSOLUTO DOS MONARCAS

  • Os pensadores ilustrados españois reflexionarion amplamente sobre o sistema pilitico vixente e sobre o exercicio do poder por parte dos monarcas. Moitos deles deenderon o reforzamento do poder absoluto dos reis, pero entendido duna nova maneira: como medio o servicio da transformación e reforma da Monarquía e como recurso para incrementa-lo benestar de todolos habitantes. O rei debeía ser impulsor das reformas, debía ser un despota ilustrado.

    Sen embargo a lentitude das reformas e a sua paralización polos poderosos foi abrindo paso a novas ideas de momento minoritarias que propugnaban unha transformación radical do sistema, pasando a un novo concepto do poder: limitación do poder real, rexeitamento da soberanía de orixe divina, separación de poderes, abolición de privilexios estamentais, defensa dos dereitos individuais, liberdade e igualdade legal...

    D O IMPACTO DA REVOLUCION FRANCESA

    O poder chegoulle a Carlos IV nunha época difícil, de grandes transformacións en Europa que suporán o fin do antigo réxime, A sua debilidade de carácter levouno a confiar, en cuestións de goberno e de toma de decisións, no consello e nas opinións da sua muller, obexcto este de burlas e criticas. O longo do seu reinado produciuse unha crise progresiva da monarquía tradicional española, crise que afectu a coroa e a propia familia real. Nesta decadencia interviron varios factores:

  • TEMOR A EXPANSION DA REVOLUCION

  • As noticias procedentes de Francia pola revolución que había estalado, causaron un forte impacto en España. O temor o contaxio revolucionario e o desexo de defende-los dereitos reais, levaron os gobernos de Carlos IV a realizar un severo control (por medio da Inquisición) da propaganda revolucionaria e a formar parte das alianza internacionais contra os revolucionarios franceses. De todos modos, estas medidas foron ineficaces.

  • RADICALIZACION IDEOLOXICA INTERNA

  • Os acontecementos revolucionarios en Francia contribuiron a reforza-lo pensamento e os argumentos das dúas ideoloxías básicas do momento en España: Os ilustrados radicais, partidarios de trasnformacións políticas e os defensores do tradicionalismo. Os primeiros viron en Francia un modelo a seguir para eliminar o despotismo e proclama la liberdade e a igualdade. En cambio outros moitos, fundalmente clero e nobleza, ante a ameaza que suponían para os seus privilexios, rexeitan as novas ideas e saen na defensa dos valores tradicionais

  • AMEAZAS INGLESAS O COMERCIO AMERICANO

  • A política exterior de España baseabase na alianza con Francia co obxetivo de facer fronte as ameazas de Gran Bretaña, interesada esta en debilita-lo imperio español e conseguir beneficios dos intercambios con America. A revolucion de Francia fixo que España tivese que facer frente a unha dobre ameaza: A ideoloxica e militar de Francia e a Economica e Naval de Gran Bretaña.

    Asinada a paz con Franca, as guerras contra os británicos foron constantes e acabarán por provoca la quebra co comercio con America e a destrucción da Mariña

  • ASCENSO FULMINANTE DE GODOY

  • En 1792 foi nomeado secreatario de Estado e responsable máximo da política española Manuel Godoy. Alzouse o poder moy novo gracias os favores da raíña María Luisa. En moi poucos meses consguiu cargos moi importantes como de guarda de corps a Tenente Xeral.

    Contando coa absoluta confianza dos reis, Godoy conseguiu provoca-las criticas de numerosos grupos sociais: Igrexa, nobres, ilustrados e incluso do pobo. Creouse un forte odio popular contra Godoy e incrementouse o descontento social e as lirotas dentro da famila real.

  • PROXECTOS DE NAPOLEÓN SOBRE A COROA ESPAÑOLA

  • No seu enfrontamento militar con Gran Bretaña, Napoleón viu na coroa española un eficaz aliado que podía subministrarlle tanto barcos como subsidios economicos. O agravamento do enfrontamento cos británicos e a debilidade da Monarquia española fixo que esta se transformase nunha aliada sumisa as suas directrices. Como Portugal era o unico pais que apoiaba a Gran Bretaña, Napoleón pediu permiso a España para poder invadila e repartir o territorio entre as duas nacions. Os movimentos das tropas francesas cara a Portugal fixo que o malestar crecese entre a poboacion, o que fixo que houbese un cambio de actitude na postura de napoleon para aproveitar a debilidade da monarquia española.

  • OS ENFRONTAMENTOS NA FAMILIA REAL

  • A acumulación de poder e cargos de Godoy, fixo que o pobo, encabezado por aristócratas e o heredeiro da coroa Fernando temeroso da perda de poderes que podia suponer Godoy , recorreron as conspiracións para intentar quitar a Godoy e ata incluso facer abdicar a Carlos IV. En 1807 foi descuberta unha de estas conspiracións. A pesar de estos feios, os reis perdoan o seu fillo. Carlos IV informa a Napoleón e a opinión publica dos feitos o que contribue a un mayor desprestixio da monarquia.

    Tamen coa presencia de tropas francesas en España causou un forte rechazo o goberno de Godoy. A pesar do resultado negativo da conspiración de El Escorial, os partidarios de Felipe continuaron e lovaron a cabo o Motin de Aranjuez, arrasando a casa de Godoy e atemorizando a Carlos IV logrando os seus obxetivos: a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV sobre o seu fillo Fernando.

    A caida de Godoy e o recoñecemento de Fernando como rei foi ben recibido polo pobo. Tendo en conta que neses momentos Napoleón era o arbitro de Europa e que e España existían cuantiosas tropas francesas, pai e fillo recorreron o emperador para recoperar os dereiros arrebatados e confirma-lo acceso o trono.

    Os sucesos de Aranjuez foron para Napoleón un claro testemuño da crise política e da decadencia da monarquia española; estes feitos levaronlle a concebi-la idea de remprazar no trono da coroa de España a dinstia dos Borbons por un membro da sua familia.

    Con esa finalidade, Napoleón reuniu en Baiona os membros da famila real española coa desculpa de mediar nas disputas internas, ali esperaba forzar a renuncia dos dereitos reais e asi presentarse como salvador do pobo español e conceder a coroa a un irman. Os reis cederon pero pero o pobo español respondeulle coa guerra e coa revolucion.