Equipos de protección personal

Derecho Laboral. Normas preventivas. PRL (Prevención De Riesgos Laborales). Accidentes de trabajo. Utilización y mantenimiento

  • Enviado por: José Antonio Rey María Del Mar Pereira
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 46 páginas
publicidad
publicidad

Introducción

Enténdese por protección individual ou persoal, a técnica que ten como obxetivo protexer ó traballador das agresións físicas, químicas ou biolóxicas, que se podan presentar no desempeño da súa actividade laboral.

Equipos de protección personal

A protección individual non elimina o risco de accidente, senón que o reduce e, tendo en conta o baixo custo de esta técnica de seguridade e o alto grado de protección que nos ofrece, é unha das técnicas operativas de maior rendabilidade.

Esta técnica só debe de usarse logo de facer un estudio e análise dos riscos, mediante as denominadas técnicas analíticas, dentro das cales se inclúen:

  • Estudios medioambientais do centro de traballo.

  • Avaliación dos perigos.

  • Análises estadísticos da siniestralidade.

  • Investigación dos danos.

  • Análises de tarefas.

  • Estudios de inspección dos equipos de traballo das instalacións e dos locais.

  • Estudios epidemiolóxicos.

As técnicas de protección individual enténdese como medios de evitar as consecuencias dun accidente laboral ou dunhe enfermidade profesional.

ACCIDENTE LABORAL. É considerado toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea. Así, é necesaria unha conexión entre a lesión e a actividade que se realiza.

Equipos de protección personal
A incidencia dos accidentes laboráis en España é elevada, xa que as estadísticas infórmannos de que en España prodúcense 720.303 accidentes ó ano dos cales 12529 son graves e 1454 mortais. Así, cada ano, no noso país sofren accidentes con baixa o 6,9% dos traballadores.

As consecuencias dos accidentes laborais soen ser materiais (pérdidas de tipo económico), persoais (lesións), accións administrativas e repercusións legais. O maior número en que ocorreron os accidentes debeuse a golpes por obxetos e ferramentas (21.20%), sobreesforzos (8.85%), caídas de persoas ó mesmo nivel (11.74%) e caídas de persoas a distinto nivel (9.01%) *Mirar cadros páxinas seguintes

Estes accidentes, ademáis, reducen a productividade; e as pérdidas que ocasionan, repercuten sobre o coste final do producto.

Estamos de acordo que a seguridade laboral é un componente inseparable do traballo. Polo que a prevención non é un gasto, senón unha inversión...

Equipos de Protección individual (EPI)

Enténdese por EPI calquer equipo destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que o protexa dun ou varios riscos que podan ameazar a súa seguridade ou saúde, así como calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin:

Exclúense desta definición:

Equipos de protección personal

  • Roupa de traballo corrente e os uniformes que non esteñan específicamente destinados a protexer a saúde ou a integridade física do traballador. (Uniforme de camareiro, azafata de congresos, bedel, etc)

  • Os equipos dos servizos de socorro e salvamento.

  • Os equipos dos militares, dos policías e das persoas dos servizos de mantemento da orde.

  • Os equipos dos medios de transporte por carretera.

  • O material de deporte.

  • O material de autodefensa ou disuasión.

  • Os aparellos portátiles para a detención e sinalización dos riscos e dos factores de molestia.

Tamén hai que ter en conta que:

  • Os EPI non teñen por finalidade realizar unha tarefa ou actividade, senón protexernos dos riscos que a tarefa ou actividade presenta. Polo tanto, non se consideran EPI. As ferramentas ou útiles, aínda que estén deseñados para protexer contra un determinado risco. Exemplo. Ferramentas eléctricas aillantes (Secador dunha perruqueira) .

  • O EPI debe ser levado ou suxeitado polo traballador e utilizado da forma prevista polo fabricante. Segundo este criterio, non pode ser considerado un EPI, por exemplo, unha banqueta aillante.

  • O EPI debe ser un elemento de protección para o que o utiliza, non para a protección de productos o persoas alleas. Exemplo, elementos usados polos manipuladores de alimentos ou os utilizados en determinados sectores sanitarios.

  • Os complementos ou accesorios que sexan imprescindibles para o correcto funcionamento do equipo e contribuian a asegurar-la eficacia protectora do conxunto, teñen a consideración de EPI. Exemplo no caso das caídas de altura, o equipo fundamental de protección é o arnés anticaídas. Pero, para que este equipo ofreza unha protección adecuada, é necesario complementalo cun elemento de amarre apropiado. Este dispositivo complementario tamén é un EPI, e tanto o arnés como o amarre deberán utilizarse de forma conxunta.

Criterios para o emprego dos Equipos de protección individual.

Os EPI utilizaránse cando non se poda evitar ou limitar suficientemente os riscos, por medios técnicos como a protección colectiva ou mediante medidas ou métodos de organización do traballo, e queden aínda unha serie de riscos de importancia significativa.

Por exemplo, os EPI débense utilizar:

  • Se despois da avaliación dun determinado risco, se comproba que as medidas técnicas e organizativas non garantizan evitar dito risco por completo.

  • Como medida transitoria, cando a implantación das medidas técnicas e organizativas requiran certo tempo, e ata que dita implantación se leve a cabo con plena eficacia. Esto, sempre e cando o traballador implicado non se atope ante situacións de risco claro e inminente.

  • En situacións para as cales non existan solucións técnicas que permitan resolver o problema.

  • Os EPI utilizaránse en situacións onde se detectaran riscos, e se presenten dificultades de avaliación dos mesmos, por non exististiren os elementos para realizar dita avaliación. Neste caso o EPI presentará o maior nivel de protección posible. Exemplo: Equipos de protección respiratoria autónomos para a protección das vías respiratorias, en lugar de usar unha mascarilla.

  • Aquelas situacións de mantemento ou reparación de averías, frecuentemente imprevisibles, nas que os sistemas de protección poden estar anulados, requiren tamén a situación dun EPI.

  • Cando se adquire un equipo de traballo, que irá acompañado dun manual de instrucción, pode ocorrer que neste se nos indique a necesidade dun EPI. Sen embargo tamén é preciso ter en conta o entorno no que vai estar situado ese equipo e realizar unha selección correcta do EPI, tendo en conta tódolos factores de risco.

  • Igual que co equipo de traballo, ocorre cando se trata de sustancias e preparados perigosos, os cales irán acompañados de “Fichas de seguridade”, onde se especifican as medidas de control para o seu adecuado uso, entre as que pode aparecer a utilización dun EPI. E tamén teremos en conta o entorno e as condicións nas que se vai utilizar ese producto químico.

Condicións que deben reunir os EPI.

A. Os Epi proporcionarán unha protección eficaz frente os riscos que motivan o seu uso, sen ocasionar riscos adicionais nin molestias innecesarias; así deberán:

  • Responder ás condicións existentes do lugar de traballo (Tª, humidade ambiental, concentración de osíxeno...)

  • Ter en conta as condicións anatómicas e fisiolóxicas e o estado de saúde do traballador (considerar o peso e volumen dos EPIs, que non ocasionen reducción de facultades do usuario...)

  • Deben adaptárse ó portador, tralos axustes necesarios. Ex. Un equipo de protección respiratoria deberá adaptarse perfectamente á cara.

  • B. En caso de utilización simultánea de varios EPI, éstes deberán ser compatibles entre si e mante-la eficacia.

    C. Os EPI deberán cumplir coas esixencias esenciais de saúde e seguridade para poder ser comercializados.

    Unha vez asegurado o cumplimento dos requisitos esenciais de saúde e seguridade; un fabricante estará en condicións de poñer o seu producto de protección individual no mercado. Para iso procederá do seguinte xeito:

    Estampará no seu producto unha marca que significa que o producto cumple coas esixencias esenciais de sáude e seguridade. Este marcado compónse dos seguintes elementos:

    • As siglas “CE” para os equipos de categoría I e II

    • As siglas “CE” seguidas dun número de 4 díxitos para os equipos da categoría III. O número de 4 díxitos é un código identificativo, no ámbito da Unión Europea, do organismo que leva a cabo o control de calidade da producción.

    • Elaboraráse unha declaración na que se certifique que o EPI comercializado cumple o disposto no Real Decreto (R.D.) 1407/1992 a fin de podelo presentar á Administración pertinente.

    • Suministraráse conxuntamente co equipo un folleto informativo, no que se explicarán o niveis de protección ofrecidos polo equipo, o seu mantemento, etc. Este documento tén unha grande importancia á hora de seleccionar o equipo, e desenrolar tódalas tarefas de mantemento durante a vida útil de mesmo.

    Clasificación do EPI.

    Segundo o criterio que se adopte podemos establecer as seguintes clasificacións:

    • Atendendo o Grao de protección que ofrecen:

      • Epis de protección parcial. Protexen determinadas zonas do corpo; ex. Cascos, luvas, calzado, etc.

      • Epis de protección integral: protexen ó individuo sen especificar zonas determinadas do corpo Ex. Traxes ignífugos, dispositivos anticaídas, etc.

    • Atendendo ó tipo de risco a que se destina:

    • Epis de protección frente a agresivos físicos:

    Mecánicos: cascos, luvas...

    Acústicos: tapóns, orelleiras

    Térmicos: traxes, calzado

    • Epis de protección frente a agresivos químicos:

    Máscaras, mascarillas, equipos de respiración autónomos, etc.

    • Epis de protección fronte a agresivos biolóxicos:

    Traxes especiais

    • Atendendo á tecnica que se aplica:

      • EPIs para protexer ó traballador fronte ó accidente motivado polas condicións de seguridade.

      • EPIs para protexer ó traballador fronte a enfermidades profesionais motivadas polas condicións medioambientais Ex: máscaras, tapóns, pantallas, etc.

    • Atendendo á zona do corpo a protexer:

    • Protectores de cabeza.

    • Protectores de oído.

    • Protectores de ollos e cara

    • Protectores de vías respiratorias

    • Protectores das mans e dos brazos.

    • Protectores dos pés e das pernas

    • Protectores da pel

    • Protectores do tronco e o abdomen.

    • Protectores de todo o corpo

    De cara a asegura-lo cumplimento das esixencias de saúde e seguridade, os equipos clasifícanse en 3 categorías:

    Categoría I. Son os equipos destinados a protexer ó usuario de riscos mínimos como:

    • Agresións mecánicas que produzan efectos superficiais (guantes de xardinería, dedais...)

    • Productos de mantemento pouco nocivos que teñan efectos fácilmente reversibles Ex. luvas de protección contra solucións deterxentes diluídas.

    • Os riscos durante as tarefas de manipulación de pezas quentes que non expoñan ó usuario a temperaturas superiores ós 50 ºC nin a choques perigosos. Ex: luvas, mandíles de uso profesional, etc.

    • Os axentes atmosféricos que non sexan nin excepcionáis ni extremos. Ex: gorros, roupas de temporada, zapatos e botas.

    • Os pequenos choques e vibracións que non afecten ás partes vitais do corpo e non podan provocar lesións irreversible Ex: cascos lixeiros de protección da cabeza, luvas, etc.

    • Protectores da radiación solar: gafas de sol.

    Categoría II: Son equipos destinados a protexer contra riscos de grado medio ou elevado pero non de consecuencias mortais ou irreversibles.

    Categoría III. Son os equipos que nos protexen contra os riscos de consecuencias mortáis ou irreversibles. A esta categoría pertencen:

    • Os equipos de protección respiratoria filtrantes que protexen contra os aerosoles líquidos e sólidos ou contra os gases irritantes, perigosos, tóxicos ou radiotóxicos.

    Equipos de protección personal

    • Os equipos de protección respiratoria completamente aillantes da atmósfera, incluídos os destinados á inmersión

    Equipos de protección personal

    • Os Epi que só ofrezan unha protección limitada no tempo contra as agresión químicas ou contra as radiacións ionizantes.

    • Os Equipos de intervención en ambientes cálidos con efectos comparables ós dunha temperatura ambiente igual ou superior ós 100 ºC., con ou sen radiación de infravermellos ou grandes proxeccións de materiais de fusión.

    • Os Equipos de intervención en ambientes fríos, con efectos comparables dunha tª ambiente igual a -50 ºC

    • s Epi destinados a protexer contra as caídas desde determinada altura

    .Equipos de protección personal

    • Os Epi destinados a protexer dos riscos eléctricos nos traballos realizados baixo tensións perigosas ou os que se usen como aillantes de alta tesión.

    A ELECCIÓN DOS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

    Para a elección dos EPI, o empresario levará a cabo as seguintes actuacións:

    • Análise e valoración dos riscos existentes que non poden evitarse ou limitarse por outos medios (Riscos residuáis)

    • Coñecemento das características que deberán cumplir os EPI para garantir o seu correcto funcionamento.

    • Coñecemento das normas xerais de utilización deses equipos e os casos nos que o empresario debe suministralos ós traballadores.

    • Estudio da parte do corpo que pode resultar afectada

    • Estudio das esixencias ergonómicas do traballador.

    • Avaliación das características dos EPI dispoñibles no mercado.

    Ó elexir un EPI, en función da análise feita, o empresario deberá verificar a conformidade do equipo elexido, coas condicións e requisitos que debe reunir.

    Equipos de protección personal

    Utilización e mantemento dos EPI.

    Para unha utilización correcta, a empresa deberá informar ó traballador sobre os riscos a cubrir e a necesidade do seu uso correcto para protexer a súa saúde.

    A utilización, almacenamento, mantemento, a desinfección cando proceda, a limpeza e a reparación dos EPI, faráse de acordo coas

    instruccións do fabricante.

    Equipos de protección personal
    As condicións en que un equipo de protección debe ser utilizado, sobre todo no que se refire ó tempo que se leve, determinaranse en función de:

    • A gravidade do risco.

    • O tempo e frecuencia de exposición ó risco.

    • As condicións do posto de traballo

    • As prestacións do propio equipo.

    • Os riscos adicionais derivados da propia utilización do equipo que non se puideran evitar.

    Os EPI están destinados, en principio a un uso persoal. Pero se as circunstancias esixisen a utilización dun equipo por varias persoas, adoptaránse as medidas necesarias para que isto non provoque ningún problema de saúde ou hixiene ós diferentes usuarios.

    Os EPI só se deben utilizar para os usos previstos seguindo as instruccións da folla informativa do fabricante.

    NormativaEquipos de protección personal
    Equipos de protección personal

    A obligatoriedade e a regulación dos EPI encóntranse contempladas nas seguintes disposicións:

    • Artículos 7 e 8 dos reglamentos do amianto (BOE. Do 7-11-84) e chumbo metálico e os seus compoñentes iónicos (BOE do 24-04-86), así coma o artículo 6 do Reglamento sobre Cloruro de vinilo monómero (BOE do 6-5-86)

    • Ordes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, desenrolando unha serie de instruccións técnicas relativas ó Reglamento de Almacenamento de Productos Químicos, onde se prescribe o uso de proteccións persoais.

    • Real Decreto 1407/1992, do 20 de Novembro, polo que se regulan as condicións para a comercialización e libre circulación intracomunitaria dos EPI. (BOE do 28-10-92). Corresponde á transposición da directiva do Consello do 21 de Decembro de 1989, sobre aproximación das lexislacións do Estados Membros relativas ós EPI (89/686/CEE)

    • Real Decreto 773/1997, do 30 de Maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de EPIs.

    Obligacións de Fabricantes, Empresarios e Usuarios.

    Antes de elixir un EPI, o empresario ten a obligación de proceder a unha apreciación do mesmo, incluíndo:

    • O análise e avaliación dos riscos que non se podan evitar por outros medios.

    • Definicións das características necesarias para que os EPIs respondan ós riscos, tendo en conta os eventuais riscos que puideran constituir os propios EPIs.

    • A avaliación das características do EPIs en cuestión que esteñan dispoñibles, en comparación coas características recollidas anteriormente.

    • Volver a efectua-los pasos anteriores cada vez que se teña pensado producir un cambio na situación do risco.

    As obligacións para o suministrador son:

    • Efectuar o trámite da certificación e marcado CE

    • Controlar os productos fabricados

    • Coñecer os riscos que pode afronta-lo seu EPI, así coma os posibles riscos derivados da súa utilización

    • Proporciona-la información de uso e mantemento no idioma do país no que se comercializa.

    Para a empresa:

    • Valora-los riscos existentes en cada posto de traballo.

    • Valora-las posibles situacións de emerxencia.

    • Defini-las prestacións que deben satisface-los EPIs a utilizar en cada un dos postos analizados.

    • Solicitar ós suministradores información acerca das prestacións definidas anteriormente.

    • Consultar cos traballadores ou os seus representantes sobre os equipos que poden ser máis recomendables para a súa aceptación de entre os existentes no mercado que cumplan coas especificación técnicas.

    • Adquiri-los equipos seleccionados, controlando que os mesmos veñan acompañados das especificacións técnicas esixidas

    • Informar ós usuarios dos riscos para os que se recomendan os equipos, elaborar unha normativa de uso e mantemento, e facilita-la formación necesaria para a súa correcta utilización.

    Para o usuario:

    • Solicitar información sobre as condicións de uso e mantemento

    • Seguir correctamente as instruccións e velar polo correcto funcionamento do equipo, seguindo as normas de limpeza e mantemento

    Problemática dos Epi.

    Os problemas ante a implantación destes equipos nos postos de traballo son de diversa índole, pero fundamentalmente son consecuencia dunha desacertada elección do equipo.

    É de sumo interese non efectua-la elección ó chou ou baseándose en documentación xa existente, senón que se debe adaptar ó traballo que se desenrola, efectuar unha análise dos riscos do posto e as partes do corpo que poden resultar afectadas e que, polo tanto, é preciso protexer.

    Na elección dos equipos o ideal é facer participar ós representantes dos traballadores, xa que se poden realizar probas con algúns equipos. Por outra banda, facendo isto, estamos cumplindo o art. 18 da Lei de Prevención con respecto á información, consulta e participación dos traballadores.

    Protección individual fronte a riscos hixiénicos

    Neste punto temos que falar dos riscos derivados das condicións medioambientais, como son o ruído, os contaminantes químicos, as radiacións, etc.

    Para protexernos contra estes riscos utilizaremos:

  • Equipos de protección respiratoria

  • Equipos de protección auditiva

  • Equipos de protección da vista e da cara.

  • 1. Equipos de protección das vías respiratorias.Equipos de protección personal

    Estes equipos teñen como misión proporcionar ó traballador que se encontre nun ambiente contaminado, con ou sen deficiencia de osíxeno, o aire que precisa para respirar nas debidas condicións hixiénicas.

    O uso destes equipos está indicado nos casos de :

    • Deficiencia de osíxeno do aire (menos do 17% en volume de aire)

    • Aire contaminado ou viciado (partículas, gases ou vapores)

    É importante saber que é de sumo interese leva-los equipos postos xa que podemos evitar alerxias, irritacións, fibrosis pulmonar, asfixias, cancro, etc, que derivarán das reaccións bioquímicas que teñan lugar no noso corpo, ó chegar partículas e/ou gases tóxicos á parte máis profunda dos pulmóns

    A definición de equipo de protección respiratoria enténdese coma o constituído por un adaptador facial e un sistema encargado de levar aire respirable a dito adaptador. Así, temos dúas clases:

    Equipos filtrantes, dependentes da atmósfera ambente.

    Equipos respiratorios, independentes da atmósfera ambente.

    2.Equipo filtrante.

    O aire pasa a través dun filtro que retén as impurezas antes de ser inhalado:

    Clasifícanse en:

    • Equipos filtrantes de partículas, que poden ser:

    Filtro contra partículas con adaptador facial.Equipos de protección personal

    Mascarilla autofiltrante contra partículas.

    • Equipos filtrantes contra gases e vapores:

    Filtro antigás con adaptador facial

    Equipos de protección personal

    Mascarilla autofiltrante contra gases e vapores.

    Equipos de protección personal

    • Equipos filtrantes mixtos.

    Filtro mixto con adaptador facial

    Mascarilla autofiltrante mixta

    Os adaptadores faciais poden ser:

    • Máscaras: cubren a boca, o nariz, os ollos e o queixo. Equipos de protección personal
      Equipos de protección personal

    • Mascarillas: cubren a boca e o nariz

    Equipos de protección personal

    • Boquillas: sosténse polos dentes, mantendo os beizos pechados e é, a través da cal se inhala e exhala o aire mentres o nariz está obturado por unha pinza

    • Mascarillas autofiltrantes: están enteiramente realizadas con materiais autofiltrantes.

    Equipos de protección personal

    • Capuz: cobre completamente a cabeza, pescozo e ás veces os ombreiros.

    • Casco: adaptador facial que protexe a parte superior da cabeza do portador contra os golpes

    3.Equipo respiratorio

    Permiten ó usuario respirar independientemente da atmósfera ambiente.

    Clasifícanse en:

    -Equipos non autónomos -de aire fresco

    -de línea de aire comprimido.

    -Equipos autónomos

    A modo de exemplo podemos utiliza-los equipos de protección respiratoria en:

    • Traballos en contenedoes, locais exíguos e fornos industriais alimentados por gas, cando poden existir riscos de intoxicación por gas o de insuficiencia de osíxeno.

    • Traballos na boca dos altos fornos.

    • Traballos cerca de convertidores e conduccións de gas de altos fornos.

    • Traballos cerca da colada dun forno en cubilote, culler ou caldeiro cando poidan desprenderse vapores de metais pesados.

    • Traballos de revestimento de fornos, cubilotes ou culleres cando poida desprenderse pó.

    • Pintura con pistola sen a ventilación suficiente. Equipos de protección personal

    • Traballos en pozos, canles e outras obras subterráneas da rede de sumidoiros.

    • Traballos en instalacións frigoríficas nas que exista risco de escape de fluído frigorífico.

    4.Factores a ter en conta para a súa selección

    • Concentración de osíxeno

    • Sustancias contaminantes (natureza, estado físico e formas en que se encontra)

    • Se existe risco de irritacións.

    • Concentración dos contaminantes.

    • Tempos de exposición das persoas expostas e número delas.

    • Características do lugar e posto de traballo (posibilidade de saídas de emerxencia, T ambiental, tipo de traballo, etc.)

    • Se existen outros riscos simultáneamente (mecánicos, térmicos, químicos, radiacións...)

    Equipos de protección auditiva Equipos de protección personal

    Reducen o nivel de presión acústica a fin de non producir dano no aparato auditivo do individuo exposto. Existen dous tipos de protectores acústicos:

  • Protectores auditivos externos (orelleiras e cascos)

  • Protectores auditivos internos (tapóns e válvulas)

      • Protectores auditivos tipo “tapóns”: introdúcense no canle externo do oído, polo que se adaptan fácilmente.

    Equipos de protección personal

      • Protectores auditivos tipo “orelleiras”: con arnés de cabeza (permite suxección dos dous casquetes e facilita o axuste á cabeza), baixo o queixo ou a nuca.

    Equipos de protección personal
    Equipos de protección personal

      • Cascos antiruido: cubren parte da cabeza ademáis do pabellón externo do oído. Sóense emplear en aviación.

      • Protectores auditivos acoplables ós cascos de protección para a industria.

    Equipos de protección personal
    Equipos de protección personal

      • Protectores auditivos dependentes do nivel.

    Para realizar a elección do equipo adecuado deberán terse en conta:

    • Esixencias en materia de atenuación (débese evitar a sobreprotección) acústica.

    • Características subxectivas (comodidade, peso...)

    • Ambiente de traballo e actividade

    • Problemas de saúde

    • Compatibilidade con outros equipos de protección da cabeza

    • Marcas de certificación

    Os protectores de oído débense usar en traballos como:

      • Prensa para metais

      • Traballos que leven consigo a utilización de dispositivos de aire comprimido.

      • Actividades de persoal de terra nos aeroportos

      • Traballos de percusión.

      • Traballos nos sectores da madeira e textil

    Equipos de protección dos ollos e da caraEquipos de protección personal

    Dentro deste grupo inclúense os equipos empregados para protexer ó traballador fronte a aqueles riscos existentes no medio laboral que podan afectar á vista e/ou a cara.

    Equipos de protección personal
    Os principais axentes agresores que poden causar accidentes ou enfermidades profesionais son, entre outros:

    • Impactos de partículas

    • Salpicaduras de líquidos

    • Atmósferas contaminadas

    • Radiacións nocivas

    Dependendo do tipo de traballo teremos que usar un ou outro equipo. O Real Decreto 773/97 no anexo III, amósanos unha lista indicativa e non exhaustiva de actividades que poden requerir a utilización de equipos de protección para os ollos:

    • Traballos de soldadura, esmerilados, pulido ou corte.

    Equipos de protección personal

    • Traballos de perforación e burilado

    • Talla e tratamento de pedras.

    • Manipulación de pistolas grapadoras

    • Utilización de máquinas que ó funcionar levanten virutas.

    • Traballos de estampado.

    • Recollida e fragmentación de vidro, cerámica...

    • Traballo con chorro protector de abrasivos granulosos.

    • Manipulación de productos ácidos e alcalinos, desinfectantes e deterxentes corrosivos.

    • Manipulación de dispositivos con chorro líquido.

    • Manipulación de masas en fusión e permanencia cerca delas.

    • Actividades nun entorno de calor radiante.

    • Traballos con láser.

    Os equipos de protección dos ollos e a cara pódense considerar incluídos en dous grandes grupos:

    a. Protectores oculares ou gafas de seguridade: Equipos de protección personal

    • Gafa de montura universal, de deseño semellante as de uso normal, que permiten usar cristais graduados.

    Equipos de protección personal

    • Gafa de montura integral, na cal a protección e a montura forman unha mesma peza.

    • Gafa tipo “cazoleta”, na que a montura está formada por dúas cazoletas unidas mediante unha ponte.

    • Gafa adaptada á face, na que a montura axusta herméticamente á face do usuario

    Equipos de protección personal

    Equipos de protección personal

    b.Pantallas de protección.

    Equipos de protección personal

    As pantallas faciais diferéncianse polo material que constitúe o armazón ou montura, a cal se confunde co ocular ás veces, chamándose entón visor. Existen:

    • Pantallas para soldar (de man, de cabeza, acoplables ó casco de protección para a industria). O seu armazón está fabricado en materiais opacos ás radiacións.

    Equipos de protección personal

    • Pantallas de malla; a montura é a malla metálica, podendo ou non selo o ocular

    .Equipos de protección personal

    • Pantallas de plástico, con un visor grande, que é á vez protección adicional.

    Equipos de protección personal

    • Pantallas de tecido. Os materiais máis usados para configura-lo armazón son o amianto e a lona, recubertos dunha capa reflectante.

    As pantallas están provistas de filtros ou oculares filtrantes adecuados á intensidade das radiacións existentes no lugar de traballo. Tamén levan diante un cubrefiltro que preserva dos primeiros posibles riscos mecánicos, e detrás do filtro un antecristal que preserva o ollo do usuario contra partículas que podan existir no ambente laboral no momento no que o filtro non se esté necesitando e sexa levantado para permitir realizar máis fácilmente distintas operacións

    Protección individual fronte a riscos mecánicos.

    Equipos de protección personal

    Imos analizar os EPIs máis utilizados para facer fronte ós riscos mecánicos que fundamentalmente afectan á cabeza e ás extremidades.

  • Protección do cráneoEquipos de protección personal

  • Entre os riscos máis habituais ós que pode atoparse sometida a cabeza, podemos citar:

    • Condicións atmosféricas

    • Choques, impactos e caídas de obxetos

    • Enganches do cabelo

    • Radiacións

    • Sustancias contaminantes

    • Agresivos químicos diversos

    Para a protección do cráneo o equipo máis utilizado é o casco de protección que, en casos especiais pode ofrecer tamén protección fronte a condicións climáticas como baixa temperatura, etc. Pero a pesar disto, tamén se usan bastante os cascos de seguridade (en obras públicas e construcción, minas e industrias diversas), as prendas de protección para a cabeza (gorros, sombreiros de tecido recuberto, etc.) e cascos para usos especiais (lume, productos químicos, etc).

    O casco de protección pode estar fabricado de diferentes materiais, sendo os máis habituais os non metálicos como o polietileno, polipropileno, poliester ou “nylon”.

    Na norma UNE-EN 397 “Cascos de protección para a industria” especifícanse os requisitos que debe cumplir este equipo.

    O casco debe estar composto de:

    • Casquete: é a parte resistente do mesmo que actúa como pantalla fronte ós golpes, choques ou impactos.

    • Arnés: é a parte interna formada por un sistema de cintas ou bandas, que permiten a suxección do casco á cabeza, amortigüan os efectos dos choques e impactos e facilitan a aireación.

    Equipos de protección personal

    O R.D. 773/97 no anexo III, amósanos unha lista indicativa e non exhaustiva das actividades que poden requerir o uso de cascos protectores.

    • Obras de construcción e, especialmente, actividades en, debaixo ou cerca de andamios e postos de traballo situados en altura, obras de encofrado e desencofrado, montaxe e instalación, colocación de andamios e demolición.

    • Traballos en pontes metálicos, edificios e estructuras metálicas de grande altura, postes, torres, obras hidráulicas de aceiro, instalacións de altos fornos, acerías, laminadores, grandes contedores, canalizacións de grande diámetro, instalacións de caldeiras e centrais eléctricas.

    • Obras en zanxas, fosas, pozos e galerías.

    • Movementos de terra e obras en roca.

    • Traballos en explotacións de fondo, canteiras, explotacións a ceo aberto e desprazamentos de escombreiras.

    • Utilización ou manipulación de pistolas grapadoras.

    • Traballos con explosivos

    • Actividades en ascensores, mecanismos elevadores, grúas e medios de transporte.

    • Actividades en instalacións de altos fornos, plantas de reducción directa, acerías, laminadores, fábricas metalúrxicas, talleres de martelo, estampado e fundicións.

    • Traballos en fornos industriais, contedores, aparellos, silos, tolvas e canalizacións.

    • Obras de construcción naval

    • Maniobras de trens.

    • Traballos en matadoiros

    2.Protección de extremidades

    a. Elementos protectores de mans e brazos

    A pesar de que a maior parte dos dispositivos de protección usados en máquinas teñen a misión de protexer as mans, existen unha serie de lesións de menos importancia pola súa orixe (pinchazos, cortes, queimaduras, etc) fronte ós que a protección individual constitúe unha eficaz medida.

    Estes protectores de mans e brazos podémolos clasificar en:

    • Luvas contra agresións mecánicas (cortes, perforacións, vibracións...)

    Equipos de protección personal

    • Luvas contra agresións químicas (son impermeables e resistentes a acción de ácidos, bases, augas e deterxentes, disolventes orgánicos...)

    Equipos de protección personal

    • Luvas contra agresións de orixe eléctrico.

    Equipos de protección personal

    • Luvas contra as agresións de orixe térmico

    Equipos de protección personal

    • Manoplas

    Equipos de protección personal

    • Manguitos e mangas.

    Na UNE-EN-420 “Requisitos xerais de luvas” defínense as características das luvas de uso para os traballadores.

    b. Elementos protectores de pés e pernas.

    Equipos de protección personal

    O calzado de seguridade constitúe o elemento de protección de extremidades inferiores de uso máis xeneralizado, existindo un tipo de calzado para cada risco.

    A clasificación destes equipos pódese facer:

  • Pola súa forma.

  • CalzadoEquipos de protección personal

  • Bota.

  • Equipos de protección personal

  • Zapato

  • Equipos de protección personal

  • Sandalia

  • Polainas

  • Equipos de protección personal

  • Cubrepés.

  • 2. Polo tipo de risco

    2.1 Calzado de seguridade contra riscos mecánicos.

    2.2 Calzado de seguridade fronte a riscos químicos.

    2.3 Calzado de seguridade fronte a riscos térmicos.

    2.4 Calzado aillante da electricidade.

    A norma UNE-EN 344 clasifica o calzado de uso industrial en:

    • Calzado de seguridade para uso profesional: incorpora elementos de protección destinados a protexer ó usuario das lesións puideran ocasiona-los accidentes naqueles sectores de traballo para os que o calzado foi creado, equipado con topes deseñados para ofrecer protección fronte ó impacto ata un nivel de 200 J.

    • Calzado de protección para uso profesional: similar ó anterior, pero vai equipado con topes deseñados para ofrecer protección fronte ó impacto de ata 100 J.

    • Calzado de traballo para uso profesional: tamén similar ós anteriores.

    O R.D. 773/97 ANEXO III amósanos unha lista indicativa e non exhaustiva de actividades que poden requerir o uso destes EPIs:

    a.Calzado de protección y de seguridad:

    • Construcción de estradas e inxenería civil.

    • Traballos en andamios.

    • Obras de demolición de obra grosa.

    • Obras de construcción de formigón e de elementos prefabricados que inclúan encofrado e desencofrado.

    • Actividades en obras de construcción ou áreas de almaceamento.

    • Obras de tellado.

    • Traballos en pontes metálicas, edificios metálicos de gran altura, postes, torres, ascensores, construccións hidraúlicas de aceiro, instalacións de altos fornos, acerías, laminadores, grandes contedores, canalizacións.

    • Obras de construcción de fornos, montaxe de instalacións de calefacción,ventilación e estructuras metálicas.

    • Traballos de transformación e mantemento.

    • Traballos nas instalacións de altos fornos, plantas de reducción directa, acerías, laminadores, fábricas metalúrxicas, e talleres de martelo, de estampado e prensas en quente.

    • Traballos en canteiras, en explotacións a ceo aberto, e desplazamentos de escombreiras.

    • Traballos e transformación de pedras.

    • Fabricación, manipulación e tratamento de vidro plano e vidro oco.

    • Manipulación de moldes na industria cerámica.

    • Moldeado na industria cerámica pesada e de materiais de construcción.

    • Transportes e almaceamentos.

    • Manipulacións de bloques de carne conxelada e bidóns metálicos de conservas.

    • Obras de construcción naval.

    • Maniobras de trens.

    b. Zapatos de seguridade con tacón ou piso corrido e sola antiperforante:

    • Obras de tellado.

    c. Calzado e cobrecalzado de seguridade termoaillante:

    • Actividades con masas ardentes ou moi frías.

    d. Polainas, calzado e cobrecalzado fáciles de quitar:Equipos de protección personal

    • En caso de risco de penetración de masas en fusión.

    Protección integral.Equipos de protección personal

    A protección integral é a destinada a protexer ó individuo fronte ós riscos que actúan sobre todo o corpo. Ex. Traxes ignífugos, arneses anticaídas, roupa de protección, chalecos salvavidas...

    1.Roupa de protección

    Protexe ó traballador fronte ós riscos específicos concretos. Neste grupo inclúense:

    • Roupa especial contra agresivos químicos: Utilízanse nos lugares nos que existan riscos de salpicaduras, vapores, etc, de líquidos agresivos. Deberán ser impermeables e non ter bolsillos onde o líquido poida penetrar e almacenarse. Deberán ter un sistema de peche hermético e axustar en puños, nocelos e pescozo. Cando sexa necesario complementaránse con equipos de protección ocular ou facial.

    • Roupa especial contra agresivos térmicos

    1.Roupa especial contra a calor: Equipos de protección personal
    Xeralmente son de coiro ou tecidos aluminizados. Os equipos de coiro úsanse en traballos con perigo de lume ou calor radiante. En lugares onde existen altas temperaturas, fornos, personal de extinción de incendios, etc, úsanse en equipos de texidos aluminizados. E nos casos en que o usuario poida verse rápidamente envolto en lume (pilotos de automóbiles) utilizanse traxes fabricados con fibras especiais como o Nomex, kevlar..., que ademais do seu axuste e lixeireza, resultan ignífugos e incombustibles.

    2.Roupa contra o frío:

    Equipos de protección personal
    soen ser a base de tecidos acolchados con materiais aillantes; e deberán ser utilizadas polas persoas que realicen un traballo á intemperie en lugares de temperaturas extremas ou en cámaras frigoríficas.

    • Roupa especial contra radiacións:

    Onde exista risco de exposición a raios X ou radiacións gamma utilizaránse traxes confeccionados con fibras textís e chumbo.

    • Prendas de sinalización:

    Equipos de protección personal
    Equipos de protección personal

    En lugares de pouca iluminación ou en traballos nocturnos onde exista o risco de atropelo, colisión, etc, utilizaránse cinturóns, brazaletes, luvas, chalecos... reflectantes, como é o caso dos policías, bombeiros...Equipos de protección personal

    2.Protección contra as caídas de altura

    Equipos de protección personal

    Existen catro tipos de EPI:

    • Sistemas de suxección: son EPI destinados a suxeitar ó usuario mentras realiza un traballo en altura. Ex. Cinturón de suxección, que só está indicado nos casos sen posibilidade de caída libre.

    • Sistemas anticaídas, formado por un elemento de amarre e unha serie de conectores (argolas, mosquetóns, podendo ter un absorvedor de enerxía co fin de amortigua-la caída.

    Equipos de protección personal
    Equipos de protección personal

    • Arnés anticaídas: dispositivo destinado a para-las caídas. Pode estar constituído por bandas, elementos de axuste e outros elementos dispostos de forma apropiada sobre o corpo da persoa para suxeitala durante unha caída e logo da parada desta.

    Equipos de protección personal
    Equipos de protección personal

    • Dispositivo anticaídas: Son EPI contra caídas de altura que constan dun arnés anticaídas e dun sistema de bloqueo automático. Poden ser deslizantes ou retráctiles. Os deslizantes forman un conxunto inseparable coa liña de anclaxe, debendo rodar ou deslizarse por ela acompañando ó usuario en operacións de elevación e descenso. Deben permitir o estacionamento do usuario en calquer punto coa máxima seguridade.

    Os dispositivos anticaídas retráctiles permiten deter automáticamente a caída do usuario permanecendo bloqueado mentres éste permaneza suspendido. Equipos de protección personal
    A liña de anclaxe extensible pode estar formada por unha corda, cable ou cinta, enredada automáticamente, que permite deter a caída cando alcanza unha determinada velocidade.

    46