Época Nos

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega. Lírica de la Guerra Civil y posguerra # Xeración

  • Enviado por: Suso
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad

ALGÚNS DATOS (E DATAS) IMPORTANTES DA

ÉPOCA NÓS

A Época Nós hai que enmarcala entre:

% 1916: Creación na Coruña da primeira Irmandade da Fala (18 de maio).

% 1936: Inicio da Guerra Civil.

Unha serie de feitos deron lugar a todo o proceso:

% 1920: Revista Nós, Ourense (outubro)

% 1922: Colección Céltiga, Ferrol (publicou 12 títulos).

% 1923: Seminario de Estudos Galegos

% 1924: Editorial Lar, por parte de Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal.

% 1927: Editorial Nós

% 1931: Partido Galeguista

UNIDADES XERACIONAIS

% Xeración dos máis vellos (nados nos 70-80 do XIX): Noriega Varela, Cabanillas... (xa publicaran na etapa agrarista)

% Xeración da Revista Nós (nados nos 80-90 do XIX): Risco, Otero, Castelao, Rodríguez Sanjurjo, Cuevillas... (Xer. de Risco ou Xer. do Cenáculo)

% Xeración Novecentista (nados polo 1900): Pimentel, Blanco-Amor, Dieste, Manuel Antonio, Amado Carballo...(tamén chamada Xeración do 25)

% Xeración da República (nados nos 10-20 do XX): Carvalho Calero, Fernández del Riego, García Sabell, Cunqueiro, Iglesia Alvariño...(tamén chamada Xeración do Seminario ou do 36)

AUTORES E A SÚA OBRA MÁIS IMPORTANTE

NARRATIVA

VICENTE RISCO

( Ourense,1884-1963)

% Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros, 1919 (publicado no suplemento “¡Terra a nosa!” de El Noroeste).

-En Lar publicou dous volumes:

% 1º. 1925: O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán.

% 2º. 1926: A coutada.

% Os europeos en Abrantes, 1927, Revista Nós.

% O porco de pé, 1928.

CASTELAO

(Rianxo, 1886-Buenos Aires, 1950)

% Algo acerca de la caricatura, 1911

% Arte e galeguismo, 1919

% Debuxo humorístico e caricatura, 1920

% Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.1922. (publicado en Céltiga).

% Cousas (Libro I, 1926 en Lar e Libro II, 1929 en Nós. Cousas. Libro I e II, 1934 en Nós).

% As cruces de pedra na Bretaña,1929

% Os dous de sempre, 1934.

% Retrincos, 1934

% Sempre en Galiza (1944)

% Do meu diario

% Os vellos non deben de namorarse, 1943.

OTERO PEDRAYO

(Ourense, 1888-1976)

% Ensaio histórico sobre a cultura galega

% Pantelas home libre, 1925 (en Lar)

% O purgatorio de don Ramiro, 1926

% Escrito na néboa, 1927 (en Lar)

% Os camiños da vida, 1928

% Vidas non paralelas (relato longo, “novelo”)

% Arredor de si, 1930

% Morte e resurreción, 1931

% Contos do camiño e da rua, 1932

% A romeiría de Gelmírez, 1934

% Fra Vernero, 1934

% Devalar, 1935

% O mesón dos Ermos, 1936

% O señorito da Reboraina, 1960

RAFAEL DIESTE

(Rianxo, 1899-1982)

% Dos arquivos do trasno, 1926

% A fiestra valdeira, 1927 (1ª ed.), 1958 (ed. definitiva)

% Entre a terra e o ceo, 1981 (recolle artigos seus escritos entre 1925 e 1927 en El pueblo gallego).

FRANCISCA HERRERA GARRIDO

(A Coruña, 1869-¿?)

% Néveda, 1920

% A y-alma de Mingos, 1922 (Céltiga)

% Martes d'antroido, (Lar)

POESÍA

-DA ETAPA AGRARISTA

NORIEGA VARELA

(1869-1947)

% Montañesas, 1904

% Do ermo, 1920

RAMÓN CABANILLAS

(Cambados, 1876-1959)

% Da terra asoballada, 1917

% Vento Mareiro, 1921

% Na noite estrelecida, 1926

% A rosa de cen follas, 1927

-NOVECENTISTAS (nados polo 1900, tamén chamados Xeración do 25)

MANUEL ANTONIO

(Rianxo, 1900-1930)

% ¡Máis alá!, 1922. Manifesto publicado xunto con Álvaro Cebreiro

% De catro a catro, 1928 (“Follas sen data dun diario de abordo”)

-Poemarios que el deixou inéditos:

% Con anacos do meu interior (1920-1922)

% Foulas (1922-1925)

-Despois do 1926:

% Sempre e máis dispois

% Viladomar

LUÍS AMADO CARBALLO

(Pontevedra, 1901-1927)

% Maliaxe, 1922 (relato)

% Os probes de Deus,1925 (novela, colección Lar)

% Proel, 1927 (rematado xa no 1924)

% O galo, 1928

LUÍS PIMENTEL

(Lugo, 1895-1958)

% Sombra do aire na herba

EDUARDO BLANCO AMOR

(Ourense, 1897-Vigo, 1979)

% Romances Galegos, 1928

% Poema en catro tempos, 1931

% Cancioneiro, 1956

FERMÍN BOUZA-BREY

(Ponteareas, 1901-Santiago, 1973)

% Nao senlleira, 1933

% Seitura (despois da G.C.)

OUTROS NOVECENTISTAS: Manuel Luís Acuña, Valentín Paz Andrade, Ánxel Xohán, Crecente Vega, Roberto Blanco Torres, Augusto Casas, Euxenio Montes...

-XERACIÓN DO SEMINARIO ( tamén da República ou do 36)

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

(Abadín, 1909-Santiago, 1961)

% Señardá, 1930

% Corazón ao vento, 1933

% Cómaros verdes, 1947

% De día a día, 1961

ÁLVARO CUNQUEIRO

(Mondoñedo, 1911-Vigo,1981)

% Mar ao norde, 1932

% Cantiga nova que se chama riveira, 1933

% Poemas do si e non, 1933

% Dona do corpo delgado, 1950

% Herba aquí e acolá,1980

RICARDO CARVALHO CALERO

(Ferrol, 1910-Santiago, 1990)

% Vieiros

% O silencio axionllado

% Reticências (1986-1989)

-Agrupa a súa poesía en catro ciclos:

% Pretérito imperfeito (1927-1961)

% Futuro condicional (1961-1980)

% Cantigas de amigo e outros poemas

% Reticências (1986-1989)

ENSAIO

-1ª ETAPA: 1916-1918

% Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, Antón Villar Ponte, 1916.

% Xoán Vicente Viqueira

% Antón Losada Diéguez

% Xaime Quintanilla

% Luís Peña Novo

% Victoriano Taibo

% Ramón Villar Ponte: Doutrina Nacionalista,1921 e Breviario de autonomía, 1933.

-2ª ETAPA: coa creación da Revista Nós

% Risco: Teoría do nacionalismo galego, 1920; Nós, os inadaptados,1933...

% Xoán Vicente Viqueira

% Antón Losada Diéguez: Teoría case trascendental da velocidade

% Castelao: Humorismo, debuxo humorístico e caricatura; Arte e galeguismo; Sempre en Galiza...

% López Cuevillas: Dos nosos tempos, Complexo de inferioridade

% Otero Pedrayo: Morte e resurrección, 1932; Ensaio histórico sobre a cultura galega,1930 (en castelán; aparece en galego no 1982)...

% Rafael Dieste

% Ricardo Carvalho Calero: Ollada en prol da lírica galega contemporánea, 1931; Balance e inventario da nosa literatura,1932; Xeración de Risco, 1934...

% Francisco Fernández del Riego: Índice cultural e artístico do Renacemento galego, 1933

% Augusto María Casas: Esquema da nova poesía galega, 1935

% A. Villar Ponte

TEATRO

1903: Galo Salinas e Lugrís Freire fundan a Escola Rexional de declamación

1919 (22-4): Coservatorio nazonal de arte galega

MANUEL LUGRÍS FREIRE

(Sada, 1863-A Coruña, 1940)

% A ponte,1903

% Mareiras, 1904

XESÚS SAN LUÍS ROMERO

(1872-1966)

% O Fidalgo

XABIER PRADO “LAMEIRO”

(Ourense,1874-Santiago,1942)

RAMÓN CABANILLAS

(Cambados, 1876-1959)

% A man da Santiña, 1921

% O Mariscal, 1926

LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS

ARMANDO COTARELO VALLEDOR

(Oviedo, 1879-Madrid, 1950)

% Mourenza

% Trebón

% Lubicán...

VICENTE RISCO

% O bufón de El-Rei

OTERO

% A lagarada, 1928...

DIESTE

% A fiestra valdeira

CASTELAO

% Os vellos non deben de namorarse (publicada por Galaxia no 1953, mais estreada en Bos Aires en 1941; en Galiza non se representa ata o 1961).