Empresa

Economía. Organización empresarial. Principios organizativos. Concepto. Elementos. Obxectivos. Organigrama. Departamento

  • Enviado por: Alicia
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 12 páginas
publicidad
publicidad

TEMA 1: A EMPRESA

A EMRESA: CONCEPTO, ELEMENTOS E OBXECTIVOS

Empresa: unidade económica de producción que permite a satisfacción de necesidades humanas a traves da oferta de bens e servizos.

ELEMENTOS DA EMPRESA

  • Factor humano: formado polas persoas que teñen unha vinculación directa coa empresa. Cabe distingir entre:

  • Os propietarios: asumen o risco da iniciativa ou investimento empresarial.

  • Os traballadores: a traves dun contrato ofrecen os seus coñecementos e disposición a cambio dun salario

  • .O factor directivo = administradores: asumen a responsabilidade e dirección da xestión empresarial.

  • Os factores materiais: conxunto de bens económicos que van a formar o capital fixo e o circulante

  • Capital fixo: bens que van permanecer na empresa un longo período de tempo

  • Capital circulante: bens que se renovan en cada exercicio económico

  • Organización: estructura que permite coordinar tódolos factores ou elementos da empresa (humano, material) coa finalidade de conseguir a máxima eficiencia, utilizando para elo normas e racións de tipo xerárquico e, comunicativo e delimitando a responsabilidade e autoridade de cada un dentro de esa estructura. Para que a organización funcione é preciso:

  • Establecer un fin común que permita alcanzar á empresa os seus obxectivos.

  • Combinar axeitadamente os factores productivos (eficiencia).

  • Distribuír as funcións entre o factor humano da empresa...

  • Contorno: marco externo no que está inmersa a empresa, é dicir, todo o que é alleo a empresa.

OBXECTIVOS DA EMPRESA

  • Supervivencia: permañecer no mercado o máximo tempo posible

  • Medrar: permite ampliar mercado e en principio traballar con custos baixos. Pode ser :

  • Vertical: permite medrar dentro do sector de actividade

  • Horizontal: permite medrar noutros sectores de actividade

  • Maximizar resultados, facer máxima a diferencia entre ingresos e custos, ou o que é o mesmo, maximizar os beneficios e minimizar os custos.

  • Alcanzar determinados fins sociais mellora do nivel de vida dunha determinada zona, ofertas de postos de traballo...

  • Outros

EFICIENCIA E EFICACIA

  • EFICACIA: cumplense os obxectivos

  • EFICIENCIA: logralos obxectivos no menor tempo posible e co menor custo posible. Primeiro analizase a eficiencia técnica e logo a económica.

  • Eficiencia técnica: os menos recursos materiais posibles pero mantendo a calidade

  • Eficiencia económica: os menos gastos posibles, é dicir, aforrar custos

A CLASIFICACIÓN DAS EMPRESAS

  • Atendendo a súa forma xurídica:

  • Empresas de resonsabilidade ilimitada: os propietarios fanse cargo das débedas con tódolos seus bens. Tipos:

  • Subsidiaria: primeiro sobre os bens da empresa e se estes non fosen suficientes irian sobre os propios

  • Solidaria: no caso de que haxa mais dun socio o banco pode elixir a un só socio ara que pague a débeda

  • Mancomunal: no caso de haber dous socios o banco esixiría lles os socios que pagasen o mesmo tanto por cen do que os socios teñan na empresa.

  • Empresas de responsabilidade limitada: os seus propietarios fanse cargo das débedas co patrimonio aportado. Exemplos: S.A.; S.L.

  • Empresas de responsabilidade mixta: existe para algúns propietarios responsabilidade ilimitada e para os restantes responsabilidade limitada. Exemplos: S. Comanditaria

  • Segundo o seu sector de actividade:

  • Sector primario: obteñen os seus bens directamente da natureza como as pesqueiras, agrícolas, gandeiras e forestais. Exemplos: PESCANOVA ( captura de peixe); empresa que corta madeira e almacenaa

  • Sector secundario: empresas extractivas, empresas que transforman os produtos do sector primario ou que fabrican novos productos. Exemplos: minas, os troncos transformados en taboeiros de madeira, o peixe capturado transformado en “varitas”, Citröen.

  • Sector terciario: ofrece bens e servizos. Exemplos: Alcampo, PESCANOVA (venta do producto), hoteis.

  • Atendendo o grado de participación no estado

  • Empresas públicas, aquelas nas que o capital pertence na súa totalidade a algunha Administración Publica.

  • Empresas privadas, aquelas nas que o capital pertence na súa totalidade a particulares, sexan persoas físicas ou xurídicas.

  • Empresas de participación mixta, aquelas nas que o capital pertence nunha parte a particulares e no resto a algunha Administración pública.

  • Atendendo á existencia ou non dun proceso de elaboración do producto.

  • Empresas comerciais, aquelas que venden os productos que se compran sen ningún tipo de transformación.

  • Empresas industriais, aquelas que ofrecen un producto propio e que obteñen da transformación de recursos adquiridos previamente.

  • Empresas de servicios, aquelas que non ofrecen ningún producto pois prestan un determinado servicio.

  • Atendendo ó seu tamaño ou dimensión:

  • PEMES

  • Grandes empresas

A ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL

Estructura que permite coordinar tódolos elementos da empresa (humano, material) coa finalidade de conseguir a máxima eficiencia, utilizando para elo normas e relación de tipo xerárquico, comunicativo e delimitando a responsabilidade e autoridade de cada un dentro de esa estructura.

FASES:

  • Identificación e clasificación das actividades precisas para alcanzar os obxectivos previamente establecidos.

  • Distribución das actividades entre os diferentes grupos humanos que conforman a estructura da empresa, é dicir asignación dos diferentes niveis de competencia, responsabilidade e autoridade.

  • Coordinación: das relacións e comunicación entre os distintos membros da organización, é dicir, delimitan do dos responsables que quenes se deben recibir ordes, ante quenes se poden plantexar propostas e cales son os órganos fronte aos que se deben rendir contas.

OS PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS

Os principios organizativos permiten estructurar a empresa. Podemos falar de:

  • Unidade de obxectivo: toda empresa debe loitar por acadar un único obxectivo

  • Unidade de mando: as instruccións de dous ou mais xefes non deben entrar en conflicto

  • Alcance de control: é necesario determinar o número de persoas que un xefe pode dirixir, controlar e coordinar con efectividade.

  • Delegación de autoridade e responsabilidade: a delegación consiste en asignar unha tarefa propia a un subordinado, darlle liberdade e responsabilidade para desenvolvela, baixo o control do resonsable.

  • Principio de xerarquía: debe existir unha liña clara de autoridade que permita establecer relacións xerárquicas coas que delimitar a responsabilidade de cada individuo

  • Principio de división e especialización do traballo: a especialización é unha consecuencia lóxica da división do traballo. Dividir o traballo significa fraccionar unha actividade en tarefas mais sinxelas, co que se conseguirá maior eficacia e por tanto maior productividade. A división vai permitir:

  • A realización de actividades complexas para realizar unha soa persoa, por motivos materiais, físicos ou de coñecemento, fai que se dividan e así poidan asumilos varios traballadores especializados.

  • Aproveitamento de habilidades e destrezas de cada individuo, permite desenvolver mellor unhas tarefas que outros

  • Principio de motivación e participación do persoal, a motivación do persoal, así coma a súa integración e participación na empresa son aspectos a ter en conta ca vez máis pola organización.

ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

  • Tendo en conta o grao de delegación que hai en toda organización

  • Organización descentralizada, require unha rede de coordinación entre as diferentes partes de empresa, co fin de evitar duplicidade nas operacións. Pode chegar o descentralizarse por:

  • Alivio de carga de traballo o nivel directivo superior.

  • Facilitar a diversificación de actividades e tarefas.

  • Toma de decisións no lugar, tempo e nivel xerárquico apropiado.

  • Aproveitar ideas e iniciativas do persoal.

  • Organización centralizada, a autoridade e responsabilidade atópase nos niveis superiores da organización, as decisións importante son tomadas por poucas persoas. A centralización é precisa cando:

  • Facilitar a dirección persoal da empresa, sobre todo nas empresas pequenas e nas primeiras fases de desenvolvemento.

  • Nas situacións e emerxencia, as decisións deben tomarse de forma rápida.

  • A organización centralizada pode presentar problemas de coordinación e comunicación horizontal entre os diferentes departamentos.

  • Tendo en conta as relacións entre os diferentes grupos:

  • Organización formal, as relacións entre grupos están definidas e identificadas e as actividades de cada membro están perfectamente delimitadas, así coma súa responsabilidade e autoridade.

  • Organización informal, rede de relacións persoais e sociais non establecidas pola organización, senón que se produce de forma espontánea cando as persoas se relacionan entre si.

TIPOS DE ESTRUCTURAS ORGANIZATIVAS

  • En liña, basase no principio de unidade de mando, e dicir, autoridade directa do xefe sobre os seus subordinados. As ordes nacen na alta dirección e logo van descendendo ata os niveis inferiores. Nesta estructura as comunicacións son moi lentas, ademais presentan problemas de flexibilidade para adaptarse aos cambios do contorno. Ex: organización militar, empresas pequenas...

  • En liña e staff, combinase a relación de autoridade directa coa consulta e asesoramento dos departamentos chamados staffs. Os directivos destes, teñen autoridade sobre os directivos en liña. A función dos staffs é a relación de tarefas especializados que non realizan os outros departamentos. Ex: control de calidade, I+D, auditoría interna (control de toda a organización da empresa).

  • En comite, a autoridade e responsabilidade son compartidos conxuntamente por un grupo de persoas. Poden se de caracter permanente ou circunstancial. A toma de decisións soe ralentizarse.

  • Estructura divisional, consiste na descentralización das súas actividades operativas e funcionais. Desta descentralización xorden unha serie de divisións que soen responder a algún dos seguintes criterios:

  • División por productos

  • División por clientes

  • DIvisión por territorios ou zonas xeográficas

  • MATRICIAL, estructura organizativa de caracter flexible e capacidade para afrontar problemas importantes e na que especialistas de diferentes partes da organización se unen para proxectos específicos. Empregase conxuntamente CIA estructura en liña e staff. Ex. Misións espaciais....

  • Funcional, a organización estructurase ao redor das diferentes funcións que se levan a cabo na empresa. Cada función diríxea un especialista (principio de especialización) e cada persoa deberá recibir ordes só dun xefe (principio de unidade de mando). Por enriba dos responsables de cada area atópase a alta dirección. E unha estructura polo xeral centralizada, co cal, pode presentar problemas de coordinación e comunicación.

  • Organización en trebol, esta organización ten en conta a evolución do emprego e trata de reducir os custos fixos a través da contratación.

  • Traballo profesional, realizan tarefas que requiren unha formación e especialización profesional. Forman parte da estructura da organización. Núcleo de traballadores mais pequenos e altamente cualificado. Deben estar ben retribuídos.

  • Traballo flexible, formado por traballadores cunha formación elemental, fáciles de sustituir e en xeral realizan tarefas repetitivas e de apoio a principal. O traballo soe ser temporal ou parcial. Non ten porque se un grupo ben retribuído xa que son postos de fácil cobertura.

  • Subcontratación, empresa allea a organización que a súa retribución vai en función da calidade e os resultados obtidos. Tratase de traballos necesarios pero non esenciais. Soe resultar máis cómoda e barata.

  • Alta dirección, formada por poucas persoas que se encargan da coordinación das outras partes da organización e da toma de decisións.

O ORGANIGRAMA

Organigrama: representación gráfica da estructura formal da organización.

Tipos:

  • Atendendo a súa finalidade

  • Organigramas informativos, representan a totalidade da estructura organizativa da empresa, sen entrar en detalle.

  • Organigrama analíticos, representan a totalidade da estructura organizativa da empresa. Deben se o máis precisos e detallados posibles.

  • Atendendo a súa forma gráfica

  • Organigrama concéntrico ou radial. Os niveis de maior categorías aparecen no centro do organigrama e os restantes figuran o seu arredor.

  • Organigrama horizontaL, os niveis de maior categoría aparecen a un lado, polo xeral a esquerda.

  • Organigrama vertical, os niveis de maior categoría aparecen na parte superior do organigrama e os restantes por debaixo del.

  • Organigrama piramidal, consiste en representar unha pirámide divida horizontalmente en varias partes que representan diferentes niveis de autoridade.

  • Organigrama escalar, a organización divídese en departamentos e subdepartamentos.

  • Organigrama en lambda, supón mixturar organigramas horizontais e verticais. É útil cando a organización ten dividida a súa actividade nunha serie de areas xeográficas.

  • Atendendo a súa extensión

  • Organigramas xerais, aportan visión en conxunto da empresa,

  • Organigramas parciais ou de detalle, aportan unha visión dunha ou varias areas da empresa que se queren destacar do resto da organización.

  • Atendendo o seu contido

  • Organigramas estructurais: representan as áreas da empresa e as súas conexións

  • Organigramas funcionais: completan aos organigramas estructurais engaden as áreas da empresa as súas funcións

  • Organigramas de persoal: conteñen a denominación do departamento ( nome e rango da persoa responsable)

CONCEPTO DEPARTAMENTO

Diferentes grupos de persoas e actividades que gozan dunha certa autonomía para o desempeño dunha serie de funcións.

A DEPARTAMENTALIZACIÓN

Consiste en dividir á empresa en diferentes departamentos, é dicir, en diferentes grupos de persoas e actividades que gozan dunha certa autonomía para o desempeño dunha serie de funcións. A departamentalización está relacionada coa estructura organizativa da empresa e pode representarse a través de organigramas. Tipos de departamentalización:

  • Departamentalización xeográfica: existen uns departamentos centrais dos que dependen os demais distribuídos por zonas xeográficas.

  • Departamentalización por clientes e por canles de distribución: realizase en función das características dos clientes ou en función dos intermediarios que utilizan para a distribución do producto.

  • Departamentalización por funcións: fórmase atendendo ás funcións fundamentais

  • Departamentalización por productos ou servizos: dáse en empresas que ofrecen productos ou servizos ben diferenciados. Crean departamentos atendendo ás diferentes liñas ou gamas de producción.

  • Departamentalización por procesos: distribue o persoal e os recursos de acordo coas diferentes fases do proceso

  • Outras departamentalizacións

O EMPRESARIO INDIVIDUAL

Persoa física que exerce de forma habitual e por comta propia unha actividade empresarial, sen precisar un contrato.

Podenno ser os maiores de idade que teñan a libre disposición dos seus bens e os menores ou incapacitados que exerzan a actividade a través dos seus representantes legais. Non existe separación entre o patrimonio persoal e o da empresa polo que se responde das débedas empresariais contraídas con:

  • A totalidade dos seus bens propios, presentes e futuros

  • Os bens propios do cónsuxe cando así o consentira este mediante Escritura Pública e inscripción no Rexistro Mercantil

  • Cos bens gananciais agás que haxa oposición previa do cónsuxe mediante Escritura Pública e inscripción no Rexistro Mercantil.

A inscripción no Rexistro Mercantil non é obrigatorio. Tributa a través do I.R.P.F.

A denominación social é o nome mailos apelidos

Está regulado polo Código de Comercio

O EMPRESARIO SOCIAL

  • SOCIEDADES CIVÍS:

Contrato polo cal dúas ou mais persoas obríganse a poñer en común diñeiro, bens ou industria co ánimo de repartir entre sí as ganancias. A responsabilidade é ilimitada e mancomunada.

Poden ter personalidade xurídica (sociedade civil pública) ou non (sociedade civil privada). Están reguladas no código civil e tributan no I.R.P.F

  • COMUNIDADE DE BENS

Cando a propiedade ou o dereito sobre un negocio pertence a varias persoas. A responsabilidade é ilimitada. Cada comunero ten unha cota de participacións na comunidade, que de non establecerse presúmese igual á dos demais.

Están reguladas no código civil e tributan no I.R.P.F.

O exemplo mais común son os negocios por herencia cando hai mais dun herdeiro


.SOCIEDADES MERCANTÍS

S.A.

S.R.L. ou S.L.

Sociedade

Limitada Nova Empresa

Sociedade

Colectiva

Sociedade comanditaria

Simple

Por accións

REGULACIÓN

Reguladas polo texto refundido da lei de S.A.

Pola lei de S.R.L.

Pola lei de S.L.N.E.

No Código de Comercio

No código de comercio

Pola lei de S.A.

CAPITAL

SOCIAL

60101,21 €

25% 75%

Desenvolsado Noutros

na súa plazos

constitucion ata

completalo

100%

Capital dividido en accións, acumulables, indivisibles e transmitibles libremente

Non pode ser inferior a 3.005,06 € dividido en particións acumulables e indivisibles. Para a súa transmisión precísase o consentemento expreso da Xunta Xeral para a transmisión de participacións á persoas alleas a empresa

Non pode ser inferior a 3.012 € nin superior a 120.202 € dividido en participacións sociais so en achegas de diñeiro

Poden transmitirse voluntariamente

Non hai un mínimo fixado

A transmisión das participacións requiere o consentimento unánime de tódolos socios

Non hai un capital mínimo fixado

Dividido en accións

SOCIOS

Persoas xurídicas de tipo capistalista

Persoas físicas ou xurídicas

Persoas físicas, exclusivamente, que non teñan a condición de socios noutra S.L.N.E.

O número máximo na súa constitución é de 5

Hai dous tipos de socios:

  • Socios industriais: aportan traballo

  • Socios capitalistas: aportan traballo e capital

Hai dous tipos:

  • Socios comanditarios: aportan so capital

  • Socios colectivos: aportan traballo e capital. Ademais encárganse da xestión e dirección.

O número mínimo de socios é de 2 (1 colectivo)

RESPONSABILID-ADE DOS SOCIOS

Limitada a achega efectuada ó capital da empresa. A achega pode ser cartos, bens ou dereitos con certo valor.

Limitada a achega efectuada ó capital da empresa. A achega pode ser cartos, bens ou dereitos con certo valor

Limitada a achega de capital que puxeron na empresa

Ilimitada de tipo subsidaria e solidaria

  • Socios comanditarios: limitada

  • Socios colectivos: ilimitada

DENOMINACIÓN

SOCIAL

Non pode ser igual ou similar a de outra S.A. e debe figurar S.A. ou S.A.U.

Non pode ser igual á de outra sociedade e debe figurar S.L. , S.R.L. ou S.R.L.U.

Non pode ser igual a de outra sociedade e estará formada polos dous apelidos e o nome dun dos socios fundadores seguido de S.L.N.E ou S.L.N.E.U.

Deberá aparece-los nomes de todolos socios ou ben dalgún deles seguido da expresión “e compañía”

Nome dos socios colectivos e a expresión sociedade en comandita ou algún deles seguido ademais de e compañía

O nome dos socios colectivos e a expresión sociedade en comandita por accións ou o nome dalgún segido ademais de e compañía

CONSTITUCION

En escritura pública otorgada ante notario e inscrita no Rexistro Mercantil. Figuraran os estatutos de sociedade. A constitución pode ser simultánea (os socios da fundadores suscribirán tódalas accións) ou sucesiva ( os promotores da sociedade buscan suscriptores a traves dun programa fundacional)

En escritura pública otorgada ante notario e inscrita no Rexistro Mercantil. Figuraran os estatutos de sociedade. A constitución será simultánea.

Recollerase en Escritura Pública ante Notario e inscrita no Rexistro Mercantil. A constitución será simultánea

Recollerase en Escritura Pública e inscribirase no Rexistro Mercantil

A constitución será simultánea

En Escritura Pública (onde podemos por os estatutos da sociedade) no Rexistro Mercantil.

A constitución será simultánea

ORGANO DE

DECISIÓN

Xunta Xeral de Accionistas: reunión dos accionistas, previamente convocada e validamente constituída

  • Xunta Xeral Ordinaria: hai que facela tódolos anos a súa función e a aprobación ou non das contas, decisión sobre os resultados, censura da xestión que fixeron os administradores

  • Xunta Universal: dase cando tódolos accionistas da empresa encontranse e deciden facela xunta por unanimidade

  • Convocatoria xudicial: e por petición dos accionistas cando os administradores non convocaron en prazo a xunta xeral

  • Xunta Xeral Extraordinaria: pódese dar en calquera época do ano.

Xunta Xeral de Socios: reunión dos socios previamente convocada e validamente constituída

  • Xunta Xeral Ordinaria: hai que facela tódolos anos a súa función e a aprobación ou non das contas, decisión sobre os resultados, censura da xestión que fixeron os administradores

  • Xunta Universal: dase cando tódolos accionistas da empresa encontranse e deciden facela xunta por unanimidade

  • Convocatoria xudicial: e por petición dos accionistas cando os administradores non convocaron en prazo a xunta xeral

  • Xunta Xeral Extraordinaria: pódese dar en calquera época do ano.

Xunta Xeral de Socios: reunión dos socios previamente convocada e validamente constituída

  • Xunta Xeral Ordinaria: hai que facela tódolos anos a súa función e a aprobación ou non das contas, decisión sobre os resultados, censura da xestión que fixeron os administradores

  • Xunta Universal: dase cando tódolos accionistas da empresa encontranse e deciden facela xunta por unanimidade

  • Convocatoria xudicial: e por petición dos accionistas cando os administradores non convocaron en prazo a xunta xeral

Xunta Xeral Extraordinaria: pódese dar en calquera época do ano.

Xunta Xeral de Socios: reunión dos socios previamente convocada e validamente constituída

  • Xunta Xeral Ordinaria: hai que facela tódolos anos a súa función e a aprobación ou non das contas, decisión sobre os resultados, censura da xestión que fixeron os administradores

  • Xunta Universal: dase cando tódolos accionistas da empresa encontranse e deciden facela xunta por unanimidade

  • Convocatoria xudicial: e por petición dos accionistas cando os administradores non convocaron en prazo a xunta xeral

Xunta Xeral Extraordinaria: pódese dar en calquera época do ano.

Xunta Xeral de Socios: reunión dos socios previamente convocada e validamente constituída

  • Xunta Xeral Ordinaria: hai que facela tódolos anos a súa función e a aprobación ou non das contas, decisión sobre os resultados, censura da xestión que fixeron os administradores. Os dous tipos de socios

  • Xunta Universal: dase cando tódolos accionistas da empresa encontranse e deciden facela xunta por unanimidade

  • Convocatoria xudicial: e por petición dos accionistas cando os administradores non convocaron en prazo a xunta xeral

Xunta Xeral Extraordinaria: pódese dar en calquera época do ano.

ORGANO DE

XESTIÓN

Administradores

  • Órgano Unipersoal: un só administrador (pequenas S.A.)

  • Consello de Administración: mais de dúas persoas

Os administradores responderan solidariamente dos acordos agás aqueles que proben que se opuxeron a tales acordos e conste en acta. Teñen as seguintes responsabilidades:

  • Levar a cabo o seu cargo coa dilixencia dun ordenado empresario

  • Gardar fidelidade e lealdade a sociedade

  • Gardar segredo das informacións confidenciais

  • Representar a sociedade

Administradores

  • Órgano Unipersoal : un só administrador

  • Organo pluripersoal: formado por varios administradores que poden actuar solidaria ou mancomunadamente

  • Consello de Administración: formado por un número de entre 3 e 12 persoas

Funcións análogas. Nas S.L. non poden desempeñar, ó mesmo tempo, actividades análogas ou complementarias ás da sociedade agás con autorización da Xunta Xeral de socios

Administradores

Elexidos pola Xunta Xeral de socios para un período indefinido agás que na xunta se estableza outra cousa. Deberán ter a condición de socios

  • Órgano Unipersoal : un só administrador

  • Organo pluripersoal: formado por varios administradores que poden actuar solidaria ou mancomunadamente

Administradores

Teñen que ter obrigatoriamente a condición de socios

  • Órgano Unipersoal: un só administrador

  • Consello de Administración: mais de dúas persoas

Administradores

Teñen que ter obrigatoriamente a condición de socios

  • Órgano Unipersoal: un só administrador

  • Consello de Administración: mais de dúas persoas

TRIBUTACION

No I.S.S.

No I.S.S.

No I.S.S.

No I.S.S.

No I.S.S.

Sociedade de economía social

Regulación

Constitución

Razón social

Capital

Socios

Órganos

Responsabilidade

Sociedade

laboral

Pola lei de sociedades laborales

Escritura pública ante notario e inscripción nun Rexistro especial de Sociedades Laborais de non habelo hai que ir ao Rexistro Mercantil. Inclúense os estatutos. Obte-la calificación de sociedade laboral por parte do Ministerio ou da Consellería de Traballo para proceder á súa inscripción nos Rexistros correspondentes.

Calquera nome sen ser idéntico ao de outra soiedade seguido de S.L.L. ou S.A.L.

Nunca pode ser unha sociedade laboral unipersoal

Para as S.A.L. deberá se-lo capital das S.A., e dicir, 60.101,21 €

Para as S.L.L. deberá se-lo mesmo cas S.L., e dicir, 3.005,06€

Como mínimo catro de dous tipos:

  • Socios traballadores: teñen accións ou participacións de clase laboral

  • Socios non traballadores: teñen accións ou participacións de clase xeral.

Mais do 50% do capital deberá estar en mans dos traballadores da empresa. Eles toman as decisións.

O número de horas realizadas polos traballadores non socios non poderán exceder do 15% do total de horas dos traballadores socios. Os traballadores socios estarán contratados por tempo indefinido e a xornada completa

Para as S.A.L.

Xunta Xeral de Accionistas

  • Xunta Xeral Ordinaria

  • Xunta Universal

  • Convocatoria xudicial

  • Xunta Xeral Extraordinaria

Administradores

  • Órgano Unipersoal

  • Consello de Administración

Para as S.L.L.

Xunta Xeral de Socios:

  • Xunta Xeral Ordinaria

  • Xunta Universal

  • Convocatoria xudicial

  • Xunta Xeral Extraordinaria

Administradores

  • Órgano Unipersoal

  • Organo pluripersoal

  • Consello de Administracioón

Sociedades cooperativas

Pola lei de Coperativas de Galicia e supletoriamente pola lei de Cooperativas

En Escritura Pública ante Notario e inscripción no Rexistro de Cooperativas depende da Consellería de Traballo

Non pode ser idéntica á de outra sociedade e debe figurala expresión “Sociedade Cooperativa Galega” ou “S.Coop”. nunca poderá ser unha cooperativa unipersoal

Variable non inferior a 3.005.06€ estructura e xestión democráticas en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria. Unha parte dos resultados queda na cooperativa para atender a determinados fondos e outra parte divídese entre os socios en función das súas operacións non en función do capital que puxeron na cooperativa

Ex:

Socio 50% ----- 1000 kg. De penso

Socio 10%------3000 kg. de penso

O socio que mais diñeiro recibiria o dividi-los beneficios seria o segundo

Cando un socio se vai dar de baixa recibe a cantidade do capital que aportou e mais uns xuros

De 2 a5 socios segúndo o tipo de cooperativa. O mínimo está fixado nos estatutos.

  • Asemblea xeral de socios: órgano soberano da Cooperativa nel fórmanse a vontade da sociedade a través do voto dos seus socios, previamente convocadoa a tal efecto. Pode ser: ordinaria, extrordinaria, xudicial ou universal

  • Órgano de adminstración: nas cooperativas cun número de socios inferior a 10 é posible a existencia dun único administrador que debe ser socio. Se a administración recae no Cosello Rector, ó menos contará con 3 membros (presidente, vicepresidente e secretario). Os membros do Consello Rector serán elixidos pola Asamblea xeral entre 2 e 6 anos. Presidente e vicepresidente sempre socios.

  • Interventores: elixidos pola Asemblea xeral entre 2 e 6 anos. É un órgano que esixe a lei

Funcións:

  • Censura das contas anuais antes da súa presentación á asamblea xeral mediante informe

  • Controlar os libros da cooperativa

  • Solicitar do consello rector as informacións sobre a marcha da cooperativa

Deberán gardar segredo sobre os datos confidenciais ós que teñen acceso no exercicio anterior da súa función

  • Comité de Recursos: encargase de resolve-las reclamacións presentadas polos socios contra as sancións que lles foran impostas polo Consello Rector. Integrado por tres socios elixidos pola Asemblea xeral entre 2 e 6 anos.

Limitada agás disposición contraria nos estatutos


ACLARACIÓNS (das sociedades laborais):

Socios traballadores socios mais do 50% do capital social nas súas máns

Non socios: so se pode contratar un límite senón esfúmanse os beneficios fiscais da sociedade laboral cara impostos

Non traballadores: menos do 50% do capital nas súas máns

A súa función social mais ca buscar beneficios e darlle un posto estable as persoas

Tributación no I.S.S.

ACLARACIÓNS (das sociedades cooperativas):

Teñen uns órganos voluntarios e outros obrigatorios: VOLUNTARIOS: comité de recursos OBRIGATORIOS: asamblea xeral de socios, órgano se administración, interventores (órgano de control)

Cando morre unha cooperativa o que queda non vai para os socios senón que vai para as Administracións públicas. Os socios so lles corresponde o capital social e mais uns intereses estipulados pola lei.

Tibutación no I.S.S.