El Príncipe; Nicolás Maquiavelo

Filosofía renacentista. Pensamiento maquiavélico. Obra republicana. Vida y obra. Estructura. Conocimiento psicológico del ser humano. Poder político

  • Enviado por: Area Zuriñe Tirán
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

BIOGRAFÍA:

Nicolás Maquiavelo, historiador e filósofo político, naceu en Florencia no 1469.

Participou na vida política da súa cidade natal, traballando como funcionario. Comezou a destacar cando se proclamou a República en Florencia, no 1498. Foi secretario da segunda chancelería encargada dos Asuntos Exteriores da República, e secretario do Consello dos Dez.

Realizou importantes misións diplomáticas entre o rei francés, a Santa Sé, e o Emperador. No 1512, trala volta ao poder dos Médici, a República desintegrouse. Maquiavelo foi privado do seu cargo e encadeado durante un tempo acusado de conspiración. Trala súa liberación, retirouse e escribiu as súas obras máis importantes: O Príncipe, os Descursos, A Arte da Guerra...

Pese aos seus intentos por gaña-lo favor dos Médici, non volveu ocupar ningún cargo destacado no goberno. Cando a República foi temporalmente reinstaurada (1527), moitos republicanos sospeitaron das súas tendecias a favor dos Médici.

Morreu ese mesmo ano na súa Florencia natal.

A evolución do seu pensamento viuse condicionada pola orde continuamente cambiante da Italia renacentista e a crise da imaxe teolóxica do mundo propia da Idade Media, feito fronte ao que elaborou unha teoría política das técnicas do poder fundamentadas no principio da “Razón de Estado”, cuestión básica para o posterior desenvolvemento dos modernos Estados europeos. A súa concepción do proceso histórico baséase na actuación conxunta de tres forzas: a virtù, a necessità, e a fortuna, límites postos na liberdade do home polas circuntstancias sociais.

Trala súa morte iniciouse un movemento detractor da súa figura e ideas.

ESTRUCTURA DA OBRA:

No Príncipe, Maquiavelo propuxo as condicións que debían caracterizar a un gobernante, entendendo esta figura como cabeza do Estado. Este é un libro práctico, pois pretende dar normas de acción. Tentou teorizar sobre a natureza do Estado, sobre a sociedade na que se sustenta, e sobre todo no xeito de adquirir e perde-lo poder, e de conservalo.

A obra está profundamente marcada polo contexto histórico, como apuntaba anteriormente, e pola necesidade de consolidar Estados fortes e unificados. Segundo Maquiavelo, isto só pode acadarse cun bo gobernante, cunha política exterior agresiva, na que a guerra constitúe un instrumento básico para a creación e estabilización do Principado, e reseña a importancia do exército.

No libro podemos distinguir catro bloques principais:

O primeiro bloque abrangue dende o capítulo I ata o XI:

Nel estúdianse os distintos modelos de Principados, así coma as condicións para crealos, consolidalos e mantelos. Maquiavelo distingue entre dous tipos de Estados: a República e o Principado, e este divídeo en Principados herdados e Principados novos. Sobre os Principados herdados só cabe mencionar que para el eran facilmente sostibles, posto que historicamente xa estaban acostumados ao xugo manacal.

Presta toda a súa atención aos Principados novos, sobre todo aos que el considera “totalmente novos” é dicir, aqueles que teñen unha nova organización política e un novo Príncipe, xunto cos distintos xeitos de acadalos, e os problemas que pode xera-la súa conservación. O bloque remata co capítulo XI, no que se manifesta o desprezo de Maquiavelo pola política contemporánea da Igrexa, cando fai referencia ao Principado eclesiástico.

O segundo bloque comprende os capítulos XII-XIV:

O autor parte do principio de que o mantemento da liberdade e a conservación do Estado dependen da súa autonomía, ou sexa, da súa independencia e da capacidade dunha defensa eficaz. Tamén aborda o problema da seguridade e as armas, o exército sobre o que o Príncipe debe construí-lo seu Estado.

Segundo el, un Estado só é libre e estará seguro se dispón dun exército propio ben organizado, baseándose en reclutar cidadáns. Un Príncipe só pode manterse se dispón de armas propias e se el mesmo está á fronte do exército e da política militar. Polos mesmos motivos as armas mercenarias e auxiliares amosan a dependencia e debilidade do Estado, que poderá ser conquistado por quen detente o maior poder nese momento.

Os capítulos XV-XXIII conforman o terceiro bloque:

Nel Maquiavelo expresa a súa preocupación sobre a política interna do Estado, que debe basearse tamén na autonomía. Aquí pasa a estudiar cal debe se-lo comportamento do goberno dun Príncipe con respecto aos súbditos e amigos, e desenvolve os principios dunha política “realista” ata o extremo:

Parte do que son as cousas (o que foron e serán), e non o que deben ser, pois baixo o seu criterio, a política baséase na natureza humana e as súas paixóns, que son, a saber: maldade, volubilidade, ingratitude, ambición e envexa, principalmente.

O Príncipe debe rexirse por si mesmo, coa lei por un lado e a forza por outro, camuflando as súas accións, a todas luces inxustas, inmorais e irrelixiosas. Maquiavelo considera a política o reino das apariencias. Segundo el, o Príncipe debe ser consciente de que é inevitable e preciso pecar de cando en vez para conserva-lo Estado e a liberdade, evitando na medida do posible, incurrir no odio e no desprezo do pobo, porque isto pode levar a que perda o apoio do seu Estado. O Príncipe debe gañarse ao pobo garantindo a liberdade fronte ás ansias de dominación dos que poidan querer ocupa-lo seu Principado.

O último bloque abrangue os capítulos XXIV-XXVI:

Tralo fundamento da política realista que identifica a Maquiavelo e tras da-los criterios para para avalia-la valía ou erros do comportamento político do Príncipe, o autor asume directamente, a modo de conclusión, a situación do momento en Italia, volvendo ao obxecto central das súas preocupacións: as causas da ruina de Italia, e a posibilidade dunha rexeneración que permita recupera-la liberdade e crear un estado moderno e eficaz.

Ao final deste bloque menciona como modelos a seguir para o seu Principado aos “grandes fundadores e lexisladores”, a saber: Moisés, Rómulo e Teseu. Neste último bloque queda constancia de que o realismo de Maquiavelo é a base, o “ser”, que levará ao “deber ser” nun futuro.

ANÁLISE CRÍTICA:

Este libro é unha reflexión na que se explica que das circunstancias ás que se vai enfronta-lo Príncipe éste debe extrae-las premisas precisas para desenvolverse nun mundo cambiante. O éxito do soberano radica en tomarlle o pulso ás situacións, valoralas e harmoniza-la súa conducta coa dinámica propia dos acontecementos, xa que as necesidades que estas conleven imporán unha resposta.

Con isto Maquiavelo amosa que os homes poden medirse co mundo, e actuar sobre el, sobre os acontecementos; premisa que semellaba esquecida durante a Idade Media. Isto significa que a ambición do autor por ver unha Italia unida non é unha ilusión, senón que pode materializarse a través dunha loita polo poder estimulando nos italianos os sentimentos comúns que configuran a súa identidade cultural. O medio que propón para acadalo Maquiavelo é a guerra, e a fin será adaptarse ás esixencias dos novos tempos, organizándose coma un Estado nacional.

Segundo el, os fins políticos son inseparables do ben común. Baixo esta premisa, o Príncipe está exento de toda norma moral, xa que o verdadeiramente importante é que teña as condicións naturais como para asegura-la conquista e a posesión do poder. Maquiavelo, totalmente pragmático, afrima que o Ben Supremo non é a virtude ou a felicidade, nin calquera das metas que os “moralistas” puxeron ao home, senón a forza, o poder do Estado e da súa personificación no gobernante. Este Ben de Estado non se debe subordinar ao individuo baixo ningún concepto, e acadalo está por riba de calquera fin particular.

Na actualidade podemos observar, gracias a moitos Presidentes de goberno e Xefes de Estado, que a teoría política de Maquiavelo está máis vixente ca nunca.