Ecosistema

Relacions interespecíficas. Influencia humana. Cambio climático. Contaminación

  • Enviado por: Quik (iago Porto)
  • Idioma: catalán
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad

ÍNDICE

Índice .................................................................................................... 1

Bibliografía ............................................................................................. 1

Introducción. Evolución histórica do concepto “Ecosistema”...................... 2

Relacións intraespecíficas ........................................................................ 3

Relacións intraespecíficas. Relacións de cooperación ................................ 3

Relacións intraespecíficas. Relacións de competencia ............................... 3

Relacións interespecíficas ........................................................................ 4

Relacións interespecíficas. Antagonismo .................................................. 4

Relacións interespecíficas. Asociacións positivas ....................................... 5

Influencia humana sobre os ecosistemas .................................................. 6

Influencia humana sobre os ecosistemas. Destrucción e fragmentación de hábitats ... 6

Influencia humana sobre os ecosistemas. Cambio climático ...................... 6

Influencia humana sobre os ecosistemas. Contaminación ......................... 6

Influencia humana sobre os ecosistemas. Especies introducidas ............... 7

Influencia humana sobre os ecosistemas. Sobreexplotación ...................... 7

Control da influencia humana sobre os ecosistemas ................................. 7

Bibliografía

Darwin - Bioloxía e Xeoloxía ©. Edicións SM.

Enciclopedia Encarta 99 ©. Microsoft Corporation.

Diccionario de la Naturaleza ©. Espasa - Calpe.

Diccionario enciclopédico Larousse ©. Editorial Planeta.

Introducción.

Evolución Histórica do Concepto “Ecosistema”

O concepto “ecosistema” foi creado por Tansley en 1935, co obxectivo de actualiza-los anteriores intentos de conceptualización realizados polos naturalistas sobre complexos ambientales integrados por animales e plantas inmersos nun medio. O emprego deste término non supuxo máis que dar un nome a un concepto aceptado no ambiente científico sobre a existencia desas entidades.

No século XIX, Humboldt facía unha descripción de procesos naturais relacionados entre si, resaltando a unidade do mundo “Kosmos”. Este mesmo autor define asociación, referíndose ó conxunto de distintas especies que tenden a presentarse xuntas e corresponden a determinadas características do medio. Suess introduce o concepto de biosfera, como zona terrestre onde está concentrada a vida. Tamén aparece o término biocenose, proposto por Möbius. Aínda que orixinalmente tiña un contido equivalente ó de ecosistema, posteriormente quedou reducido á comunidade que habita un lugar determinado. Forbes, en 1887, chama a atención sobre as propiedades macroscópicas dun lago, referíndose a el como microcosmos (integración das partes nunha unidade superior).

No primeiro cuarto do século XX nace a “ecoloxía das comunidades”, ligada a nomes como Thienemann, Braun-Blanquet, Elton, etc.; comezaron entón a aplicárense conceptos básicos como cadena alimentaria ou pirámide de especies. En 1916, Clemens fala de comunidade referíndose ás propiedades macroscópicas independentes da suma das especies que a integran. Gleason critica este concepto e considera que a comunidade non pode ser entendida máis que como a suma das especies que a compoñen, e é resultado da acción da selección natural sobre os individuos que chegaron a ela.

Maila a introducción destes conceptos, a ecoloxía dispersábase en direccións bastante heteroxéneas e faltaba unha unidade de estudio, como o átomo para a física, a célula para a citoloxía, o tecido para a histoloxía ou o órgano para a fisioloxía.

Esta evolución, xunto coa aparición do concepto de sistema leva á aparición do concepto de ecosistema (Tansley, 1936), que proporciona unha maior flexibilidade e xeneralidade ós conceptos anteriores.

Relacións Intraespecíficas

As relacións entre individuos da mesma especie denomínanse relacións intraespecíficas. Poden ser de cooperación e de competencia.

Relacións de Cooperación

Facilitan a realización de actividades que dificimente podería levar a cabo un individuo illado, coma a reproducción, o coidado das crías, a defensa, etc. As poboacións animais forman grupos moi variados. Podemos diferencia-las seguintes asociacións:

Asociacións Familiares

Existen lazos de parentesco entre os seus membros. Agrúpanse para reproducírense e para coidaren as crías. Hai varios tipos: parental monógama (pai, nai e fillos), parental polígama (pai, varias nais e fillos) matriarcal (nai e fillos), patriarcal (pai e fillos) e filial (só fillos).

Asociacións Gregarias

Non existen lazos de parentesco entre os seus membros. Son agrupacións moi numerosas e de carácter temporal. Fórmanse para acadar un obxectivo determinado, como a defensa oy a busca de alimento.

Asociacións Sociais

Fórmanas numerosos individuos divididos en categorías sociais, con funcións diferentes. Reparten o traballo, de forma que tódolos membros colaboran na sociedade.

Asociacións Coloniais

Están constituídas por individuos unidos entre si de forma inseparable, coma os pólipos. Reprodúcense por xemación, de forma que os novos individuos adhírense ó proxenitor. Asociánse para poderen sobrevivir.

Relacións de Competencia

Danse cando o número de individuos dunha poboación aumenta e comeza a escasea-lo alimento. Contribúen a regula-lo tamaño dunha poboación, aumentando o índice de mortalidade e diminuíndo o de natalidade.

Relacións Interespecíficas

As relacións que se establecen entre individuos pertencentes a diferentes especies denomínanse relacións interespecíficas.

Antagonismo

Fálase de antagonismo cando un dos organismos sae prexudicado. Podemos diferencia-los seguintes casos:

Depredación

É a relación que se establece entre un individuo, denominado presa, e outro que o captura e devora, chamado depredador. O número de presas e depredadores está en continuo equilibrio, establecéndose diclos de producción. Cando aumenta o número de presas, os depredadores teñen máis alimento e aumenta o tamaño da súa población. O maior número destes causa a diminución de presas, polo que comezará a escasea-lo alimento. Entón, a poboación de depredadores redúcese debido ás relacións de competencia que se orixinan entre eles. Por último, as presas aumentan de novo o seu número, debido ó menor acoso dos depredadores, iniciándose un novo ciclo.

Os depredadores adoitan ser animais moi veloces, con órganos sensoriais moi desenvolvidos, para recoñeceren ás súas presas. A maioría das veces posúen coloracións crípticas para confundírense co medio e pasaren desapercibidos.

As presas adquiren mecanismos de defensa moi variados, protexéndose mediante espiñas, aguillóns, coirazas ou cunchas. Tamén recorren á cripse e ó mimetismo, que consiste en adoptar cores ou formas similares ás da paisaxe.

Parasitismo

É a relación que se establece entre dous individuos, un dos cales, o parásito, sae beneficiado, mentres que outro, chamado hospedador, sae prexudicado.

Segundo a súa dependencia do hospedador, os parásitos poden ser: obrigados (só sobreviven sendo parásitos, coma os virus) ou facultativos (poden vivir sen seren parásitos); e segundo o lugar onde viven clasifícanse en: ectoparásitos ou externos e endoparásitos ou internos.

Competencia

Esta relación establécese entre dúas especies diferentes que pretenden un mesmo recurso, coma o territorio, o alimento, a auga ou a luz. Ambas especies prexudícanse, aínda que a que poida adaptarse mellor ó medio conseguirá aumenta-la súa poboación. En xeral, se as condicións non varían, unha das poboacións desaparece, como é o caso das plantas que necesitan moita luz: nunca están presentes no solo dunha selva.

Asociacións Positivas

Son as asociacións nas que un individuo sae beneficiado, sen prexudicar ó outro. Hai os seguintes tipos de relacións:

Mutualismo

Relación que se establece entre dous individuos na que ámbolos dous obteñen beneficios. Un exemplo é o dos grandes vertebrados herbívoros, que adoitan estar acompañados de pequenas aves que se alimentan dos parásitos da súa pel.

Simbiose

É unha relación de beneficio mutuo, que aumenta as expectativas de supervivencia dos organismos implicados. Un exemplo é o dos térmites, que posúen no seu aparello dixestivo microorganismos que os axudan a dixeri-la celulosa da madeira.

Comensalismo

Esta relación é positiva para un dos organismos, chamado comensal, e é indiferente para o outro, denominado patrón. O beneficio consiste na obtención de alimento, utilizando os restos de comida liberados polo patrón.

Inquilinismo

Un individuo resulta beneficiado, mentres que para o outro é indiferente. Un organismo atopa refuxio e protección no espacio que, como vivenda, lle ofrece a outra especie. Un exemplo é a relación que moitas aves establecen coas árbores.

Tanatocrese

É un caso especial de inquilinismo, no que un dos organismos utiliza o cadáver ou os restos da outra especie como vivenda. É o caso do cangrexo ermitán.

Foresia

É a relación que se establece entre un organismo e outro que o primeiro utiliza como medio de transporte. Un exemplo é ó do polen e as abellas.

Influencia Humana sobre os Ecosistemas

Facemos unha análise dunha situación que se da hoxe en día na natureza e que pode ser considerada unha relación antagónica, xa que un dos organismos sae claramente prexudicado.

Tódolos medios e ecosistemas naturais enfréntanse agora a unha dificultade sen precedentes: a humanidade. O ser humano produciu nuns poucos séculos cambios que, na súa ausencia, esixirían miles ou millóns de anos. As consecuencias destes cambios están aínda por ver. A continuación, descríbense os impactos máis importantes da actividade do home sobre os ecosistemas.

Destrucción e Fragmentación de Hábitats

A influencia máis directa do home sobre os ecosistemas é a súa destrucción ou transformación. A tala a matarrasa (o corte de tódolas árbores dunha extensión de bosque) destrúe, como é lóxico, o ecosistema forestal. Tamén a explotación selectiva de madeira altera o ecosistema. A fragmentación ou división en pequenas manchas do que era un ecosistema continuo pode alterar fenómenos ecolóxicos e impedir que as parcelas supervivintes continúen funcionando como antes da fragmentación.

Cambio Climático

Agora acéptase de forma xeralizada que as actividades da humanidade están contribuindo ó quencemento global do planeta, sobre todo pola acumulación na atmósfera de gases de efecto invernadoiro. As repercusións deste fenómeno probablemente acentuaránse no futuro. Como xa se señalou, o cambio climático é unha característica natural da Terra. Pero antes os seus efectos podíanse asimilar, porque os ecosistemas “emigraban” desprazándose en latitude o altitude a medida que cambiaba o clima. Como agora o ser humano apropiouse dunha grande parte do solo, en moitos casos os ecosistemas naturais ou seminaturais non teñen ningún sitio ó que emigrar.

Contaminación

A contaminación do medio ambiente por herbicidas, plaguicidas, fertilizantes, vertidos industriais e residuos da actividade humana é un dos fenómenos máis daninos para o medio ambiente. Os contaminantes son en moitos casos invisibles, e os efectos da contaminación atmosférica e da auga poden non ser inmediatamente evidentes, aínda que resultan devastadores a longo plazo. As consecuencias da chuvia ácida para os ecosistemas de auga dulce e forestais de gran parte de Europa septentrional e central e un fenómeno que ilustra este apartado.

Especies Introducidas

O home é responsable deliberado ou accidental da alteración das áreas de distribución dun enorme número de especies animais e vexetais. Esto non só inclúe os animais domésticos e as plantas cultivadas, senón tamén parásitos como ratas, ratos e numerosos insectos e fungos. As especies naturalizadas poden exercer unha influencia devastadora sobre os ecosistemas naturais por medio das súas actividades de depredación e competencia, sobre todo en illas nas que hai especies naturais que evolucionaron illadas. Así, a introducción de raposos, coellos, sapos, gatos monteses e ata búfalos devastaron moitos ecosistemas de Australia. Plantas, como o arbusto sudamericano do xénero Lantana, invadiron o bosque natural en moitas illas tropicais e subtropicais e provocaron alteracións graves nestes ecosistemas; o xacinto acuático africano, xénero Eichhornia, tamén perturbou de forma similar os ecosistemas de moitos lugares cálidos do mundo.

Sobreexplotación

A captura dun número excesivo de animais ou plantas dun ecosistema pode inducir cambios ecolóxicos sustanciais. O exemplo máis importante na actualidade é a sobrepesca nos mares de todo o mundo. O agotamento da maior parte das poblacións de peces é, sen dúbida, causa de cambios importantes, aínda que as súas repercusións a longo plazo son difíciles de evaluar.

Control da Influencia humana

sobre os ecosistemas

Controla-lo cambio dos ecosistemas pode ser para a humanidade o reto máis importante durante o próximo milenio. Será necesario atopar solucións a tódalas escalas, dende a local ata a mundial.

A protección dos ecosistemas naturais que quedan en parques nacionais e outras áreas protexidas é decisiva. Pero esto non evitará a influencia de factores como o cambio climático ou a contaminación arrastrada polo aire e pola auga. Ademais, a continua pérdida de terreo que experimentan as áreas naturais significa que problablemente esixirán unha xestión máis activa para mante-las súas funcións ecolóxicas: control de especies exóticas, manipulación dos niveis de auga nos humedais, incendios periódicos controlados en hábitats forestais, entre outros. Esta clase de intervencións son sempre perigosas, pois todavía descoñecémo-lo funcionamento da maior parte dos ecosistemas.

O control da contaminación e da emisión de gases de invernadoiro esixirá adoptar medidas a escala mundial; tamén require medidas coordinadas deste tipo a interrupción do deterioro das pesquerías marinas por sobrepesca. En última instancia, a solución estriba en controla-lo crecemento da poboación humana e en adoptar unha postura moito máis restrictiva en canto ó uso de recursos naturais e enerxía.

Sistema: conxunto de elementos interrelacionados, entre os que existe unha certa cohesión e unidade de propósito.

Relacións que se Producen no Ecosistema

Tema 13 - Bioloxía e Xeoloxía

Páxina 7 de 7