Descartes

Filosofía. Discurso del método. Evidencia. Análisis. Síntesis. Mecanicismo. Dudas

  • Enviado por: Prostheticpictures
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 2 páginas
publicidad
publicidad

DESCARTES

Descartes crea un método para encontrar a verdade. Formula unhas regras que, seguidas ordenadamente, levan á verdade, pero a primeira di que só podemos tomar como verdadeiro o evidente, e qué é o evidente?

Para sabelo, Descartes dubida de todo ata que se decata de que do único que non pode dubidar é de que está a pensar (porque mesmo os pensamentos poden ser erróneos porque un “xenio maligno” o pode enganar), polo que conclúe que el é un ser pensante, e iso é o único evidente.

Pero entón, como podo chegar a outras verdades? Introducindo un elemento superior, máis perfecto ca eu: Deus, que me garante que non hai un xenio maligno e que todos os pensamentos que se me presenten claramente son verdadeiros. Así é posible a subs extensa.

O primeiro principio dende o punto de vista do coñec son eu porque sen o suxeito pensante non podo acceder a nada, e dende o punto de vista do ser, Deus, porque é perfecto e é a causa de todo (tamén do suxeito).

Descartes é un racionalista, polo que di que as únicas ideas evidentes e que non cometen erros son as innatas, non confía na experiencia nin na imaxinación.

O método

Conxunto de regras para que busquemos a verdade correcta e ordenadamente a través da razón.

Método único para tódalas ciencias que pretende crear novas verdades a partir das xa coñecidas.

Etapas do método:

1.Matemáticas coma modelo (son evidentes e demostrables só coa razón, sen a experiencia).

Invento mirabile: todo pode ser reducido a matemáticas e esas poden ser unha función que se represente xeométricamente. Formula as “regulae” pero son inviables.

2.Regras para dirixir a razón na procura da verdade:

-Evidencia: non aceptar como verdadeiro nada que non sexa evidentemente verdadeiro.

Pola facultade humana da intuición coñecemos inmediatamente as verdades evidentes.

-Análise: dividir a cuestión en partes para facilitar a súa resolución.

-Síntese: conducir os pensamentos ordenadamente para chegar de simples a complexos.

Pola dedución accedemos a novas verdades (complexas) a partir das xa coñecidas (simples).

-Revisión: para comprobar que non hai erros. Pola orde.

Pero, qué é evidente? →

A subs

3. A dúbida: é:

-Universal: se dubida de todo.

-Metódica: para chegar á verdade (a dúbida escéptica chega a que non podemos coñecer)

-Provisional

-Teórica

Podo dubidar de:

-Exterior: sentidos: argumento dos sonos (cando sono, o que sono me parece real).

-Mundo mental: os razoamentos matemáticos poden cometer erros.

Pode haber un deus deceptor ou xenio maligno que me engane.

Non podo dubidar de que estou a pensar: penso logo existo = son un ser pensante, con

autoconciencia

O primeiro principio = cogito = res cogitans = subs pensante:

Cousa que pensa → ten entendemento e vontade.

Para acceder á realidade externa (que é unha hipótese, non unha evidencia), usa as ideas:

-As que proceden das percepcións

-As fabricadas pola imaxinación a partir de outras Ambas cometen erros.

-As innatas: son as únicas claras e distintas.

A subs divina/infinita/eterna

Non é un Deus coma o de S.Tomé e S.Agostiño (teolóxico) senón coma a Idea de Ben platónica ou o primeiro motor aristotélico (epistemolóxico).

É a causa de todo e é un Deus creador.

Probas da existencia de Deus: non son coma as probas de Tomé senón que son dende o pensamento, porque é o único do que non podo dubidar.

-Se teño a idea innata de perfección, ma tivo que dar un ser máis perfecto ca min: Deus.

-Se son capaz de pensar ideas innatas, estas existen → Deus exite.

-Os seres non poden conservarse nin crearse a si mesmos porque son imperfectos e limitados →

causa de min non está en min porque se non eu sería perfecto → está nun ser máis perfecto: Deus.

La constatación de nuestra finitud o limitación, supone una relación causal del ser humano con Dios, y esta relación se expresa a través de la idea de Dios que encontramos en nuestra conciencia, y que sólo Él ha podido crear.

4. Non hai garantías de que ó pensado lle corresponda unha realidade externa, pero como Deus é perfecto e bo (e está claro que existe polas probas), me garante que cando concibo algo dun modo claro, é verdadeiro. Isto desecha a teoría do xenio maligno.

A subs extensa

Cousas materiais, que teñen coma atributo a extensión (figura, posición e movemento) e ocupan lugar. Deus nos garante a verdade da idea de extensión.

A física mecanicista

-Pretende lograr o coñec das causas primeiras da natureza.

-3 leis:

·A materia sempre permanece no mesmo estado (mov/repouso).

·Todo mov é en liña recta (lei da inercia), pero sempre hai choques porque non hai baleiro →

choques producen mov circular.

·Nos choques, a cantidade de mov permanece constante.

A bioloxía

-Os seres vivos son autómatas (poden moverse) pero son subs inertes.

Se poden ir cambiando e reparando as partes.

-No ser humano coinciden a subs extensa e pensante → é autómata pero ten paixóns, que a subs pensante, que ten vontade, ten que controlar.

Dualismo antropolóxico: mente e cerebro non se identifican, pero na glándula pineal se da unha

relación entre as dúas subs.

-http://www.luventicus.org/articulos/03U012/descartes.html

-Conclusión, influencia e de onde extraer opinión personal:

Descartes innovou a filosofía e aplicou as matemáticas ás ciencias físicas. Foi o primeiro filósofo moderno e o iniciador da concepción mecanicista da natureza. Impulsou a subxectividade racional e concibiu o home coma razón. A partir del, o pensamento moderno tomará coma punto de partida o ser mental e o pensamento do ser. Locke criticou duramente as ideas innatas. Hume, Kant e Nietzsche criticaron as súas probas sobre a existencia de Deus.