Cristovo Colón

Historia de España. Descubrimiento de América # Viaxes

  • Enviado por: Adriana16
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 6 páginas
publicidad
publicidad

Vida

Segundo a hipótise máis aceptada, Cristovo Colón naceu en Xenova no ano 1451. Fillo de Doménico Colombo, un tecelán, e Susana Fontanerossa, filla tamén de teceláns. Tivo catro irmáns, tres deles homes e unha muller.

Ós catorce anos tivo o seu prmeiro encontro co mar en calidade de grumete, e, parece ser que a mesma navegación lle deu unha alta cualificación sobre todo en disciplinas relacionadas co mar.

No ano 1477 foi a vivir a Lisboa, onde casou con Felipa Perstrello e Moniz, nai do seu primeiro fillo, Diego. Máis tarde tería un segundo fillo, Hernando, en España froito dos seus amores con Beatriz Enríquez Arana.

No ano 1483 comezóu a interesarse pola cartografía e relacionouse cun cartógrafo que defendía que a ruta a Asia debía ser máis curta por Occidente que por Oriente. Esto proviña dun cálculo erróneo, por descoñecer as dimensións da Terra e ignorar a existencia dun continente interposto entre Europa e as costas de China.

Xa que naquela época críase que a Terra era como unha moeda, tomaron a Colón como un tolo, por defender a idea de que a Terra era redonda. Aínda así, entusiasmado coa idea de abrir aquela recta, Colón acudiu o rei Juan II de Portugal para que o apoiara no proiecto.

Despois de ser rechazado en dúas ocasións por este, sobre o ano 1484 acudiu a España, e, no ano 1486 conseguiu ser recibido polos Reis Católicos para expoñerlles o seu plan, pero foi rechazado. No 1491 acudiu de novo a corte, e logróu a aprobación que esperaba.

Zarpou despois de preparar toda a viaxe, o 3 de agosto de 1492. O 12 de outubro arribaron no que eles pensaban que eran as Indias.

Colón realizou unha serie de viaxes máis as terras descubertas.

O 20 de maio de 1506, Cristovo Colón falece en Valladolid, cidade á que acudira a ver a doña Juana la Loca, herdeira dos Reis Católicos, e o seu esposo, Felipe el Hermoso.

Preparativos para a Viaxe

Despois de ofrecer, como xa dixemos antes, o seu proiecto a varios monarcas europeos, Colón púxose en contacto co prior do convento de La Rabida, frai Juan Pérez, que fora o confesor da reina Isabel la Católica, e frai Diego de Deza, os que mediaron diante da reina e por fin asinouse o contrato entre os Reis Católicos e Colón, o día 17 de abril de 1492. Colón explicando o seu proiecto na Rábida.

Esto coñécese polas Capitulacions de Santa Fe.

Asinado este contrato, Colón, comezou os preparativos para a viaxe, coas tres naves que se lle concederan; as carabelas a Pinta e a Niña, e a nave Santa María.

En Palos fixose pública a obriga de armar as duas carabelas. O non atopar tripulación foi cando frai Juán Pérez, e, sobre todo, o experto mariñeiro Martín Alonso Pinzón, puxeronse da súa parte para axudarlle a buscar xente.

A tripulación de Santa María era na gran maioría vasca; e as duas carabelas, a Pinta e maila Niña, servidas por mariñeiros andaluces. En total uns cen homes, entre os que había alguns delincuentes, carpinteiros, calafateiros, escribans, alguacils, ciruxans, etc., ademáis dos mariñeiros ordinarios.

Na Santa María subiu Colón, e foi nomeado maestre o seu dono, Juán de la Cosa. A Niña foi mandada por Vicente Yáñez Pinzón e na Pinta, foi maestre Francisco Martín Pinzón e capitán o seu irmán, Martín Alonso.

Viaxes

Primeira viaxe:

O 3 de agosto de 1492, despois de oír misa e comulgar, a expedición colombina saíu do porto de Palos de Moguer (Huelva) rumbo as illas Canarias. Alí detiveronse para reparar unha nave e volveron a zarpar o 6 de setembro. Hata o 22 de septembro, a travesía seguiu sen dificultades, pero este día comezou a calmarse o vento, e con iso comezaron as dudas dos tripulantes, que o Almirante As carabeñas Niña, pinta e Santa María, nas que

tivo que disipar. Colón chegou por primeira vez a América.

Na madrugada do 12 de outubro, Rodrigo de Triana, mariñeiro da Pinta, lanzou o berro de ¡Terra!, primeiro anuncio do portentoso feito: América fora descuberta.

Colón criu arribar nas Indias porque nunca pensou que existise un continente interposto entre Europa e Asia. A primeira illa que se ofreceu os ollos dos españois foi a chamada polos seus nativos Guanahaní e que Colón bautizou co nome de San Salvador.

Unha maniobra de timonel da Santa María fixo que a nave encallase na noite do 24 o 25 de decembro. Cos restos da nave construiuse un forte, chamado Navidad, primeira fundación española en terras do Novo Mundo.

Colón decidiu voltar para a Península a bordo de a Niña, o 2 de xaneiro de 1493.

O día 15 de marzo, ó mediodía entrarou en Palos de Moguer a Niña, unhas horas despois da Pinta.

A mediados de abril, Colón foi recibido polos Reis en Barcelona con honores extraordinarios e referiulles as suas aventuras, presentoulles indíxenas e productos das terras visitadas e solicitóu de eles a preparación doutra viaxe.

Segunda viaxe:

A segunda viaxe colombina tivo xa fins colonizadores. Trece meses despois da primeira partida, saía de Cádiz a nova expedición, composta de cerca de mil quinientos homes embarcados en dezasete naves.

A flota zarpou o 25 de septembro de 1493, coa Marigalante, na cal viaxaba Colón, como nave capitana.

O día 3 de novembro chegaron a terra, onde lles foron poñendo nome a todas as terras as que chegaban.

O 26 de novembro, Colón encamiñouse o lugar onde estableceran o forte Navidad, pero, a guarnición española, perecera dous meses antes a maos, sen dubida, dos indixena. Colón fundou o 7 de decembro a primeira cidade do Novo Mundo, a que lle deu o nome de La Isabela, en honor a reina de Castela.

O 10 de marzo de 1496, Colón decidiu voltar para España, e o 11 de xuño desembarcou en Cadiz.

Terceira viaxe:

Facilitaronselle a Colón os medios para organizar unha terceira expedición, a vez colonizadora e descubridora, que, composta de seis naves, partiu de Sanlúcar de Barrameda o 30 de maio de 1498.

Nesta terceira viaxe tocouse por primeira vez terra firmen, xa que ata ese momento só tocaran illas.

Colón voltou de cara a Península, apresado por Francisco de Bobadilla, ó que enviaran os Reis Católicos o 23 de agosto do 1500, en calidade de investigador oficial, e, ó ver unhas pequenas sublevacións apresou a Colón e tratouno de forma brusca, polo que cando chegaron a Península, a principios do 1501, ó enterarse os Reis Católicos, pedironlle disculpas a Colón polos feitos acontecidos.

Cuarta viaxe:

Todavía lle foi concedida a Colón a posibilidade de efectuar unha cuarta viaxe, para o cal partiu de Cádiz o 9 de maio de 1502 con catro embarcacións.

Resultado desta viaxe foi o descubrimento de América Central.

O 12 de septembro do 1504, despois de pasar grandes penalidades, Colón e o resto dos superviventes desta cuarta e última viaxe embarcáronse de volta a España, e, o 7 de novembro arribaron en Sanlúcar de Barrameda.

1

8