Literatura


Cousas; Alfonso R. Castelao


RESUMO DAS HISTORIAS DE “COUSAS”

A carón da naturaza:

Cando se observa un paisaxe da natureza non se pode ver o que realmente transmite e non se pode expresar con pintura por iso o narrador prefiere ser escritor para expresar mellor esa idea

Chámanlle a marquesiña:

Fálase dunha muller pobre que lle chaman a marquesiña inda que nunca tivo nin riquezas nin praceres.

Camiño esquecido:

Hai un camino maldito que leva a un pobo morto onde unha lenda conta que roubaron no mosteiro, e o día seguinte apareceu o ladrón morto pero o botín non estaba por ningures. A partir daquela a aldea quedou maldita e todo alí morría.

Onde hai un cruceiro:

Onde hai un cruceiro simboliza que un pecado e que houbo un rezo de arrepentimento ó ceo por ese pecado.

O rifante:

O Rifante era un mariñeiro que gañaba moito diñeiro e era un bo patrón do seu barco. Cando a fama chegou á casa do Rifante foi pedir diñeiro a un amigo con toda a súa familia; advirte a súa familia de que se morrera a ese home lle debían diñeiro, acto seguido marchouse.

A noite da derradeira novena de difuntos:

Na noite da derradeira novena de difuntos a xente escoltando a misa e sembrando os seus mortos. Despois empeza unha procesión e todos choran polos seus familiares e tamén unha rapaza sen familia que chora por non ter familiares para chorar.

A ponte vella:

Rosa era unha costureira e Pedro estudiante de latín. Cuzábanse nunca ponte e Pedro se enamorou de Rosa. Cando pasou o verán Pedro volveu dos seus estudios, pero cando se cruzaba con Rosa na ponte, esta agachaba a cabeza. Pedro oiu que Rosa tiña o mal de San Lázaro; Pedro fíxose ábade e se asenta na ponte a repartir alí a súa bendición.

No escuro caletre de Martiño:

Martiño criouse cun sacristán e cando creceu púxolle un cerrillo ó campanario e fixo del a súa casa. Os rapaces non querían que mandara no campanario en un día entraron e romperon con todo. Para vengarse, Martiño contoulles historias sobre que a Santa compaña entrou no campanario, conseguindo meterlles medo no corpo.

Aínda eu non nacera:

Nun pobo apareceu un raio de luz, unha luz que viña do mar. A xente acudía a mirala e cando o medico non lle encontrou explicación todos botaron en pánico. Pensaban que era a fin do mundo, hata que chegou o dono da fabrica de salazón aclarando que somentes era unha luz eléctrica.

Na cova dos carcamáns:

Un home quere ver a unha dona encantada que os mariñeiros decían, se peinaba o pelo nas pedras

Un día veu como unha pedra asemelleaba una cabeza con cabelos verdes. Decidiu collela e o facelo puido comprobar que era a cabeira dunha muller.

Cando eu era rapaz:

É unha sucesión de tres historias relacionadas nas que primeiramente se conta como un home chamado Ramón Carballo emigra a varios sitios pero sempre volve pobre hata que unha vez foise e xa non volveu máis. Na segunda, conta como un home que vendía restos de persoas ten entre eles un coiro dun peito dun home onde estaba escrito o nome de Ramón Carballo.

Dous vellos que tamén tiveron mocedade:

Dous vellos casaron por amor e viviron sempre sos. Cando o vello morreu, o levaron catro homes e a súa viuda despediuse cun “hata logo” provocando a risa do pobo enteiro.

Todos canto sabían algo da historia da vila:

A vellaiña Siforosa tódolos días rezaba unha oración por cada morto no mar. Dende que morreo somentes quedan unhas pocuas cruces en memoria dos mortos na beiramar.

Era un barbeiro de sábado:

Un barbeiro de sábado amaba os libros que non entendía e poñíase a “profundar” en misterios da vida para remetar laiandose hato eu cheogpu a súa morte.

Aínda eu era médico rural:

Un médico subía por un camiño da serra e o lonxe viu unha dama chamada “Tola do monte” que din que foi enfeitizada por unha bruxa.

Aínda está no areal:

Os vellos máis vellos dunha vila tiñan un barco e un aparello para pescar. Eran pobres pero non aceptaban esmolas. Cando morreron, os seguintes vellos ían pedir nas casas dos ricos.

Cando Bieito quedou orfo:

Bieito quedou orfo e un parente das Américas veu a levalo consigo. Antes de partir agachou un ichaviño no monte. Cando creceu, prosperou e tivo fillos. Cando lembrou do ichaviño volveu a súa terra e o encontrou mesmo onde o deixara provocandolle grande emoción

Eu non teño mágoa do picariño:

O narrador conta como non ten mágoa do picariño que non corre detrás dos automóviles para velos e só os mira de vez en cando, xa que será feliz; ten mágoa dos que si corren detrás deles e sequedad observando como pasan.

Se eu fose autor:

O narrador conta que se fose autor escribira unha peza de teatro en dou lances; un no que aparece a xente dunha aldea chorando a unha vaca e outro no que unhas hidalgas choran a morte dunha cadela dicindo o mesmo que os que choraban á vaca.

Esa fiestra non é un ollo da casa:

Un cego hembra dende unha fiestra a súa xuventude e unha muller coa que se casou.

Foi por segui-los mandados dun amor:

Una señora que se foi da súa terra recibía cartas nas que lle contaban que a súa nai vivía durante moitos años, estas cartas eran mentiras contadas por un familiar e cando este morreo a muller deixou de recibir cartas dándose conta da verdade.

Chegou das Américas un home rico:

Un home rico trouxera das Américas a un negrito que crece una aldea, e anos máis tarde emigrou para buscar fortna pero tivo que volver pobre.

No mar había un afogado:

Nunha vila apareceu un afogado. Todos os da vila tiñan gran pena del pero cando o enterraron todos volveron as súas vidas normais.

A vella non para de gaba-la súa felicidade:

Unha vella que vivía soa ten unha filla e ponse moi feliz porque por fin ten alguén que a queira.

Manter un animal para comelo:

O narrador conta como é un día de feira e como os feirantes intentan sacar o mayor proveito e os animais son separados un dos outros.

Xa van alá moitos anos:

A un home tódolos anos dous choqueiros van a rirse del no antroido. Un díua cansouse deles e invitounos a augardente, sentíronse mal e o home non os volveu ver sentándose culpable.

O vello “Saramaguiño”:

O vello Saramaguiño era un pobre que buscaba tesouros pero nunca atopou ningún e morreo. Unha vez contou como atopou unha caixa pensando que eran tesouros pero ó final resultou ter un inglés morto.

Semellante a un frade de madeira:

Un home borracho e unha muller que vendía no mercado cásanse e o pobo rise deles. Tñen un fillo e marcha pero non volve xa que non volverá hata que non teña o diñeiro suficiente para que o pobo dexe de rirse dos seus pais.

O burro non bulía nin chisco:

Un home ponse a pensar como se fose a través dos ollos dun burro, dicindo que as persoas non queren ser burros senon tigres, lobos… xa que atisban nos burros a sabedoría e por iso os desprecian. Di que os homes serán felices cando todos sexan burros.

O pai de Migueliño:

O pai de Migueliño viña das Américas. Migueliñomira os homes ben arreglados e cada un que pasa pensa que é o seu pai, pero ningún o é; Un home abraza á nai de Migueliño, ese home está fraco e desfeito, é o padre de Migueliño.

Romualdo era un home “fino”:

O Romualdo era un home fino. Atopou traballo no xuzgado; ademáis de escribante era catador de viños e moitas veces se emborrachaba; pero canto máis bebía máis fino era.

Nunha eirexa da montaña:

Nunha eirexa da montaña había unha caveira cun burato por onde botar moedas. Pertencía a un home que se dedicaba a roubar por método legais e agora ten que ter sobre a súa alama todo o diñeiro que roubou.

O fillo de Rosendo:

O fillo de Rosendo era un home pobre se casou cunha mulle rica para poder comer sen decatarse da súa desgracia xa que o matrimonio era para toda a vida. O día da boda levou consigo lotería, que lle tocou e fíxose rico; demasiado tarde xa que estaba casado.

Era un neniño de mantenga:

Un neno era moi bonito e moi ben vestido. Cando creceu converteuse nun mozo moi bondadoso e moi inocente o que provocaba o orgullo da súa nai. Meteuse nunha academia militar e un día foi á guerra e morreo.

Don froitoso:

Don Froitoso era un home que asociaba a sabedoría coa vellez e non quería facerse vello e por iso intentaba relacionarse con xente xove escapando da realidade.

Amigo meu:

Un home cría que tiña unha doenza de corazón pero todos os médicos lle dicían que non. Un día fartouse da negativa e escupiu a un especialista polo que o meteron nun manicomio. Un medico tolo dixolle que non estaba doente do corazón senón que estaba loco.

Esta morea de pedras e tellas:

A vella Fanchuca era unha muller moi pobre que andaba pedindo de porta en porta e tiña máis de cen anos. Isto provoca no narrador que identifique a vellez coa pobreza.

Doña Florinda:

Doña Florinda estaba casada e quería un fillo pero o seu marido morreu. Casou con outro pero tamén morreo. Cando se fixo vella, a pena fixolle crer que tiña un fillo.

Dende a fiestra da torre:

Unha condesita morrera de amor na fiestra da súa torre. Nun sartego estaban as súas conzas e uns homes dun pobo abríronna para encontrar osos, po e un cheo de cereixas.

Ese rapaz saído das miñas lembranzas:

Un rapaz amigo do narrador era un neno sen medo que unha vez desfixera a colleita de esmolas dunha vella sen importarlle nada. Marchou a América e fixose rico e amo de outros homes.

O señor Antón:

O señor Antón era un pintor que gustaba de pintar todo e facía retratos. Unha vez para facer un retrato dunha nena mirouna un momento e madouna volver o sábado para recolle-lo retrato.

O bruxo da montaña:

Unha rapaza estaba namorada dun home e acudiu a un bruxo para que fixera que o home se namorar dela. O bruxo fixo que unha peneira se movese e dixo que o rapaz só verá a beleza desta rapaza e non a de outras.

Unha rúa nun porto lonxano:

Dous mariñeiros un que falaba francés e outro inglés fanse promesas de amizade. Os dous e emborrachan e un emepza a cantar en galego, o outro ó escotailo fai o mesmo descubrindo que os dous son galegos.

Vouvos contar un conto triste:

Doña Micaela era unha muller que facía camisetas para os seus fillo pero sempre abortaba e metía os fetos en frascos cunha etiqueta co seu nome. Un día a unha criada caeulle un feto e cando llo contou a doña Micaela esta morreo.

CONTIDO

Temas principáis:

A obra non ten definido ningún tema principal en concreto, aínda que se centra bastante na pobreza dos galegos e no amor das persoas.

Temas secundarios:

A morte, a envexa, as lendas antigas, o amor, a vellez, a naturaza, abondade e a maldade nas persoas, a avaricia, a familia.

Estructura temática:

O libro esta distribuido en corenta e cinco historias de corta duración que contan historias totalmente diferentes que non teñen ningunha relación entre si.

O libro parece irse centrando primeiramente nos temas da natureza como temática principal para ir logo pasando progresivamente a temas da sociedade como a emigración e temas amorosos entre persoas de pequenas vilas ou pobos.

PUNTO DE VISTA

O narrador, é un narrador en primera persona ó largo de toda a obra que fai de testemuña moitas veces das historias que conta.

É un narrador obxectivo xa que non profundiza na vida dos personaxes, non sabe o que pensan e se limita a ser un mero observador da súa vida sen importarlle nada.

Non utiliza dialogos prácticamente en toda a obra e as descripcións son mínimas tanto no referente a persoas como a lugares facendo que o narrador vaia ó tema principal sen demorarse.

PERSONAXES

Os personaxes desta obra basanse prácticamente en ser o protagonista das historias xa que na maioría das historias o protagonista é o unico personaxe que aparece. Os personaxes que se poden considerar secundarios nas historias son maiormente a xente do pobo sen especificar a ninguén en concreto, e son poucos os casos en que se fai.

Os personaxes soen ser planos, non cambian na súa maneira de ser en parte debido á corta duracion das historias.

Son personases realistas totalmente e non soen estar presentes na historia senón que se fala deles recordandoos debido a que a historia ocorreu no pasado .

TEMPO LITERARIO

O tempo das historias sempre está sen definir polo que é imposible situarse nun ano, mes ou día determinado.

Sen embargo se precisa algunhas veces o tempo que viviu algun protagonista o se fan retrocesos ó pasado especificando a idade dos personaxes.

Non se fan referencias a feitos históricos concretos anque Castelao indica nalgunhas historias a emigración dos galegos a America polo que se pode situar mais ou menos a principio do século XX, sendo esta a única referencia do tempo que se ten na obra.

ESPACIO

O espacio desenrólase maiormente nun ambiente rural citando montes ou vilas e outras veces nun ambiente costeiro.

Este espacio é realista ainda que non se especifica os nomes dos lugares en concreto pero o contexto da obra se sitúa en Galiza.

LINGUAXE E RECURSOS LITERARIOS

Castelao utiliza unha linguaxe inda que pareza coloquial, contén alguns rexistros cultos que lle confiren un carácter bastante elaborado da obra.

Este linguaxe non inflúe nos personaxes da obra xa que o non haber apenas diálogos os personaxes non falan e non distinguen clase social que permita diferenciar se teñen sapiencia para saber falar de forma culta ou non.

Este apartado non ten demasiada importancia na obra xa que se podía desenrolar da mesma maneira tivera o rexistro que tivera sen afectar á temática e a maneira de explicala.

VALORACIÓN CRÍTICA

Considero que Castelao fai un bo traballo en “Cousas” en parte por denunciar notablemente a miseria do pobo galego ante todo o mundo e en parte por contribuir a nosa cultura literaria que é masi ben escasa.

Discrepo no seu uso da linguaxe xa que en varias partes do libro costa entender o que se le á primeira vez e tamén no tipo de estrucutura, xa que penso, debería ter dialogos e unha trama máis desenrolada.

Me parece moi ben tratado o tema da emigración dos galegos, xa que sin denuncialo especificando nel cosegue metelo de maneira que non sexa o tema principal da historia pero que quede garabado na memoria. Así quizais cando se acaba de ler, o que queda na cabeza non é a historia en si, senón o mensaxe que quería transmitir.

Só sabería relacionar esta obra con outra do mesmo Castelao: “Os dous de sempre”. Non pola estructura, ni polos recursos, senón porque parésceme que os persoaxes de “Os dous de sempre” tamén sirven de denuncia social que creo que é o temas que Castelao intenta tratar nas súas obras.

1

“Cousas” - Alfonso R. Castelao




Descargar
Enviado por:Borja Vilela Prieto
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar