Conta saldada; Suso de Toro

Literatura contemporánea gallega. Siglo XX. Narrativa. Novela juvenil. Misterio. Venganza. Argumento. Personajes

  • Enviado por: Irene
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

FICHA DE LEITURA DO 2º TRIMESTRE

FICHA TÉCNICA:

TÍTULO. Conta saldada

AUTOR/A. Suso de Toro

EDITORIAL. Alfaguara/ Obradoiro

XÉNERO. Narrativa

LOCALIZACIÓN ESPAZO-TEMPORAL.

Os feitos acontecen en Galiza, na década dos noventa. A historia transcorre durante apenas unha semana.

PERSONAXES.

PRINCIPAIS.

Catuxa, é a filla do xestor asasinado, de dezasete anos é unha moza formal e estudosa, que vive coas comodidades que o seu nivel económico lle brinda. Amosa transtornos psicolóxicos trala morte do seu pai. Destaca o cambio de actitude e personalidade que sofre ao longo da historia, ela mesma identifícase con Hamlet, un protagonista dunha novela de Shakespeare.

Xermán, é o suposto irmán de Catuxa, ten uns poucos máis anos ca ela. Non vai moi ben no colexio, fuma, e o ambiente no que se move ten un ton de delincuencia e marxinalidade. Cun andar fachendoso e arrogante pretende disimular as súas carencias.

SECUNDARIOS.

A nai de Catuxa, profesora nun instituto cercano. A relación co xestor enfriárase nos últimos anos de matrimonio, mais a súa morte afectoulle profudamente.

Begoña, a mellor amiga de Catuxa, mantiñan unha relación de amizade moi acentuada, mais tralos últimos acontecementos Catuxa vaise afastando dela e comeza a ocultarlle cousas.

O xestor, foi asasinado por invertir cartos dalgúns clientes sen consentimento previo. Nunca tivera moita sorte con ese tipo de negocios, era, nese aspecto un pouco temerario e inmaduro. Quería moito a Catuxa, tratábaa coma unha “reina”. Por outra banda estaba moi ivolucrado no seu traballo co que pasaba pouco tempo na casa coa familia, feito que o distanciou da súa esposa.

Cabuxo, era un vello que se adicaba ao contrabando na Illa de Arousa, parte do capital que o xestor invertira de xeito negativo era del. A súa muller, Carmucha, sofría desequilibros mentais.

Cotelo, era dono dun restaurante na ría de Arousa. Foi o asasino do pai de Catuxa.

Castiñeiras, era dono doutra xestoría, e foi quen lle levou os clientes ao outro xestor trala súa morte. Foi copartícipe do homicidio deste. Catuxa repugnáballe que a sobara sempre que se atopaban, coa excusa de darlle o pésame.

ARGUMENTO.

Catuxa é unha rapaza de case 18 anos, á que pouco tempo despois lle morreu o pai, supostamente a causa dun suicidio. Catuxa sente morriña e de vez en cando visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas secretas aparéceselle o seu difunto pai. Este vén despedirse dela, ademais de confesarlle que ten outro irmán do que a nai non sabe nada, e encoméndalle entregarlle un talón de cartos. Por outra banda, desvélalle un feito impactante: el non se suicidou, senón que o asasinaron uns clientes seus por invertir os seus cartos sen consentimento deles.

Ante todo isto a Catuxa mestúraselle unha chea de sentimentos e pensamentos na cabeza que a deixan cavilando, e comeza a ver a realidade desde outra perspectiva.

Decide ir, ao día seguinte, na procura do seu suposto irmán, o nome do cal é Xermán. Mais non lle dá o talón así como así, senón que o extorsiona dicíndolle que se lle axuda a vingar a morte do seu pai entregaralle o devandito talón. Xermán, que non vive con demasiados luxos, non tarda moito en aceptar a proposta. Pero antes confésalle que non é irmán seu, que todos estes anos a súa nai empregouno para sacarlle cartos ao pai de Catuxa. Para saíren de dudas deciden facerse unha análise de sangue que o confirme. Tras pechar os preparativos quedan en chamarse ao pouco tempo.

Cando chega á casa, Catuxa cambia o seu peiteado, o calzado, mesmo a forma de actuar, pois falta a algunhas clases e comeza a mentir dun xeito natural, soltando troula tras troula.

Aos poucos días Xermán chámaa para contarlle que xa ten todo o material; e cítanse ao día seguinte pola mañá cedo.

Cando Catuxa o ve ao lonxe, decátase sorprendida de que conseguiu rescatar a súa bicicleta que días atrás lle roubaran no barrio de Xermán. Como os asasinos de seu pai viven na Ría de Arousa deciden coller o todo terreo que teñen na casa, a pesar de non ter ningún dos dous carné de conducir.

Durante a viaxe pola autoestrada vanse turnando no manexo do volante. Os dous están desacougados polo que poderá pasar. Xermán sente medo e de vez en cando tenta convencer a Catuxa de que o mellor sería abortar o plan. Mais, nin sequera Catuxa ten un plan realmente definido, o que a move é a ira que sente cara os asasinos do seu pai, e o sentimento de vinganza.

Ao chegar ao restaurante do Cotelo, un dos homicidas, Catuxa baixa do todo terreo cunha escopeta recortada agochada baixo a cazadora. Comeza a falar co propietario, e con sutileza apúntalle coa arma, indicándolle que entre no automóbil. O home queda desconcertado e ante a pouca vacilación da rapaza, comeza a suplicar que el non matou ao xestor, e que as probas atópanse na casa do Cabuxo, un dos donos do diñeiro invertido.

Tras sopesar as opcións, Catuxa accede a ir ata a casa acompañada polo home. Unha vez alí, baixan até o ximnasio da mansión, é entón cando se dá conta que foi enganada.

Cabuxo era un vello, o que organizara todo, e Cotelo fixera o traballo sucio: matar ao pai de Catuxa. Este último, cun rápido amago, tíralle coa escopeta e dun golpe derríbaa, deixándoa medio inconsciente. Nese momento, entra no ximnaso Carmucha, a muller do Cabuxo, e despois dun forcexeo, remata matando ao seu marido cun fouciño. De seguido, aparece Xermán, e coa recortada dispáralle de morte a Cotelo. Deste xeito, rescata a Catuxa, saen correndo de alí e fuxen no todo terreo.

Ao chegar a vila deciden voltar visitar a xestoría por derradeira vez. Mentres que están alí aparece o outro cómplice do asasinato, Castiñeiras, quen forza a porta seguro de que a rapaza está alí; mais cando acende a luz morre electrocutado. Emocionados e asustados ao mesmo tempo, deciden deixalo nunha rúa estreita, na que hai uns cables eléctricos tirados.

Despois de semellante día deciden marchar a cadansúa casa; aínda que previamente Catuxa entrégalle a Xermán o prometido talón que contén cinco millóns de pesetas.

Os días posteriores mantéñense en contacto para asegurarse de que os asasinatos non transcenden nas noticias do xornal.

A partir destes acontecementos a vida de Catuxa muda completamente, e, tras comprobar que efectivamente non son irmáns, comezan a mirarse con outros ollos.

BIBLIOGRAFÍA DE SUSO DE TORO.

Xesús Miguel de Toro Santos (Santiago de Compostela, 1956) é un escritor contemporáneo galego. Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo, é tamén guionista de televisión e colaborador habitual en prensa e radio. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra está traducida a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

'Conta saldada; Suso de Toro'
Obras:

  • Caixón desastre (1983).

  • Polaroid (1986). Premio da Crítica de Galiza

  • Land Rover (1988).

  • Ambulancia (1990).

  • Tic-tac (1993). Premio da Crítica española

  • A sombra cazadora (1994).

  • Conta saldada (1996).

  • Unha rosa é unha rosa (1997), teatro

  • Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor.

  • Círculo (1998).

  • Non volvas ( 2000), Premio da Crítica española.

  • Trece badaladas ( 2002). Premio Nacional de Narrativa

  • O príncipe manco (2004)

  • Morgun (2004)

  • Home sen nome (2006)

Periodismo e ensaios:

  • Parado na tormenta (1996).

  • Eterno retorno (1996).

  • O país da brétema (2000).

  • A carreira do salmón (2001).

  • Nunca máis Galiza á intemperie (2002).

  • Españois todos: As cartas sobre a mesa (2004).

  • Ten que doer: literatura e identidade (2004)

  • Outra idea de España: Mar de fondo (2005).