Conta Salada; Suso de Toro

Literatura contemporánea gallega. Siglo XX. Narrativa. Novela juvenil. Misterio. Venganza

  • Enviado por: Cesar
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

Conta saldada

1. Argumento.

Unha rapaza chamada Catuxa, descobre que o seu pai, falecido fai unhas semanas, non se suicidara se non que o asasinaran. Esto descóbreo o ir o despacho do pai e comunicarse co seu espírito, que lle contou que o matara un cliente por perderlle o diñeiro nun negocio. A fantasma tamén lle conta que ten un irmán que ela e súa nai non coñecen e que lle ten que levara súa parte da herdanza. Catuxa coñece o suposto irmán e decide vingar a morte do seu pai ca súa axuda.

2. Personaxes.

2.1. Personaxes principias:

  • Catuxa: é a protagonista da historia. É a filla do xestor asasinado, ten 17 anos e é unha rapaza formal, que nunca se meteu en leas e estuda. Non é nin guapa nin fea, nin alta nin baixa, é unha rapaza normal. A súa familia non ten escaseza de diñeiro.

  • Xermán: é o suposto irmán de Catuxa. Xunto con súa nai estafaron o xestor. Axudará a Catuxa na súa vinganza. Xermán é un rapaz que non estuda e é máis ben pobre. O seu aspecto físico non se describe moito no libro igual que o de Catuxa. O principio Catuxa pensa que é un chulo pero logo coñéceo mellor e fanse amigos.

2.2. Personaxes secundarios:

  • Nai de Catuxa:é profesora nun instituto. Non tiña unha relación moi forte co seu marido pero quedou moi afectada pola súa morte. Preocupase moito por Catuxa.

  • O xestor: é o pai de Catuxa. Morre asasinado e aparéceselle en espírito a Catuxa para contarlle a verdade da súa morte e dicirlle a Catuxa que tiña un irmán e que deixara unha conta en segredo con cartos para eles.

  • Nai de Xermán: con ela o xestor mantivo unha relación en segredo antes de casar e pensou que o fillo dela era seu, e ela estafouno.

  • Castiñeiras: é cómplice do asasinato do xestor, quedase cos clientes deste e intenta descubrir os cartos que o xestor tiña agochados. Morre o final electrocutado.

  • Vello da xestoría: é un señor maior que é propietario da xestoria e vive enriba dela ca súa muller. Cando Catuxa vai a xestoría fala con ela.

  • Cotelo: matou o xestor, e dono dun restaurante e anda en negocios turbios. Matouno por perderlle os cartos. O final mátao Xermán.

  • Cabuxo: señor dono dos cartos que o xestor perdera, estes cartos do contrabando. Vive nun chalet cá súa muller que está tola.

  • Carmucha: muller de Cabuxo, está tola e mata a este cun fouciño.

  • Begoña: é a mellor amiga de Catuxa, pero ultimamente distanciáronse por motivo dos acontecementos.

3. Voz narradora.

A historia é contada por Catuxa.

4. Espazo e tempo.

Os lugares nos que transcorre a historia son varios: a xestoría, a casa de Catuxa, a casa de Xermán, o instituto de Catuxa, Illa de Arousa, restaurante do Cotelo, na casa do Cabuxo, nunha praia...

O tempo no que transcorre a historia e fai uns anos porque utilizan pesetas.

5. Resumo.

Catuxa é unha rapaza de dezasete anos a que lle acaba de morrer o pai suicidándose hai quince días. Unha tarde, Catuxa, decidiu ir a xestoría de seu pai para recordalo. Cando chegou encontrouse co ordenador acendido e cando ía apagalo, no ordenador comezaron a aparecer mensaxes que seu pai lle enviaba. Ela despois de superar o susto, empezou a falar con el e o cabo dun rato o pai aparecéuselle en forma de fantasma. Este contoulle que el non se suicidara se non que o matara un cliente por perder o seu diñeiro nun negocio. O espírito tamén lle contou que ela tiña un irmán que non coñecían nin ela nin súa nai e díxolle que deixara unha conta segrega con cartos aforrados para ele dous. O pai díxolle que fose onde seu irmán e que lle dese a súa parte do diñeiro e foise.

A mañá seguinte Catuxa foi buscar a seu irmán, cando chegou a súa casa encontrouse co seu irmán e foron a un bar a falar. El xa a coñecía de vela pola xestoría de cando ía ver a seu pai. Foron a falar a un bar, alí falaron da morte do pai, e Catuxa díxolle que lle tiña que axudar a vingar da morte do pai capturando e facendo que confesase o asasino, e que a cambio lle daría cinco millóns de pesetas. Catuxa non lle dixo que ese diñeiro xa llo deixara o pai para el se non que lle dixo que llo daría se a axudaba. Xermán, que así se chama o irmán, preguntoulle se non deixara herdanza para el e ela díxolle que non, entón Xermán díxolle que en realidade eles non eran irmáns senón que todo fora unha trampa de súa nai para sacarlle diñeiro o xestor. Xermán aceptou o trato da vinganza e Catuxa pediulle que conseguise un arma.

Catuxa como non queda convencida de que sexan ou non sexan irmán vai a unha farmacia e encarga unha proba de ADN.

Xermán leva a Catuxa a súa casa e el volve para a súa. Catuxa vai as clases que lle quedan pola mañá pero non se concentra por todo o ocorrido e pola tarde non vai a clase e vaise o cine para estar máis distraída. A volta do cine para nunha ferretería e compra un coitelo e sedal para defenderse do asasino e capturalo para entregalo a policía.

O día seguinte os dous rapaces reúnense pola mañá cedo, collen o coche do pai e vanse a Vilagarcía que é onde ten o restaurante o asasino do xestor.

Cando chegan encóntrano e Catuxa ameazándoo cunha escopeta recortada que Xermán conseguira méteo no coche e lévano para entregalo a policía ou matalo. Cotelo, que así se chamaba o asasino, díxolle que el non matara o seu pai senón que fora Castiñeiras, un xestor que se quedou cos clientes do seu pai cando morreu, e que socio del. Cotelo tamén lle dice que Castiñeiras matou a seu pai dándolle na cabezo cun cinseiro, que ten gardado o que é seu socio e propietario do diñeiro que o xestor perdeu, un home chamado Cabuxo que se dedica o contrabando.

Catuxa que quere conseguir o cinseiro para ter probas de que Castiñeiras o matara pídelle a Cotelo que os guíe ata a casa do cabuxo. Cando chegan a casa do Cabuxo, ábrelles a porta a muller deste e Cotelo a punta de escopeta entra na casa para pedirlle o cinseiro a Cabuxo que o ten gardado.Entran Cotelo e máis Catuxa que o vai apuntando ca escopeta e Xermán espéraos no coche. Cando entran encóntranse con Cabuxo e Cotelo quítalle a Catuxa a escopeta e explícalle o que pasa a Cabuxo.

Estes dous agarran a Catuxa para atala pero de repente aparece Carmucha que é a muller do Cabuxo e que está media louca e mata a Cabuxo cun fouciño. Catuxa intenta aproveitar a situación para escapar pero Cotelo intenta impedirllo pero aparece Xermán e pégalle un tiro e os dous escapan.

Volven a súa cidade, e alí van a xestoría para despedirse do seu pai pero Castiñeiras veos entrar e vai detrás porque quere entrar na xestoría para buscar os papeis dunha conta con diñeiro do xestor que sospeita que ten, pero cando entra acende a luz e electrocútase.

Xermán e Catuxa déixano morto, tirado nun calexo e vanse. E así queda vingada a morte do pai.

O día seguinte Catuxa recibe a proba de ADN e confirma que non son irmáns, dálle a súa parte do diñeiro, fanse amigos e cada un recupera a súa vida.