Constituciones

Derecho constitucional. Estructura. Forma. Partes. Historia. España. Tipos. Poder. Demorática. Federal. Derechos. Deberes. Ciudadanos. Constitucional. Siglo XIX

  • Enviado por: ReBeCa ACeBeRiMaS
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 13 páginas
publicidad

Constitución.

É o marco legal no que se desenvolve a vida política en todo o estado de dereito.

En canto á súa historia, e aínda que esta palabra xa se ven aplicando ó campo político dende moi antigo, o seu valor fundamental procede de finais do século XVIII.

O concepto de Constitución.

Pese a que moitos dos autores políticos non se poñen dacordo neste punto, considérase Constitución a toda a organización fundamental de un estado, prescindindo de que as súas normas estén ou non contidas nun documento escrito.

Dentro de esta definición caben destacar tres principais aspectos:

  • Relacións de poder, xa que este é o que xestiona os intereses comúns do grupo social e ten a cualidade de ser representativo de esos intereses.

  • A organización. Este é o mecanismo que fixa á natureza volátil do poder. A organización da unha ordenación ós diversos órganos que exercen o poder dentro do estado. El xerarquiza segundo as súas dispocicións, é dicir, o poder non pode manterse no grupo social si non é a base dunha organización sólida que a fixe e, ó mesmo tempo, seguridade. É máis, como as funcións do estado moderno creceron tan extraordinariamente, o poder do estado contemporáneo necesita unha organización maior e máis planificada que noutros tempos históricos.

  • Non son todas as relacións de poder organizado as que interesan á constitución, senon que son as organizadas con carácter fundamental. Con isto, do que se trata é de trazar unha liña entre o que é política e administración, que estes dous términos de diferencien ben. Realmente á constitución política dun país soamente lle interesan as relacións de poder que están ó seu servicio inmediatamente, e non aquelas que o están mediatamente ou non están dunha forma inmediata. O que non se pode facer é establecer unha liña taxante entre o político e o administrativo o político é o que est. máis cerca do poder do soberano ou monarca. É unha diferencia soamente de cantidade, pero é importante, porque a constitución non engloba tódalas relacións de poder, senón as que afectan fundamentalmente ó país. Por iso nalgúns países se denomina á constitución “lei fundamental”, porque dentro dela só se recollen as relacións de poder fundamentais e básicas.

Clases de constitucións.

A doutrina clasificou a constitución de moitas formas. As que veñen a continuación son as máis destacadas e importantes:

  • Constitución en sentido formal e en sentido material.

  • En sentido formal é un texto escrito, promulgado polo poder constituínte con carácter de “súper ley”, xeralmente con garantías sobre a modificación do seu contido.

    En sentido material a constitución é concebida como conxunto de relacións de poder de capital importancia política, sen importar se están ou non incluidos nun texto escrito.

    O concepto material supera ó concepto formal, por canto este último se manifesta como aspiración concreta dunha época, o século XIX, e responde á crenza de que nada mellor pode garantiza-lo orden político que a súa plasmación nun texto desa categoría.

    Pero non todas son diferencias, pois os conceptos de constitución formal e material coinciden tamén bastante. As dúas son materias constitucionais de contido fundamental e por tanto de valor material existen en case tódalas constitucións.

  • Constitucións ríxidas e constitucións flexibles.

  • Esta distinción foi dada por James Bryce, un autor que dicía que nalgunhas partes as leis ou normas que forman a constitución poden ser establecidas ou modificadas polo lexislativo ordinario da mesma maneira que as demáis leis.

    Cando a constitución consta de unha ou varias leis que se distinguen das outras tanto polo carácter como pola súa orixe e pola súa autoridade, o autor propón a denominación de constitución ríxida.

    Dise que unha constitución é flexible cando o seu contido pode ser modificado como o dunha lei ordinaria. Constitucións ríxidas, pola contra, son aquelas cuia reforma soamente pode levarse a cabo mediante procedementos extraordinarios, con formalidades superiores á lexislación ordinaria. A constitución ríxida, así pois, ten como característica o esixir procedementos especiais de reforma.

    Os procedementos que son necesarios para a reforma constitucional son diversos, pero poden resumirse do seguinte modo:

  • As que esixen un poder constitucional especial.

  • Outras limítanse a dar ás asembleas o carácter de constituíntes, esixindo un procedemento especial para a reforma. Era o caso das leis constitucionais francesas de 1875.

  • Constitucións escritas e non escritas.

  • A constitución formal é sempre escrita, texto que, ademáis de darlle máis fixeza no seu contido, ten moitas garantías. A idea de constitución formal e escrita é recente e a súa razón de ser radica en que, por tratarse de limitacións ó poder absoluto do rei e en todo caso ó poder do estado, nada mellor que a forma escrita. Agora cabe falar da constitución non escrita nos demáis casos, xa que, todo estado en todo momento ten unha constitución de algunha maneira. De outra forma, nos estados que contan con constitución escrita hai moitas materias importantes que non están recollidas nese texto nin en ningunha disposición legal.

  • Pola súa extensión material.

  • As constitucións clasifícanse en largas e breves. Antes, en España, distinguíase entre as de extensión máxima, media e mínima. Mínimas eran aquelas que contiñan ata 3000 palabras, medias eran as de 3000 a 6000, e máximas as que pasaban ou superaban as 6000 palabras.

  • Pola súa orixe ou poder que as promulga.

  • É unha clasificación clásica, cuios términos principais son:

  • Constitucións pactadas, as que aparecen como resultado dun pacto entre o rei e o pobo.

  • Constitucións outorgadas, que se ofrecen como unha concesión do monarca á nación, como titular do poder constituínte.

  • Constitucións impostas, as que se promulgan como imposición do pobo, representado polo Parlamento, ó monarca.

  • Constitucións populares, as elaboradas por asambleas representativas do pobo ou nación que as promulgan en exercicio do poder soberano que se atribúen.

  • Constitucións federais, propias dos estados de este tipo, cuia especialidade é a súa creación poll unión de varios, o que se reflexa no seu contido e promulgación.

  • Atendendo tamén ó poder constituínte, soen dividirse en orixinarias e derivadas. As primeiras créanse e surxen ó mesmo tempo que o estado que organizan. As segundas son consecuencia de cambios ou alteracións de situacións xa existentes, unhas veces violentas e outras como froito de reformas legalmente previstas.

    Estructura das constitucións.

    As constitucións escritas ofrécense nun só texto, codificadas, sin que falten casos en que se atopan dispersas en varios corpos legais, como ocorría en Francia coas leis de 1875 e máis tarde en España trala Guerra Civil (1936-1939) coas chamadas Leis Fundamentais. O contido dos textos constitucionais pode abarcar causas de tipo xeral, aínda que soen alternarse; xunto a declaracións de principios hallamos regulacións máis ou menos detalladas de diversas materias. As súas partes máis importantes son:

  • O preámbulo, cuia importancia doctrinal se deduce facilmente, xa que nel se soe expresar o autor da constitución e, en consecuencia, onde está radicado o poder constituínte.

  • A parte dogmática, onde está a tabla ou declaración dos dereitos individuais.

  • A parte orgánica, cuio contido é definir a composición e funcionamento dos órganos do poder público e o reparto da competencia entre eles e as súas relacións; esencialmente a parte orgánica debe consagrar a división de poderes; sin esta e a declaración de dereitos non hai unha constitución.

  • Fórmula de revisión ou modo de revisar a constitución, aínda que a veces se quitara esa fórmula.

  • A doutrina discuteu o valor que debe atribuirse a cada unha destas partes, principalmente á dogmática e á orgánica. Para as tendencias individualistas o máis importante é a dogmática, quenes elevan a orde sobre a liberdade consideran que o dereito só pode ser eficaz a través dunha organización adecuada do estado, polo que esta adquire un valor importante.

    CONSTITUCIÓNS ESPAÑOLAS.

    Ó comenzar o século XIX, o país estaba gobernado por unha monarquía absoluta. Os cambios producidos fóra do noso país como en Francia, EEUU ou Inglaterra, afectaron pouco á nosa clase gobernante.

    Mantíñanse os poderes nos estamentos como heredados do absolutismo, do Antigo Réxime, e a Burguesía estaba apartada da política.

    En 1808 o exército francés comezou a ocupar a península, e Napoleón Bonaparte obligou a abdicar en Baiona a Carlos IV, no seu fillo Fernando VII, quen renunciou ó poder, deixandolle a rexencia do goberno a Xosé Bonaparte.

    Constitución de 1812.

    Na Guerra da Independencia aliáronse dous sectores: O Clero e a Nobleza partidario dunha volta ó absolutismo que propoñía Fernando VII, e por outro lado o liberais e ilustrados, que vían a oportunidade de saír do absolutismo e iniciar un proceso modernizador.

    As Cortes de Cádiz foron convocada por unha Xunta Xeral Suprema. Nesa Corte reuníronse cando case toda España estaba ocupada polos franceses. Tanto na evaluación da Constitución como na das Leis e Decretos, dividíronse en dous sectores: Liberais e Absolutistas.

    O principio da soberanía nacional, aprobado nas Cortes en 1810, declarouse por primeira vez que o poder en España era da nación, e non había distinción de estamentos.

    A defensa da soberanía foi levada a cabo por un grupo de políticos liberais.

    Tras longas discusións a asemblea gaditana promulgaba a Constitución en marzo de 1812.

    A Constitución defende a Fernando VII como rei de España “ pola gracia de Deus e a Constitución”. As Cortes estaban constituídas por unha soa Cámara elexida por Sufraxio Universal Indirecto. Non podía ser diputado o que non tivera un determinado nivel de renta.

    Trala morte do rei Fernando VII, a súa filla Isabel non podía ser raíña por ser minor de idade, e colleu o mandato da Coroa, a súa nai María Cristina.

    Sen embargo, os defensores do absolutismo, proclamaron rei a Carlos V, irmán de Fernando VII. Esto obligou á raíña ( María Cristina) a apoiarse nos liberais para poder salvar a coroa de Isabel II.

    A Constitución de 1812 inclúe:

    -Declaración de soberanía nacional.

    -Dereitos fundamentais.

    -División de poderes.

    Principios esenciais.

    Nacida das Cortes convocadas pola Xunta Central na Guerra da Independencia, proclama que a soberanía reside na nación. Os poderes lexislativo, executivo e xudicial aparecen nela separados, pero non coordinados. Garantiza a seguridade personal, a inviolabilidade do domicilio, o dereito de propiedade e a libre emisión do pensamento ( liberdade de imprenta). Os diputados representan a nación. A relixión da nación “ será soamente a

    católica, apostólica e romana,” non se aceptará ningunha outra.

    Organización do poder..

    O Parlamento consta dunha soa Cámara, eleixida por sufraxio. As Cortes teñen funcións lexislativas, económicas, e administrativas e non poden ser disoltas.

    Reúnense tódolos anos durante tres meses. O rei é nomeado supostamente por Deus e pola Constitución, sanciona as leis e pode promovelas. O poder executivo recae no rei, éste nomea ós seus ministros.

    No caso que se dese que o rei fose menor de idade o non tivese capacidade para desempeñar o cargo que se lle abxudica, as Cortes nomean unha Rexencia.

    Estatuto Real de 1834.

    Despois da morte de Fernando VII (1833) o antigo liberal Francisco Martínez de la Rosa tomou a que sería a súa decisión máis importante.

    O Estatuto equivale a unha Carta Outorgada Incompleta, xa que non fai ningunha referencia ó poder executivo nin xudicial, en cambio sí se centra moito no poder lexislativo.

    Principios esenciais.

    O estatuto proclama que a soberanía correspondelle ás Cortes e ó rei. Non recoñece claramente a división de poderes. Intenta que as ideas se concilien “ para reunir en torno ó Trono e as leis fundamentais a tódolos españois”.

    Organización do poder.

    De acordo co seu texto, As Cortes quedaban divididas en dous estamentos:

    O estamento do próceres, que estaba formado polos altos cargos e persoas que tiveran unha renta elevada.

    E o estamento dos procuradores, que sería elixido por medio dun procedemento indirecto de escalóns de partido de provincia a partir dun censo electoral moi reducido que incluía ós maiores contribuíntes. O rei convoca as Cortes, participa na súa función lexislativa e pode disolvelas. Reconócese a existencia do Consello de Ministros, o seu presidente é nomeado polo rei.

    Constitución de 1837.

    A elaboración desta nova Constitución foi un intento de superar o texto constitucional de 1812 e o Estatuto Real. Este novo texto constitucional foi elaborado primeiramente por unha Comisión que tiña a Argüelles como presidente, quen tamén tivo un papel moi importante cando de redactou a Constitución de 1812. Este dato indica que o pensamento dos doceañistas evolucionou dende 1812 ata a data figurada.

    Principios esenciais.

    Tratouse dunha Constitución moi breve e ten como principal característica unha soberanía compartida entre o rei e as Cortes, posto que en ela se di que o poder lexislativo corresponde ás Cortes co rei.

    Outra característica é a existencia de dúas Cámaras: o Congreso dos diputados e o Senado.

    A Constitución de 1837 refírese á Milicia Nacional, que conten unha declaración de dereitos entre os que se proclama a liberdade de imprenta e acepta a outras relixións, e non só ó catolicismo, como única relixión verdadeira.

    Organización do poder.

    Adóptase o sistema bicameral do que falamos anteriormente: Senado e Congreso dos diputados.

    Os membros do primeiro son nomeado polo rei. “ A proposta, e lista triple dos electores que en cada provincia nomean os diputados a Cortes.”Estes últimos son elixidos en sufraxio directo por tres anos. As Cortes lexislan, aproban os presupostos do Estado, e resolven en materia de rexencia, tutoría ou sucesión real. O rei sanciona as leis e convoca e disolve as Cortes. Ademais pode nomear e separar libremente ós seus ministros.

    Constitución de 1845.

    A elaboración da Constitución de 1845 segue ó levantamento contra Espartero e modifica a Constitución de 1837.

    Princios esenciais.

    A soberanía reside na coroa de acordo coas Cortes. Plantéxase o poder compartido entre o pobo e o rei, e non a soberanía nacional. Nos demais aspectos non introduce aspectos esenciais.

    A Constitución estaba baixo un poder de Administración da Xustiza, e non dun poder xudicial, así desta forma non era tan independente .

    Para a lexislación sobre a imprenta esixíanse altos pagos a quenes quixeran editar un periódico, e tamén para todos aqueles que quixeran establecer un sistema de tribunais de xuíces para os delitos de prensa. A súa promulgación xustificouse pola necesidade de correxir a orixe irregular da Constitución de 1837.

    Organización do poder.

    As atribucións das Cortes - Senado e Congreso- quedan recortadas frente á Coroa, ó anular o exposto na Constitución anterior según o cal, se o rei deixara de convocar as Cortes algún ano, reuniríanse automaticamente elas mesmas.

    Por outra parte o rei nomea a tódolos senadores, que están caracterizados por desempeñar permanentemente a súa función.

    Constitución de 1869.

    Principios esenciais

    Xurdíu a raíz da revolución de 1868 e proclama o principio de soberanía nacional. Recoñece a división de poderes e regula os dereitos cidadáns:

    • Sufraxio Universal.- Polo que todo o mundo ten dereito a votar e non só unha minoría selecta.

    • Reunión e asociación.

    • Libertade de cultos.- É dicir que non só estaba aceptada a relixión católica, senón que calquera persoa era libre de poder elixir calquera outra relixión que non fose esta.

    Organización do poder.

    Acepta o sistema bicameral, pero o Senado ten carácter provincial e local. Os seus membros son elixidos por sufraxio indirecto. O Congreso elíxese por sufraxio universal.

    O rei exerce poder executivo por medio dos seus ministros: declara a guerra e firma a paz, nomea e separa ós seus ministros e pode disolver as Cámaras. O Goberno debe presentar anualmente os presupostos do Estado ás Cortes, para mantelas informadas.

    Constitución de 1876.

    Principios esenciais.

    Segue á Restauración e ten carácter de constitución pactada entre a Coroa e as Cortes. Basta o acordo de ámbalas dúas para reformala. Recorta os dereitos cidadáns, e suprime a liberdade de cultos.

    Organización do poder.

    Mantén o sistema bicameral. O Senado componse de membros por dereito propio, nomeados polo rei. O Congreso elíxese cada cinco anos polo método que determine a lei (en 1878 restablécese o sufraxio restrinxido ).

    O rei pode disolve-las Cámaras, conxuntamente ou por separado pero debe convocar outras no plazo de tres meses.

    Comparte coas Cortes a función lexislativa e nomea e separa os ministros. O Consellos de Ministros asume no seu caso, a rexencia provisional.

    Constitucions e Parlametnarismo do siglo XIX

    OPINIÓN PERSOAL.

    O fin logrado por medio deste traballo levounos a un repaso sobre todo o referente á

    política e constitucións do século XIX.

    Foi fácil inicialo, debido a que este traballo está basado en materia xa vista e coñecida, pero temos que destacar que en canto ó Parlamentarismo a búsqueda e selección de información non nos foi tan doada.

    PARLAMENTARISMO

    O Parlamentarismo é a doutrina do Parlamento, do sistema parlamentario.

    O Parlamento é un término que designa de modo xenérico os órganos que teñen encomendada a función lexislativa. Dende a Revolución Francesa tódolos estados elexiron os Parlamentos como órganos lexisladores integrados por representantes, elexidos xeralmente por sufraxio. Según os diferentes países, recibe distintas denominacións.

    A Cámara dos Comúns.

    A constitución de esta Cámara, ata 1832, era completamente arbitraria no sentido de que cidades importantes carecían de representación nela, mentres que outras, casi inexistentes, gozaban da mesma; outras veces estaban representados rexións ou lugares por razóns absolutamente independentes da súa importancia demográfica ou económica. En realidade, tal representación era patrimonio dunha clase única que tiña acceso ós postos da Cámara.

    Calcúlase que de 1760 a 1832 case a metade dos membros da Cámara debían os seus postos a persoaxes influintes.

    A pesar diso, é indudable que a opinión pública chegaba ós Comúns e neles producía os seus efectos.

    En 1832 fíxose unha renovación total ou case total da distribución parlamentaria, simplificáronse as franquicias e creáronse censos electorais.

    A creación de postos nos Comúns seguiu crecendo ata o punto de que en 1832 o número de parlamentarios acada a cifra total de 658.

    A reforma de 1832 reduciu de dous a un o número de representantes parlamentarios.

    Armonizou a representación de grandes ciudades e agrandou a base do electorado, quedando capacitados para o sufraxio catro grupos:

  • Os enfiteutas

  • Os arrendatarios a longo prazo

  • Os arrendatarios a curto prazo

  • Os posuidores

  • Tamén se introduxo o sistema de censos electorais que permateceu ata a actualidade. Sen embargo, a lei non significou que o Parlamento se democratizara, pois con ela obtiveron o dereito ó voto soamente uns 100000 cidadáns, mentres moitos dos antiguos defectos aínda continuaban ata o punto de afirmarse que en 1865 un cuarto dos deputados eran elexidos entre trinta e unha das grandes familias.

    A este primeiro paso seguiron outras reformas que extenderon a base democrática da Cámara dos Comúns.

    Así, a lei de 1867 significou unha gran ampliación da base, polo que concedeu o sufraxio ás clases traballadoras urbanas e modificou os dereitos dos habitantes dos condados, onde se reduciron á metade as calificacións sinaladas na lei de 1832, e acadaron o sufraxio alrededor de 2000000 individuos.

    En 1872 aprobouse a chamada “Lei da Papeleta”, que introduxo o voto secreto.

    En 1874 outra lei ampliou a base electoral ó extender o dereito de voto a tódolos cabezas de familia.

    Os Lores (Cámara dos Lores) opuxéronse á aprobación desta lei se non era acompañada dunha nova distribución dos postos parlamentarios, a eso refírese outra lei de 1885.

    Esta lei tomou como base e principio a igualdade dos distritos electorais.

    O número de postos no Parlamento elevouse a 670, cifra que permaneceu ata o ano 1918, que foi cando se otorga o sufraxio universal ós cidadáns varóns e ás mulleres maiores de 30 anos e se conserva o voto parlamentario universitario. Unha reforma de 1928 exténdeo a tódolos maiores de 21 anos de ámbolos dous sexos e en 1948 derógase a representación corporativa.