Exame de 2ª Avaliación C. Naturais Células Células animais:
| Membrana celular | Delimita a célula e a separa do medio | | | Regula a entrada e saída de substancias. | | Núcleo | Conten a información necesaria para realizalas funcións vitais | | Citoplasma | Nel fabrícanse compostos que pasan a formar parte da célula | | Mitocondrias | Nelas libérase a enerxía necesaria nas funcións vitais | Células vexetais:
| Membrana celular | Regula a entrada e saída de substancias | | Parede celular | Estructura ríxida situada por fora da membrana celular que lle da consistencia | | Núcleo | Desprazado polos vacúolos. Conten a información necesaria para realizalas funcións vitais | | Citoplasma | A maior parte del está ocupada polos vacúolos | | Cloroplasto | Orgánulos que conteñen clorofila e permiten realizala fotosíntese | | Vacúolo | Bolsas de substancias que co tempo aumentan o seu volume | Nutrición celular:
| Animal: | Teñen unha nutrición heterótrofa, xa que deben tomar alimentos fabricados por outros seres vivos | | Vexetal: | Teñen unha nutrición autrótrofa, xa que son capaces de fabricalo seu propio alimento a partir dos de substancias inorgánicas, e a luz, que lles permiten facela fotosíntese. | Relación celular: | As células senten os cambios e reaccionan de dúas maneiras: | | | | | | | Reproducción celular:
| Unicelulares: | Dáse lugar a dous novos individuos para levar unha vida independente | | Pluricelulares: | Reprodúcense durante o desenvolvemento do organismo | | Animais | | | Reprodúcense por bipartición. A célula divide o núcleo e o citoplasma en dúas partes e outórgalle unha a cada filla | | Vexetais | | | A parede ríxida impide bipartición, polo que o célula ten que facer dúas copias do núcleo e colocar un tabique de separación no medio | A enerxía
| Transformacións: | Alteración do estado ou composición dun corpo | | Regras básicas dunha explicación | | Todo o que ocorre obedecendo a unha causa, débese a acción dun axente | | A materia permanece no tempo, o que cambia é o seu estado | | A enerxía | Capacidade dos corpos para realizar unha acción | | Fontes de enerxía: | Corpos ou substancias que proporcionan enerxía | | Enerxía cinética: | Enerxía producida polo movemento dos corpos | | Enerxía potencial: | Capacidade de acción que posúen os corpos segundo a atracción e tensión | | Tipos de enerxía: | | Térmica: | Partículas nunha axitación permanente, denominada movemento térmico. A temperatura e relativo o movemento cinético dun corpo | | Eléctrica: | Tipo de enerxía potencial orixinada polas forzas eléctricas | | Gravitatoria | Tódolos corpos atráense entre si, cando estes se acercan libéranse a enerxía potencial contida neles, transformándose en cinética ou térmica | | Química | As unións entre os átomos das substancias contén enerxía potencial. Esta pode liberarse cando as substancias convértense en outras | | Nuclear | Algunhas substancias poden sufrir un proceso no que rómpense os seus átomos e liberan unha gran cantidade de enerxía contida nos átomos, e transfórmase en enerxía cinética | | Radiante | É contida na luz visible, nos raios X, e nas ondas de radio. A absorción da radiación pola materia aumenta a súa enerxía térmica ou pode dar lugar a cambios nas substancias | | Conservación da enerxía: | A cantidade de enerxía total sempre é a mesma, aínda que pase duns corpos a outros | | Degradación da enerxía: | É o paso de formas aproveitables de enerxía a outras non aproveitables | | A enerxía é unha magnitude física polo que pode expresarse mediante unidades: | | | | | A obtención de enerxía pode contaminalo medio ambiente: | | | | | Estructura da vida
| Átomo | Parte máis sinxela dun elemento químico, que conserva as propiedades físicas e químicas deste | | Molécula | Agrupación de átomos, que forman a parte máis pequena da materia composta, que conserva as propiedades físicas e químicas. Se os átomos son da mesma materia (O2) a molécula é simple, e se os átomos son de distinta materia é unha molécula composta | | Biomolécula | Son as moléculas da vida. Están compostas principalmente de carbono, hidróxeno e osíxeno (cho) | | Célula | Unidade máis sinxela que realiza as funcións vitais | | Tecido | Agrupación de células que realizan unha determínaa función | | Órgano | Conxunto de tecidos que traballan coordinadamente para realizar unha acción | | Aparato | Conxunto de órganos que traballan coordinadamente para realizar unha acción | | Sistema | Conxunto de mesmos tecidos que traballan coordinadamente para realizar unha acción | Composición da vida Substancias orgánicas: -
Lípidos: substancias orgánicas formadas basicamente por carbono,hidróxeno e xeralmente osíxeno, aínda que en porcentaxes moito mais baixas. Características: -
Ácidos nucleicos: grandes moléculas formadas por penosa, ácido fosfórico e unha base nitroxenada. Conteñen información xenética dos organismos, e son responsables da súa transmisión hereditaria. Hai dous tipos ADN e ARN, que diferéncianse polo azucre que levan, que o ADN ten cadea dobre e o ARN simple -
Glícidos: nome de diversos principio de formula xenérica cho. Son solubles no auga. Nos seres vivos realizan funcións estructurais e de aporte enerxético. Aparecen nas moléculas dos ácido nucleicos. Poden ser monosacáridos ou polisacáridos. -
Proteínas: calquera dos compostos fundamentais da estructura celular, que chega a constituír o 50% do peso do organismo. Quimicamente son compostos de carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno. Actúan coma tecido de reserva. Substancias inorgánicas: -
Auga: substancia inodora, incolora e insípida, que constitúe aproximadamente o 70% do corpo dos seres vivos -
Sales minerais: elementos químicos imprescindibles para o normal funcionamento metabólico. Son transportados polo corpo disoltos na auga. Aparato Dixestivo A principal función do aparato dixestivo é convertelas moléculas compostas en moléculas simples para, así poder pasalos nutrientes o sangue. O aparello dixestivo está dividido en dous grupos:
|