Ciencia Política

Perspectivas políticas. Poder. Feudalismo. Democracia. Partidos políticos. Sistemas Electorais

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 13 páginas
publicidad
publicidad

CIENCIA POLÍTICA

TEMA 1: A CIENCIA POLÍTICA COMO DISCIPLINA

Definicións de Política no manual de Vallés (catro categorías definitorias complementarias):

1.- Control sobre persoas e recursos. Sería político todo fenómeno vinculado a formas de poder e dominio sobre os demais, impoñéndolles conductas que non serían espontaneamente adoptadas (manifestación da política-poder).

2.- A política como unha actividade desenrolada a través dun sistema de institucións políticas. Sería política toda actividade inserida en institucións estables (basicamente o Estado) autorizadas para exercer unha coacción sobre a comunidade (manifestación da política-institucións).

3.- A política dirixida por valores de orde e de equilibrio social. Sería política toda actividade encamiñada ao fomento do ben común ou do interese xeral, mediante a redistribución de valores (manifestación da política-sistema de valores).

4.- A política como actividade vinculada á defensa da comunidade contra unha ameaza exterior. a preparación para a guerra e a seguridade militar estarán na orixe da actividade política. Este tipo de visión baseouse nunha concepción da política interna, que a entende coma unha loita permanente nós-eles, baseada na distinción amigo-inimigo (manifestación da política-violencia organizada).

[A miña def.: “Política: conxunto de comportamentos que transmiten unha visión mediada do mundo, e que responden aos intereses dunha porción maior ou menor da sociedade”. Relac. coa 3ª e coa 1ª (política-poder)].

Vallés define a política como:

1.- Unha práctica ou ACTIVIDADE COLECTIVA que os membros dunha comunidade levan a cabo.

2.- A finalidade é REGULA-LOS CONFLICTOS entre grupos.

3.- O resultado desta práctica é a adopción de decisións que OBRIGAN -pola FORZA, se é preciso- aos membros da COMUNIDADE. Nesta definición predominan os conceptos de comunidade porque:

- A comunidade é precisa para a supervivencia da especie humana.

- En tódalas comunidades se producen posicións discordantes (pola lingua, a orixe, a cultura, o control de recursos materiais, o goce de privilexios, diferencias entre ideas e valores...).

Segundo Vallés, as diferencias crean conflicto cando:

  • Cando as diferencias se converten en desigualdade. A desigualdade orixínase cando non tódolos membros da comunidade teñen as mesmas posibilidades para acceder ao goce mínimo das súas capacidades como persoas:

- Desigualdade no goce de habilidades e talentos (intelixencia, habilidade física, habilidade manual...).

. Desigualdade nos roles de reproducción e na familia (son roles de xénero, idade ou parentesco).

- Desigualdade na capacidade de intervir en procesos culturais, económicos ou de comunicación.

- Desigualdade no acceso á renda, ben por actividades económicas, estatus ou privilexios.

- Desigualdades que se manifestan na adscrición a identidades simbólicas, relixiosas, étnicas, nacionais, etc.

- Desigualdades na ubicación no territorio, segundo a que hai acceso a recursos de todo tipo.

Cleavage significa “fractura social”. Foi acuñado este termo por S. Martin Lipset e S. Rokkan. Pensan que na modernización das sociedades europeas se dan catro procesos (catro cleavages): a industrialización, a urbanización, a construcción do estado-nación e o proceso de secularización.

  • Industrialización: nacen as diferencias de clase (patróns/obreiros).

  • Urbanización: a ubicación no territorio (rural/urbano).

  • Procesos de secularización: separación Igrexa/Estado (para moitos, só isto produce a democracia).

A conclusión de Lipset e Rokkan é que estes `cleavages' seguen a marca-la política nos '60 e as diferencias entre partidos.

*?* (...)

Nunha democracia mediatizada, os partidos teñen moito poder nos medios (como en España). Isto prodúcese porque os gobernos controlan os medios de comunicación públicos e controlan as licencias para as empresas privadas de comunicación.

A característica común entre democracia mediática e democracia mediatizada é que hai un vínculo imprescindible entre xornalista (que busca información) e político (que proporciona información). O político precisa proxección nos medios e dá a cambio información. Se o político ten forza, pode poñer en perigo a empresa.

Preocupacións da política:

  • Afrontar cuestións sociais con perspectivas colectivas (educación, subministro da auga...).

  • A política non é máis cá expresión social dun feito.

  • Cando o individuo se xunta en comunidades, precisa instrumentos de xerarquización e orde, conformando a polis, e de aí nace a política. Por iso, `cidadán' e `política' remítennos á idea dunha acción conxunta.

  • A actividade política é exercida polos cidadáns.

  • Un terceiro apartado sería o enfoque desde o estudio de como se comporta a sociedade nesa realidade (e como cambiar esa realidade) = Ciencia Política.

Anque a acción política é a actividade social máis antiga, a Ciencia Política é unha disciplina relativamente recente, malia os estudios de Aristóteles, Maquiavelo ou Montesquieu; anque neles si se aprecian indicios de Ciencia Política.

A Ciencia Política é unha ciencia dos nosos días; e o que vén de antes son pasos previos ou preparación para (porque a Ciencia Política precisa dun proceso acumulativo en dous aspectos: *?*, *?*).

Dicíase que o obxecto da Ciencia Política é o poder, representado no Estado (e no estudio do Dereito Constitucional). Neste sentido, Duverger (francés) sinalaba que a Ciencia Política era unha ciencia antiga.

Actualmente, dise que o poder e o Estado non son máis ca unha parte da Ciencia Política (pois esquécese a acción cidadá).

Hai unha parte do poder que está institucionalizada (que é prensible), pero que hai outra que non é tan claramente visible (as forzas fácticas). Isto quere dicir que o poder está repartido no conxunto social (é dicir, que todos temos algún poder e ímolo exercendo de certa maneira).

O behavioralismo (behavior = conducta) ou conductismo é o estudio das conductas. A materia de estudio da Ciencia Política son os actores da Política: os cidadáns (e os `políticos' propiamente ditos). As conductas estúdianse segundo as ciencias sociolóxicas e psicolóxicas (motivacións, etc.). Esa é a razón pola cal, a partir do s. XX, a Ciencia Política sae do estudio xuridicista e a reflexión filosófica; e utiliza as enquisas, as estatísticas... para deducir leis de comportamento xeral na Ciencia Política; e aínda así seguimos moi presos deste proceso.

Como a Ciencia Política está máis próxima á Filosofía cás Ciencias Positivas, a descrición, a inducción e a deducción son o seu método.

A razón máis próxima ara este cambio de actitudes son: o relevo que se produce (en tódolos eidos) no relevo da supremacía de Europa polos EEUU, traendo unha nova realidade mundial (movementos de masas, etc., que compiten co poder do Estado, polo que deben ser estudiadas); e todo o conflicto que acaba na I Guerra Mundial, que traerá a intervención (por vez primeira) dos EEUU nunha guerra que non lles afectaba directamente, e cómpre convencer á propia sociedade estadounidense de que os intereses dos EEUU (comerciais, etc.) tamén están na guerra, polo que tamén se fan estudios de masas, etc. Este é o movemento behavioralista (estudio das conductas), que unido aos estudios das institucións e o poder, fai nace-la Ciencia Política. [¿A Escola de Chicago é a que fixo os estudios? *?*]

A corrente behavioralista leva a unha fragmentación do estudio da política, anque despois non se soubo como aplica-lo ao estudio xeral da política; do mesmo xeito que aconteceu no resto das ciencias. Cando o movemento behavioralista acadou o seu máximo desenrolo nos '50 *?*, tamén se apuntaba a súa propia crise; pero a súa gran virtude foi reclama-lo método científico e a especialización (pero o estudio de parcelas da realidade non remite á realidade completa), anque despois volven a seren esixibles os enfoques institucionalistas, xuridicistas, etc. O que dará mellores resultados será a combinación de tódolos pequenos estudios.

Como as fronteiras entre ciencias ás veces non son tan claras, algunhas ciencias acaban converxendo na propia Política (do mesmo xeito que ocorre con outras ciencias), o que provoca grandes confusións.

TEMA 2: AS DIVERSAS PERSPECTIVAS DA CIENCIA POLÍTICA.

Institucional é aquilo que é previsible, que se comporta dentro dunhas determinadas normas. En termos xerais, cada vez que emprendemos relacións, tendemos a institucionalizalas. A institucionalización tende a ser un proceso de organización racional conforme a unha finalidade, e pode transformarse segundo as circunstancias. Canto maior e máis avanzada sexa a sociedade, máis complexo será o sistema institucional, habendo tamén institucionalidade pública e/ou privada.

TEMA 3: A POLÍTICA E O PODER.

Marx dixera que un cambio no sistema productivo cambiaba o sistema institucional, do que deduciu que a intervención nun dos dous (sistema institucional ou sistema productivo) chegaba para cambia-lo outro.

Poucas veces hai na historia da humanidade cambios radicais nun ou noutro, anque si cambios relativos que diferencian unha etapa doutra. Hai un desfase entre a mundialización productiva (moi avanzada) e a política (moi atrasada), desfasándose o noso propio modelo da concepción da realidade. Segundo Marx, ao longo da Historia houbo diferentes sociedades:

  • As sociedades primitivas.

  • Os Imperios da Auga ou Imperios Orientais (Siria, Persia, Exipto...).

  • As sociedades escravistas (Grecia ou Roma).

  • A sociedade feudal.

  • O Estado.

  • A sociedade socialista.

  • A sociedade comunista (segundo Marx, a derradeira etapa da sociedade).

  • As sociedades primitivas son as que teñen unhas relacións de poder por cuestión de forza física. É un sistema simple e inestable (porque se ten que andar probando seguido a si mesmo). Correspóndese, fundamentalmente, con sociedades nómadeporques, onde son máis importantes as relacións entre o grupo que as estructuras productivas. Segundo Marx, cando as sociedades se asentan, xorde unha sociedade máis complexa, xunto con agricultura e gandería. Xorden, asemade, unha serie de relacións xurídicas novidosas, como a propiedade, as infraestructuras (regar, etc.), o comercio (especialización en productos: la, tomate, pataca...) e o sistema monetario (tamén o troco). A especialización nos oficios establece unhas relacións de control sobre certas situacións.

    Xunto co asentamento, xorden tamén a opción de dominio sobre os outros e a institución militar. Tamén o asentamento dará lugar ao nacemento da cidade. Isto dará lugar ao nacemento de relacións de poder netamente complexas. Marx chamoulles as sociedades da auga, prque o seu interese era a conquista de terreos regados (fértiles), é dicir, que eran a base do seu sistema productivo. En función desta sociedade nace o poder despótico: a defensa, a propiedade da terra e os recursos para que a terra producise outorgábanlle o poder ao seu posuidor, establecéndose relacións de poder entre os ricos (clase militarizada) e os non-ricos, o coñecido como despotismo oriental.

    O estadio seguinte son as sociedades escravistas, que malia todo son a base do mundo actual, e estenden o seu modelo polo mundo. As sociedades escravistas distinguen por vez primeira as institucións do poder e a sociedade civil (nas sociedades despóticas, o poder era a propiedade, tendo a sociedade civil e o poder, poderes de similar natureza). O poder está en favor do sistema productivo (e non ao revés, coma antes). Xorden problemas de lexitimación (“¿quen goberna?” antes, o rico), de participación (“¿como se transmite a vontade cidadá?”?, da cidadanía do goberno (“¿como se expresan?”), etc. A organización destes novos problemas será un dos retos destas sociedades. A sociedade grega plantéxase como un grande imperio podería ser administrado por unha sociedade civil, nacendo a polis. Xurdirán as friccións territoriais entre estados, e Alexandre Magno tentará homologa-lo mundo coñecido con parámetros helénicos. O que el non conseguiu pola súa morte, si o logrará Roma. Comezará a aparece-la distinción entre `cidadán libre' e `súbdito' (as Guerras Médicas son a representación disto: a diferencia entre estar defendendo a liberdade de defender un estado que xera escravos e non cidadáns libres). As sociedades escravistas foron o punto de partida para a distinción entre poder civil e institucións de poder. O sistema de producción privatízase, e o poder ponse ao servicio desas realidades sociais (e non ao contrario). Estas sociedades precisan seren participadas (para relaciona-la sociedade co poder, anque sexa independente dela), por iso nace a Democracia (para transmiti-la nosa vontade ao poder). A polis, pois, era unha sociedade pequena, para que o cidadán coñecese os seus mecanismos e puidese participar. O problema da súa seguridade (non só en cuestións militares, senón tamén socio-comerciais) propiciou un debate entre fomenta-la democracia (reducindo a polis) ou a prestar antes atención ao contexto social onde Grecia se movía entre grandes imperios (para o que habería que crear un imperio). Coa morte de Alexandre Magno, o imperio grego desaparece. Roma conségueo, sendo ao mesmo tempo unha polis (urbs) e un grande imperio (o Imperio xorde ao privatiza-los medios de producción (...)), o que explica a súa gran continuidade. Ao mesmo tempo, hai unha forte contradicción, pois o sistema é dictatorial. Tense falado da polis universal falando de Roma. As presións das tribos do Norte (bárbaros), que queren entrar no Imperio Romano, son unha das causas da caída do Imperio: chegan inmigrantes bárbaros con normalidade. O que se quere evitar é que se produzan rexións illadas que rompan coa unidade, polo que tentan evitar as entradas masivas, trasladando case todo o exército e Administración ao norte. Cando as tribos bárbaras entran en masa e se sitúan no interior, desintegran o imperio. O Mediterráneo comeza a estar cheo de piratas, e tamén se perde a seguridade das cidades, marchando os que serían os nobres aos seus feudos, organizando os seus propios sistemas e rompendo a unidade. A cidade perde a importancia e a poboación vira rural. Todo isto rompe os criterios de unidade, tanto política, como social, como lingüística, legal ou relixiosa. Sobre isto engadiranse a reaparición da fractura entre o mundo grego e o latino, pois a cultura grega permanece e o mundo grego reaparecerá, esixindo a súa autonomía, polo que Constantino *?* parte o imperio para unificalo (artellándoo sobre dous eixes e non un), vista a incapacidade para administrar un territorio tan grande (nacerán as provincias). No terreo cultural vaise fragmentando o latín, as vías romanas pérdense, caen as pontes, e comezan a xurdir vidas completamente diferentes no Imperio.Cando se asentan os bárbaros, cae o Imperio e nacen os reinos.

    Feudalismo ven de foedus, e significa “pacto”. Así, pois, esta sociedade tería como elemento de fondo un pacto, pacto entre o señor (que ten terras para subsistir e quen o protexa) e o vasalo (quen, mediante o pacto de vasalaxe, entra no sistema económico do seu señor para poder sobrevivir). O mundo occidental queda dividido en pequenas tribos cunha economía de autosubsistencia (a estructura económica feudal). O propio sistema político retroalimenta e acentúa esta posición (prímase aos señores, e o Rei funciona cos seus propios recursos, incapaz de controlar totalmente todo o seu reino, é un primus inter pares [o “primeiro entre os iguais”]). As terras conquistadas serven como pago aos que serven ao Rei a ampliar territorio (é dicir, que ao conquistar territorio, o poder do Rei íase fragmentando, polo que a construcción de novos reinos ou imperios era imposible). Os bárbaros admiraban o Imperio Romano, e quixeron apoderarse del ou imitalo, pero non foron quen. O modelo de autoconsumo xera un sistema político fraccionado que serve aos intereses do sistema económico. Só o cambio de sistema económico será quen de facer evoluciona-lo sistema político. [Alta Idade Media, ss. V-X; Baixa Idade Media, ss. X-XV. A 1ª etapa é o Medievo propiamente dito, a 2ª xa é case o Renacemento]. O cambio no Medievo é o que se chamou Revolución Urbana ou a reconstrucción do poder urbano europeo. Roma tiña grandes cidades, pero a súa caída acabara coa supremacía das cidades. Cando Europa pode reconstruí-lo poder urbano (ss. X-XI), ten como resultado a aparición de novas cidades (como Santiago de Compostela) e a reconstrucción das vellas. Pero para isto precisouse un cambio da estructura economía, gracias á aparición do artesanado e da burguesía, gracia á pacificación da Europa Occidental e o asentamento e asimilación dos bárbaros. Comeza a asentarse a a medra-la poboación e mellora-la agricultura, co que hai excedentes. Cando isto acontece, comézase a buscar mellora-la vida: mellores casas, música, renacer da literatura... Pero para isto hai que especializarse na producción e mercar e vender (comercio). Xente que proviña da vasalaxe aséntase nas cidades, xunto cos mercadeiros e os artesáns (a burguesía). Estes barrios son coñecidos coma os burgos. A actividade comercial implica varias cousas: rutas para as comunicacións (rehabilitación dos vellos camiños, anque tamén a marítima en menor medida), necesidade do intercambio (cómpren moedas de interese xeral, acabando co troco) e hai que buscar novas formas de pago, polo que hai que xerar camiños de longo percorrido (con mesmos dereitos, moedas e liberdades). O fenómeno das peregrinacións non é senón a aplicación do sentido relixioso á construcción de camiños de longo percorrido (polo que as peregrinacións foron a desculpa idónea). Pero os artesáns e comerciantes dos burgos (barrios ou cidades reconstruídas) buscarán desvencellarse do poder feudal. Nos novos burgos ideáronse tres tres instrumentos da política contemporánea:

  • Fronte o poder feudal (a propiedade de un, o nobre, é de todos), nos burgos xorde a obra colectiva (o de todos non é de ninguén): pontes, murallas... O que provoca a idea da Facenda moderna. Tamén aparecen obras para darlle prestixio á cidade (como catedrais), gracias á creación dun fondo rateado (é dicir, en función dos recursos de cadaquén), a orixe da Facenda moderna.

  • A necesidade de crear órganos de goberno: o burgo non ten señorío natural. Cando é de realengo, é para estar fóra do poder feudal. Os municipios son unha forma de evadirse do poder feudal (proceso gracias ao cal xorden os Estados, dos cales son o primeiro material). Aparece a conexión entre os obxectivos de goberno e as necesidades municipais. O municipio representa aos cidadáns, polo que é o embrión da representación política na acción de goberno.

  • O Constitucionalismo Medieval. O municipio contextualízase nun acordo dos cidadáns, que é o que artella e regula o funcionamento destes novos gobernos. A base conceptual é a ruptura do arbitrio do poder e a redacción dunhas normas que regulen o poder. A partir deste momento, aparece o proceso da construcción do Estado. O resultado de todo isto ten como punto de referencia a Revolución Urbana, pero o seu horizonte é a construcción dun novo modelo político (en consonancia coa economía burguesa: o Estado). A burguesía busca enriquecerse, e busca apertura das empresas, seguridade (xurídica, económica, física, etc.), e a cambio de todo isto, está disposta a pagar impostos. Para iso, comezan a invoca-la figura do monarca (pero poderoso), capaz de poñer fin ao arbitrismo feudal (xa non o primus inter pares). Así, pois, a burguesía opta pola monarquía para acabar co feudalismo. Prodúcese, entón, unha alianza e confluencia de intereses entre monarquía e burguesía. O que serve xa é o exército profesionalizado, como instrumento de poder. O exército nace cos impostos burgueses á Facenda Real (xa son ricas en diñeiro estas facendas, que xa ten recursos para mercar armamento (o que non pode facer o señor feudal), e pode te-lo exército disposto sempre para actuar. A transformación cara as monarquías absolutas é moi rápida.

  • Todo isto fará evoluciona-las forzas políticas ata confluír no Estado Moderno [o Estado é un paso no progreso das sociedades europeas, anque non é a forma natural de organización da sociedade] entre os séculos XII e XV. Se naceu como consecuencia de cambios económicos, sociais e culturais, tamén se supón (na teoría) que pode desaparece. O Estado está definido por ser unha centralización de poder nun territorio sobre o que se asenta un pobo (adecuación exacta entre territorio, pobo e poder [“todo territorio entre x e y é ata onde chega o Estado; todo pobo entre x e y forma parte do mesmo Estado; o poder do Estado chega desde x ata y]). TERRITORIO, POBO e PODER. Hai que xogar cos tres, anque segundo lle deamos preferencia a un ou a outro, teremos diferentes consecuencias. O Estado é anterior á nación *?*. O Estado constitúe un monopolio de violencia lexítima (...). O Estado tamén é unha realidade que se perfecciona (Estados primarios, en desenrolo e perfeccionados). Cando un Estado perde o monopolio da violencia, supón que está moi debilitado ou en proceso de destrucción (como Colombia). O obxectivo terrorista é crear unha dependencia da poboación, debilitando o poder do Estado. Canta máis violencia non depende do Estado, máis feble é este. O Estado é un lexislador omnipotente: hai un só centro de creación e promulgación de leis, uniformizándose o sistema legal. Na súa primixenia expresión, o Estado lexisla sen estar condicionado por nada e sen dar contas a ninguén. Esa extensión das leis desde un único punto, dará lugar ao Estado de Dereito: que un dereito se aplique a todos por igual. O Estado de Dereito non é sinónimo da Democracia, só quere dicir que as institucións se rexen por unha soa norma [España = Estado Democrático e de Dereito]. Ter exército supuxo a personificación do monopolio da violencia. Acuñar moeda significou o control da economía. Te-lo control da política internacional (entre iguais). A idea de que era así, xa se manifestou en Afonso X, quen di que estas son as tres características do poder. O Estado tamén xorde na idea da soberanía (capacidade de dictar leis con autoridade absolutamente independente de todo control). Soberanía chegou a confundirse con monarquía (na época absolutista), mais Bodino matizarao (fins do s. XVI), anque non cuestionou que a soberanía se encarnase no monarca. Cando se cuestione esta situación, será cando naza o Novo Réxime. Cando un Estado perde o control sobre unha parte moi importante do seu territorio, non existe no sentido estricto da palabra ningún Estado. A separación entre o poder civil e o relixioso é moi importante: poden existi-los dous, pero sometido o un ao outro. O Estado é un pacificador internamente, pero a construcción do Estado si é violenta (porque ten que anular outros poderes, feito que fai xeralmente pola forza). Hobbes é o que pasa por se-lo desencadeante da limitación do poder da monarquía, nunha época inmediatamente posterior a Bodino. Publica o Leviathan, que contén uns capítulos trascendentais. O que pretende Hobbes é que, cando se comeza a cuestiona-la monarquía absoluta, xustifica-la súa existencia, falando do pacto social, que será o comezo do Novo Réxime. Hobbes di que o home, por natureza, é agresivo e acumulador, e que a loita de persoas pola supervivencia (“homo homini lupus”) levaría a unha situación de constante conflicto. Por iso, o home nomea un “árbitro” que busca pacificar: o monarca absoluto. Créase a orde mediante a transferencia do poder da cidadanía ao monarca. A lectura que del se fixo é que o poder do monarca é emprestado; que se lle deu o poder para algo e que se ese algo non se cumpre, o rei debe devolve-lo poder que lexitimamente é do pobo (Hume). Así é como se teoriza a diminución dos poderes do monarca. O obxectivo da Ilustración era a alfabetización e o achegamento do coñecemento a todo o mundo: face-lo pobo partícipe do saber para convertelo en actor do proceso político. Características do Estado:

    - É un monopolio de violencia lexítima.

    - Ten a capacidade de lexislar sen límite ningún no seu territorio.

    - A centralización do poder, que se estende de xeito piramidal pola Administración a todo o territorio.

    - Adecuación entre: territorio, grupo social (pobo) e poder.

    O Estado irá evolucionando na concepción dos seus elementos constitutivos e un cambio legal. O francés Bodino, cando se consagra a idea da soberanía, e sen cuestiona-lo absolutismo, abre a porta á distinción entre soberano e soberanía. Hobbes, coa súa teoría do Contractualismo ou Pacto Social, abre a porta ao cuestionamento do absolutismo. Hobbes deducía que a monarquía tiña unha función natural: recolle-lo poder que lle foi cedido para evita-lo caos na sociedade. Hume e Rousseau recollen a teoría de Hobbes e formulan: “Se a xente lle entrega o poder ao rei, é porque o posúe. A xente cede o poder cunha finalidade, e se non se cumpre, este debe ser devolto”. Isto anticipará o concepto da democracia: a xente fai unha petición e o Goberno débelle dar resposta. A Ilustración, máis ca un proceso de novos pensamentos, é un proceso de divulgación do saber (a Enciclopedia, os panfletos, os periódicos...). As masas son o elemento de cambio do Estado Absoluto ao Estado Liberal. Primeiro acontece a Revolución Inglesa, pero a Francesa estendeuse a toda Europa coas invasións napoleónicas. Tamén xorde a Constitución: un pobo, reunido polos seus elementos de representación, acorda as bases da convivencia. É o momento do nacemento da nación liberal, expresada nun modelo de convivencia constitucional. O avance do Estado Liberal farase en tres ordes:

  • A propia concepción da sociedade civil como a posuidora de todo o poder da nación, e o establecemento dun réxime protector dos dereitos individuais. Preeminencia dos dereitos individuais sobre o Estado. O Estado só fai o que os cidadáns, desde a súa condición privada, non son capaces (é dicir, que é subsidiario da acción civil). [Orde subsidiaria: persoa familiamunicipiopoderes rexionaisEstado]. O Dereito Humano non está en relación ao recoñecemento expreso de ningún Estado.

  • Na construcción dos instrumentos de formulación, expresión e exercicio da vontade nacional: formación dos Parlamentos (e o seu aumento de poder), sufraxio (censatario/universal), etc. En principio, o voto non contempla o voto de tódalas idades, clases nin ás mulleres (anque irá cambiando). Tamén veremos como cada vez o dereito de voto non estará vinculado necesariamente á residencia.

  • A articulación efectiva do debate que constrúe a vontade nacional: os partidos políticos. O que hoxe temos é a Democracia Representativa (non a directa, a dos gregos). O que facemos é que con certa periodicidade, creamos un órgano que representa a vontade nacional (o Congreso dos Deputados). É por iso polo que, nas sociedades modernas, a función do deputado ten que ser tan limpa.

  • Tódolos procesos evolutivos comezan no xusto momento en que o anterior proceso chega á madurez. Tan pronto como a Democracia Liberal vai conformando toda a complexa trama que lle permite madurar, vai recibindo diferentes críticas. Xorden diferentes tipos de Estado: o fascista, o comunista, etc. E tamén xorden diferentes concepcións de Estado: federalismo, nacionalismo *?*, etc. Na sociedade socialista, o Estado ten moito poder. A oposición liberalismo/socialismo divide o mundo en bloques, e o fascismo tenta aparecer coma termo medio. O nacional-socialismo e o fascismo desenrólanse entre os anos '20 e '40. Desde o punto de vista teórico, o FASCISMO é o de Mussolini en Italia. En termos estrictamente técnicos, o fascismo italiano e o nazismo son os DOUS fascismos propiamente ditos. Logo veñen os imitadores (Franco, Salazar...). Nace nas crises económicas, ás que presenta como “debilitamentos do Estado” (pola loita entre liberalismo e socialismo). Propón que desde o esquema xa tradicional de que o poder reside no pobo, substitúe `pobo' por `nación'; e a súa vontade non se transmite polo voto, senón pola interpretación dun caudillo en cada momento histórico. Interpretaba o goberno en función da potencia e seguridade da nación (e non segundo a riqueza e o benestar). Isto provoca:

    - Un totalitarismo.

    - Imperialismo e militarismo desbordantes, porque o Estado cada vez precisa de máis recursos e estabilidade.

    Desde o punto de vista teórico, non parece que o fascismo, trala súa caída, deixase nada proveitoso (ao contrario doutros sistemas). A resposta a todo isto foi o Estado do Benestar, porque constitúe unha resposta á confrontación, porque dá resposta ao fascismo e porque é unha realidade triunfante. É un elemento a estudiar. ¿Por que non aparece o termo Estado do Benestar nos contextos dos politólogos? Porque aínda se ten a tendencia de pensar que é un Estado Liberal corrixido. Ademais, ten oscilacións entre o máis social ou o máis liberal, o que alimenta a idea anterior. É nas grandes crises cando Keynes e outros afirman que o modelo cíclico das crises liberais é perfectamente corrixible. O Estado do Benestar foi un factor clave para a reconstrucción europea trala II Guerra Mundial. O Estado do Benestar cambia a idea de lexitimación do poder en absoluta contraposición ao fascismo e certamente afastado de liberalismo e socialismo: o poder lexitímase segundo a adhesión da cidadanía (cidadanía contenta = poder lexitimado). A clase social era o centro do sistema e o cidadán xiraba ao seu redor. O Estado do Benestar cambia a situación, e o cidadán pasa a se-lo centro do sistema e o resto xira ao seu redor (de aí ven o nome de Estado do Benestar). A política social oriéntase á construcción de grandes clases medias que son as que articulan o modelo político e o productivo. A imposición progresiva consiste (fronte a proporcional) en que a medida que sobe a base impoñible, sobe a porcentaxe (2005%, 2000015%, etc.; por exemplo, na relación renda-impostos). Así, o que hai é unha grande expropiación dos beneficios, que flúen das clases altas ás baixas, e tamén repercuten nos servicios (educación, sanidade, etc.). En España, por exemplo, imítase este sistema (o desarrollismo franquista). Dise que o Estado do Benestar ten tres grandes inconvenientes (que son os que están a provocar certas revisións liberais):

  • O Estado do Benestar provoca unha gran demanda de servicios, chegando o seu custo a ser superior aos ingresos do Estado, provocando o seu endebedamento ata provoca-la crise dos servicios. O Estado non pode seguir incrementando os impostos, porque chega a desincentiva-lo modelo (e porque o aumento dos impostos é limitado). O que hai que facer é reforma-lo Estado do Benestar para abarata-los servicios (mediante privatizacións, etc.).

  • Hai un certo divorcio entre os obxectivos do Estado e as clases medias, inspiradoras do sistema, e que ven como lles comeza a resultar caro. A alianza das clases medias co poder, produce diverxencias entre a política teórica e a real.

  • O Estado do Benestar, que ten unha forte compoñente solidaria no interior, é moi insolidario no exterior.

  • TEMA 7: A TEORÍA DA DEMOCRACIA.

    A Democracia é o concepto político máis universal e con mellor imaxe de toda a teoría política. o xa indiscutible é “¿cando se pode dá-la democracia?”, onde as dictaduras aproveitaron para permiti-la democracia cando puidese ser (segundo o seu criterio), o que en certa maneira as lexitima e/ou lles dá moita cobertura. A verdade é que a Democracia é susceptible en calquera época ou lugar.

    A Democracia baséase en que son os cidadáns quen elixen a quen goberna. Implica a separación dos poderes (o Parlamentolexisla, o Gobernoten o poder executivo, os Poder Xudicialxulga). A Democracia execútase polas votacións. Isto é unha Democracia formal [cando se cumpren as formas, algo de Democracia sempre hai; pero onde non hai formas democráticas, non hai Democracia]. Nos casos de transición democrática, o punto máis firme no que prender cara o novo sistema é a formalidade democrática.

    A Democracia plantexada desde a perspectiva do pluralismo e a plantexada desde a existencia dunha cultura política democrática e con formalidade democrática, non exclúen outros plantexamentos. Isto dáse en países cunha cultura democrática avanzada. Son perspectivas complementarias.

  • A existencia dunha cultura democrática (importante en casos de transicións): unha sociedade que non é capaz de manexa-los procesos que permiten a manifestación dunha vontade política, non pode ter unha democracia. Ten unha estricta importancia a cultura (no estricto sentido da palabra), para coñecer e practicar tódolos mecanismos da acción democrática. Os estudiosos da cultura política incidiron no poder (“¿que é?”). Para nós, o poder está ao noso servicio. A Democracia só se pode asentar na cultura democrática, porque senón, fracasa, anque as formas sexan correctas. Almond e Verba plasmaron isto en Cultura Cívica (tamén coñecido como Cultura Democrática). Definiron os tipos de cultura: parroquial (no senso da expresión inglesa = cultura dispersa, individualista), de súbdito e cultura participante. A primeira é aquela na que non existe un verdadeiro concepto do que é público, común, polo que todo se fai a través da perspectiva do individual. Non é capaz de contribuír ao poder colectivo nin esixir ao poder colectivo, polo que está moi alonxado do poder. A segunda identifica o interese común co que fai o poder, pero non ten unha plena consciencia de reclama-los seus dereitos diante do poder; só está preparado para obedecer. A terceira sería aquela na que o cidadán participa no proceso de construcción social. Segundo Almond e Verba, en ningunha sociedade se dá exclusivamente un dos tres tipos, senón que hai culturas mixtas, que son o que cómpre analizar. A Democracia prende na cultura parroquial-participante, porque este cidadán ten a conciencia da individualidade e dos seus intereses, polo que está motivado para actuar (sabe o que quere e quéreo conseguir); e sabe que para conseguilo ten que estar integrado no colectivo. O problema, por exemplo, socialista, foi que carecían da cultura parroquial, anque tiñan plena conciencia do interese e da acción comúns.

  • *?*, (...)

    TEMA 8: OS PARTIDOS POLÍTICOS E OS SISTEMAS ELECTORAIS.

    O sistema proporcional de escanos tende a dalos a máis dunha lista, de xeito directo ou indirecto. A diferencia cualitativa entre un e outro sistema é que o sistema maioritario tende a reduci-lo número de partidos; e o proporcional, en número plural de partidos.

    No sistema maioritario só poden ter escanos quen gañaran nunha ou varias circunscricións. Un sistema con dous partidos é máis manexable e máis estable a formación de gobernos. Cando unha sociedade é plural e hai minorías, sempre quedan fóra do Parlamento co sistema maioritario. Por iso, só funciona en sociedades con longa tradición política e moi homoxéneas.

    O sistema proporcional fai posible que pequenos partidos obteñan escanos, e animan á pervivencia destes partidos ou á formación de novos. A gran vantaxe deste sistema é que non elimina a ningún partido.

    O sistema maioritario, xeralmente implica circunscricións uninominais (un nome por circunscrición). Xeralmente son pequenas, para acoller un deputado só. O deputado en circunscrición pequena é unha persoa coñecida, e soe estar máis apegado aos problemas da cidadanía cás estratexias de partido.

    O sistema proporcional tende a facer grandes circunscricións con moitos deputados, que é o que permite facer distribucións entre listas. É un sistema moi utilizado en democracias novas e en sociedades non moi integradas.

    En España, nunha democracia nova e cun sistema proporcional, a propia sociedade “creou” un sistema maioritario perfecto, con tendencia a reducir partidos. Isto é causa da grande integración.

    O sistema proporcional corrixido outórgalle máis escanos aínda ao gañador das eleccións, castigando aos pequenos partidos.

    As listas poden ser:

    • Abertas: onde o votante pode votar, dentro dunha lista, os nomes que queira. Evidentemente, non son bloqueadas.

    • Pechadas: o votante vota listas, pero non aos seus integrantes, dándolle máis potencia ao partido có elector. Poden ser:

    - Bloqueadas: ademais do anterior, tampouco lles podemos cambia-la orde dos nomes.

    - Non bloqueadas: podemos cambia-la orde dos nomes na lista.

    O sistema español é de listas pechadas e bloqueadas, que é máis sinxelo pero máis ríxido. Para votar sobre deputados e non sobre partidos, o mellor é un sistema maioritario.

    *?* (...)

    • Os partidos políticos:

    Fináncianse, basicamente, a través de impostos. Os partidos son organizacións sen capital (non hai inversión), polo que a súa xestión soe ser mala (gastan moito e mal), co que teñen enormes necesidades de financiamento. As democracias avanzadas teñen moitos procesos electorais (europeas, xerais, autonómicas, municipais...). Os grandes partidos teñen campañas en progresión xeométrica de custos. Solucións posibles:

  • Intentar por lei un recorte de gastos:

  • Prohibir certo tipo de accións (como o envío de papeletas a domicilio [impresión, distribución...], menor duración da campaña electoral...).

  • Lembrarlles aos partidos que gasten do seu, e deixar de subvencionalos. Isto mataría aos pequenos partidos. Un procedemento nesta liña sería negativo para a democracia.

  • 2º) Aumenta-lo financiamento do Estado. En teoría, podería acabar coa financiamento ilegal. Na práctica, os partidos, canto maior financiamento teñen, máis gastan.

    3º) Un sistema mixto: buscar que os partidos activen os seus propios recursos (pagar por escano e por financiamento, para que activen a participación da súa militancia).

    O financiamento ilegal é unha das lacras dos actuais partidos políticos. En EEUU está máis resolto, pois o financiamento por parte de empresarios ou empresas está recoñecido e admitido; do mesmo xeito que tamén se soe admitir que o favor sexa resolto.

    Os partidos penetran na sociedade por medio de todo un tecido de organizacións próximas aos partidos (como o BNG [SLG, CIG, A Nosa Terra...]), anque non sempre (PP).

    Moitas veces, a política convértese nun negocio clientelar de: votos = favores políticos (é dicir, favores políticos pagados con votos).

    Os partidos toman as súas decisións en función da previsión que fan para a conquista do poder. Antes, os partidos seleccionaban o seu electorado, era de aí de onde gañaban os seus votos, e só excepcionalmente recibían votos doutras áreas sociais. Hoxe, os partidos buscan captar todo o electorado, buscando facer menos distincións sociais. Se os partidos precisan renunciar á ideoloxía para conquerir votos, faise. Isto está a transformar moito o proceso democrático. A democracia é un instrumento de acción social que busca soluciona-los problemas sociais e en tentar permanecer no poder.

    A política é un instrumento de máxima complexidade, polo que a súa análise é complexa. Con frecuencia, o narrador busca a boa acollida do que está a dicir, prescindindo da racionalidade; e moitas veces, un artículo xornalístico redúcese a unhas cantas frases feitas.

    5