Ciencia Moderna e Filosofía

Filosofía moderna # Racionalismo. Empirismo. Idealismo epistemolóxico. Relación mente e corpo. Sustancias. Descartes. Espinosa. Leibniz. Locke. Hume

  • Enviado por: Antonio
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 23 páginas
publicidad
publicidad

3.- Ciencia Moderna e Filosofía. Racionalismo e Empirismo: DESCARTES

  • Ciencia Renacentista e a súa influencia na Filosofía Moderna

  • Racionalismo. Descartes:

  • 2.1.- A importancia da Razón e do Método

    2.2.- O problema do coñecemento: Primeira Verdade e Criterio de Verdade

    2.3.- O Idealismo epistemolóxico. As Ideas

    2.4.- As sustancias. A relación mente e corpo

  • Outros Racionalistas: Espinosa e Leibniz

  • O Empirismo. Locke e Hume

  • A Ciencia Renacentista e a súa influencia na Filosofía Moderna.

  • No contexto e en relación ó Renacemento xurde a Época Moderna que pode caracterizarse pola importancia da razón e da racionalidade (“liberada” sobre todo a partir de Ockham da explicitación do Dogma) e por unha Nova Ciencia, na que se inclúe unha nova astronomía, unha nova física, e un novo método científico.

    A Ciencia Renacentista e moderna foi un fenómeno complexo de consecuencias decisivas e con distintas interpretacións:

  • Continuístas. Para algúns teóricos da Ciencia, como Crombi, a Ciencia Renacentista é unha prolongación ou desenrolo da Ciencia Medieval do s. XIII e XIV desenrolando as teorías de Oresme, Buridán (teoría do “Ímpetus”) ou Ockham coa revalorización da experiencia.

  • Rupturistas. Como por exemplo Webber ou Russell. Consideran que a nova ciencia representa unha absoluta innovación co anterior en relación con certos plantexamentos socioloxistas, e en concreto coa ética protestante.

  • Postura intermedia. Pode ser a representada por Kuhn, no sentido de que sempre hai unha influencia da Ciencia Medieval anterior pero prodúcese unha verdadeira revolución científica como unha nova interpretación da realidade e sobre todo do cosmos na confrontación ou dialéctica de polo menos tres esquemas ou paradigmas que se utilizaban como fundamento da explicación científica:

  • Paradigma organicista: con antecedentes na filosofía aristotélica que se prolonga en todo a física e astronomía medieval, e que considera a realidade como un organismo.

  • Paradigma místico-estético, que ten antecedentes no Neoplatonismo e, máis remotamente, no propio Platonismo e Pitagorismo, baseado nunha interpretación da realidade que mezcla a proporcionalidade numérica, a harmonía e certa mística sobre a simplicidade, o Ben ou o Sol.

  • Paradigma mecanicista, con antecedentes remotos no atomismo (Demócrito) e considera a realidade segundo o esquema mecánico ou das máquinas composta exclusivamente por elementos materiais que se relaciona por contacto e en función de causa e efectos.

  • Con certa influencia dos outros dous paradigmas este último foi o que acabou impoñéndose.

    Entre os científicos máis relevantes da Ciencia Moderna cabe destacar a Copérnico, Kepler, Galileo ou Bacon.

    • COPÉRNICO

    Clérigo polaco que propugna o Heliocentrismo fronte ó Xeocentrismo, podendo considerarse ademais “Realista” fronte a outra interpretación “Positivista” (como pretendía facer parecer o seu prologuista Ossiander ó reducir as súas teorías a meras hipóteses de cálculo).

    As teorías de Copérnico tiveron, sen embargo, moitas dificultades para ser aceptadas (a parte de certos problemas de observación común, o prexuízo relixioso de que o ser humano, como criatura divina debe ocupar o centro do Universo). Sen embargo paulatinamente van abríndose camiño pola lenta influencia que vai a ter o Pitagorismo e o Platonismo por considerar o máis simple e harmónico como real, e sobre todo, pola admiración polo Sol, que como astro máis perfecto, debe ocupar o centro do sistema.

    • KEPLER

    Tamén na liña do Platonismo profesa aínda unha admiración maior polo Sol, e está convencido de que hai unha harmonía en todo o Universo (“Música Celestial”)

    Con datos de outros astrónomos como Tycho, Brahe e Gilbert (magnetismo) formula as tres coñecidas leis:

  • Os planetas móvense en órbitas elípticas ó redor do sol con este nun dos focos (rómpese o ideal de circularidade)

  • A liña imaxinaria que une un planeta con Sol barre áreas iguais en tempos iguais (coa que xustifica a distinta velocidade dos planetas)

  • “A razón dos cuadrados dos períodos de revolución dos planetas é proporcional ó cubo das distancias ó sol”, lei coa que pretende ou describe a harmonía ou relación do conxunto do Universo, todo esto baseado na convicción de que os datos empíricos ou de observación deben ser adaptados a unha interpretación matemática (“abandono as escuridades da física para refuxiarme na claridade das matemáticas”)

    • GALILEO

    Pode considerarse o exemplo de científico morderno, tanto pola defensa das súas conviccións científicas incluso pola nova concepción do que é a ciencia e o método científico, poñendo de manifesto unha nova interpretación do que é a experiencia:

    • No aspecto científico, e sobre todo na física, fai unha análise do movemento prescindindo de “cualidades ocultas” e tendo en conta soamente os aspectos cuantificables que existen nel, como son o espacio e o tempo. Desta maneira formula o MU, o MUA e o dos proxectís ou movemento violento, e incluso prevé o principio de Inercia que será formulado máis tarde por Descartes e Newton.

    • Foi sobre todo na cuestión do método científico onde puxo o fundamento da Nova Ciencia, método que se denomina resolutivo-compositivo ou hipotético-deductivo:

  • Pola resolución ou análise selecciónanse os elementos esenciais de calquera fenómeno observable prescindindo dos aspectos occidentais.

  • Pola composición ou síntese constrúese unha hipótese menal ou incluso un artefacto mecáncio que sintetice unha posibilidade de comprobación.

  • Compróbanse as consecuencias da hipótese na experiencia.

  • Se estas son validadas pola experiencia, a hipótese é verdadeira.

    • BACON

    Nunha liña distinta dos científicos anteriores, fai máis fincapé no concepto de “experiencia” deixando un tanto de lado a hipótese deductiva e matematizada. Neste aspecto propón como método a inducción (do particular ó xeral) e fai unha análise das fontes dos erros humanos no coñecemento da natureza que denomina “ídolos”.

    • A síntese entre a dinámica de Galileo, a cinemática de Descartes e a explicación definitiva das leis de Kepler vai a ser feita xa fóra do contexto do Renacemento por Newton.

    As características fundamentais da Ciencia Renacentista son:

  • Mecanicismo: foi o paradigma que resultou dominante a partir do s. XVI en interrelación co místico-estético e sempre coa influencia clara do Pitagorismo e do Platonismo: a estructura da realidade é semellante a unha máquina composta de elementos materiais que se relacionan por contacto (atomismo) e segundo a causalidade eficiente prescindindo da causalidade final.

  • Esta interpretación vai a influír na interpretación racionalista, sobre todo de Descartes, da sustancia material (“res extensa”) que se comporta como unha máquina e segundo causas e efectos.

  • Primacía das cualidades primarias respecto das secundarias. Dende Galileo só deben terse en conta as cualidades primarias medibles ou cuantificables e, polo tanto, obxectivas, pois as cualidades secundarias son subxectivas.

  • Esta mesma interpretación vai a seguila Descartes tamén respecto á “res extensa” composto exclusivamente de materia ou masa que é extensión e movemento.

  • Admiración polas Matemáticas. Na liña do Pitagorismo e do Platonismo, para Galileo “o libro do Universo está escrito en caracteres matemáticos; a súa linguaxe son triángulos, círculos e outras figuras xeométricas e debe aprendelo quen queira saber algo del”. Esta admiración polas matemáticas vai a ser tamén común no racionalismo tanto polo método deductivo (“Matesis Universalis”) como pola convicción de que a realidade ten unha estructura matemática. Incluso para Espinosa, a conducta sigue un esquema asiomático (“Ética demostrada xeometricamente”)

  • Importancia da razón. Existe tamén a convicción de que a realidade ten unha estructura racional deductiva e que a razón humana pode descubrir esa estructura da realidade (“a orde e a conexión das cousas é a mesma que a orde e a conexión das ideas”, Espinosa)

  • Esa confianza na razón que Galileo complementaba coa experiencia chega incluso, ás veces, a prescindir desta última como di referíndose a Arquímedes: “As demostracións de Arquímedes sobre o movemento en espiral nada perden a súa forza e o seu valor aínda que na natureza non exista ningún corpo ó que atribuírlle un movemento en espiral

    En definitiva, a ciencia Renacentista, sobre todo de Galileo, pode entenderse como unha síntese entre racionalidade e experiencia “sobre todo experimento”. O aspecto da racionalidade deductiva vai a ser recollido directamente polo Racionalismo, mentres que o aspecto da experiencia, máis na liña de Bacon, vai a ser recollido polo Empirismo.

    En todo caso, esa síntese que considera a razón como verdadeira lexisladora da natureza será sistematizada por Kant no s. XVIII

  • O racionalismo: Descartes

    • Características xerais

    Nun sentido amplo pode entenderse por racionalismo calquera corrente de pensamento que considera a razón como elemento fundamental, neste sentido pode falarse incluso dun racionalismo relixioso.

    Pero nun sentido máis preciso, chámase Racionalismo á filosofía que xurde na Europa occidental a partir do s. XVII en relación coa ciencia renacentista e cuias características máis importantes son:

  • A realidade ten unha estructura racional e matemática.

  • A estructura racional da realidade é paralela á da razón humana que, polo tanto, pode descubrir aquela (a realidade)

  • En relación co anterior, hai unha admiración polas Matemáticas, tanto a respecto á estructura da realidade como polo seu método.

  • O coñecemento e a verdade orixínanse a partir de Ideas Innatas (Innatismo) a partir das que, por deducción, pódese chegar a calquera verdade.

  • Teoloxismo Gnoseolóxico, é dicir, apelación ou consideración de Deus como garantía última do coñecemento.

  • Problemática relación das sustancias, é dicir, da mente ó corpo no ser humano, e tamén problemática xustificación da liberdade.

  • Como síntese o racionalismo considera que o coñecemento orixínase no propio entendemento e nas súas ideas, ou o que é o mesmo, na razón: Idealismo.

    Os representares máis relevantes son Descartes, Malebranche, Espinosa e Leibniz.

    • DESCARTES

    • Obra

    • Discurso do método

    • Meditacións metafísicas

    • Reglas para a dirección do inxenio

    2.1.- A importancia da Razón e do Método

    Descartes inicia o seu plantexamento filosófico constatando que a Filosofía ou Metafísica, a pesar de ser a máis antiga de tódalas ciencias e o tronco común de todas elas, non pareceu acadar o camiño seguro dunha ciencia.

    Por outra parte e neste sentido, son de admirar, por exemplo, as Matemáticas pola claridade e evidencia das súas razóns onde xeralmente todos están de acordo e non hai contradiccións.

    Sendo o sentido común e a razón do distribuído de igual maneira en tódolos individuos parece que o problema da filosofía débese á falta dun método riguroso e eficaz, pois, segundo Descartes, “tódalas ciencias non son máis que a sabiduría humana, que permanece unha e idéntica aínda referida a obxectos diversos”.

    Partindo desta unidade da razón o problema está pois, en buscar un método, que será tamén propio da razón humana e que se denomina Mathesis Universalis que as matemáticas souberon utilizar dende os seus comezos.

    Este método consta de catro fases ou catro momentos:

  • Evidencia, que consiste en non tomar nada como verdadeiro a non ser que se perciba con total claridade e distinción que é así.

  • Análise: que consiste en descompoñer calquera cuestión complexa nos seus elementos simples.

  • Síntese, consiste en agrupar os elementos esenciais, e partindo dos máis simples, chegar ós máis complexos.

  • Enumeración: percorrido mental por todo o proceso para cerciorarse de que nada se omitiu.

  • Todo o proceso basease en dous mecanismos cognoscitivos:

  • Intuición, que é “un concepto da mente pura e atenta e que representa a captación inmediata de algo que se presenta con total claridade e distinción á mente”.

  • Deducción. Que consiste nun encadeamento sucesivo de intuicións.

  • Á súa vez o método ten como último fundamento en consonancia do ideal matemático, a primacía epistemolóxica do simple que o pensar por identidade e diferencia.

    • A Duda Metódica

    Aplicando con rigor os principios do método debe chegarse a algo indudable por evidente para construír a partir de aí unha filosofía.

    Por isto Descartes pon entre paréntese tódolos coñecementos anteriores aplicándolles a duda, é dicir, que debe rexeitarse calquera aparente verdade sobre a que quepa a mínima duda.

    Neste sentido utiliza a duda como método (Duda Metódica) para chegar á verdade a diferencia da duda escéptica que é máis ben un resultado e da que non se pode saír.

    Existen 3 niveis de duda:

  • Os SENTIDOS. Dado que os sentidos engánannos algunhas veces respecto a certas percepcións pode supoñerse que nos enganan sempre. Non enganan, sen embargo, respecto a existencia da realidade sensible.

  • Os SOÑOS. Dado que existe a mesma impresión de veracidade nos soños e na realidade tamén se pode supoñer que toda a impresión da realidade que temos xeralmente sexa producto dun soño.

  • O XENIO MALIGNO. É a hipótese coa que se cerra o proceso de duda, e consiste en supoñer a existencia dun ser tan poderoso como malvado que teña a vontade de enganarnos sempre, co que se admite a posibilidade dun engano ou dunha incapacidade connatural do entendemento humano para o coñecemento.

  • 2.2- O problema do Coñecemento: Primeira Verdade e Criterio de Verdade

    Seguindo o proceso da duda, a conclusión inmediata é que non parece existir ningunha verdade indudable que sexa o fundamento ou a base dun sistema filosófico. Sen embargo, sendo para Descartes todo dudable hai algo que non o é que é precisamente a propia duda, é dicir, que se pode dudar de todo excepto da duda.

    Agora ben, para pensar incluso que un duda ou é enganado antes hai que ser, é dicir, existir, e para dudar hai que pensar tamén e para pensar hai que existir.

    A si pois, “penso, logo existo” (“cogito ergo sum”) constitúese como o primeiro principio ou a primeira verdade indudable que vai a tomar Descartes como punto de partida da súa filosofía.

    Esta intuición inmediata do pensamento e da existencia como tal pensamento formúlaa Descartes precisamente con “Eu son unha cousa que pensa” (“ego sum res cogitans”)

    Por outra parte o “penso, logo existo” non é o resultado dunha deducción ou un siloxismo como razonamento deductivo que tivera como premisa maior “todo o que pensa existe. Eu penso, logo eu existo”, senón que é o resultado dunha intuición inmediata absolutamente evidente que relaciona directamente o pensar co existir.

    Hai que ter en conta que ese existir ou existo é referido exclusivamente ó pensamento polo que precisamente este ou a alma son resultado dunha percepción inmediata “incluso máis doada de coñecer que o corpo”.

    Hai que ter en conta, ademais, que Descartes non se está referindo a un suxeito gramatical nin psicolóxico senón ó propio suxeito como pensamento (no que se engloba o feito de pensar, sentir, desexar, imaxinar, etc.) e que inicia o plantexamento do que sería máis adiante o Suxeito Transcendental Kantiano.

    • Criterio de verdade

    Na propia primeira verdade (“penso, logo existo”) encontra tamén Descartes a posibilidade dun criterio para diferenciar verdadeiro do falso que vai a considerar tanto criterio de verdade (plenitude obxectiva do coñecemento) como criterio de certeza (plenitude subxectiva do coñecemento) :

    “Vendo en “penso, logo existo” que non hai nada que poida certificarme de que digo a verdade agás que vexo con toda claridade que para pensar é necesario existir, xuzguei que as cousas que vira con tal claridade e distinción todas son verdadeiras”

    Así pois, o criterio primeiro que fai posible o coñecemento certo é a CLARIDADE e DISTINCIÓN.

    “Entendo por Idea Clara aquelo que se presenta inmediata e aberta á mente”

    “Entendo por Idea Distinta a que se presenta separada das demais con límites precisos e non contén en si mesma máis que o que representa a súa realidade”

    Este criterio de claridade e distinción vai a ser completado máis adiante co criterio do Deus Veraz como garantía do coñecemento dunha realidade ou diferencia das Ideas, que lle vai a supoñer as críticas de Gassendi por “circulatio” (círculo vicioso) no sentido de que con un criterio valídase ou demóstrase o outro, aínda que para Descartes teñen ámbitos de aplicación diferentes a claridade e distinción refírese fundamentalmente ás Ideas e o Deus Veraz, ó coñecemento da realidade distinta das Ideas, o que xenericamente se denomina Mundo.

    A apelación a Deus como garantía do coñecemento ten xa antecedentes en San Agustín (Iluminismo) e denomínase Teoloxismo Gnoseolóxico.

    2.3.- O Idealismo Epistemolóxico. As Ideas.

    Con certos matices pode dicirse que con Descartes e a época moderna iníciase o plantexamento crítico na teoría do coñecemento por pretender fundamentar o coñecemento a partir do “eu penso” e os contidos de ese “penso” que son as Ideas. Precisamente nese aspecto con Descartes iníciase o que pode chamarse “Idealismo Epistemolóxico” por considerar que a actividade do pensamento (e por tanto do coñecemento) refírese inmediatamente ás Ideas e considerando estas como intermediarias entre a propia realidade e o pensamento, a diferencia, por exemplo, da filosofía antiga e medieval que pode considerarse como “realismo epistemolóxico” no sentido de considerar que o pensamento refírese ás cousas directamente.

    Sendo as Ideas o obxecto inmediato do pensamento (o pensamento pensa Ideas) poden distinguirse dous aspectos nestas:

  • Como modos ou formas de pensamento, aspecto no que son todas iguais.

  • Como representación obxectiva de algo, aspecto no que poden considerarse diferentes. Precisamente neste aspecto Descartes distingue tres tipos:

  • Ideas adventicias que son as que parecen provir dunha realidade exterior (por exemplo a idea de árbore)

  • Ideas Fácticas que son as construídas pola propia actividade da mente ou do pensamento (por exemplo a idea de serea)

  • Ideas Innatas que pertencen á propia mente ou pensamento, non sendo adventicias nin fácticas (por exemplo a Idea de Igualdade ou a Idea de Infinito).

  • Esta Idea de Infinitude considera Descartes que non é adventicia (non pode provir dunha realidade infinita) pero argumenta tamén que non é fáctica, pois segundo el, a finitude xurde por negación da infinitude e non ó revés.

    Para Descartes a Idea de Infinito identifícase coa Idea de Deus que existe claramente como Idea non pensamento, pero ademais trata de demostrar a súa existencia real.

    • Existencia de Deus

    Tanto no “Discurso do Método” como nas “Meditacións metafísicas”, Descartes utiliza tres argumentos (que en xeral fundaméntanse na causalidade) para demostrar a existencia de Deus:

  • Pola causalidade da Idea de Infinito. Partindo de que o efecto non pode ser superior á causa (ou a causa ten que ter tanta realidade polo menos coma o efecto) a Idea de Infinito ten que ter unha causa tamén infinita.

  • Pola causalidade da “Res Cogitans”. Tendo a conciencia ou intuición da propia alma ou mente como algo imperfecto, existe tamén a convicción de que non puido ser causada por un mesmo (faríase perfecto) senón por outra realidade perfecta que é Deus.

  • Polo Argumento Ontolóxico a partir da Idea de Deus. Dunha maneira semellante a San Anselmo, Descartes considera que a partir da Idea de Deus pode demostrarse que Deus existe, pero non só porque teña tódalas perfeccións, senón sobre todo porque a Idea de Deus identifícase coa existencia: “Non se pode penar a Deus como non existente

    • O Deus Veraz

    Demostrada a existencia de Deus, os atributos que lle corresponden son a bondade e a veracidade.(un Deus malvado ou enganoso no tería sentido)

    Así pois, sendo Deus bo e veraz non vai a permitir que nos enganemos constantemente, fundamentalmente nas percepcións claras e distintas pois o erro, en xeral, provén da vontade no sentido de precipitar o xuízo (facer xuízos precipitados) e sobre todo, non distinguir as percepcións claras das confusas.

    A utilización de Deus como criterio de verdade complemento da claridade e distinción, vai a ser criticada xa por un contemporáneo, Gassendi, por circulatio : por medio da claridade e distinción deduce ou demostra a existencia de Deus; e a existencia de Deus sirve para darlle validez á claridade e distinción.

    Para Descartes, sen embargo, non hai circulatio, pois os dous criterios compleméntanse ou teñen ámbitos de aplicación distintos:

    • A claridade e distinción refírese fundamentalmente ás Ideas e ás súas relacións (por exemplo, nunha demostración matemática)

    • O Deus Veraz refírese sobre todo ós coñecementos remotos nos que interven a memoria e para dar validez obxectiva ás Ideas, é dicir, garantir a correspondencia das Ideas cosas cousas, que é o mesmo que garantir o coñecemento da realidade exterior ou Mundo.

    A apelación a Deus como criterio de verdade ten xa antecedentes en San Agustín ( e na Idea de Ben de Platón) coa teoría do Iluminismo e vai a ser bastante común na Filosofía Racionalista, denominándose Teoloxismo Gnoseolóxico.

    2.4.- AS SUSTANCIAS. RELACIÓN MENTE-CORPO

    A relación mente-corpo debe enmarcarse na relación e a análise das sustancias (sobre todo en Descartes e Leibniz pola consideración da pluralidade das substancias)

    A noción de sustancia ten unha ampla tradición na filosofía a partir de Aristóteles, definíndoa como “aquelo que existe en si, e non necesita nada para existir” a diferencia dos accidentes que sempre existen nunha sustancia.

    Esta noción de sustancia (como sub-stare) vai a ser seguida por Descartes e aplicando con rigor a definición soamente sería en propiedade a sustancia divina (Res Divina ou Deus)

    Sen embargo, Descartes amplía esa noción a outras dúas realidades:

    • A sustancia pensante ou res cogitans considerada como alma.

    • A sustancia ou realidade extensa ou res extensa que é toda a realidade material incluído o corpo.

    Posiblemente unha das razóns fundamentais desta diferenciación era separar a alma do riguroso determinismo da materia nun contexto mecanicista.

    Pero a razón máis inmediata da diferenciación é a percepción clara e distinta das dúas como realidades diferentes: “Eu percívome a min mesmo dunha maneira clara e distinta como algo que pensa e non extenso, e percivo o meu corpo como algo extenso que non pensa

    Así pois, ó eu como alma correspóndelle o pensamento e ó corpo correspóndelle a extensión.

    • A res extensa constituída por toda a realidade material e tamén os animais e o corpo humano posúe as cualidades primarias de extensión e movemento (o calor nos seres vivos).

    En xeral segue o esquema Mecanicista, é dicir, composto de elementos materiais que se relacionan por contacto e seguindo a lei da causalidade eficiente (Determinismo) prescindindo das causas finais ou teleolóxicas.

    Esta realidade material que é o propio Universo é como un xigantesco torbellino que está cheo de materia que ten como causa primeira a Deus que lle imprimiu dende a creación unha cantidade de movemento que permanece constante (conservación do movemento)

    Como causas segundas, as leis físicas ou da natureza que son a Inercia, o movemento rectilíneo e a conservación do movemento.

    Este Universo cinemático que tivo importantes repercusións na física posterior non comprendía, sen embargo, ou asimilaba no seu sistema a derivada do tempo da dinámica de Galileo nin a 2ª Lei de Kepler que serán integradas máis adiante na nova mecánica de Newton e na lei da Gravitación.

    En todo caso, o coñecemento da res extensa é garantizado polo Deus Veraz por ser algo independente do pensamento.

    • A res cogitans, como alma ou pensamento, redúcese ó suxeito pensante no que se inclúen tanto o feito de pensar, imaxinar, querer ou sentir e inicia en algún sentido o suxeito racional que culminará co Suxeito Transcendental de Kant.

    A alma como pensamento é coñecida máis directa e inmediatamente que o corpo, como resultado desa intuición que relaciona o pensar co existir.

    Sendo alma e corpo dúas sustancias distintas vai a plantexarse en Descartes o problema da súa unión, pois hai unha clara interinfluencia entre elas.

    Neste sentido por unha parte non hai unha unión puramente accidental no sentido platónico, nin tampouco substancial (de materia e forma) no sentido escolástico.

    Un tanto artificiosamente Descartes sitúa esa unión nunha glándula impar do cerebro que se chama a GLÁNDULA PINEAL, unión que se realiza segundo Descartes a través duns elementos intermedios que son os espíritos vitais que a través do sangue presionan a glándula pineal levando as imaxes que producen dos órganos sensibles, e posteriormente pola influencia da glándula pineal levando o movemento hacia os músculos.

    En todo caso, a preocupación de Descartes de salvagardar a alma do determinismo da materia lévao a xustificar dificilmente a liberdade da alma, que vai a consistir por unha parte na liberación das pasións que fan á alma esclava e infeliz e por outra na aceptación por parte da vontade do que propón o entendemento como bo.

    3. Outros racionalistas: Espinosa e Leibniz

    Este problema da relación mente- corpo vai a ser tratado tamén polos outros racionalistas:

    • Malebranche: Teoría do Ocasionalismo.

    Non hai interinfluencia senón que é Deus quen actúa: “Deus toma ocasión do movemento da miña man para mover o sillón

    • Espinosa.

    Completa a noción cartesiana de sustancia con un matiz lóxico-epistemolóxico: “sustancia é aquelo que existe por si e se concibe por si... e non necesita do concepto de outra cousa para ser ou para ser pensada

    En coherencia con esta definición e seguindo o método asiomático rigurosamente conclúe que soamente existe unha única sustancia infinita e increada que denomina Deus ou Natureza (para eludir a Inquisición?)

    Esta identificación de Deus coa natureza con unha complicada relación dialéctica coñécese xeralmente como MONISMO PANTEÍSTA.

    Así pois, no ser humano Alma e Corpo non son dúas sustancias senón dous atributos que se coñecen dos infinitos atributos que ten a única sustancia.

    Á súa vez cada realización particular e individual deses atributos son os modos de existencia particulares.

    A cuestión é que hai con todo un paralelismo entre os atributos mente e corpo pois: “A orde e conexión das cousas é a mesma que a orde e conexión das Ideas” que expresa a relación necesaria (como nun esquema deductivo ou asiomático) que hai na realidade e no pensamento.

    En canto á liberdade como propiedade da mente ou da alma para Espinosa é unha pura ilusión, e en todo caso consiste na comprensión racional desa orde necesaria dos acontecementos (nunha liña semellante ó determinismo estoico), comprensión que pode proporcionar a felicidade posible no “amor intelectual a Deus”.

    Ademais e na mesma liña de Descartes, no aspecto inmediato consiste na liberación das paixóns que fan á alma escrava e infeliz.

    • Leibniz

    A pesar de estar no contexto racionalista introduce unha importante variación no concepto de sustancia que non vai a ter como atributo fundamental a extensión senón sobre todo a “Forza”, sustancia é o ser “capaz de acción”.

    Tampouco para Leiniz existen as tres sustancias nin unha soa, senón infinitas que chama MÓNADAS. As mónadas son independentes, cerradas, “sen ventanas ó exterior”, dotadas de apercepción e apetición, como unha especie de coñecemento e vontade.

    No aspecto da mente e o corpo, Leibniz considera que a alma ou a mente é unha mónada simple e o corpo unha composición de mónadas.

    Dado que son independentes, e no caso concreto da mente, cerradas, plantéxanse os problemas do coñecemento e da relación entre eles:

    • En canto ó coñecemento como apercepción soluciónao Leibniz dende dúas perspectivas:

  • Cada Mónada, e polo tanto, a mente, é unha unidade estructural que reflexa como un espello no seu interior toda a restante realidade.

  • Apelando ó Teoloxismo Gnoseolóxico: “O creador dotou a alma das potencialidades necesarias para que todo canto deduza no seu interior se cumpra no seu exterior” da mesma maneira que as demostracións sobre a circunferencia deben cumprirse necesariamente nas circunferencias reais.

    • En canto a relación entre a Mónada alma e o corpo explica coa harmonía preestablecida segundo a comparación ou a metáfora dos reloxos: mente e corpo son como reloxos independentes que sen embargo parecen conectados ó dar a hora ó mesmo tempo, porque Deus dende a creación, como un gran reloxeiro, determinounos de tal maneira que funcionen harmonicamente.

    • Con respecto á liberdade como propiedade da alma trata de xustificala coa distinción entre verdades de razón (relacións de ideas) e verdades de feito (cuestións de feito).

    • Nas cuestións de razón non se plantexa a liberdade pois baséanse exclusivamente en principios lóxicos (como o de non contradicción) e son polo tanto necesarias: unha decisión necesaria do contido do suxeito (por exemplo, o triángulo ten tres ángulos)

    • Nas cuestións de feito é nas que se plantexa a cuestión da liberdade pois sendo o contrario posible, parece existir a liberdade (por ex. “César pasou o Rubicón”)

    Sen embargo partindo da noción de mónada como unidade cerrada e partindo de que toda acción baséase na razón suficiente (como motivo ou causa final) esa razón suficiente debe estar incluída en calquera suxeito, polo que se pode deducir del como se fora unha verdade de razón, aínda que esa deducción ata o infinito sexa só posible para Deus, que incluso parece ter en certo sentido limitada a súa liberdade na propia creación do mundo: a razón suficiente de que fora o mellor dos mundos posibles.

    Así pois para Leibniz, igual que os outros racionalistas, a liberdade non vai a ser a pura indeterminación senón unha difícil xustificación no contexto de necesidade e de determinismo propio da época racionalista .

    • Conclusión e Contextualización

    É xeralmente admitido que con Descartes inicíse propiamente a filosofía Moderna e incluso o que representa a Modernidade como revalorización da racionalidade e da razón e como revalorización (e incluso descubrimento) da conciencia e do suxeito.

    No aspecto da racionalidade, o pensamento de Descartes pode enmarcarse no contexto do mecanicismo e da admiración polo saber matemático. Neste aspecto a importancia que lle vai a dar ó método, tomado en parte dun dos seus hallazgos máis fecundos: a Xeometría Analítica e a reducción do matematizable a curvas e ecuacións.

    A confianza na razón da que Galileo tamén foi un expoñente claro vai a ter ser unha constante na filosofía posterior.

    No aspecto científico o éxito do mecanicismo e do propio cartesianismo vai a ter sen embargo certas limitacións fundamentalmente na terceira lei da súa física do choque ou conservación do movemento no sentido desenrolado por Leibniz de conservación da enerxía.

    No aspecto da subxectividade a partir do “eu penso“ vai a iniciarse todo un plantexamento que faga fincapé no suxeito que en xeral pode denominarse Idealismo con antecedentes remotos en Platón e San Agustín, e que tamén vai a ser común na filosofía posterior, incluso para a filosofía inmediatamente oposta ó Racionalismo como é o Empirismo, pero que se vai a opoñer radicalmente ó Racionalismo no innatismo das Ideas pois para os empiristas estas proceden sempre da experiencia. Precisamente a síntese de racionalismo e empirismo vai a ser feita por Kant co Idealismo Transcendental considerando que hai certas formas innatas (a priori) pero que só teñen validez na experiencia.

    En algún sentido. o Idealismo Cartesiano vai a chegar dende Kant a Hegel e a Husserl no campo da Fenomenoloxía; pero sen duda unha das aportacións fundamentais de Descartes (o metafísico da “cautela”) é que parece explicitarse no “Discurso do método” é o feito de busca-las condicións de pensar por un mesmo, feito que culminará máis adiante co propio lema da Ilustración: “Atrévete a utilizar a túa propia razón”.

    4.Empirismo (LOCKE E HUME)

    4.1- Características xerais

    O termo Empirismo vén de “empeira” que significa experiencia, polo que pode considerarse calquera filosofía que teña como fundamento a experiencia, particularmente na cuestión do coñecemento. Neste sentido poden considerarse empiristas as filosofías de Aristóteles, en algún sentido Tomás de Aquino, Ockham, o Empirismo Inglés dos s. XVII e XVIII, o Positivismo e o Neopositivismo dos s. XIX e XX.

    Pero nun sentido máis concreto, o Empirismo é por antonomasia o Empirismo Inglés do s. XVII e XVIII, que ten antecedentes no mesmo Oresme e Ockham dos s. XIII e XIV, e dunha maneira máis inmediata en Bacon co método da Inducción.

    Esta filosofía peculiar das illas Británicas xurde paralelamente en relación dialéctica co Racionalismo do continente, co que ten moitos elementos en común, fundamentalmente o Idealismo, é dicir, o relacionar o coñecemento cos seus contidos que son as Ideas, pero que se diferencia absolutamente do Racionalismo respecto a orixe desas ideas.

    As características máis importantes son:

  • A orixe e límite do coñecemento (e das Ideas) é a experiencia, tanto externa como interna.

  • Negación das Ideas Innatas, pois en caso contrario teríanas como di Locke “tódolos individuos e dende sempre” (o que non sucede cos “nenos” ou cos “idiotas”)

  • A mente é igual que unha tabla lisa (tanquan tabula raso) ou un papel en blanco onde non hai nada escrito no seu nacemento. Todo o coñecemento vai a provir da experiencia.

  • A xénese das Ideas e de tódolos coñecementos realízase por asociación de outras Ideas simples ou percepcións: psicoloxismo.

  • Crítica ós conceptos metafísicos tradicionais, fundamentalmente ós de “Sustancia” e “Causalidade”.

  • Certo escepticismo no coñecemento dunha realidade distinta das Ideas, particularmente en Hume: Fenomenismo.

  • 4.2.- Locke e a crítica á Noción de Sustancia.

    Para Locke igual que para os outros empiristas, o coñecemento provén da experiencia, é dicir, que de algunha maneira está mediatizado polas sensacións; a estas chámalles Locke Ideas Simples que poden ser da sensación ou da reflexión e a partir delas, por mecanismos psicolósicos, fórmanse as Ideas Complexas, entre as que está a Idea de Sustancia:

    Na tradición anterior considerábase que a sustancia era o que existía por si ó revés dos accidentes que existen en outra sustancia, sen embargo, para Locke se de unha sustancia quitamos os accidentes (dunha rosa, por exemplo, a forma, a textura, o color ou o aroma non parece quedar nada de rosa) non parece quedar nada da sustancia, ou en todo caso, é algo incognoscible, un “non sei que”.

    Con respecto ó coñecemento, define este como a percepción do acordo ou desacordo entre Ideas, seguindo claramente a liña Epistemolóxica moderna do Idealismo e do coñecemento referido ós contidos da mente.

    Sen embargo, con certa incoherencia, considera que existe ademais:

    • Un coñecemento do “eu” por intuición (semellante a Descartes)

    • Un coñecemento do mundo por sensación (“as cousas son a causa das nosas sensacións”)

    • Un coñecemento de Deus por demostración.

    Esta incoherencia de Locke foi posta de manifesto inmediatamente por Berkeley, no sentido de que non se pode pasar das sensacións ou das reflexións, pois, se só coñecemos as Ideas e coñecementos as cousas, as cousas son Ideas, é dicir, que para Berkeley o ser (das cousas) “é ser percibido”.

    4.3.- Hume e a Crítica á noción de Causalidade.

    Se Espinosa pode considerarse o desenrolo coherente das teses de Descartes, Hume representa o desenrolo coherente con tódalas consecuencias das teses do Empirismo e de Locke.

    Para Hume o coñecemento provén sempre de impresións como percepcións inmediatas fortes e vivaces, que se caracterizan pola súa presencialidade. A partir de aí, orixínanse as Ideas.

    Seguindo este plantexamento soamente pode existir un coñecemento que se base en impresións presentes ou recordo presente de impresións pasadas, pero nunca pode haber un coñecemento do futuro porque deste non hai ningunha impresión.

    Con este argumento tamén critica a noción tradicional de “causalidade” que pode entenderse como “ a conexión necesaria que existe entre a causa e o efecto” (posta a causa tamén se pon o efecto). Para Hume a causalidade non representa ningunha conexión necesaria, pois nin hai impresión desta (a conexión) nin da causa se deduce o efecto, pois este é posterior á causa (pertence ó futuro) e del non podemos ter coñecemento ningún.

    Con propiedade e con rigor na chamada Relación Causal só hai unha sucesión temporal: “antes está a causa e despois está o efecto que é o único que pode percibirse”, é dicir, soamente existe impresión de sucesión e non de conexión necesaria. O feito de confundir unha con outra débese, segundo influír Hume, ó hábito ou a costume de percibir un atribuírlle e outro Teoloxismo encadeados e a partir de aí, xeneralizase. Precisamente esto é unha crítica á Inducción válida absolutamente unha Universalización.

    En coherencia con todo o seu plantexamento para Hume tampouco é posible falar da existencia ou dun coñecemento de algo distinto das impresións como son as tres realidades obxecto da Metafísica:

    • De Deus non pode haber coñecemento porque sería pasar a algo do que non temos ningunha impresión.

    • Da alma ou “eu” tampouco tempos impresións como un suxeito constante senón só sucesións psíquicas que atribuímos a un suxeito.

    • Do mundo tampouco pode haber un coñecemento absoluto pois sería transcender as impresións ou considerar que é causa das nosas impresións.

    Con todo esto, Hume que vai a marcar en parte a liña de Kant na crítica á Metafísica representa un dos aspectos máis escépticos no plantexamento do coñecemento que queda en parte reducido a certo Fenomenismo (coñecemento do fenómeno, é dicir, da apariencia): o que aparece é tal como aparece.

    TERCEIRAS PREGUNTAS

  • A nova Ciencia Renacentista e a súa influencia na Filosofía Moderna.

  • No contexto e en relación ó Renacemento xurde a Época Moderna que pode caracterizarse pola importancia da razón e da racionalidade (“liberada” sobre todo a partir de Ockham da explicitación do Dogma) e por unha Nova Ciencia, na que se inclúe unha nova astronomía, unha nova física, e un novo método científico. Tivo distintas interpretacións:

  • Continuístas. Para algúns teóricos da Ciencia, como Crombi, a Ciencia Renacentista é unha prolongación ou desenrolo da Ciencia Medieval do s. XIII e XIV desenrolando as teorías de Oresme, Buridán (teoría do “Ímpetus”) ou Ockham coa revalorización da experiencia.

  • Rupturistas. Como por exemplo Webber ou Russell. Consideran que a nova ciencia representa unha absoluta innovación co anterior en relación con certos plantexamentos socioloxistas, e en concreto coa ética protestante.

  • Postura intermedia. Pode ser a representada por Kuhn, no sentido de que sempre hai unha influencia da Ciencia Medieval anterior pero prodúcese unha verdadeira revolución científica como unha nova interpretación da realidade e sobre todo do cosmos na confrontación ou dialéctica de polo menos tres esquemas ou paradigmas que se utilizaban como fundamento da explicación científica:

  • Paradigma organicista: con antecedentes na filosofía aristotélica que se prolonga en todo a física e astronomía medieval, e que considera a realidade como un organismo.

  • Paradigma místico-estético, que ten antecedentes no Neoplatonismo e, máis remotamente, no propio Platonismo e Pitagorismo, baseado nunha interpretación da realidade que mezcla a proporcionalidade numérica, a harmonía e certa mística sobre a simplicidade, o Ben ou o Sol.

  • Paradigma mecanicista, con antecedentes remotos no atomismo (Demócrito) e considera a realidade segundo o esquema mecánico ou das máquinas composta exclusivamente por elementos materiais que se relaciona por contacto e en función de causa e efectos.

  • Con certa influencia dos outros dous paradigmas este último foi o que acabou impoñéndose.

    Entre os científicos máis relevantes da Ciencia Moderna cabe destacar a Copérnico, Kepler, Galileo ou Bacon.

    • COPÉRNICO

    Clérigo polaco que propugna o Heliocentrismo fronte ó Xeocentrismo, podendo considerarse ademais “Realista” fronte a outra interpretación “Positivista” (como pretendía facer parecer o seu prologuista Ossiander ó reducir as súas teorías a meras hipóteses de cálculo).

    As teorías de Copérnico tiveron, sen embargo, moitas dificultades para ser aceptadas . Paulatinamente van abríndose camiño por considerar o máis simple e harmónico como real, e sobre todo, pola admiración polo Sol, que como astro máis perfecto, debe ocupar o centro do sistema.

    • KEPLER

    Tamén na liña do Platonismo profesa aínda unha admiración maior polo Sol, e está convencido de que hai unha harmonía en todo o Universo (“Música Celestial”)

    Con datos de outros astrónomos como Tycho, Brahe e Gilbert (magnetismo) formula as tres coñecidas leis.

    • GALILEO

    Pode considerarse o exemplo de científico morderno, tanto pola defensa das súas conviccións científicas incluso pola nova concepción do que é a ciencia e o método científico.

    • No aspecto científico, e sobre todo na física, fai unha análise do movemento prescindindo de “cualidades ocultas” e tendo en conta soamente os aspectos cuantificables

    • Foi sobre todo na cuestión do método científico onde puxo o fundamento da Nova Ciencia, método que se denomina resolutivo-compositivo ou hipotético-deductivo:

  • Pola resolución ou análise selecciónanse os elementos esenciais de calquera fenómeno observable prescindindo dos aspectos occidentais.

  • Pola composición ou síntese constrúese unha hipótese menal ou incluso un artefacto mecánico que sintetice unha posibilidade de comprobación.

  • Compróbanse as consecuencias da hipótese na experiencia.

  • Se estas son validadas pola experiencia, a hipótese é verdadeira.

    • BACON

    Nunha liña distinta dos científicos anteriores, fai máis fincapé no concepto de “experiencia” deixando un tanto de lado a hipótese deductiva e matematizada. Neste aspecto propón como método a inducción (do particular ó xeral) e fai unha análise das fontes dos erros humanos no coñecemento da natureza que denomina “ídolos”.

    • A síntese entre a dinámica de Galileo, a cinemática de Descartes e a explicación definitiva das leis de Kepler vai a ser feita xa fóra do contexto do Renacemento por Newton.

    As características fundamentais da Ciencia Renacentista son:

  • Mecanicismo: foi o paradigma que resultou dominante a partir do s. XVI en interrelación co místico-estético e sempre coa influencia clara do Pitagorismo e do Platonismo: a estructura da realidade é semellante a unha máquina composta de elementos materiais que se relacionan por contacto (atomismo) e segundo a causalidade eficiente prescindindo da causalidade final.

  • Esta interpretación vai a influír na interpretación racionalista, sobre todo de Descartes, da sustancia material (“res extensa”) que se comporta como unha máquina e segundo causas e efectos.

  • Primacía das cualidades primarias respecto das secundarias. Dende Galileo só deben terse en conta as cualidades primarias medibles ou cuantificables e, polo tanto, obxectivas, pois as cualidades secundarias son subxectivas.

  • Esta mesma interpretación vai a seguila Descartes tamén respecto á “res extensa” composto exclusivamente de materia ou masa que é extensión e movemento.

  • Admiración polas Matemáticas. Na liña do Pitagorismo e do Platonismo, para Galileo “o libro do Universo está escrito en caracteres matemáticos; a súa linguaxe son triángulos, círculos e outras figuras xeométricas e debe aprendelo quen queira saber algo del”. Esta admiración polas matemáticas vai a ser tamén común no racionalismo tanto polo método deductivo (“Matesis Universalis”) como pola convicción de que a realidade ten unha estructura matemática. Incluso para Espinosa, a conducta sigue un esquema asiomático (“Ética demostrada xeometricamente”)

  • Importancia da razón. Existe tamén a convicción de que a realidade ten unha estructura racional deductiva e que a razón humana pode descubrir esa estructura da realidade (“a orde e a conexión das cousas é a mesma que a orde e a conexión das ideas”, Espinosa)

  • Esa confianza na razón que Galileo complementaba coa experiencia chega incluso, ás veces, a prescindir desta última como di referíndose a Arquímedes: “As demostracións de Arquímedes sobre o movemento en espiral nada perden a súa forza e o seu valor aínda que na natureza non exista ningún corpo ó que atribuírlle un movemento en espiral

    En definitiva, a ciencia Renacentista, sobre todo de Galileo, pode entenderse como unha síntese entre racionalidade e experiencia “sobre todo experimento”. O aspecto da racionalidade deductiva vai a ser recollido directamente polo Racionalismo, mentres que o aspecto da experiencia, máis na liña de Bacon, vai a ser recollido polo Empirismo.

    En todo caso, esa síntese que considera a razón como verdadeira lexisladora da natureza será sistematizada por Kant no s. XVIII.

  • Descartes e o Racionalismo

  • Características xerais do Racionalismo; resume xeral de Descartes.

  • Racionalismo e Empirismo. A postura cartesiana.

  • Chámase Racionalismo á filosofía que xurde na Europa occidental a partir do s. XVII en relación coa ciencia renacentista e cuias características máis importantes son:

  • A realidade ten unha estructura racional e matemática.

  • A estructura racional da realidade é paralela á da razón humana que, polo tanto, pode descubrir aquela (a realidade)

  • En relación co anterior, hai unha admiración polas Matemáticas, tanto a respecto á estructura da realidade como polo seu método.

  • O coñecemento e a verdade orixínanse a partir de Ideas Innatas (Innatismo) a partir das que, por deducción, pódese chegar a calquera verdade.

  • Teoloxismo Gnoseolóxico, é dicir, apelación ou consideración de Deus como garantía última do coñecemento.

  • Problemática relación das sustancias, é dicir, da mente ó corpo no ser humano, e tamén problemática xustificación da liberdade.

  • Como síntese o racionalismo considera que o coñecemento orixínase no propio entendemento e nas súas ideas, ou o que é o mesmo, na razón: Idealismo.

    O Empirismo é por antonomasia o Empirismo Inglés do s. XVII e XVIII, que ten antecedentes no mesmo Oresme e Ockham dos s. XIII e XIV, e dunha maneira máis inmediata en Bacon co método da Inducción.

    Esta filosofía peculiar das illas Británicas xurde paralelamente en relación dialéctica co Racionalismo do continente, co que ten moitos elementos en común, fundamentalmente o Idealismo, é dicir, o relacionar o coñecemento cos seus contidos que son as Ideas, pero que se diferencia absolutamente do Racionalismo respecto a orixe desas ideas.

    As características máis importantes son:

  • A orixe e límite do coñecemento (e das Ideas) é a experiencia, tanto externa como interna.

  • Negación das Ideas Innatas, pois en caso contrario teríanas como di Locke “tódolos individuos e dende sempre” (o que non sucede cos “nenos” ou cos “idiotas”)

  • A mente é igual que unha tabla lisa (tanquan tabula raso) ou un papel en blanco onde non hai nada escrito no seu nacemento. Todo o coñecemento vai a provir da experiencia.

  • A xénese das Ideas e de tódolos coñecementos realízase por asociación de outras Ideas simples ou percepcións: psicoloxismo.

  • Crítica ós conceptos metafísicos tradicionais, fundamentalmente ós de “Sustancia” e “Causalidade”.

  • Certo escepticismo no coñecemento dunha realidade distinta das Ideas, particularmente en Hume: Fenomenismo.

  • O problema do Idealismo Epistemolóxico

  • O problema do dualismo mente-corpo en Descartes e o Racionalismo.

    • DESCARTES

    A relación mente-corpo debe enmarcarse na relación e a análise das sustancias (sobre todo en Descartes e Leibniz pola consideración da pluralidade das substancias)

    A noción de sustancia ten unha ampla tradición na filosofía a partir de Aristóteles, definíndoa como “aquelo que existe en si, e non necesita nada para existir” a diferencia dos accidentes que sempre existen nunha sustancia.

    Esta noción de sustancia (como sub-stare) vai a ser seguida por Descartes e aplicando con rigor a definición soamente sería en propiedade a sustancia divina (Res Divina ou Deus)

    Sen embargo, Descartes amplía esa noción a outras dúas realidades:

    • A sustancia pensante ou res cogitans considerada como alma.

    • A sustancia ou realidade extensa ou res extensa que é toda a realidade material incluído o corpo.

    Posiblemente unha das razóns fundamentais desta diferenciación era separar a alma do riguroso determinismo da materia nun contexto mecanicista.

    Pero a razón máis inmediata da diferenciación é a percepción clara e distinta das dúas como realidades diferentes: “Eu percívome a min mesmo dunha maneira clara e distinta como algo que pensa e non extenso, e percibo o meu corpo como algo extenso que non pensa

    Así pois, ó eu como alma correspóndelle o pensamento e ó corpo correspóndelle a extensión.

    • A res extensa constituída por toda a realidade material e tamén os animais e o corpo humano posúe as cualidades primarias de extensión e movemento (o calor nos seres vivos).

    En xeral segue o esquema Mecanicista, é dicir, composto de elementos materiais que se relacionan por contacto e seguindo a lei da causalidade eficiente (Determinismo) prescindindo das causas finais ou teleolóxicas.

    Esta realidade material que é o propio Universo é como un xigantesco torbellino que está cheo de materia que ten como causa primeira a Deus que lle imprimiu dende a creación unha cantidade de movemento que permanece constante (conservación do movemento)

    Como causas segundas, as leis físicas ou da natureza que son a Inercia, o movemento rectilíneo e a conservación do movemento.

    Este Universo cinemático que tivo importantes repercusións na física posterior non comprendía, sen embargo, ou asimilaba no seu sistema a derivada do tempo da dinámica de Galileo nin a 2ª Lei de Kepler que serán integradas máis adiante na nova mecánica de Newton e na lei da Gravitación.

    En todo caso, o coñecemento da res extensa é garantizado polo Deus Veraz por ser algo independente do pensamento.

    • A res cogitans, como alma ou pensamento, redúcese ó suxeito pensante no que se inclúen tanto o feito de pensar, imaxinar, querer ou sentir e inicia en algún sentido o suxeito racional que culminará co Suxeito Transcendental de Kant.

    A alma como pensamento é coñecida máis directa e inmediatamente que o corpo, como resultado desa intuición que relaciona o pensar co existir.

    Sendo alma e corpo dúas sustancias distintas vai a plantexarse en Descartes o problema da súa unión, pois hai unha clara interinfluencia entre elas.

    Neste sentido por unha parte non hai unha unión puramente accidental no sentido platónico, nin tampouco substancial (de materia e forma) no sentido escolástico.

    Un tanto artificiosamente Descartes sitúa esa unión nunha glándula impar do cerebro que se chama a GLÁNDULA PINEAL, unión que se realiza segundo Descartes a través duns elementos intermedios que son os espíritos vitais que a través do sangue presionan a glándula pineal levando as imaxes que producen dos órganos sensibles, e posteriormente pola influencia da glándula pineal levando o movemento hacia os músculos.

    En todo caso, a preocupación de Descartes de salvagardar a alma do determinismo da materia lévao a xustificar dificilmente a liberdade da alma, que vai a consistir por unha parte na liberación das paixóns que fan á alma escrava e infeliz e por outra na aceptación por parte da vontade do que propón o entendemento como bo.

    • Malebranche: Teoría do Ocasionalismo.

    Non hai interinfluencia senón que é Deus quen actúa: “Deus toma ocasión do movemento da miña man para mover o sillón

    • Espinosa

    Completa a noción cartesiana de sustancia con un matiz lóxico-epistemolóxico: “sustancia é aquelo que existe por si e se concibe por si... e non necesita do concepto de outra cousa para ser ou para ser pensada

    En coherencia con esta definición e seguindo o método asiomático rigurosamente conclúe que soamente existe unha única sustancia infinita e increada que denomina Deus ou Natureza (para eludir a Inquisición?)

    Esta identificación de Deus coa natureza con unha complicada relación dialéctica coñécese xeralmente como MONISMO PANTEÍSTA.

    Así pois, no ser humano Alma e Corpo non son dúas sustancias senón dous atributos que se coñecen dos infinitos atributos que ten a única sustancia.

    Á súa vez cada realización particular e individual deses atributos son os modos de existencia particulares.

    A cuestión é que hai con todo un paralelismo entre os atributos mente e corpo pois: “A orde e conexión das cousas é a mesma que a orde e conexión das Ideas” que expresa a relación necesaria (como nun esquema deductivo ou asiomático) que hai na realidade e no pensamento.

    En canto á liberdade como propiedade da mente ou da alma para Espinosa é unha pura ilusión, e en todo caso consiste na comprensión racional desa orde necesaria dos acontecementos (nunha liña semellante ó determinismo estoico), comprensión que pode proporcionar a felicidade posible no “amor intelectual a Deus”.

    Ademais e na mesma liña de Descartes, no aspecto inmediato consiste na liberación das paixóns que fan á alma escrava e infeliz.

    • Leibniz

    A pesar de estar no contexto racionalista introduce unha importante variación no concepto de sustancia que non vai a ter como atributo fundamental a extensión senón sobre todo a “Forza”, sustancia é o ser “capaz de acción”.

    Tampouco para Leiniz existen as tres sustancias nin unha soa, senón infinitas que chama MÓNADAS. As mónadas son independentes, cerradas, “sen ventanas ó exterior”, dotadas de apercepción e apetición, como unha especie de coñecemento e vontade.

    No aspecto da mente e o corpo, Leibniz considera que a alma ou a mente é unha mónada simple e o corpo unha composición de mónadas.

    Dado que son independentes, e no caso concreto da mente, cerradas, plantéxanse os problemas do coñecemento e da relación entre eles:

    • En canto ó coñecemento como apercepción soluciónao Leibniz dende dúas perspectivas:

  • Cada Mónada, e polo tanto, a mente, é unha unidade estructural que reflexa como un espello no seu interior toda a restante realidade.

  • Apelando ó Teoloxismo Gnoseolóxico: “O creador dotou a alma das potencialidades necesarias para que todo canto deduza no seu interior se cumpra no seu exterior” da mesma maneira que as demostracións sobre a circunferencia deben cumprirse necesariamente nas circunferencias reais.

    • En canto a relación entre a Mónada alma e o corpo explica coa harmonía preestablecida segundo a comparación ou a metáfora dos reloxos: mente e corpo son como reloxos independentes que sen embargo parecen conectados ó dar a hora ó mesmo tempo, porque Deus dende a creación, como un gran reloxeiro, determinounos de tal maneira que funcionen harmonicamente.

    Con respecto á liberdade como propiedade da alma trata de xustificala coa distinción entre verdades de razón (relacións de ideas) e verdades de feito (cuestións de feito).

    1